• No se han encontrado resultados

HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA 2º BACHARELATO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA 2º BACHARELATO"

Copied!
11
0
0

Texto completo

(1)

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

EPA “Eduardo Pondal”

HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA 2º BACHARELATO

A historia da música e da danza persegue proporcionar unha visión global do lugar que ocupan ambas na historia da arte e da súa achega á historia da humanidade, á vez que lle proporciona ao alumnado os fundamentos de comprensión, análise e valoración das creacións producidas no pasado e no presente, de maneira que poida ter criterios para establecer xuízos estéticos propios sobre elas e sobre a súa difusión e consumo na sociedade actual.

A asignatura fai un percorrido pola historia da música e da danza dende a antigüeade ata a actualidade.

METODOLOXÍA

A materia de Historia da música e da danza deste bacharelato semipresencial, conta cunha titoría lectiva semanal, de asistencia obrigatoria, na que se abordarán os

distintos aspectos teóricos correspondentes, coa finalidade de explicar e guiar a aprendizaxe e o estudo.

Tamén haberá unha titoría de orientación semanal, de asistencia non obrigatoria, na que os alumnos poderán consultar as dúbidas relacionadas coa materia.

(2)

MATERIAIS E RECURSOS

A profesora porá a disposición do alumnado o material didáctico preciso para a materia.

Libro de consulta recomendado: Historia de la Música y de la Danza.-Editorial Almadraba. Autores: Rafa Fenollosa, Inma Reig e Daniel Rubio.

Asemade, entrando na web http://ciug.gal/grupos/musica.php e selecionando descriptores das audicións accedemos a éstas e ós seus comentarios.

Tamén se entregarán en clase materiais adicionais cando sexa necesario ampliar ou completar os temas.

O centro dispón de biblioteca na que ademáis de consulta ou préstamo de libros, tamén se pode utilizar internet.

OBXETIVOS

A ensinanza da historia da música e da danza no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Captar a través da audición e/ou visión de obras representativas, con ou sen

apoio de partituras, as súas principais características formais, estéticas e estilísticas, co fin de situalas nos diferentes períodos da historia da música e da danza.

2. Coñecer as características dos diferentes períodos estilísticos da música e da

danza, mediante o estudo das súas obras e persoas creadoras máis representativas, para comprender a evolución e a importancia destas disciplinas artísticas no transcurso da historia.

3. Coñecer e valorar a importancia da música e a danza como manifestacións

(3)

considerando a influencia de factores de tipo cultural, sociolóxico e estético no proceso creativo.

4. Desenvolver e ampliar a formación estética e o espírito crítico, adquirindo o

hábito de escoitar ou presenciar espectáculos de música e de danza, en gravacións ou ben en directo, procedentes tanto da tradición clásica como doutras culturas ou de tendencias populares urbanas actuais, con vistas a construír un pensamento estético autónomo, aberto e flexible.

5. Empregar un léxico e terminoloxía apropiada, sexa oralmente ou por escrito,

para expresar procesos musicais ou coreográficos, así como para formular e defender as súas valoracións críticas e persoais.

6. Utilizar con autonomía e creatividade as fontes bibliográficas e as tecnoloxías da información e da comunicación, valorando a súa utilidade como recursos tanto para o coñecemento e a investigación como para o lecer.

7. Valorar e coñecer as achegas realizadas polo Estado español, e en particular por Galicia, á música e á danza, con vistas a apreciar a súa relación co patrimonio artístico e cultural e apreciar a riqueza dos seus propios sinais de identidade.

8. Comprender e respectar as diversas manifestacións artísticas contemporáneas, impulsando a súa curiosidade e interese cara a elas, con vistas a fomentar a ampliación, de xeito autónomo, das súas preferencias e gustos persoais.

9. Comprender o proceso de creación musical e coreográfica distinguindo os

axentes que inflúen directamente na súa difusión: intérpretes, instrumentos, gravacións, partituras, medios de comunicación, etc.

CONTIDOS

A música e a danza da antigüidade á Idade Media.

-As orixes da música e da danza: manifestación nas civilizacións antigas e na antiga Grecia.

(4)

-A música na Idade Media.

-A música sacra: o canto gregoriano. Características, orixe e evolución. Nacemento e evolución da polifonía: Ars Antiqua e Ars Nova. O Códice Calixtino.

-A música profana. Xograres e goliardos. O fenómeno trobadoresco en Europa. A lírica galaico-portuguesa. Afonso X o Sabio.

-Os instrumentos medievais. Fontes iconográficas. Iconografía pétrea en Galicia e códices alfonsinos.

O Renacemento.

-A polifonía renacentista: características e procedementos compositivos. A polifonía relixiosa. A música da Reforma e da Contrarreforma. A música vocal profana: o madrigal e o estilo Madrigalesco. Principais polifonistas.

-Música instrumental. Organoloxía. Fontes de estudo.

-O Renacemento en España: A música vocal profana: vilancico e romance. Polifonistas do século de ouro. Tomás Luis de Victoria. A música instrumental en España.

-A danza renacentista. Función social. Nacemento do ballet.

O Barroco.

-A música no Barroco: características, periodización e escolas. Evolución da linguaxe expresiva.

-O nacemento da ópera. Ópera seria e ópera bufa. Balé de cour. Comedia balé. -A música e a relixión: cantata, oratorio e paixón.

-As formas instrumentais: orixe, características e evolución.

-Principais compositores e compositoras. Función social da persoa compositora. -Danzas cortesás do Barroco. O balé de Luís XIV. Música escénica.

(5)

zarzuela. A música instrumental. A música nas catedrais galegas. -Organoloxía. Tipoloxía da orquestra barroca.

O Clasicismo.

-O estilo galante e a Escola de Mannheim.

-As formas instrumentais clásicas: orixe, características e evolución. -Música sinfónica e de cámara.

-Música vocal: a reforma de Gluck. Ópera bufa e ópera seria. -Principais compositores clásicos: Haydn, Mozart e Beethoven. -Organoloxía: o piano, o cuarteto de corda; a evolución da orquestra. -O clasicismo en España.

-O balé no clasicismo: o balé de acción. Novos aspectos do espectáculo. Estética. Innovacións da posta en escena.

O Romanticismo.

-A orquestra romántica. As formas sinfónicas. Sinfonía, concerto e música programática. -O piano romántico. A música de cámara.

-Influencia da literatura na música.

-A ópera. Tendencias. Evolución da ópera como espectáculo. O Verismo. -O lied.

-A composición no Romanticismo e Posromanticismo.

. Nacionalismo e Posromanticismo

-Orixe e significado dos nacionalismos musicais: escolas e estilos. Figuras representativas da composición. O rexurdimento musical en Galicia; música instrumental e vocal.

(6)

-O balé romántico. Transición ao balé académico. Balé académico. Figuras representativas da coreografía.

-Música e danzas de salón.

Primeiras tendencias modernas. S XIX e XX

-O impresionismo. Características musicais e figuras representativas.

-Novas linguaxes no século XX: o século dos ismos: Surrealismo, Expresionismo, etc. A evolución dos elementos da música.

-A Segunda Escola de Viena: do Posromanticismo ao Dodecafonismo. Composición e técnicas.

-O Neoclasicismo. Representantes principais da composición. Stravinski. -Teatro musical europeo e americano a comezos do século XX.

-Relación da música do século XX con outras linguaxes; orixe e desenvolvemento da música de jazz.

-Diferentes concepcións da orquestra no século XX.

-A música en España na primeira metade do século. Falla e a xeración do 98. A Xeración da República.

-A música galega. Figuras representativas galegas na diáspora. -Os balés rusos. Diaghiliev. A danza moderna.

Música e danza na segunda metade do século XX.

-O Serialismo integral.

-As vangardas. Indeterminación e aleatoriedade. Novas grafías. Música electroacústica e música concreta.

-O Postserialismo.

-A música de vangarda española: a Xeración do 51. A música galega. Autores contemporáneos. -Os novos instrumentos. As novas tecnoloxías aplicadas á música.

(7)

-A música e a danza popular moderna: jazz, pop, rock.

-Cante e baile flamenco. Danza de carácter. Música e danza popular galega.

-A importancia da música cinematográfica, publicitaria e de ambientación. A danza no cinema.

-Música, danza e aplicación das tecnoloxías.

A música tradicional no mundo.

-Danza e música exótica, étnica, folclórica e popular. -Función social da música e a danza: ritos, tradicións, festas.

-Características da música e da danza: ritmo, melodía, morfoloxía, estilos de canto, texturas, pasos, disposicións, movementos.

-Organoloxía. Introdución aos instrumentos tradicionais. O instrumento musical como obxecto etnográfico.

(8)

Mínimos esixibles para a obtención dunha avaliación positiva.

1. Valoración da audición como forma de comunicación e como fonte de coñecemento e enriquecimento intercultural.

2. Interese por desenvolver hábitos saudábeis de escoita e de respecto aos demais durante a audición.

3. Valoración da lectura e a escritura musical e dos distintos medios de gravación. sonora como recursos para o rexistro e difusión dunha obra musical.

4. Recoñecemento da pluralidade de estilos na música actual. 5. Valoración da danza como linguaxe e medio de expresión.

6. O son e a música nos medios audiovisuais e nas tecnoloxías da información e a comunicación. Valoración dos recursos tecnolóxicos como instrumentos para o coñecemento e o goce da música.

7. O consumo da música na sociedade actual. Sensibilización e actitude crítica ante o consumo indiscriminado de música e a contaminación sonora.

8. Participación activa en todas as actividades de creación sonora propostas. 9. Recoñecemento da sonoridade e características das orquestras de cada período histórico.

10.Coñecemento de instrumentos antigos. 11.Coñecemento de instrumentos do mundo. 12.Características do Gregoriano.

13.Valoración da monodia relixiosa medieval coma orixe da música occidental. 14.Transcendencia da creación da notación musical nese contexto.

15.A importancia da escola trobadoresca no nacemento dunha música profana. 16.A escola Galaico-portuguesa de trobadores, características musicais.

17.A escola de Notre Dame 18.O Ars Antiqua e o Ars Nova.

(9)

20.A polifonía profana renacentista.

21.A música instrumental no Renacemento. Instrumentos renacentistas 22.O estilo concertante.

23.O contrapunto barroco.

24.Nacemento da Opera no Barroco. 25.O barroco tardío.

26.Os grandes clásicos. O clasicismo vienés. 27.A orquestra clásica.

28. Ópera seria y ópera bufa.

29.A Reforma clásica. Gluck e Mozart. 30.O Romanticismo: Etapas

31.Características da música e do músico romántico. 32.As Óperas nacionais románticas. Italia e Alemaña. 33.O nacionalismo.-Rusia, Bohemia e Noruega. 34.O posromanticismo.

35.Novedades da Ópera do século XX.- Kurt Weill, G. Gershwin, Alban Berg. 36.Teatro musical en españa.Tonadilla, Zarzuela Grande e xénero chico.

37.As aportacións das artes escénicas. A Ópera de Wagner e os ballets de Diaguilev. 38.O impresionismo. Debussy e Ravel.

39.A II Escola de Viena, características e autores.

40.Serialismo integral, música concreta e música aleatoria.

41.As figuras relevantes do século XX. Stravinsky,. Varese, Ch. Ives, Nono, Messiaen, Barok, Ligety, Scriabin, Prokofiev, Shostakovich.

42.O son gravado e o son dixital.

43.Contextualización do nacemento da danza. 44.Ballé de Court. Versalles.

(10)

46.Stravinski e os ballés de Diaghilev.

47.As pioneras da danza moderna. Isadora Duncan.

48.Os grandes creadores.- Martha Grahan, Balanchine, Merce Cunningham, Maurice Bejàrt

49.Danza no Cine musical.

50.Capacidade para facer un pequeno análise e unha contextualización en canto a xénero, forma, instrumentación dunha peza proposta.

51.Capacidade de fundamentar calquera opinión musical.

52.Capacidade de empregar a biblioteca, Internet para facer buscas de información e usala adecuadamente.

53.Comprensión do concepto de música funcional.

54.Características principais da música africana, da música árabe, da

música da India, dos gamelán indonesios, china e Xapón e respecto polos seus valores estéticos.

TEMPORALIZACIÓN

As unidades didácticas serán desenvolvidas seguindo a orde dos diferentes períodos da historia da música e da danza.

Co obxetivo de levar unha orde crónoloxica dividiremos as avaliacións do seguinte xeito:

1º Avaliación

1. Música e danza nas Antigas civilizacións(Exipto, Mesopotamia...), Grecia e Roma. 2. Música e danza na Idade Media.

3. Música e danza no Renacemento.

2ª Avaliación

4. Barroco musical. 5. Clasicismo musical.

(11)

6. Romanticismo musical.

7. Nacionalismos, Impresionismo e outras correntes.

3ª Avaliación.

8. Música no s. XX. !ª e2ª metade. 9. A danza no s. XX. O teatro musical . 10. Músicas e danzas tradicionais do mundo.

Referencias

Documento similar

Fundamentalmente, o estudo do tema se fundamentará nas explicacións do profesor sobre das liñas básicas do tema, complementadas co recurso á bibliografía xeral e específica

En canto que disciplina de profundización na aprendizaxe da Historia, esta materia ten como obxectivo proporcionarlle ó alumno/a un coñecemento global das orixes da

(1992): “O galego nos séculos escuros: Achegas para unha caracterización sociolingüística da Galicia dos séculos XVI, XVII e XVIII”, in Actas do I Congreso Internacional

O xardín barroco culminará en Francia na segunda metade do século XVII baixo a monarquía absolutista de Luís XIV, o rei Sol, responsable da creación do máximo expoñente

Se se recuperan os diversos fíos argumentativos expostos até o mo- mento, poderá someterse á valoración dos estudantes a consideración segun- do a cal a historiografía

Díez Platas, Fátima Autor/a: Rodríguez Villar, Blanca Título: La escultura griega y la moda Autor/a: Tejedor González, José Luis Título: Revisión y actualización biográfica

É possível que algumas dessas adaptações, já não mais necessárias nos momentos atuais, ainda estejam escondidas silenciosamente no DNA desses animais e possam ser úteis diante

Tres capitais no Al-Andalux Medieval: urbanismo e arquitectura Corpo e feminismo na arte de finais do século XX. De Roma a Santiago: os