• No se han encontrado resultados

Textos de literatura española 3

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Textos de literatura española 3"

Copied!
15
0
0

Texto completo

(1)

Textos de literatura española 3

Margarita Santos Zas, coordinadora (Campus Santiago) Cristina Patiño Eirín (Campus Lugo)

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2018/2019

FACULTADE DE FILOLOXÍA

DEPARTAMENTO DE LITERATURA ESPAÑOLA, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

(2)

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LITERATURA ESPAÑOLA, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

AUTORES: Margarita Santos Zas (coord.) e Cristina Patiño Eirín Edición electrónica. 2018

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

(3)

DATOS DESCRIPTIVOS DA MATERIA

Nome: Textos de Literatura española 3.

Código: G5041444

Descriptor: A materia inscribese no ámbito da literatura española desde unha perspectiva histórico-filolóxica e afronta no marco das formas e xéneros literarios do século XX o proceso de renovación que representa a obra de Valle-Inclán no seu primeiro tercio.

Tipo: Opcional Maior Grao LLE

Grao: Lingua e Literatura Españolas. Curso: Cuarto (Maior) Número de Créditos: 6 ECTS. Duración: Semestral (2º semestre) Prerrequisitos:

a) Posuír o hábito da lectura

b) Nocións xerais de historia e literatura españolas e en particular do período correspondente ao primeiro tercio de século XX.

c) Bases conceptuais e terminolóxicas de análise literaria.

d) No caso de estudantes estranxeiros dominio instrumental avanzado da lingua española (nivel B2)

Profesoras: Margarita Santos Zas (Facultade de Filoloxía de Santiago)

Cristina Patiño Eirín (Facultade de Humanidades, Campus Lugo). [ver o seu programa, sobre a obra de Emilia Pardo Bazán]

Departamento: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Lingua docente: Español.

● Horario de clases profª Santos Zas. Segundo semestre: Grupos da Facultade de Filoloxía (Santiago de Compostela).

— Clases teóricas (E): mércores, de 11-12 e 12-13h

—Clases interactivas (S1): luns: 14-15h

Horario Titorías: despacho 227 [*Estos horarios son susceptibles de reaxustes]

• Luns, de 11-14h

• Martes, de 12-15h

● Horario de clases profª Patiño Eirín. Segundo semestre: Grupos da Facultade de Humanidades (Lugo).

— Clases teóricas e interactivas (E) (ver horarios Facultade Humanidades Lugo)

(4)

Horario Titorías: despacho 224 [*Ver horarios Facultade de Humanidades / Campus Lugo) Martes: 11-17h

• Mércores, de 10-11h Exámenes:

Primeira oportunidade: 31-05-2017. 9:00-12:00 h. Aula 14 Segunda oportunidade: 07-07-2017. 12:00-14:00 h. Aula 14

NOTA: Por reaxustes académicos, os horarios de titorías poderían ser modificados ao longo do curso. De seren así, os cambios detallaránse na porta do despacho da profesora da materia e comunicaránse oportunamente aos estudantes.

CONTEXTUALIZACIÓN NO PLAN DE ESTUDOS

Esta materia forma parte do Maior do Grao en Lingua e Literatura Españolas (120 créditos) e ten carácter opcional para os estudantes do mesmo.

As materias do Grao en Lingua e Literatura Españolas pertencen ás áreas de Literatura Española e Hispanoamericana e de Lingua Española. Ademais, o Grao complétase con disciplinas adscritas a outras áreas, como Teoría da Literatura ou Lingüística Xeral, entre outras. Dentro deste marco, a materia «Textos de Literatura Española 3» trata de analizar a través dos seus textos e contextos un dos autores máis representativos dos procesos renovación da literatura do século XX, Ramón del Valle-Inclán (1866-1936).

O desenvolvimento da súa traxectoria literaria responde ao cambio de paradigma das linguaxes artísticas, que representa o paso da literatura do realismo-naturalismo ao

«modernismo» e as vangardas en España, nun panorama que non está aillado dos movementos, correntes, xéneros e autores europeos, que se desenvolven no primeiro terzo do século XX.

Neste ámbito inscribese a producción valleinclaniana, tanto no campo da narrativa como do seu teatro, sendo os anos 1916-1917 cruciais no cambio de orientación dunha literatura escrita baixo o selo do modernismo rubendariano, que representan paradigmáticamente a tetraloxía das Sonatas (1902-1905) ou Aromas de Leyenda (1907), pasando por unha etapa na que o escritor ensaia novas formas de expresión e modalidades xenéricas, que se materializan nas Comedias Bárbaras (1907-1908), que abren as portas dunha nova dramaturxia, e na triloxía de La Guerra Carlista, primeiro dos seus ciclos históricos, que culminan con dous fitos: a publicación do seu tratado de estética, La Lámpara Maravillosa (1916), e La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra (1917), que recolle no seu prólogo os postulados narratolóxicos que abren o camiño hacia Tirano Banderas e El Ruedo Ibérico.

(5)

Esta materia, que outorga lugar preferente a análise dos textos valleinclanianos desde diferentes perspectivas (ideolóxia, socio-histórica, narratolóxica, estético-estilística...), afonda na súa obra ampliando os fundamentos que se ofreceron no primeiro semestre do curso na materia: "Literatura española: do realismo a xeración de 1914", na que se estuda a figura e obra de Valle-Inclán no contexto da Xeración do 98-Modernismo.

OBXECTIVOS

1) Preparar aos alumnos para que enfronten o estudo da obra de Valle-Inclán coa axuda dos métodos filolóxicos adecuados e os correspondentes repertorios bibliográficos.

2) Acceder ao coñecimiento da traxectoria literaria de Ramón del Valle-Inclán (1866-1936) ―con especial énfase no período 1895-1917―, a través do análise dos seus textos / obras máis significativas, complementando de esta forma o coñecimento parcial que o alumno tiña a partir do seu apredizaxe da materia “Literatura española: do Realismo á Xeración de 1914”.

3) Profundizar naquelas obras de Valle-Inclán que representan un período clave da súa traxectoria, con especial atención ao proceso de renovación da súa narrativa e o seu teatro.

4) Profundizar na especificidade dos códigos xénericos valleinclanianos (formas novas e modalidades híbridas) e o seu valor innovador.

5) Leer e analizar obras literarias representativas do escritor galego de forma rigorosa e axustada á terminoloxía especializada das disciplinas literarias e con métodos que permiten a comprensión crítica dos textos: xerarquizar correctamente os contidos;

realizar guións e esquemas para facilitar o seu estudo; mellorar a expresión oral e escrita; cultivar a sensibilidade dos estudantes e formar os seus criterios estéticos.

CONTIDOS

1.- Introducción: estado da cuestión dos estudos valleinclanianos. Aproximación á bibliografía de e sobre Valle-Inclán: repertorios e edicións.

2.- A traxectoria de Valle-Inclán. Etapas bio-bibliográficas. Sistema de escritura e publicación. Valle-Inclán e a prensa.

3.- Valle-Inclán, home de teatro.- A difícil relación de Valle-Inclán co teatro do seu tempo.- Unha data clave: 1912.-A recepción do teatro de Valle-Inclán. Códigos xenéricos. Interdiscursividad. O fenómeno da transmodalización.

3.1. De Cenizas a El Yermo de las almas.

(6)

3.2. El Marqués de Bradomin, obra "collage"

3.3. O ciclo das "Comedias Bárbaras" e El Embrujado.

3.4. Teatro en verso.

3.5. O camiño hacia o esperpento.

4.- A obra narrativa de Valle-Inclán. Modernismo e modernidade. Hacia unha poética revolucionaria.-Recursos narratolóxicos.- Estratexias de escritura e publicación.

4.1. Primeiros contos. Reedicións. As coleccións.

4.2. O modernismo literario: Sonatas. Flor de Santidad.

4.3. Os ciclos históricos. Da serie carlista ao ciclo isabelino. Antecedentes.

Diálogo intertextual.

4.4. La Media Noche (1917): postulados narratolóxicos innovadores. A súa proxección na obra posterior do escritor: Tirano Banderas e El Ruedo Ibérico.

5.- Valle-Inclán poeta.- O seu primeiro libro: Aromas de Leyenda.

6.- La Lámpara Maravillosa, tratado de estética. Antecedentes.

Obras de lectura:

1. Narrativa breve: selección de contos e novelas curtas: «La Niña Chole», «A Media Noche», «Un Cabecilla» (ed. Femeninas / Jardín Umbrío).

2. Teatro: Cenizas. Águila de Blasón y Romance de Lobos. Voces de Gesta.

3. Novela: Sonata de Estío. Sonata de Invierno. La Guerra Carlista (Los Cruzados de la Causa). La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra.

4. Selección de pasaxes de La Lámpara Maravillosa.

5. Valle-Inclán poeta: selección de poemas.

Nota: Todas as obras citadas están editadas por Espasa-Calpe (Colección Austral/Clásicos Castellanos), con excepción de Cenizas (facilitarase exemplar aos alumnos en soporte papel ou dixital); Alianza Editorial, Círculo de Lectores e asemade na Obra completa (Espasa Calpe) e Obras Completas (Biblioteca Castro / Fundación José Antonio de Castro).

SECCIÓN PRÁCTICA

Presentación do programa: organización das prácticas. Comentarios de textos e controles. Traballos puntuais escritos: tipoloxía e calendario.

▪ Repertorios bibliográfícos.

(7)

▪ Lectura e comentario de textos de Valle-Inclán de carácter teórico-crítico:

"Modernismo", "Breve noticia de mi estética cuando escribí este libro", "Breve Noticia"

(La Media Noche, 1917).

▪ Material de traballo complementario: edicións orixinais (fondo reserva da USC), textos de prensa, entrevistas, epistolario, algún manuscrito.

▪ Análise de pasaxes dos textos que figuran como lecturas no programa (problemas textuais, estudo de variantes entre textos, comentarios, etc.).

TITORÍAS PROGRAMADAS

Ao longo do curso realizaranse tres titorías, en dúas sesións dunha hora e media cada unha, en grupos de dez estudantes. Nelas trataranse dúbidas concretas que puidese suscitar nos alumnos o estudo dos temas. O calendario exacto destas titorías facilitarase aos estudantes nas primeiras sesións do curso, unha vez coñecido o número de alumnos e establecidos devanditos grupos. No entanto, é previsible que a primeira se celebre a finais de marzo e a segunda, en maio.

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

1. Textos literarios de lectura obrigatoria e controlada. Ver as lecturas do programa.

2. Selección de textos complementarios para traballar nas sesións de seminarios, que ofrecen opcións varias de acordo coa marcha dos mesmos. A selección será preparada pola profesora da materia e facilitarase fotocopiada -ou por outros medios- oportunamente aos estudantes.

Bibliografía de/sobre Valle-Inclán:

1. Primaria: Relación de edicións das obras do programa, de lectura obrigatoria e controlada, posteriores a 1936:

a) Ediciones críticas: Clásicos Castellanos, Espasa-Calpe (orden cronológico):

-Mª José Alonso Seoane (ed.), La Guerra Carlista (Los Cruzados de la Causa, El Resplandor de la Hoguera y Gerifaltes de Antaño), 1979.

-Antón Risco (ed.), Comedias Bárbaras (Cara de Plata y Romance de Lobos), 1992 y 1995, respectivamente.

-Eliane Lavaud (ed.), Sonata de Primavera, 2000.

(8)

-Joaquín del Valle-Inclán (ed.), Femeninas (Cátedra).

b) Ediciones en Austral con notas léxicas /glosario de todas las obras del programa (excepción: Cenizas, 1899).

c) Ediciones facsímilares: Mi bisabuelo, ed. de Jorge Devoto del Valle-Inclán.

Santiago: Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán, 1, Servicio de Publicacións da USC, 2007.

Manuscrito inédito: Con el alba. El Cuaderno de Francia. Estudio y edición de M. Santos Zas. Santiago: Servizo de Publicacións da USC-Biblioteca da Cátedra Valle- Inclán, vol. 9, 2016.

Manuscritos inéditos: Un día de guerra (Visión estelar). La Media Noche.

Visión estelar de un momento de guerra. Estudio y edición de B. Vauthier y Santos Zas.

Santiago: Biblioteca de la Cátedra Valle-Inclán, 2017 (tres vols. y un DVD) 2. SECUNDARIA (facilitada y comentada a los alumnos en las clases):

2.1. Repertorios:

SERRANO, Javier y A. de JUAN BOLUFER, Bibliografía general de Ramón del Valle-Inclán, Santiago: Servicio de Publicacións da Universidade, 1995.

SERRANO, J. y A. de JUAN BOLUFER, “Bibliografía sobre Ramón del Valle-Inclán (1995-2000)”, en Anuario Valle-Inclán, I / Anales de la Literatura Española Contemporánea, 26, issue 3, 2001, 277-313. Actualizada en los vols. en los sucesivos volúmenes (2002-2004) y VI-XV (2006-2015).

VALLE-INCLÁN, J. y J., Bibliografía primaria de Ramón María del Valle-Inclán, Valencia, Pre-Textos, 1995.

2.2. Revistas con carácter monográfico dedicadas a Valle-Inclán:

*Anuario Valle-Inclán / Anales de la Literatura Española Contemporánea (Temple University-USC) vols. I-XII (26/3.2001 a 44/3.2018). El Anuario tiene una sección de documentación y el vol. V reúne facs. y transcripciones de cartas, oficios, memorias... de Valle-Inclán, muchas veces autógrafos.

*Cuadrante (Asociación de Amigos de VI. Vilanova de Arousa). Núms. 1-36. (Núm. 6 as Actas das Xornadas de Vilanova 2002; núm. 10 Actas das Xornadas vilanovesas del 2004; el núm. 16 congreso nacional de A Pobra do Caramiñal, 2004. Dedica atención á recuperación de documentos.

*El Pasajero (elpasajero.com), Taller d’Investigacions Valleinclanianes de la Universitat Autónoma de Barcelona. Renueva contenidos periódicamente.

2.2.- Estudios:

ALBERCA, Manuel y Cristóbal GONZÁLEZ, Valle-Inclán. La fiebre del estilo. Madrid, Espasa-Biografía, 2002.

ALBERCA, Manuel, La espada y la palabra. Vida de Valle-Inclán. Barcelona:

Tusquets, 2015.

AZNAR SOLER, M., Guía de lectura de "Martes de Carnaval", Barcelona, Anthropos, 1992.

AZNAR SOLER, M. y J. RODRIGUEZ (eds.), Valle-Inclán y su obra. Actas del Primer Congreso Internacional sobre Valle-Inclán, Barcelona, Universitat Autonoma de

(9)

Barcelona-TIV, 1995.

CABAÑAS VACAS, P., Teoría y práctica de los géneros dramáticos en VALLE-INCLÁN (1899-1920), Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1995.

CARDONA, Rodolfo y A. ZAHAREAS, Visión del esperpento. Teoría y práctica de los esperpentos de Valle-Inclán, M., Castalia, 1982 (2ª ed.) / Re-Visión del esperpento como realidad estética y metáfora histórica. Madrid: ADE, 2013.

CASADO, Miguel. Valle-Inclán, desde la otra ribera. M., Omega, 2005.

CATÁLOGO Exposición Don Ramón María del Valle-Inclán (1866-1898), Santiago:

Universidades, 1998, 4 vols (eds. J. y J. del Valle-Inclán).

CATÁLOGO “Valle-Inclán debuxado / Valle-Inclán dibujado”, Javier Serrano y Amparo de Juan (estudio y ed.), Lugo: Concello de Lugo, 2008.

CATÁLOGO “Retratos de Valle-Inclán”. Carlos Valle Pérez (ed.). Pontevedra: Museo de Pontevedra, 2011.

CATÁLOGO "Outros verbos, novas lecturas. Valle-Inclán traducido (1906-1936)".

Santiago: Consello da Cultura Galega / Cátedra Valle-Inclán USC, 2014.

CATÁLOGO “Valle-Inclán, xenio e figura / genio y figura. Santiago: Universidade- Xunta de Galicia, 2017.

DIAZ-PLAJA, G., Las estéticas de Valle-Inclán (1965), Madrid, Gredos, 1972.

DOUGHERTY, D., Valle-Inclán y la II República, Valencia, Pre-textos, 1986.

_________. Guía para caminantes en santa Fe de Tierra Firme: Estudio sistémico de Tirano Banderas. Valencia: Pre-Textos, 1999.

ESPEJO TRENAS, Antonio. El eco de la palabra. Claves literarias e intelectuales de RAmón del Valle-Inclán en algunas páginas olvidadas, Valencia: Araña Editorial, 2014.

FERNÁNDEZ ALMAGRO, M., Vida y Literatura de Valle-Inclán (1943), M., Taurus, 1966 (reed. Urgoiti Editores, Pamplona, 2007, prólogo de Cristina Viñes Millet).

FICHTER, W.L., Publicaciones periodísticas de D. Ramón del VI anteriores a 1895, México, El Colegio de México, 1952.

GARLITZ, V.M., Andanzas de un español aventurero por las indias. El viaje suramericano de Valle-Inclán en 1910. Barcelona: PPU, 2010.

___________. El centro del círculo: La lámpara Maravillosa. Santiago: Biblioteca de Cátedra Valle-Inclán, Servizo de Publicación da USC, 2007.

GOMEZ DE LA SERNA, R., Don Ramón María del VI (1944), M., Espasa- Calpe, Austral, 1979 (versión galega de la edc.original. Editorial Trifolium, A Coruña, 2009).

GONZALEZ DEL VALLE, L., La ficción breve de Valle-Inclán. Hermeneutica y estrategias narrativas, Barcelona, Anthropos, 1990

_________. La canonización del diablo. Baudelaire y la estética moderna en España, Madrid, Verbum, 2002.

HORMIGÓN, J.A., Valle-Inclán: Biografía cronológica y epistolario. Madrid: ADE, 2006-2007 (vol. I y II: Biografía 1866-1936; vol. III: Epistolario).

IGLESIAS FEIJOO, L. et al. (eds.) Valle-Inclán y el “Fin de Siglo”. Actas del Congreso Internacional (Santiago, octubre, 1995), Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.

JUAN BOLUFER, A. de, La técnica narrativa en Valle-Inclán, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Lalia 13, 2000.

__________. La voz pública de Valle-Inclán: documentos, Lugo: Axac, 2013

(10)

__________. y Javier SERRANO, Valle-Inclán candidato republicano. Santiago:

Universidade, Biblioteca de la Cátedra Valle-Inclán, 2007.

LAVAUD, Eliane (ed.), VI: colaboraciones periodísticas, B., Círculo de Lectores, núm.

25, 1992.

_________. La singladura narrativa de VI (1888-1915), La Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1991 (trad. de VI du journal au roman (1888-1915), Paris, Klincksieck, 1980)

LAVAUD, Jean Marie, El teatro en prosa de Valle-Inclán (1899-1914), B., PPU, 1992.

LIMA, R., Valle-Inclán: The Theatre of this Life, Columbia, University of Missouri Press, 1988 (trad. esp.: VI, el teatro de su vida, Vigo-Santiago, Nigra-Consorcio de Santiago, 1995).

LÓPEZ CASANOVA, Arcadio, “Introducción" a la ed. de La Media Noche, Madrid:

Austral, 1995, 9-73.

LYON, J., The Theatre of Valle-Inclán, Cambridge, Cambridge University Press, 1983.

MASCATO REY, Rosario, Valle-Inclán poeta moderno no canonizado. A Coruña:

Servizo de Publicacións da UDC, 2013.

NUÑEZ SABARÍS, X., “Femeninas”: historia textual y estrategias narrativas, Santiago:

Universidade, 2005.

OLIVA, CÉSAR, En el fondo del vaso (cinco imágenes de Valle-Inclán), Valencia, 2003.

RISCO, A., La estética de Valle-Inclán (1966), Madrid, Gredos, 1975.

RISCO, A., El Demiurgo y su mundo: hacia un nuevo enfoque de la obra de Valle-Inclán, Madrid, Gredos, 1977.

RUBIO JIMÉNEZ, J., Valle-Inclán, caricaturista moderno. Nueva lectura de Luces de bohemia, Madrid, Fundamentos-Resad, 2006.

SANTOS ZAS, M., Tradicionalismo y literatura en Valle-Inclán (1889-1910), Colorado- Boulder, Society of Spanish and Spanish-American Studies, 1993.

__________ “Valle-Inclán (1866-1936)”. Portal “Cátedra Valle-Inclán”, BVMC, 2009.

http://www.cervantesvirtual.com/portal/catedravalleinclan/

_________. Con el alba; El Cuaderno de Francia de Valle-Inclán. Manuscrito inédito e Valle-Inclán. Facsímil. Estudio y edición. Santiago: Biblioteca da Cátedra Valle- Inclán/Servizo Publicacións da USC, 2016.

SANTOS ZAS, M. et al. (eds.), Valle-Inclán (1898-1998): Escenarios (Seminario Internacional, Santiago, noviembre y diciembre, 1998), Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 2000.

__________, Sandra DOMÍNGUEZ y Rosario MASCATO, Valle-Inclán, Director de la Academia de Roma (1933-1936): estudio y documentación. Monográfico de Anuario Valle-Inclán. V /ALEC (Society of Spanish and Spanish-American Studies. Colorado, Boulder), vol. 30, issue 3, 2005.

___________, F. MARTÍNEZ, C. VILCHEZ, C. VILAS, C. VILLARMEA, S.

DOMÍNGUEZ y R. MASCATO, Todo Valle-Inclán en Roma (1933-1936):

edición, anotación, índices y facsímiles, Santiago: Universidade-Deputación de Pontevedra, “Biblioteca Cátedra Valle-Inclán” 4-5, 2010.

SERRANO ALONSO, J., VI: Artículos completos y otras páginas olvidadas, M., Istmo, 1987 (vid. sus "Tablas cronológicas").

__________. Los cuentos de Valle-Inclán. Estrategias de la escritura y genética textual, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Lalia Serie Maior 3, 1996.

___________. Valle-Inclán: epistolario recuperado. Lugo: Axac, 2012.

(11)

___________. Conferencias completas de Ramón del Valle-Inclán. Lugo: Axac, 2017.

SCHIAVO, L., Historia y novela en Valle-Inclán. Para leer "El Ruedo Ibérico", Madrid, Castalia, 1980.

UMBRAL, F., VI, Los botines blancos de piqué, B., Planeta, 1997.

VALLE-INCLÁN, Javier del, José Monleón y Carlos Reigosa. Valle-Inclán en Compostela. A derradeira estadía en Galiza, ed. revisada: Xerais, Vigo, 2016.

VALLE-INCLÁN, Joaquín del (ed.), Varia, Madrid, Ausral, 1998.

___________. Ramón del Valle-Inclán y la imprenta [Una interpretación], Madrid, Biblioteca Nueva, 2006.

__________ (ed.), Valle-Inclán. Inédito: Sevilla. La muerte bailando, Bradomín expone un juicio, La marquesa Carolina y Bradomín. Epistolario. Madrid: Espasa- Calpe, 2008 (introducción de Alberca y Joaquín del Valle-Inclán).

___________. Ramón del Valle-Inclán. Genial, antiguo y moderno. Madrid: Espasa Libros, 2015.

VALLE-INCLAN, Joaquín y Javier del (eds.), Ramón María del VI. Entrevistas, conferencias y cartas, Valencia, Pre-Textos, 1994.

VAUTHIER, Bénédicte y Margarita SANTOS ZAS. "La Media Noche visión estelar de un momento de guerra (1917) de Ramón del Valle-Inclán. Génesis de un relato escrito desde la «vanguardia»" Romanische Forschungen, 127/3 (2015): 328- 348.

_________. Un día de guerra (Visión estelar). La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra. Estudio y edición. Santiago: Biblioteca de la Cátedra Valle- Inclán, 2017 (tres vols. y un DVD)

VILLANUEVA, Darío. "La media noche de Valle-Inclán: análisis y suerte de una técnica narrativa". En Homenaje a Julio Caro Baroja, Madrid: CSIS, 1978, pp.

1031-153 (recogido en J.P. Gabriele (ed.), Suma valleinclaniana, Barcelona:

Anthropos-Consorcio de Santiago, 1992, 415-444); y Valle-Inclán, novelista del modernismo. Valencia: Tirant lo Blanch, 2005. Valencia: Tirant lo Blanch, 2005 _________, Valle-Inclán, novelista del modernismo, Valencia, Tirant-Lo-Blanch, 2005.

ZAMORA VICENTE, A., Las "Sonatas" de Valle-Inclán, Madrid, Gredos, 1955.

___________. Vida y obra de Valle-Inclán, Barcelona: Círculo de Lectores, 1990.

ZAVALA, I. M., La musa funambulesca. Poética de la carnavalización en Valle-Inclán, Madrid, Orígenes, 1990.

*Ver Portal Cátedra Valle-Inclán en la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:

http://www.cervantesvirtual.com/portal/catedravalleinclan

METODOLOXÍA DOCENTE E DISCENTE

No ámbito docente, as clases teóricas virarán en torno da lección maxistral, mentres que as clases prácticas basearanse fundamentalmente no comentario de textos. En ambos os casos, se brindará aos estudantes as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como nas titorías. Por outra parte, as clases de tipo interactivo fomentarán as exposicións orais na aula, etc. Igualmente tratarase de organizar actividades complementarias (visita aos fondos bibliográficos do autor na USC; posible visita a un dos museos adicados ao autor -Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

(12)

ou de Vilanova de Arousa-, a posibilidade de visionar algún documental TV adicado ao escritor...). Eventualmente darase a posibilidade de programar conferencias impartidas por algún recoñecido especialista na obra de Valle-Inclán.

No dominio discente, ademáis do seguimento das clases teóricas, e do seu debido aproveitamento por parte de alumno/a, espérase a súa participación activa nas clases prácticas, onde a actitude participativa resultará básica, e obrigada a realización de traballos escritos e de controis de lectura prefixados.

Neste curso monográfico o estudante, a tenor do estudado nel e das destrezas adquiridas no comentario e análise das obras seleccionadas de Valle-Inclán deberá ter a capacidade de ubicarlas na traxectoria do autor e valorar o seu significado e aportación tanto no contexto da Literatura española do seu tempo, como no terreno europeo do periodo bisagra entre os siglos XIX e XX:

-Uso correcto das fontes da materia e da bibliografía específica do autor estudado.

-Coñecimento dos instrumentos e métodos filolóxicos adecuados ao análise e á interpretación dos textos.

-Coñecimento dos conceptos fundamentais relativos á retórica e métrica.

-Precisión na terminoloxía crítica.

SISTEMA DE AVALIACIÓN

Cada alumno terá que render contas da súa lectura, estudo e análise das obras de lectura obrigatoria detalladas máis arriba. Para avaliar ese rendemento empregarase:

a) Comentarios ou traballos puntuais e concretos, con distintos enfoques e obxectivos, das lecturas propostas (común para todos) e realizados en clase ou fora da aula ao longo do curso, que nun caso, cando menos, será exposto oralmente. Cada alumno terá como mínimo catro notas, cuxa media aritmética será a cualificación final da materia.

b) En caso de non obter, segundo o exposto no apartado anterior, a media de aprobado (5), e, polo tanto, non ter superada a materia, terá que realizar un EXAME FINAL (segundo o modelo indicado na GUÍA DOCENTE) que fará igualmente media coa obtida no apartado a).

A segunda oportunidade, na convocaoria de xullo, consistirá nun EXAME similar ao proposto como EXAME FINAL

Finalmente, no caso dos alumnos con dispensa, a súa avaliación consistirá nun examen específico, que terá lugar nas correspondentes convocatorias oficiais de xuño e xullo.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES TEMPO ORIENTATIVO DE ESTUDO

(13)

(Campus de Santiago) ACTIVIDADES

PRESENCIAIS

HORAS ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS

HORAS

Sesións expositivas 26 Estudo e preparación de actividades programadas

40

Sesións de seminario 14 Elaboración de traballos 20 Sesións de titorías

programadas por grupo de 10

2 Lecturas complementarias 20

Sesións de avaliación 3 Preparación de exames 21 TOTAL: 45 TOTAL: 101

CRONOGRAMA ESTIMADO DE CLASES PRESENCIAIS-CAMPUS SANTIAGO (distribución por temas: CLE + CLI)

Presentación del curso. CLI: 30 de xaneiro TEMA I: CLE: 6, 13 de febreiro

CLI: 4 febrero

TEMA II: CLE: 20, 27 de febreiro CLI: 11, 18 y 25 de febrero

TEMA III: CLE: 6, 12, 20 y 24 de marzo CLI: 11, 18, 22 y 29 de marzo.

TEMA IV: CLE: 3, 10 y 24 de abril CLI: 1, 8, 22 y 29 de abril TEMA V.- CLE: 8 de maio

CLI: 6 y 11 de maio

OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE

As actividades docentes e discentes de Textos de Literatura Española 3 teñen o seu complemento en:

(14)

a) Conferencias. Perante o curso, a Facultade convida a reputados especialistas nacionais e internacionais a ditar conferencias de asunto filológico (información semanal na pantalla electrónica da planta baixa da Facultade).

b) Congresos e seminarios. Polo xeral, durante o curso académico organízanse na Facultade congresos académicos de interese filológico, normalmente convalidables para os asistentes por créditos de libre configuración.

c) Ciclos de cinema. No Salón de Graos hai proxeccións cinematográficas en versión orixinal subtitulada, con especial atención ás adaptacións literarias (información semanal na pantalla electrónica).

d) Teatro. Ao longo do curso, adoita haber varias representacións teatrais, tanto no Salón de Actos como noutros espazos da Facultade (información na pantalla electrónica).

e) Xornadas musicais. Ao longo do ano, adoita haber diversas actuacións musicais no Salón de Actos (información na pantalla electrónica).

MATERIAL DIDÁCTICO

MODELO DE EXAME FINAL

Duración: poderá facerse parcialmente fora da aula.

Primeira parte (na aula):

COMENTARIO DE TEXTO (constará dunha das dúas opcións):

-Comentario dun texto teatral de Valle-Inclán (3 puntos).

-Comentario dun texto prosístico de Valle-Inclán (3 puntos).

Segunda parte: poderá facerse fora da aula.

TEMAS: cuestións de caracter xeral, que o estudante poda desenvolver coa axuda de materiais de apoio (4 puntos)

ÍNDICE

DATOS DESCRITIVOS DA

MATERIA...4 CONTEXTUALIZACIÓN NO PLAN DE

ESTUDOS...5-6 OBXECTIVOS...6 CONTIDOS:

(15)

Sección teórica...6-7 Sección práctica... 8 Titorías programadas ... 8 BIBLIOGRAFÍA... ... 9-19 METODOLOXÍA DOCENTE E DISCENTE... 20 SISTEMA DE AVALIACIÓN ... 20-21 CALENDARIO DE ACTIVIDADES:

Tempo aproximado de estudo... 21 Cronograma estimado de clases presenciais ... 21 OUTRAS INFORMACIÓNS DE

INTERESE... 22 MATERIAL DIDÁCTICO... 22

Modelo de exame final... 22

Referencias

Documento similar

ANALISIS QUIMICO DE LA HOJA DE PONTEVEDRA. N°-

O obxecto da presente norma é regular para o concello de Mondariz a prestación do Servizo de Axuda no Fogar ( SAF), configurada na lexislación vixente como unha prestación bá- sica

transcendencia da obra de Valle-lnclán no mundo".'Valle-lnclán e as artes' desenvolverase do 25 ao 28 de outubro na Cidade da Cultura, a Facultade de Filoloxía e o Museo

Pontevedra Vigo 46 ASPERGA (Asociación Síndrome de Asperger Galicia) 1 Pontevedra Vigo 47 DOWN VIGO: ASOCIACIÓN PARA EL SÍNDROME DE DOWN 1 Pontevedra Vigo 48

3 AUTORES: Santiago Fernández Mosquera, Juan Casas Rigall, Laura Carbajo Lago, Javier Serrano Alonso..

Historia y crítica de la literatura española de J.C.Mainer (ed.), Barcelona, 1980, Anales de la Literatura Española Contemporánea (ALEC), Nebraska,Lincoln-Santiago, 1982, págs.

Perfil: "Literatura española de los siglos XVIII y XIX" y "Textos literarios modernos" (Grado en Lengua y Literatura Españolas) y "El teatro español y sus

751306 Didáctica da Lingua e da Literatura Española 761306 Didáctica da Lingua e da Literatura Española 751307 Didáctica da Lingua e da Literatura Galega 761307 Didáctica da Lingua e