• No se han encontrado resultados

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:"

Copied!
7
0
0

Texto completo

(1)

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DESTE CONCELLO O DÍA VINTECINCO DE MARZO DE DOUS MIL DEZ.

NÚM. 04/2010

SRES/RAS ASISTENTES

ALCALDE-PRESIDENTE D. José María García Rivera.

CONCELLEIROS Dª. Rosa Alonso Rodríguez Dª Ana A. Incera Ares

D. Pedro M. Fernández Marful D. Ramón Sixto Legaspi

INTERVENTOR

D. Luis Ramón Vázquez Parga

SECRETARIA

D. Mª Carmen Seoane Bouzas.

Na Alcaldía da Casa Consistorial de Foz, sendo as 20:00 horas do día vintecinco de marzo de 2010, baixo a presidencia de D.

José María García Rivera, e asistido pola secretaria da Corporación, Dª Mª del Carmen Seoane Bouzas, que da fe do acto, se reúnen os Srs. Concelleiros relacionados, membros todos da Xunta de Goberno Local, co obxecto de realizar nunha primeira convocatoria a sesión ordinaria prevista para o día de hoxe, e de acordo co seguinte orde do día.

1.– APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN DE DATA 25-02-2010.-

Pola Presidencia se pregunta aos membros presentes da Xunta de Goberno Local se teñen que formular algunha observación á acta da sesión celebrada o día 25 de febreiro de 2010, e ao non producirse ningunha, queda aprobada por unanimidade a acta da devandita sesión, ordenando a súa transcripción ao Libro de Actas segundo o disposto polo artigo 110.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

2.- COMUNICACIÓN DAS AVOCACIÓNS REALIZADAS.-

Pola Presidencia dáse conta das avocacións realizadas das competencias delegadas en Xunta de Goberno Local por Resolución de Alcaldía de data 18 de xuño de 2007:

-Resolución de Alcaldía de 03 de marzo de 2010 sobre concesión de licenzas de obra a Dª.

Patricia Galdón Rodríguez; Dª. Mª del Carmen García López; D. José Manuel Couto Centeno;

D. Hipólito Rubal Lorenzo; D. Marcos Trigo Villarino; D. Francisco Rivas Rivas; Dª. Esperanza González Fernández e D. José Manuel García García.

-Resolución de Alcaldía de 18 de marzo de 2010 sobre modificación concesión de licenza de parcelación a D. José Manuel García García.

(2)

-Resolución de Alcaldía de 18 de marzo de 2010 pola que se aprobaron e recoñeceron as obrigas fronte ao Concello de Foz correspondentes a facturas recollidas na seguinte táboa :

F. reg. F. fact. TERCEIRO CONCEPTO IMPORTE PARTIDA

17/12/2009 30/11/2009 COMFICA SOLUCIONES INTEGRAIS, S.L.

CERTIF. 7 Equipamento e Infraestructura Básica da Renovación do Alumeado Público do Concello de Foz

76.347,55 432.63300

17/12/2009 10/12/2009 MARIÑA CLIMA, S.L.

Subministro e Instalación da Climatización das Oficinas e Despachos do Concello

92.220,00 432.62202

TOTAL 168.567,55

3.-LICENZA URBANISTICA PARA CONSTRUCCIÓN DUN ALBERGUE E CAMPAMENTO PARA XOVES E ADAPTADO A DISCAPACITADOS-VILATUIXE-PARROQUIA DE SANTA CILLA DO VALADOURO-FOZ-VEN AL NORTE PROMOTORA DE VIVIENDAS, S.L.-

Dada conta do expediente de licenza de obras tramitado a instancia de VEN AL NORTE PROMOCION DE VIVIENDAS, S.L., con enderezo en Rúa dos Asteleiros nº 7-Foz, para rehabilitación e ampliación de vivenda (1ª Fase do Proxecto Campamento e Albergue Xuvenil), no lugar de Cardoxe-Vilatuixe-Santa Cilla-Foz, segundo proxecto redactado polo Arquitecto D. Ramón José Rey Lage.

Vista a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras-Servizo de Urbanismo-Lugo, de data 02 de novembro de 2009, outorgando autorización da Comunidade Autónoma en solo rústico prevista no artigo 41 da LOUG.

Visto o informe do Arquitecto Municipal de data 04 de marzo de 2010, obrante no expediente.

Visto o informe de Secretaria de data 18 de marzo de 2010, obrante no expediente.

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía en Resolución ditada con data 18 de xuño de 2007, en base á habilitación legal contida no artigo 21.3 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, sen perxuicio de terceiro e mellor dereito e a salvo o dereito de propiedade, e coas condicións que figuran no expediente, por unanimidade, ACORDA:

Primeiro.- Conceder licenza de obras a VEN AL NORTE PROMOCIÓN DE VIVIENDAS, S.L., para rehabilitación e ampliación de vivenda (1ª Fase do Proxecto Campamento e Albergue Xuvenil), no lugar de Cardoxe-Vilatuixe-Santa Cilla-Foz, segundo proxecto redactado polo Arquitecto D. Ramón José Rey Lage., de acordo co establecido no informe do arquitecto municipal de data 04 de marzo de 2010, e no que pon de manifesto que nos ALZADOS nas ventás aparecen debuxadas unhas contraventás. DITAS CONTRAVENTÁS EXTERIORES non son propias da arquitectura tradicional, e polo tanto NON SON AUTORIZABLES.

Prazo de execución: Inicio: 1 mes e Remate: 3 anos, a partires da recepción deste acordo.

Promotor: Ven al Norte Promoción de Viviendas, S.L.

(3)

Técnico director da obra: D. Ramón José Rey Lage

Segundo.- Notificar o presente acordo ao interesado para o seu coñecemento e efectos.

Terceiro.- Comunicar o presente acordo ao Departamento Municipal de Urbanismo para o seu control e seguimento.

4.-APROBACIÓN FACTURAS CORRESPONDENTES A GASTOS DE MÁIS DE 6.000 EUROS.-

Pola Presidencia dáse conta das facturas correspondentes a gastos de máis de 6.000 euros que obran no expediente.

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía en Resolución dictada con data 18 de xuño de 2007, en base á habilitación legal contida no artigo 21.3 da Lei Reguladora das bases do Réxime Local, por unanimidade, A C O R D A:

Aprobar as seguintes facturas que se relacionan:

Código Relación:

9

Descripción: FACTURAS A APROBAR XUNTA GOBERNO LOCAL 25/03/2010

Reg Fec.

Reg.

Factura

Fec.

Fac. Dni/Cif Razón

Social Área Importe I.V.A Dctos. VB

66 4

10/03/2 010

2010/04 75

28/02/2 010

A15379 803

SOGAMA,S.

A. 44 14.485,

51 0,00 0,00 Concepto: SOGAMA, S.A.TRATAMIENTO RU

FEBRERO 2010

Operaci ón : ADO

Imp. Líquido:

14.485,51 Domiciliación bancaria : CAIXA GALICIA 2091 0388 96 3040000495

Partidas Presupuetarias

442 22711

TRABAJOS REALIZADOS POR OTRAS EMPRESAS.

BASURERO

14.485, 51

Total Relación…

Imp. Presupuesto:

14.485,51

I.V.A:

0,00

Dctos:

0,00

Imp. Líquido:

14.485,51

5.-ACORDO CONCESIÓN SUBVENCIÓN DIRECTA AO ASILO DE ANCIÁNS POR IMPORTE DE 30.000 €.-

VISTO o Orzamento Xeral prorrogado da Corporación para o exercicio 2010, onde figura na partida 313.48903 a consignación necesaria destinada ao outorgamento dunha subvención nominativa a favor do Asilo de Anciáns da localidade.

(4)

VISTA á súa vez a Base 46 das de Execución do Orzamento Xeral prorrogado para o exercicio 2009 onde se determina como órgano competente para a concesión de subvencións á Xunta de Goberno Local.

VISTO e CONSIDERANDO o informe emitido polo Interventor municipal de data 18 de marzo de 2010.

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía en Resolución dictada con data 18 de xuño de 2007, en base á habilitación legal contida no artigo 21.3 da Lei Reguladora das bases do Réxime Local, por unanimidade, A C O R D A:

PRIMEIRO. – Aprobar a concesión dunha subvención a favor do Asilo de Anciáns de Foz por importe de 30.000,00 euros destinada a facer fronte a gastos de funcionamento do mesmo durante a anualidade 2009. O importe da subvención poderá ser entregado á Asociación Mensajeros de la Paz como organismo encargado da xestión e funcionamento do devandito Asilo de Anciáns.

SEGUNDO. – Facultar ao Alcalde-Presidente da Corporación en representación do Concello de Foz para a sinatura.do convenio a asinar co beneficiario no que se recollerán as obrigas das partes, de acordo co disposto no artigo 28 da lei Xeral de Subvencións.

TERCEIRO.- Establecer as obrigas de xustificación da presente axuda de acordo co disposto na Base 45 das de execución do Orzamento Xeral prorrogado para o exercicio 2010:

“O cumprimento das finalidades que motivaron o outorgamento das subvencións, xustificarase achegando a correspondente documentación que acredite a realización do obxecto da subvención.

A xustificación da subvención deberá presentarse, en todo caso, antes da finalización do exercicio orzamentario correspondente. A documentación a presentar será a seguinte:

1) Unha Memoria da actividade ou actividades realizadas, ou no seu caso, un exemplar da documentación e propaganda escrita e gráfica relativa á mesma, debendo anunciarse na mesma a colaboración municipal. Asemade, nos supostos de concesión ou outorgamento de premios en actividades subvencionadas polo Concello, deberá reservarse un posto nos correspondentes tribunais o xurado decisivos a un representante do Concello. Sen prexuízo do exposto, o Concello pode sinalar outras condicións particulares en función da natureza ou finalidade da subvención.

2) Unha declaración de conxunto de tódalas axudas percibidas doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados para a mesma finalidade, ou da non percepción destas.

3) O xustificante de estar ó corrente do pago das obrigas tributarias e fiscais, coa Seguridade Social, e coa Facenda municipal.

4) Un Estado de Gastos e Ingresos da actividade realizada.

5) Orixinais ou copias cotexadas das facturas e recibos de pago, que deberán reuni-los seguintes requisitos:

 O beneficiario deberá figurar obrigatoriamente como destinatario da factura

 Expresar con detalle os bens e servizos adquiridos

 Debe figurar claramente o nome ou razón social e NIF da empresa que emite a factura e do destinatario

 Se se trata de tickets de caixa rexistradora deben facerse constar o número, o NIF do expendedor e o importe total como mínimo, así como os requisitos de identificación do destinatario, que será o beneficiario da subvención.”

(5)

CUARTO.- O importe da subvención concedida aboarase por anticipado con carácter previo á xustificación e terá a consideración de pagamento a conta de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. Está cantidade estará condicionada á xustificación final da subvención, que no caso de non realizarse axeitadamente, provocará a devolución das cantidades entregadas.

QUINTO.- Notificar o presente acordo aos beneficiario da subvención así como a Intervención e a Tesourería.

6.-ROGOS E PREGUNTAS.-

Non se formularon.

Fora do Orde do Día da Convocatoria e previa declaración de urxencia , que é aprobada por unanimidade, tratánse os seguintes asuntos:

7.- APROBACIÓN DE PAGOS A XUSTIFICAR DE CONTAS XUSTIFICATIVAS DA ALCALDÍA.

7.1.- Pago a xustificar para gastos derivados das actividades das Festas do Entroido 2010.

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía en Resolución dictada con data 18 de xuño de 2007, en base á habilitación legal contida no artigo 21.3 da Lei Reguladora das bases do Réxime Local, por unanimidade, A C O R D A:

PRIMEIRO. – Aprobar a conta xustificativa da Orde de pagamento a xustificar por un importe de 12.478,00 euros emitida a favor de Don José María García Rivera, Alcalde- Presidente do Concello de Foz, con destino ao aboamento de gastos derivados das actividades das Festas de Entroido 2010, consistente nas seguintes facturas que se recollen no expediente:

1. “Recibo” de data 13/02/2010 por un importe de 500,00 euros, relativo a animación polas rúas durante o Antroido 2010 expedido pola asociación O MELLOR DE CADA CASA.

2. Factura con número 196 e data 13/02/2010 expedida pola COMPARSA O CULO MOYAU con NIF G33767377 por un importe de 1.000,00 euros en concepto de “ACTUACIÓN DA COMPARSA O CULO MOYAU NO DESFILE DE ANTROIDO DO DÍA 13/02/2010”.

3. Factura con número 006 e data 13/02/2010 expedida pola TRÍO SESSION con NIF 33211989N por un importe de 600,00 euros en concepto de “ACTUACIÓN MUSICAL A CARGO DO TRÍO SESSION EN HORARIO DE 11 A 5 NOITE ALTERNANDO CON OUTRA ORQUESTRA”.

4. Factura con número 06/10 e data 15/02/2010 expedida por RISATO SL con NIF B15457757 por un importe de 3.480,00 euros en concepto de “ACTUACIÓN DA ORQUESTRA NA SALA BAHÍA O 15 DE FEBREIRO DE 2010”.

5. Factura con número 105/2010 e data 19/02/2010 expedida por CAPITOL SANTIAGO SL con NIF B15711104 por un importe de 2.900,00 euros en concepto de “ALUGUER DE SON E ACTUACIÓN DE ORQUESTRA NO CENTRO SOCIAL BAHIA DE FOZ NO DÍA DA DATA”.

6. Factura con número 4 e data 14/02/2010 expedida por ORQUESTA DOMINO SL con NIF B33224635 por un importe de 3.248,00 euros en concepto de “ACTUACIÓN NA SALA BAHÍA FOZ O 13 DE FEBREIRO DE 2010”.

(6)

7. Factura con número 06e data 13/02/2010 expedida por ASOCIACIÓN CULTURAL GARRAFÓN.COM con NIF G27280510 por un importe de 750,00 euros en concepto de

“ACTUACIÓN O DÍA 13 DE FEBREIRO NO CARNAVAL DE FOZ DO ANO 2010”.

SEGUNDO. – Dar por cumprida a obriga marcada para os perceptores destas ordes de pagamento de xustificar a aplicación das cantidades percibidas no prazo máximo de tres meses dende a percepción dos correspondentes fondos.

TERCEIRO.- Solventar por tanto os reparos efectuados e dar traslado desta resolución á Intervención aos efectos do establecido no artigo 217 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo

CUARTO.- Comuníquese a Tesourería municipal.

7.2.- Pago a xustificar para gastos derivados das actividades da Festa do Berberecho 2010.

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía en Resolución dictada con data 18 de xuño de 2007, en base á habilitación legal contida no artigo 21.3 da Lei Reguladora das bases do Réxime Local, por unanimidade, A C O R D A:

PRIMEIRO. – Aprobar a conta xustificativa da Orde de pagamento a xustificar por un importe de 8.067,25 euros emitida a favor de Don José María García Rivera, Alcalde- Presidente do Concello de Foz, con destino ao aboamento de gastos derivados da organización da FESTA DO BERBERECHO 2010, consistente nas seguintes facturas que se recollen no expediente:

1. Factura nº 593, de data 16/01/2010 emitida por RESTAURANTE O LAR con CIF 35.973.571 F por importe de 170,00 euros, relativa a “CONSUMICIÓNS FESTA DO BERBERECHO”

2. Factura con nº 1 DE DATA 29/01/2010 expedida por ASOCIACIÓN ANTIGOS TUNOS DE LUGO, con CIF G27389261, por importe de 600,00 euros, en concepto de “ACTUACIÓN FESTA DO BERBERECHO 2010”.

3. Factura con nº 1 DE DATA 16/01/2010 expedida por ASOCIACIÓN CULTURAL CHARANGA OS AMIGOS DE VISANTOÑA, con CIF G70141247, por importe de 1.000,00 euros, en concepto de

“ACTUACIÓN MUSICAL REALIZADA O DÍA 16 DE XANEIRO DE 2010, FESTA DO BERBERECHO 2010”.

4. Documento de data 21/12/2009 expedido por Don Jesús Liste Otero, profesor de cociña do IES de Foz onde se concreta o prezo polas actividades de elaboración de 900 kg. de berberecho en 1.800,00 euros, e onde consta un “recibín” asinado por este.

5. Factura con número 04 e data 16/01/2010 expedida por ASOCIACIÓN CULTURAL GARRAFÓN.COM con NIF G27280510 por un importe de 750,00 euros en concepto de

“ACTUACIÓN O DÍA 16 DE XANEIRO NA FESTA DO BERBERECHO DO ANO 2010”.

6. Factura con número 02/10 e data 16/01/2010 expedida por ASOCIACIÓN CULTURAL CHARANGA NBA con NIF G15160997 por un importe de 1.000,00 euros en concepto de

“ACTUACIÓN O DÍA 16 DE XANEIRO NA FESTA DO BERBERECHO DO ANO 2010”.

7. Factura nº 30/00c-392 expedida por MERCASH SAR SL, con CIF B36007409, por importe de 1.779,81 euros, en concepto de “PRATOS DESHECHABLES, MANTEL, VASOS DESHECHABLES, SERVILLETAS, TENEDORES, CAZOLA BARRO”, de data 19/01/2010.

8. Factura con número 01/2010 e data 17/01/2010 expedida por ASOCIACIÓN CULTURAL A BEIRA DO BELELLE con NIF G15843261 por un importe de 800,00 euros en concepto de

“ACTUACIÓN DA CHARANGA OS CHARANGOS NA FESTA DO BERBERECHO”.

(7)

9. Factura nº 6/10 expedida por FRANCISCO XOSÉ FERNANDEZ MARTINEZ, con CIF 33858652F, por importe de 167,44 euros, en concepto de “FESTA DO BERBERECHO 230 BARRAS DE PAN”, de data 19/01/2010.

SEGUNDO. – Dar por cumprida a obriga marcada para os perceptores destas ordes de pagamento de xustificar a aplicación das cantidades percibidas no prazo máximo de tres meses dende a percepción dos correspondentes fondos.

TERCEIRO.- Solventar por tanto os reparos efectuados e dar traslado desta resolución á Intervención aos efectos do establecido no artigo 217 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo

CUARTO.- Comuníquese a Tesourería municipal.

E non sendo máis os asuntos a tratar, levántase a sesión cando son as 20.25 horas do día 25 de marzo de 2010, do que como secretaria dou fe e certifico.

Vº Bº O Alcalde,

Asdo.: José María García Rivera

Referencias

Documento similar

Entre sus Campus de Santiago y Lugo la USC ofrece 42 títulos de grado correspondientes a las diferentes ramas del conocimiento: 4 de Ciencias, 8 de Ciencias de la Salud, 12 de

A cantidade inicialmente orzamentada para o ano 2006 no conxunto das operacións de capital acada a cifra de 35,14 millóns de euros, o que representa o 17,73 % do total do

cuente con un plan de fomento lector, no sólo porque lo recoge la Legislación de la Comunidad de Madrid sino también porque es un recurso clave para los alumnos ya que

del Bronce de La Mancha, y no solamente 32 como se ha publicado recientemente (Benítez de Lugo y Mejías, 2017), cuya localización se representa en la figura 2 (1. Motilla de

En sus propios comentarios respecto a sus documentales, Portillo calificó su pelí- cula La ofrenda (1988) como una muestra de "cine inmigrantew7. Así llegamos a entender

Fala, aqui, certamente, a figura trágica de Antígona, que age de acordo com o dever supremo para com o irmão; mas fala também, de acordo com certos comentários, o próprio

O orzamento de ingresos de 2002 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC) que foi o prorrogado de 2001, liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de

Campus de Lugo Lugo XESTIÓN ACADÉMICA FORMACIÓN EN ÁREAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN ACADÉMICA Sant. XESTIÓN ACADÉMICA FORMACIÓN EN ÁREAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO