• No se han encontrado resultados

PROTOCOLO PARA XESTIÓN DE CASOS COVID-19 NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "PROTOCOLO PARA XESTIÓN DE CASOS COVID-19 NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA"

Copied!
15
0
0

Texto completo

(1)

PROTOCOLO PARA XESTIÓN DE CASOS COVID-19 NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xerencia

(2)

2/15 ÍNDICE

1. COMPETENCIAS ... 3

1.1 Responsable COVID19 da Universidade de Santiago de Compostela ... 3

1.2 Comité de crise COVID-19 ... 3

1.3 Delegados/as COVID19 ... 3

2. PROHIBICIÓN DE ACCESO A PERSOAS CON SÍNTOMAS ... 4

3. REXISTRO DE ACCESO ÁS INSTALACIÓNS DA USC ... 4

4. ESPAZO PARA ILLAMENTO DE POSIBLES CASOS ... 5

5. XESTIÓN DE CASOS DE COVID-19 ... 6

1º. Aparición de síntomas ... 6

2º Comunicación á Universidade ... 7

3º Seguimento dos contactos e adopción de medidas ... 7

6. ANEXOS ... 9

ANEXO I. RELACIÓN DE DELEGADOS/AS COVID-19 ... 9

ANEXO II. ACTUACIÓN NO CASO DE SÍNTOMAS POR COVID-19 ... 13

ANEXO III. PROTOCOLO DE XESTIÓN DE CASOS COVID-19 ... 14

ANEXO IV. COMUNICACIÓN DE CASOS: OFICINA DE XESTIÓN COVID-19 ... 15

Control de cambios do documento

Versión Cambios realizados Data

1 - 14-09-2020

2 Modificación de delegados COVID-19 15-09-2020

(3)

3/15

1. COMPETENCIAS

1.1 Responsable COVID19 da Universidade de Santiago de Compostela

A Xerencia será a responsable da adopción de medidas hixiénico-sanitarias no contexto da crise por COVID-19 e terá a competencia de coordinación de todos os axentes implicados nos distintos centros da USC.

1.2 Comité de crise COVID-19

A Xerencia realizará a coordinación dos responsables dos distintos centros da USC mediante un Comité de Crise que estará formado polas seguintes persoas:

- O xerente, que o presidirá.

- A vicerreitora de Titulacións e Captación internacional, que coordinará a implantación de medidas no ámbito docente en función dos escenarios declarados

- O director do Gabinete do Reitor

- O persoal necesario dos seguintes servizos adscritos á Xerencia: Servizo de Prevención de Riscos, Servizo de Vixilancia da Saúde e Área de Operación de Infraestruturas.

- Representantes do Colexio de Decanos/as e Directores/as de Centro e de Directores/as de Departamento, nun número non superior a 5

- Unha persoa do Servizo Universitario de Residencias (SUR)

- Unha persoa do Servizo de Participación e Integración Universitaria.

A Xerencia poderá incorporar outros membros necesarios para a adopción de decisións en función da evolución da crise sanitaria.

1.3 Delegados/as COVID19

Corresponde aos e ás delegados e delegadas COVID19 en cada instalación a responsabilidade de asumir a interlocución coa Xerencia e co Comité de Crise COVID-19 no curso 2020/2021, no referente á crise sanitaria COVID-19 e implantar as medidas preventivas que se adopten, entre elas as actuacións relacionadas coa xestión de posibles casos COVID-19.

(4)

4/15

2. PROHIBICIÓN DE ACCESO A PERSOAS CON SÍNTOMAS

O persoal da USC, o alumnado e o persoal alleo con autorización para acceder non deberá acceder aos centros e instalacións da USC nos seguintes supostos:

- Presentar sintomatoloxía compatible coa COVID-191.

- Estar en illamento domiciliario por diagnóstico por COVID-19

- Estar en período de corentena domiciliaria por manter un contacto estreito con algunha persoa diagnosticada de COVID-19.

As persoas que se atopen nesa circunstancia deberán seguir o protocolo para a xestión de casos establecido no apartado 5 deste documento e permanecer illados no seu domicilio ata dispoñer dos resultados das probas diagnósticas. De confirmarse o caso, non poderán reincorporarse á actividade laboral e académica ata que así o indiquen as autoridades sanitarias.

Por regra xeral, o alumnado que pasa a unha situación de illamento terá o dereito de recibir a docencia correspondente de forma non presencial, sempre atendendo ás especificidades de cada materia. O/A Delegado/a COVID-19 encargarase de velar porque o alumnado afectado que deba realizar o illamento e os contactos estreitos, que fagan a corentena, reciban a docencia das diferentes materias nas que estea matriculado.

3. REXISTRO DE ACCESO ÁS INSTALACIÓNS DA USC

Co obxecto de facilitar a localización de contactos no suposto de que se produzan casos sospeitosos ou positivos da enfermidade, deberase rexistrar ás persoas autorizadas para acceder que non presten servizos de xeito habitual nas instalacións, con independencia da actividade de que se trate.

O rexistro realizarase na conserxería dos centros ou nos servizos aos que se dirixan, e que deberán traballar con cita previa (https://www.usc.es/gl/citas-previas) para evitar aglomeracións e dispoñer da información necesaria para o rastrexo.

1 Os síntomas da COVID-19 pódense consultar aquí:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/img/COVID19_sintoma s.jpg

(5)

5/15

O persoal encargado de realizar o rexistro anotará a seguinte información:

- Día no que se produce o acceso.

- Nome e apelidos da persoa que accede.

- Teléfono de contacto.

Con carácter xeral, non será necesario rexistrar os accesos de persoal autorizado ás instalacións que sexan inferiores a 15 minutos e nos que se manteña a distancia de seguridade e o uso de máscara en todo momento.

As persoas responsables dos rexistros mencionados custodiarán a información durante 15 días para facilitar a localización de contactos no suposto da existencia de casos, procedendo posteriormente á súa destrución. A información de protección de datos relativa a este rexistro deberá estar a disposición das persoas rexistradas.

Na actividade docente a asistencia ás aulas será rexistrada polo alumnado a través da súa Secretaría Virtual, indicando a aula e o número de posto no que se atopa. Este rexistro non terá efectos académicos.

4. ESPAZO PARA ILLAMENTO DE POSIBLES CASOS

En todos os edificios garantirase a dispoñibilidade, polo menos, un espazo adecuado no edificio ou en instalacións próximas para illar casos sospeitosos de padecer a enfermidade que se poidan producir durante o desenvolvemento das súas actividades.

Estes espazos de illamento estarán claramente identificados e informarase debidamente sobre a súa existencia ao persoal propio e alleo, ao alumnado e ás persoas usuarias que accedan ás instalacións.

O persoal que dispoña dun despacho de uso individual e presente síntomas estando no seu despacho, deberá auto-illarse nese espazo e comunicalo chamando á Oficina de Xestión COVID-19 ao número de teléfono (8818)-11111, operativa entre as 8:00 e as 22:00 horas.

(6)

6/15

O espazo para illamento deberá contar con ventilación adecuada, máscaras cirúrxicas para utilización dos posibles casos e acompañantes, papeleira con bolsa de lixo de plástico para depósito do material dun só uso que se utilice e teléfono para realizar as chamadas necesarias de conformidade co establecido nos protocolos.

O espazo tamén contará co material informativo necesario para seguir o protocolo e informar ás autoridades sanitarias e universitarias.

Durante o tempo de illamento non se compartiran obxectos e utensilios manipulados pola persoa que presente síntomas e todo material dun só uso depositarase na papeleira de lixo.

Unha vez evacuada a persoa sintomática a conserxería ou o/a Delegado/a COVID solicitará á limpeza da zona que ocupou e das superficies coas que contactara, así como todo tipo de obxectos e dispositivos.

A bolsa de plástico da papeleira de lixo cerrarase e introducirase nunha segunda bolsa de lixo, que tamén se cerrará antes de depositala no contedor de lixo. O persoal que retire estes residuos deberá levar máscara, lavar/desinfectar as mans e lavar a roupa de traballo.

5. XESTIÓN DE CASOS DE COVID-19

A COVID-19 é unha enfermidade que se debe declarar obrigatoriamente ás autoridades sanitarias.

1º. Aparición de síntomas

1.a) Se alguén presenta síntomas no seu domicilio non acudirá á Universidade e deberá chamar ao teléfono de atención á COVID-19 (900 400 116), ou ao seu centro de atención primaria e seguir as instrucións recibidas.

1.b) Se alguén no centro presenta síntomas compatibles coa COVID-19 durante o desenvolvemento dalgunha actividade, deberá auto-illarse no espazo habilitado para este efecto ou, de ser o caso, no seu lugar de traballo sempre que sexa de uso individual.

(7)

7/15

Nos centros do Servizo Universitario de Residencias, o/a residente ou colexial que inicie síntomas deberá permanecer na habitación ata que o persoal sanitario competente dea instrucións a seguir.

A persoa afectada, igual que as persoas que a acompañen se é o caso, debe usar unha máscara cirúrxica. Se por calquera motivo, a persoa que inicia síntomas non pode utilizar máscara, as persoas acompañantes levarán máscara FFP2. Os espazos de illamento, e as conserxerías dos edificios onde non exista espazo de illamento fixo, disporán de máscaras cirúrxicas e FFP2 de reserva para a xestión destes casos.

No caso de percibir que unha persoa que inicia síntomas está nunha situación de gravidade deberase chamar ao 061.

2º Comunicación á Universidade

En calquera dos supostos anteriores, a persoa con síntomas comunicará esta circunstancia á Xerencia (Responsable COVID-19 da USC) a través da Oficina de Xestión COVID-19, coa maior brevidade posible (info.coronavirus@usc.gal ou ao teléfono 8818- 11111) para activar o seguimento e control do caso, en colaboración coas autoridades sanitarias.

3º Seguimento dos contactos e adopción de medidas

Desde o momento que se confirme un caso de COVID-19 a Xerencia, a través do Servizo de Vixilancia da Saúde, realizará un estudo de contactos do caso confirmado coa colaboración co/a Delegado/a COVID-19 do centro afectado e coas autoridades sanitarias, para o que se requirirán os rexistros de acceso e asistencia á docencia se fose necesario para poñer os datos en coñecemento das autoridades sanitarias.

Determinarase con que outras persoas da comunidade universitaria estivo en contacto estreito (a menos de dous metros de distancia durante máis de 15 minutos sen máscara) desde as 48 horas antes do inicio dos síntomas ata o seu illamento, de conformidade cos protocolos sanitarios vixentes

(8)

8/15

A Xerencia, en coordinación co/a Delegado/a COVID e coas autoridades sanitarias, adoptará e comunicará as decisións, de ser o caso, que afecten ao resto de persoas que desenvolvan a súa actividade nesa instalacións e que deban deixar de asistir ao traballo ou ás actividades académicas presenciais.

No suposto de que se produza un abrocho nun edificio e as autoridades sanitarias así o determinen, a Xerencia comunicará ao/á Delegado/a COVID o alcance das medidas a adoptar en relación coa suspensión de actividades presenciais podendo determinar, en función da extensión do abrocho, o peche total do edificio polo período de corentena que se estableza.

Por regra xeral, o alumnado que pasa a unha situación de illamento terá o dereito de recibir a docencia correspondente de forma non presencial, sempre atendendo ás especificidades de cada materia. O/A Delegado/a COVID-19 encargarase de velar porque o alumnado afectado que deba realizar o illamento e os contactos estreitos, que fagan a corentena, reciban a docencia das diferentes materias nas que estea matriculado.

(9)

9/15

6. ANEXOS

ANEXO I. RELACIÓN DE DELEGADOS/AS COVID-19

CAMPUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA NOME CORREO

Almacén de Residuos José Ramón Bahamonde Hernando joseramon.bahamonde@usc.es

Almacén Xeral José Ángel Carrillo Presedo angel.carrillo@usc.es

Área de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (ATIC) - Pavillón de

Servizos José Manuel Velo García josemanuel.velo@usc.es

Áreas de Arquitectura e Urbanismo/Operación de Infraestruturas- Chalé 4 José Ángel Carrillo Presedo angel.carrillo@usc.es

Arquivo Histórico Universitario Desirée Domínguez Pallas desiree.dominguez@usc.es

Biblioteca Concepción Arenal José Francisco Méndez García francisco.mendez@usc.es

Biblioteca Xeral (Colexio de Fonseca) María Isabel Casal Reyes mabela.casal@usc.es

Casa Gradín - Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC) Juan Luís Blanco Valdés juanluis.blanco@usc.es

Centro de Biomedicina Experimental (CEBEGA) Anxo Vidal Figueroa anxo.vidal@usc.es

Centro de Estudos Avanzados (CEA) Teresa González Pastoriza teresa.pastoriza@usc.es

Centro de Estudos Propios (CEP) - Vivendas dos Catedráticos Ana Díaz Martínez ana.diaz@usc.es Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades

Crónicas (CiMUS) Carlos Diéguez González carlos.dieguez@usc.es

Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) María Dolores Pérez Meirás dolores.perez@usc.es Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CITIUS) Paula López Martínez p.lopez@usc.es

Centro de Linguas Modernas (CLM) - Vivendas dos Catedráticos Katerina Vlasakova katerina.vlasakova@usc.es

Centro de Tecnoloxías da Aprendizaxe (CeTA) Lorena Casal Otero lorena.casal@usc.es

Colexio Maior Fonseca Anxo Abuín González anxo.abuin@usc.es

Colexio Maior Rodríguez Cadarso María Castro Corredoira maria.castro.corredoira@usc.es

Colexio Maior San Clemente José Eugenio Rodríguez Fernández geno.rodriguez@usc.es

Consello Social (Casa da Concha) Marta Villamayor Álvarez marta.villamayor.alvarez@usc.es

(10)

10/15

Edificio Emprendia José Luís Villaverde Acuña joseluis.villaverde@usc.es

Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Pablo Taboada Antelo pablo.taboada@usc.es

Escola Infantil Breogán Luz González Vázquez luz.gonzalez@usc.es

Escola Técnica Superior de Enxeñaría Óscar Rodríguez Figueiras oscar.rodriguez@usc.es

Escola Universitaria de Traballo Social Mª Jesús Castro Neo mariajesus.castro@usc.es

Facultade de Bioloxía Mª Ysabel Santos Rodríguez ysabel.santos@usc.es

Facultade de Bioloxía Antonio Segura Iglesias antonio.segura@usc.es

Facultade de Ciencias da Comunicación José Sixto García jose.sixto@usc.es

Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) Martin Leranoz Iglesias martin.leranoz@usc.es

Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) M. Carmen Fernández Morante carmen.morante@usc.es

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Xoán Ramón Doldán García xoan.doldan@usc.es

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Irene Rodríguez Manzano irene.rodriguez@usc.es

Facultade de Dereito Sonia Esperanza Rodríguez Boente soniaesperanza.rodriguez@usc.es

Facultade de Dereito Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas fernando.portomene@usc.es

Facultade de Enfermaría Manuel Gandoy Crego manuel.gandoy@usc.es

Facultade de Farmacia Matilde Casas Parada matilde.casas@usc.es

Facultade de Filoloxía Rosa Marta Gómez Pato gomez.pato@usc.es

Facultade de Filosofía Marcelino Agís Villaverde marcelino.agis@usc.es

Facultade de Física (Edificio principal e Edificio Monte da Condesa -

Departamento de Física Electrónica e Computación) Elena López Lago elena.lopez.lago@usc.es

Facultade de Matemáticas María Elena Vázquez Cendón elena.vazquez.cendon@usc.es

Facultade de Medicina e Odontoloxía - Medicina Agustín Montes Martínez agustin.montes@usc.es

Facultade de Medicina e Odontoloxía - Odontoloxía Ernesto Smyth Chamosa ernesto.smyth@usc.es

Facultade de Óptica e Optometría María Jesús Giráldez Fernández mjesus.giraldez@usc.es

Facultade de Psicoloxía Fernando Díaz Fernández fernando.diaz@usc.es

Facultade de Química Susana López Estévez susana.lopez.estevez@usc.es

Facultade de Relacións Laborais Silvia Moscoso Ruibal silvia.moscoso@usc.es

(11)

11/15

Igrexa da Universidade Eloy Blanco Posada eloy.blanco@usc.es

Imprenta Universitaria - Pavillón de Servizos Isolino Castiñeiras Vázquez isolino.castineiras@usc.es Servizo de Deportes (Piscina Universitaria; Complexo Deportivo Estadio; Pavillón

Polideportivo; Pistas de Tenis e Campo Polideportivo) Miguel Magán Sarandeses miguel.magan@usc.es

Instituto da Lingua Galega (ILG) Xosé Luís Regueira Fernández xoseluis.regueira@usc.gal

Instituto de Acuicultura Carlos Pereira Dopazo carlos.pereira@usc.es

Instituto de Cerámica Francisco Guitián Rivera francisco.guitian@usc.es

Instituto de Ciencias da Educación (ICE) Ana María Porto Castro anamaria.porto@usc.es

Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) Alberto Meixide Vecino alberto.meixide@usc.es Instituto de Investigación en Análises Químicas e Biolóxicas (IIAQBUS) José Manuel Leiro Vidal josemanuel.leiro@usc.es

Instituto de Investigacións Tecnolóxicas Daniel Baldomir Fernández daniel.baldomir@usc.es

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) - Edificio Monte da Condesa Néstor Armesto Pérez nestor.armesto@usc.es

Laboratorio de Radiofísica Faustino Gómez Rodríguez faustino.gomez@usc.es

Locais Sindicais - Vivendas dos Catedráticos Santiago Corzón Martínez santiago.corzon@usc.es

Museo de Historia Natural "Luís Iglesias" Marcos González González marcos.gonzalez@usc.es Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" José Ángel Docobo Durantez joseangel.docobo@usc.es

Pavillón Estudantil José Luís Braña Rey jl.brana@usc.es

Reitoría - Colexio de San Xerome María del Mar Lorenzo Moledo vr.cultura@usc.gal

Residencia Universitaria Burgo das Nacións Eduardo Rey Tristán eduardo.rey@usc.es

Residencia Universitaria Monte da Condesa Israel Sanmartín Barros israel.sanmartin@usc.es

Servizo de Normalización Lingüística (SNL) - Vivendas dos Catedráticos Manuel Núñez Singala manuel.nuñez@usc.es Servizo de Prevención de Riscos (SPR) - Vivendas dos Catedráticos Juan Oreiro Formoso juan.oreiro@usc.es Servizo de Vixilancia da Saúde (SVS) - Vivendas dos Catedráticos María Ángeles Tallón Nieto angeles.tallon@usc.es Unidade Mixta Repsol-ITMATI - Pavillón de Servizos Peregrina Quintela Estévez peregrina.quintela@usc.es

Xerencia - Casa da Balconada Javier Ferreira Fernández xerente@usc.gal

CAMPUS DE LUGO NOME CORREO

Aula de Produtos Lácteos María Elvira López Mosquera melvira.lopez@usc.es

(12)

12/15

Edificio Cactus María Elvira López Mosquera melvira.lopez@usc.es

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Rosa Romero Franco rosa.romero@usc.es

Escola Universitaria de Enfermería Mª Rosa Fernández Doallo rosamaria.fernandez@usc.es

Escola Universitaria de Relacións Laborais Mercedes Montes Rodríguez mercedes.montes@usc.es

Facultade de Administración e Dirección de Empresas Begoña Barreiro Fernández begoña.barreiro@usc.es

Facultade de Ciencias Francisco José Fraga López francisco.fraga@usc.es

Facultade de Formación do Profesorado Marta Poncet Souto martamaria.poncet@usc.es

Facultade de Humanidades Gonzalo Francisco Fernández Suárez gonzalofrancisco.fernandez@usc.es

Facultade de Veterinaria Gonzalo Fernández Rodríguez gonzalo.fernandez@usc.es

Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) Pablo Ramil Rego ramil.rego@usc.es

Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay Paula Vázquez Rodríguez paula.vazquez@usc.es

Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo Jesús Varela Zapata varela.zapata@usc.es

Vicexerencia de Lugo (Edificio Intercentros) Cristina Goy López cris.goy@usc.es

OUTRAS LOCALIZACIÓNS NOME CORREO

Estación de Bioloxía Mariña A Graña Victoriano Urgorri Carrasco vituco.urgorri@usc.es

Estación Hidrobiolóxica "Encoro do Con" Rufino Vieira Lanero rufino.vieira@usc.es

(13)

13/15

ANEXO II. ACTUACIÓN NO CASO DE SÍNTOMAS POR COVID-19

(14)

14/15

ANEXO III. PROTOCOLO DE XESTIÓN DE CASOS COVID-19

(15)

15/15

ANEXO IV. COMUNICACIÓN DE CASOS: OFICINA DE XESTIÓN COVID-19

Referencias

Documento similar

Grandes cris tales de moscovita.... migmatítico y de las

[r]

En cumprimento do acordo sexto do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia en relación co disposto no artigo 81.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21

RESPUESTA: Señor usuario, usted si podrá hacer la afiliación pero siempre y cuando usted y su señora esposa esa cónyuges a la salud, pero para este caso usted podrá afiliar a

Se establecen las bases reguladoras del programa de fomento y consolidación del empleo a través del Programa I, para las pequeñas empresas de nueva creación, y el Programa II,

Convocatoria de ayudas públicas en régimen de concurrencia competitiva para proyectos de carácter no productivo de la medida 19 "LEADER" en el marco del Programa de

Convocatoria de las bases reguladoras para la concesión de ayudas del Ayuntamiento de Benacazón destinadas a emprendedores/as para la creación de empresas de trabajo autónomo en

Título Convocatoria que tiene por objeto promover la participación en el programa plan internacional de promoción, cofinanciado en un 50% por el Fondo Europeo de Desarrollo