• No se han encontrado resultados

Que é a BUSC?

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Que é a BUSC?"

Copied!
2
0
0

Texto completo

(1)

Que é a BUSC?

A Biblioteca Universitaria defínese, na actualidade, como unha unidade funcional de apoio á aprendizaxe, á docencia e á investigación. Está constituída por todos os fondos bibliográficos, documentais e audiovisuais adquiridos polos diferentes centros e servizos da USC.

A Biblioteca da Facultade de CC Económicas e Empresariais é un deses centros.

Cal é a súa finalidade na USC?

A USC está inmersa nos cambios institucionais provocados pola implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), e que afectan especialmente á metodoloxía docente e de aprendizaxe. Isto ten implicacións evidentes nos hábitos de estudo e traballo do estudante. Neste contexto a BUSC se consolida como un servizo de acceso á información e apoio neste proceso de aprendizaxe e investigación.

Ademais, a BUSC aporta a súa experiencia na creación de produtos orientados a xestionar o coñecemento, facilitando o acceso a fontes de información de calidade e contribuíndo a difundir a produción científica da USC, cun persoal que se converte no mellor asesor dos investigadores e docentes.

Que servizos ofrece?

A Biblioteca Universitaria é o servizo a través do cal a comunidade universitaria atopa solución ás súas necesidades de información.

Para iso, ofrece os seguintes servizos1:

A. Información e referencia: para solicitar axuda relacionada con:

 Horarios, servizos e normas da biblioteca

 Organización e localización dos fondos documentais

 Funcionamento e manexo do catálogo

 Utilización e consulta das distintas bases de datos e doutras fontes de información.

B. Reprodución de documentos: Pódese obter copia impresa ou dixital dos fondos bibliográficos e documentais da BUSC de acordo coa normativa actual respecto da Propiedade Intelectual. (Consulta as normas e as tarifas na web da biblioteca2) C. Préstamo a domicilio: os fondos da BUSC poderán

levarse en préstamo a domicilio por un período de tempo e condicións variables en función do tipo de usuario e das características dos fondos. (Consulta estas condicións na web3)

Para facer uso deste servizo é necesario dispoñer da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) ou dunha carta de lector expedida pola BUSC.

O catálogo4 da Biblioteca proporciona información respecto á dispoñibilidade da obra.

D. Préstamo entre centros da BUSC: Os usuarios pertencentes á comunidade universitaria da USC poderán solicitar en préstamo fondos de calquera centro da BUSC, sempre que non se trate de obras de uso frecuente, de tal modo que poden recoller na biblioteca que da servizo ao seu centro obras existentes en calquera outra biblioteca dos campus de Santiago e Lugo. (Máis info na web da BUSC5).

E. Préstamo interbibliotecario e acceso ao docu- mento6: Teñen coma finalidade proporcionar acceso ás coleccións bibliotecarias, especialmente a aqueles documentos que non están dispoñibles para ser adquiridos no mercado bibliográfico. Así realizan dúas labores:

 Obter documentos non existentes nas coleccións da BUSC, ben sexan en formato orixinal (habitualmente libros) ou en reproducións (habitualmente fotocopias de artigos de revistas).

 Proporcionar documentos existentes nas coleccións da BUSC a outras bibliotecas.

Ambos servizos están suxeitos a certas tarifas que podes consultar na web.

F. Préstamo de libros electrónicos: A plataforma PreLo dá información dos libros electrónicos dispoñibles é posibilita a súa lectura en liña e/ou a súa obtención en préstamo (previa identificación do usuario a través do Servizo de Identificación Centralizado da USC7)

A lectura pode realizarse desde calquera tipo de ordenador, tableta, teléfonos intelixentes e dispositivos de pantalla con acceso a Internet.

Pode facerse en liña ou sen conexión a Internet (descargando previamente o libro), mediante as aplicacións comúns para a lectura de documentos en formato PDF e EPUB. Necesitarás crear un Id de Adobe Digital Editions para a lectura sen conexión ou en dispositivos móbiles ou e-readers. Consulta a Guía de Prelo8.

G. Fotocopias de revistas da BUSC: Este servizo inclúe, dunha banda, a posibilidade de solicitar a fotocopia de artigos de revistas que non se atopan no propio centro, pero sí entre os fondos da BUSC. A solicitude97 pode facerse dende a web.

(2)

Doutra banda, se a revista ou o número que precisas non existe nas coleccións da BUSC, podes pedila a outra Biblioteca por medio do formulario de préstamo interbibliotecario10.8

H. Solicitar novas adquisicións: Os membros da comunidade universitaria poden solicitar a adquisición de libros, videos, CD-ROMs, etc. que non teñan carácter periódico. Lembra que o material solicitado debe estar en consonancia coa temática da Biblioteca na que se pide.

A solicitude de compra pode facerse tanto no mostrador da biblioteca como a través do formulario119 web.

I. Formación de usuarios: A BUSC ofrece á comunidade universitaria un plan de formación dirixido a profundar no coñecemento dos servizos bibliotecarios e dos recursos de información, así como á adquisición de competencias necesarias para localizar, seleccionar, utilizar e difundir a información facendo un uso creativo, crítico e seguro das TIC (Competencias en Información).

Para lograr este obxectivo, a BUSC conta cunha serie de actividades e recursos formativos, que podes consultar na sección correspondente da web12.10 E ademais …

Lembra que a Biblioteca ofrece acceso a estes e outros servizos, como os recursos electrónicos, o catálogo, a web social, guías, titoriais, etc., a través do seu portal web e da súa presenza nas redes sociais.

Visítanos !!

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/

1 Servizos da BUSC:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/index.ht ml

2 Reproducción de documentos:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/reprogr afia.html

3 Préstamo:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/prestam o_domicilio.html

4 Catálogo: http://iacobus.usc.es/

5 Préstamo intercentros:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/prestam o_centros.html

6 Servizo de Préstamo Interbibliotecario:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/prestam o_interbibliotecario.html

7 Servizo de identificación da USC: https://login.usc.es/cas

8 Guía de Prelo:

http://sp.bugalicia.org/san/subjects/guide.php?subject=pr elo

9 Fotocopias de revistas:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/fotocopi as_busc.html

10 Formulario de PI:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/prestam o_interbibliotecario_form.html

11 Formulario de adquisicións:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/solicitar _adq.html

12 Formación de usuarios:

http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/servizos/formaci on.html

BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS

AVDA. BURGO DAS NACIÓNS, S/N 15782 SANTIAGO DE COMPOSTELA

(A CORUÑA) TLF. 881 811 510

Referencias

Documento similar

• Disolventes non haloxenados (140503) • Disolventes haloxenados (140502) • Residuos citotóxicos (180103) • Disolucións con metais pesados (160507) • Residuos de

Declaramos expresamente el conocimiento de las Condiciones y Especificaciones Técnicas solicitadas en la carta de invitación y autorizamos, mediante la presente, para que

Como la diferencia de temperatura entre el gas y el deposito no excede un valor infinitesimal dT, éste es un proceso reversible de transferencia de calor,

Situado en el nuevo Polígono Industrial Can Margarit, en San Esteve Sesrovires, permite a los clientes de Goodman beneficiarse de la contratación de personal cualificado, ayudas

o tartárico disueltos en agua. La incorporación del ácido puede hacerse al principio de la elaboración, al convertir la f ruta en pulpa, pero siempre es preciso agregar una pe-

El servicio de salud que se da en el Perú viene siendo reflejado por algunas incomodidades de algunos usuarios en os hospitales públicos del país, en los centros de salud como el

Omstændigheder bortfalde. 3, finder ikke Anvendelse paa Handlinger, der omfattes af denne Lov. Denne Lov kommer til Anvendelse paa Handlinger foretaget af Personer, der ved

Tjenestemandsorganisation – for kommunale Tjenestemænds Vedkommende den Tjenestemandsorganisation eller eventuelt faglige Organisation –, hvorunder Tjene- stemanden henhører