• No se han encontrado resultados

Teléfonos de interese: Concello de Ames SOS Galicia 112. Máis información: Proxecto desenvolto por:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Teléfonos de interese: Concello de Ames SOS Galicia 112. Máis información: Proxecto desenvolto por:"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)
(2)
(3)

RECORDA

· Non prender lume. · Recoller o teu lixo.

· Non saltar muros nin valados.

· Protexer e respectar aos animais e ás plantas. · Extremar o coidado nas estradas.

· En caso de lévalo teu can, lévao atado.

Teléfonos de interese:

Concello de Ames 981 883 002 SOS Galicia 112

Máis información:

http://www.concellodeames.org

(4)

FIDALGOS E CABALEIROS

A fertilidade destas terras e a súa posición estratéxica nos camiños que levaban a Compostela fixo que desde os tempos medievais as xentes pode-rosas se fixaran nelas ben para esta-blecer señoríos ben para obter as rendas dos foros labregos. As noti-cias medievais falan da presenza dos Reino, dos Leis, dos Mariño ou dos Ardeleiro no territorio do actual con-cello de Ames; son pequenas liñaxes que levaban foros, sobre todo do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, e posuían terras nas que traballaban os labregos ou caseiros. Algúns, como os Mariño, acabaron mudándose a outras zonas onde o seu señorío era máis importante; outros, como os Caamaño, chegaron no século XVI e con posterioridade. Se asentaron firmemente na comar-ca e fixeron dela a sede dos seus estados.

A liñaxe dos Moscoso foi a máis senlleira de todas. Os cabaleiros desta casa, de orixe compostelá, souberon xogar as súas bazas na

complexa política dos séculos XIV e XV e construíron as bases do que desde 1475 foi o Condado de Altamira, título que, co tempo, obtivo a Grandeza de España, máximo reco-ñecemento de nobreza. As torres de Altamira, que están nas proximida-des de Calo foron a súa fortaleza principal e a súa funcionalidade mili-tar unían a simbólica, xa que eran o centro do seu estado.

As pequenas liñaxes que medra-ran ao seu servizo aparecían ante as xentes como fidalgos importantes; vivían dos foros, levaban oficios ou dotaban capelanías e festas relixio-sas nas parroquias. Construíron os pazos que primeiro eran sinxelas casas que se distinguían das demais pola súa calidade, pola torre e polos escudos que as adornaban; logo os ampliaron, os dotaron de xardíns, de corredores e balcóns; eran novas vivendas radicalmente distintas ás da veciñanza.

Esta ruta é unha oportunidade para coñecer un pouco máis de preto a este tempo de fidalgos e labregos

que acadou o seu esplendor no sécu-lo XVIII. Visítanse as Torres desde as que se gobernaba esta terra, o pazo de Leboráns –exemplo típico deste tipo de construcións- e a Casa de Sandar, tipo de construción fidalga máis modesta. Entre uns e outros, as aldeas campesiñas como Calo e A

Garea, que conservan interesantes conxuntos etnográficos que reflicten cómo era a vida no outro lado do espectro social.

DISTANCIA TOTAL: 6,300 Km.

SERVIZOS: Ningún.

Fidalgos e Cabaleiros

(5)

LEBORANS

A aldea de Leboráns é citada por primeira vez nos documentos no ano 1156, cando Paio Fernández e a súa

muller venden as súas propiedades neste lugar ao mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, que pronto pasou a ser o máis importante propietario neste lugar. É, por entón, unha

“villa”, isto é, un pequeno núcleo de casas nas que a veciñanza se dedica-ba ao tradedica-ballo da terra.

No século XV o monxes xa deixaran a xestión das terras en

mans da nobreza, en concreto, dos señores das torres de Altamira, os Moscoso.

O casal acubillase baixo a sombra do pazo que construíron os Leis de Leboráns, fidalgos vinculados á Casa de Altamira que posiblemente recib-iron dos Moscoso os foros desta zona como retribución aos seus servizos. En conxunto, as casas foron ampli-adas e modernizampli-adas aínda que o lugar conserva todo o seu sabor tradicional.

Fidalgos e Cabaleiros

4

Torres de Altamira

1 km

Calo

1,2 km

Portanxil

1 km

(6)

PAZO DE LEBORÁNS

O pazo é a vivenda típica da medi-ana e pequena fidalguía que vive no rural galego da Idade Moderna. A maioría dos conxuntos pacegos foron

construídos entre finais do século XVI e finais do XVIII, aínda que moitos foron ampliados e reformados poste-riormente. Algúns, como o de Leboráns, teñen a súa orixe en anti-gas torres ou casas fortes medievais

outros fixéronse ex novo. Moitos destes fidalgos non tiñan coutos ou dereitos xurisdicionais e, en xeral, vivían das rendas dos foros e do servizo nas administracións do rei, do arcebispo ou dos grandes señores ou no exército.

Aínda que vivían de rendas e, en xeral, a súa riqueza era evidente, a fidalguía rural usaba vivendas sen-lleiras, roupas elegantes ou alimen-tos distinguidos para se distinguir do resto da veciñanza e así amosar e manter o seu estado privilexiado. Neste ambiente naceron os conxun-tos pacegos, dos que Leboráns é un exemplo clásico.

Leboráns é resultado da fusión de elementos procedentes das arqui-tecturas culta e popular. É un edificio funcional pero elegante, sobrio pero que non renuncia aos engadidos ornamentais (por exemplo, as molduras) ou a solucións como as ventás montantes que xeran no inte-rior eses xogos de luz tan do gusto barroco.

Fidalgos e Cabaleiros

(7)

CALO

O lugar de Calo pertenceu ás propiedades e ao señorío dos Condes de Altamira e a principios do século XVI eran traballadas por unha única familia que pagaba os correspon-dentes foros aos señores das torres. Todo parece indicar que era menor en tamaño e relevancia que A Garea e Leboráns.

É unha aldea que estrutura a maior parte das súas casas ao longo do antigo trazado viario. Por aquí pasaba unha das rutas que unían as Torres de Altamira e as terras de Brión co camiño de Bergantiños e Negreira.

Calo conserva parte un certo encanto tradicional. Hai varios exem-plares de hórreos, construídos seguindo a tradición maían, que están en bo estado de conservación, e algunhas vivendas que son mostra clara das tipoloxías tradicionais (casas terreñas e de sobrado, casas máis amplías e robustas do século XIX). Resulta especialmente fermosa

e agradable a fraga que hai á saída da aldea cara á Garea, poboada de especies autóctonas.

Fidalgos e Cabaleiros

6

Torres de Altamira

1 km

Leboráns

1,1 km

Sandar

1 km

A Garea

1,2 km

(8)

A GAREA

Aínda que o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos posuía terras

neste lugar, o certo é que a princip-ios do século XVI a maior parte dos veciños de A Garea traballaban ter-ras que tiñan aforadas ao Conde de

Altamira; algunhas eran do mosteiro, outras doutros propietarios e xusto a metade foi comprada polos Moscoso a principios dese século. Os

docu-mentos din que a veciñanza non era xente acomodada pero tampouco pobre, se cadra porque a aldea está situada nunha boa localización, na aba do monte e achegada ao río.

As casas, antes como agora, fóronse colocando ao longo dos camiños que aquí se cruzan. A maioría son de cachotaría e distribu-ción que fala a voces do seu pasado labrego; noutras, pola contra, a pre-senza de pedras de cantaría, cornixas ou elementos decorativos delata unha maior riqueza dos donos.

Fidalgos e Cabaleiros

7

Calo

1,2 km

Sandar

1,2 km

Trasmil

800 m

A Igrexa

500 m

(9)

SANDAR

Sandar é unha aldea monumental na súa sinxeleza. As casas, que pre-sentan características típicas desta zona, agrúpanse en rúas que con-flúen no centro do lugar e se alongan seguindo os antigos camiños. Son de cachotaría de granito e aínda se con-servan algúns exemplos de casas terreiras, o modelo máis antigo de vivenda. Nestas rúas é doado lem-brar a vella vida labrega xa que se conservan un bo número de constru-cións tradicionais: hórreos do tipo Amaía, palleiras, colmeas de alace-na, cortes, o muíño ou as pedras de lavar no río que foron substituídas polo novo lavadoiro. Todas estas infraestruturas eran necesarias para o desenvolvemento da vida labrega antiga, baseada na diversificación de cultivos, as solidariedades entre veciños e parentes e a autosuficien-cia do fogar; só así podían as familias sobrevivir e facer fronte ao pago dos foros.

O pobo pertenceu á xurisdición das Torres de Altamira, aínda que no

século XVIII aquí estaba o soar da chamada Casa de Sandar. Esta liñaxe fidalga levaba os apelidos Acuña, Durán e Figueroa e posuía tamén as casas de Esparís (Brión) e Tines

(Vimianzo). Foron oficiais dos exérci-tos reais, rexedores perpetuos de Santiago e xuíces e avogados en dis-tintas administracións.

Fidalgos e Cabaleiros

8

Calo

1 km

Referencias

Documento similar

La Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de calificaciones de la Universidad de Santiago de Compostela, aprobada por el Pleno or-

así mesmo, cando a achega a realiza un terceiro, e por terceiro enténdese calquera persoa distinta do beneficiario do patrimonio, incluídos os pais, titores ou curadores,

La invalidez en el MMPI por no respuestas no se considera criterio positivo (sólo se puede considerar tal posibilidad en caso de daño neurológico que justifique tal estilo

Art. Facultades patrimoniales del deudor.–1. En el caso de concurso voluntario, el deudor conservará las facultades de administración y disposición sobre su patrimonio,

Gastos derivados de la recaudación de los derechos económicos de la entidad local o de sus organis- mos autónomos cuando aquélla se efectúe por otras enti- dades locales o

Proxecto experimental de inserción laboral a través dun proceso integral de inserción (formación, prácticas en empresas e apoio na colocación) en ocupacións novos

Siendo el forraje típico para enailado de las provincias del litoral sep- tentrional de España el maíz forrajero, que además se produce en la pro- vincia de ^ Santander

Después de una descripción muy rápida de la optimización así como los problemas en los sistemas de fabricación, se presenta la integración de dos herramientas existentes