P L A N D E
M I N I M I Z A C I Ó N D E R E S I D U O S
P E R I G O S O S D A U S C
A N O 2 0 0 3
INTRODUCIÓN
Enténdese por Minimización dos residuos perigosos (rp), a adopción de medidas tanto organizativas coma operativas, encamiñadas a diminuír as cantidades que se producen, co fin de evitar o tratamento ou a eliminación final dos mesmos.
Para consegui-lo obxectivo de reducción de rp faise necesario tomar as medidas oportunas. Estas medidas, segundo o Informe da Comisión do Parlamento Europeo de 8 de novembro de 1995, deberían levar consigo unha xestión preventiva mediante a adopción de boas prácticas ou a modificación nas actividades das organizacións productoras de residuos.
Por outra banda, na Revisión da Estratexia Comunitaria para a Xestión dos Residuos, que se contempla na Resolución do Consello de 11 de nadal de 1996, establécese unha xerarquización nas prácticas de xestión dos residuos, as cales por orden de prioridade son:
• PREVENCIÓN: onde se inclúe a redución na orixe e a reutilización.
• VALORIZACIÓN: onde se contempla a reciclaxe e a recuperación.
• ELIMINACIÓN: incluíndo o vertido final e a incineración.
A minimización dos residuos, por medio da redución na orixe, parece a opción ambientalmente máis recomendable, e tamén unha oportunidade para reducir os custos, non só da xestión dos rp, senón tamén daqueles outros custos asociados ás actividades diarias da organización, como por exemplo a compra de productos químicos para investigación ou o control dos inventarios.
Ademais a lexislación, cada vez máis esixente, establece novas estratexias de control e xestión dos rp que só se poden satisfacer mediante a adopción de medidas de minimización, debido entre outras causas a:
• Que en algúns casos é imposible a eliminación coas técnicas dispoñibles na actualidade.
• Que se prohibiron certas opcións de eliminación ou requiren tecnoloxías moi caras.
• Que a opinión pública cada vez é máis remisa á creación de instalacións de eliminación de residuos.
Entre as obrigas lexislativas establecidas en España o Real Decreto 952/1997 de 20 de xuño, na súa disposición adicional segunda di:
“En el prazo de cuatro años y a partir de la entrada en vigor de este Real Decreto y posteriormente con la misma periodicidad, los productores de residuos tóxicos y peligrosos deberán elaborar y remitir a la Comunidad Autónoma correspondiente un PLAN DE MINIMIZACIÓN de dichos residuos por unidad producida, comprometiéndose a reducir la producción de residuos tóxicos y peligrosos en la medida de sus posibilidades.”
Isto implica que toda organización productora de rp deberá elaborar o seu Plan de Minimización de Residuos Perigosos onde se contemplen os obxectivos estimados de minimización. En Galicia a Orde do 11 de maio de 2001, regula o contido básico dos estudos de minimización da produción de residuos perigosos que deben presentar os productores autorizados de residuos, estableceu os datos que teñen que conter os estudos de minimización para que se poida realizar un control efectivo sobre a redución real que fai cada productor.
Como consecuencia de todo o reflectido ata agora e do compromiso adquirido no seu Plan de Desenvolvemento Sostible, a UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), precisa mudar a mentalidade da organización en canto a xestión das súas actividades xeradoras de residuos. Para isto considera prioritario reorganizar os medios humanos e técnicos dispoñibles, co obxectivo de trocar a xestión correctiva que se realiza neste intre por outra de talante preventivo, na que prime a redución na orixe mediante a adopción de boas prácticas.
Entre as medidas encamiñadas á redución da produción de residuos destacan:
• A mellora dos mantementos preventivos, establecendo plans de mantemento de equipos e instalacións, co fin de prolongar a súa vida útil.
• Abrir liñas de investigación relacionadas coa reutilización e recuperación dos residuos xerados na USC.
• Valorar os criterios ecolóxicos á hora da compra de equipos e productos e na contratación de empresas e servicios.
Cómpre, pois, elaborar e implantar un Plan de Minimización de Residuos Perigosos, que sirva á USC para a solución dos problemas medio ambientais, e para o cumprimento da obriga da presentación dun Plan de Minimización a Administración Autonómica.
INVENTARIO DE RESIDUOS PERIGOSOS XERADOS NA USC
Debido a grande cantidade de actividades de investigación que se realizan nos centros da USC, xéranse unha gran variedade de rp que, na súa maior parte, se producen en pequenas cantidades.
Na táboa que se presenta a continuación contémplase o tipo de residuo tomando como base as declaracións presentadas á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
ACTIVIDADE PRODUCTORA
DE RESIDUOS PERIGOSOS Residuos perigosos xerados (CER)
DOCENCIA E INVESTIGACIÓN
• Disolventes non haloxenados (140503)
• Disolventes haloxenados (140502)
• Residuos citotóxicos (180103)
• Residuo biosanitario especial (180103)
• Disolucións con metais pesados (160507)
• Residuos de laboratorio (180204)
• Envases que conteñen restos de sustancias perigosas ou están contaminadas por elas (Envase de vidro e vidro de laboratorio) (150110)
• Envases que conteñen restos de sustancias perigosas ou están contaminadas por elas (Envases plásticos e metálicos) (150110)
• Auga residual con materia orgánica (160508)
• Tubos fluorescentes (200121)
• Líquidos de revelado (090102)
• Baterías de chumbo (160601)
• Silicaxel contaminada (150202)
• Disolucións acuosas de compostos orgánicos (160508)
• Disolucións inorgánicas ácidas (160507)
• Disolucións inorgánicas alcalinas (160507)
• Mercurio metálico (060404)
SITUACIÓN ACTUAL DA XESTIÓN DE RESIDUOS PERIGOSOS NA USC
As actividades de xestión dos rp xerados na USC comezan no ano 1997 coa creación da Unidade de Xestión de Residuos Perigosos, para implantar as prácticas encamiñadas á correcta xestión destes residuos, especialmente no referente ás sistemáticas de segregación, recollida, almacenamento e entrega a xestores autorizados.
No ano 2002 faise a primeira Declaración Anual de Residuos Perigosos relativa aos datos do ano 2001, presentándose a relativa aos datos do ano 2002 neste ano. É por isto que neste punto só se recollen os datos destes dous anos.
As cantidades xeradas preséntanse na seguinte táboa na que, ademais das cantidades, se calculan as ratios de xeración, referidas ao número de investigadores principais e entendendo por investigador principal o docente dedicado a investigación.
En caso de existir circunstancias especiais, reflíctense na táboa.
6
TÁBOA RELATI VA A XERACI ÓN DE RESIDU OS PERIGOSOS NOS ANOS 2001 E 2002
Actividade productora: DOCENCIA E INVESTIGACIÓN Centro UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Residuo Ano Cantidade (de acordo á Declaración anual de residuos perigosos) (Kg) (C) Nº de investigadores principais (NIP)Ratio de xeración de residuo respecto ao Nº de investigadores principais (C/NIP) 2001 7.180 329 21,82 DISOLVENTES NON HALOXENADOS (140603)2002 9.140 345 26,49 2001 5.400 329 16,41 DISOLVENTES HALOXENADOS (140602)2002 4.320 345 12,52 2001 3.000 329 9,12 RESIDUOS CITOTÓXICOS (180108) 2002 2.640 345 7,65 2001 600 329 1,82 RESIDUOS BIOSANITARIOS ESPECIAIS(180103)2002 2.295 345 6,65 2001 ----2 329 ---- SOLUCIÓNS CON METAIS PESADOS (160507)12002 2.260 345 6,55 2001 8.440 329 25,65 RESIDUOS DE LABORATORIO (160506)2002 1.770 345 5,13 1 As cantidades deste residuo poden variar moito debido ás características das investigacións desenvolvidas. 2 Entregáronse ó xestor xunto coas disolucións inorgánicas ácidas.
7 Actividade productora: DOCENCIA E INVESTIGACIÓN Centro UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Residuo Ano Cantidade (de acordo á Declaración anual de residuos perigosos) (Kg) (C)
Nº de investigadores principais (NIP)
Ratio de xeración de residuo respecto ao Nº de investigadores principais (C/NIP) 2001 ----3 329 ---- ENVASES QUE CONTEÑEN RESTOS DE SUSTANCIAS PERIGOSAS OU ESTÁN CONTAMINADOS POR ELAS (150110)(ENVASES DE VIDRO E VIDRO DE LABORATORIO)2002 1.700 345 4,93 2001 1.000 329 3,04 ENVASES QUE CONTEÑEN RESTOS DE SUSTANCIAS PERIGOSAS OU ESTÁN CONTAMINADOS POR ELAS (150110) (ENVASES PLÁSTICOS E METÁLICOS)2002 1.455 345 4,22 2001 --- 329 --- AUGA RESIDUAL CON MATERIA ORGÁNICA (160508)2002 1.170 345 3,39 2001 500 329 1,52 TUBOS FLUORESCENTES (200121) 2002 1.100 345 3,19 2001 ---4 329 --- LÍQUIDOS DE REVELADO (090102) 2002 775 345 2,25 2001 500 329 1,52 BATERÍAS DE CHUMBO (160601) 2002 735 345 2,13 2001 ---5 329 --- SILICAXEL CONTAMINADA (150202) 2002 710 345 2,06 3 Xestionáronse xunto co resto dos envases contaminados. 4 Xestionáronse coma disolventes non haloxenados. 5 Entregouse xunto cos residuos de laboratorio.
8 Actividade productora: DOCENCIA E INVESTIGACIÓN Centro UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Residuo Ano Cantidade (de acordo á Declaración anual de residuos perigosos) (Kg) (C)
Nº de investigadores principais (NIP)
Ratio de xeración de residuo respecto ao Nº de investigadores principais (C/NIP) 2001 ---6 329 --- DISOLUCIÓNS ACUOSAS DE COMPOSTOS ORGÁNICOS (160508)2002 560 345 1,62 2001 1.0007 329 3,04 DISOLUCIÓNS INORGÁNICAS ÁCIDAS (060199) (160507)2002 300 345 0,87 2001 --- 329 --- DISOLUCIÓNS INORGÁNICAS ALCALINAS (160507)2002 290 345 0,84 2001 500 329 1,52 MERCURIO METÁLICO (060404) 2002 135 345 0,39 6 Entregáronse como disolvente non haloxenado. 7 No ano 2001 entregáronse ao xestor xunto cas que contiñan metais pesados. A partires do ano 2002, entréganse por separado sen contemplar as disolucións con metais pesados.
OPCIÓNS DE MINIMIZACIÓN
Para seleccionar estas opcións tivéronse en conta as características especiais da Universidade, onde non se desenvolven procesos productivos a gran escala. Desta forma, as opcións máis lóxicas para afrontar unha reducción dos rp pasan pola adopción de boas prácticas.
O obxectivo destas prácticas é o de reducir en orixe as perdas sistemáticas ou accidentais de productos ou materiais que poidan dar lugar a rp, baseándose sobre todo nos factores humanos e organizativos da institución.
Á vista dos residuos xerados pola USC e da estructura organizativa da mesma, propóñense as opcións de minimización que se describen nas seguintes táboas. En cada unha delas contémplanse as accións que se deben de levar a cabo para o seu desenvolvemento, as melloras que se pretenden conseguir en canto a reducción de residuos perigosos e os residuos ós que se lles aplicarían cada unha das opcións.
PLAN DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS PERIGOSOS DA USC
EIXEPRO- XECTO OBXEC- TIVOACTUACIÓN INDICADORES PRODUCTOS AOS QUE SE APLICAMinimiza ción
Mellora das actu acións administr
ativas
Control de compras e da xestión dos productos e materiais
Centralización das compras de productos e materiais controlando e evitando a compra en exceso, e polo tanto, a aparición de materiais eproductos caducados, o que levaría a aparición de novos residuos perigosos, que sería necesario xestionar como tales. A filosofía é: Comprar tanto como sexa necesario, pero tan pouco como sexa posible. Implantación de fichas de productos químicos para o seu control e aproveitamento interno. Estas fichas consultaranse antes da compra dun producto para saber si é posible atopalo e se pode dispor del nalgún centro da USC. Nestas fichas contemplarase os seguintes datos: Nome do producto. Departamento no que se atopa dispoñible. Cantidade. Persoa de contacto. Estas fichas arquivaranse polo nome do producto. No caso de nova solicitude dun producto compróbase se está dispoñible no stock dalgún departamento ou centro da USC. O demandante contactará co propietario do producto para coñecer si é posible a súa utilización e evitar así a compra dun producto novo. Establecerase un control informático deste sistema.
Gasto nas compras de productos e materiais. Número de departamentos que incorporan os seus datos ao sistema central. Cantidade de envases baleiros contaminados. Cantidade de productos caducados.
• Productos químicos de uso xeral.
PLAN DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS PERIGOSOS DA USC
EIXEPRO- XECTO OBXEC- TIVOACTUACIÓN INDICADORES PRODUCTOS AOS QUE SE APLICAMinimiza ción
Mellora das actu ación adm inis tra tivas
Xestionar correctam ente o alm
acén de productos químicos
Dispor os envases de tal forma que se facilite a comprobación dos mesmos, e evitar así posibles accidentes que poidan xerar residuos. Evitar mesturas dos productos incompatibles, que puideran dar lugar ao deterioro do producto, converténdose en residuos antes de ser utilizados. Concienciar aos usuarios para que utilicen primeiro os productos máis antigos e fagan as rotacións dos bidóns situados no fondo para diante cando chegan os productos novos. Reducir o número de marcas distintas para os mesmos productos. Almacenar os productos seguindo as instruccións dos provedores, nas cales se contemplan as recomendacións para evitar roturas que ocasionan escapes. Efectuar as compras de productos en envases de tamaño adecuado para o proceso a desenvolver.
Residuos de envases producidos. Residuos de productos químicos caducados ou deteriorados producidos.
• Productos químicos de uso xeral.
PLAN DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS PERIGOSOS DA USC
EIXEPRO- XECTO OBXEC- TIVOACTUACIÓN INDICADORES PRODUCTOS AOS QUE SE APLICAMinimiza ción
Redución de animais de experimentación
Redución da utilización d e animais de
laboratorio Tenderase a utilizar o menor número de animais de experimentación posible. No caso de ser posible utilizaranse técnicas alternativas.
Cantidades de residuos citolóxicos e biosanitarios especiais producidos. • Residuos citolóxicos (180103) • Residuos biosanitarios especiais (180103)
PLAN DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS PERIGOSOS DA USC
EIXEPRO- XECTO OBXEC- TIVOACTUACIÓN INDICADORES PRODUCTOS AOS QUE SE APLICAMinimiza ción
Reutilización de productos
Reutilizar os productos químicos sobrantes na mesma universidad
e
Os productos químicos sobrantes, no caso de ser posible, deben reciclarse na propia USC. Reutilizar os productos sobrantes e obtidos nas prácticas docentes, utilizándoos en outras prácticas, sempre que sexa posible. Secar en estufas a silicaxel saturada de humidade sempre que sexa posible.
Cantidades de residuos producidos. Residuos reutilizados. Cantidades de residuos de silicaxel producidos. Gasto nas compras de silicaxel.
• Disolventes non haloxenados (140503) • Disolventes haloxenados (140502) • Residuos citotóxicos (180103) • Disolucións con metais pesados (160507) • Residuos de laboratorio (180204) • Líquidos de revelado (090102) • Silicaxel contaminada (150202) • Disolucións inorgánicas ácidas (160507) • Disolucións inorgánicas alcalinas (160507) • Mercurio metálico (060404) • Envases que conteñen restos de sustancias perigosas ou están contaminadas por elas (Envase de vidro e vidro de laboratorio) (150110) • Envases que conteñen restos de sustancias perigosas ou están contaminadas por elas (Envases plásticos e metálicos) (150110) • Silicaxel contaminada (150202)
PLAN DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS PERIGOSOS DA USC
EIXEPRO- XECTO OBXEC- TIVOACTUACIÓN INDICADORES PRODUCTOS AOS QUE SE APLICAMinimiza ción
Segregación responsable Mellorar a segregación de residuos
Realizar un correcto etiquetado ou identificación do contido dos envases e bidóns de residuos. Poñer en coñecemento da Unidade de Xestión de Residuos Perigosos, a finalización dunha investigación xeradora de residuos, de tal forma que se poidan segregar os distintos tipos de residuos, e detectar as posibilidades de reutilización dos mesmos. Informar ós alumnos en prácticas e persoal de nova incorporación, como etiquetar correctamente os residuos que se xeran.
Residuos identificados e controlados. Cantidade de residuos neutralizados. • Esta opción aplicaríase a todos os residuos que se contemplan no inventario.
PLAN DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS PERIGOSOS DA USC
EIXEPRO- XECTO OBXEC- TIVOACTUACIÓN INDICADORES PRODUCTOS AOS QUE SE APLICAMinimizac ión
Redución de env ases
Reducir o nú mero de envases contamin ados Utilizar, na medida do posible, envases demateriais reutilizables. Chegar a un acordo cos provedores de productos químicos, para que poidan ser devoltos os envases para a súa reutilización.
Residuos de envases producidos. • Envases que conteñen restos de sustancias perigosas ou están contaminadas por elas (envases de vidro e vidro de laboratorio) (150110) • Envases que conteñen restos de sustancias perigosas ou están contaminadas por elas (envases de plástico e metálicos) (150110)
PLAN DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS PERIGOSOS DA USC
EIXEPRO- XECTO OBXEC- TIVOACTUACIÓN INDICADORES PRODUCTOS AOS QUE SE APLICADivulgación, partic ipación, sensibilizac
ión
Difusión das act iv idades r ealiz adas
Sensibilizar e co ncienciar aos usuarios a cerca das boas prá cti cas a re alizar nas súas
actividades par a evitar a xe ración de residuos per igosos
Establecer un plan de formación e sensibilización dos usuarios da USC. Neste plan incluiranse todas ou algunha das seguintes accións: Realizar un vídeo de concienciación, que será distribuído a todos os departamentos nos que se xeren residuos perigosos Programar xornadas de formación nas que se explique, en particular aos alumnos e persoal de nova incorporación, como se deben manipular, etiquetar, almacenar e controlar os residuos xerados nas distintas actividades Introducir instruccións da xestión de residuos na páxina web da Universidade Dar formación acerca da xestión interna de residuos ós alumnos e persoal de nova incorporación.
Nº de actividades. Nº de participantes. Grado de satisfacción.
PREVISIÓNS DE REDUCIÓN NA XERACIÓN DE RESIDUOS
Unha vez determinadas as opcións de minimización para cada un dos residuos perigosos, estímanse as cantidades e as porcentaxes de redución esperados nos seguintes catro anos. Ditas estimacións para cada un dos residuos perigosos, preséntanse nas seguintes táboas:
Residuo Ano Cantidade anual
estimada do residuo perigoso
Número de investigadores
principais
Ratio de xeración de residuo respecto ao Nº de investigadores
principais
% de reducción respectos ás ratios do ano
2002
2003 9.540 360 26,49 0,00 2004 9.905 375 26,41 0,30 2005 10.270 390 26,33 0,60 DISOLVENTES NON
HALOXENADOS (140503)
2006 10.635 405 26,25 0,90 2003 4.510 360 12,52 0,00 2004 4.680 375 12,48 0,30 2005 4.850 390 12,44 0,60 DISOLVENTES
HALOXENADOS (140502)
2006 5.025 405 12,41 0,90 2003 2.755 360 7,65 0,00 2004 2.860 375 7,63 0,25 2005 2.970 390 7,61 0,50 RESIDUOS
CITOTÓXICOS (180103)
2006 3.067 405 7,57 1,00 2003 2.360 360 6,55 0,00 2004 2.450 375 6,54 0,15 2005 2.545 390 6,53 0,30 DISOLUCIÓNS CON
METAIS PESADOS (160507)
2006 2.640 405 6,52 0,45 2003 1.850 360 5,13 0,00 2004 1.920 375 5,11 0,40 2005 1.985 390 5,09 0,80 RESIDUOS DE
LABORATORIO (180204)
2006 2.055 405 5,07 1,20
Residuo Ano Cantidade anual
estimada do residuo perigoso
Número de investigadores
principais
Ratio de xeración de residuo respecto ao Nº de investigadores
principais
% de reducción respectos ás ratios do ano
2002 2003 1.775 360 4,93 0,00
2004 1.845 375 4,92 0,20
2005 1.915 390 4,91 0,40 ENVASES QUE
CONTEÑEN RESTOS DE SUSTANCIAS
PERIGOSAS OU ESTÁN CONTAMINADOS POR ELAS (150110) (ENVASES DE VIDRO
E VIDRO DE
LABORATORIO) 2006 1.985 405 4,90 0,60
2003 1.520 360 4,22 0,00 2004 1.580 375 4,21 0,30
2005 1.635 390 4,19 0,60 ENVASES QUE
CONTEÑEN RESTOS DE SUSTANCIAS
PERIGOSAS OU ESTÁN CONTAMINADOS POR ELAS (150110)
(ENVASES METÁLICOS E
PLÁSTICOS) 2006 1.695 405 4,18 0,90
2003 1.220 360 3,39 0,00 2004 1.265 375 3,38 0,20 2005 1.315 390 3,37 0,50 AUGA RESIDUAL
CON MATERIA ORGÁNICA (160508)
2006 1.365 405 3,36 0,70 2003 1.150 360 3,19 0,00 2004 1.195 375 3,19 0,10 2005 1.240 390 3,18 0,20 TUBOS
FLUORESCENTES (200121)
2006 1.288 405 3,18 0,30 2003 810 360 2,25 0,00 2004 840 375 2,24 0,45 2005 810 360 2,25 0,00 LÍQUIDOS DE
REVELADO (090102)
2006 840 375 2,24 0,45 2003 770 360 2,13 0,00 2004 795 375 2,12 0,50 2005 825 390 2,12 0,50 BATERÍAS DE
CHUMBO (160601)
2006 860 405 2,12 0,50 2003 745 360 2,06 0,00 2004 760 375 2,03 1,45 2005 790 390 2,03 1,45 SILICAXEL
CONTAMINADA (150202)
2006 825 405 2,03 1,45
Residuo Ano Cantidade anual
estimada do residuo perigoso
Número de investigadores
principais
Ratio de xeración de residuo respecto ao Nº de investigadores
principais
% de reducción respectos ás ratios do ano
2002 2003 585 360 1,62 0,00 2004 600 375 1,60 1,20 2005 625 390 1,60 1,20 DISOLUCIÓNS
ACUOSAS DE COMPOSTOS ORGÁNICOS
(160508)
2006 650 405 1,60 1,20 2003 315 360 0,87 0,00 2004 320 375 0,86 1,15 2005 335 390 0,86 1,15 DISOLUCIÓNS
INORGÁNICAS ÁCIDAS (160507)
2006 350 405 0,86 1,15 2003 305 360 0,84 0,00 2004 310 375 0,83 1,20 2005 320 390 0,82 2,40 DISOLUCIÓNS
INORGÁNICAS ALCALINAS (160507)
2006 330 405 0,81 3,60 2003 140 360 0,39 0,00 2004 145 375 0,38 1,02 2005 150 390 0,38 1,02 MERCURIO
METÁLICO (060404)
2006 155 405 0,38 1,02
ANÁLISE DOS DATOS
As porcentaxes de reducción estimadas para cada residuo baseáronse en:
• As posibles opcións de minimización a aplicar ó residuo. É dicir, contemplarase maior porcentaxe na reducción da ratio naqueles residuos ós que se lle podan aplicar máis opcións de minimización
• Cantidades xeradas ata o ano 2002.
É importante reseñar que aínda que a USC, está considerada como un gran productor de residuos perigosos, realmente a cantidade de residuos xerados é a suma de gran número de distintos rp que se xeran en pouca cantidade (como se pode apreciar nos datos presentados neste plan). Isto trae coma consecuencia que a minimización sexa moi difícil de levar a cabo, xa que nalgún caso estase a falar de reducir residuos que non superan os 500 kg/ano. Nestes casos, manter a ratio actual aumentando o número de investigadores principais, o que xa supón una minimización apreciable, pode ser o único resultado acadable.
A porcentaxe de reducción estimada para este ano, e de 0 % debido a que aínda non se puideron implantar as medidas de minimización escollidas, as cales se contempla comezar a súa implantación a partires do segundo semestre do ano 2003. Por outra banda no presente ano xa se realizaron envíos de rp, comprobándose que nalgún deles a tendencia é a de aumentar a cantidade xerada respecto dos anos anteriores, polo que cómpre efectuar revisións periódicas dos obxectivos fixados.