• No se han encontrado resultados

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA"

Copied!
14
0
0

Texto completo

(1)

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 23 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014, cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (SI427A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2014, a través da Resolución do 23 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), axudas e sub- vencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, cofinanciadas polo FSE e polo Feder.

A Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, órgano encargado da instrución deste procedemento, revisou as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución e identificou as que se presentaron en prazo, as que non conteñen erros e que dispoñen da documen- tación preceptiva, así como aqueloutras que non reúnen a documentación necesaria, por non tela presentado, por conter erros, por non empregar os modelos normalizados ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 18 da convocatoria establece, de conformidade co estipulado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non reúne algún dos requisitos

CVE-DOG: jhxf6zy9-c1p1-ga25-x6n9-2g1mems4ubx9

(2)

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, e tamén se publicitarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitu- des que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido na convocatoria. Esta relación achégase como anexo desta resolución, con especificación dos documentos preceptivos requiridos a cada solicitude.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes relacionadas no anexo de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución.

De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis infor- mación durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán di- rixirse á Secretaría Xeral da Igualdade, preferentemente a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.es ou ben por calquera dos medios dispostos no artigo 34 da resolución de convocatoria.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2014 Susana López Abella Secretaria xeral da Igualdade

CVE-DOG: jhxf6zy9-c1p1-ga25-x6n9-2g1mems4ubx9

(3)

DOG Núm. 170 Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37284

ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

ANEXO

Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación do procedemento SI427A

Núm. de expte. Solicitante DNI/CIF Documentación requirida

1 2014/000001-0 Federación de Asociacións de Mulleres Anaral G32362279

Anexo II; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

2 2014/000002-0 Asociación de Mulleres Algueirada G32354227

Resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

3 2014/000005-0 Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais-Alume G27198977 Aclaración da imputación dos gastos correntes (método de cálculo establecido para cada un dos conceptos).

4 2014/000006-0 Asociación Alar Galicia G15775901

Certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo;

resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos e memoria liña 2 asinada.

5 2014/000007-0 Almat, Asociación de Loita Contra os Malos Tratos G15717721 Memoria económica complementaria en que deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos tanto correntes como servizos profesionais.

6 2014/000009-0

Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia)

G15545353

Memoria económica complementaria da liña 1 en que deberán concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos correntes e de persoal, tendo en conta que o reflectido na memoria contradise coa acreditación da adscrición do persoal ao programa (distintas porcentaxes).

7 2014/000010-0 Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense G32303802

Anexo III-I e anexo III-II (os presentados na sede electrónica non son lexibles);

memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos e memoria liña 2 asinada.

(4)

Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37285 ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

8 2014/000011-0 Asociación de Mulleres Anel G32207516

Resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

9 2014/000013-0 Fundación Ronsel G15752660

Memoria económica complementaria da liña 1 en que deberán concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para os gastos de persoal; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

10 2014/000014-0 Federación de Autónomos de Galicia V15440639

Certificación orixinal acreditativa das asociacións ou federacións integradas, especificando o nome, NIF, número de REPSS e número de persoas asociadas de cada unha delas; copia do contrato de traballo da persoa reflectida no anexo V ou resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; memoria do programa nos termos establecidos no artigo 16.4.d).

11 2014/000015-0 Down Vigo: Asociación para a Síndrome de Down G36697324 Anexo II.

12 2014/000018-0

Asociación Íntegro para a Diversidade das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

Resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; xustificación da necesidade do investimento en ordenadores portátiles.

13 2014/000019-0 Pía Unión la Obra de la Señora R15002994 Toda a documentación establecida nos números 3, 4 e 5 do artigo 16.3 da convocatoria, agás o anexo I.

14 2014/000021-0 Unión Xeral de Traballadores de Galicia G15383011

Anexo I debidamente cuberto (o programa solicitado non se corresponde co reflectido na memoria); anexo II; memoria asinada que debe incluír os recursos económicos do programa establecidos por partidas, concretando a imputación de custos que se realiza (porcentaxe e método de cálculo).

(5)

DOG Núm. 170 Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37286

ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

Núm. de expte. Solicitante DNI/CIF Documentación requirida

15 2014/000022-0 Asociación Pro Saúde Mental A Creba G15476310 Anexo II; memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos.

16 2014/000023-0 Andaina Pro Saúde Mental G70264999

Os anexos I, II e III-I teñen que ser coincidentes entre eles nos importes dos orzamentos e da axuda solicitada; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; certificación asinada do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo; memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos e memoria liña 2 asinada; documento de cesión do local con vixencia ata o 30.11.2019.

17 2014/000025-0 Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

(Faxpg) G15068091

Memoria liña 1 asinada e deberá concretar o método de cálculo establecido para os gastos de persoal e memoria liña 2 asinada; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

18 2014/000026-0 Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down

Galicia) G15665144 Xustificación da necesidade do investimento en ordenadores portátiles.

19 2014/000027-0 Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) G70223417

Resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos e memoria liña 2 asinada e con orzamento desagregado de cada equipamento; xustificación da necesidade do investimento en ordenadores portátiles.

20 2014/000029-0 Aliad-Ultreia G27021120

Anexo II debidamente asinado; anexos III-I e III-II debidamente cubertos en todas as epígrafes tendo en conta ademais que o financiamento debe ser coincidente co orzamento de gastos; anexo IV; memoria liña 1 asinada e deberá concretar o método de cálculo da imputación establecido para cada un dos gastos e memoria liña 2 nos termos previstos na convocatoria e asinada.

(6)

Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37287 ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

21 2014/000030-0 Asociación de Empresarias da Coruña G15156573 Anexos II, III-I e IV en modelos normalizados; memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos.

22 2014/000031-0 Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia G15258213

Aclaración da imputación dos gastos correntes (método de cálculo

establecido para cada un dos conceptos); resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

23 2014/000032-0 ONG Ecos do Sur G15354483 Anexo II debidamente asinado; memoria debidamente asinada.

24 2014/000033-0 Asociación Española Contra o Cancro G28197564

Acreditación de representatividade da persoa asinante da solicitude para actuar en nome da entidade; memoria liña 1 asinada e deberá concretar o método de cálculo da imputación establecido para cada un dos gastos;

resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

25 2014/000035-0 Asociación Xarela Formación-Animación G32261307 Acreditación de representatividade da persoa asinante da solicitude para actuar en nome da entidade; memoria liña 1 asinada; memoria liña 2 asinada.

26 2014/000036-0 Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución G27728658

Anexo III-I debidamente cuberto (incluír períodos contratación); memoria complementaria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos e memoria complementaria liña 2 asinada que deberá desagregar o orzamento por cada un dos conceptos.

27 2014/000037-0 Asociación de Personas Sordas de Ourense G32015463

Anexo II; anexo III-II; memoria liña 2 debidamente asinada; certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo; título de propiedade ou usufruto ou contrato de alugamento do local previsto no artigo 16.5.d) da convocatoria.

28 2014/000038-0 Asociación Acción Lucense de Sordos-Alusor G27292986 Memoria liña 2 debidamente asinada.

(7)

DOG Núm. 170 Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37288

ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

Núm. de expte. Solicitante DNI/CIF Documentación requirida

29 2014/000039-0 Fundación Amigos de Galicia G15859911

Resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; memoria liña 1 asinada que deberá incluír a desagregación do orzamento por cada un dos conceptos e concretar o método de cálculo establecido para a imputación destes gastos ao programa; memoria liña 2 asinada e nos termos establecidos no artigo 16.5.b) desagregando ademais o orzamento por cada un dos conceptos.

30 2014/000040-0 Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirado G15969868 Liña 1: aclaración da imputación dos gastos correntes (método de cálculo establecido para cada un dos conceptos).

31 2014/000044-0 Asociación de Empresarias y Profesionales de la Provincia de

Ourense G32104663

Anexo I debidamente cuberto con todas as follas; anexo III-I debidamente cuberto (incluír períodos contratación); memoria liña 1 asinada incluíndo aclaración da imputación dos gastos correntes e de persoal (método de cálculo establecido para cada un dos conceptos); resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

32 2014/000045-0 Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo G36928646 Aclaración da imputación dos gastos correntes da liña 1 (porcentaxe de imputación e método de cálculo establecido para cada un dos conceptos).

33 2014/000046-0 Asociación Provincial Amas de Casa, Consumidores y Usuarios

de A Coruña G15049034

Anexos I, II e III-I debidamente cubertos (os orzamentos deben ser coincidentes en todos os anexos así como co reflectido na memoria);

memorias individualizadas para cada liña e nos termos previstos no artigo 16 da convocatoria e asinadas (na liña 1 deberá incluír a porcentaxe e o método de cálculo establecido para a imputación de cada un dos gastos); resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo.

34 2014/000047-0 Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete G36642726 Anexo IV.

35 2014/000048-0 Asociación Ayuda y Atención al Preso G15414667 Anexo III-I debidamente cuberto (os gastos de servizos profesionais no recadro correspondente e incluír períodos de contratación); memoria do programa asinada.

(8)

Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37289 ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

36 2014/000049-0 Asociación Labregas G15945686

Resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; memoria liña 1 asinada que deberá incluír a desagregación do orzamento por cada un dos conceptos, así como a porcentaxe de gasto imputado ao programa e o seu método de cálculo; xustificación da necesidade do investimento en ordenadores portátiles.

37 2014/000050-0 Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres G70370119

Resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; memoria liña 1 complementaria en que se deberá incluír a desagregación do orzamento por cada un dos conceptos, así como a porcentaxe de gasto imputado ao programa e o seu método de cálculo;

xustificación da necesidade do investimento en ordenadores portátiles.

38 2014/000052-0 Asociación de Mujeres de Marinos de Galicia Rosa dos Ventos G36730844 Anexo I debidamente cuberto con todas as follas e solicitando un só programa;

anexo III-I debidamente cuberto incluíndo períodos de contratación imputados;

memoria do programa nos termos establecidos no artigo 16.4.d).

39 2014/000053-0 Asociación Viguesa de Alcohología G36627453

Anexo III-I e III-II debidamente cubertos (debe incluír o financiamento do programa); memoria liña 1 complementaria en que se deberá incluír a desagregación do orzamento por cada un dos conceptos, así como a porcentaxe de gasto imputado ao programa e o seu método de cálculo;

memoria liña 2 nos termos establecidos no artigo 16.5.b) da convocatoria, xustificando a necesidade do investimento nun ordenador portátil; certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo (non de usuarias, senón de socias/os).

40 2014/000054-0 Aelu-Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo G27105220 Xustificación da necesidade do investimento en ordenador portátil.

41 2014/000055-0 Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol G15458060 Memoria liña 1 debidamente asinada (deberá incluír aclaración ao método do cálculo da imputación dos gastos xerais).

42 2014/000056-0 Asociación Antonio Noche G15210388

Anexo III-I debidamente cuberto (incluír períodos contratación); memoria liña 1 asinada incluíndo a porcentaxe e método de cálculo establecido para cada un dos conceptos; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

(9)

DOG Núm. 170 Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37290

ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

Núm. de expte. Solicitante DNI/CIF Documentación requirida

43 2014/000057-0 Asociación Amicos G15747678

Memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe e método de cálculo establecido para cada tipo de gasto e memoria liña 2 asinada; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo.

44 2014/000059-0 Asociación Xuvenil Integrados G15973357

Memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe e método de cálculo establecido para cada tipo de gasto; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

45 2014/000060-0 Asociación de Veciños de Angrois G70339643

Documentación acreditativa da inscrición da asociación na área de igualdade do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais; documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade; memoria asinada da liña 2 e nos termos establecidos no artigo 16.5.b) da convocatoria.

46 2014/000061-0 Asociación Mixta Teenses pola Igualdade G15918600

Anexos I, II, III-I, III-II e IV debidamente cubertos e asinados pola persoa representante legal da entidade; documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade;

documentación acreditativa da inscrición da asociación na área de igualdade do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais; memoria

económica complementaria da liña 1 en que se deberá incluír o orzamento desagregado do programa, concretando a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos tanto correntes como servizos profesionais; memoria asinada da liña 2 e nos termos establecidos no artigo 16.5.b) da convocatoria.

47 2014/000062-0 Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego-Amfar

Galicia G15592801

Resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; memorias liña 1 e liña 2 asinadas.

(10)

Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37291 ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

48 2014/000064-0 AEXPA J32197584

Memorias liña 1 e liña 2 debidamente asinadas e nos termos previstos no artigo 16 da convocatoria; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe; certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo; título de propiedade ou usufruto ou contrato de alugamento do local previsto no artigo 16.5.d) da convocatoria.

49 2014/000065-0 Cáritas Diocesana de Tui-Vigo R3600368I Anexo IV; memoria liña 1 asinada; memoria liña 2 asinada e con orzamento desagregado por cada un dos gastos; xustificación da necesidade do investimento en ordenadores portátiles.

50 2014/000066-0 Asociación ONG Viraventos G70136429 Existe unha contradición no número de horas de dedicación ao programa entre a memoria e a resolución de adscrición da técnica de orientación laboral, polo que deberán aclarar este aspecto.

51 2014/000067-0 Asociación Rexurdir de Actividades Sociales G36046241

De acordo co artigo 6.1 da convocatoria cada entidade só pode solicitar un programa, polo que deberá adaptar a súa solicitude presentando toda a documentación establecida no artigo 16 da convocatoria para un único programa.

52 2014/000068-0 Fillas do Divino Celo-Rogacionistas R0800037D

Anexo I debidamente asinado; anexo III-I debidamente cuberto tendo en conta que o período de contratación imputado non pode ser superior á temporización da acción e que os gastos de persoal laboral non se poden consignar na epígrafe de servizos profesionais; anexo V debidamente cuberto incluíndo o número de meses imputados.

53 2014/000069-0 Asociación Educando en Familia G27437581

Anexo II debidamente cuberto e asinado (marcar correctamente os tipos de axuda que se solicitan); anexo III-I debidamente cuberto incluíndo correctamente o programa de financiamento; memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos tanto correntes como servizos profesionais; certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo; xustificación da necesidade do investimento en ordenadores portátiles e equipamentos multifunción, describindo estes últimos con detalle.

54 2014/000070-0 Centro de Día e Inclusión Social San Xoán Bautista V15593668

Anexo I debidamente cuberto e asinado (non presentaron 3ª folla); anexo III-I (tendo en conta que o período de contratación imputado excede do establecido no artigo 7.3 da convocatoria); memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos tanto correntes como servizos profesionais, para o período subvencionable.

(11)

DOG Núm. 170 Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37292

ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

Núm. de expte. Solicitante DNI/CIF Documentación requirida

55 2014/000071-0 Fundación Universidade da Coruña G15597289 Xustificación da necesidade do investimento no ordenador portátil.

56 2014/000072-0 Congregación Siervas de la Pasión R0800086A

Anexo III-I (tendo en conta que o período de contratación imputado excede a temporización da acción e o período subvencionable establecido no artigo 7.3 da convocatoria); memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá incluír o orzamento desagregado de gastos, concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos.

57 2014/000073-0 Asociación Red Madre Pontevedra G27707686 Aclaración da imputación dos gastos de persoal e de alugamento dos locais (porcentaxe e método de cálculo establecido para cada un dos conceptos).

58 2014/000074-0 Asociación Red Madre Ourense G32394082

Anexo II debidamente asinado; anexo IV; memoria do programa nos termos previstos no artigo 16.4.d) da convocatoria; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

59 2014/000075-0 Asociación Mujeres en Igualdad de Burela G27441153

Anexo III-I debidamente cuberto incluíndo períodos de contratación imputados;

memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá incluír o orzamento desagregado de gastos, concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos; xustificación da necesidade do investimento en ordenadores portátiles.

60 2014/000077-0 Betania de Jesús Nazareno R1500247J

Anexo I debidamente cuberto e asinado (non presentaron 3ª folla); anexo II debidamente asinado; acreditación de representatividade da persoa asinante da solicitude para actuar en nome da entidade; memoria asinada acorde co tipo de programa solicitado (mantemento de centros de atención especializada) e que deberá incluír o orzamento desagregado de gastos, concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos.

61 2014/000078-0 Asociación Mirabal G70312954

Memoria liña 1 debidamente asinada (deberá incluír o orzamento desagregado de gastos, concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos); memoria liña 2 asinada; título de propiedade ou usufruto ou contrato de alugamento do local previsto no artigo 16.5.d) da convocatoria.

(12)

Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37293 ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

62 2014/000079-0 Asociación pola Igualdade e a Coeducación G94088549

Anexo II debidamente cuberto tendo en conta que non poden solicitar axuda para a contratación de profesionais da acción social ao non contratar persoal laboral senón servizos profesionais externos; memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos.

63 2014/000081-0 Asociación E-Deidades para a Integración Laboral e Social da

Muller G27431873 Memorias liña 1 e liña 2 debidamente asinadas; certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo.

64 2014/000082-0 Asociación Penitenciaria Concepción Arenal G27119809 Memoria do programa debidamente asinada.

65 2014/000083-0 Asociación Red Madre Lugo G27442540

Anexo II debidamente cuberto e asinado (debe incluír orzamento e subvención solicitada); anexo III-I (tendo en conta que o período de contratación imputado excede do establecido no artigo 7.3 da convocatoria); memoria da liña 1 asinada en que se deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos.

66 2014/000084-0 Asociación Mujeres Entretejidas G27405786 Memoria liña 2 asinada e nos termos establecidos no artigo 16.5.b) da convocatoria; certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo.

67 2014/000085-0 Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas de Ourense G32152563

Os anexos I, II e III-II deben ser coincidentes co importe dos orzamentos;

no anexo III-II o financiamento total débese corresponder co importe total do orzamento; no anexo II débese marcar o tipo de axuda que se solicita;

memoria da liña 2 nos termos establecidos no artigo 16.5.b) da convocatoria;

certificación do número de persoas afiliadas desagregadas por sexo.

68 2014/000086-0 Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos G32369696 Memoria da liña 2 nos termos establecidos no artigo 16.5.b) da convocatoria;

título de propiedade ou usufruto ou contrato de alugamento do local previsto no artigo 16.5.d) da convocatoria.

69 2014/000087-0 Asociación de Mulleres Rurais Alumear G32350555

Anexo III-I debidamente cuberto (debe incluír períodos de contratación imputados); memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos tanto correntes como servizos profesionais.

(13)

DOG Núm. 170 Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37294

ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

Núm. de expte. Solicitante DNI/CIF Documentación requirida

70 2014/000088-0 Adicam. Asociación de Diagnosticadas de Cancro de

Mama G36380301

Anexo I debidamente cuberto (debe incluír o importe do orzamento); anexo III-I debidamente cuberto (a temporización da acción e o período de contratación imputado está fóra do período establecido no artigo 7.3 da convocatoria e non coincide co reflectido na memoria); anexo V (o custo total non debe ser mensual senón o total dos meses imputados e ten que ser coincidente cos orzamentos reflectidos nos outros anexos e a data de alta dentro do período subvencionable); resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

71 2014/000090-0 Asociación Dignidad Galicia G15500853 Anexo I debidamente cuberto, acompañado da documentación establecida nos números 3, 4 e 5, segundo a liña que soliciten, do artigo 16 da convocatoria.

72 2014/000091-0 Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares G36617082

Memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

73 2014/000092-0 Asociación de Mulleres Pedra da Vella G36837433

Memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá concretar a porcentaxe que se pretende imputar ao programa e o método de cálculo establecido para cada un dos gastos; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

74 2014/000093-0 Asociación Red Madre Coruña G70180229

Memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá concretar o orzamento desagregado por cada gasto e concretar o método de cálculo establecido para cada un dos gastos; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

75 2014/000094-0 Fundación Down Compostela G70040258 Anexo II debidamente asinado; memoria económica complementaria da liña 1 en que deberá concretar o gasto imputado ao programa por cada posto de traballo e o método de cálculo establecido para esta imputación.

(14)

Luns , 8 de set embr o de 2014 Páx. 37295 ISS N113 0-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xun ta .e s/d iari o-ofi cial -gal icia

76 2014/000095-0 ONG Mestura G15940414

Os anexos I, II e III-I deben ser coincidentes no importe dos orzamentos e da axuda solicitada; memoria liña 1 asinada e deberá concretar a porcentaxe e método de cálculo establecido para cada tipo de gasto; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

77 2014/000096-0 AACC O Noso Lar G36015485

Anexo III-I debidamente cuberto en todas as epígrafes; memoria da liña 1 nos termos establecidos no artigo 16.4.d) da convocatoria; resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade, acreditativa da adscrición do persoal ao programa en que conste o nome e apelidos do persoal que se adscribe, o posto de traballo, as súas tarefas, a porcentaxe da súa xornada de traballo dedicada ao programa e o período polo que se adscribe.

78 2014/000097-0 Asociación Comarcal de Mulleres Profesionais, Autónomas e

Directivas da Coruña (Apade) G70278676 Anexo II; acreditación de representatividade da persoa asinante da solicitude para actuar en nome da entidade.

Referencias

Documento similar

Dado que o obxectivo último do Acelerador de Transferencia é a comercialización dos resultados de investigación da USC, o apoio da AVTE poderá continuar unha vez finalizado o

 Persoal do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) da área de influencia da Universidade de Santiago de Compostela, para os seus fillos/as. A

14 HANS KELSEN, Teoría pura do direito, 1979; NORBERTO BOBBIO, Teoría do orde- namento jurídico, 1990; KARL ENGISCH, Jntroducáo ao pensamento jurídico, 1996; KARL LARENZ,

Nicolás Hernández Guillén “España-Cuba: Escritores cubanos en el II Congreso Internacional de Escritores para la defensa de la Cultura realizado Valencia en el año 1937. “Poesía

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2013 pola que se crean e regulan os ficheiros de datos de carácter persoal denominados Sede electrónica e Actividades de investigación da Universidade

No entanto, em rigor, a lei inconstitucional (menos favorável), por não ser válida, não consta de uma verdadeira sucessão de leis penais, e, por isso a protecção do caso

A cidade do futuro, distinta desta na qual vivemos nesta segunda década do século xxi , que enfrenta e assimila as mudanças introduzidas pela revolução tecnológica e científica

Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de técnico superior de investigación do grupo I, do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG