• No se han encontrado resultados

A regulación do emprego e o Fondo de Garantía Salarial

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "A regulación do emprego e o Fondo de Garantía Salarial"

Copied!
16
0
0

Texto completo

(1)

12

A regulación do emprego

e o Fondo de Garantía

Salarial

(2)
(3)

Neste apartado, no que se examinan os expedientes de regulación de emprego tramitados e as e os traballadores afectados polos mesmos, téñense en conta, fundamentalmente, no referido a Galicia, os datos facilitados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, competente nesta materia; completados con aqueles nos que, a súa competencia, se reserva á Administración Central, segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Denomínanse procedementos pactados aqueles nos que se acada un acordo entre a empresa e os representantes legais das persoas traballadoras. Os procedementos sen período de consultas son aqueles que se xustifican en causas de forza maior, nos que a normativa non establece a obrigatoriedade dun período de consultas.

A partir do 13 febreiro de 2012, hai que ter en conta as modificacións que se introducen no Real Decreto 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, no referido á supresión do requisito de autorización administrativa, manténdose a exixencia dun período de consultas.

12.2. Regulación de emprego

No primeiro cadro ofrécese, con datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, unha vision xeral dos traballadores afectados en Galicia polos efectos dos expedientes de regulación de emprego en base á información fornecida pola Dirección Xeral de Traballo, a Comunidade Autónoma ou o Area de Traballo dependendo da autoridade laboral á que compete a súa resolución. Examinando as cifras pode verse que os traballadores/as da provincia de Pontevedra son os máis afectados/as polos expedientes e, no que se refire concretamente aos de extinción, a provincia da Coruña, é a que maior número de traballadores/as afectados reflicte.

(4)

No que se refire concretamente aos expedientes tramitados pola Comunidade Autónoma, e con datos desta, non cadro 12.2, a provincia de Pontevedra, en xeral, é a que maior número de expedientes e traballadores/as afectados reflicte. Obsérvase tamén que os expedientes pactados representan máis do 68% do total.

Nos cadros 12.3 a 12.6 efectúase a desagregación dous expedientes pola medida autorizada segundo sexan pactados, non pactados ou sen período de consultas e o ámbito territorial.

Cadro 12.1 2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 A Coruña 353 235 4.195 2.823 885 519 2.333 1.987 977 317 Lugo 100 54 534 363 49 58 299 210 186 95 Ourense 81 40 691 357 101 174 355 127 235 56 Pontevedra 473 303 7.457 3.072 464 338 5.891 2.170 1.102 564 Galicia 945 596 12.877 6.615 1.499 1.089 8.878 4.494 2.500 1.032

Fo nte: M inisterio de Emprego e Seguridade So cial

Suspensión de Contrato

Redución de xornada

Empresas e traballadores afectados por procedementos de regulación de emprego, segundo tipo de medida, por provincia. Galicia

(1)No s dato s de empresas, o s dato s do to tal po den no n co incidir co a suma do s dato s po r pro vincias, debido a que a mesma empresa po de ter centro s afectado s po r pro cedemento s de regulació n de emprego en distintas pro vincias.

Traballadores afectados Em presas

afectadas(1) Total Despido colectivo

Cadro 12.2 Expedientes Trab. Afectados Expediente s Trab. Afectados Expediente s Trab. Afectados Expediente s Trab. Afectados A Coruña 177 2.220 16 170 35 207 228 2.597 Lugo 46 299 2 12 3 30 51 341 Ourense 28 307 2 19 0 0 30 326 Pontevedra 227 2.525 5 206 67 207 299 2.938 Ámbito autonómico 5 65 0 0 0 0 5 65 Totais 483 5.416 25 407 105 444 613 6.267

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada e persoas traballadoras afectadas, segundo o ámbito territorial. Galicia 2015

Pactados Non Pactados Sen período de Totais

consultas*

* Sen perío do de co nsultas: aqueles pro cedemento s que se xustifican en causas de fo rza maio r, no s que a no rmativa no n establece a o brigato riedade dun perío do de co nsultas

(5)

Ám bito Extinción Suspensión Redución Totais A Coruña 18 139 71 228 Lugo 2 22 27 51 Ourense 4 7 19 30 Pontevedra 13 173 113 299 Autonómicos 1 1 3 5 Totais 38 342 233 613

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada, segundo o ámbito territorial e medida. Ano 2015

Expedientes totais

Cadro 12.4

Ám bito Extinción Suspensión Redución Totais

A Coruña 13 100 64 177 Lugo 1 18 27 46 Ourense 3 6 19 28 Pontevedra 9 106 112 227 Autonómicos 1 1 3 5 Totais 27 231 225 483

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada pactados, segundo o ámbito territorial e medida. Ano 2015

Expedientes pactados

Cadro 12.5

Ám bito Extinción Suspensión Redución Totais

A Coruña 5 4 7 16 Lugo 0 2 0 2 Ourense 1 1 0 2 Pontevedra 2 2 1 5 Autonómicos 0 0 0 0 Totais 8 9 8 25

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada non pactados, segundo o ámbito territorial e medida aplicada. Ano 2015

(6)

No cadro 12.7 pódese ver que o sector servizos é o que maior número de expedientes rexistra.

Polo que se refire aos traballadores afectados, destaca o número da provincia de Pontevedra e dos incursos en expedientes de suspensión, claramente maior nos pactados.

Cadro 12.6

Ám bito Extinción Suspensión Redución Totais

A Coruña 0 35 0 35 Lugo 1 2 0 3 Ourense 0 0 0 0 Pontevedra 2 65 0 67 Autonómicos 0 0 0 0 Totais 3 102 0 105

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada sen período de consultas, segundo o ámbito territorial e medida aplicada. Ano 2015

Expedientes sen período de consultas

Cadro 12.7

Ám bito Agricultura Pesca Industria Construción Servizos Totais

A Coruña 1 90 33 14 90 228 Lugo 0 2 11 9 29 51 Ourense 0 0 8 3 19 30 Pontevedra 0 72 67 27 133 299 Autonómicos 0 0 0 1 4 5 Totais 1 164 119 54 275 613

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada, por sector de actividade e ámbito territorial. Ano 2015

Sector de actividade

Cadro 12.8

Ám bito Extinción Suspensión Redución Totais

A Coruña 350 1.954 293 2.597 Lugo 52 204 85 341 Ourense 162 116 48 326 Pontevedra 284 2.115 539 2.938 Autonómicos 10 21 34 65 Totais 858 4.410 999 6.267

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Persoas traballadoras afectadas por procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada, segundo o ámbito territorial e a medida. Ano 2015

(7)

Nos cadros 12.12 a 12.15 efectúase a distribución por sexo, segundo a medida adoptada.

Ám bito Extinción Suspensión Redución

A Coruña 278 1.670 272 2.220 Lugo 38 176 85 299 Ourense 144 115 48 307 Pontevedra 255 1.734 536 2.525 Autonómicos 10 21 34 65 Totais 725 3.716 975 5.416

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Persoas traballadoras afectadas por procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada pactados, segundo ámbito territorial e medida. Ano 2015

Medida Persoas

traballadoras afectadas

Cadro 12.10

Ám bito Extinción Suspensión Redución

A Coruña 72 77 21 170 Lugo 0 12 0 12 Ourense 18 1 0 19 Pontevedra 17 188 1 206 Autonómicos 0 0 0 0 Totais 107 278 22 407

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Persoas traballadoras afectadas por procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada non pactados, segundo ámbito territorial e medida. 2015

Medida Persoas

traballadoras afectadas

Cadro 12.11

Ám bito Extinción Suspensión Redución

A Coruña 0 207 0 207 Lugo 14 16 0 30 Ourense 0 0 0 0 Pontevedra 12 193 2 207 Autonómicos 0 0 0 0 Totais 26 416 2 444

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Persoas traballadoras afectadas por procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada sen período de consultas, segundo ámbito territorial e

medida. 2015

Medida Persoas

traballadoras afectadas

(8)

Cadro 12.12

Ám bito Hom es Mulleres Total

A Coruña 2.080 517 2.597 Lugo 259 82 341 Ourense 171 155 326 Pontevedra 2.387 551 2.938 Autonómicos 37 28 65 Totais 4.934 1.333 6.267

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Persoas traballadoras afectadas por procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada,

segundo ámbito territorial e o sexo. 2015 Persoas traballadoras afectadas

Cadro 12.13

Ám bito Hom es Mulleres Total

A Coruña 203 147 350 Lugo 41 11 52 Ourense 55 107 162 Pontevedra 252 32 284 Autonómicos 7 3 10 Totais 558 300 858

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego Persoas traballadoras afectadas pola medida de extinción,

segundo ámbito territorial e o sexo. 2015 Persoas traballadoras afectadas

Cadro 12.14

Ám bito Hom es Mulleres Total

A Coruña 1.685 269 1.954 Lugo 175 29 204 Ourense 86 30 116 Pontevedra 1.786 329 2.115 Autonómicos 15 6 21 Totais 3.747 663 4.410

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego Persoas traballadoras afectadas pola medida de suspensión,

segundo ámbito territorial e o sexo. 2015 Persoas traballadoras afectadas

(9)

No cadro 16 reflíctese que o maior número de traballadores afectados corresponde ao sector de industria.

12.3. Evolución experimentada

Unha observación simple dos últimos anos (cadro 12.17), permite apreciar que, despois do incremento nos anos 2011 e 2012 en todos os parámetros a tendencia cambia no ano 2013, véndose diminuídas case todas as cifras, tanto de expedientes como de traballadores afectados, e mantense significativamente no ano 2015.

Ám bito Hom es Mulleres Total

A Coruña 192 101 293 Lugo 43 42 85 Ourense 30 18 48 Pontevedra 349 190 539 Autonómicos 15 19 34 Totais 629 370 999

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Persoas traballadoras afectadas pola medida de redución da xornada, segundo ámbito territorial e o sexo. 2015

Persoas traballadoras afectadas

Cadro 12.16

Ám bito Agricultura Pesca Industria Construción Servizos Totais

A Coruña 2 601 1.086 167 741 2.597 Lugo 0 14 201 23 103 341 Ourense 0 0 248 10 68 326 Pontevedra 0 304 1.641 165 828 2.938 Autonómicos 0 0 0 27 38 65 Totais 2 919 3.176 392 1.778 6.267

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Persoas traballadoras afectadas por procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada, por sector de actividade e ámbito territorial. Ano 2015

(10)

Con datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social (cadro 12.18), pódese observar o mesmo feito posto de manifesto no parágrafo anterior en case todas as Comunidades Autónomas, que diminúen significativamente o número de traballadores afectados por todas as medidas.

Cadro 12.17

A Coruña Lugo Ourense PontevedraAutonóm icos Totais

2010 368 80 46 510 7 1.011 2011 472 148 63 734 19 1.436 2012 700 188 137 1.261 46 2.332 2013 604 177 161 930 45 1.917 2014 324 91 72 483 14 984 2015 228 51 30 299 5 613

A Coruña Lugo Ourense PontevedraAutonóm icos Totais

2010 4.657 857 614 7.564 327 14.019 2011 5.661 1.560 1.070 11.271 1.165 20.727 2012 7.443 1.479 2.360 15.259 2.275 28.816 2013 5.514 1.172 1.934 9.577 2.054 20.251 2014 3.368 452 605 6.882 454 11.761 2015 2.597 341 326 2.938 65 6.267

Fo nte: Co nsellería de Eco no mía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral do Emprego

Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada e persoas traballadoras afectadas, segundo ámbito territorial (anos 2010-2015)

Expedientes

(11)

12.4. Fondo de Garantía Salarial

O Fondo de Garantía Salarial (en adiante FOGASA) é un organismo autónomo, adscrito hoxe ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que foi creado pola antiga e extinta lei de Relacións de Traballo de 1976, en garantía dos créditos salariais diante de situacións de insolvencia do empresario. Hoxe ven regulado no artigo 33 do Estatuto dos Traballadores, que foi obxecto de diversas modificacións. A última de calado foi a que deu nova redacción ao número 8 do artigo 33m que obrigaba ao FOGASA a facerse cargo de parte da indemnización devengada polo traballador en caso de despedimento, individual ou colectivo, por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, nas empresas de menos de 25

2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 Andalucía 1.072 564 14.032 5.976 3.396 1.764 5.047 2.770 5.589 1.442 Aragón 641 339 8.230 12.823 1.603 570 5.638 11.657 989 596 Asturias 630 345 6.984 4.334 722 469 5.037 3.226 1.225 639 Baleares 164 102 1.681 855 444 302 910 384 327 169 Canarias 187 116 2.650 2.125 1.009 463 1.184 1.368 457 294 Cantabria 320 168 3.503 2.509 237 310 2.671 1.900 595 299 C. A Mancha 403 150 4.315 1.114 876 230 1.997 634 1.442 250 C. León 1.068 594 14.847 10.148 1.529 919 11.067 8.062 2.251 1.167 Cataluña 1.590 786 23.978 13.375 6.297 5.841 13.613 6.020 4.068 1.514 C. Valenciana 1.341 715 19.750 8.861 4.265 2.571 11.921 4.903 3.564 1.387 Estremadura 217 130 1.681 1.683 541 387 513 1.007 627 289 Galicia 945 596 12.877 6.615 1.499 1.089 8.878 4.494 2.500 1.032 Madrid 1.003 598 18.516 16.351 10.293 7.707 5.164 6.395 3.059 2.249 Murcia 139 86 1.375 632 406 166 410 296 559 197 Navarra 391 238 5.799 4.048 395 550 4.775 3.109 629 389 País Vasco 1.328 649 17.854 8.511 2.150 1.082 12.401 5.858 3.303 1.571 A Rioxa 127 52 1.441 520 194 149 994 234 253 137 Ceuta 5 4 19 21 8 2 3 2 8 17 Melilla 6 6 34 21 11 1 11 6 12 14 Total 10.637 5.675 159.566 100.522 35.875 24.572 92.234 62.298 31.457 13.652

Fo nte: M inisterio de Emprego e Seguridade So cial

Traballadores afectaos Total

Em presas afectadas

Empresas e traballadores afectados por procedementos de regulación de emprego, segundo tipo de medida, por comunidade autónoma

(1) No s dato s de empresas,o s dato s do to tal nacio nal e do s to tais po r pro vincias e/o u co munidade autó no ma po de no n co incidir co a suma do s dato s po r co munidades autó no mas debido a que unha mesma empresa po de ter centro s afectado s po r pro cedemento s de regulació n de emprego en distintas pro vincias e/o u co munidades autó no mas

Redución de Xornada Despido Colectivo Suspensión de Contrato

(12)

nivel regulamentario, o FOGASA ven regulado polo real decreto 505/ 1985, de 6 de marzo, sobre organización e funcionamento do Fondo, modificado polo real decreto 372/2001, de 6 de abril.

Están protexidos polo FOGASA todos os traballadores contratados laboralmente, con independencia do tipo de empresa, do tipo de contrato ou da relación laboral especial, no seu caso, de que se trate,. Incluídos os altos directivos e os traballadores suxeitos á prestación de servizos de carácter transnacional. Así mesmo, están amparados polo FOGASA osa socios traballadores de sociedades laborais que conten cun número de socios non superior a 25, aínda que formen parte do órgano de administración social e teñan ou non competencias directivas.

Están excluídos da protección do FOGASA os traballadores ao servizo do fogar familiar; os conselleiros e administradores de sociedades mercantís capitalistas que non posúan o control efectivo da sociedade, cando desenvolvan funcións de dirección e xerencia da sociedade e sexan retribuídos por elo ou pola súa condición de traballadores da mesma; e os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado ou de explotación comunitaria da terra.

De acordo co artigo 33 do Estatuto dos Traballadores, as cantidades que abona o FOGASA aos traballadores en caso de insolvencia ou concurso do empresario son as seguintes:

- Artigo 33.1, parágrafo segundo do Estatuto dos Traballadores: débedas por salarios, incluídos os de tramitación, recoñecidas aos traballadores en acto de conciliación ou resolución xudicial, co límite da “...cantidade resultante de multiplicar o dobre do salario mínimo interprofesional diario, incluíndo a parte proporcional das pagas extraordinarias, polo número de días de salario pendente de pago, cun máximo de cento vinte días”.

- Artigo 33.2, parágrafos primeiro e segundo do Estatuto dos Traballadores: “...indemnizacións recoñecidas como consecuencia de sentenza, auto, acto de conciliación xudicial ou resolución administrativa...a causa de despedimento ou extinción dos contratos conforme aos artigos 50, 51 e 52 de esta leu, e de extinción de contratos conforme ao artigo 64 ...[da lei Concursal], así como as extincións de contratos temporais ou de duración determinada nos casos que legalmente proceda. En todos os casos co límite máximo dunha anualidade, sen que o salario diario, base do cálculo, poda exeder do dobre do salario mínimo interprofesional, incluíndo a parte proporcional das pagas extraordinarias. O importe da indemnización, aos solos efectos de abono polo FOGASA para os casos de despedimento ou extinción dios contratos conforme ao artigo 50 desta lei, calcularase sobre a base de trinta días por ano de servizo, co

(13)

Os límites das cantidades a abonar polo FOGASA, tanto por créditos salariais como indemnizatorios, segundo vimos, aplicáronse a partires do 15 de xullo de 2012, despois do significativo recorte imposto polo real decreto- lei 20/2012, de 13 de xullo.

O FOGASA se financia coas achegas dos empresarios, tanto públicos como privados, aplicando o tipo de cotización que cada ano estable o Goberno á base de cotización de cada traballador polas continxencias de accidente de traballo, enfermidades profesionais e desemprego.

Tanto no conxunto do Estado como en Galicia en 2015 reduciuse, respecto de 2014 e de xeito moi significativo, o número de expedientes resoltos polo FOGASA, así como o número de beneficiarios das súas prestacións. No conxunto do Estado houbo tamén unha moi apreciable redución do número de empresas afectadas, de case que un terzo, algo que non ocorreu en Galicia, onde se produciu un incremento das empresas afectadas. En Galicia a redución do número de beneficiarios das prestacións do FOGASA foi do 48,9 por cento. No conxunto do Estado esa redución foi do 57,6 por cento.

A xa referida redución do número de beneficiarios en Galicia foi moi importante na provincia de A Coruña, cunha redución do 67,9 por cento; en Pontevedra foi do 31,6 por cento; en Lugo do 24,4 por cento; e en Ourense do 19,7 por cento.

Cadro 12.19 2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 Galicia 17.968 8.628 8.596 3.404 24.146 12.346 16.190 8.184 7.940 4.154 A Coruña 9.224 2.714 4.345 1.197 12.044 3.871 8.034 2.444 3.995 1.420 Lugo 722 500 417 243 995 745 679 526 316 219 Ourense 935 663 383 179 1.129 907 821 604 308 302 Pontevedra 7.087 4.751 3.451 1.785 9.978 6.823 6.656 4.610 3.321 2.213 (1) o número de empresas que figura no To tal no n se co rrespo nde co a suma do s parciais, xa que unha mesma empresa po de estar ubicada en máis dunha pro vincia

Fo nte: M inisterio de Emprego e Segridade So cial. A vance A nuario de Estadísticas 2015

BENEFICIARIOS

Elabo ració n pro pia

Expedientes, empresas afectadas e beneficiarios das prestacións acordadas, segundo sexo, por provincia. Galicia 2014-2015

Execucións laborais Procedem entos concursais Am bos sexos(1) EMPRESAS(1) EXPEDIENTES

(14)

A minoración no número de expedientes e de beneficiarios vai acompañada dunha redución do importe dos salarios acordados, constatable tanto no conxunto do Estado como en Galicia. Se no conxunto do Estado a redución do número de beneficiarios, segundo se dixo máis arriba, foi do 57,6 por cento, o importe dos salarios acordados reduciuse un 44,5 por cento, mentres que en Galicia, cunha redución do número de beneficiarios do 48,9 por cento, o importe dos salarios acordados minorouse no 30,2 por cento.

En congruencia co que se ven de dicir, esa redución en 2015 respecto de 2014 do número de beneficiarios das prestacións do FOGASA, que levou aparellado un menor importe dos salarios acordados, tanto no conxunto do Estado como en Galicia, aínda que aquí de xeito desigual entre as distintas provincias, supuxo tamén un menor importe das indemnizacións acordadas.

Cadro 12.20 2014 2015 2014 2015 2014 2015 España 694.608,1 385.364,0 500.008,8 262.035,3 193.162,4 121.745,8 Galicia 40.070,4 27.979,6 28.762,8 19.612,4 11.266,6 8.356,0 A Coruña 22.243,9 9.780,1 16.135,8 6.712,4 6.072,7 3.058,5 Lugo 1.597,7 1.771,1 1.159,8 1.268,1 437,9 503,0 Ourense 1.914,2 2.141,7 1.424,8 1.531,2 489,5 608,6 Pontevedra 14.314,6 14.286,7 10.042,4 10.100,7 4.266,5 4.185,9 (1) a suma de varó ns e mulleres no n co incide co n A mbo s sexo s po rque éste inclúe o s no n clasificables po r sexo

Fo nte: M inisterio de Emprego e Segridade So cial. A vance A nuario de Estadísticas 2015

IMPORTE DOS SALARIOS ACORDADOS (miles de €)

Elabo ració n pro pia

Importe dos salarios acordados segundo sexo, por provincia. Galicia 2014-2015

Varóns Mulleres Am bos sexos(1) Cadro 12.21 2014 2015 2014 2015 2014 2015 España 1.593.991,2 751.181,2 1.131.977,5 514.089,4 459.239,7 233.535,4 Galicia 95.243,4 54.678,7 70.201,9 40.225,8 24.977,5 14.396,5 A Coruña 49.989,3 17.035,8 36.713,7 11.858,2 13.227,9 5.122,0 Lugo 3.732,3 3.625,6 2.948,3 2.862,0 784,1 763,6 Ourense 4.294,2 3.546,2 3.470,9 2.498,2 823,2 1.047,2 Pontevedra 37.227,6 30.471,1 27.069,0 23.007,4 10.142,3 7.463,7 (1) a suma de varó ns e mulleres no n co incide co n A mbo s sexo s po rque éste inclúe o s no n clasificables po r sexo

Fo nte: M inisterio de Emprego e Segridade So cial. A vance A nuario de Estadísticas 2015

IMPORTE DOS SALARIOS ACORDADOS (miles de €)

Elabo ració n pro pia

Importe das indemnizacións acordadas segundo sexo, por provincia. Galicia 2014-2015

Varóns Mulleres

(15)

- En A Coruña, cun 67,9 por cento menos de beneficiarios, os salarios acordados baixaron nun 56,0 por cento, mentres que as indemnizacións acordadas o fixeron nun 65,9 por cento.

- En Lugo, cun 24,4 por cento menos de beneficiarios, o importe dos salarios acordados incrementouse nun 10,8 por cento, mentres que as indemnizacións acordadas baixaron apenas un 2,9 por cento.

- En Ourense, cun 19,7 por cento menos de beneficiarios, os salarios acordados se incrementaron nun 11,9 por cento, mentres que as indemnizacións acordadas diminuíron un 17,4 por cento.

- En Pontevedra cun 31,6 por cento menos de beneficiarios, os salarios acordados tiveron unha baixada do 0,2 por cento, mentres que as indemnizacións acordadas víronse reducidas 18,3

Polo tanto, A Coruña foi a única provincia galega en que a redución tan significativa do número de beneficiarios foi acompañada dunha redución tamén significativa, aínda que menor, do importe dos salarios e das indemnizacións acordadas; mentres que en Pontevedra a redución non tivo efecto no montante dos salarios acordados, aínda que si, se ben de xeito menos rotundo, no importe das indemnizacións acordadas; e en Lugo e Ourense as súas respectivas reducións do número de beneficiarios veu acompañada de incrementos dos salarios acordados, sen impacto nas indemnizacións acordadas no caso de Lugo, e cunha baixada destas últimas en Ourense, aínda que menor que en A Coruña e Pontevedra.

Cadro 12.22 2014 2015 2014 2015 2014 2015 España 694.608,1 385.364,0 360.366,4 205.631,4 334.166,3 179.578,0 Galicia 40.070,4 27.979,6 19.546,8 14.056,9 20.523,4 13.921,5 A Coruña 22.243,9 9.780,1 11.254,7 5.038,4 10.989,1 4.741,8 Lugo 1.597,7 1.771,1 860,7 980,5 737,0 790,6 Ourense 1.914,2 2.141,7 1.306,5 852,7 607,7 1.289,0 Pontevedra 14.314,6 14.286,7 6.124,9 7.185,3 8.189,6 7.100,1 IMPORTE DOS SALARIOS ACORDADOS (miles de €)

Importe dos salarios acordados segundo motivo de solicitude por provincia. Galicia 2014-2015

Execucións laborais

Procedem entos concursais Total

(16)

Entrando no detalle da tipoloxía dos salarios e indemnizacións acordados, no conxunto do Estado produciuse unha baixada nuns e noutras, tiveran que ver con execucións laborais ou con procedementos concursais, o mesmo que ocorreu en Galicia, así como na provincia de A Coruña. No resto das provincias galegas o comportamento foi máis desigual, como reflicten os cadros 12.22. e 12.23. Cadro 12.23 2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 España 1.593.991,2 751.181,2 495.821,7 320.571,2 671.485,4 387.120,4 426.824,2 43.481,5 Galicia 95.243,4 54.678,7 27.632,6 23.412,0 38.419,8 27.718,4 29.190,9 3.548,4 A Coruña 49.989,3 17.035,8 15.099,7 7.778,7 20.698,6 8.837,9 14.190,9 419,3 Lugo 3.732,3 3.625,6 1.558,9 1.697,1 1.366,6 1.894,2 806,9 34,3 Ourense 4.294,2 3.546,2 1.794,2 1.372,4 1.524,1 2.114,9 975,8 58,9 Pontevedra 37.227,6 30.471,1 9.179,8 12.563,8 14.830,5 14.871,4 13.217,3 3.035,9

Fo nte: M inisterio de Emprego e Segridade So cial. A vance A nuario de Estadísticas 2015

INDEMNIZACIÓNS (miles de €)

Responsabilidade directa Fogasa

Elabo ració n pro pia

Importe das indemnizacións acordadas segundo motivo da solicitude, por provincia. Galicia 2013-2014

Execucións laborais Procedem entos concursais Por im pago da em presa Total

Referencias

Documento similar