elas preténdese facilitar o seguimento individualizado da aprendizaxe dos contidos fundamentais de cada unidade, en consonancia cos obxectivos establecidos na programación daquelas. Tamén se inclúe:
• Unha proba de avaliación inicial. • Unha proba de avaliación final. • Rexistros de avaliación trimestrais. • As solucións de todas as probas.
información que permita adoptar as decisións adecuadas para mellorar a consecución dos obxectivos fixados.
Na acción educativa, a avaliación é un pro-ceso continuo e formativo que permite revi-sar se os obxectivos fixados están sendo al-canzados, se é necesario establecer medidas compensatorias específicas para algún alum-no ou alumna, se a metodoloxía empregada está dando os resultados esperados, etc. Isto é, a avaliación actúa como unha ferramen-ta determinante para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.
•
A
s fAses dA AvAliAciónDunha maneira simplificada, o esquema que segue o proceso de avaliación organízase en catro fases:
• Establecer obxectivos. • Recoller información.
• Analizar e valorar os resultados. • Tomar decisións.
O noso proxecto ofrece recursos editoriais para cada unha delas.
•
e
stAblecer os obxectivos de AprendizAxe Para fixar os obxectivos do curso e de cada unidade didáctica, conta co apoio das pro-gramacións que ofrece o noso proxecto: • A programación do curso.• A programación por competencias.
• A programación da Educación en valores.
•
r
ecoller informAciónUn dos instrumentos de avaliación continua máis complexos de aplicar pero, á vez, máis importantes, é a observación directa e indi-vidualizada do traballo dos alumnos. Non resulta fácil observar moitos dos aspectos que isto comporta, pero, se conseguimos sistema-tizalo, este instrumento resulta moi eficaz.
• Revisar os cadernos de traballo e compro-bar a execución das tarefas encargadas e o seu nivel de elaboración.
• Constatar o nivel de autonomía e organiza-ción persoal en materiais e tempos.
• Recoñecer actitudes coma o interese, a constancia, o afán de superación, a resis-tencia á frustración, a capacidade para asumir as críticas e as orientacións dadas para mellorar, o nivel de concentración na execución de tarefas e na atención en cla-se, etc.
•
o
s instrumentos de AvAliAción do noso proxectoO noso proxecto propón diferentes instru-mentos de avaliación formalizados, na súa maior parte, como probas de avaliación pa-ra os distintos momentos do curso nos que es-tas se precisan: avaliación inicial, continua e final.
As probas de avaliación que ofrecemos son as seguintes:
• Probas de avaliación dos contidos curri-culares da área, estreitamente relaciona-das cos criterios de avaliación recollidos na programación do curso. Estas probas permiten, ademais, percibir o desenvolve-mento de destrezas xerais como habilida-des lingüísticas, competencias científicas e matemáticas, actitudes e valores incorpora-dos... As probas que atopará son:
– Unha proba de avaliación inicial, para coñecer os coñecementos dos alumnos ao iniciar o curso.
– Doce probas de avaliación de unidade, para seguir o nivel de adquisición dos contidos fundamentais de cada unha das doce unidades do libro.
– Unha proba de avaliación final, pa-ra analizar a aprendizaxe dos contidos máis importantes do curso.
Tratamento da información e Competencia dixital.
• Probas de avaliación de competencias ela-boradas a partir dos contidos traballados en Lingua, Matemáticas e Coñecemento do Medio, co obxectivo de establecer o grado de desenvolvemento das competencias bá-sicas establecidas na programación de ca-da unha destas tres áreas. As probas son, xa que logo, comúns a estas áreas e están dispoñibles, para seren fotocopiadas, no volume Recursos para avaliar de Lingua e nos libros dixitais de Lingua, Matemáticas e Coñecemento do Medio.
As oito probas elaboradas organízanse co-mo segue:
– Unha proba de avaliación inicial, pa-ra coñecer o gpa-rao de desenvolvemento das competencias básicas dos alumnos e alumnas ao iniciar o curso.
– Seis avaliacións trimestrais, dúas por trimestre, para comprobar se foron supe-radas as subcompetencias programadas no período de traballo dedicado a dúas unidades didácticas.
– Unha proba de avaliación final, que per-mita coñecer o grao de desenvolvemento das competencias básicas ao finalizar o curso.
•
A
nAlizAr e vAlorAr osresultAdos recollidosTras o establecemento dos obxectivos, e unha vez recollida a información a través dos dis-tintos instrumentos de avaliación, chega o mo-mento de analizar e valorar os resultados.
o noso proxecto poden cualificarse así:
• As probas de avaliación propoñen 10 pre-guntas; pódese dar o valor dun punto a ca-da pregunta correctamente realizaca-da. No caso da avaliación final, con 20 preguntas, pódese asignar 0,5 puntos.
• As probas de avaliación por competencias levan asociado un cadro coas subcompeten-cias que se valoran en cada pregunta e un rexistro para valorar se estas foron ou non superadas.
• As probas de diagnóstico van acompaña-das acompaña-das indicacións necesarias para a súa valoración.
•
A
tomA de decisiónsO conxunto de datos recollidos a través da ob-servación directa e dos resultados obtidos nas probas de avaliación permite tomar decisións tanto de forma individualizada como global: • Asignar tarefas diferenciadas, como as
que se propoñen no noso proxecto para o tratamento da diversidade: actividades de reforzo, actividades de ampliación, lecturas recomendadas, etc.
• Tomar decisións de carácter executivo, co-mo plans de reforzo, establecer grupos de traballo diferentes, recolocación de alum-nos, asignación de axudas, etc.
• Estudar na Xunta de Avaliación fórmulas para identificar as posibles causas dos pro-blemas e as súas solucións, determinar ac-cións de axuda para alumnos con dificulta-des de aprendizaxe, determinar incentivos e plans de traballo para alumnos con maior potencial de aprendizaxe, etc.
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
1
Escribe unha palabra que comece por:
E: ... L: ... F: ...
2
Busca na táboa e escribe seis parellas de palabras que signifiquen o mesmo:
feliz
débil
forte
empezar
terminar
sabio
robusto
contento
rematar
feble
listo
comezar
... e ... ; ... e ...; ... e ...
... e ... ; ... e ...; ... e ...
3
Relaciona as palabras de significado contrario:
alegre
suave
enriba baixo
áspero
curto
principio
fin
longo
triste
alto
debaixo
4
Completa coa letra adecuada:
c/qu
z/c
g/gu/gü
r/rr
...eixo
...ereixa
pin...ín
co...er
...ro...odilo
...ume
ce...oña
ca...a
...o...eta
...into
...indas
...uído
...ios...o
cora...ón
man...eira
soco...o
5
Rodea os nomes propios e subliña os nomes comúns:
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
6
Divide en sílabas as seguintes palabras:
bolboreta: ... carroza: ...
pallaso: ... simpático: ...
autobús: ... máquina: ...
7
Nas palabras anteriores, rodea a sílaba tónica.
8
Di se estas palabras son nomes, adxectivos ou verbos:
castaña: ... guapo: ...
pintar: ... branca: ...
doutor: ... escribir: ...
9
Ordena as palabras e forma oracións:
vermella. unha rapaz ten O pelota
...
Brais Alba xogan no e recreo.
...
10
Conta que fixeches este verán. Fíxate ben nos puntos e nas maiúsculas:
...
...
...
...
...
...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Don Xosé Onega pasou toda a vida do desexo de ter un papagaio falador. Xosé
era un home pequeno, esmirrado*, e sempre levaba un sombreiro escuro de ala
ancha.
En Lugo, déronlle o enderezo dunha casa de Barcelona que vendía papagaios,
cacatúas e toda clase de aves. Don Xosé escribiu pedindo prezos. Contestáronlle
que naquel momento tiñan dous papagaios e mandáronlle as fotografías. Un dos
papagaios chamábase Briand, e o outro, Calumet. Don Xosé mercou a Calumet.
Álvaro Cunqueiro: Xente de aquí e de acolá, Ed. Galaxia (adaptación) esmirrado: Moi delgado.
1
Que quería mercar Xosé Onega? Atopouno?
...
2
Que vendían na casa de Barcelona ademais de papagaios?
...
3
Busca no texto e escribe as palabras correspondentes a estas definicións:
...: Dirección, domicilio onde vive unha persoa.
...: Parte do sombreiro que sobresae polos lados.
...: Imaxe que se obtén cunha cámara especial.
4
Separa as consoantes e as vogais destas palabras da lectura:
Vogais
Consoantes
Vogais
Consoantes
Onega
pequeno
papagaio
enderezo
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
5
Nestas palabras, rodea as letras que se pronuncian como unha soa:
pequeno esmirrado ancha dunha mandáronlle
6
Escribe por orde alfabética estas palabras da lectura:
vida, desexo, papagaio, sombreiro, escuro, ala.
...
7
Rodea con distintas cores o punto e á parte, o punto final e os puntos seguidos
do texto.
8
Explica por que se escriben con maiúscula no texto anterior:
Don ...
Xosé ...
Onega ...
Contestáronlle ...
Lugo ...
Barcelona ...
Calumet ...
9
Imaxina que o papagaio Calumet pode, efectivamente, falar. Que cres que
diría?
...
E nese caso, o papagaio estaría utilizando a lingua oral ou a escrita?
...
10
O texto da lectura, é un texto literario ou non literario? E é un fragmento dun
conto, dunha poesía ou dunha obra de teatro?
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Plop era un moucho pequeno que vivía coa súa nai e mais co seu pai na selva, na
copa dunha árbore altísima.
Plop era chato e serio, cuns enormes ollos redondos. Tiña un precioso colar de
plu-mas en forma de corazón e unhas patas osudas, moi tortas.
Era silencioso, observador... Exactamente igual a todos os mouchos pequenos que
existiron sempre, excepto nunha cousa: ao medroso Plop asustábano a escuridade
e os vagalumes.
Jill Tomlinson: El búho que tenía miedo a la oscuridad, ed. Miñón (trad. e adapt.)
1
Con quen vivía o moucho Plop e onde?
...
2
Que problema, moi importante para un moucho, tiña Plop?
...
3
Busca na lectura e escribe un sinónimo para cada palabra:
cativo: ...
bosque: ...
formal: ...
fermoso: ...
torcidas: ...
medoñento: ...
4
Coas seguintes letras, forma catro palabras do texto:
oucmho: ...
bárreo: ...
nócoraz: ...
paco: ...
5
Separa as palabras e copia:
Omouchotiñamedodaescuridade.
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
6
Divide en sílabas as palabras subliñadas no texto. Colócaas de maneira que
a sílaba tónica estea na casa destacada:
mou
cho
7
Clasifica as palabras do exercicio anterior:
Bisílabas: ...
Trisílabas: ...
Polisílabas: ...
8
Agora copia tres palabras monosílabas do texto:
...
9
Selecciona as dúas palabras que se poden partir de tres maneiras diferentes
a final de liña e completa o cadro:
corazón, altísima, serio, amigo, escuridade, moucho, verán
Palabras
Formas de partir a final de renglón
10
No texto proporciónase o retrato de Plop. Escribe:
Como é fisicamente: ...
...
...
Como é a súa maneira de ser: ...
...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Unha nube de tormenta cargada con millóns de pingas de chuvia viaxaba polo ceo
cara a uns secos e desesperados campos castigados polo sol. Ao chegar ao seu
destino, as comportas abríronse e as pingas de chuvia empezaron a saltar.
Durante horas choveu e choveu. Sen parar. Ata que a nube, exhausta, ía pechar
as comportas para volver ao mar en busca de máis auga. Entón decatouse de que
quedaba unha pequenísima pingueira de chuvia, asustada e tremente.
—Por que non saltaches? —preguntoulle a nube.
—Teño medo —dixo a pinga de chuvia.
—Medo? —asombrouse a nube—. Como vai ter medo unha pinga de chuvia?
—Non temo saltar, nin voar, pero si esnafrarme contra o chan.
Jordi Sierra i Fabra e Antonio García Teijeiro: «O gran salto», en Contos e poemas para un mes calquera, ed. Planeta & Oxford, col. Camaleón (adapt.)
1
De que ía cargada a nube de tormenta?
...
2
Que pasou cando abriu as comportas?
...
3
Por que non saltou a pequena pinga de chuvia?
...
4
Na seguinte lista, subliña as palabras relacionadas co tempo de outono:
chuvia
seca
pinga
vento
tormenta auga sol
treboada
5
Busca no texto un antónimo de cada unha destas palabras:
húmidos – ...
pecháronse – ...
descansada – ...
menos – ...
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
6
Subliña todos os nomes que hai neste fragmento do texto:
Unha nube de tormenta cargada con pingas de chuvia viaxaba polo
ceo ata a uns secos e desesperados campos castigados polo sol.
7
Clasifica estes nomes: cadela, Laretas (papagaio), Luísa, nai, Atlántico, mar.
Persoas
Animais
Cousas
•
Colorea as casas que teñen nomes propios.
8
Copia as frases ou oracións interrogativas e rodea o signo de interrogación:
...
...
...
9
Completa con c ou qu:
se...os
...ampos
pe...ena
...omportas
...un...a
...edar ...ieto ...olar cha...eta ...uller
10
Imaxina o campo, seco e castigado polo sol, a onde vai a nube. Descríbeo.
...
...
...
...
...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Desde sempre, os Reis Magos foron eses personaxes máxicos que, nunha soa
noi-te, percorrían o mundo enteiro camiñando cos seus camelos detrás dunha estrela.
Facían miles de quilómetros para chegar ata as casas dos nenos que foran bos e
deixarlles os seus agasallos. Pero velaí que, un bo día, apareceu nas nosas vidas
Papá Noel, para facerlles a competencia a Melchor, Gaspar e Baltasar. Si, un
home cunha gran barriga e un traxe vermello gañou en pouco tempo o cariño dos
nenos pequenos. E, aínda por riba, chega a noite do 24 de decembro, é dicir,
varios días antes que os Reis. Por iso non é de estrañar que Melchor, Gaspar e
Baltasar anden un pouco tristeiros e mesmo algo enfadados.
1
Despois de ler o texto, explica por que os Reis andan algo enfadados.
...
...
2
Que vantaxe ten Papá Noel sobre os Reis Magos?
...
3
Ordena as sílabas e escribe o nome de catro xoguetes:
pa-ven-pa-tos: ...
bu-na-xai: ...
bo-ca-ne: ...
pa-no-mo-tín: ...
4
As palabras subliñadas no texto son polisémicas; que quere dicir iso?
...
5
Escribe oracións con distintos significados de cada palabra:
rei ...
...
...
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
estrela ...
...
...
6
Busca no texto o adxectivo que corresponde a cada nome e escríbeo:
Reis ...
personaxes ...
mundo ...
barriga ...
traxe ...
nenos ...
7
Escribe dous adxectivos que poidas aplicar a cada un dos nomes:
vacacións ... e ... .
roscón ... e ... .
abeto ... e ... .
8
Completa con c ou z:
a...ivro
cal...etín
pa...
...eo
lu...es
...ambomba ...inta
no...es ...urrón
lu...
9
Escribe ? ou ! nas seguintes frases:
Xa veñen os Reis
Canto falta para Noiteboa
Queres un pouco de turrón
Como chove
10
Pensa nun xoguete que pidas este ano para Reis e descríbeo.
...
...
...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Abón Nubeiro Chuvasco, vento do norte, e Quisqui García Rosmón, vento do sur, eran colegas e amigos á vez. Nunca tal se escoitara, que dous ventos cun carácter de raios e tronos puidesen parolar amigablemente nos seráns do outono, mentres o sol se arroupaba ben arroupadiño no seu leito abrigoso.
Quisqui ficou pasmado o día en que Abón Nubeiro Chuvasco non acudiu á cita. Quen apareceu foi un novo vento do norte, un tal Tremetremerón. Era un vento frío ao que non lle chistaban nadiña as conversas.
Quisqui García Rosmón convenceuse de que o seu amigo non ía volver e pediulles un favor ás nubes negras de auganeve. E por todo o ceo invernal podíase ler a mensaxe de Quisqui ao seu amigo Abón Nubeiro: ABURIÑO, COLEGA.
Paula Carballeira: Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico, Edicións Xerais (adapt.)
1
Despois de ler o texto, relaciona:Abón Nubeiro Chuvasco vento do sur Quisqui García Rosmón vento do norte
2
Estes dous ventos eran amigos durante o outono. Por que cres que deixou de ir á cita Abón Nubeiro e apareceu Tremetremerón?... ...
3
Que fixo Quisqui García cando se decatou de que o seu amigo non ía volver? ... ...4
Fíxate no exemplo e escribe de que palabra procede cada unha das seguintes. Ro-dea as terminacións: Nubeiro ➞ nube chuvasco ➞ ... amigable ➞... Rosmón ➞ ... abrigoso ➞ ... invernal ➞ ...ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
5
Clasificas as palabras subliñadas no texto:Xénero masculino: ... Xénero feminino: ...
6
Escribe o feminino dos seguintes nomes: amigo – ... rapaz – ... profesor – ... home – ... galo – ... señor – ... rei – ... boi – ... avó – ...7
Escribe en plural: vento – ... mes – ... color – ... animal – ... noz – ... can – ...8
Completa con n ou m: i...verno ca...pión te...po e...vase po...ba so...bra i...ventar ta...bor ro...per e...viar9
Escolle as palabras máis adecuadas en cada caso e completa as series; separa concomas e mais e:
neve, serpes, os osos, vento, ras, os esquíos, treboadas, os leiróns, tartarugas
– En inverno hai ... . – Algúns animais de sangue frío: ... . – ... hibernan.
10
Volve ler o texto do principio e contesta:• Que personaxes aparecen? ... ...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Na praza daquela vila había un reloxo antigo que, desde había uns días, tiña moitas avarías porque a UNHA non facía máis que chorar:
—Ai, ai! Todas as horas están moi ocupadas. Ningunha quere falar comigo.
Ao amencer, decidiu marchar de alí para sempre; descolgouse da esfera e botou a andar por unhas rúas estreitas. Pola noite, meteuse no taller dun reloxeiro. Alí había unha chea de reloxos.
—E ti quen es? —preguntoulle un vello reloxo de parede.
—Son a UNHA do reloxo do concello e escapei dunha vida moi aburrida. —Fixéchela boa! Sabes canta xente agarda por ti todos os días?
Clara de Saá: A unha aburrida, Kalandraka Editora (adapt.)
1
Que lle pasaba ao reloxo do Concello? De quen era a culpa?...
• De quen era a culpa?
...
2
Que oficio aparece no texto? ...• Escribe o feminino e o masculino da persoa que...
recolle marisco: ... e ... vende nunha tenda: ... e ... reparte paquetes: ... e ... vende flores:... e ... vende peixe:... e ...
3
Nos oficios que escribiches na actividade anterior, rodea as terminacións.4
Completa cos artigos correspondentes: ... praza ... concello ... rúas ... reloxos ... paredes ... esferaANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
5
Completa agora cos indefinidos do texto:... reloxo antigo ... días
... rúas estreitas ... chea de reloxos
6
Copia as contraccións destacadas e di por que palabras están formadas: ... ➞ ... ... ➞ ... ... ➞ ... ... ➞ ... ... ➞ ... ... ➞ ... ... ➞ ... ... ➞ ...7
Rodea as palabras con nh que hai no texto. Escribe unha oración con algunha....
8
Completa este fragmento cos signos ortográficos que faltan:No taller había unha chea de reloxos reloxos de parede reloxos de pulso reloxos de peto reloxos de area reloxos de cuco etc.
9
Fíxate nas viñetas e escribe unha introdución para este conto.... ... ...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
A casa dos contos, como podes ver, ten un chamador de «había unha vez».
Se abres a porta, hai un corredor por onde pasea o Lobo Feroz.
Ti mira con tino, que, nas librerías, has ver esa casa se les cada día!
1
De que casa se fala no poema?...
2
Por onde pasea o Lobo Feroz?...
3
Como podemos ver esa casa?...
4
Subliña no poema un sinónimo de petador. Para que serve e onde se coloca? ... ...5
Escribe os nomes dos aparellos ou obxectos que serven para... colocar revistas: ... espertarnos: ... espremer froita: ... aspirar: ... poñer paraugas: ... torrar pan: ...6
Completa con posesivos adecuados (non esquezas o artigo): ... casa ... palacios ... portas ... contos ... trasno ... fadas Ana M.ª Fernández: A casa de había unha vez,ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
7
Rodea o demostrativo que hai no poema.8
Completa estas oracións cos demostrativos que consideres axeitados: – ... cama quedaría mellor xunto a ... ventá.– ... zapatos estaban sobre ... armario.
– ... porta de alí non abre. Toma ... chave e proba a ver.
9
Le as pistas e completa con maiúsculas estas palabras con b:a) Tes que abrila para lavar as mans. __ __ L __ A b) Serve para abrigarnos o pescozo no inverno. __U__ __ N__ __ c) Con este teléfono podemos falar na rúa. __Ó__ __L
d) Que fai burla. __ __R__ Ó__
e) O contrario de negro. __ __A__ __O f) A cama, o armario, a mesa son... __O__ __E__
10
Fíxate nas viñetas e escribe o desenlace.... ... ... ... ... ... ... ... ... ...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado . Enfádase a araña cando ve que o sol de luz non a baña e apaga o farol. Tremendo de frío de noite, na cama, soña con fogueiras a pobre da araña.
Nin vive nin dorme. Está negro o ceo. Dá voltas e voltas. E morre de medo. Ai, pobre da araña! O sol nin a mira. Non vive de noite nin dorme de día.
1
Con quen está enfadada a araña? Por que?... ... ...
2
Por que cres que a araña soña con fogueiras?...
3
A que lle ten medo a araña?...
4
Escribe palabras que comecen por in- e que teñan estes significados: Que non se pode ver: ...Que non é posible: ...
Que non para quieto: ... Que non é feliz: ...
5
Escribe os contrarios engadindo des-: obediente – ... facer – ...enredar – ... calzado – ... Antonio García Teijeiro, en Contos e poemas para un mes calquera,
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
6
Substitúe as palabras subliñadas por pronomes persoais e copia de novo: A araña e a eiruga viven nunha silveira.... Pedro e mais eu iremos con Sara coller caracois.
...
7
Busca no poema unha palabra con rr. ...• Agora busca outras catro palabras diferentes con r entre vogais.
...
8
Completa con r ou rr e clasifica: pa...aguesa ca...acol ve...me chicha...a ei...uga bolbo...eta en...edadeira ...osaO r soa forte
O r soa suave
9
Cantos versos ten o poema? ... E cantas estrofas? ...10
Copia o verso que rima con cada un dos seguintes: Enfádase a araña... Está negro o ceo.
... O sol nin a mira.
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Pasaron os días fríos de neve, e tamén as interminables semanas de vento e chuvia. As tar-des foron facéndose máis longas, e o sol aínda estaba no ceo cando Diana volvía á casa. Un día, cando baixou do autobús, escoitou o canto do cuco. Diana sorriu; sabía que iso significaba que a primavera xa estaba ás portas. E axiña se empezou a manifestar nos prados, que se encheron de pequenas margaridas, e nos gromos que saían nas árbores e no piar alegre dos paxaros.
Agustín Fernández Paz: As fadas verdes, ed. S. M. (adapt.)
1
Que escoitou Diana ao baixar do autobús?...
2
Que significa a expresión «a primavera xa estaba ás portas»?...
3
Que cousas, segundo o texto, cambian ao pasar do inverno á primavera?... ... ... ... ...
4
Copia o nome da flor que aparece no poema e escribe ti outros tres....
5
Escribe os diminutivos de todas as palabras subliñadas no texto: ... ... ... ... ... ...ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
6
Escribe o infinitivo correspondente a cada un destes verbos do texto: pasaron: ... estaba: ... volvía: ... escoitou: ... sorriu: ... sabía: ... encheron: ... saían: ...7
Coloca os infinitivos anteriores no cadro correspondente:1ª conxugación
2ª conxugación
3ª conxugación
8
Completa con b ou v as seguintes palabras: a....oa ....ento ....ulto né....oa ....oda tre....o mara....illa ....asoira ....arrer nu....e9
Escribe onde corresponda: sobrevivir, volta, vivenda, revolver, envolver, convivir vivir: ... volver: ...10
Completa os versos para que rimen: patín, autobús, avión, tranvía. Polas rúas de Tulúsvai un vello en ... Polas rúas de Pequín
vai un vello nun ... Polas rúas de Almería
vai un vello nun ... Polas rúas de Padrón
vai un vello en ... Ana M.ª Fernández: Pola rúa dos versos,
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
O foguete sobe ao ceo coma un raio.
Perde forza e cae ao chan nun desmaio.
O foguete chega ás nubes! Que bravura!
Que de estalos! Que ruído! Pouco dura!
Mais a cana do foguete cae de plano.
Que aguillada de xoguete! Que galano!
Manuel María: Os soños na gaiola, Edicións Xerais
1
Ponlle un título ao poema anterior....
2
De que tipo de foguete trata o texto? Elixe:Tubo cheo con pólvora que cando se acende sobe a grande altura e estoupa ruidosamente e con luces.
Aparello que se lanza ao espazo e que se usa como arma, para viaxar a ou-tros planetas ou para investigar.
3
Na primeira estrofa do poema hai unha comparación. Escríbea.... ...
4
Escribe outras tres ou catro cousas que podemos atopar nunha festa.... ...
5
Cales destas palabras son compostas? Sublíñaas: parasol cempés crebacabezas escorregadoiro tiracroios papaventos randeeira cortacéspedeANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
6
Escribe os elementos que forman as palabras compostas anteriores: ... + ... ... + ... ... + ... ... + ... ... + ... ... + ...7
Subliña todos os verbos que hai no poema. En que tempo están? Elixe:Presente Pasado Futuro
8
Pasa estas oracións a pasado e a futuro: O campo florece en primavera.... ... O foguete chega ata as nubes.
... ...
9
Escribe o verbo entre parénteses nunha forma rematada en -aba: – O avó (tocar) ... o acordeón nas festas.– Meus pais (bailar) ... na verbena. – Ti (esperar) ... por eles no carrusel. – Vós (cantar) ... no coro do colexio.
10
Soluciona a adiviña e inventa ti outra:Teño cadeas sen ser preso, ... se me empurras, vou e veño. ... Nos parques e nos xardíns ... moitos nenos entreteño. ...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Anxa: (Desde dentro, berrando). Ai, Elías! Pásache algo?
Elías: (Choroso e berrando tamén). Non, prenda. É que saíron laranxas no limoeiro!
Anxa: Laranxas no limoeiro?
Elías: Si, e moi grandes.
Anxa: Serán limóns...
Elías: Non. Son laranxas.
Anxa: Que cor teñen?
Elías: Son da cor de todas as laranxas.
Anxa: E ti sabes de que cor son todas as laranxas?
Elías: Da cor da pel da túa cara.
Anxa: Es un trapalleiro. A cor da miña cara é cor de sol, que che son traballadora.
Elías: Pois as laranxas son laranxas e non limóns. Ven ver.
Carlos Casares: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, ed. Galaxia (adapt.)
1
Este é un diálogo para ser representado. Como se chama este tipo de texto?...
2
Que oficio teñen as persoas que representan un papel nunha obra teatral?...
3
Quen son os personaxes?...
• Son personaxes reais ou fantásticos?
...
4
Por que se sorprende tanto Elías?... E Anxa, pensas que cre o que lle di o seu home?
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
5
Con que compara Elías a cor das laranxas?...
6
Que oficio cres que terán Elías e mais Anxa....
7
Escribe cando menos dúas palabras máis de cada familia:laranxa: ... sol: ... color: ...
8
Escribe oracións con estas parellas de palabras:xastre – tea agricultora – terra barbeiro – tesoiras avogada – xuízo
... ... ... ...
9
Clasifica estas oracións do texto en enunciativa, exclamativa ou interrogativa: Pásache algo? ... É que saíron laranxas no limoeiro! ... Es un trapalleiro. ...10
Escribe dúas palabras con g, dúas con gu e dúas con gü: ... ... ... ... ... ...© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
A acción comeza con dúas nenas nun cuarto. Están sentadas nas súas cadeiras, coa cabeza inclinada sobre a mesa, onde hai unhas fichas da escola. Estudan e escriben as fichas, pero erguen os ollos continuamente cara á ventá aberta. Un gato está asomado a esta fiestra. De súpeto, a nena 1 pecha o libro con fastío e bota lonxe o lapis, que vai
rodando ata o corredor.
nEna 1: (Bocexando). Fichas, fichas...! Que lata!
nEna 2: Pois vaia! Eu tamén estou cansa xa...
nEna 1: (Érguese, achégase ao gato, agarímao e fala con el). Ti si que es afortunado...
Comes, dormes e non tes que estudar xamais...
Gato: (Á nena, con burla). E por iso seica me tes envexa?
Pura Vázquez: Teatro completo para nenos, Abano Editores (adapt.)
1
Onde están as nenas?...
2
Que están facendo?... ...
3
Por que unha delas bota o lapis lonxe?...
4
Cantos personaxes aparecen neste fragmento teatral? Cítaos....
5
Son todos personaxes reais ou hai algún personaxe fantástico? Razoa a túa resposta. ... ... ...ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
6
Busca no texto algunhas palabras máis de cada campo semántico:Partes dunha casa: cociña, ... Mobles: armario, ... Material escolar: goma, ... Animais: papagaio, ...
7
Emparella cada suxeito co seu predicado:O verán dorme na fiestra.
As nenas xa está próximo!
A ventá do cuarto fan as fichas para a escola.
O gato quedou aberta.
Unha nena bota o lapis lonxe.
8
Nas oracións anteriores, subliña con distintas cores o núcleo do suxeito e o núcleo do predicado.9
Completa as seguintes palabras, cando sexa necesario, coa letra que falta:__orta __ora __umano __erba
__irmán __ortensia __ovos __avoa __elicóptero __ipopótamo __úmido __orroroso
10
Localiza as anotacións no texto teatral e explica que instrucións dan:A primeira ... ... A segunda ... A terceira ... ...
© GR
UPO
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
Uxía e o seu pai pasaban as vacacións nunha tranquila aldea.
—Papá, eu abúrrome —dicíalle Uxía ao seu pai, o profesor Viraventos. —Pero filla, con este aire tan puro…
—Xa sei, xa sei, pero ti pasas o día no laboratorio, e eu o único que fago é coidar do galiñeiro.
Unha tarde, o pai esqueceu pechar a porta do laboratorio. As galiñas, que sempre andaban soltas pola horta, entraron e comezaron a peteirar aquí e alá.
Ao día seguinte, Uxía levou unha gran sorpresa.
—Papá, mira! —chamou a rapaza—. Estes ovos son enormes e de moitas cores! O profesor examinou os ovos.
—Por dentro sonche coma calquera ovo, coa súa xema e a súa clara —dixo estrañado. Parecían normais, pero… O luns escachou o primeiro ovo e saíu unha galiña vermella que facía enormes burbullas de xabón. Uxía e seu pai quedaron atrapados nelas, flotando por todo o cuarto.
Marta Álvarez: Como está o galiñeiro!, Edicións Xerais, col. Merliño (adaptación)
1
Onde pasaba as vacacións Uxía? Con quen estaba?...
2
As seguintes palabras son sinónimas das que se subliñaron no texto. Indica de cales: ... – xigantes ... – asombrado ... – apracible ... – san3
Localiza unha palabra composta na lectura e di por que elementos está formada: ... + ... = ...4
Completa estas familias de palabras con dúas máis en cada fila; algunhas podes atopalas no texto:galo, ... porteiro, ... aovado, ...
ANA
YA, S
.A., Lingua 3.º Educación P
rimar ia. Mat er ial f ot ocopiab le aut or izado .
5
Explica que regra ortográfica cumpre a palabra burbulla....
6
Rodea a sílaba tónica destas palabras da lectura:papá abúrrome profesor porta aquí
comezaron enormes espantábaas normal galiña
7
Escribe, por orde alfabética, unha lista de cousas que poderiamos atopar na cociña de Uxía. Lembra separalas co signo adecuado.... ...
8
Fíxate neste fragmento do texto:—Xa, pero ti pasas o día no laboratorio, e eu o único que fago é coidar do gali-ñeiro.
Unha tarde, o pai esqueceu pechar a porta do laboratorio. As galiñas, que sempre andaban soltas pola horta, entraron e comezaron a peteirar aquí e alá.
• Rodea os pronomes persoais que atopes.
• Que clase de palabras son as subliñadas? ...
• Subliña ti un indefinido que hai no texto.
• Que elementos forman a contracción do (galiñeiro)? ...
9
Rodea o suxeito e subliña o predicado:Os ovos eran enormes.
Uxía e o seu pai pasaban as vacacións nunha tranquila aldea.
10
Escribe o que cres que sairía doutro deses estraños ovos.... ...