Resolución Curso online galego

Texto completo

(1)

TÉRMOS DE REFERENCIA

Para a Montaxe dos contidos e seguimento do curso en liña “Hábitat a Escala Humana”, no marco do proxecto do “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade

educativa 2013-2014”

CONTEXTO

O Plan Estratéxico de ASF prevé o dereito ao hábitat, entendido nun sentido amplo, como a base da estratexia de Educación para o Desenvolvemento de ASF no

peridodo 2013-2015. Dende a Demarcación de Galicia ASF, xunto coa Universidade da Coruña, co apoio da Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia executará en 2013-14 o “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade educativa 2013-2014”.

Este proxecto cobre varias dimensións da Educación para o Desenvolvemento (Sensibilización, Formación, Investigación - Intercambio de experiencias) e incide no colectivo profesional e académico da arquitectura, o urbanismo e a cooperación, así como na sociedade en xeral.

Isto é posible implementando mecanismos e accións de formación, seguimento e difusión do proceso actual da lexislación e consolidación de conceptos relacionados co Hábitat, entre o público meta e apoiando e/ou articulando accións de presión deste cara aos actores políticos. A acción desenvolve ferramentas conceptuais en colaboración co mundo académico da Arquitectura para a aplicación práctica destes conceptos básicos.

• Na compoñente de sensibilización, educación e formación destacan as actividades de difusión -día do Hábitat, mesas e charlas informativas-, un relatorio formativo e o desenvolvemento dun curso modular en liña apto para ser impartido ao colectivo de profesionais e docentes da Arquitectura, así como todo o público interesado. Tamén se implementará unha formación sobre esta mesma temática para cursos de educación secundaria.

• A compoñente de investigación prevé a identificación de experiencias de implementación de estratexias relacionadas con mellóra do Hábitat, e a creación dunha rede de intercambio coas Universidades de diversos contextos xeográficos e a elaboración de publicacións ou artigos relacionados.

(2)

RESOLUCIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA

Resolución da convocatoria para o desenvolvemento de contidos e seguimento en liña e avaliación do Módulo IV e Modulo V.

CRITERIOS SELECCIÓN

Puntuación total

100

Experiencia profesional demostrada no ámbito de actuación do módulo

ao que postulan 35

Experiencia na impartición cursos e conferencias na temática 15

Titulación académica superior relacionada coa temática 5

Cursos especialización o/ou posgrado na temática 15

Publicacións 5

Formación pedagóxica 10

Relatorios e cursos recibidos 10

Voluntariado no ámbito actuación 5

CANDIDATURAS

Estando reunidos a comisión de valoración das propostas resolvemos o seguinte:

Que foron aceptadas as propostas por entregar toda a documentación solicitada no MÓDULO 4 - INTERVENCIÓN SOCIAL :

• Andoni Bilbao

• Laia Castells López (tutorización) • Celia Premat

• Pau Ginés

• Mario Hidrobo (tutorización) • Juan Alcalde

• Silvia Marchegiani

• Sara Márquez Martín + Daniel Matías González • Grupo Dinámicas

• Adrián Ferreiro Pérez + Miguel Ángel Fernández Souto + Lara Medín López • Margarita Bosch Ortega

• Otro Hábitat • Isabel Giles • Marina Ros • Hábitat Social

(3)

Que foron aceptadas as propostas por entregar toda a documentación solicitada no MÓDULO 5 -TECNOLOXÍAS APROPIADAS:

• Pau Ginés • Mario Hidrobo

• Alejandro Fernández Palicio • Ana María de Pinedo García • Silvia Marchegiani

• Sara Márquez Martín + Daniel Matías González

• Adrián Ferreiro Pérez + Miguel Ángel Fernández Souto + Lara Medín López • GT Haití DT Madrid

• ESTEPA

• Cooperación al Desarrollo ETSAM • QATAY

• Julián Salas

Tras a valoración das propostas decídese que para que o contido de cada módulo sexa máis completo, a elaboración dos contidos será da persoa candidata con mellor

puntuación e o seguimento e titorización será realizada por un grupo de persoas que poidan complementar os contidos aportadas pola persoa referente.

(4)

Para o módulo 4 - INTERVENCIÓN SOCIAL estas son as valoracións das persoas con maior puntuación:

Silvia Marchegiani arquitecta especializada no ámbito da sostibilidade e sobre a urbanización e desenvolvemento das cidades intermedias.

Grupo Dinámicas cooperativa (Fernanda Febres-Cordero, Muna Kebir, Gonzalo Martín, Jorge Marrón, Jesús Muñoz, Andrea Ortiz, Moisés Porcel, Miguel Ruiz) interdisciplinar con profesionais de Animación Sociocultural, Antropoloxía, Psicoloxía, Dereito, Pedagoxía e Socioloxía.

Margarita Bosch Ortega arquitecta especializada nos procesos participativos e de xestión de proxectos en procesos de desenvolvemento.

Hábitat Social cooperativa de A Coruña, formada por Ramón Fernández + Antón Gómez-Reino + Carolina Jack + Xiao Varela + Jose Manuel Sánchez, con traballos relacionadas coa xestión social do hábitat.

María Eugenia Lacarra conta con experiencia de cooperación en Colombia e en Perú, contando cunha investigación relacionada co papel da vivenda na mellora da calidade do hábitat. Ampla formación sobre a temática do hábitat.

Juan Alcalde ten unha gran experiencia docente, ademáis de contar coa experiencia en cooperación da man de Arquitectos Sen Fronteiras de Madrid.

QATAY cooperativa de persoas (Luis Álvarez + Miguel Navarro + Daniel Tobalina + Marta Corredor + Ruth Acosta) relacionadas coa cooperación, que conta con amplo coñecemento no hábitat social.

Otro Hábitat grupo formado por Cristina Gallego + Roberto Di Nanni + Alessandro Laudiero, formados na ETSAM con experiencia no urbanismo participativo en na auto-xestión do hábitat.

Adrián Ferreiro + Miguel A Fernandez + Lara Medín é un grupo de persoas vinculadas coa ETSAC (Escola de Arquitectura de Coruña) e con Arquitectos Sen Fronteiras Galicia, con amplo coñecemento en Guatemala complementada cunha visión local.

Resolvendo que:

Otro Hábitat elaborará o contido do módulo

(5)

Para o módulo 5 - TECNOLOXÍAS APROPIADAS estas son as valoracións das persoas con maior puntuación:

Alejandro Fernández Palicio persoa con experiencia na utilización e

construcción con tecnoloxías apropiadas como se pode ver no blogue que ten co mesmo nome.

Silvia Marchegiani arquitecta especializada no ámbito da sostibilidade e sobre a urbanización e desenvolvemento das cidades intermedias.

GT Haití DT Madrid equipa formadas por voluntarios do grupo de Haití de Arquitectos Sin Fronteras-Madrid (Ana Belén Liánez, Carlos Pérez, Vicenzo Maiello, David Martí e Ilia Hernández); con amplia experiencia en proxectos de cooperación internacional.

ESTEPA grupo formado por Mariana Mas e María Cecilia Brown, con traballo específico en terra, adobe sismorresistente, e con experiencia en cooperación internacional e en diferentes obradoiros utilizando estas tecnoloxías.

QATAY cooperativa de persoas (Luis Álvarez + Miguel Navarro + Daniel Tobalina + Marta Corredor + Ruth Acosta) relacionadas coa cooperación, que conta con amplo coñecemento no hábitat social.

Adrián Ferreiro + Miguel A Fernandez + Lara Medín é un grupo de persoas vinculadas coa ETSAC (Escola de Arquitectura de Coruña) e con Arquitectos Sen Fronteiras Galicia, con amplo coñecemento en Guatemala complementada cunha visión local.

Cooperación al desarrollo ETSAM grupo de persoas relacionadas coa ETSAM (Escola de Arquitectura de Madrid), formado por Silvia Gómez + Lidia Fernández e Felipe Colavidas (experto de apoio).

Julián Salas persoa con moita experiencia e traballo relacionado co Dereito ao Hábitat; ademáis de contar con gran cantidade de publicacións relacionadas coa temática.

Resolvendo que:

ESTEPA elaborará o contido do módulo

Adrián Ferreiro + Miguel A Fernandez + Lara Medín serán os responsables do seguemento e da titorización.

Figure

Actualización...

Referencias

Actualización...