• No se han encontrado resultados

Grao en ADE: 1º, 2º, 3º e 4º curso. Grao en Turismo: 1º, 2º, 3º e 4º curso. Programa de ADE+Turismo-Internacional

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Grao en ADE: 1º, 2º, 3º e 4º curso. Grao en Turismo: 1º, 2º, 3º e 4º curso. Programa de ADE+Turismo-Internacional"

Copied!
11
0
0

Texto completo

(1)

G

G

u

u

í

í

a

a

p

p

a

a

r

r

a

a

o

o

a

a

l

l

u

u

m

m

n

n

a

a

d

d

o

o

F

F

A

A

C

C

U

U

L

L

T

T

A

A

D

D

E

E

D

D

E

E

C

C

I

I

E

E

N

N

C

C

I

I

A

A

S

S

E

E

M

M

P

P

R

R

E

E

S

S

A

A

R

R

I

I

A

A

I

I

S

S

E

E

T

T

U

U

R

R

I

I

S

S

M

M

O

O

U

U

N

N

I

I

V

V

E

E

R

R

S

S

I

I

D

D

A

A

D

D

E

E

D

D

E

E

V

V

I

I

G

G

O

O

(

(

C

C

A

A

M

M

P

P

U

U

S

S

D

D

E

E

O

O

U

U

R

R

E

E

N

N

S

S

E

E

)

)

(2)

1 AS TITULACIÓNS DA FACULTADE

Nesta facultade impártense no curso 2016-2017 as seguintes titulacións de grao (titulacións de primeiro ciclo do Espazo Europeo de Educación Superior):

 Grao en ADE: 1º, 2º, 3º e 4º curso.  Grao en Turismo: 1º, 2º, 3º e 4º curso. Tamén se imparten dous Programas de Estudos conxuntos:

 Programa Conxunto de Estudos ADE - EI (Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE) e o grao en Enxeñaría Informática (EI).  Programa Conxunto de Estudes ADE – Dereito (Grao en

Administración e Dirección de Empresas (ADE) e o Grao en Dereito.  Programa de ADE+Turismo-Internacional

Impártense tres Mestrados Universitarios (titulacións de segundo ciclo do Espazo Europeo de Educación Superior):

 Mestrado en Creación, Dirección e Innovación na Empresa.

 Mestrado en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde.  Mestrado en Xestión Empresarial do Deporte.

2 INFORMACIÓN DO CENTRO

2.1 AS NOSAS WEBS E REDES SOCIAIS

A través da páxina web da facultade, www.fcetou.uvigo.es, podes acceder a toda a información relativa á mesma (horarios, exames, cursos, estudos, etc.). Informamos acerca de todas as novas que vaian acontecendo (avisos, conferencias, cursos, etc.) a través do apartado “Ultimas Novidades” da nosa web.

A información específica de cada materia (apuntamentos, exercicios, notas, etc.) poderás obtela desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, FaiTic (http://faitic.uvigo.es/).

Para ter unha guía sobre os contidos de cada materia, o sistema de avaliación, as competencias que poderás adquirir ao cursala, a metodoloxía docente que se vai seguir, etc., deberás consultar as guías docentes, accesibles en:

(3)

Tamén estamos nas seguintes redes sociais: - Facebook - Twitter - Flickr - Slideshare - Youtube

Faite seguidor noso no Facebook e/ou no Twitter e estarás sempre informado do que aquí acontece.

2.2 OS TABOLEIROS

Na facultade podes encontrar taboleiros con diferente información. Presentan a seguinte distribución:

Situación Información Ao lado de conserxería Horarios de clases, exames e grupos Ao lado dos ascensores Mobilidade - Erasmus

Ao lado das escaleiras Ofertas de emprego, bolsas de prácticas Soto Cualificacións

2.3 AS AULAS, OS HORARIOS E AS QUENDAS

Na web da facultade (www.fcetou.uvigo.es) ou no taboleiro situado ao carón de conserxería poderás consultar o horario que che corresponde e as aulas nas que terás docencia.

As aulas están no 1º e 2º andar. Os seminarios (máis pequenos) están nos andares 0, 1, 3, 4 e 5. Os laboratorios de informática están nos andares 0 e 1. O primeiro díxito da numeración da aula, seminario ou laboratorio fai referencia ao andar no que se sitúa. Estruturación do curso académico: está dividido en dous cuadrimestres:

- O 1º cuadrimestre abrangue dende o martes 6 de setembro ata o xoves 19 de xaneiro.

- O 2º cuadrimestre abrangue dende o venres 20 de xaneiro ata o venres 12 de maio.

(4)

No seguinte enlace podedes atopar o calendario escolar da FCETOU, onde podedes ver as datas máis relevantes deste curso: datas dos exames por cuadrimestre, titulación e

curso, festividades, datas das actas, etc.: http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/calendario-escolar

 As quendas varían dependendo da titulación:

En ADE:

1º, 2º, 3º e o primeiro cuadrimestre de 4º teñen quenda de mañá e de tarde. As optativas de 4º impártense en quenda de mañá e de tarde.

O alumnado fará a súa solicitude de quenda (mañá ou tarde) no momento de matricularse a través da secretaría virtual. Posteriormente, tendo en conta as peticións para cada quenda, cada ano académico, en función do número de grupos asignados en cada curso e, co obxecto de facer un reparto máis ou menos equitativo entre as dúas quendas, farase e publicarase a asignación definitiva.

Nos programas conxuntos ADE-INFORMÁTICA e ADE-DEREITO: A docencia desenvolverase en quenda de tarde.

No programa BUSINESS/TOURISM:

O alumnado do Grao en ADE/Tourism poderá elixir un conxunto de materias que se imparten nas titulacións en inglés. A información pode atopala en: http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/programa-ade-internacional-ingles + . http://fcetou.uvigo.es/index.php/gl/programa-turismo-internacional-ingles

Os alumnos que se matriculen das materias en ADE deste programa terán quenda de mañá para todas as materias do curso.

En Turismo:

- 1º e 3º curso en quenda de tarde e 2º curso en quenda de mañá.

- No 1º cuadrimestre de 4º a docencia distribúese de mañá a tarde, non hai distintas quendas e no 2º cuadrimestre de 4º, quenda de mañá.

 Os grupos de docencia:

A docencia de cada materia impártese en grupos grandes (GG), grupos medianos (GM) e grupos pequenos (GP). O alumnado integrarase nun único GG, un GM e un GP.

Dado que, para cada materia pode haber varios GM (GM1, GM2…) e varios GP (GP1, GP2, GP3…), cada estudante será asignado a un determinado GM e GP. A asignación

(5)

publicarase nos primeiros días de setembro na web da facultade no apartado de Docencia/Horarios: http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/horarios.

2.4 O PROFESORADO

Os despachos dos profesores e profesoras están situados nos andares 3º, 4º e 5º. Podes acudir aos mesmos en horas de titorías. A información sobre o despacho e horario de titorías figura na páxina web e na porta de cada despacho: http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/profesorado.

2.5 TELEDOCENCIA

As clases presenciais compleméntanse cunha ferramenta de docencia virtual denominada FAITIC (http://faitic.uvigo.es/) a través da cal accedes para cada materia a distinta información (apuntamentos, exercicios, prácticas, cuestionarios, cualificacións, foros,…..). Para entrar por primeira vez tes que pór en usuario e en contrasinal o teu DNI, sen letra, aínda que despois poderás cambiar o contrasinal. É importante que uses esta ferramenta pois é moi útil para estar ao día na docencia.

2.6 CAIXA DE QUEIXAS E SUXESTIÓNS

Podes facer chegar as túas suxestións, parabéns ou queixas sobre o funcionamento da facultade, a través da web da Universidade de Vigo (https://seix.uvigo.es/uv/web/qsp/) Quedan excluídas de este procedemento as queixas respecto as calificacións das probas de avaliación, que son xestionadas a través do procedemento establecido no Regulamento de estudiantes ( http://fccee.uvigo.es/files/regulamento_de_estudiantes-1.pdf)

3 ALGUNHAS CUESTIÓNS DE INTERESE

3.1 PROGRAMA DE PRÁCTICAS EXTERNAS PARA ESTUDANTES

A Universidade de Vigo ofrece aos seus estudantes un servizo integral de información, asesoramento e formación no ámbito da orientación profesional para o emprego. Posibilita a realización de prácticas en empresas e institucións para favorecer un primeiro contacto co mundo laboral. Mais información: http://www.fundacionuvigo.es/.

As prácticas externas poden ser de dúas clases:

 Prácticas curriculares: son obrigatorias e só existen no Grao en Turismo (materia do 2º cuadrimestre de 4º curso).

(6)

 Prácticas extracurriculares: son voluntarias e pode facelas calquera alumno da Universidade de Vigo, que teña matrícula activa e unha vez supere os 50% dos créditos da súa titulación.

No seguinte enlace podedes atopar máis información sobre as prácticas: http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/practicas-externas.

3.2 MOBILIDADE DO ALUMNADO

Como estudante desta facultade tés a posibilidade de cursar algún cuadrimestre ou todo o curso escolar noutra universidade, española o estranxeira. A mobilidade entre universidades europeas articúlase a través do programa ERASMUS, e entre universidades españolas a través do programa SICUE. Ademais a Universidade de Vigo tamén ten convenios con centros Iberoamericanos e de EEUU. Para obter máis información sobre os programas de mobilidade debes dirixirte a:

Programa Mobilidade Destino Data aproximada publicación convocatorias

Responsable Onde atopar información

ERASMUS Europa Dec./Xaneiro Elena de Prada http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/ori/uvigo/erasmus/

BOLSAS

PROPIAS Internacional Dec./Xaneiro ORI / Elena de Prada

http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administr acion/ori/uvigo/intercambio_propias.ht ml

SICUE España Xaneiro Elena de Prada http://estudantes.uvigo.es/estudantes_gl/siope/sicue/alumnado/

ISEP Estados Unidos Dec./Xaneiro Elena de Prada http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/ori/uvigo/isep/

3.3 DELEGADOS DE CURSO

Co fin de mellorar a marcha do curso escolar e a comunicación entre o alumnado e o profesorado, cada grupo debe escoller democraticamente a un representante que será o delegado de curso.

A presentación dos candidatos en cada grupo realizarase na 3ª semana de setembro, e as eleccións levaranse a cabo na 4ª semana de setembro. O resultado da votación será comunicado ao Decanato a través da persoa que saia elixida.

(7)

3.4 O SUPLEMENTO EUROPEO AO TITULO

Trátase dun modelo de información unificado e personalizado para o titulado universitario sobre os estudos cursados. O Suplemento Europeo ao Título é un documento aberto para incorporar a aprendizaxe ao longo da vida en institucións europeas de educación superior. Toda a formación oficial que o estudante desenvolva no EEES recollerase neste documento.

3.5 O PLAN DE ACCION TITORIAL (PAT)

A todos os estudantes de novo ingreso asígnaselles un/ha titor/a coa finalidade de orientar e axudar ao estudante no desenvolvemento da súa formación, fomentando a interacción estudante/titor en beneficio dunha formación integral. Desde o comezo do curso, podedes consultar quen é o voso titor na web da facultade: http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/plan-de-accion-tutorial.

O/a voso/a titor/a convocaravos a unha serie de reunións ao longo do curso, se ben podedes acudir a el/ela sempre que necesitedes orientación ou axuda para resolver algún problema de carácter académico.

4 SERVIZOS NA FACULTADE E NO CAMPUS

4.1 ADMINISTRACIÓN

Os servizos de administración están situados no andar 0. Resolveranche todas as cuestións relativas á matrícula e á xestión do teu expediente. O horario é de 9:00 a 14:00.

Lembrámosche neste punto que se es alumno de nova matriculación e procedes dun Ciclo de Formación Profesional, no momento que entregues o xustificante da matrícula podes solicitar o recoñecemento dos teus estudos, de acordo ao convenio existente entre a Consellería de Educación e a Universidade de Vigo, no que se establecen as materias a recoñecer.

4.2 CONSERXERÍA

Está situada na planta 0. O horario é de 8:30 a 22:00. Informaranche sobre diversas cuestións: situación de aulas, horarios, despachos de profesores, reserva de espazos ou medios, etc.

Na conserxería proporcionaranche as fichas que debes entregar aos profesores, convenientemente cubertas.

(8)

4.3 SALA DE LECTURA

No primeiro andar está a sala de lectura, de libre acceso e aberta 9:00 ás 21:00. 4.4 SALA DE ORDENADORES

A facultade conta cunha sala de ordenadores de libre acceso situada no andar 1º, con horario de 9:00 a 21:00. Accédese a través da sala de lectura.

Nela poderás utilizar un ordenador para facer traballos, realizar consultas, etc. Tamén poderás imprimir traballos. Na sala hai un bolseiro ou bolseira responsable do correcto funcionamento dos equipos. Ante calquera dúbida ou problema diríxete ao bolseiro ou bolseira.

As normas de uso da sala e as condicións de impresión podes consultalas na web: http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/normativas/sala-de-libre-acceso-normas-de-uso-de-la-sala-y-de-impresion-de-trabajos

4.5 DELEGACIÓN DE ALUMNOS

A delegación de alumnos está situada na planta 0, ao lado do Decanato. Está integrada por estudantes da facultade representantes do alumnado na Xunta de Centro e nas diferentes comisións de traballo. Encárganse tamén de recoller suxestións dos compañeiros e compañeiras, de recompilar apuntamentos, exames, exercicios, etc., e organizar festas e eventos culturais. Se che apetece colaborar, serás benvido.

4.6 CAFETARÍA

A cafetaría está situada no andar 0. O horario é de 8:30 a 20:30 e presta servizo de comedor entre as 13:00 e as 16:00.

4.7 TARXETA UNIVERSITARIA

Os alumnos da Universidade de Vigo teñen unha tarxeta que os identifica como estudantes, e que será mostrada para acceder a determinados servizos (biblioteca, deportes….). Estas tarxetas fanse en colaboración co Banco Santander, e poden funcionar como simple carné de estudante ou tamén como tarxeta de crédito se se abre unha conta nesta entidade. Para conseguir a túa tarxeta tes que cubrir unha ficha cos teus datos e entregar unha foto nas mesas situadas ao principio de curso no vestíbulo da facultade, ou ben dirixirte á oficina que o Banco Santander ten no campus.

(9)

4.8 CORREO ELECTRÓNICO

Por ser alumna/o da Universidade de Vigo podes ter unha conta de correo electrónico, totalmente gratuíta. E conveniente que uses esta conta para as túas actividades académicas. Para obtela sigue as instrucións que atoparás no seguinte enderezo: https://correoweb.uvigo.es/

4.9 ACCESO SEN FÍOS A INTERNET (WIFI)

A Universidade de Vigo ten implantada unha rede sen fíos que se estende a todos os centros de todos os campus.

A rede está preparada para o estándar 801.11b (11 Mbps), 802.11g (54 Mbps) e 802.11N (nalgúns sitios), polo que funcionarán todos os tipos de tarxetas.

O método de acceso é mediante o mesmo usuario e contrasinal que a conta de correo. Para acceder hai que facer o seguinte:

1) En Windows, cando visualizamos as redes dispoñibles nas “Propiedades de Red Inalámbrica”, debe aparecer unha identificada con SSID de “alumnos”.

2) Nas propiedades TCP/IP da rede deberá figurar a obtención da IP automática

3) Unha vez que esteamos conectados á rede, en canto abramos calquera páxina web solicitaranos un usuario e un contrasinal.

4) No usuario introduciremos a nosa conta de correo (incluíndo @alumnos.uvigo.es) e tamén meteremos o noso contrasinal. Se os datos son correctos xa teremos acceso á rede wifi e poderemos navegar correctamente pola web e utilizar o noso xestor de correo electrónico habitual (por exemplo MS Outlook ou Mozilla Thunderbird).

Máis información en:

http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/atic/datos/rede/wireless/index.html 4.10 SERVIZO DE EMPRÉSTIMO DE PORTÁTILES AO ALUMNADO

O alumnado desta facultade pode levar en empréstito un computador portátil durante un día. Para solicitalo deberás acudir a conserxería.

A normativa e réxime de funcionamento deste servizo poden ser consultados en: http://fcetou.uvigo.es/files/facultade/normativas/Normativa%20emprestito%20portatiles %20ao%20alumnado/Normativa%20Emprestimo%20Portatiles.pdf

(10)

4.11 FOTOCOPIADORA

No vestíbulo da facultade hai unha fotocopiadora con sistema prepago. As tarxetas pódense adquirir na biblioteca do campus

4.12 SEGURO ESCOLAR

O seguro escolar oscila entre 1 e 2 €, aboándoo no momento da realización da matrícula.

5 SERVIZOS NO CAMPUS UNIVERSITARIO

5.1 BIBLIOTECA

A biblioteca está situada no campus, fronte á facultade. Podes acudir para consultar libros ou revistas, estudar, ler. Tamén podes obter libros en empréstito, para o cal debes ter a tarxeta universitaria.

Por norma xeral, os estudantes de primeiro e segundo ciclo poderán levar ao seu domicilio 3 libros durante 10 días; os estudantes de terceiro ciclo ou os que están a facer un proxecto, poderán dispor de 10 libros durante un mes.

A biblioteca conta coa súa páxina web onde poderás consultar a súa base de datos de libros e revistas (http://biblio.cesga.es/search*gag), así como acceder a outros recursos dos que dispoñen: http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/biblioteca/

Hai ordenadores na biblioteca para que fagas as consultas. Se queres aprender rapidamente a navegar pola web pregunta ao persoal da biblioteca.

O horario da biblioteca é: 9:00-21:00 (Período lectivo) 9:00-19:00 (Período non lectivo) 9:00-2:45 (Período de exames) 5.2 SERVIZO DE DEPORTES

O campus conta con instalacións deportivas ás que podes acudir. Ademais organízanse cursos, actividades, etc. O horario é:

Luns a venres: 9:00–23:00

Sábados: 10:00–14:00 e 16:00-21:00 Domingos: 10:00-14:00 e 16:00–20:00

(11)

Máis información: http://deportes.uvigo.es ; http://vicou.uvigo.es. Tlfno.: 988 387 198. e-mail: depor-ou@uvigo.es

5.3 ACTIVIDADES CULTURAIS

O campus de Ourense ofrece un amplo abano de actividades culturais (teatro, obradoiros, coro universitario, deportes, cursos de extensión universitaria, etc.). Para máis información visita a páxina Web da Vicerreitoría do Campus de Ourense: http://vicou.uvigo.es/

5.4 GABINETE PSICOPEDAGOXICO

O Gabinete, situado no Edificio de Ferro do Campus Norte, é un servizo totalmente gratuíto e confidencial para o alumnado matriculado no Campus de Ourense.

Os tipos de orientación que ofrece son os seguintes:

 Orientación Educativa-Escolar: con atención didáctica enfocada principalmente ós hábitos e técnicas de estudos e dificultades de aprendizaxe.

 Orientación Persoal: traballando calquera tema de índole persoal que afecte ó desempeño académico do estudantado, así como cuestións de índole psicolóxica relacionadas co manexo de conflitos, a autoestima ou a ansiedade.

 Orientación Profesional: encamiñada á orientación formativa e laboral do alumnado do Campus, especialmente dos últimos anos de carreira, mestrado ou doutoramento. O horario do Gabinete é de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas e os venres de 9:00 a 14:00 horas.

Formas de contacto: web http://vicou.uvigo.es/; e-mail gpourense@gmail.com, Facebook Gabinete Psicopedagóxico, teléfonos: 988 368 913 / 685 105 388.

5.5 OUTROS SERVIZOS

 Servizo de asesoramento e promoción do/a estudante: http://uvigo.es/uvigo_gl/administracion/extension/funcions/siope/index.html

 Servizo de apoio ao emprego: http://www.fundacionuvigo.es/  Portal de emprego da UVigo: http://emprego.uvigo.es/

 Información sobre bolsas:

http://bolsas.uvigo.es/GestorBecas/user/Becas.do?accion=tiposList;  Información académica do estudante https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/  Aprendizaxe de idiomas (cursos do Centro de Linguas): http://cdl.uvigo.es/

Referencias

Documento similar

Portabales Pardo, Marta 1º Seminario Psicoloxia Básica Abeijón Vaccaro, Natalia 2º Seminario Psicoloxia Básica Belo Trigo, Alejandro 3º Seminario Psicoloxia Básica

1º ciclo euskal dantza, 1º ciclo Lego Klub, 1º ciclo manualidades, 1º ciclo Predeportiva, 1º ciclo odon Txef, 1º ciclo Ciencia Divertida, 2º ciclo Escuela baloncesto, 2º-3º

(1º Est.) Parroquia de Santa Catalina, Celestino Martínez, (2º Est.) Benedicto XV, (3º Est.) Plaza de la Iglesia, (4º Est) Padre Tarín, Libertad, (5º Est.) Muñoz de

Serán distribuidos, para cada categoría, los siguientes trofeos mediante clasificación final de la prueba según reglamento deportivo FACYL:. 1º- Trofeo 2º- Trofeo

• 1º clasificado 15 puntos, 2º clasificado 14 puntos, 3º clasificado 13 puntos, 4º clasificado 12 puntos, 5ª clasificado 11 puntos, 6º clasificado 10 puntos, 7º clasificado

1º) Fecha y hora de inicio de la subasta. 2º) Fecha y hora de finalización de la subasta. 3º) URL o dirección de Internet en el que puedan consultarse las bases y

*Como estamos empezando y estáis saturados de todo no voy a mandar nada de deberes por el momento, pero os pido por favor que os mováis, porque tras el movimiento activo el cuerpo

Presidente/a: José María Folgar de la Calle Vocal: Enrique Fernández Castiñeiras Secretario/a: Marta Cendón Fernández. CINE E SOCIEDADE