• No se han encontrado resultados

CURSOS IMPARTIDOS SEGUNDO A

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "CURSOS IMPARTIDOS SEGUNDO A"

Copied!
333
0
0

Texto completo

(1)

DEPARTAMENTO DE

LINGUA E LITERATURA GALEGAS

PROGRAMACIÓN DO CURSO 2015-2016

I.E.S. “PRAIA BARRAÑA”, BOIRO

CURSOS IMPARTIDOS SEGUNDO A

“L.O.M.C.E.”

(2)

1. 1º CURSO DE ESO

1.1. PROGRAMACIÓN POR UNIDADES

1.1.1. PROGRAMACIÓN DA UNIDADE 1

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que recibimos do noso contorno.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Comprender, compoñer e comentar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa ou creativa.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva e comprensiva.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso das palabras nunha lingua.

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Identificar a estrutura da palabra, os mecanismos que a forman e a súa tipoloxía para o enriquecemento do vocabulario da súa lingua.

- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia matemática

- Interpretar correctamente a información presentada en formato gráfico. - Competencia para o tratamento da información e competencia dixital

- Buscar información en enciclopedias, dicionarios ou en Internet como maneira de ampliar coñecementos.

- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica. - Competencia social e cidadá

- Cooperar nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula. - Valorar a importancia da familia e das relacións que nela se establecen. - Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe: resumo e esquemas.

- Aplicar en diferentes contextos os coñecementos adquiridos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Mostrar unha actitude reflexiva cara ao tema das linguas e expresar a súa

opinión de maneira razoada. - Competencia cultural e artística

(3)

valor dentro dunha comunidade.

- Valorar a diversidade lingüística como ben cultural dunha sociedade. - Redactar textos propios con certa pretensión literaria seguindo un modelo.

OBXECTIVOS

- Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario. - Valorar a riqueza das linguas.

- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa familia. - Comprender que é un campo semántico.

- Entender a estrutura da palabra e recoñecer as distintas clases. - Clasificar as palabras polo número de sílabas.

- Distinguir sílabas tónicas e átonas e identificar ditongos e hiatos. - Distinguir textos literarios e non literarios.

- Identificar os xéneros literarios.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda quincena de setembro e primera semana de outubro.

1. Lectura e comentario: «O retrato» (Ánxel Fole: Á lus do candil, ed. Galaxia).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: A riqueza das linguas. VOCABULARIO: A familia. O campo semántico. GRAMÁTICA: As palabras. Estrutura e clases. ORTOGRAFÍA: As sílabas. A sílaba tónica e a sílaba átona. Ditongos e hiatos. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario. 3. Literatura: Textos literarios e non literarios. Os xéneros literarios.

OBRADOIRO DE LITERATURA: Traballo con diferentes tipos de textos. O texto literario.

4. Competencia lingüística: Comenta un texto instrutivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e coa atención adecuada un texto narrativo e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Valora a riqueza das linguas.

2.2. Participa de forma activa nos traballos de grupo e nos debates. 2.3. Amplia o vocabulario básico relacionado coa familia.

2.4. Comprende que é un campo semántico.

2.5. Entende a estrutura da palabra e forma familias léxicas. 2.6. Recoñece as distintas clases de palabras.

2.7. Clasifica as palabras polo número de sílabas. 2.8. Distingue sílabas tónicas e átonas.

2.9. Identifica e analiza ditongos e hiatos.

3.1. Diferencia textos literarios e textos non literarios.

3.2. Nun texto literario dado, recoñece as peculiaridades que o identifican como tal.

(4)

4.1 Comprende a intención comunicativa dun texto e as características propias dun texto instrutivo.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito.

- Realizar o comentario dun texto seguindo unhas pautas dadas.

- Identificar a estrutura da palabra e recoñecer as distintas clases de palabras. - Coñecer as sílabas e identificar a sílaba tónica.

- Distinguir ditongos e hiatos

- Recoñecer as peculiaridades da lingua literaria.

METODOLOXÍA

- Será necesario repasar os contidos xa estudados no curso anterior.

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade. - Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de

comprensión lectora.

- Fixaranse hábitos de traballo como: responder as actividades do libro, utilizar de xeito habitual o dicionario, facer cadros e clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Fomentarase no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno: Lingua e literatura galega 1º ESO, Anaya, Madrid, 2015. - Dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas

complementarias, Diagnóstico e Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN - Proba de avaliación inicial que contén o CD-ROM de Avaliación.

(5)

- Aplicación de modelo de proba de diagnóstico.

- Seguimento da avaliación continua de cada alumno e alumna.

- Anotacións no rexistro do profesor do desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN

- Actividades complementarias correspondentes á unidade 1 no caderno de

Tratamento da diversidade.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya).

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- Fichas de reforzo e ampliación en Tratamento da diversidade.

- Fichas de comprensión lectora e comentario en Lecturas complementarias. - Prácticas de competencias en Diagnóstico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Invitar os alumnos e alumnas a que expresen oralmente as súas inquietudes e ilusións en relación coa nova etapa que empezan. Un compañeiro ou compañeira poderá actuar como moderador para que se respecten as quendas de palabra.

- Levar á clase outros tipos de textos instrutivos (manuais de instrucións, receitas...); xustificar por que os escolleron e explicar os seus trazos comúns.

FOMENTO DA LECTURA

- Lectura doutros textos de Ánxel Fole semellantes ao da lectura inicial da unidade.

- Plan lector de sete libros de literatura xuvenil, que foron seleccionados pensando nos alumnos da ESO.

FOMENTO DAS TIC

- Audición no CD-Audio da lectura inicial e doutros textos. - Busca de información en Internet.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.

(6)

- Valoración e respecto das diferentes formas de comunicarse.

1.1.2. PROGRAMACIÓN DA UNIDADE 2

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que recibimos do noso contorno.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Comprender, compoñer e comentar distintos textos segundo a intención comunicativa.

- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

- Coñecer o espazo no que teñen lugar os acontecementos sociais e culturais próximos á súa vida.

- Implicarse no uso responsable dos recursos naturais e na conservación do medio a través da reciclaxe.

- Competencia matemática

- Aplicar correctamente o razoamento dedutivo para solucionar actividades. - Competencia para o tratamento da información e competencia dixital

- Buscar información en dicionarios de distintas clases e on-line. - Interpretar mapas.

- Analizar a linguaxe específica dos correos electrónicos. - Utilizar as TIC para obter información audiovisual. - Competencia social e cidadá

- Practicar o diálogo para expresar as propias ideas e escoitar as dos demais.

- Valorar o mérito real das persoas que nos rodean no noso contorno social. - Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe: cadros e esquemas.

- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Mostrar unha actitude aberta e comprometida con respecto á diversidade

(7)

- Competencia cultural e artística

- Valorar os diversos usos e costumes de culturas diferentes á propia.

- Valorar as obras de arte e a súa trascendencia cultural como riqueza dun pobo.

- Exercitar a capacidade expresiva e creativa a través da redacción de textos.

OBXECTIVOS

- Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario. - Identificar as linguas do Estado español e a súa situación.

- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa rúa. - Relacionar sinónimos.

- Recoñecer semántica e formalmente os substantivos e clasificalos. - Coñecer as normas de formación do plural.

- Recoñecer as regras xerais de acentuación.

- Recoñecer e analizar os elementos do xénero narrativo.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS Tres últimas semanas de outubro.

1. Lectura e comentario: «Ser superheroe non é nada doado» (A. Fernández Paz: Contos por palabras, ed. Xerais, adapt.).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: As linguas do Estado español. VOCABULARIO: A rúa. A sinonimia. GRAMÁTICA: O substantivo. Clasificación do substantivo. O número. ORTOGRAFÍA: Regras xerais de acentuación. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O xénero narrativo. Os personaxes, o argumento e o narrador. OBRADOIRO DE LITERATURA: Escribir un comezo insólito.

4. Competencia lingüística: O correo electrónico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto narrativo e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Identifica as linguas do Estado español e a súa situación. 2.2. Utiliza en diversos contextos o vocabulario básico estudado.

2.3. Identifica os substantivos comúns e propios, concretos e abstractos, individuais e colectivos.

2.4. Forma o plural de substantivos dados.

2.5. Clasifica as palabras en agudas, graves e esdrúxulas.

2.6. Aplica correctamente na práctica as regras xerais de acentuación. 2.7. Acentúa correctamente palabras con i ou u na sílaba tónica.

3.1. Analiza nun texto narrativo algúns dos seus elementos básicos: narrador, personaxes e argumento.

(8)

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito. - Relacionar palabras cos seus sinónimos.

- Aplicar as regras xerais de acentuación. - Diferenciar as clases de substantivos. - Formar o plural de substantivos dados.

- Identificar un texto literario como pertencente ao xénero narrativo e analizar algún dos seus elementos.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade. - Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de

comprensión lectora.

- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus apartados, utilizar o dicionario, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, asegurar a correcta asimilación de conceptos a través dunha práctica reiterada, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto a lingüística.

- Fomentar no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas

complementarias, Diagnóstico e Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

- Proba de avaliación correspondente á unidade 2 que contén o CD-ROM de Avaliación.

- Aplicación do modelo de proba de diagnóstico.

- Seguimento da avaliación continua de cada alumno e alumna.

- Anotacións no rexistro do profesor do desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

(9)

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN

- Actividades complementarias correspondentes á unidade 2 no caderno de

Tratamento da diversidade.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- Fichas de reforzo e ampliación en Tratamento da diversidade.

- Fichas de comprensión lectora e comentario en Lecturas complementarias e

Fomento da lectura.

- Prácticas de competencias en Diagnóstico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Analizar noutras lecturas do libro os elementos narrativos dos personaxes e o narrador.

- Redactar diversos correos electrónicos e analizar as súas partes, así como a especificidade da linguaxe utilizada.

- Realizar unha enquisa na clase ou mesmo no instituto. Elaborar unha listaxe dos 10 superheroes preferidos polo alumnado.

- Realizar un pequeno traballo de investigación sobre os personaxes mitolóxicos de Apolo e Vulcano.

FOMENTO DA LECTURA

- Lectura doutros textos de Agustín Fernández Paz, incluídos no libro Contos

por palabras.

- Plan lector de sete libros de literatura xuvenil, que foron seleccionados pensando nos alumnos da ESO.

FOMENTO DAS TIC

- Audición no CD-Audio da lectura inicial e doutros textos. - Busca de información en Internet.

- Contemplación de «A fragua de Vulcano» a través dun buscador de imaxes. - Busca de imaxes doutros deuses e semideuses.

- Análise de correos electrónicos.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Autoesixencia na redacción de textos creativos persoais. - Actitude de respecto cara ás producións literarias alleas.

(10)

realizan determinados colectivos.

1.1.3. PROGRAMACIÓN DA UNIDADE 3

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que recibimos do noso contorno.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía. - Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

- Coñecer o espazo no que se realizan determinadas actividades de lecer próximas aos seus intereses e á súa vida cotiá.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital - Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar

coñecementos.

- Adquirir habilidades para seleccionar, tratar e interpretar a información con espírito crítico e reflexivo.

- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica. - Competencia social e cidadá

- Comprender e valorar o papel que cadaquén desempeña dentro do núcleo familiar ou do grupo social.

- Valorar a importancia da descrición positiva das persoas que nos rodean para establecer vínculos cordiais que faciliten a convivencia.

- Mostrar unha actitude positiva na resolución de conflitos e proposta de solucións.

- Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.

- Realizar traballos de investigación e actuar de maneira reflexiva na interpretación da información acadada.

- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.

- Aplicar procedementos lúdicos que contribúen ao goce da materia.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Planificar as súas tarefas e reaccionar positivamente ante posibles

adversidades.

- Extraer ensinanzas dos textos lidos, fundamentalmente das fábulas, e intentar aplicalas na vida real.

(11)

- Competencia cultural e artística

- Valorar o plurilingüismo como unha realidade universal que enriquece os individuos e os pobos.

- Valorar as manifestacións literarias como expresión dunha sensibilidade artística individual que persegue o embelecemento da realidade.

- Exercitar a capacidade creativa a través da redacción de textos literarios.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez e coa entoación e pausas adecuadas.

- Entender o plurilingüismo como unha riqueza cultural e social. - Ampliar o vocabulario básico relacionado co mar e coa praia. - Traballar con palabras polisémicas.

- Identificar o xénero dos substantivos e formar o feminino a partir de nomes dados.

- Coñecer e aplicar as regras específicas de acentuación.

- Recoñecer e analizar os elementos de espazo e tempo nun texto narrativo.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS Tres primeras semanas de novembro.

1. Lectura e comentario: «O que decide é papá» (Sempé e Goscinny: As

vacacións de Nicolasiño, ed. Alfaguara/Obradoiro).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Plurilingüismo. VOCABULARIO: O mar e a praia. A polisemia. GRAMÁTICA: O xénero do substantivo. ORTOGRAFÍA: Casos especiais de acentuación. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O xénero narrativo. O espazo e o tempo. O diálogo na novela. OBRADOIRO DE LITERATURA: Resolver un conflito.

4. Competencia lingüística: Comenta un texto descritivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un fragmento de texto coa fluidez e a comprensión adecuadas, e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Entende o plurilingüismo como unha riqueza cultural e social. 2.2. Utiliza en diversos contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Analiza os significados de palabras polisémicas.

2.4. Indica o xénero dalgúns substantivos.

2.5. Coñece as regras de formación do feminino dos substantivos. 2.6. Aplica as regras específicas de acentuación.

3.1. Recoñece e analiza os elementos de espazo e tempo nun texto narrativo.

(12)

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito. - Traballar con palabras polisémicas.

- Identificar o xénero do substantivo.

- Formar o feminino dalgúns substantivos dados en masculino. - Coñecer e aplicar as regras básicas de acentuación.

- Crear textos propios a partir dunhas pautas dadas.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade. - Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de

comprensión lectora. - Fixar hábitos de traballo.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

- Familiarizar o alumnado co manexo dalgunha gramática que lles poida axudar a solucionar dúbidas. Por exemplo: Gramática da lingua galega.

Síntese práctica (de Xosé Feixó Cid, en Edicións Xerais, 2008).

- Estimular no alumnado o interese pola literatura e pola cultura do seu pobo. - Fomentar a lectura a través de diferentes propostas e recursos que poidan

motivar o seu interese cara a determinados temas.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas

complementarias, Diagnóstico e Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

- Proba de avaliación correspondente á unidade 3 que contén o CD-ROM de Avaliación.

- Aplicación do modelo de proba de diagnóstico.

- Seguimento da avaliación continua de cada alumno e alumna.

(13)

habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN

- Actividades complementarias correspondentes á unidade 3 no caderno de

Tratamento da diversidade.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- Fichas de reforzo e ampliación en Tratamento da diversidade.

- Fichas de comprensión lectora e comentario en Lecturas complementarias e

Fomento da lectura.

- Prácticas de competencias en Diagnóstico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Comentar imaxes que ilustren claramente unha dificultade á que alguén debe enfrontarse e propoñer oralmente posibles solucións.

- Concurso de acentuación. Gañará o alumno que cometa menos fallos de acentuación en 100 palabras propostas polo profesor.

- Levar algunhas fotos de famosos á clase e practicar a descrición oral. - Describir personaxes de ficción a partir de láminas ou imaxes.

- Facer o propio autorretrato.

- Narración de anécdotas persoais vividas durante as vacacións. - Redacción: «O meu lugar preferido para pasar as vacacións».

FOMENTO DA LECTURA

- Lectura doutros textos de Sempé e Goscinny e da serie de Nicolasiño.

- Plan lector de sete libros de literatura xuvenil, que foron seleccionados pensando nos alumnos da ESO.

FOMENTO DAS TIC

- Audición no CD-Audio da lectura inicial e doutros textos. - Busca de información en Internet.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración dos textos creativos propios e respecto polas creacións alleas. - Valoración da harmonía familiar e do papel que cadaquén desempeña dentro

(14)

1.1.4. PROGRAMACIÓN DA UNIDADE 4

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios e informativos. - Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita

expresarse mellor.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Comprender, compoñer e comentar distintos textos segundo a intención comunicativa.

- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

- Asimilar hábitos respectuosos co medio e ser consciente da trascendencia da súa actuación individual no futuro da natureza.

- Saber describir con propiedade o mundo físico que o rodea.

- Coñecer o medio no que tiveron lugar determinados acontecementos sociais.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital - Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar

coñecementos.

- Adquirir habilidades para seleccionar e interpretar a información con espírito crítico.

- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica. - Competencia social e cidadá

- Coñecer certos aspectos legais polos que a lingua galega é recoñecida como lingua oficial e propia da nosa comunidade.

- Coñecer os seus dereitos e deberes como cidadán.

- Practicar o diálogo como forma razoada e tolerante de expresar as propias ideas e escoitar as dos demais.

- Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de traballo que melloran a aprendizaxe individual e colectiva.

- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Reflexionar e expresar a opinión persoal respecto dun tema dado.

(15)

- Saber «ler entre liñas» e extraer conclusións. - Competencia cultural e artística

- Valorar as lendas como manifestación literaria das crenzas e da sabedoría popular.

- Exercitar a capacidade expresiva e creativa a través da redacción de textos literarios.

- Valorar a expresión literaria como un modo diferente de interpretar a realidade cotiá.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente. - Coñecer a lexislación sobre o galego.

- Ampliar o vocabulario relacionado coas características persoais. - Traballar con termos contrarios.

- Recoñecer os adxectivos cualificativos e os seus graos.

- Realizar comparacións utilizando as partículas comparativas adecuadas. - Coñecer e aplicar correctamente os acentos diacríticos.

- Recoñecer a estrutura dun texto narrativo.

- Comprender as diferenzas existentes entre unha novela e un relato.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Última semana de novembro e primeira quincena de decembro.

1. Lectura e comentario: «A fonte de Ana Manana» (Alejos Álvarez: Lendas

galegas, ed. Hércules, adapt.).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: As leis e o galego. VOCABULARIO: As características persoais. Os contrarios. GRAMÁTICA: Os adxectivos cualificativos. Os graos. ORTOGRAFÍA: O acento diacrítico. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O texto narrativo. A estrutura dun texto narrativo. O relato literario. OBRADOIRO DE LITERATURA: Descrición de obxectos.

4. Competencia lingüística: Comenta un texto descritivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo unhas pautas dadas.

2.1. Coñece a lexislación sobre o galego.

2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Comprende o que son os termos contrarios.

2.4. Recoñece os adxectivos cualificativos e distingue entre adxectivos variables e invariables.

2.5. Realiza comparacións utilizando as partículas comparativas adecuadas. 2.6. Coñece e aplica correctamente o acento diacrítico.

(16)

3.1. Identifica a estrutura dun texto narrativo. 3.2. Comprende a diferenza entre novela e relato.

4.1. Redacta a descrición dun lugar seguindo determinadas estratexias.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito. - Entender o que son termos contrarios.

- Identificar o adxectivo e recoñecer as súas características morfosintácticas. - Utilizar o til diacrítico.

- Redactar correctamente textos persoais.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade. - Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de

comprensión lectora.

- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, identificar a finalidade dos seus apartados, utilizar o dicionario, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, etc.

- Insistir na utilidade e importancia de facer esquemas para estudar, para recoñecer a estrutura dun texto dado, para estruturar un texto propio, etc. - Habituar os alumnos e as alumnas a facer cadros e táboas para organizar os

contidos teóricos susceptibles de clasificación. - Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

- Facer un repaso do trimestre na terceira semana de decembro.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com - Láminas de paisaxes e de obxectos para describir.

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas

complementarias, Diagnóstico e Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

- Proba de avaliación correspondente á unidade 4 que contén o CD-ROM de Avaliación.

- Aplicación do modelo de proba de diagnóstico.

(17)

- Anotacións no rexistro do profesor do desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN

- Actividades complementarias correspondentes á unidade 4 no caderno de

Tratamento da diversidade.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- Fichas de reforzo e ampliación en Tratamento da diversidade.

- Fichas de comprensión lectora e comentario en Lecturas complementarias e

Fomento da lectura.

- Prácticas de competencias en Diagnóstico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Repartir entre os alumnos e alumnas papeliños con palabras de distintas clases e pedirlles que localicen os adxectivos. Despois, propoñerlles que constrúan oracións con esas palabras, de maneira que recoñezan as relacións sintagmáticas entre elas.

- Dividir a clase en dous grupos. Xogar a adiviñar obxectos mediante a descrición dos seus trazos.

- Inventar historias a partir dunha secuencia muda de imaxes.

- Organizar unha saída a algún lugar natural e fermoso do contorno. Invitar os alumnos e as alumnas a que o describan, ben colectivamente de xeito oral, ben de forma escrita.

- Pedirlles que busquen lendas relacionadas con algún elemento da súa zona e que elaboren entre todos unha recompilación de lendas.

FOMENTO DA LECTURA - Lectura doutra lenda.

- Lectura doutro conto de Álvaro Cunqueiro.

- Plan lector de sete libros de literatura xuvenil, que foron seleccionados pensando nos alumnos da ESO.

FOMENTO DAS TIC

- Audición no CD-Audio da lectura inicial e doutros textos. - Busca de información en Internet.

(18)

- Valoración dos textos creativos propios e respecto polas creacións alleas. - Respecto polas leis que regulan as linguas.

- Respecto pola Natureza e conciencia da necesidade de cuidala e protexela, como un ben que herdarán os nosos descendentes.

1.1.5. PROGRAMACIÓN DA UNIDADE 5

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e preditivos.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico - Valorar a importancia da tradición oral na transmisión da lingua.

- Interesarse pola elaboración de traballos relacionados co coñecemento do medio físico no que vivimos.

- Competencia matemática

- Interpretar correctamente a información presentada en formatos gráficos. - Competencia para o tratamento da información e competencia dixital

- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.

- Interpetar mapas e códigos iconográficos.

- Manexar o dicionario de maneira habittual, correcta e mecánica. - Competencia social e cidadá

- Valorar as relacións de veciñanza e a importancia que teñen nas nosas vidas as persoas que nos rodean.

- Recoñecer e valorar a diversidade da fala nas diferentes zonas da nosa comunidade.

- Valorar a presenza da lingua en calquera situación da vida cotiá e rexeitar os prexuízos que existen contra ela.

- Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.

(19)

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Reflexionar acerca da situación da lingua galega, argumentando as súas

opinións de maneira reflexiva.

- Investigar de maneira autónoma e eficiente para realizar os traballos propostos.

- Competencia cultural e artística

- Ser consciente de que unha lingua é moito máis ca un sistema de comunicación.

- Valorar a literatura popular como unha parte privilexiada do noso acervo cultural.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente. - Coñecer o concepto de prexuízo lingüístico.

- Ampliar o vocabulario relacionado coa casa. - Recoñecer palabras homónimas.

- Identificar os artigos e adxectivos determinativos e a súa función.

- Utilizar correctamente as formas dos artigos, dos demostrativos e dos posesivos.

- Coñecer e aplicar as regras que rexen o uso das maiúsculas.

- Recoñecer as características da literatura popular e, en especial, do conto popular.

- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS Segunda e terceira semana de janeiro.

1. Lectura e comentario: «O parafuso perdido» (Manuel Rivas: As

chamadas perdidas, Edicións Xerais, adapt.).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Os prexuízos lingüísticos. VOCABULARIO: A casa. Palabras homónimas. GRAMÁTICA: Os artigos e os adxectivos determinativos (posesivos e demostrativos). ORTOGRAFÍA: O uso das maiúsculas. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: A literatura popular. O conto popular. OBRADOIRO DE LITERATURA: Como modificar e cambiar un relato.

4. Competencia lingüística: Comenta un texto preditivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo uns criterios dados.

(20)

2.1. Coñece o concepto de prexuízo lingüístico.

2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Comprende o que son as palabras homónimas.

2.4. Recoñece e utiliza correctamente os artigos. 2.5. Recoñece e utiliza correctamente os posesivos. 2.6. Recoñece e utiliza correctamente os demostrativos.

2.7. Coñece e aplica correctamente as regras que rexen o uso das maiúsculas.

3.1. Recoñece as características da literatura popular e comenta e clasifica un conto popular.

4.1. Comenta textos preditivos atendendo ás súas características e intención comunicativa.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito. - Redactar correctamente textos persoais.

- Entender que son palabras homónimas.

- Identificar e utilizar correctamente os artigos e mais os posesivos e demostrativos.

- Utilizar correctamente as maiúsculas.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade. - Fixar hábitos de traballo: usar o dicionario, buscar información na biblioteca,

facer cadros e esquemas, ler en voz alta para recoñecer a importancia dos signos de puntuación, comprender as actividades do libro e a finalidade dos seus apartados...; utilizar o dicionario correctamente e de maneira habitual, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Fomentar no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe. - Motivar o alumnado para que lea e goce coa lectura, ofrecéndolle

diversidade de textos e xéneros ata que atope «aquel» estilo ou xénero que lle preste.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com

(21)

complementarias, Diagnóstico e Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

- Proba de avaliación correspondente á unidade 5 que contén o CD-ROM de Avaliación.

- Aplicación do modelo de proba de diagnóstico.

- Seguimento da avaliación continua de cada alumno e alumna.

- Anotacións no rexistro do profesor do desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN

- Actividades complementarias correspondentes á unidade 5 no caderno de

Tratamento da diversidade.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- Fichas de reforzo e ampliación en Tratamento da diversidade.

- Fichas de comprensión lectora e comentario en Lecturas complementarias. - Prácticas de competencias en Diagnóstico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Buscar contos populares na Rede, tanto de Galicia como doutras culturas, e comentalos na clase. Propóñense os que aparecen no seguinte enderezo: http://www.cesarsalgado.net/contos/index.html

- Invitar os alumnos e alumnas a que recollan por escrito algún conto oral que coñezan.

- Buscar na prensa durante algúns días diferentes textos preditivos (mapas do tempo, horóscopos) e analizar as súas características.

- Debater acerca da verosimilitude das predicións realizadas a partir do Tarot, os «botadores de cartas» etc. e comentar experiencias persoais relacionadas con estes temas.

FOMENTO DA LECTURA

- Lectura doutros textos de Manuel Rivas semellantes ao da lectura inicial da unidade.

- Plan lector de sete libros de literatura xuvenil, que foron seleccionados pensando nos alumnos da ESO.

(22)

- Lectura dalgún dos contos populares incluídos en Contos populares galegos (de Henrique Harguindey e Maruxa Barrio, ed. Galaxia, col. Árbore, 1995).

FOMENTO DAS TIC

- Audición no CD-Audio da lectura inicial e doutros textos. - Busca de información en Internet.

- Busca de textos preditivos na Rede.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Preocupación e autoesixencia por escribir de forma clara, limpa e ordenada. - Valoración crítica e actitude reflexiva cara aos resultados obtidos a través de

determinados textos preditivos.

- Valoración positiva da colaboración e das relacións de veciñanza.

1.1.6. PROGRAMACIÓN DA UNIDADE 6

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e persoais.

- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa ou creativa.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa. - Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro

habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

- Comprender a importancia que o respecto pola natureza ten para o futuro da humanidade.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital - Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar

(23)

- Analizar os elementos propios dalgúns recursos on-line de uso habitual. - Valorar a intención comunicativa dos blogs.

- Competencia social e cidadá

- Comprender a importancia de utilizar diferentes rexistros lingüísticos segundo a situación de comunicación.

- Rexeitar a influencia das modas nos hábitos alimentarios ou na estética. - Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.

- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Expresar os seus propios pensamentos e experiencias vitais.

- Entender o coñecemento dos mitos e lendas como elemento para espertar a imaxinación e a creatividade.

- Cooperar nos traballos en grupo como maneira de incentivar a confianza. - Competencia cultural e artística

- Valorar os refráns como froito da sabedoría popular.

- Valorar os autores clásicos como referentes do noso patrimonio literario. - Valorar os mitos e lendas como expresión da percepción da realidade por

un pobo.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente. - Coñecer os rexistros lingüísticos.

- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa alimentación. - Coñecer e aplicar os prefixos e sufixos máis habituais.

- Coñecer as formas dos adxectivos determinativos: indefinidos, numerais, interrogativos e exclamativos, e aplicalas correctamente nas producións propias.

- Coñecer as regras de uso do punto e dos signos de interrogación e admiración.

- Recoñecer as características da literatura popular, en especial dos mitos e as lendas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Última semana de janeiro e primeira de febreiro.

1. Lectura e comentario: «Dúas vidas nunha» (Anxos Sumai: Anxos da

(24)

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Os rexistros lingüísticos. VOCABULARIO: Vocabulario referido á comida. Prefixos e sufixos. GRAMÁTICA: Os adxectivos determinativos: indefinidos, numerais, interrogativos e exclamativos. ORTOGRAFÍA: Uso do punto e dos signos de interrogación e de admiración. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: A literatura popular. Lendas e mitos. OBRADOIRO DE LITERATURA: O texto fantástico.

4. Competencia lingüística: Comenta un fragmento dun diario. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Coñece os rexistros lingüísticos.

2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica os prefixos e sufixos máis habituais.

2.4. Coñece e utiliza correctamente as formas dos indefinidos. 2.5. Coñece e utiliza correctamente as formas dos numerais.

2.6. Coñece e utiliza correctamente as formas dos interrogativos e exclamativos.

2.7. Aplica correctamente o punto e os signos de interrogación e admiración en diversos textos.

3.1. Coñece as características da literatura popular, en especial dos mitos e as lendas.

4.1. Coñece os trazos lingüísticos e a estrutura propia dun diario.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito. - Recoñecer diferentes rexistros lingüísticos.

- Identificar os prefixos e sufixos máis habituais e explicar os significados que achegan.

- Coñecer as formas de adxectivos determinativos indefinidos, numerais, interrogativos e exclamativos.

- Usar o punto e os signos de interrogación e admiración.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade. - A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a

aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Fixar hábitos de traballo: utilizar o dicionario e reparar no feito de que a maioría das palabras son polisémicas, manexar unha gramática de apoio que axude a asimilar a colocación dos pronomes átonos, facer cadros e

(25)

- Fomentar o gusto pola lectura poñendo á súa disposición textos diversos e de diferentes estilos e xéneros.

- Motivar os alumnos e alumnas para que escriban as súas propias experiencias e sentimentos.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas

complementarias, Diagnóstico e Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

- Proba de avaliación correspondente ao tema 6 que contén o CD-ROM de Avaliación.

- Aplicación do modelo de proba de diagnóstico.

- Seguimento da avaliación continua de cada alumno e alumna.

- Anotacións no rexistro do profesor do desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN

- Actividades complementarias correspondentes á unidade 6 no caderno de

Tratamento da diversidade

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- Fichas de reforzo e ampliación en Tratamento da diversidade.

- Fichas de comprensión lectora e comentario en Lecturas complementarias e

Fomento da lectura.

- Prácticas de competencias en Diagnóstico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Elaborar en grupo varios murais con algúns personaxes mitolóxicos que lles resulten atraentes. Explicar a mitoloxía na que se engloban, indicar cales son os seus atributos, de que arte ou ciencia son «protectores», etc.

(26)

penedo, etc. da bisbarra que conte cunha tradición lendaria.

- Comentar a diferenza entre un diario escrito e un blog. Consultar diferentes

blogs na Rede.

- Simular na aula e por parellas diferentes situacións de comunicación na que un dos interlocutores utilice un rexistro non adecuado ao contexto, e comentar as repercusións tanto na comprensión da mensaxe como na relación interpersoal que se crea.

FOMENTO DA LECTURA

- Lectura dalgún outro texto literario baseado na estrutura do diario.

- Plan lector de sete libros de literatura xuvenil, que foron seleccionados pensando nos alumnos da ESO.

- Lectura dalgún fragmento do Diario de Ana Frank (de Anne Frank, en ed. Kalandraka, 2004).

FOMENTO DAS TIC

- Audición no CD-Audio da lectura inicial e doutros textos. - Busca de información en Internet.

- Creación dun blog.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Gozo cos xogos lingüísticos e creativos. - Valoración da importancia do patrimonio oral.

- Rexeitamento da influencia que as modas, a publicidade e os medios de comunicación en xeral poidan ter sobre os nosos hábitos alimentarios ou de saúde.

- Valoración da importancia de sentirse «a gusto» cun mesmo.

1.1.7. PROGRAMACIÓN DA UNIDADE 7

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e periodísticos.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

(27)

- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Valorar o uso dos recursos literarios como enriquecedores da expresión oral e escrita.

- Competencia matemática

- Aplicar os coñecementos de creación de gráficos e táboas na resolución de actividades, representación dos resultados de enquisas, etc.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital - Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar

coñecementos.

- Manexar de maneira habitual e correcta o dicionario.

- Desenvolver habilidades para comunicar información imitando os medios de comunicación ao noso alcance: prensa escrita, televisión, radio…

- Competencia social e cidadá

- Reflexionar acerca da importancia da presenza social dunha lingua como medio para acadar a súa normalización.

- Mostrar curiosidade por coñecer a diversidade de fala nas diferentes zonas.

- Recoñecer o papel social e informativo dos medios de comunicación. - Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe: resumos, cadros, táboas...

- Aplicar os coñecementos adquiridos en diferentes contextos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Reflexionar acerca dos límites que cada un debe recoñecer no seu comportamento e as súas actitudes, para acadar unha convivencia pacífica cos demais.

- Ler de maneira crítica e reflexiva os textos periodísticos.

- Explotar os recursos retóricos para espertar a sensibilidade e creatividade. - Competencia cultural e artística

- Amosar unha actitude positiva cara á lingua galega, sinal de identidade dun pobo.

- Interesarse pola orixe e introdución de determinados préstamos.

- Valorar o carácter expresivo da poesía e entendela como reflexo dunha sensibilidade.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente. - Identificar diferentes actitudes lingüísticas.

(28)

- Identificar algúns préstamos.

- Recoñecer e aplicar correctamente as formas tónicas dos pronomes persoais.

- Diferenciar a función da coma e do punto e coma.

- Recoñecer as características específicas do xénero lírico.

- Realizar o cómputo silábico de versos, atendendo ás posibles licenzas métricas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS Segunda e terceira semana de febreiro.

1. Lectura e comentario: «O sombreiro e a supercola» (Roald Dahl: Matilda, ed. Alfaguara-Obradoiro).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: As actitudes lingüísticas. VOCABULARIO: Vocabulario referido á hixiene. Os préstamos. GRAMÁTICA: O pronome persoal: formas tónicas. ORTOGRAFÍA: A coma e o punto e coma. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O xénero lírico. A métrica. OBRADOIRO DE LITERATURA: A poesía.

4. Competencia lingüística: Comenta unha noticia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto narrativo con fluidez e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Comenta diferentes actitudes lingüísticas.

2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario aprendido. 2.3. Comprende o concepto de préstamo.

2.4. Identifica e utiliza correctamente as formas tónicas do pronome persoal. 2.5. Aplica correctamente a coma e o punto e coma en diversos textos. 3.1. Analiza as características do xénero lírico.

3.2. Mide os versos dun poema atendendo ás posibles licenzas métricas. 4.1. Comenta una noticia e coñece a súa estrutura.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito. - Identificar préstamos.

- Recoñecer e utilizar correctamente as formas tónicas dos pronomes persoais.

- Empregar correctamente a coma e o punto e coma.

METODOLOXÍA

(29)

coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade. - Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a

finalidade dos seus apartados, utilizar o dicionario de maneria habitual e mecánica, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, utilizar modelos textuais para xerar os seus propios textos, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Incentivar no alumnado o gusto polos xogos lingüísticos, mediante propostas atraentes e lúdicas.

- Habituar os alumnos e as alumnas a fixarse nas palabras, para intentar comprender que significan, de onde proceden, cal pode ser a súa etimoloxía, etc.

- Fomentar no alumnado o gusto pola lectura, mediante a proposta na aula de textos diversos e pertencentes a diferentes xéneros e estilos.

- Facerlles ver aos alumnos e ás alumnas mediante exemplos a importancia de utilizar correctamente (e evitando interferencias) as dúas linguas que comparten a oficialidade na nosa comunidade e que nos enriquecen como persoas e como parte dun colectivo.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de ANAYADIGITAL.COM

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas

complementarias, Diagnóstico e Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

- Proba de avaliación correspondente á unidade que contén o CD-ROM de Avaliación.

- Aplicación do modelo de proba de diagnóstico.

- Seguimento da avaliación continua de cada alumno e alumna.

- Anotacións no rexistro do profesor do desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN

- Actividades complementarias correspondentes á unidade 7 no caderno de

(30)

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- Fichas de reforzo e ampliación en Tratamento da diversidade.

- Fichas de comprensión lectora e comentario en Lecturas complementarias e

Fomento da lectura.

- Prácticas de competencias en Diagnóstico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Converter a clase na redacción dun periódico. Por grupos, os alumnos e alumnas redactarán noticias de diferentes seccións (Deporte, Cultura, Local, etc.), sempre relacionadas co centro onde estudan. As noticias irán ilustradas e, se o profesor ou profesora o cre conveniente, poden elaboralas na aula de informática. Logo, xuntaranas na orde que corresponda para formar un xornal.

- Se o profesor ou a profesora o considera conveniente e as circunstancias o permiten, a clase podería visitar a redacción dun periódico ou unha editorial. - Compoñer poemas e lelos na clase.

- Facer unha sesión de recitado con poemas elixidos polos alumnos e alumnas.

- Visionar o fragmento da película Matilda correspondente ao fragmento da lectura.

FOMENTO DA LECTURA

- Lectura doutro texto de Roald Dahl que se axuste ao tema ou características da lectura inicial.

- Plan lector de sete libros de literatura xuvenil, que foron seleccionados pensando nos alumnos da ESO.

FOMENTO DAS TIC

- Audición no CD-Audio da lectura inicial e doutros textos. - Busca de información en Internet.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Interese por coñecer algúns autores clásicos de literatura infantil e xuvenil. - Valoración da nosa tradición.

- Valoración da importancia que teñen os medios de comunicación na nosa sociedade, como elemento indispensable para coñecer os acontecementos que teñen lugar en calquera parte do mundo.

- Desenvolvemento dun espírito crítico e reflexivo, capaz de recoñecer a tendencia ideolóxica de calquera xornal para xulgar as noticias de maneira relativa.

(31)

1.1.8. PROGRAMACIÓN DA UNIDADE 8

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Ler de maneira comprensiva e comenta textos literarios, informativos e expositivos.

- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que recibimos do noso contorno.

- Comprender, compoñer e empregar distintos textos segundo a intención comunicativa.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa. - Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro

habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

- Interesarse polo coñecemento da nosa paisaxe e por utilizar correctamente a terminoloxía que a designa.

- Competencia matemática

- Aplicar os coñecementos de creación de gráficos e táboas na resolución de actividades, creación de cadros cronolóxicos, etc.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital - Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar

coñecementos.

- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica. - Competencia social e cidadá

- Recoñecer o papel desempeñado polas redes sociais nas relacións interpersoais.

- Competencia para aprender a aprender

- Mostrar interese pola correcta realización de traballos de investigación e exposición.

- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe: resumos, cadros, táboas...

- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

(32)

- Reflexionar acerca da importancia da amizade e das relacións interpersoais na nosa maduración como persoas.

- Competencia cultural e artística

- Recoñecer o importante labor de organismos e particulares de fóra de Galicia a prol da cultura galega.

- Valorar o carácter expresivo da poesía e analizar algúns dos seus recursos propios.

- Recoñecer o carácter expresivo da canción e valorar as manifestacións folclóricas como parte do noso acervo cultural.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente. - Coñecer a situación do galego fóra de Galicia.

- Coñecer o vocabulario relacionado co medio natural. - Identificar os parónimos.

- Recoñecer os pronomes persoais e as súas formas átonas. - Coñecer a función dos dous puntos e dos puntos suspensivos.

- Recoñecer as características propias do xénero lírico e identificar a rima dun poema.

- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS Tres primeiras semanas de marzo.

1. Lectura e comentario: «Un amigo» (Xosé Neira Vilas: Memorias dun

neno labrego, Edicións do Castro).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: O galego fóra de Galicia. VOCABULARIO: Vocabulario referido ao medio natural. Os parónimos. GRAMÁTICA: Formas átonas do pronome persoal. ORTOGRAFÍA: Os dous puntos e os puntos suspensivos. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. A coherencia do texto.

3. Literatura: O xénero lírico. A rima. OBRADOIRO DE LITERATURA: As cantigas. 4. Competencia lingüística: Comenta un cadro cronolóxico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto con fluidez e comprensión e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Coñece a situación do galego fóra de Galicia.

2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica e usa correctamente algúns parónimos.

2.4. Recoñece e emprega correctamente as formas átonas do pronome persoal.

2.5. Recoñece e emprega correctamente as contraccións de pronomes átonos.

(33)

2.6. Aplica correctamente os dous puntos e os puntos suspensivos. 3.1. Comenta textos literarios do xénero lírico e analiza a rima. 4.1. Realiza un cadro cronolóxico a partir duns datos dados.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito.

- Identificar e usar correctamente algunhas palabras parónimas. - Manexar o vocabulario da unidade e aplicalo noutros contextos.

- Recoñecer e empregar correctamente as formas átonas do pronome persoal. - Aplicar as normas de uso dos dous puntos e dos puntos suspensivos.

- Comentar textos literarios do xénero lírico.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade. - Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a

finalidade dos seus apartados, utilizar o dicionario de maneira habitual e mecánica, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, esforzarse por reproducir modelos textuais dados para as propias producións, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Fomentar o gusto pola lectura proporcionando na aula material diverso e lecturas pertencentes a diferentes autores, xéneros e estilos.

- Motivar o alumnado para a creación dos seus propios poemas, proporcionándolles pautas básicas e mediante a lectura e audición de poemas sinxelos propios da súa idade.

- Aplicar na aula actividades lúdicas para xogar coa linguaxe, para investigar determinados temas, etc. de maneira que aprendan a gozar coa análise e utilización práctica da lingua.

- Fomentar o uso das TIC e dos medios audiovisuais ao seu alcance para outros usos que non sexan simplemente os do xogo ou comunicación cos amigos, facéndolles ver as posibilidades de búsqueda, investigación e aplicación práctica que ofrecen.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas

Referencias

Documento similar

En el presente proyecto se estudiará la dinámica de poblaciones (tamaño y estructura poblacional) de las babosas Deroceras reticulatum, Milax gagates y Lehmannia marginata y de

rírse al interés que la Unión Soviética lia despertado en todos los sectores de la opinión británica desde que lucha con- tra Alemania, el autor contesta a la pri- mera

Nada hacía presagiar en el mes de octubre, cuando comenzábamos el curso académico del Aula Permanente de Formación Abierta de la Universidad de Granada (el “Aula de mayores”),

A análise do efeito da auriculoterapia nos escores e sintomas de ansiedade e estresse dos professores do ensino fundamental I e II e do EJA demonstrou que a

Art. Facultades patrimoniales del deudor.–1. En el caso de concurso voluntario, el deudor conservará las facultades de administración y disposición sobre su patrimonio,

Constitúe unha introdución para a Historia da lingua galega, materia do módulo de Introdución ó estudo da lingua e literatura galegas, que se dispensa no 2º curso, e tamén para

Alén disto, segundo deixa ver a formulación do programa da materia, esta materia de segundo curso está conectada con calquera outra dos graos impartidos nas

Polo que respecta especificamente aos traballadores maiores, aínda que non se aprobaron obxectivos cuantificables como se fixera na reunión de Lisboa –na nosa