MEMORIA DO PROXECTO
Data de realización: Xuño de 2013.
Esta memoria foi realizada por:
Coa colaboración dos restantes membros da Comisión Organizativa:
Eva María González Santiago; traballadora social da UTS Fontiñas (Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela).
María Jesús Viqueira Pérez; traballadora social da UTS Fontiñas (Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela).
María Dolores Sanz Lobo; orientadora do IES Antonio Fraguas.
Alicia Castelo Vieites; educadora social do Programa de apoio á familia
“Abeiro” (Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela).
Eva Ramos Domínguez; educadora social do Programa de apoio á familia
“Abeiro” (Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela).
Pablo Méndez Trigo; técnico de xuventude de Cruz Vermella de Santiago de Compostela.
Isabel Suárez Carballo; coordinadora do Equipo da Fundación Secretariado Xitano de Santiago de Compostela.
Milagres Budiño Gasamáns; directora do Centro de Día “Arela”.
Jorge Carballido Salgado; técnico de prevención da UMAD (Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela).
E, por suposto, co apoio e coa colaboración dos restantes membros das
Xuntanzas de Barrio de Fontiñas.
Índice
Páxs.
1. O proxecto de mercadiño solidario “Trócame-Roque” estaba fundamentado en 4 2. E co proxecto pretendíase acadar os seguintes obxectivos 8
3. O desenvolvemento do proxecto 10
3.1.- O inicio 11
3.2.- A “fase PRE” 12 3.3.- A “fase DURANTE” 18 a).- A xornada de mañá 18 b).- A xornada de tarde 19
4. A avaliación de resultados 24
4.1.- Como se fixo a avaliación? 25 4.2.- Avaliación cuantitativa 25 4.3.- Avaliación cualitativa 29 4.4.- Grao de consecución de obxectivos 34 4.5.- Suxestións para vindeiras edicións 36
5. A modo de resume 39
6. Os nosos agradecementos 41
7. Anexos 43
7.1.- A actividade nos medios de comunicación 44 7.2.- A actividade en imaxes 61
7.3.- Os soportes documentais 67
1.- O Proxecto de mercadiño solidario “Trócame- Roque”
estaba FUNDAMENTADO...
Nas bases logradas ao longo do tempo, por un conxunto de iniciativas comunitarias de traballo en rede, que contribúen a dotar dunha identidade propia e significativa ao barrio de Fontiñas.
Fontiñas: un barrio novo, pero que xa ten mais que cumprida a súa maioría de idade, que vai medrando día a día, que avanza na súa consolidación, que pouco a pouco vai reforzando o seu sentimento de pertenza. Xuventude, que é sinónimo de forza; diversidade, que é sinónimo de enriquecemento persoal e social; en definitiva, dificultades, sí;
potencialidades, tamén...
Pero Fontiñas ten xa unha importante traxectoria vital... Movementos da súa poboación, autonomía das familias condicionada polos diferentes plans de vivendas, unidade dos servizos que traballan na zona,
importante labor desempeñado nos últimos anos, etc., aspectos que esixiron que vinte e dous anos despois da constitución do barrio fixéramos unha “parada no camiño” a reflexionar, novamente, cal é a realidade social do barrio, cales son as súas necesidades actuais, cales son as súas potencialidades (que tamén as hai) e cales son as liñas de intervención que deben marcar a
actuación dos distintos servizos públicos e entidades sociais nos vindeiros anos. Traballar con obxectivos reais é sinónimo de rigor
técnico e profesional, de eficacia e de eficiencia.
Un traballo coordinado, en rede, que pretende incidir no benestar do veciñanza (dende unha convivencia positiva), no fomento da igualdade social e da autonomía persoal; en reforzar un tecido social forte, que active procesos de solidariedade social.
A actuación profesional non debe obviar o nivel “asistencial”; hoxe mais que nunca, cobra importancia a cobertura das necesidades básicas da poboación. Por elo, a labor coordinada de todos nós cobra, cada vez mais, unha especial importancia e amosa un novo “punto de
Breve descripción da realidade social do barrio de Fontiñas
DISTRIBUCIÓN POBOA CIONAL
•Menores de idade: 17, 5 %
•Xoves : 14,2 %
• Persoas adultas: 57,3 %
•Persoas maiores: 11 %
CONFIGURACIÓN URBANISTICA ) CONFIGUR ACIÓN SOCIAL
•Distinta tipoloxía de familias : nucleares/extensas.
•Dis tin to nivel formativo, cultural e/ou socioeconómico.
•Persoas afectadas por elevados % de discapacidade:
res erva legal de vivendas
•Diversidade étnica: familias do pobo xitano, estranxeiras...
Diversidade étnica e cultural:
Pluralidade
Divers idade
s ocial Dotación de recursos
Diversidade de recursos e de profesionais que están a traballar
en rede
Xuventude dos seus moradores Fins permanentes:
CONVIVENCIA POSITIVA + IGUA LDADE
Obxectivo inmediato:
SOLIDARIEDADE
En definitiva, non é outra cousa mais que…
encontro”: todos traballamos cun mesmo fin, o benestar do veciñanza. Pero non debemos esquecer que hai outros niveis aos que debemos prestar atención: a prevención das situacións de vulnerabilidade social e o esforzo para reforzar o sentimento de
“vida comunitaria”; unha firme aposta pola “convivencia”; convivencia “positiva”, fomentando a igualdade social, dende o respecto á diferenza de cada quen, pero tamén dende o exhaustivo cumprimento da lexislación vixente e dos dereitos constitucionais que asisten a cada cidadán.
Despois dunha análise exhaustiva da realidade social, realizada durante os anos 2011 – 2012, fíxose unha detección de necesidades1, que deu lugar ao establecemento de 22 liñas de actuación que deben inspirar o quefacer profesional das distintas entidades sociais, educativas e sanitarias da zona. Inspirándonos na liña 7 (Actividades Comunitarias, que integrasen e implicasen a todo o barrio), comezamos a desenvolver esta proposta (Proxecto Trócame-Roque: mercadiño solidario para rapazas e rapaces) que a súa vez abrangue outras liñas de acción, coma son: liña 14 (Impulso de actividades para a xuventude), liña 18 (Activación de procesos de solidariedade social) e liña 20: Fomento do tecido asociativo e propiciar a dinamización social.
Tendo en conta que os principais actores da xornada son as rapazas e rapaces que viven na zona e os centros educativos aos que asisten, cómpre ter presente dende a perspectiva educativa, a importancia de que eles tomen conciencia das necesidades sociais que existen no contorno e do que poden aportar para solventalas. Trátase da concreción dun proxecto
1 Mais información, no apartado de “documentación: Diagnóstico comunitario do barrio de Fontiñas”, da web www.compostelaintegra.org
baseado na “aprendizaxe-servizo”. Contaríase co traballo, implicación e aportacións dos propios menores para acadar un fin solidario (non afastado, senón próximo) e, tamén, para mellorar os espazos comúns que eles mesmos utilizan a diario.
Pártese da idea de que os centros educativos e as restantes institucións sociais teñen unha concepción “aberta á comunidade”: trabállase dende cada ámbito, pero somos capaces de desenvolver unha actividade conxunta, con fins compartidos, e levala a cabo no propio contexto social.
E para chegar aquí fixo falta...
Carácter aperturista dos servizos //
Respecto ás competencias de
cadaquén
Carácter técnico / Creatividade Rigor metodolóxico
/ Flexibilidade
Rendibilización de recursos / Non
duplicidade
Non burocratización da intervención
social / Respecto á lexislación vixente
Traballo en rede / Respecto ao carisma
de cada entidade
2. ...e co proxecto pretendíase acadar os seguintes OBXECTIVOS...
Fomentar a participación e a dinamización social na zona.
Fomentar o tecido asociativo do barrio.
Reforzar os “espazos de encontro” e a “vida comunitaria”, nos que estean presentes os valores da igualdade e da solidariedade social.
Implicar e integrar a tódolos axentes sociais do barrio nunha mesma actividade.
Activar procesos de solidariedade entre a veciñanza, facéndoos conscientes de necesidades do barrio.
Impulsar actividades nas que nenos, nenas, mozos e mozas sexan os protagonistas.
Concienciar aos menores sobre a realidade social e comunitaria na que viven e
“espertar” neles iniciativas de índole solidaria.
Ofertar aos mais novos a posibilidade de que “sexan a voz” que transmita novas iniciativas comunitarias.
E así acadamos...
A relación co seu conto rno: unha convivenci a positiva, d ende o resp ecto á di ferenza de cada
quen
O ben estar das sú as fami lias: o pi ar da súa estabi lidade
Os mais novos: un aproveitamento da súa escol ari zación co mo
garantía d e futuro
As institucións educati vas As institucións
soci ai s
As institucións sani tarias As enti dades sociais e o tecido
asociativo
3. ...o desenvolvemento do proxecto....
O sentido deste apartado é poder relatar todo o proceso dende a súa xénese ata a súa posta en escena, os itinerarios seguidos, as dificultades atopadas, pero sobre todo as
actuacións levadas a cabo, moitas delas non previstas inicialmente. O proxecto foi medrando como a nosa motivación e implicación aderezadas cunha boa dose de imaxinación e creatividade.
3.1.- O inicio do proxecto:
O Xefe de Estudios do CEIP Fontiñas, no contexto dunha xuntanza de barrio mantida o 5 de febreiro, plantexa como idea a organización dun mercadiño, que fora implementado por rapazas e rapaces. Na mesma xuntanza perfílase a idea dende unha óptica conceptual, establecendo que os principios que debían inspirar a actividade deberían ser: o fomento de solidariedade, da convivencia e da igualdade.
Para a organización do Proxecto establécese unha Comisión, na que se inscriben voluntariamente varios dos componentes das Xuntanzas de Barrio de Fontiñas:
coordinadora do Centro de Día Arela, coordinadora da Fundación Secretariado Xitano, orientadora do IES Antonio Fraguas, técnico de xuventude de Cruz Vermella, educadoras sociais do Programa de atención a familias “Abeiro”, técnico de prevención en drogodependencias da UMAD, traballadoras sociais da UTS
Fontiñas, educadora social do Programa municipal socioeducativo e Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela.
Esta Comisión Organizativa mantivo un total de 9 xuntanzas2. Nestas reunións, foise dando forma ao proxecto paulatinamente, reflexionando sobre aspectos básicos como onde e cando se ía realizar, o nome3, para que fins4, con que contidos, que se ía vender5, que actividades podían acompañar a iniciativa, detalles de normativa e permisos6. En definitiva, foise creando un “roteiro” coas diversas xestións que se tiñan que ir estruturando e a consecuente asignación de tarefas a cada quen.
Facendo camiño ao andar...
2 Datas de celebración das xuntanzas: 25 de febreiro, 18 de marzo, 10 de abril, 29 de abril, 27 de maio, 28 de maio, 30 de maio, 5 de xuño e 12 de xuño.
3 Barallouse varios nomes: Mercado Trocame-Roque, Mercado dos Pequeniños e Mercado "Troco ou Trato", acordándose por unanimidade o primeiro deles.
4 Os establecidos nos obxectivos do proxecto e na finalidade: apoiar iniciativa solidaria próxima e colaborar na mellora das infraestructuras do barrio.
5 Só estaba permitido o troco ou a “venda” de produtos feitos á man polos/-as participantes ou produtos de segunda man que se relacionan a continuación: cómics, libros, xogos, xoguetes, videoxogos, cds e dvds.
6 Recollido todo na folla de inscripción (que se achega en anexos).
3.2.- A fase “PRE”:
Cando unha idea xurde, despois hai que levala á práctica e isto non é unha labor doada. Primeiramente había que concretar cales serían os fíns aos que se destinaría o proxecto e acordáronse, por unanimidade, os seguintes:
1. “Financiar” o gasto dalgunha necesidade social do barrio, canalizado a través dalgunha entidade de iniciativa social presente na zona (acordouse que fora Cruz Vermella). Para isto realizouse unha choiva de “ideas” (ver si alguén precisaba unha axuda técnica, un elemento básico para a vivenda, etc; para facilitar esta tarefa abreuse un foro na web compostelaintegra.org); os Servizos Sociais Comunitarios da zona plantexou a necesidade que tiña unha familia de dotación de equipamento básico urxente para a súa vivenda.
Aceptouse este fin e para isto fixo falla realizar as seguintes accións:
o As traballadoras sociais da UTS e a educadora social do programa municipal socioeducativo realizaron un estudio e unha valoración socioeconómica do caso. Para elo foi preciso a realización de 5 visitas domiciliarias e de 8 entrevistas con diferentes membros da familia (tanto a nivel individual como grupal).
o Sendo conscientes de que o recaudado non ía sufragar na súa totalidade os gastos necesarios, os diferentes técnicos das entidades socioeducativas puxeron de manifesto varias opcións e comentouse que o centro comercial Leroy Merlín tiña unha liña de axudas para este tipo de accións; a Concelleira de Servizos Sociais plantexou entón, por unha banda, a posibilidade de “donar” parte de mobiliario municipal da Concellería a esta familia, co obxecto de mellorar a dotación de equipamento básico; para concretar isto, fixo falta a correspondente tramitación administrativa, en canto a visitar o piso que alberga estes enseres en dúas ocasións, realizar un inventario, valorar o que se precisaba, a elaboración de informes técnicos, entre outros. Tarefa que correu a cargo da educadora social do programa municipal socioeducativo e das traballadoras sociais da UTS.
o A maiores, e como había que mellorar aspectos relacionados cos servizos básicos (auga quente, dotación de equipamento básico da cociña e do cuarto de baño), seguindo a liña establecida polos
técnicos das diferentes entidades socioeducativas do barrio, en representación dos mesmos, a Concelleira de Servizos Sociais mantivo xuntanzas con responsables de Leroy Merlín, que brindaron todo o seu apoio e colaboración. Profesionais deste centro comercial realizaron unha visita ao domicilio (previo consentemento da familia), acompañados pola traballadora social e educadora social municipais.
o Leroy Merlín comprometeuse firmemente con este proxecto, brindando non só materiais senón tamén man de obra (a cargo de profesionais voluntarios). O apoio deste centro comercial ao proxecto foi absoluto, evidenciándose unha importante “concienciación e sensibilización social”.
2. “Apoiar” unha actividade comunitaria coa idea de que “...todas e todos traballamos para o noso barrio...”, implicándose os mais novos na mellora do espazo próximo ao parque infantil da rúa Londres, co deseño e realización dun “circuíto que reflicta a estrutura urbanística do barrio” e se converta nun elemento máis que apoie o xogo infantil. Para isto foi necesario o seguinte:
o A xestión previa da Concelleira de Servizos Sociais co responsable da área (parques e xardíns) para ver si era posible o desenvolvemento desta actividade.
o De novo o centro comercial Leroy Merlín, despois da xuntanza mantida entre responsables desta entidades e a Concelleira de Servizos Sociais, brinda o apoio a esta actividade, cunha firme aposta polos mais novos, polos ámbitos educativos e sociais.
o Unha profesora do Departamento de Educación Plástica e Visual do IES Antonio Fraguas será a encargada de elaborar o correspondente deseño e de coordinalo; a realización correrá a cargo por alumnado de Debuxo Artístico do mencionado centro educativo e está prevista para os inicios do curso 2013-2014.
Co obxecto de incidir no sentimento de pertenza ao barrio e de activar as súas instalacións, considerouse que a data mais adecuada para a celebración da actividade coincidira co inicio das Festas Patronais (14 de xuño).
En canto á ubicación, baralláronse varias, pero optouse pola superficie comercial Área Central, por razóns para nós evidentes, como a climatoloxía e a dinamización
dunha zona comercial tan importante para o barrio, así como pola traxectoria de colaboracións previas con algunhas entidades. Profesionais da Fundación Secretariado Xitano, Cruz Vermella e inicialmente, a orientadora do IES Antonio Fraguas, mantiveron 5 xuntanzas de coordinación coa xerencia do devandito centro comercial: presentación do proxecto; concreción de aspectos como data, horario, produtos “á venda”, mobiliario e material necesario, organización de espacios e montaxe, carteis, etc. A sensibilidade amosada polos seus responsables foi absoluta e brindaron todo o seu apoio a esta iniciativa comunitaria, evidenciando o seu compromiso social co barrio no que están asentados.
Preciso tamén era poñer por escrito o contido do proxecto, dándolle un enfoque técnico; a encargada de realizar esta tarefa foi inicialmente a técnico de Xuventude de Cruz Vermella, pasando a continuación ás traballadoras sociais da UTS e á orientadora do IES.
Para presentar a actividade e poder divulgala era necesario contar co correspondente cartel. Pensouse inicialmente que este fora realizado por nenas e nenos que participan nas actividades de Cruz Vermella; así se tentou, pero por problemas técnicos relacionados coa
“calidade de impresión” do cartel, foi imposible. Este foi elaborado posteriormente pola orientadora do IES Antonio Fraguas, coa axuda dos seus fillos (a quen tamén é xusto agradecer a colaboración).
Outro aspecto fundamental era estipular o formato de
mercadiño que se quería desenvolver: que se podía vender, que se podía trocar, que tipos de permisos eran necesarios. Moitos destes aspectos foron clarexándose coas indagacións da coordinadora do Centro de Día Arela e coas entrevistas cos xestores de Area Central (a cargo da coordinadora da Fundación Secretariado Xitano e o técnico de xuventude de Cruz Vermella), para non interferir cos comercios e, ao contrario, contribuir a dinamizar a zona.
Sen deixar nada ao azar, plasmouse por escrito os correspondentes formularios de inscripción e de autorización dos proxenitores ou titores para a participación dos menores na actividade e para a cesión da súa imaxe (este documento figura en anexos). Esta tarefa foi realizada pola coordinadora do Centro de Día Arela, quen tamén se encargou inicialmente de difundila entre os diferentes centros educativos
(vía correo electrónico) e presentala, en coordinación con Cruz Vermella, nas distintas xuntanzas de barrio existentes na cidade (Conxo, Portal do Camiño e Vite).
Para a impresión dos carteis, as traballadoras sociais da UTS Fontiñas mantiveron seis xuntanzas coa Comisión de Festas do barrio de Fontiñas, a cal brindou totalmente a súa colaboración. Encargáronse da impresión de 125 carteis e da súa pegada, por distintos puntos da cidade. Tamén se incorporou a actividade dentro do cartel xeral das Festas.
Estableceuse inicialmente como “puntos de recollida de inscripcións” o Centro Sociocultural das Fontiñas e Cruz Vermella. No desenvolvemento do proxecto fóronse incorporando novas formas de recollida, a través da orientadora do IES Antonio Fraguas, coordinadora do Centro de Día Arela e traballadoras sociais da UTS Fontiñas.
Unha vez recollidas as inscripcións, realizouse un listado dos diferentes grupos: un total de 20, dos cales 12 pertencían ao IES Antonio Fraguas, 2 a Cruz Vermella, 3 ao Centro de Día Arela, 1 ao CEIP Monte dos Postes, 1 ao CEIP Raiña Fabiola e 1 ao Colexio Vilas Alborada. A elaboración do listado correu a cargo inicialmente das traballadoras sociais da UTS e, xa no seu fin, contou co apoio de Cruz Vermella, Centro de Día Arela e IES Antonio Fraguas.
Elaboráronse soportes documentais específicos para a implementación do proxecto:
trípticos informativos, actuacións comunitarias, etc. Tamén foi preciso a impresión dun maior número de carteis. Nesta tarefa participou a totalidade dos profesionais pertencentes á Comisión Organizativa. Tamén se contou co apoio, en canto á impresión, de Área Central.
A difusión do proxecto fíxose de varias formas:
o Cada entidade empregou os seus recursos para extender a información mediante difusión directa (xuntanzas, carteis, entrevistas, etc.) e difusión dixital (webs, correo electrónico, etc.).
o Rolda de prensa celebrada o 7 de xuño de 2013, nas dependencias do Concello de Santiago de Compostela. Na mesma participaron a Concelleira de Servizos Sociais, a orientadora do IES Antonio Fraguas, as educadoras sociais do Programa Abeiro, a coordinadora da Fundación Secretariado Xitano e o técnico de Xuventude de Cruz Vermella. Para presentar aos diferentes medios de comunicación dende a UTS Fontiñas realizouse un
dossier con distinta información (síntese do proxecto, síntese de actuacións comunitarias e tríptico informativo), que foi remitido ao departamento municipal de Prensa para a súa distribución. O número total de dossieres elaborados pola UTS foi de 10.
o O director do IES Antonio Fraguas tamén tivo unha intervención radiofónica para presentar o contido do proxecto.
o Utilización de medios dixitais:
Dende a UTS remitiuse ao departamento de Prensa municipal información do proxecto para ser incorporada na web www.santiagodecompostela.org
Dende a UTS incorporouse cumprida información na web www.compostelaintegra.org sobre a actividade.
Dende o IES fíxose unha primeira difusión na web do centro www.edu.xunta.es/centros/iesantoniofraguas/ co proxecto, co cartel e coa folla de inscripción. Tamén mediante correo electrónico a tódolos membros do claustro e á ANPA, quen difundiu a maiores a actividade entre os seus socios. Nunha segunda fase, fíxose unha nova difusión na web co novo cartel e os últimos detalles informativos. Finalmente, o grupo de investigación Stellae da USC (do que a orientadora é membro) fixo a difusión na súa páxina http://stellae.usc.es/
Difusión directa:
• As traballadoras sociais da UTS e a educadora social municipal entregaron información por escrito aos diferentes usuarios do servizo na quincena previa á data do proxecto.
• As traballadoras sociais da UTS e a educadora social municipal, nos dous días previos, realizaron chamadas telefónicas a usuarios do servizo para presentar e divulgar a actividade.
• As traballadoras sociais da UTS coordináronse co persoal do Servizo Municipal de Axuda no Fogar para difundir a actividade entre os nosos maiores, sobre todo, naqueles nos que por problemas sociosanitarios, teñen unha baixa participación en actividades comunitarias.
• As educadoras sociais do Programa de atención a familias Abeiro, do Centro de Día Arela e de Cruz Vermella divulgaron
o proxecto entre os seus usuarios, utilizando tamén medios telemáticos (facebook). No caso de Abeiro, a maiores repartiron octavillas, informaron a outros compañeiros de Cáritas, etc.
• A orientadora do IES Antonio Fraguas fixo unha difusión exhaustiva entre todo o alumnado do seu centro educativo, co obxecto de acadar a participación dos menores.
• O párroco de Fontiñas difundiu o proxecto nas celebracións da semana da festa.
• O xefe de estudios do CEIP Fontiñas divulgou o proxecto entre os rapaces e rapazas do seu centro educativo, co obxecto de que acudiran a visitar o mercadiño.
• Noutros colexios contamos coa colaboración do profesorado, como o Colexio Juventud; no caso do CEIP Monte dos Postes, foi a orientadora a que asumiu este traballo.
o O IES Antonio Fraguas, o Centro de Día Arela e Cruz Vermella dinamizaron a participación dos rapaces, traballando directamente cos menores na realización de diversas manualidades.
o O IES implicou profundamente ao equipo de convivencia e mediación escolar, moitos destes rapaces, á súa vez, foron
os mellores embaixadores da actividade, ademais de vendedores nos postos.
o O Centro municipal de Información á Muller colaborou coa realización dun
obradoiro dirixido a menores: “Bolsas polo troco”.
o Cruz Vermella colaborou, a maiores, con actividades para menores e cun obradoiro cun enfoque interxeneracional.
o O IES Antonio Fraguas colaborou, a maiores, cunha actividade musical: co coro de rapazas e rapaces do centro educativo.
o A UMAD do Concello de Santiago de Compostela colaborou co obradoiro de Breakdance.
o Tódalas entidades pertencentes á Comisión Organizativa colaboraron aportando diversos materiais para a xornada.
o A orientadora do IES Antonio Fraguas encargouse da elaboración de dous carteis que presentaban a actividade
e que se complementaban cun terceiro, que foi elaborado pola educadora social do Programa municipal socioeducativo. A impresión dos tres carteis correu a cargo desta última profesional e a preparación do
panel, da orientadora do IES Antonio Fraguas.
o O técnico de prevención da UMAD, co apoio do Departamento Municipal de Informática, consigue adecuar os vídeos realizados no barrio de Fontiñas, para poder ser proxectados durante a xornada.
o A orientadora do IES e o técnico de Cruz Vermella coordináronse con profesionais da Area Central, o 11 de xuño, para a organización e distribución dos espazos e material necesario. De novo, a colaboración foi alta.
o Dende o IES tamén se contactou coa coordinadora de Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) para que o equipo de televisión do mencionado centro escolar aportara a súa colaboración cubrindo a xornada e realizando unha reportaxe.
3.3.- A fase “DURANTE”: a implementación do proxecto.
a).- A xornada de mañá:
O día comenzou ao redor das 11 horas, cada profesional na súa entidade, preparando os diferentes materiais que previamente se acordara aportar.
Cando eras as 12 horas, parte da Comisión Organizativa (integrada polas traballadoras sociais da UTS Fontiñas, a educadora social do programa municipal socioeducativo, a orientadora do IES Antonio Fraguas, as educadoras sociais do Programa de atención a familias Abeiro e o técnico de Xuventude de Cruz Vermella) se personan nas instalacións de Area Central, onde a “coordinadora”e persoal de mantemento esperaban aos profesionais para deixar
organizado os diferentes materiais.
Mesas xa listas para os distintos postos ás que se coloca a numeración e o seu nome. Mesas xa preparadas para os talleres implementados polo Centro municipal de Información á Muller e por Cruz Vermella.
A concreción do espacio para a actuación do coro, a colocación do “paracaídas” e para a actuación de Breakdance.
A ubicación do lugar para a televisión, onde se difundirían videos divulgativos de actividades levadas a cabo no barro.
A colocación da mesa das entidades, onde se colocou trípticos informativos e outras publicacións, que reflexan o traballo en rede das distintas entidades do barrrio. Ao seu carón, panel informativo do proxecto: cal é o seu obxectivo?.
b).- A xornada de tarde:
A tarde comenzou ao redor das 15,45 horas, cando a Comisión Organizativa esperaba aos distintos participantes do mercadiño, cunha chegada puntual e cargada de ilusión.
As rapazas e rapaces acudiron con tódolos medios e elementos materiais para poñer o posto.
Dende a Organización adxudicáronse números aos distintos postos e os rapaces procederon a rotular o nome correspondente. Do total inicial de grupos (20), faltaron dous (un deles comunicando previamente a súa ausencia). Eles mesmos procederon á colocación dos seus produtos. Houbo que realizar algúns cambios na ubicación previstas para evitar que o sol dañase a repostería artesá.
Dende primeira hora da tarde, a asistencia ao mercadiño foi masiva, non esperable pola Organización. Eso ocasionou que os diferentes integrantes da mesma se sentiran, nun momento dado, desbordados pola situación, e que tentarán abordar cada un deles tódolos aspectos que ían xurdindo. Como suxestión para edicións futuras, débese propor unha división de tarefas.
Puntuais foron os membros do Coro do IES Antonio Fraguas, encabezados polo seu profesor. Acudiron con tempo suficiente para poder ensaiar antes do recital. A actuación foi valorada como moi positiva polos asistentes, si ben se suxire para vindeiras edicións o uso de megafonía.
Puntuais tamén foron distintos membros da corporación municipal do Concello de Santiago de Compostela; encabezados pola Concelleira de Servizos Sociais e Educación (que participara activamente no proxecto), tamén acudiron a Concelleira de Xuventude e o Concelleiro de apoio encargado do seguimento do Medio Rural (concellería integrada na Área de Participación Cidadá).
Dende o principio da xornada estiveron presentes diversos medios de comunicación:
El Correo Gallego, La Voz de Galicia, TVG e Agareso. Algúns membros do equipo de televisión do IES Antonio Fraguas realizaron diversas entrevistas aos asistentes e grabacións do evento, para editar posteriormente un video.
Durante a xornada proxectáronse diferentes vídeos que amosan as actividades realizadas no barrio de Fontiñas: “Kamelamos guinar” (2005), “Rúas de vida” (2009) e “Fraguando a diversidade” (2012).
Dende o primeiro momento, apreciábase un bo ambiente, un espazo de convivencia, unha representación de tódolos colectivos sociais do barrio que evidenciaba a pluralidade social. O valor inclusivo desta actividade reforzábase tamén nos participantes directos, algún deles con factores de vulnerabilidade (por problemas de saúde, por dificultades sociofamiliares, por diversidade cultural), etc.
Desenvolvéronse diversos obradoiros, en simultáneo co mercadiño:
Xogos de grupo dinamizados por voluntariado (paracaidas para os menores de corta idade) e obradoiros de manualidades, realizados cun enfoque interxeneracional, por Cruz Vermella.
Actividades de fomento da igualdade implementadas dende o Centro de Informción á Muller do Concello de Santiago de Compostela: Decoración de bolsas (60 unidades) con temática de "Bolsas polo Troco".
Obradoiro de Breakdance, por parte dos integrantes da Asociación Vella Escola e os alumnos da Escola Municipal de Breakdance.
Avanzada a xornada chegou o momento de fomentar a
valoración do proxecto. Para isto tentouse que os participantes cubriran os cuestionarios, os asistentes aportaran as súas opinións no “libro de visitas” e no buzón de suxestións.
Area Central incrementou a súa colaboración, ofrecendo a tódolos menores que participaran nos postos unha pequena merenda, que foi moi agradecida polos mesmos.
Ao final, posto por posto, procedeuse á recaudación. Cada un deles decidía a cantidade a aportar. Si se constataron moitas diferencias en canto ás cuantías.
Chegado o momento da despedida
(moito mais alá do horario establecido previamente), tódolas rapazas e rapaces dos postos, cos diferentes membros da Organización, procederon a colaborar co equipo de Area Central na recollida de lixo, para deixar a zona en perfectas condicións.
O “adeus” foi emotivo, con apertas entre eles e cos membros da organización, con sorrisos e peticións de que “…isto hai que repetilo”.
4. ....A avaliación de resultados....
4.1.- Como se fixo a avalición?.
A avaliación foi participativa e aberta. Neste sentido, os diferentes participantes (tanto as rapazas e rapaces dos postos como os asistentes) puideron cumplimentar un pequeno cuestionario, de forma anónima. No mesmo abordáronse as seguintes cuestións:
1. Valoración da iniciativa.
2. Valoración do interese do proxecto solidario proposto.
3. Valoración das actividades de animación levadas a cabo ao longo da xornada.
4. Suxestións cara a realización doutras actividades comunitarias.
Colouse tamén un buzón de suxestións onde os asistentes ao mercadiño puideron deixar constancia tanto das cousas que mais lle gustaron da xornada (papeis de cor rosa) como suxestións para vindeiras actividades comunitarias (papeis de cor branca).
Abreuse tamén un “libro de visitas” (elaborado pola Coordinadora do Centro de Día Arela) para que as veciñas e veciños que o quixeran, fixeran constar a súa valoración sobre o proxecto.
A orientadora do IES Antonio Fraguas procedeu a realizar unha xuntanza valorativa, o luns 17 de xuño, cunha representación de menores participantes. Destacaron a enorme satisfacción pola xornada, o bo ambiente, pero fixeron unha “crítica constructiva”, aportando as seguintes reflexións: débese fixar unha porcentaxe obrigatoria de doazón para evitar diferencias que eles consideraban “inxustas” e “non acordes co fin do proxecto”; tamén indicaron que sería adecuado “aglutinar” por zonas segundo os produtos dos postos.
A maiores, parte dos profesionais implicados na organización e implementación da xornada (traballadoras sociais da UTS Fontiñas, orientadora do IES Antonio Fraguas, técnico de xuventude de Cruz Vermella e educadoras sociais do Programa de atención a familias Abeiro), realizaron unha avaliación técnica, cun dobre enfoque: cuantitativo e cualitativo (mantendo para isto varias xuntanzas).
4.2.- Avaliación cuantitativa:
Para a realización da avaliación cuantitativa da xornada formuláronse varios indicadores;
vexamos o resultado de cada un deles:
Indicador nº 1: Número de solicitudes de postos previstos: 20.
No periodo de inscripción recibíronse un total de 20 postos, dos cales 12 procedían do IES Antonio Fraguas, 3 do Centro de Día Arela, 2 de Cruz Vermella, 1 do CEIP Raiña Fabiola, 1 do Colexio Vilas Alborada e 1 do CEIP Monte dos Postes.
Pódese suliñar que as inscripcións foron superiores ás estimadas inicialmente pola Comisión Organizativa (esperábase 5/6 grupos).
Dedúcese a importante labor de concienciación levada a cabo polo IES Antonio Fraguas, por Cruz Vermella e polo Centro de Día Arela. A iniciativa foi valorada como moi positiva por alumnado do IES Antonio Fraguas, onde a orientadora fixo unha labor “clase por clase” e case individualizada. Nos caso de Cruz Vermella e Arela, participaron practicamente a totalidade dos rapaces e rapazas que están nos seus programas.
Indicador nº 2: Número de postos finais no mercado: 18.
Do total de postos previstos (20), colocáronse no día do mercadiño 18; as ausencias correspondían a menores procedentes do Colexio Vilas Alborada e CEIP Raíña Fabiola, centros non ubicados no barrio.
Aínda así, considérase ampliamente acadado este obxectivo xa que supón que o 90
% dos postos previstos estaba efectivamente na actividade.
Indicador nº 3: Número de participantes previstos inicialmente para os postos: 52.
Utilizando como criterio establecido a diferenciación contemplada no artigo 37 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á adolescencia de Galicia, podemos suliñar que o 26,9 % dos participantes (14 menores) corresponden ao colectivo de
“infancia”7 e o 73,1 % (38 menores), corresponden ao colectivo de “adolescencia”8.
Indicador nº 4: Número de participantes reais nos postos: 47.
7 Infancia: menores con idade igual ou inferior aos 12 anos.
8 Adolescencia: menores con idade superior aos 12 e inferior aos 18 anos.
Ampliamente acadado o obxectivo. Houbo unha participación real e efectiva do 90,4
% dos menores previstos para a actividade. As ausencias corresponden fundamentalmente a menores con idade inferior aos 12 anos.
Indicador nº 5: Número de visitas aproximado: estímase un número aproximado de 450 persoas.
Hai que ter presente que xa se partía de 47 menores nos postos, da asistencia de tódolos integrantes da xuntanza de barrio de Fontiñas (13 persoas), de antiguos membros das xuntanzas, de representantes políticos do Concello de Santiago de Compostela, de técnicos provintes do IES Antonio Fraguas e dos Servizos Sociais Comunitarios, de voluntariado de Cruz Vermella, dos menores que integran ao Coro do IES, de pais e nais que acudiron á actividade, de persoas maiores do Servizo de Axuda no Fogar e do Club de Maiores do Centro Sociocultural das Fontiñas, das persoas encargadas de implementar as actividades (taller de igualdade, taller de Cruz Vermella, Breakdance da UMAD-Concello de Santiago de Compostela), de usuarios do centro comercial Area Central, de veciñas e veciños do barrio, etc.
Indicador nº 6: Número de diferentes actividades de animación: 5 actividades, que foron as seguintes:
o Actividade inaugural, ás 16:30 horas: actuación musical do coro de alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas, dirixido polo profesor D. Carlos Encisa.
o Desenvolvemento de diversos obradoiros, en simultáneo co mercadiño:
Xogos de grupo dinamizados por voluntariado de Cruz Vermella.
Obradoiros de manualidades, realizados cun enfoque interxeneracional, por Cruz Vermella.
Actividades de fomento da igualdade implementadas dende o Centro de Información á Muller do Concello de Santiago de Compostela.
Decoración de bolsas (60 unidades) con temática de "Bolsas polo Troco".
Obradoiro de Breakdance (actividade do Programa de Prevención da UMAD – Concello de Santiago de Compostela).
Indicador nº 7: Número de profesionais e/ou voluntarios ao frente das actividades de dinamización: 25, que se desglosan do seguinte xeito:
o Ao frente da actuación musical do coro de alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas: 1 persoa (docente do mencionado centro educativo).
o Nos xogos de grupo para menores dinamizados dende Cruz Vermella: 8 persoas.
o Nos obradoiros de manualidades, realizados cun enfoque interxeneracional, por Cruz Vermella: 6 persoas.
o Nas actividades de fomento da igualdade implementadas dende o Centro de Información á Muller do Concello de Santiago de Compostela: 2 persoas.
o No Obradoiro de Breakdance (actividade do Programa de Prevención da UMAD – Concello de Santiago de Compostela): 8 persoas (1 monitor dando a clase, 6 facendo a exhibición e 1 encargado da organización xeral).
Indicador nº 8: Número de participantes aproximado nos obradoiros: 144 persoas.
o No coro de alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas: 25 rapazas e rapaces.
o Nos xogos de grupo para menores dinamizados dende Cruz Vermella: 35 menores.
o Nos obradoiros de manualidades, realizados cun enfoque interxeneracional, por Cruz Vermella: 10 persoas.
o Nas actividades de fomento da igualdade implementadas dende o Centro de Información á Muller do Concello de Santiago de Compostela: 55 menores.
o No Obradoiro de Breakdance (actividade do Programa de Prevención da UMAD – Concello de Santiago de Compostela): 19 persoas (desglosándose do seguinte xeito: 7 alumnos da Escola de Breakdance e 12 provintes do público)
Indicador nº 9: Número de entidades da rede que participaron activamente no proxecto: 9 entidades, o que supón o 75 % das que compoñen habitualmente as
Xuntanzas de Barrio de Fontiñas. As entidades que participaron na Comisión Organizativa foron: Centro de Día Arela, Fundación Secretariado Xitano; IES Antonio Fraguas, Cruz Vermella, Programa de atención a familias “Abeiro”, UMAD, UTS Fontiñas, Programa municipal socioeducativo e Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela.
Indicador nº 10: Recadación e grado de consecución do proxecto solidario:
360,43 €.
Pero unha avaliación para ser participativa debe ter en conta o punto de vista da cidadanía, tanto dos participantes como dos asistentes. Realizouse un pequeno cuestionario de avaliación que contemplaba tres aspectos a avaliar (a iniciativa, o proxecto solidario e as actividades de avaliación) e un aberto a suxestións globais. Os items de valoración ían do 1 ao 5, onde o 1 é a valoración mais baixa (nada satisfeito co realizado) e o 5 a valoración mais alta (moi satisfeito co realizado). Recolléronse un total de 39 cuestionarios, cumplimentados todos de xeito anónimo. Centrémonos agora na avaliación propiamente dita:
Cuestión 1: Cómo valorarías a iniciativa?. A media de valoración deste apartado reflexa un grao de satisfacción moi elevado, que se aproxima á puntuación máxima;
puntuación acadada 4,8 (sobre 5).
Cuestión 2: Qué grao de interese ten o proxecto solidario ao que vai destinado o proxecto?: A media de valoración deste apartado segue reflexando un grao de satisfacción moi elevado, que se aproxima á puntuación máxima; puntuación acadada 4,6 (sobre 5). Nembargantes, considérase que para vindeiras edicións do mercadiño se debería explicar un pouco mais aos participantes o destino do proxecto.
Cuestión 3: Cómo valorarías as actividades de animación levadas a cabo ao longo da xornada?. A media de valoración deste apartado segue reflexando un grao de satisfacción moi elevado, que se aproxima á puntuación máxima;
puntuación acadada 4,7 (sobre 5).
4.3.- Avaliación cualitativa:
A valoración cualitativa do proxecto realizouse atendendo a distintos criterios:
a).- Utilizando o “libro de visitas”; nel, calquera persoa que acudira ao mercadiño, podía facer constar a súa apreciación subxectiva. Recolleuse un total de 41 comentarios e aportacións. A tónica xeral é moi positiva. Ofrécese unha mostra das aportacións:
b).- Colouse tamén un buzón de suxestións onde os asistentes ao mercadiño puideron deixar constancia tanto das cousas que mais lle gustaron da xornada (papeis de cor rosa; un total de 14) como suxestións para vindeiras actividades comunitarias (papeis de cor branca;
un total de 7). Analicemos agora o primeiro aspecto: que lles gustou mais...
En resume, as respostas9 á pregunta : “Qué che gustou máis? (TARXETAS de CORES)”, foron:
1. Rosquillas
2. QUÉ MARAVILLA DE COORDINACIÓN, DE ILUSIÓN E DE TRABALLO.
NORABOA!!!
3. Me ha encantado TODO: la participación de los chavales, los postres, la imaginación. GRACIAS!!!
4. Que sexa máis dunha edición
5. IM-PRESIONANTE!!! HAY QUE REPETIR. ENHORABUENA !!!
6. Muy buena disposición de las mesas
7. Chicos muy educados y correctos, en definitiva, buenos vendedores!
8. Así me gusta, dándole vida al barrio!!!
9. Estupendo todo.
9 Transcríbense do xeito que foron expostas polos participantes.
10. Moi bo traballo de equipo. Viva o barrio de Fontiñas!!!
11. Lo que más me gustó fue lo de intercambiar y lo de hacer juegos.
12. El coro lo que más me ha gusrtado y los puestos de comida y los broches. Y sobre todo la convivencia.
13. Lo que más me gustó fue hacer broches, mochilas y sobre todo lo de los puestos.
14. Está muy bien lo de las mochilas (talleres)
c).- E nos cuestionarios cumprimentados polos diferentes participantes tamén se fixeron suxestións e valoracións do proxecto10:
1. Estivo moi ben. Non se pode mellorar.
2. Separar el trueque de la venta.
3. Separar o centrar el trueque de la venta: comida u objetos.
4. Outro mercadillo.
5. Vender rifas y galletas.
6. Vender rifas para las fiestas de Fontiñas o “para lo que sea”.
7. Estaría ben facer máis actividades.
8. Explicar mejor lo que se va a vender.
9. Estaría ben facer máis xogos para os pequenos.
10. Esta idea paréceme boísima, debería facerse máis a miúdo.
11. Estivo moi ben. Nada que obxectar.
12. Máis espazo para as ventas.
13. Máis difusión e máis espazo.
14. Máis difusión para o proxecto e máis espazo para as vendas.
15. Que se fixeran en máis sitios de Santiago (Zona Vella, algún centro cultural, etc.).
Unha avaliación participativa e democrática, que fomentaba e invitaba a cada un dos participantes e/ou asistentes a ofrecer o seu punto de vista sobre o proxecto e a poder suxerir variantes para vindeiras edicións.
Pero no apartado cualitativo, a maiores, na mesa de entidades e na asistencia ao mercadiño solidario, ademais das que participan na rede do barrio de maneira continua, contamos coa presenza da Asemblea de Cooperación pola Paz (entidade que asiste a algúns plenarios e que participe de forma transversal no barrio a través da súa continua presenza no IES
10 Unha vez mais, transcríbanse do xeito que foron expostos.
Antonio Fraguas) ou Down Compostela (que sen estar na nosa rede na actualidade, polo cambio de sede, si estivo nesta ocasión pola súa coordinación cos centros educativos e pola participación dun rapaz nun posto de venta).
De valorar é tamén a participación de persoas maiores pertencentes tanto ao Club de Maiores do Centro Sociocultural das Fontiñas e tamén, beneficiarios do Servizo Municipal de Axuda no Fogar; neste último caso, a valoración debe ser elevada, si temos en conta a avanzada idade do grupo de persoas que acudiron, acompañadas dunha auxiliar, e as limitacións derivadas dun estado de saúde deficitario (que ocasiona, maioritariamente, un escaso número de saídas ao exterior). O proxecto serviu para a dinamización social deste colectivo, que con esforzo, chegou a participar solidariamente na actividade.
Isto contribúe á nosa idea dunha comunidade aberta, flexible, que cree na diversidade como un potencial.
4.4.- A avaliación do grao de consecución de obxectivos:
Conxuguemos agora os resultados acadados cos obxectivos establecidos no proxecto:
Fomentar a participación e a dinamización social na zona. Considérase amplamente acadado este obxectivo si temos presente que 47 menores estiveron ao frente dos postos do mercadiño, que houbo 450 persoas que asistiron ao mesmo e unha participación en obradoiros de 144 rapazas e rapaces.
Fomentar o tecido asociativo do barrio. Este obxectivo non se acadou; pero tamén é certo que foi un erro na súa formulación do proxecto, dado que o seu contido non se axustaba cos fins xerais do mesmo.
Reforzar os “espazos de encontro” e a “vida comunitaria”, nos que estean presentes os valores da igualdade e da solidariedade social. Obxectivo amplamente acadado. Area Central, o 14 de xuño, foi un “punto de encontro comunitario”, onde se reflectía a diversidade social que caracteriza o barrio; onde a convivencia de distintas persoas con perfil moi variado foi positiva e enriquecedora;
onde os principios de igualdade e de fomento da solidariedade estaban patentes nas veciñas e veciños.
Implicar e integrar a tódolos axentes sociais do barrio nunha mesma actividade. Unha vez mais, as entidades socio-educativas do barrio souberon transmitir ao exterior o traballo en rede, que amplamente se consolidara en mais de quince anos de existencia. O 75 % das entidades formaron parte da Comisión Organizativa, e asumiron o traballo directo cos rapaces e rapazas, e tamén coa poboación en xeral, fomentado a dinamización social. As restantes, acudiron a presenciar a actividade.
Activar procesos de solidariedade entre a veciñanza, facéndoos conscientes de necesidades do barrio. Un dos fins do proxecto era solidario; supoñía traballar cos rapaces e rapazas sobre as necesidades sociais existentes na actualidade, que non están afastadas deles. Supoñía traballar con toda a poboación que todos e todas podemos contribuír, na medida das nosas posibilidades, a acadar un fin social concreto e que podemos axudar ao benestar social do veciñanza. Si se activaron procesos de solidariedade, pero tamén é certo que son necesarias vindeiras edicións para reforzar os mesmos.
Impulsar actividades nas que nenos, nenas, mozos e mozas sexan os protagonistas. Só hai que ver a participación directa dos rapaces (47) no mercadiño, a ilusión que mantiveron durante a xornada, a capacidade de empatía cos demais, etc.; visualizar comentarios do “libro de visitas” ou do buzón de suxestións é útil para chegar a comprobar o cumprimento deste obxectivo. O alcance nos medios de comunicación e a visualización das diferentes imaxes axudan a entender o éxito neste apartado.
Concienciar aos menores sobre a realidade social e comunitaria na que viven e
“espertar” neles iniciativas de índole solidaria. Sería repetir o xa analizado para veciñanza. Un traballo directo cos menores realizado dende o IES Antonio Fraguas e dende as entidades sociais, Cruz Vermella e Centro de Día Arela. Un traballo que comezou, con bos froitos no ano 2013, pero no que compre incidir nos vindeiros anos.
Ofertar aos mais novos a posibilidade de que “sexan a voz” que transmita novas iniciativas comunitarias. Unha voz que foi escoitada directamente en xuntanzas mantidas cun grupo deles pola orientadora do IES Antonio Fraguas; unha
voz que foi deixada por escrito nos seus cuestionarios de avaliación; unha voz que foi recollida no buzón de suxestións; unha voz que foi recollida no “libro de visitas”;
unha voz recollida tamén na reportaxe do taller de televisión de Agareso..., pero o mais importante, unha voz que se reflectiu na súa actitude e comportamento ao longo da xornada, na que só se pode dicir unha palabra: exemplar!.
4.5.- Suxestións para vindeiros edicións:
A poboación tamén quixo deixar constancia das súas suxestións para vindeiros edicións.
Vexamos algunhas delas:
En síntese, as aportacións11 realizadas con respecto ás suxestións de mellora (deixáronse constancia nas tarxetas blancas) polos asistentes foron:
1- Que houbese música cantada polos pequenos, baile e teatro tamén feito polos pequenos
2- Suxestións: Perdormances que fagan intervir ó público e recitado de textos 3- Máis actuacións
4- Que colaboren más
5- Que se vuelva a hacer muchas veces.
6- Creo que se debería facer máis veces
7- Ha sido muy difícil (hacer sugerencias) porque todo está muy bien.
8- Más bolsas.
9- ¡Más veces!
11 Transcríbense do xeito que foron expostas.
A Comisión Organizativa tamén realizamos unha “crítica constructiva”. Si ben recoñecemos que os obxectivos foron ampliamente acadados, tamén é certo que para vindeiras edicións se deberían mellorar certos aspectos:
1. A “mesa de entidades” debe ser ou mais grande, ou dúas mesas. Había moita información, en pouco espazo.
2. A colocación da televisión onde se proxectaban os diferentes videos debe ser distinta; posibilidade de que estivera próxima á “mesa de entidades”.
3. O libro de visitas e o buzón de suxestións debe ter unha ubicación “privilexiada”, fácil de ver para os visitantes.
4. Ao igual que houbo un reparto de tareas na “fase PRE”, tamén o debería haber para a “fase DURANTE”. Non se esperaba tanta cantidade de xente, feito que fixo que tódolos membros da Comisión Organizativa tentaran abarcar todo. Para vindeiras edicións: reparto de traballo.
5. Para vindeiras edicións, considérase que se debe potenciar mais o “troco” de xoguetes, cds, bonecos, etc.
5.- A modo de resume….
O MERCADIÑO EN CIFRAS….
Nº de postos no mercadiño = 18.
Nº de menores participantes nos postos do mercadiño = 47 (dos cales o 26,9 % correspondían ao sector da
“infancia” -menos de 12 anos- e o 73,1 % á
“adolescencia”, “mais de 12 anos”).
Nº de actividades de animación ao redor do mercadiño = 5.
Nº de profesionales e de voluntarios ao frente das actividades de animación = 25.
Nº de participantes nas actividades de animación = 144.
Nº de visitas aproximadas ao mercadiño = 450.
Recaudación = 360,43 €.
Maior participación do esperado pola Comisión Organizadora.
A convivencia, unha “atmósfera cálida”, a ausencia de conflictos, a diversidade social.
A duración do mercadiño foi superior, dado o “bo ambiente” que reinou durante a xornada.
A petición das rapazas e rapaces a repetir a experiencia.
A valoración positiva do vecindario sobre a iniciativa, o proxecto e as actividades de animación.
O recoñecemento por parte dos asistentes á organización da actividade, froito do traballo en rede comunitario.
O apoio dos centros comerciais Area Central e Leroy Merlín ao proxecto.
O ACAD ADO NO MERCADIÑO…
Os nosos agradacementos...
Este proxecto foi posible grazas:
Á participación activa das rapazas e rapaces do IES Antonio Fraguas, CEIP Monte dos Postes, Cruz Vermella e Centro de Día “Arela”.
Á importante labor de concienciación, dinamización e organización levada a cabo pola orientadora do IES Antonio Fraguas e polos técnicos das entidades sociais mencionadas anteriormente.
Á capacidade de traballo en rede amosada polos técnicos da UTS Fontiñas, UMAD, programa municipal socioeducativo, IES Antonio Fraguas, Cruz Vermella, Fundación Secretariado Xitano, Programa de atención a familias “Abeiro” e Centro de Día “Arela”.
Ao firme apoio institucional realizado dende o Concello de Santiago de Compostela, evidenciado a través do importante traballo e implicación da Concelleira de Servizos Sociais e coa asistencia ao acto da Concelleira de Xuventude e do Concelleiro de apoio encargado do seguimento do Medio Rural.
Ao impulso á experiencia comunitaria realizado pola Xerencia do Centro Comercial “Area Central”, amosando o seu compromiso social co barrio no que se asenta.
Á firme aposta realizada polo Centro Comercial “Leroy Merlín” polo benestar social, estando presentes nos dous fíns do proxecto e evidenciando non só a sensibilidade de apoiar aos colectivos mais vulnerables, senón tamén ás xeracións mais novas, reforzando as tarefas educativas e sociais. O agradecemento para os responsables directivos do mencionado centro, pero tamén para os seus traballadores, que co seu esforzo e vontade poden facer dun proxecto unha realidade.
Á Comisión de Festas do Barrio: Gracias!. Gracias polas vosas iniciativas, pola colaboración e polo traballo incansable.
Sen esquecer tampouco a contribución de Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), que co taller de TV do IES Antonio Fraguas quixeron deixar constancia dunha fermosa experiencia comunitaria.
... e rematamos este apartado facendo un recoñecemento ás veciñas e veciños de Fontiñas, que tentan a través da súa participación nos distintos proxectos, convertir ao seu barrio nunha verdadeira comunidade.
O agradecemento para todos aqueles que coa súa contribución fixeron que unha pequena
“idea” se convertera nun importante “proxecto social”, onde a convivencia e a diversidade foron os piares básicos, ao tempo que se teceron lazos de solidariedade social. Grazas.
Anexo nº 1: A actividade nos
medios de comunicación.
NA AXENDA DIARIA DE DIFERENTES WEBS:
http://fenecom.blogspot.com.es/2013/06/fiestas‐en‐honor‐san‐anton‐en‐el‐barrio.html
http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/san‐ant%C3%B3n‐en‐fonti%C3%B1as‐santiago‐de‐compostela‐
6917.html
http://www.edu.xunta.es/centros/iesantoniofraguas/category/1/75
http://www.edu.xunta.es/centros/iesantoniofraguas/node/448
http://probas.compostelaintegra.org/actualidade/axenda_det.php?data_id=314&lg=gal
http://stellae.usc.es/index.php/es/component/content/article/550‐miembros‐del‐grupo‐stellae‐participaran‐
en‐el‐mercadillo‐solidario‐trocame‐roque
https://es‐es.facebook.com/notes/area‐central/programaci%C3%B3n‐xu%C3%B1o‐2013/503020419753266
http://www.santiagosiete.es/articulo/2013/24/parque‐belvis‐se‐convierte‐en‐mejor‐escenario‐romeria‐pop
http://viviendoexperiencias.com/celebra‐tu‐llegada‐a‐santiago‐de‐compostela/
http://www.acentral.com/0mes.php
http://www.crtvg.es/informativos/mercado-solidario-trocame-roque-este-venres-nas-fontinas-605684
http://www.santiagoturismo.com/axenda‐cultural/mercado‐infantil‐solidario‐trocame‐roque
TRANSCENDENCIA DA ROLDA DE PRENSA:
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=9862
http://compostelaintegra.org/actualidade/nova.php?id_post=946&lg=gal
https://www.facebook.com/Cruz.Vermella.Santiago
http://www.santiagoycomarca.com/2013/06/axenda‐venres‐7‐de‐xuno‐trafico.html
http://www.galiciahoxe.com/galicia/gh/actos‐del‐dia/idEdicion‐2013‐06‐07/idNoticia‐810513/
TRANSCENDENCIA DO MERCADIÑO SOLIDARIO TRÓCAME‐ ROQUE:
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=9902
http://www.vellaescola.com/exhibicion‐e‐clase‐aberta‐de‐breakdance‐en‐area‐central/
http://noticias.lainformacion.com/noticias/gran‐ambiente‐no‐mercadillo‐solidario‐dos‐nenos‐e‐nenas‐de‐
fontinas_d1RAwGGQaiBlz1qWVkPik3/
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/gran‐ambiente‐no‐mercadillo‐solidario‐dos‐nenos‐
nenas‐fontinas/idEdicion‐2013‐06‐15/idNoticia‐812002/
http://www.crtvg.es/informativos/o‐barrio‐das‐fontinas‐organiza‐un‐mercado‐solidario‐onde‐os‐tendeiros‐
son‐os‐estudantes‐do‐instituto‐de‐secundaria‐antonio‐fraguas‐608129
http://www.santiagoteespera.com/santiago/ecg/gran‐ambiente‐no‐mercadillo‐solidario‐dos‐nenos‐
nenas‐fontinas/idEdicion‐2013‐06‐15/idNoticia‐812002/
http://mobilscq.org/nova.php?lg=gal&id_nova=9902
https://es‐es.facebook.com/area.central
PRENSA EN PAPEL:
La voz de Galicia. Sábado 15 de xuño de 2013
El Correo Gallego. Sábado 15 de xuño de 2013
Anexo nº 2: A actividade
en imaxes.
A “Fase PRE-“
A “Fase INICIO-“
A “Fase DURANTE-“
Anexo nº 3: Os soportes
documentais.
Condicións de participación e ficha de inscripción.
Grupos de participantes.
Grupo nº Nome do grupo Integrantes Productos
1 Os Cachalotes (IES Antonio Fraguas)
1.- David.
2.- Pablo.
3.- María.
4.- Daniel.
Libros, doces, manualidades, …
2
Amor dulce (IES Antonio Fraguas)
1.- Rosa.
2.- Iris María.
3.- Omar.
4.- Adrian.
Doces, libros, …
3
Coamelad (IES Antonio Fraguas)
1.- Andrea.
2.- Andrea.
3.- Cristina.
4.- Estela.
5.- Alexandra.
Aneis, pulseras, colgantes, sobres- sorpresa, camisetas, diademas, …
4
The fine is catching (IES Antonio Fraguas)
1.- Lorena.
2.- Rita.
3.- Dalia.
Doces.
5
Huele a verano (IES Antonio Fraguas)
1.- Alicia.
2.- Tania.
Pulseras, doces…
6
BBMS (IES Antonio Fraguas)
1.- Borja.
2.- Mariña.
3.- Andrea.
Accesorios e repostería.
7
Chachipistachi (IES Antonio Fraguas)
1.- Paula.
2.- Lidia.
Avalorios, marcapáxinas, pintar a cara dos nenos.
8
Cousiñas
(CEIP Monte dos Postes)
1.- Mateo.
2.- Paulo.
Bonecos feitos con materiais, recicables coma o corcho.
9
Cun seis e cun catro fago o teu retrato (IES Antonio Fraguas)
1.- Xiana.
2.- Carmen.
3.- Juan.
Debuxos e retratos