• No se han encontrado resultados

B OLETÍN DO CEDE DA USC

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "B OLETÍN DO CEDE DA USC"

Copied!
18
0
0

Texto completo

(1)

ISSN 1989-1369 2021 • Volume 7 (xullo)

C ONTIDOS

Actualidade 1

Oportunidades 4

Prácticas remuneradas 4

Emprego 4

Financiamento 5

Participación dos cidadáns 6

Iniciativas lexislativas dos cidadáns 6

Consultas públicas aos cidadáns 6

Actos xurídicos 8

Actos lexislativos 8

Outros actos 9

Sentenzas, autos e ditames do TXUE 10

Procesos por infracción contra España 13

Estatísticas de Eurostat 14

Indicadores económicos 14

Outros datos 14

Suxestións bibliográficas 16

Obras dispoñibles na biblioteca da USC 16

Outras obras 17

Para recibir un correo electrónico co anuncio de cada novo Boletín do CEDE, subscríbase á lista de distribución.

Para máis información sobre este boletín e sobre o CEDE da USC, pode visitar a nosa páxina web.

(2)

A CTUALIDADE Coronavirus

A Comisión anunciou que se cumprira o compromiso inicial de vacinación para o verán: actual - mente, máis de 70 % de toda a poboación recibiu polo menos unha dose. Alén diso, máis de meta- de da poboación adulta recibiu a vacina completa, e a Comisión anunciou que xa se entregaran aos estados suficientes doses para vacinar 70 % da poboación adulta. • Perante o rápido espalla- mento da variante «delta» (ou «india») do coronavirus, que xa é a predominante nos máis dos es- tados membros, a Axencia Europea dos Medicamentos (EMA, polas súas siglas en inglés) urxiu a completar a vacinación de todos os cidadáns. • A EMA aprobou a utilización da vacina da Moder- na, xa autorizada no caso dos maiores de idade, para vacinar a poboación de entre 12 e 17 anos (antes, a EMA xa aprobara a vacina da Pfizer para esta faixa de idade). • Entre tanto, o Centro Eu- ropeo para a Prevención e o Control das Doenzas (ECDC, polas súas siglas en inglés) chamou a respectar as medidas preventivas básicas: manter as distancias de seguranza, evitar as aglomera- cións de xente, portar máscara cando for necesario e lavar as mans con frecuencia. • Entrou en vi- gor o certificado dixital COVID da UE, que acredita que unha persoa recibiu a vacina completa contra o coronavirus, xa pasou a doenza ou obtivo recentemente un resultado negativo nunha proba de detección do virus.

Máis información sobre a poboación vacinada no EUobserver (en inglés) e no EuroEFE- Euractiv.

Máis información sobre a petición da EMA no EuroEFE-Euractiv e sobre a autorización da vacina da Moderna no The New York Times (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv.

Máis información sobre a variante delta e as recomendacións do ECDC no Euractiv (en inglés).

Páxina web sobre o certificado dixital COVID da UE no sitio da Comisión.

Máis información sobre o certificado dixital COVID da UE na BBC (en inglés) e no EuroEFE- Euractiv.

Plano español para a recuperación económica

Os ministros de Economía e Finanzas dos estados membros, reunidos no Consello (na modalida- de coñecida como «Ecofin»), deron luz verde o plano de recuperación de España, para que puide- se comezar a recibir os 69.500 millóns de euros que obterá até 2026 do fondo de recuperación comunitario contra a pandemia. • A seguir, Comisión Europea aprobou, en virtude das normas da UE sobre axudas estatais, á creación en España dun fondo de 1.000 millóns de euros que serán utilizados para recapitalizar, a través de instrumentos de débeda e capital, determinadas empre- sas activas afectadas pola pandemia de coronavirus.

Comunicado de prensa sobre os planos de recuperación no sitio do Consello.

Páxinas sobre o plano de recuperación comunitario no sitio do Consello e sobre o plano de recuperación español no sitio da Representación da Comisión en España.

Máis información sobre a autorización dos planos de recuperación no Euractiv (en inglés), e sobre o plano español no EuroEFE-Euractiv.

Máis información sobre a autorización do fondo de recapitalización español no EuroEFE- Euractiv.

(3)

Relatorio anual sobre o estado de dereito

A Comisión publicou o seu segundo relatorio anual sobre o estado de dereito na UE, con unha Co- municação que analiza a situación na UE no seu conxunto e que inclúe capítulos específicos relati- vos a cada estado membro. O relatorio de 2021 reflicte os novos desenvolvementos ocorridos desde setembro pasado, e ten en conta o impacto da pandemia de COVID-19. Globalmente, o documento revela un gran número de desenvolvementos positivos nos estados membros, nomeadamente no que respecta aos casos en que as dificultades identificadas no relatorio de 2020 están a ser aborda- das. No entanto, continúan a existir preocupacións e, nalgúns estados, estas agraváronse, por exem- plo, no que se refire á independencia do poder xudicial e á situación dos medios de comunicación.

Relatorio e capítulos específicos (en inglés).

Comunicado de prensa sobre o relatorio no sitio da Comisión.

Preguntas e respostas sobre o relatorio no sitio da Comisión.

Máis información no Politico (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv.

Estado de dereito en Hungría e Polonia

O Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) sentenciou que o réxime disciplinario dos xuíces en Polonia non é compatible co dereito da UE, e, noutra sentenza, resolveu que Polonia debe suspender in- mediatamente a aplicación das disposicións estatais relativas, nomeadamente, ás competencias da cámara disciplinaria do Tribunal Supremo polaco. (Ambas as decisións poden ser consultadas, neste boletín, na sección sobre sentenzas do TXUE.) • A Comisión remitiu a Hungría ao TXUE por restrinxir ilegalmente o acceso ao procedemento de asilo. A Comisión considera que a norma húngara é contraria á Directiva sobre procedementos de asilo, interpretada á luz da Carta dos De- reitos Fundamentais, xa que impide que as persoas que se encontren no territorio húngaro, in- cluíndo a fronteira, soliciten alí protección internacional. • A Comisión puxo en marcha procesos de infracción contra Hungría e Polonia por violacións dos dereitos fundamentais das persoas LGBTIQ. Os dous estados membros dispón agora de dous meses para responder ás alegacións presentadas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por enviarlles senllos dita- mes motivados e, a seguir, levalos perante o TXUE.

Máis información sobre as sentenzas do TXUE contra Polonia no The Washington Post (en inglés).

Comunicado de prensa sobre a lei de asilo húngara no sitio da Comisión.

Comunicado de prensa sobre os procesos de infracción no sitio da Comisión.

Máis información sobre os procesos de infracción no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE- Euractiv.

Fondo de pesca

Aprobouse o regulamento do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027, o cal substitúe o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020. O re- gulamento contempla un orzamento total de 6.108 millóns de euros, destinados a protexer, xes- tionar e empregar de maneira sustentable os océanos e os seus recursos, contribuíndo tamén aos obxectivos do Pacto Verde Europeo. (O regulamento pode ser consultado, neste boletín, na sec- ción sobre actos xurídicos.)

Comunicado de prensa no sitio da Eurocámara.

Máis información no Euractiv (en inglés) e no sitio da Fundación Galicia-Europa.

(4)

Asilo, refuxio e inmigración

Foi adoptado o fondo da UE para as políticas de asilo e de fronteiras, que servirá para axudar os estados a xestionar os fluxos migratorios, facilitar a integración dos nacionais de terceiros estados e mellorar a xestión das fronteiras. O Fondo de Asilo, Migración e Integración (AMIF) para 2021- 2027, con 9.880 millóns, ten entre os seus obxectivos reforzar a política de asilo común, desenvol- ver a migración legal en liña coas necesidades dos estados membros, apoiar a integración e contri- buír á loita contra a inmigración irregular. (O regulamento do fondo pode ser consultada, neste boletín, na sección sobre actos xurídicos.) A pedido da Eurocámara, o diñeiro tamén deberá utili- zarse para empurrar os estados membros a compartir a responsabilidade de acoller refuxiados e solicitantes de asilo de maneira más equitativa.

Comunicado de prensa no sitio do Parlamento da UE.

Conferencia sobre o Futuro da UE

O Consello Executivo da Conferencia sobre o Futuro da UE acordou conceder máis asentos no plenario da conferencia aos representantes electos rexionais e locais, por un lado, e aos axentes sociais, por outro. O consello emendou as regras do plenario agregando seis representantes das institucións rexionais e seis das locais; tamén incrementou a participación dos axentes sociais de oito a doce representantes. As mudanzas significan que o plenario pasará de 534 a 550 integrantes.

Páxina sobre o plenario no sitio da conferencia.

Comunicado de prensa sobre o aumento dos representantes no sitio da Comisión (en inglés).

Máis información no Euractiv (en inglés).

Emisións de automóbiles

A Comisión Europea anunciou unha multa de 502 millóns de euros á Volkswagen, propietaria da Audi e da Porsche entre outras marcas, e de 372 millóns á BMW por se teren coordinado para frear o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras para reducir as emisións contaminantes en motores diésel. Outra empresa xermana de automoción, a Daimler, tamén participou no cártel, mais foi eximida de pagar 727 millóns de euros por ter haber revelado o caso ás autoridades comunitarias.

Comunicado de prensa no sitio da Comisión (en inglés).

Máis información no Politico (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv.

Código de conduta alimentario

A Comisión, xuntamente coas partes interesadas do sector, lanzou oficialmente o Código de Con- duta da UE sobre prácticas empresariais e comerciais responsables no sector da alimentación, ou- tro dos resultados da estratexia «Do Prado ao Prato» da Comisión. Este código é unha parte esencial dos esforzos da UE para aumentar a dispoñibilidade e a accesibilidade de opcións ali- mentarias saudables e sustentables que contribúan a reducir a nosa pegada ambiental global. Foi desenvolvido com asociacións e empresas da UE, coa participación activa doutras partes interesa- das, incluíndo organizacións internacionais, ONG, sindicatos e asociacións comerciais, e en con- xunto cos servizos da Comisión. As asociacións e empresas do sector que asinan o código comprométense a acelerar a súa contribución a uma transición sustentable.

Comunicado de prensa no sitio da Comisión.

(5)

O PORTUNIDADES

Selección das convocatorias recentes consideradas máis relevantes.

Prácticas remuneradas

Para unha lista máis completa de posibles ofertas, pode consultarse este documento.

• Para estudantes de ciencias, a través de Euraxess (buscando traineeship e trainee) (en inglés).

Varios prazos.

• Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos.

• Delegacións da UE no mundo (en inglés). Varios prazos.

• Tribunal de Xustiza da UE. Prazo até 15 de setembro.

• Comité das Rexións (en inglés). Prazo até 30 de setembro.

• Comité Económico e Social (en inglés). Prazo até 30 de setembro.

• Banco Central Europeo (en inglés). Varios prazos.

• Comisión Europea (en inglés). Prazo de 2 a 31 de agosto.

Emprego

Para unha lista máis completa de posibles ofertas, pode consultarse este documento.

• Empregos para investigadores financiados polas accións Marie Skłodowska-Curie en diferentes campos científicos (sección Job vacancies, en inglés). Varios prazos.

• Empregos para investigadores no Centro Común de Investigación da Comisión (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos.

• Empregos para investigadores científicos ofrecidos por Euraxess (en inglés). Varios prazos.

• Procesos de selección da EPSO para a Comisión e diferentes institucións, organismos e axen- cias da UE. Varios prazos.

• Banco Central Europeo (en inglés). Varios prazos.

(6)

Financiamento

Cidadáns

• Subvencións de apoio á Conferencia sobre o Futuro de Europa. Prazo até 1 de setembro.

• Contribucións ás fundacións políticas europeas. Prazo até 30 de setembro.

• Contribucións aos partidos políticos europeos. Prazo até 30 de setembro.

Investigación e innovación

• Horizonte Europa: Convocatorias de propostas xerais 2021. Prazo até 14 de setembro.

• Horizonte Europa: Convocatorias de propostas xerais 2021. Prazo até 7 de outubro.

• Fondo de investigación para o carbón e o aceiro. Prazo até 22 de outubro.

• Horizonte Europa: Convocatorias xeral de propostas 2021. Accións de coordinación e apoio.

Prazo até 22 de outubro.

• Horizonte Europa: Accións de coordinación e apoio. Prazo até 26 de outubro.

• Co-creación con compradores públicos e privados de innovacións. Prazo até 28 de outubro.

• Horizonte Europa. Convocatorias de propostas. Prazo até 10 de novembro.

• Horizonte Europa. Women TechEU. Prazo até 10 de novembro.

• Horizonte Europa: Accións de coordinación e apoyo. Irmandamento. Prazo até 18 de xaneiro de 2022.

Ambiente, clima e enerxía

• Asociacións marco de subvencións operativas LIFE+. Prazo até 28 de setembro.

• Programa de Ambiente e Acción polo Clima (LIFE). Varios prazos.

• Programa de Investigación e Formación da Comunidade Europea da Enerxía Atómica. Varios prazos.

Asuntos sociais

• Fondo Social Europeo+: Actividades para detectar traballo non declarado. Prazo até 28 de setembro.

• FSE+: Esquema de mobilidade Obxectivo EURES. Prazo até 28 de setembro.

• Fondo Social Europeo: Convocatorias de propostas. Prazo até 30 de setembro.

• FSE+: Desprazamento de traballadores. Prazo até 30 de novembro.

• Fondo Social Europeo: Oficina de coordinación de Servizos Sociais. Prazo até 17 de agosto.

Empresas

• COSME: Iniciativa de vivenda accesible. Prazo até 20 de outubro.

(7)

P ARTICIPACIÓN DOS CIDADÁNS

Iniciativas e consultas abertas recentemente.

Máis información sobre as posibilidades de participación cidadá na UE.

Iniciativas lexislativas dos cidadáns

• Puntuación ecolóxica europea (European EcoScore). Prazo até 23 de xullo de 2022.

Consultas públicas aos cidadáns

Transportes

• Transporte sustentable: Novo marco de mobilidade urbana. Prazo até 23 de setembro.

• Vehículos al final de su vida útil: Revisión de las normas de la UE. Prazo até 26 de outubro.

Orzamento

• Revisión específica das normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da UE («o Regulamento Financeiro»). Prazo até 1 de outubro.

Concorrencia

• Acordos horizontais entre empresas: Revisión das normas de concorrencia da UE. Prazo até 5 de outubro.

Fiscalidade

• Subvención para reducir a distorsión fiscal a favor do endebedamento (DEBRA). Prazo até 7 de outubro.

Asuntos do interior

• Armas de fogo: Revisión das normas de exportación e medidas de importación e tránsito. Prazo até 11 de outubro.

Asuntos marítimos e pesca

• Protección do medio mariño: Revisión das normas da UE. Prazo até 21 de outubro.

Economía e sociedade dixitais

• Contidos web e digitais accesibles para persoas con discapacidade: Revisión das normas da UE.

Prazo até 25 de outubro.

Xustiza e dereitos humanos

• Apoio ás vítimas de delitos: Avaliación da Directiva sobre os dereitos das vítimas. Prazo até 25 de outubro.

(8)

Comercio

• Comercio con seis países da América Central: Avaliación. Prazo até 4 de novembro.

Política rexional

• Regións ultraperiféricas: Actualización sobre a asociación estratéxica da Comisión con estas rexións. Prazo até 4 de novembro.

(9)

A CTOS XURÍDICOS

Selección dos actos considerados máis relevantes.

Actos lexislativos

• Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xuño de 2021 por que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+).

• Regulamento (UE) 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xuño de 2021 relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

• Regulamento (UE) 2021/1059 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xuño de 2021 sobre disposicións específicas para o obxectivo de cooperación territorial europea (Interreg) que recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dos instrumentos de financiamento externo.

• Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xuño de 2021 por que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os referidos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguranza Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

• Regulamento (UE, Euratom) 2021/1163 do Parlamento Europeo de 24 de xuño de 2021 por que se fixan o Estatuto e as condicións xerais de exercicio das funcións do Valedor do Pobo Europeo (Estatuto do Valedor do Pobo Europeo).

• Regulamento (UE) 2021/1116 do Consello de 28 de xuño de 2021 relativo á distribución das posibilidades de pesca establecidas no Protocolo de aplicación do Acordo de colaboración no sector pesqueiro entre a República Gabonesa e a Comunidade Europea (2021-2026).

• Decisión (UE) 2021/1117 do Consello de 28 de xuño de 2021 relativa á sinatura, en nome da UE, e á aplicación provisoria do Protocolo de aplicación do Acordo de colaboración no sector pesqueiro entre a República Gabonesa e a Comunidade Europea (2021-2026).

• Regulamento (UE) 2021/1119 do Parlamento Europeo e do Consello de 30 de xuño de 2021 por que se establece o marco para conseguir a neutralidade climática.

• Decisión (UE) 2021/1157 do Consello de 30 de xuño de 2021 relativa á posición que debe adoptarse, en nome da UE, en resposta á declaración unilateral do Reino Unido en que expón a práctica que se propón seguir no que respecta ás importacións en Irlanda do Norte de productos cárnicos procedentes de Gran Bretaña entre 1 de xullo e 30 de setembro de 2021.

• Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello de 7 de xullo de 2021 por que se establece o Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura.

• Regulamento (UE) 2021/1147 do Parlamento Europeo e do Consello de 7 de xullo de 2021 por que se crea o Fondo de Asilo, Migración e Integración.

(10)

• Regulamento (UE) 2021/1149 do Parlamento Europeo e do Consello de 7 de xullo de 2021 por que se crea o Fondo de Seguranza Interior.

• Regulamento (UE) 2021/1153 do Parlamento Europeo e do Consello de 7 de xullo de 2021 por que se establece o Mecanismo «Conectar Europa». (Texto pertinente para efectos do EEE.)

• Directiva (UE) 2021/1187 do Parlamento Europeo e do Consello de 7 de xullo de 2021 sobre a racionalización das medidas para avanzar na realización da rede transeuropea de transporte (RTE-T).

• Regulamento (UE) 2021/1154 da Comisión de 9 de xullo de 2021 por que se establece o fechamento das pescarías de atún vermello no océano Atlántico, ao leste do meridiano 45° O, e no mar Mediterráneo para os barcos de Grecia.

• Directiva (UE) 2021/1159 do Consello de 13 de xullo de 2021 relativa ás exencións temporais relativas ás importacións e a determinadas entregas ou prestacións de servizos, en resposta á pandemia de COVID-19.

• Regulamento (UE) 2021/1203 do Consello de 19 de xullo de 2021 relativo á inclusión de continxentes arancelarios autónomos da UE de determinados produtos da pesca. (Texto pertinente para efectos do EEE.)

Outros actos

• Recomendación (UE) 2021/1170 do Consello de 15 de xullo de 2021 sobre a restrición temporal das viaxes non esenciais á UE e o posible levantamento desa restrición.

• Recomendación (UE) 2021/1222 da Comisión de 20 de xullo de 2021 por que se establece un manual práctico sobre a cooperación europea relativa ás funcións de garda costeira.

• Recomendación (EU) 2021/1086 da Comisión de 23 de xuño de 2021 sobre a creación dunha Unidade Cibernética Conxunta.

(11)

S ENTENZAS , AUTOS E DITAMES DO TXUE

Selección das sentenzas, autos e ditames considerados máis relevantes.

Dereitos fundamentais

O TXUE, na sentenza relativa aos asuntos acumulados C-804/18 e C-341/19, resolveu que a pro- hibición do uso de calquera forma visible de expresión das conviccións políticas, filosóficas ou reli- xiosas no lugar de traballo pode ser xustificada pola necesidade de a empresa presentarse de forma neutra perante os clientes ou de previr conflitos sociais. Con todo, esa xustificación debe responder a unha necesidade verdadeira da empresa e, no ámbito da conciliación dos diferentes dereitos e intereses afectados, os órganos xurisdicionais estatais poden ter en conta o contexto pro- pio do seu estado membro, nomeadamente as disposicións estatais mais favorables a respecto da protección da liberdade relixiosa.

Resumo da sentenza.

Estado de dereito

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-791/19, resolveu que o réxime disciplinario dos xuíces en Polonia non é compatible co dereito da UE.

Resumo da sentenza (en inglés).

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-204/21 R, resolveu que Polonia debe suspender inme- diatamente a aplicación das disposicións estatais relativas, nomeadamente, ás competencias da cámara disciplinaria do Tribunal Supremo. Os motivos de feito e de dereito invocados pola Comi- sión xustifican a concesión das medidas provisorias solicitadas.

Resumo da sentenza (en francés).

Espazo de liberdade, seguranza e xustiza

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-30/20, especificou, en relación á práctica colusoria so- bre os prezos de venda de camións, que os tribunais competentes para decidir sobre as accións de indemnización. Na ausencia dun tribunal especializado para ese tipo de acción a nivel estatal, unha empresa que efectuase as súas adquisicións em varios lugares pode recorrer ao tribunal en cuxa demarcación se encontre a súa sede social.

Resumo da sentenza.

Dereito laboral

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-742/19, resolveu que o Tribunal de Xustiza precisa os casos en que a Directiva relativa a determinados aspectos da ordenación do tempo de traballo non se aplica ás actividades exercidas por militares. Esta directiva non se opón a que un período de garda durante o cal un militar estea obrigado a permanecer no cuartel en que está destinado, sen realizar un traballo efectivo, sexa remunerado de maneira diferente que un período de garda du- rante o cal realiza prestacións de traballo efectivo.

Resumo da sentenza.

(12)

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-795/19, resolveu que a regulamentación estoniana que establece a imposibilidade absoluta de manter en funcións un funcionario de prisións cuxa agude- za auditiva non cumpre os niveis mínimos de percepción sonora e non permite verificar se está en condicións de exercer as súas funcións é contraria ao dereito da UE. Esta regulamentación crea unha discriminación directamente baseada na discapacidade.

Resumo da sentenza.

Fiscalidade

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-521/19, resolveu que ao determinar a base impoñible dunha operación entre contribuíntes suxeitos ao IVA que foi ocultada por estes, debe considerar- se que os montantes pagos e recibidos, conforme fosen reconstituídos pola administración tributa- ria, xa inclúen este imposto. Calquera outra interpretación sería contraria ao principio da neutra- lidade do IVA.

Resumo da sentenza.

Política enerxética

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-848/19 P, resolveu que a legalidade de calquera acto das institucións da UE que forme parte da política desta no dominio da enerxía debe ser aprecia- da á luz do principio da solidariedade enerxética. O Tribunal de Xustiza desestima o recurso in- terposto por Alemaña contra a sentenza do Tribunal Xeral que, en aplicación dese principio, anulara unha decisión da Comisión de 2016 a través da cal tiñan sido alteradas as condicións de acceso ao gasoduto OPAL.

Resumo da sentenza.

Afiliación ao sistema de saúde

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-535/19, confirmou os dereitos dos cidadáns da UE que non exerzan unha actividade económica, residentes nun estado membro diferente do seu estado- membro de orixe, de ficar afiliados no sistema público de seguro de doenza do estado membro de acollemento. No entanto, o dereito da UE non impón a obrigación de afiliación gratuíta no referi- do sistema.

Resumo da sentenza.

Comercialización de medicamentos

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-178/20, resolveu que un medicamento non suxeito a receita médica nun estado membro só pode ser comercializado noutro estado membro se este úl- timo tamén tiver autorizado a sua introdución no mercado. Na ausencia desa autorización, pode ser posible, con todo, fornecer o referido medicamento nese estado membro cando a súa utiliza- ción responda, en conformidade co dereito da UE, a necesidades especiais de natureza médica.

Resumo da sentenza.

Subvencións agrícolas

O TXUE, na sentenza relativa ao asunto C-830/19, resolveu que, no ámbito da Política Europea de Desenvolvemento Rural, o criterio de determinación que permite a un mozo agricultor benefi- ciarse dunha axuda ao arranque da empresa é o da produción bruta estándar da totalidade da ex-

(13)

de acceso diferentes ao apoio á instalación, consoante o mozo agricultor se instale con outros mo- zos agricultores ou con outros agricultores que non pertencen a esa categoría, non constitúe unha discriminación.

Resumo da sentenza.

(14)

P ROCESOS POR INFRACCIÓN CONTRA E SPAÑA Loita contra o terrorismo

A Comisión decidiu incoar procedementos de infracción contra España e outros catro estados membros por non teren incorporado correctamente á súa lexislación determinados aspectos da norma da UE en materia de loita antiterrorista (Directiva (UE) 2017/541). España dispón agora de dous meses para responder ás alegacións presentadas pola Comisión. Caso contrario, a Comi- sión podería enviarlle un ditame motivado.

Dereito laboral

A Comisión decidiu incoar un procedemento de infracción contra España, e solicitou esclarece- mentos sobre a compatibilidade da lexislación de Extremadura e Andalucía coa Directiva relativa ao traballo a través de empresas de traballo temporal (Directiva 2008/104/CE). España dispón agora de dous meses para responder. Na ausencia dunha resposta satisfactoria, a Comisión podería decidir enviar un ditame motivado.

(15)

E STATÍSTICAS DE E UROSTAT

Todas as estatísticas son en inglés.

Indicadores económicos

• 22/07/2021. Débeda pública na Eurozona.

• 22/07/2021. Déficit orzamental.

• 19/07/2021. Produción no sector da construción.

• 16/07/2021. Inflación anual na Eurozona.

• 16/07/2021. Superávit do comercio internacional de mercadorías na Eurozona.

• 14/07/2021. Produción industrial.

• 08/07/2021. Prezos da vivenda na Eurozona.

• 06/07/2021. Volume do comercio retallista.

• 05/07/2021. Excedente na conta corrente.

• 05/07/2021. Aforro doméstico na Eurozona.

• 02/07/2021. Prezos do produtor no sector industrial.

• 01/07/2021. Desemprego na Eurozona.

• 30/06/2021. Inflación anual na Eurozona.

Outros datos

• 26/07/2021. Menores solicitantes de asilo.

• 26/07/2021. Obxectivos de desenvolvemento sustentable por estado membro.

• 23/07/2021. Horas traballadas en 2020.

• 22/07/2021. Estatísticas das finanzas públicas: Valor financeiro líquido.

• 21/07/2021. Sobrecualificación dos inmigrantes.

• 21/07/2021. Sobrepreso nos adultos.

• 20/07/2021. Estatísticas sobre a recuperación.

• 20/07/2021. Produción de bicicletas.

• 19/07/2021. Renda doméstica por estado membro.

• 16/07/2021. Exceso de mortalidade.

• 16/07/2021. Man de obra especializada no sector das TIC.

(16)

• 15/07/2021. Taxa de emprego e atonía do mercado de traballo.

• 15/07/2021. Produción de mercadorías industriais.

• 14/07/2021. Aplicación das leis de inmigración.

• 14/07/2021. Adultos que nin estudan nin traballan.

• 14/07/2021. Piar Europeo dos Dereitos Sociais.

• 13/07/2021. Productividade dos recursos.

• 13/07/2021. Consumo de materiais.

• 13/07/2021. Exportacións a estados terceiros.

• 12/07/2021. Compras de vivendas.

• 12/07/2021. Transporte aéreo comercial.

• 09/07/2021. Datos demográficos.

• 08/07/2021. Prezos de aluguer e prezos da vivenda.

• 08/07/2021. Aactividade manufactureira.

• 07/07/2021. Inmigrantes con títulos de grao.

• 07/07/2021. Investimento na protección ambiental.

• 06/07/2021. Emprego das persoas con máis de 55 anos.

• 05/07/2021. Estimacións de renda e taxa de probrea.

• 05/07/2021. Emprego xerado polas exportacións a estados terceiros.

• 02/07/2021. Formación continua dos adultos.

• 02/07/2021. Unidades de tomografía computorizada e imaxe por resonancia magnética nos hospitais.

• 01/07/2021. Duración da vida laboral.

• 30/06/2021. Comercio de mercadorías con estados terceiros por moeda de facturación.

• 30/06/2021. Participación nas redes sociais.

• 29/06/2021. Aloxamento de curta duración reservado a través de plataformas colaborativas..

• 29/06/2021. Impacto da pandemia nas fontes de enerxía.

• 28/06/2021. Inflación en determinados mercadorías e servizos.

• 25/06/2021. Turismo durante a pandemia.

• 25/06/2021. Persoas novas con título de educación terciaria.

(17)

S UXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS

Obras dispoñibles na biblioteca da USC

Rose, Richard. 2020. How Referendums Challenge European Democracy: Brexit and Beyond.

Cham: Palgrave Macmillan.

Esta obra explica como os cidadáns comunitarios están a usar os referendos para cuestionar as decisións adoptadas pola UE. Os capítulos iniciais comparan as dúas principais institucións da democracia electoral: as electoral para decidir quen goberna, e os referendos para decidir políticas. A UE asenta a súa autoridade para adoptar políticas en tratados internacionais. A análise, en capítulos sucesivos, de referendos no Reino Unido, en Grecia e nos Países Baixos mostra que os valores culturais poden ter máis influencia que a clase. O libro usa o brexit como o paradigma dun conflito entre os votantes nos estados e a UE, e lembra que que recuperar o control estatal sobre a elaboración das políticas non garante unha elaboración de políticas eficaz cando o éxito depende non só das institucións do estado senón tamén de decisións tomadas en Washington e noutros lugares. Neste sentido, tamén a UE encara desafíos, pois as súas políticas dependen do que acontece noutros continentes.

Bulmer, Simon et al. 2020. Politics in the European Union. 5.ª edición. Oxford: Oxford University Press.

Esta é unha guía completa ao pasado, presente e futuro da UE. Un equipo de especialistas analiza en detalle a teoría e a historia da UE, pasando despois a explicar as institucións e políticas principais. Nesta nova edición, estúdanse fenómenos recentes como o «Dieselgate», o Pacto Verde Europeo e a chegada de persoas estranxeiras ás costas comunitarias. Capítulos revistos sobre o ambiente o o clima ofrecen, por un lado, un panorama pormenorizado da resposta comunitaria á crise climática e da evolución da política ambiental, e por outro, nova información sobre o «ciclo político» e a escolla de ámbitos políticos.

Basedow, Jürgen. 2021. EU Private Law: Anatomy of a Growing Legal Order. Cambridge:

Intersentia.

O dereito comunitario abrangue sectores cada vez máis numerosos do dereito privado. Por causa da súa natureza fragmentaria, a maior parte da bibliografía especializada aborda ámbitos específicos como o dereito laboral comunitario, o dereito das empresas, o dereito internacional privado, e o dereito dos consumidores. Este libro adopta un novo enfoque para examinar o dereito privado comunitario, estudando a súa continua expansión, rastreando as orixes dos seus principios e regras e explorando a súa aplicación e desenvolvemento a través dos instrumentos legais da UE e de sentenzas do TXUE.

(18)

Outras obras

Yves Poullet. 2020. Le RGPD face aux défis de l’intelligence artificielle. Bruxelas: Larcier.

A intelixencia artificial (IA) talvez sexa a innovación máis radical e con máis posibilidades de transformación social do noso tempo: invade as nosas vidas e modela as decisións das empresas, dos cidadáns e das autoridades públicas. Esta innovación é mormente positiva mais tamén representa o risco de sermos espiados, manipulados e reducidos aos datos que xeramos.

Perante o desafío da IA, a UE representa unha alternativas ás vías estadounidense e chinesa.

Neste sentido, a reafirmación das liberdades individuais, e en particular a posta do regulamento de protección de datos ao servizo destes valores, representa a cerna da política comunitaria. Esta obras pregúntase se este regulamento é a mellor maneira de abordar a nova realidade da IA. A dimensión colectiva dos riscos xerados pola IA, a ausencia de transparencia nos sistemas de aprendizaxe automática, as dificultades da súa avaliación son cuestións que esta obra trata nunha tentativa de axudar a manter o control da IA como instrumento da intelixencia humana.

Bakardjieva Engelbrekt et alia (eds.). 2021. The European Union and the Technology Shift.

Cham: Springer International Publishing.

A presente obra estuda os múltiplos desafíos que a mudanza tecnolóxica global crea á UE.

Suscita a cuestión de como as sociedades dos estados membros han de mobilizar os efectos positivos do rápido avance da dixitalización, a robotización e a intelixencia artificial, mitigando ao mesmo tempo as consecuencias negativas en termos de perda de empregos, ciberdelincuencia e polarización sociopolítica. Os autores que participan neste libro — especialistas dos campos da economía, o dereito e as ciencias políticas — tentan esclarecer o papel que a UE ten e debería ter en asuntos como a regulamentación das plataformas dixitais globais, a fiscalidade da economía dixital, a deslocalización de empregos, os desafíos éticos da intelixencia artificial e as oportunidades da democracia dixital.

Silano, Marco, e Vittorio Silano. 2021. Ensuring Food Safety in the European Union. Boca Raton, Londres e Nova Iorque: CRC Press.

Este libro ofrece unha esclarecedora análise das regulamentacións comunitarias relativas á seguranza alimentaria, presentando as numerosas e complexas iniciativas implementadas pola UE desde que a Comisión adoptou o «Libro Branco sobre a seguranza alimentaria», no ano 2000, para definir as políticas e mellorar a protección dos consumidores comunitarios. A consecución dos máis altos estándares de seguranza alimentaria foi unha política chave da UE desde nos últimos vinte anos, materializada en iniciativas, mencionadas nese libro branco, como a creación da Autoridade Europea para a Seguranza dos Alimentos, a adopción de novas leis en numerosos ámbitos, e a adopción de normas sobre a información obrigatoria e voluntaria aos consumidores.

Referencias

Documento similar

• Decisión de Execución (UE) 2016/650 da Comisión, de 25 de abril de 2016, que establece normas para a avaliación da seguranza dos dispositivos cualificados de creación de asinaturas

Aquae Querquennae : Porto Quintela, Bande (Ourense) : campamento militar romano e mansión viaria, guía do xacemento arqueolóxico. Rodríguez Colmenero,

Uniao Européia, Livraria Almedina, Coimbra, 1997; NADIA DE ARAÚJO, FREDERICO V. MA- GALHÁES MARQUES y MÁRCIO MONTEIRO REÍS, Código do Mercosul. Tratados e Legislacáo, Renovar, Rio

DE JUSTICIA 1) La sentencia del Juzgado de 20/12/2013, estimó parcialmente la demanda de la trabajadora y declaró la improcedencia del despido, con condena a la

Finalmente, unha vez finalizados os trámites para os que precisamos acceder á rede con IP da USC, é recomendábel desactivar a configuración do proxy.. Para iso, volvemos premer

O presente Regulamento, ditado en execución do artigo 48 dos Estatutos da USC, relativo aos departamentos da USC, ten por obxecto establecer os atributos organizativos dos

As comisións que superen os límites establecidos no artigo anterior, así como as prórrogas que dean lugar a un exceso sobre eses límites, terán a consideración de residencia eventual

PI-05 Xestión dos recursos materiais e servizos PI-06 Organización e procedementos administrativos PI-05 Xestión documental. PI-07 Medición e mellora dos programas de estudo e