• No se han encontrado resultados

1 2 Notas 125 Índice Xeral: Bolsas

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "1 2 Notas 125 Índice Xeral: Bolsas"

Copied!
125
0
0

Texto completo

(1)
(2)

Índice Xeral:

Bolsas

Bolsas convocadas por organismos de carácter estatal 4 Bolsas convocadas por organismos de carácter autonómico 13 Bolsas convocadas por organismos doutras comunidades autónomas 15 Bolsas convocadas por organismos de carácter privado 17 Bolsas convocadas por organismos de carácter internacional 49 Axudas

Axudas convocadas por organismos de carácter estatal 53 Axudas convocadas por organismos de carácter autonómico 63 Axudas convocadas por organismos de carácter privado 68 Axudas convocadas por organismos de carácter europeo 72

Subvencións

Subvencións convocadas por organismos de carácter estatal 73 Subvencións convocadas por organismos de carácter autonómico 81

Premios e Concursos

Premios convocados por organismos de carácter estatal 90 Premios convocados por organismos de carácter autonómico 95 Premios convocados por organismos doutras comunidades autónomas 102 Premios convocados por organismos de carácter privado 104 Prácticas

Prácticas convocadas por organismos de carácter privado 115

Prácticas no estranxeiro 117

Voluntariado 121

Varios 123

Notas 125

(3)

Resumo das subvencións, axudas, bolsas, concursos e premios no ámbito do emprego e da formación, actualizadas a 6 de maio de 2010

Os datos publicados teñen exclusivamente carácter

informativo. É conveniente que consultes as bases na

publicación oficial correspondente a aquelas

convocatorias concretas que sexan do teu interese, co

obxecto de evitar posibles erros que poidan producirse

de transcrición e/ou cómputo de prazos.

(4)

Bolsas convocadas por organismos de carácter estatal:

Bolsas do Ministerio de Cultura/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América (Curso 2011-2012)

A finalidade das bolsas do Ministerio de Cultura/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América é a de contribuír á formación das persoas de nacionalidade española que desexen ampliar estudos artísticos ou de xestión cultural en universidades e centros do devandito país. Ademais da especialización nun dos seguintes campos: artes audiovisuais, escénicas, plásticas e visuais, música e musicoloxía, museoloxía e conservación do patrimonio e xestión cultural.

Características: as bolsas inclúen financiamento para os seguintes conceptos:

a) Billete de ida e volta, compra de libros e outros materiais e gastos varios: $2300. No caso de que o bolseiro ou bolseira asistise a un curso preacadémico: $2600.

b) Asignación mensual de 1500 a 2100 dólares, segundo a universidade ou o centro de destino, en concepto de aloxamento, manutención e gastos adicionais durante o período autorizado de estancia nos Estados Unidos de América.

c) Gastos de matrícula e taxas obrigatorias da universidade ou centro especializado de destino (máximo de 31.000 dólares).

Os bolseiros/as Fulbright participan no único programa de intercambio avalado polos gobernos dos dous países. Os/As bolseiros/as contan co apoio da Comisión binacional e dos organismos xestores nos Estados Unidos que, de forma gratuíta para eles, prestaranlles os seguintes servizos:

Tramitación de acceso ás universidades estadounidenses, xestión e administración posterior á bolsa.

Orientación previa á saída de España e un curso de verán, preacadémico, nunha universidade estadounidense cando cumpra.

Servizos de apoio, xestión e asesoría a través da rede de oficinas

(5)

Participación en seminarios e actividades culturais e artísticas que se organicen en nome e polo Programa Fulbright, suxeito á dispoñibilidade de fondos do Goberno dos Estados Unidos.

Subscrición dunha póliza de seguro de enfermidade e accidente para o bolseiro/a de ata 100.000 dólares.

Preparación e xestión do visado "Exchange Visitor (J-1)" para o/a bolseiro/a e os visados (J-2) para os familiares que viaxen ao seu cargo.

O período de goce destas bolsas establecerase segundo o calendario da universidade ou centro especializado de destino. A duración mínima é de seis meses e a máxima de doce. O devandito período deberá estar entre o verán ou outono do ano 2011 e o outono de 2012.

O pagamento destas bolsas realizarase a partir da data da resolución da concesión, farase por trimestres adiantados e será realizado pola Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América.

Publicación: Boletín Oficial do Estado do 22/04/2010 Requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea. Non poden optar ás bolsas os cidadáns ou cidadás dos Estados Unidos, os que teñan dereito á cidadanía ou os residentes no país.

b) Posuír o título superior expedido por unha universidade española, ou se non, recoñecido polo Ministerio de Educación. Excepcionalmente, aceptaranse os títulos expedidos por outras institucións aínda que non estean homologados polo Ministerio de Educación. No caso das especialidades de creación artística e interpretación, tamén poderán optar a bolsa, quen non tendo estudos de grao, acredite a formación ou experiencia que lle permita o acceso a estudos de posgrao en centros dos Estados Unidos.

c) Posuír un coñecemento excelente do idioma inglés, falado e escrito, demostrable mediante o Test of English as a Foreign Language (TOEFL).

Máis información: http://becas.universia.net/es/index.jsp http://www.mcu.es/

Prazo de presentación: o prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais que comezarán a contar a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Estado ( 22/05/2010 )

(6)

Bolsas Fulbright. Programa Investigación Posdoutoral 2010

Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos FULBRIGHT

Obxectivo: 3 a 4 bolsas para contribuír a estudos avanzados de mutuo interese.

Disciplinas: ciencias sociais e humanidades, pero está aberta a todos os campos. A comisión promove afiliacións académicas e profesionais en institucións públicas e privadas de todo o territorio nacional.

Núm. de vacantes: 4

Características: de 3 a 5 meses de duración

Período de goce: o comezo da bolsa acordarase entre o candidato ou candidata e a comisión, e considerarase a dispoñibilidade das fontes de investigación. Non poderá ser posterior a agosto de 2011.

Dotación:

1700 dólares, cantidade para a viaxe e exceso de equipaxe para o bolseiro ou bolseira e un máximo de dous acompañantes, 1400 dólares cada un.

850 € para a primeira instalación.

Mensualmente o bolseiro ou bolseira recibirá 1700 € como estipendio base, 540 para vivenda e entre 390 e 540 € para manutención. Inclúe ademais unha póliza de seguro médico e de accidentes.

Requisitos:

Ser cidadán/á de Estados Unidos; profesor/a, profesional ou artista. Ser preseleccionado/a polo CIES.

Máis información: http://www.fulbright.es/

Prazo de solicitude: ata o 1 de agosto de 2010

(7)

Resolución do 16 de decembro de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, pola que se aproba a convocatoria de lectorados MAEC-AECID en universidades estranxeiras para 2010/2011.

Convoca: Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (Aecid)

Publicación: BOE do 3 de marzo de 2010 Máis información: boletín bolsas 060

http://www.060.es/te_ayudamos_a/ayudas_becas_y_subvenciones/common/becas.pdf

Prazo de presentación: ata o 10 de xuño de 2010

(8)

Bolsas de formación do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas

A convocatoria ten por obxecto a concesión de 18 bolsas de formación destinadas a persoas que se atopen en posesión do título de licenciado/a, enxeñeiro/a ou enxeñeiro/a técnico/a, sempre que terminasen os seus estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2005.

As titulacións esixidas para cada unha das bolsas convocadas son as que se sinalan no anexo I da convocatoria.

As bolsas outorgaranse con arranxo aos principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade de trato entre homes e mulleres, e obxectividade, en réxime de concorrencia competitiva e con limitación ás dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Convoca: Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas Lugar de goce: Madrid / Torrejón de Ardoz

Características e condicións de goce:

O desenvolvemento das bolsas terá lugar nas dependencias do INTA en Torrejón de Ardoz (Madrid), cunha dedicación a xornada completa.

O bolseiro ou bolseira deberá acudir ás instalacións do INTA conforme ao plan de formación programado polo instituto.

Durante o mes de agosto o plan de formación será interrompido e os bolseiros/as non acudirán ao instituto.

A cada bolseiro/a asignaráselle un titor ou titora que dirixirá e coordinará as actividades que compoñan o seu plan de formación.

O goce das bolsas esixe dedicación exclusiva do/a bolseiro/a ás actividades de formación, polo que será incompatible con calquera outro tipo de bolsa ou axuda, e coa percepción de toda clase de remuneración, prestación ou subsidio de desemprego.

No caso de concesión da bolsa, a persoa beneficiaria deberá presentar unha declaración xurada de que non concorre en ningunha das circunstancias mencionadas. Excepcionalmente o INTA poderá autorizar a realización dalgunha actividade esporádica, sempre que teña relación coas actividades de formación.

A condición de bolseiro/a non supón en ningún caso prestación de

(9)

Así mesmo, o INTA non asume ningún compromiso en orde á incorporación do bolseiro/a ao seu persoal á finalización da bolsa concedida.

Os resultados científicos e posibles invencións que sexan obtidos como consecuencia da actividade desenvolvida pola persoa beneficiaria dunha bolsa de formación durante o período de goce da bolsa, serán de propiedade do INTA, sen prexuízo do recoñecemento, de ser o caso, da correspondente autoría.

Se o/a bolseiro/a renuncia á bolsa, o INTA poderá asignarlla, polo tempo que falte ata a súa finalización, á persoa candidata seleccionada como primeira suplente, ou sucesivas candidatos e candidatas suplentes, se os houber, en caso de renuncia dos anteriores.

O INTA proporcionaralles aos bolseiros e bolseiras seleccionadas un seguro de enfermidade e accidentes, cuxos detalles de cobertura estarán a disposición dos/as bolseiros/as na Unidade de Formación do Instituto.

O INTA proporcionaralles aos bolseiros e bolseiras o apoio necesario e facilitaralles a utilización dos medios, instrumentos ou equipos que resulten precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

Velará polo desenvolvemento adecuado dos seus programas de formación, sen que poida esixírselles a realización de calquera outra actividade que non estea relacionada co desenvolvemento da súa bolsa.

O/A bolseiro/a que desexe renunciar á bolsa, deberá comunicarllo por escrito á Dirección Xeral do INTA, con copia á Área de Recursos Humanos (Unidade de Formación), con quince días de antelación como mínimo.

Se se xerasen percepcións económicas indebidas, o bolseiro ou bolseira quedará obrigada a reembolsalas no prazo máximo de 15 días naturais e a comunicar á pagadoría do INTA a súa devolución. No caso de que non se realice o reembolso, o INTA poderá instar á apertura do correspondente expediente para o cobramento do pagamento indebido.

(10)

Dotación das bolsas:

1. Bolsas de formación concedidas a licenciados/as e enxeñeiros/as superiores, 1030 € mensuais brutos.

2. Bolsas de formación concedidas a enxeñeiros/as técnicos/as, 970 € mensuais brutos.

3. A contía da bolsa seralle aboada ao beneficiario ou beneficiaria por meses vencidos.

4. A cantidade aboada aos bolseiros e bolseiras en ningún caso terá carácter de salario ou retribución, senón de axuda económica e aboarase por mensualidades completas ou fracción proporcional do tempo de goce da bolsa para os casos en que o bolseiro/a inicie ou finalice a súa bolsa sen coincidir co mes natural.

Duración das bolsas:

A duración das bolsas será de dous anos, e poden ser prorrogadas polo INTA por un ano máis sempre que o plan formativo o contemple e tras a solicitude previa do beneficiario ou beneficiaria formulada con dous meses de antelación á data de finalización da bolsa.

A concesión da prórroga estará supeditada ás dispoñibilidades orzamentarias e á valoración dos informes.

Publicación: Boletín Oficial do Estado do 21/04/2010

Requisitos: poderán ser beneficiarios e beneficiarias das bolsas previstas nesta resolución aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas ou subvencións públicas, reúnan as seguintes condicións:

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou estranxeiro residente en España no momento de solicitar a bolsa.

b) Estar en posesión do título de licenciado/a, enxeñeiro/a ou enxeñeiro/a técnico/a, sempre que terminasen os seus estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2005, ou acreditar o aboamento dos dereitos para a expedición do título antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

(11)

c) Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos no momento de presentar a solicitude, ou acreditar documentalmente que a homologación se atopa en tramitación. Neste último suposto, o bolseiro ou bolseira estará obrigada a notificarlle ao INTA, con carácter inmediato, a resolución que recaia no procedemento.

d) Exceptúase do disposto no parágrafo anterior no caso de que a persoa solicitante fose admitida por unha universidade española para a realización dun máster oficial.

e) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade formativa que constitúa o obxecto da bolsa.

f) Non gozar con anterioridade dunha bolsa do INTA.

Máis información: http://www.inta.es

Prazo de presentación: o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles que comezarán a contar desde o seguinte á súa publicación no Boletín Oficial do Estado (10/05/2010).

Formación de persoal investigador

Orde DEF/307/2010, do 10 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación e de axudas para a formación de persoal investigador polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas".

Convoca: Ministerio de Defensa

Requisitos: posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da UE ou estranxeiro/a residente en España no momento de solicitar a bolsa ou axuda. Estar en posesión do título ou do nivel de estudos esixido na correspondente convocatoria.

Publicado: BOE do 17 de febreiro de 2010 Máis información: Ministerio de Defensa http://www.mde.es

(12)

Bolsas Argo Global

ARGO GLOBAL é un programa de mobilidade, promovido polo Ministerio de Educación, cuxo obxectivo é impulsar a formación complementaria das persoas tituladas de todas as universidades españolas a través da realización de prácticas en empresas no estranxeiro.

A dotación económica da bolsa ARGO GLOBAL consiste nunha axuda mensual que a persoa beneficiaria poderá destinar a complementar gastos varios.

Requisitos: ser titulado ou titulada universitaria de calquera universidade española pública ou privada (a titulación debe atoparse no catálogo oficial de titulacións impartidas en universidades españolas, públicas ou privadas).

Non beneficiarse con anterioridade das bolsas de mobilidade Leonardo Da Vinci en calquera das súas formas, Bolsas ARGO, Bolsas FARO GLOBAL e Bolsas INTEGRANTS.

Convoca: Ministerio de Educación

Máis información: http://www.educacion.es

Prazo de presentación: o prazo para as solicitudes das persoas tituladas universitarias para acceder a unha bolsa ARGO GLOBAL estará aberto ata marzo de 2012 no caso de Europa e ata novembro de 2011 no caso de EEUU, Canadá e Asia.

(13)

Bolsas convocadas por organismos de carácter autonómico (Galicia)

Bolsas para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, destinadas a grupos de alumnos universitarios que cursen os seus estudos oficiais nas universidades do Sistema Universitario de Galicia

Requisitos:

Poden solicitar estas axudas grupos de estudantes matriculados/as no último curso da mesma titulación universitaria que cursen unha materia dun determinado departamento e nun mesmo centro universitario.

Participar na realización dunha actividade formativa como compoñente dun grupo de 10 alumnos/as como mínimo e de 15 como máximo, cunha duración máxima da estadía de 7 días.

Elixir entre todos os membros do grupo un/unha representante ou apoderado/a único da agrupación que será un alumno ou alumna do grupo.

O fin é posibilitar que melloren a súa formación académica por medio de estadías noutros centros de estudos superiores, empresas ou

institucións.

Convoca: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Publicación: DOG do 29 de abril de 2010

Prazo de presentación: ata o 30 de maio de 2010

(14)

Convocatoria bolsas – Programa Emprendedor Novo Europeo

Convocatoria de 4 bolsas para prácticas en empresas no Reino Unido dentro do programa emprendedor novo europeo. Dirixido a licenciados/as e diplomados/as universitarios en económicas, empresariais, dereito ou administración de empresas.

Convoca: Cámara de Comercio da Coruña Lugar de goce: Londres

Dotación: 4 bolsas de 2200 libras e 4 bolsas de 1100 libras.

Máis información: www.camaracoruna.com

Prazo de presentación: ata o 7 de xullo de 2010

(15)

Bolsas convocadas por organismos doutras comunidades autónomas

Resolución 384/2010, do 3 de marzo, da directora xeral de Empresa, pola que se convocan dúas bolsas para titulados/as universitarios/as de grao medio ou superior no Departamento de Innovación, Empresa e Emprego.

Convoca: Dirección Xeral de Empresa Comunidade Autónoma de Navarra Publicación: BON do 19 de abril de 2010

Prazo de presentación: ata o 19 de maio de 2010 Máis información:

http://www.060.es/te_ayudamos_a/ayudas_becas_y_subvenciones/common/becas.pdf

Resolución do 16 de abril de 2010, do director xeral do Servizo Valenciano de Emprego e Formación (SERVEF), pola que se convoca a concesión dunha bolsa para a realización de practicas profesionais na modalidade de Documentalista no Centro SERVEF Formación de Paterna.

Convoca: Consellería de Economía, Facenda e Emprego da Comunidade Autónoma de Valencia

Publicación: DOGV do 22 de abril de 2010 Máis información:

http://www.060.es/te_ayudamos_a/ayudas_becas_y_subvenciones/common/becas.pdf

Prazo de presentación: ata o 11 de maio de 2010

(16)

Bolsas prácticas profesionais no SERVEF

Convocatoria de dúas bolsas para a realización de prácticas profesionais nos servizos centrais do SERVEF. Dirixido a licenciados/as en económicas ou ADE.

Convoca: SERVEF (Servizo Valenciano de Emprego e Formación) Lugar de goce: Valencia

Dotación: 1000 € / mensuais brutos cada unha Máis información: www.becas.com

www.gva.es www.servef.es

Prazo de solicitude: ata o 11 de maio de 2010

Bolsas de auxiliares de conversación en centros educativos

Convocatoria de 8 bolsas de auxiliares de conversación en centros educativos de Cantabria durante o curso 2010-2011.

Convoca: Consellería de Educación Lugar de goce: Cantabria

Dotación: 5600 €

Máis información: www.becas.com

Prazo de solicitude: ata o 17 de maio de 2010

Resolución do 18 de decembro de 2009, da Universidade de Córdoba, pola que se convocan a concurso público bolsas de investigación con cargo a proxectos, grupos, contratos e convenios de investigación.

Convoca: Universidade de Córdoba

Publicación: BOJA do 2 de febreiro de 2010 Máis información:

http://www.060.es/te_ayudamos_a/ayudas_becas_y_subvenciones/common/becas.pdf

(17)

Bolsas convocadas por organismos de carácter privado

olsas Fernand Braudel 2010 Requisitos:

Poden ter calquera nacionalidade.

Os bolseiros e bolseiras deben falar polo menos dúas linguas da UE, unha das cales debe ser o inglés.

Os bolseiros e bolseiras deben vivir en Florencia mentres dure a bolsa para que poidan tomar parte activa nas actividades académicas do seu departamento.

As persoas bolseiras deben ter un seguro médico adecuado que as cubra durante a súa estancia no Instituto. Os bolseiros e bolseiras poden proporcionar proba do seu propio réxime de seguro ou subscribirse á EUI de Van Breda Plan de seguro|ás súas expensas.

Dotación: O estipendio mensual é de ¤ 3.000. O importe da subvención para as candidatas e os candidatos seleccionados, cuxa residencia habitual se atopa a 90 km de Florencia fixarase nun nivel inferior.

Duración: a bolsa dura entre 3 e 10 meses. O Departamento de Ciencias Políticas e Sociais normalmente espera que as persoas bolseiras permanezan un mínimo de 5 meses.

Observacións:

As persoas bolseiras anímaselles a tomar contacto cos investigadores e investigadoras para compartir os seus intereses académicos.

Lugar de goce: Florencia - Italia Mais información:

http://www.eui.eu/ServicesAndAdmin/AcademicService/Fellowships/Ferna ndBraudelSeniorFellowships/Index.aspx

Data peche: 30/09/2010

(18)

Bolsa Alhóndiga-Kómic

A bolsa AlhóndigaKomik ten como obxectivo promover a creación e favorecer a aparición de novos talentos no ámbito do cómic. Para ese efecto, financia a realización dun proxecto seleccionado polos seus valores artísticos e polo seu carácter innovador.

Requisitos:

Ser maior de 18 anos, residir en España e non cursar estudos en ningún centro oficial.

Presentar un proxecto de creación de cómic. O proxecto deberá presentarse obrigatoriamente en soporte informático e opcionalmente tamén en soporte papel. Conterá un descritivo por escrito dun máximo de 25.000 caracteres e irá acompañado de debuxos, bosquexos, deseños e calquera outro material gráfico que permita a súa mellor visualización. No proxecto deberase sinalar a duración estimada para o seu desenvolvemento ata un máximo de doce meses. Tamén incluirá o currículo do candidato/a.

Unha vez obtida a bolsa, a persoa gañadora comprométese a presentar a AlhóndigaBilbao un informe trimestral no que dea conta do desenvolvemento do seu proxecto. Igualmente presentará o resultado final acompañado dun informe de conclusións. AlhóndigaBilbao exporá na súa web un resumo deste informe así como ilustracións representativas do proxecto xa finalizado.

Convoca: AlhóndigaBilbao Dotación:

A persoa gañadora da convocatoria gozará da bolsa na Casa dos Autores (A Máison deas Auteurs) de Angoulême (Francia).

Máis información: www.nexcoruña.es www.alhondigabilbao.com Prazo de presentación: ata o 9 de maio de 2010

(19)

10 Bolsas para Máster en Dirección de Empresas Construtoras e Inmobiliarias (MDI)

Convoca: Universidade Politécnica de Madrid. Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAM - UPM)

O Departamento de Construción e Tecnoloxía Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid convoca bolsas para cursar, durante o ano académico 2010/2011, o Máster en Dirección de Empresas Construtoras e Inmobiliarias (MDI) en Madrid.

Dotación:

A bolsa consiste na bonificación do 40% dos dereitos de matrícula do máster MDI (que ascende a un total de 14.890 €) unha vez que se presente a documentación requirida. O importe da bolsa, polo tanto, será de 5956 €, que se descontará do prezo total do curso.

Duración : curso académico do máster MDI

O MDI resérvase o dereito de decidir o número máximo de bolsas por país.

Os candidatos e candidatas terán que ser maiores de idade, graduados/as universitarios/as, ter vocación empresarial e ter capacidade para cursar o MDI no idioma español.

Máis información: http://www.aq.upm.es

Prazo de presentación: ata o 15 de xullo de 2010

(20)

Bolsas Fundación Marcelino Botín de Artes Plásticas 2010-2011 A Fundación Marcelino Botín acaba de abrir a XVIII edición das Bolsas de Artes Plásticas para 2010-2011. Son axudas para formación, investigación ou proxectos persoais que se pechan coa organización da exposición Itinerarios e a edición dun catálogo.

A convocatoria está aberta a persoas de calquera nacionalidade, co único límite de que todos os candidatos deben ter entre 23 e 40 anos para as bolsas de formación.

Dotación:

Sen cambio de residencia, 16.000 €

Con traslado a outro país, distinto ao da súa residencia actual, 24.000 €.

Con traslado a Estados Unidos, 28.000 €.

Estas axudas comprenden viaxes, aloxamento, manutención e aluguer de estudo. Ademais, para as bolsas de formación engadiranse as taxas académicas do centro elixido e un seguro médico, sempre que haxa desprazamento.

Máis información: 34 942 22 60 72 Fax: +34 942 36 04 94 Correo: [email protected]

Prazo de solicitude: ata o 7 de maio de 2010

Edición das bolsas integradas no Programa Ruy de Clavijo 2011

Casa Asia abriu a convocatoria que ten por obxecto a adxudicación de 9 programas de axuda a proxectos de investigación e cooperación cultural con Asia e Pacífico, dirixida á cidadanía española ou membro da Unión Europea con residencia en España, así como iberoamericanos e asiáticos, para o ano 2011.

Convoca: Casa Asia. Departamento de Programas Educativos Núm. de vacantes: 9

(21)

Características: as axudas consisten nunha cantidade fixa de 6000 € destinadas aos gastos que o proxecto precisa (gastos de viaxe, materiais etc.), segundo o criterio da persoa solicitante.

O montante da bolsa aboarase en dúas partidas de 3000 € cada unha. A primeira será entregada mediante transferencia bancaria a inicios do 2011, despois de realizar o primeiro informe de seguimento do proxecto.

A segunda partida entregarase a final de ano, unha vez presentada a memoria final do proxecto onde se especifiquen claramente tanto os traballos realizados como os que aínda quedan pendentes.

En caso de incumprimento das condicións da bolsa, o candidato ou candidata deberá devolver o montante íntegro da axuda, aplicando os intereses correspondentes, tras a tramitación previa do oportuno procedemento administrativo con audiencia do interesado ou interesada.

As cantidades que se reintegrarán terán consideración de ingresos de dereito público resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto nas leis reguladoras da Facenda Pública.

Duración: o período para o cal se outorga a axuda é dun ano (xaneiro 2011 - decembro 2011), ao termo do cal haberá que presentar na Casa Asia o resultado do proxecto así como a aplicación práctica anteriormente mencionada.

Requisitos:

Ser investigadores/as, académicos/as, educadores/as, artistas, xornalistas, profesionais doutros ámbitos ou institucións (fundacións, asociacións, universidades etc.) que acrediten satisfactoriamente a súa competencia para levar a cabo o proxecto para o cal se solicita a axuda e cuxa idade sexa menor de 40 anos.

Posuír a nacionalidade española ou dun país membro da Comunidade Europea, dun país iberoamericano ou dun país de Asia e Pacífico. Os candidatos con nacionalidade de países de Asia e Pacífico deberán presentar a solicitude conxunta cun cidadán ou cidadá de nacionalidade española.

Presentar un proxecto que se vai realizar durante o período de goce da bolsa, cuxo resultado teña unha aplicación clara e un soporte físico ou práctico final, por exemplo exposicións, actos culturais, libros etc., de cuxa difusión se encargará Casa Asia. O material resultante do proxecto levará o logotipo de Casa Asia e pasará a formar parte da súa mediateca.

No caso de que o proxecto se publique (en calquera soporte), deberanse enviar cinco exemplares ao departamento de Programas Educativos (Av.

Diagonal 373, 08008 Barcelona), que servirán para a difusión do proxecto na Mediateca de Casa Asia Barcelona e no Centro Casa Asia-Madrid.

(22)

Os programas culturais que deriven do proxecto desenvolveranse baixo a supervisión de Casa Asia. En todos os casos deberá manifestarse de forma expresa a colaboración de Casa Asia na realización do proxecto.

Máis información: http://www.casaasia.es/ [email protected] www.universia.es

Prazo de presentación: ata o 31 de maio de 2010

(23)

40 bolsas de investigación en universidades ou centros no estranxeiro 2010

Convoca: Fundación Alfonso Martín Escudeiro

A Fundación Alfonso Martín Escudeiro convoca 40 bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación no estranxeiro, en temas que estean comprendidos nalgunha das seguintes áreas: agricultura e gandaría, ciencias do mar, ciencias da saúde, conservación da natureza, tecnoloxía de alimentos.

Características: a duración da bolsa será por un período mínimo de 12 meses e máximo de 24. Determinarase de acordo coa avaliación da persoa solicitante e o interese do proxecto que se vai realizar.

Dotación:

Axuda para traslados e instalación por un importe total de 2000 €.

Seguro de enfermidade e accidentes subscrito pola Fundación Alfonso Martín Escudeiro e no seu caso, o esixido polo centro estranxeiro.

Asignación mensual de entre 1900 e 2650 € segundo o país de destino.

Requisitos:

Nacionalidade española.

Posuír o título de doutor/a de calquera universidade española, ou de especialidade en medicina (MIR), bioloxía (BIR), farmacia (FIR), psicoloxía (PIR), química (QUIR) ou radiofísica hospitalaria. No caso de ter un título dunha universidade estranxeira ou dun centro español non estatal, deberase acreditar a validación ou recoñecemento do seu título en España.

Estar admitido/a nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro para o período solicitado.

Posuír un bo coñecemento do idioma do país receptor ou ben de calquera outro idioma que permita unha comunicación fluída no centro de investigación.

Máis información: http://www.fundame.org/

Prazo de presentación: ata as 14:00 h do día 14 de maio de 2010

(24)

Bolsas sobre Bioética

A Fundació Víctor Grífols i Lucas convoca anualmente catro bolsas de investigación sobre bioética. A estas bolsas, dotadas cada unha con 5000

€, poden presentarse proxectos que propoñan algún tema relacionado co ámbito da biotécnica.

Convoca: Fundació Víctor Grífols i Lucas Núm. de vacantes: 4

Características: a dotación económica de cada bolsa é de 5000 € que serán aboados do seguinte modo: unha terceira parte do importe no momento de concesión da bolsa e o resto ao finalizar o proxecto de investigación. De non realizarse o proxecto, a persoa candidata comprométese a devolver a cantidade xa aboada.

Poden participar nesta convocatoria os proxectos de investigación que propoñan desenvolver algún tema relacionado coa bioética e a súa aplicación práctica. Os proxectos poderanse levar a cabo individualmente ou ben en equipo.

Os candidatos e candidatas deberán presentar unha memoria do proxecto cunha extensión de entre 5 e 10 páxinas, que poderá estar escrita en catalán ou en castelán. A memoria deberá entregarse na sede da Fundación por triplicado, xunto cun currículo abreviado das persoas solicitantes, a autorización do responsable do centro no que vaia desenvolverse o proxecto e unha carta de solicitude de opción á bolsa.

Non se admitirán envíos por correo electrónico.

Máis información: http://www.fundaciongrifols.org/

Prazo de presentación: ata o 31 de maio de 2010

(25)

Bolsas de Posgrao da Fundación Mutua Madrileña

Bolsa de posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro (máster ou doutoramento, queda excluída a investigación posdoutoral) directamente relacionados cos estudos xa realizados ou complementarios. Polo menos tres cuartas partes da duración dos estudos para os que se solicite a bolsa haberán de desenvolverse no estranxeiro.

A convocatoria está dirixida a licenciados/as, enxeñeiros/as superiores, informáticos/as superiores e arquitectos/as superiores, así como estudantes no último ano de calquera destas carreiras.

Convoca: Fundación Mutua Madrileña Núm. de vacantes: 40

Características: 40 bolsas, por unha ou dúas anualidades e a razón de 12.000 € anuais; deberán iniciarse no ano 2010.

As 40 bolsas clasificaranse por razón da carreira universitaria de orixe de acordo coas seguintes áreas temáticas:

13 bolsas para a área 1: filoloxías, comunicación audiovisual, xornalismo, publicidade e relacións públicas, tradución e interpretación, historia, filosofía, belas artes, historia da arte, arte dramática, música e danza.

13 bolsas para a área 2: dereito, economía, dirección e administración de empresas, socioloxía, ciencias políticas, ciencias da actividade física e do deporte.

14 bolsas para a área 3: antropoloxía, xeografía, xeoloxía, psicoloxía, bioloxía, ciencias do mar, ciencias ambientais, farmacia, medicina, odontoloxía, veterinaria, pedagoxía, matemáticas, física, xeoloxía, química, enxeñarías, arquitectura e informática.

Requisitos: ser fillo ou filla de mutualista que reúna polo menos 20 anos de antigüidade no momento da solicitude e durante a vixencia da bolsa.

Estar en posesión do título correspondente expedido por unha universidade española ou poder acreditalo antes do 10 de xullo de 2010.

Coñecemento pleno do idioma do país en que vaian desenvolver os estudos.

Non percibir con anterioridade outra axuda de Mutua Madrileña Automobilista ou da Fundación Mutua Madrileña en convocatorias pasadas.

Se concorresen dous ou máis fillos ou fillas dun mesmo mutualista, soamente se lle poderá adxudicar a aquel que obteña a mellor puntuación.

(26)

Máis información: www.fundacionmutua.es/Becas-Postgrado.html - http://www.fundacionmutua.es/ - Universia

Prazo de presentación: ata as 24:00 h do 20 de maio de 2010

Bolsas internacionais de “Especialización en Xornalismo Multimedia de Sustentabilidade e Recursos Mariños"

PESCANOVA, FUNDACIÓN EFE e EFEVERDE anuncian a convocatoria de dúas bolsas, destinadas a novos xornalistas latinoamericanos de Chile e Nicaragua, para realizar, durante un ano, prácticas formativas en España, na Delegación de Axencia Efe en Santiago de Compostela e no Gabinete de Comunicación de Pescanova en Vigo.

Convoca: Fundación EFE

Características: as prácticas desenvolveranse en España, na delegación da Axencia EFE en Santiago de Compostela (seis meses) e no Gabinete de Comunicación de Pescanova en Vigo (seis meses).

A bolsa comprende unha bolsa de estudos, cuxa dotación mensual é de 1200 €, e unha axuda para o desprazamento e bolsa de viaxe cuxo importe será de 1500 €. A duración das prácticas é dun ano, improrrogable. A data de comezo será o próximo 1 de xullo de 2010.

Requisitos:

Os/As solicitantes deberán ter a nacionalidade chilena ou nicaraguana.

Poderán solicitar a bolsa os recentemente licenciados/as en comunicación social ou xornalismo das universidades de Chile e Nicaragua.

Máis información: http://becas.universia.net/es/index.jsp Prazo de presentación: ata o 15 de maio de 2010

(27)

Bolsas para cursar o Executive MBA Convoca: EAE Business School

A adhesión de EAE Business School aos principios PRME de Educación Responsable cuxo obxectivo é a formación de líderes responsables que impulsen o cambio nas organizacións, o enfoque cara á innovación e a mellora dos procesos, permitiu a creación das Bolsas Executive MBA que se convocan a partir de marzo de 2010, con carácter extraordinario e limitado a 10 prazas en Barcelona e 10 en Madrid.

As persoas candidatas que desexen optar a unha destas bolsas deberán demostrar unha traxectoria profesional con responsabilidades directivas de relevo e solicitar a bolsa mediante o procedemento que se describe nesta convocatoria.

Núm. de vacantes: 20

Lugar de goce: Barcelona / Madrid

Características: dez bolsas para cursar o Executive MBA en Barcelona e outras dez no campus de EAE en Madrid.

A contía de cada axuda pode ascender ata un máximo do 25% do importe total do programa.

Fonte e data da convocatoria: EAE Business School - 05/04/2010

Para acceder ao programa é necesario dispor de titulación universitaria e experiencia profesional. Valórase especialmente a experiencia profesional porque é importante compartir coñecemento a partir das achegas que cada participante realiza, desde a súa formación e responsabilidade profesional, á situación que expón o profesor/a. En caso de non dispor dalgún dos requisitos mencionados, o acceso ao programa será valorado pola dirección do programa.

Para poder obter as titulacións que outorgan as universidades, é necesario dispor de titulación universitaria de grao (enxeñaría, licenciatura ou diplomatura). En caso de non dispor dunha titulación universitaria de grao, unha vez superadas as diferentes avaliacións, obterase un diploma de extensión universitaria.

(28)

Bolsas Muller Directiva

Estas bolsas van dirixidas a potenciar a igualdade de xénero nas empresas, co obxectivo de dotar de capacidades e habilidades directivas as profesionais que decidan impulsar a súa carreira directiva.

As candidatas deberán demostrar unha experiencia profesional relevante e solicitar a bolsa mediante o procedemento que se describe na convocatoria.

Convoca: EAE Business School Núm. de vacantes: 20

Lugar de goce: Barcelona / Madrid

Características: o programa concederá vinte bolsas, dez no campus de Madrid e dez en Barcelona de ata un 25% do importe total do programa directivo seleccionado.

Requisitos:

Mulleres emprendedoras

As candidatas deberán demostrar unha experiencia profesional relevante.

Máis información: http://www.eae.es http://becas.universia.net/es/index.jsp

(29)

Bolsas e axudas ao estudo

As Bolsas e axudas ao estudo de EAE Business School teñen como finalidade facilitar o acceso aos programas máster a profesionais de distintos países, con capacidade e talento demostrados, que vaian contribuír a iniciativas emprendedoras e ao desenvolvemento de negocio nos seus países respectivos.

A selección para as Bolsas e axudas ao estudo EAE Business School realizarase considerando o rendemento académico, a traxectoria profesional dos candidatos e candidatas, a súa situación socioeconómica e todos aqueles datos achegados que permitan avaliar a capacidade do/da candidato/a para aproveitar o programa.

A Comisión de Bolsas valorará positivamente as recomendacións académicas e profesionais da persoa candidata.

Os/as candidatos/as deberán solicitar a bolsa mediante o procedemento que se describe nesta convocatoria.

Convoca: EAE Business School Lugar de goce: Barcelona / Madrid Requisitos:

Profesionais de distintos países, con capacidade e talento demostrados, que vaian contribuír a iniciativas emprendedoras e ao desenvolvemento de negocio nos seus países respectivos

Para acceder ao programa é necesario dispor de titulación universitaria e experiencia profesional. Valórase especialmente a experiencia profesional porque é importante compartir coñecemento a partir das achegas que cada participante realiza, desde a súa formación e responsabilidade profesional, á situación que expón o profesor/a. En caso de non dispor dalgún dos requisitos mencionados, o acceso ao programa será valorado pola dirección do programa.

Para poder obter as titulacións que outorgan as universidades, é necesario dispor de titulación universitaria de grao (enxeñaría, licenciatura ou diplomatura). En caso de non dispor dunha titulación universitaria de grao, unha vez superadas as diferentes avaliacións, obterase un diploma de extensión universitaria.

Máis información: http://www.eae.es http://becas.universia.net/es/index.jsp

(30)

Bolsas Leonardo da Vinci de Mobilidade

PROXECTO 1: EUROPA GALICIA TRAINING III - EGAT III

6 bolsas do Programa Leonardo da Vinci Mobilidade para Alemaña (Augsburg)

Convoca: Asociación Cultural Integra

Integra é unha sociedade situada na Coruña e creada por mozos e mozas emprendedoras no 2004 co obxectivo de fomentar a mobilidade europea a través de proxectos culturais e transnacionais de mobilidade.

A actividade da empresa está destinada a mozas e mozos que desexen realizar experiencias de traballo que melloren as súas competencias lingüísticas e profesionais para ampliar as súas posibilidades de inserción profesional e fomenten novas iniciativas na nosa comunidade. Así como ás empresas locais que desexen nutrirse de bolseiros e bolseiras europeas a través dos nosos servizos.

Na actualidade Integra ten aberto un proxecto de mobilidade laboral

"LEONARDO da VINCI" dentro de países da Unión Europea.

Requisitos: titulacións (ciclos superiores e universitarios) relacionadas coas seguintes áreas: mercadotecnia, deseño web e gráfico, fotografía, economía, ADE, relacións laborais, historia, arte, filoloxía, turismo, lecer, socioloxía, humanidades e ciencias sociais.

Lugar de goce: Alemaña (Augsburg) Núm. de vacantes: 6

Dotación:

Axuda á manutención e á viaxe de ida e volta (475 €)

Custo do seguro de responsabilidade civil e cobertura laboral.

Custo da preparación lingüística e cultural.

Gastos de aloxamento (pagamento de aluguer, auga, luz, gas) durante as 13 semanas, xestionado polos entes transnacionais do proxecto Certificado Europass.

Certificado do curso de lingua (incluído o núm. de horas).

(31)

Requisitos: ter unha formación previa (diplomatura, ciclo superior ou licenciatura) relacionada coas seguintes áreas:

A) COMUNICACIÓN: especialistas en mercadotecnia, deseño web e gráfico, fotografía ou sectores similares.

B) CONTABILIDADE: especialistas en economía, ADE, relacións laborais ou sectores similares.

C) ÁREA CULTURAL E SOCIAL: especialistas en historia, artes, filoloxía, turismo, lecer, socioloxía, humanidades e ciencias sociais.

D) Residir ou ser orixinario/a dalgunha das seguintes comunidades autónomas: Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Andalucía.

E) Nivel de alemán: B1Sector social B2 outros sectores. É un requisito imprescindible, xa que as empresas non admiten candidatos/as que non teñan eses niveis.

Máis información: http://www.integra.org.es Prazo de presentación: ata o 7 de maio do 2010

(32)

Bolsas de axudas ao estudo da Fundación MAPFRE

FUNDACIÓN MAPFRE realiza unha convocatoria anual de bolsas de estudo destinadas a facilitarlles o acceso a estudantes e profesionais que desexen incorporarse ás actividades de formación impartidas polo Instituto de Ciencias do Seguro da fundación.

FUNDACIÓN MAPFRE realiza unha convocatoria anual de bolsas destinadas a facilitar o acceso ás actividades de formación impartidas polo Instituto de Ciencias do Seguro.

As bolsas terán un importe variable, acomodado a cada caso particular.

Para a súa concesión valorarase tanto o expediente académico como a situación económica e profesional do interesado ou interesada.

Os estudos que se inclúen nesta convocatoria son:

Formación de posgrao

Máster Universitario en Mediación de Seguros e Reaseguros Privados Máster Universitario en Xestión e Técnica de Seguros (teleformación) Máster Universitario en Seguros e Xerencia de Riscos

Formación especializada

Cursos de especialización en seguros Introdución ao seguro

O contrato de seguro

Xestión do seguro do automóbil Seguros multiriscos

Seguros persoais O seguro de caución O seguro de crédito

O seguro de responsabilidade civil Reaseguro

Contabilidade de entidades aseguradoras Xerencia de riscos e seguros na empresa Xestión comercial e mercadotecnia de seguros

Xestión de recursos humanos en empresa de seguros Dirección estratéxica de entidades de seguros

Fundamentos técnicos do seguro Seguros de non vida

Curso de especialización avanzada en seguros

Curso de especialización avanzado en seguros de vida, saúde e previsión social

Curso para mediadores Formación para mediadores Formación para mediadores Formación de grao

(33)

Contía das bolsas Bolsas de docencia:

Poden chegar a cubrir ata un máximo do 70% do importe de matriculación do programa que desexe cursar, dependendo da situación académica e económica da persoa interesada. No caso dos e das solicitantes que residan en Iberoamérica, esta axuda poderá chegar ata un máximo do 90%.

Bolsas de estancia:

Á súa vez, concédense axudas económicas para a estancia daquelas persoas que se deban trasladar do seu lugar de residencia habitual para cursar programas presenciais. A contía dependerá das circunstancias persoais e da duración do programa; a cantidade máxima son 300

€/mensuais durante o período lectivo do programa.

Máis información:

http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas www.mapfre.com

Prazo de presentación: o prazo remata 15 días antes do inicio do curso

(34)

Bolsas no estranxeiro para formación especializada sobre xestión de museos e organización de exposicións

A Fundación Marcelino Botín abre a convocatoria de bolsas no estranxeiro para formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións.

Requisitos:

Ser diplomado/a, licenciado/a ou estudante de posgrao en belas artes, historia da arte, filosofía e estética, literatura, humanidades ou crítica. Ou ser un ou unha profesional da arte que, aínda que non cumpra os requisitos anteriores, poida demostrar capacitación no campo.

Posuír a nacionalidade española ou demostrar a residencia desde os cinco anos anteriores á solicitude.

Ter entre 23 e 40 anos.

Dominar o idioma do país onde se atope o centro elixido.

Contar coa aceptación por escrito do centro de formación elixido.

O tempo de goce desta bolsa será de 1 curso lectivo no centro elixido.

O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea (desde as vangardas á actualidade).

De forma excepcional, contémplase a posibilidade de solicitar prórroga no centro de formación elixido, poderá ser total ou parcial segundo determine o xurado e por un período máximo de nove meses.

Convoca: Fundación Marcelino Botín

Dotación: 18.000 € en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc., aos que se sumarán ata un máximo de 12.000 € destinados a pagar a matrícula no centro de formación elixido.

Máis información: www.fundacionmbotin.org Prazo de solicitude: ata o 7 de maio ás 14:00 h

(35)

II edición da bolsa Proclinic

Obxecto do premio: axudar a través da concesión dunha bolsa á ampliación e especialización da formación en odontoloxía dun recentemente titulado ou titulada, así como publicar, publicitar e dar a coñecer os seus traballos de investigación no ámbito da aplicación de novas técnicas e prácticas odontolóxicas.

A bolsa consistirá nunha bolsa de estudos que necesariamente deberá estar destinada a sufragar os gastos de matriculación, estancia e manutención (se foren necesarios) derivados da realización dunha formación para a especialización en calquera centro académico do mundo.

Á finalización da formación, e nun prazo non superior a dous anos desde a data de concesión da bolsa, deberase entregar a Proclinic unha memoria sobre o estado da cuestión e situación actual do tema recolleito na proposta de estudo sobre novas técnicas ou prácticas odontolóxicas premiada, que incluirá as aplicacións, usos, referencias ou repercusións que estas técnicas ou prácticas poden ter na industria odontolóxica.

Proclinic, se así o considerase, poderá convocar xornadas, seminarios, sesións clínicas, conferencias ou actividades que considere oportunas para divulgar o proxecto de investigación-memoria.

Características: as propostas de estudo incluirán un proxecto de formación posgraduada no que se especificará o centro académico no que pretende realizala e detallará os obxectivos que se pretenden.

Nesta II edición da bolsa Proclinic hai dous premios dotados por Proclinic coa cantidade de 20.000 € e 15.000 €.

A convocatoria está aberta a todos aqueles alumnos e alumnas das facultades de odontoloxía das universidades españolas participantes da bolsa Proclinic que obtivesen a súa titulación académica durante os cursos:

2007-2008 / 2008-2009 / 2009-2010.

Están excluídos os gañadores e gañadoras da bolsa Proclinic de anteriores edicións.

Convoca: Proclinic

Máis información: https://www.proclinic.es/

Prazo de presentación: ata o 30 de decembro de 2010

(36)

Bolsas para proxectos de investigación de CEALCI

Obxectivos: promover a investigación en materias enmarcadas nas liñas de investigación prioritarias do Centro de Estudos de América Latina e a Cooperación Internacional (CRALCI) da Fundación Carolina, segundo se recolle no apartado do programa de investigación do seu Plan de actuación 2010.

Fomentar a investigación e a divulgación de coñecementos en relación coa comunidade iberoamericana e os países que a integran, e as políticas de desenvolvemento.

Contribuír á formación do persoal investigador.

O importe máximo de cada unha das axudas será de 18.000 €.

Requisitos: poderán ser solicitantes, beneficiarios/as das axudas reguladas nestas bases os investigadores e investigadoras ou grupos de investigación cuxo investigador ou investigadora principal cumpra os seguintes requisitos:

Estar en posesión do título de licenciado ou licenciada universitaria.

Estar adscrito/a a un centro de investigación ou organismo que desempeñe tarefas de investigación e análise nas áreas expostas.

Contar con experiencia investigadora e profesional de excelencia na área de actuación en que concorra a unha axuda baixo esta convocatoria.

Convoca: Fundación Carolina

Máis información: http://www.fundacioncarolina.es

Prazo de presentación: ata as 24:00 h (hora española) do día 30 de abril de 2010, e ata as 24:00 h (hora española) do día 30 de setembro de 2010.

(37)

Bolsas Eads Fin De Carreira

Programa Fundación Sepi – Eads -Casa

A Fundación SEPI, de conformidade cos termos do Convenio de Colaboración subscrito con EADS CASA o 9 de outubro de 2007, prorrogado con data 10 de febreiro de 2010, convoca as bolsas da edición 2010 do Programa Fundación SEPI - EADS CASA, Bolsas Eads Fin de Carreira.

Requisitos:

Ter cidadanía da Unión Europea.

Ser estudante pendente de aprobar, no momento de presentar a solicitude de bolsa, un máximo de tres materias e o proxecto de fin de carreira; ou finalizar a carreira nalgunha convocatoria do curso académico actual ou inmediatamente anterior ao momento de presentar a solicitude, das seguintes carreiras: enxeñeiro ou enxeñeira aeronáutica, de organización industrial, de telecomunicación, en electrónica ou en automática e electrónica industrial, en informática e Industrial.

Terán preferencia no proceso de selección as enxeñarías de Aeronáutica, Telecomunicación e Industrial.

Ter alto nivel de inglés.

Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1982.

Duración: as bolsas terán unha duración máxima de doce meses, contados desde a data de inicio da mesma.

Lugar de goce: as bolsas convocadas adxudicaranse preferentemente nas Comunidades de Madrid e Andalucía (Sevilla ou Cádiz).

Dotación: unha asignación de 1.000 € mensuais, un seguro de accidentes, que será subscrito pola Fundación SEPI e un seguro de asistencia sanitaria básica, polo período de vixencia da bolsa, que deberá ser subscrito polo bolseiro ou bolseira e que a Fundación SEPI lle reintegrará, ao termo do devandito período.

Prazo de presentación: ata o 15 de decembro de 2010 Mais información: http://www.funep.es/becas/ecfc-fsepi.asp

(38)

Bolsas SEPI-DELOITE

A Fundación SEPI, de conformidade cos termos do Convenio de colaboración do 29 de xaneiro de 2010 subscrito con DELOITTE, S.L., convoca as bolsas correspondentes ao Programa DELOITTE 2010.

Requisitos: ser cidadán/á da Unión Europea, estar en posesión dalgún título dos definidos a continuación, recoñecido oficialmente en España:

enxeñeiro ou enxeñeira superior de telecomunicacións, industrial, informática ou, alternativamente, outras enxeñarías superiores.

Licenciado/a en economía, administración e dirección de empresas, investigación e técnicas de mercado, ciencias actuariais e financeiras, ciencias físicas, matemáticas ou informática, ciencias e técnicas estatísticas, dereito, psicoloxía, psicopedagoxía, socioloxía e ciencias ambientais ou outros títulos propios cuxo carácter se asemelle aos

enumerados e cuxa cualificación formal corresponda, polo menos, á licenciatura.

Enxeñeiro ou enxeñeira técnica de telecomunicación e en informática.

Ou ter aprobado todas as materias, con excepción do proxecto fin de carreira, dalgunha das enxeñarías citadas.

Ter un alto nivel do idioma inglés, informática a nivel de usuario, non ser beneficiario ou beneficiaria na actualidade dunha bolsa outorgada por esta fundación ou ter renunciado no transcurso do período formativo a algunha delas.

Máis información: www.funep.es

http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas Prazo de presentación: ata o 31 de decembro de 2010

(39)

Cinco bolsas para cursar un Master of Business Administration (MBA) na China Europe International Business School (CEIBS), establecida en Xangai.

Os/as bolseiros/as deben desprazarse a Xangai en xullo de 2011 para iniciar un curso de mandarín, tras o cal se incorporarán ao máster, cunha duración de 18 meses. En total, a bolsa cubre un máximo de 20 meses seguidos de estancia na China.

Convoca: Fundación La Caixa e Casa Asia Consulta as bases en:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/convocatorias_es.html Prazo de presentación: ata o 31 de agosto de 2010

Dúas bolsas para cursar un Post Graduate Programme in Management (PGP) na Indian School of Business (ISB), establecida en Hyderabad.

Os/As bolseiros/as deben incorporarse á mencionada escola en abril de 2011 para empezar o PGP, que ten unha duración dun ano.

Convoca: Fundación La Caixa e Casa Asia Consulta as bases en:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/convocatorias_es.html Prazo de presentación: ata o 31 de agosto de 2010

(40)

Bancaja e Adeit convocan 200 Bolsas para facer prácticas en empresas estranxeiras para persoas tituladas universitarias de calquera universidade española, sexa pública ou privada, calquera que sexa a súa área de estudos.

Requisitos:

Con carácter xeral, as persoas que o soliciten deberán ter finalizado os estudos universitarios nos últimos 2 anos.

Non ter experiencia previa, unha vez finalizados os seus estudos, no ámbito profesional da súa titulación.

Ter un nivel de idiomas adecuado para a realización das prácticas.

Non gozar doutra bolsa de prácticas no estranxeiro sendo titulado ou titulada. (Argo, Integrants, Leonardo dá Vinci, ...)

Persoas con nacionalidade dun dos países participantes no Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP).

Persoas con outra nacionalidade que teñan residencia permanente nun dos países participantes no PAP ou que estean rexistradas como persoas apátridas ou que teñan status de refuxiado no país de envío.

Información práctica da bolsa:

Até 200 € de axuda para preparación lingüística (a xustificar) Integración na Comunidade Virtual de Antigos Bolseiros Leonardo.

Realización dun curso en habilidades e competencias que lle axudarán a integrarse no mundo laboral. A actividade formativa realizarase a través de internet en forma tutorizada.

Ademais, a empresa de acollida poderá complementar a bolsa cunha bolsa de axuda.

Mais información : http://www.adeit-uv.es/becasleonardo/

Prazo de presentación: permanecerá aberto todo o ano.

(41)

Bolsas de investigación no estranxeiro

Convocatoria de 40 bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación no estranxeiro, en temas que estean comprendidos nalgunha das áreas de agricultura e gandaría, ciencias do mar, ciencias da saúde, conservación da natureza, tecnoloxía de alimentos.

Convoca: Fundación Alonso Martín Escudero

Requisitos: ter a nacionalidade española. Posuír o título de doutor/a de calquera universidade española ou de especialidade en medicina, bioloxía, farmacia, psicoloxía, química, ou radiofísica hospitalaria. Estar admitido/a nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro para o período solicitado

Máis información: Fundación Alonso Martín Escudero. Departamento de Fins Fundacionais

http://www.fundame.org

Prazo de presentación: ata as 14:00 h do 14 de maio de 2010

(42)

Bolsas para persoas licenciadas en economía, finanzas, matemáticas e enxeñería para estudar un máster en economía Convoca: Barcelona Graduate School of Economics (GSE)

Núm. de vacantes: 20

Publicación: Barcelona Graduate School of Economics, 09/02/2010 Máis información:

http://www.barcelonagse.eu/

www.barcelonagse.eu/admissions.html

Prazo de presentación: antes do 30 de xuño de 2010

Bolsas "Rober Schuman" para o Parlamento Europeo

Duración: 2 ó 3 meses durante el curso académico

Convoca: Servizo Europeo da Fundación Universidade-Empresa

Requisitos: estudantes de terceiro ciclo , nacionalidade dalgún estado membro da UE

Mais información:

Servizo Europeo da Fundación Universidade-Empresa http://www.coruna.es/nex

Prazo de presentación: pódense pedir en calquera momento do ano, preferentemente cun mínimo de 4 meses antes da data de comezo desexada .

(43)

Bolsas na empresa Pfizer (prácticas na empresa) Convoca: Fundación Pfizer

Características xerais para as bolsas de todos os departamentos:

O programa ten unha duración de 1 ano a xornada completa ou media xornada, onde a persoa se desenvolverá nun ambiente no que se fomenta o traballo en equipo, a flexibilidade e a iniciativa.

Durante o período formativo a persoa gozará dos seguintes beneficios:

850 € netos mensuais de axuda ao estudo en xornada completa 22 días laborables de vacacións

Comedor subvencionado pola compañía Acceso ao ximnasio

Servizo subvencionado de fisioterapia Transporte de empresa

Acceso á tenda de empregados

Xornada con horario flexible (de luns a xoves de 7:30 a 10:00 e de 16:30 a 19:00 h e os venres de 7:30 a 10:00 e de 13:45 a 16:15 h)

Xornada intensiva de verán durante os meses de xullo e agosto Servizo médico de empresa

Xestión de ferramentas de apoio en función da discapacidade da que se trate, facilitados pola Fundación Universia

Lugar de goce: Alcobendas (Madrid) Parque Empresarial La Moraleja Máis información: http://www.fundacionpfizer.org/

[email protected]

(44)

Requisitos para a bolsa na área de vendas de Pfizer:

Titulacións solicitadas: licenciado/a en Ciencias da Saúde ou en Dirección e Administración de Empresas

Idiomas: inglés alto oral e escrito

Informática: Microsoft Office e Internet Explorer. Excel e PowerPoint alto Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_ventas_pfizer.html Prazo de presentación: ata ou 29 de xullo de 2010

Requisitos para a bolsa na área legal de Pfizer Titulación solicitada: licenciado/a en Dereito

Idiomas: inglés alto oral e escrito

Informática: Microsoft Office e Internet Explorer. Excel e PowerPoint alto Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_area_legal_pfizer.html Prazo de presentación: ata o 29 de xullo de 2010

Requisitos para as bolsas na área de comunicación e relacións profesionais de Pfizer

Titulacións solicitadas: licenciatura en Ciencias da Saúde, Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual.

Idiomas: inglés nivel alto oral e escrito.

Informática: Microsoft Office e Internet Explorer. Excel e PowerPoint alto Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_comunicacion_relaciones_profesionales_pfizer.html

Prazo de presentación: ata o 29 de xullo de 2010

(45)

Requisitos para as bolsas na área médica de Pfizer

Titulacións solicitadas: licenciado/a en Medicina ou en Ciencias da Saúde.

Idiomas: inglés alto oral e escrito

Informática: Microsoft Office e Internet Explorer. Excel e PowerPoint alto Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_area_medica_pfizer.html Prazo de presentación: ata o 29 de xullo de 2010

Bolsas na área de finanzas de Pfizer Titulacións solicitadas: ADE ou Económicas Idiomas: inglés alto oral e escrito

Informática: Microsoft Office e Internet Explorer. Excel e PowerPoint alto Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_finanzas_pfizer.html Prazo de presentación: ata o 29 de xullo de 2010

Requisitos para as bolsas na área de formación técnica de produto de Pfizer

Titulación solicitada: Ciencias da Saúde

Idiomas: inglés alto oral e escrito. Informática: Microsoft Office e Internet Explorer. Excel e PowerPoint alto

Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_formacion_tecnica_producto_pfizer.html

Prazo de presentación: ata o 29 de xullo de 2010

(46)

Requisitos para bolsas en relacións institucionais e acceso ao paciente de Pfizer

Titulación solicitadas: licenciatura en Ciencias da Saúde Idiomas: inglés nivel alto oral e escrito

Informática: Microsoft Office e Internet Explorer. Excel e PowerPoint alto Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_relaciones_institucionales_acceso_paciente_pfizer.html

Prazo de solicitude: ata o 29 de xullo de 2010

Requisitos para as bolsas na área de recursos humanos de Pfizer Titulacións solicitadas: licenciado/a en Psicoloxía, Socioloxía, Ciencias do Traballo, Dereito ou Administración e Dirección de Empresas

Idiomas: inglés alto oral e escrito

Informática: Microsoft Office e Internet Explorer. Excel e PowerPoint alto Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_recursos_humanos_pfizer.html

Prazo de solicitude: ata o 29 de xullo de 2010

Requisitos para as bolsas na área de planificación e desenvolvemento de Pfizer

Titulacións solicitadas: licenciatura en Socioloxía, Estatística ou diplomatura de grao medio noutra área. LADE ou Económicas ou Ciencias da Saúde

Idiomas: nivel bilingüe de inglés

Informática: Microsoft Office e Internet Explorer avanzado Máis información:

http://www.pfizer.es/empleo/programa_becas/becas_planificacion_desarrollo_pfizer.html

Prazo de solicitude: ata o 29 de xullo de 2010

Referencias

Documento similar