• No se han encontrado resultados

Proxecto de Orde do, pola que se regula o establecemento dunha tarifa específica para a Xente Nova

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Proxecto de Orde do, pola que se regula o establecemento dunha tarifa específica para a Xente Nova"

Copied!
5
0
0

Texto completo

(1)

Proxecto de Orde do…, pola que se regula o establecemento dunha tarifa específica para a Xente Nova no eido do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia (en diante PTMG) ten como finalidade básica afondar en actuacións que melloren a calidade e a competitividade no transporte público. A aplicación das medidas do Plan requiren dun importante esforzo por parte das administracións públicas, así como dunha vontade de coordinación que, entre outras actuacións, supoña avances na integración das diferentes redes de transporte público, considerando a Área de Transporte Metropolitano (en diante ATM) como un todo integrado.

De xeito xenérico, as Administracións partícipes pretenden potenciar de forma específica a utilización do transporte público colectivo. Un dos eixes de actuación prioritarios do PTMG é o programa de integración tarifaria, a través da ordenación da oferta de transporte e o abaratamento do custo por viaxe ás persoas usuarias. O cumprimento deses obxectivos articúlase a través da implantación dun sistema tarifario zonal, da introdución de medios de pagamento multimodais (fundamentalmente a Tarxeta Metropolitana de Galicia e outras tarxetas integradas no sistema), e da fixación dunhas tarifas máis baratas, á vez que se bonifica o transbordo e se premia o uso recorrente do transporte.

A posta en marcha do PTMG supón a confluencia de diferentes administracións, articulada a través de convenios de colaboración, nos que se regulan os programas básicos sobre os que pivota o Plan.

Así, actualmente hai subscritos cinco convenios de colaboración en virtude dos que se constituíron as Áreas de Transporte Metropolitano (en adiante, ATM) da Coruña (convenio do 22 de outubro de 2010), de Santiago de Compostela (convenio do 3 de decembro de 2010), de Ferrol (convenio do 27 de decembro de 2010), de Lugo (convenio do 29 de decembro de 2010) e de Vigo (4 de marzo de 2015). Dos programas previstos, o programa tarifario é o que está actualmente en vigor nas cinco ATM implantadas. Do mesmo xeito, prevese a próxima implantación da ATM de Ourense. O convenio de colaboración en virtude do que se creou a ATM de Vigo e se implantaron as condicións do Plan na devandita ATM establece a súa duración ata o 31 de decembro de 2019. Pola súa parte, os convenios de colaboración das ATM da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Lugo foron prorrogados expresamente ata o 31 de decembro de 2017.

A política tarifaria aplicada no eido do Plan de Transporte Metropolitano supón unha especialidade respecto do marco tarifario xeral previsto no eido da nosa Comunidade Autónoma. Esta especialidade baséase en que se trata dun programa específico destinado a fomentar o uso do transporte público e afecta ás tarifas aplicables ás persoas usuarias. De feito, a Orde do 6 de marzo de 2008, pola que se regula a revisión das tarifas de servizos públicos regulares permanentes de transporte de viaxeiros de uso xeral por estrada e de estacións de autobuses de competencia da Xunta de Galicia establece no seu artigo 3 a posibilidade de establecer sistemas tarifarios integrados e de políticas de fomento do transporte público nas ATM que se constitúan. O eixo fundamental sobre o que pivota o programa tarifario é a Tarxeta Metropolitana de Galicia (en diante, TMG), que aspira a converterse en medio de pagamento básico dentro do Plan e á que van asociados os maiores niveis de desconto dentro deste. De feito, todas as bonificacións que se establecen adicionalmente dentro da política tarifaria vixente no Plan se establecen respecto dos pagamentos coa tarxeta.

(2)

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia establece a necesidade de reforzar a transversalidade e coordinación das políticas públicas en materia de xuventude. A transversalidade é definida como a coordinación a nivel sectorial entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia e establécese como un dos eixos principais da norma. O Plan Estratéxico da Xuventude de Galicia configúrase no artigo 4 da lei como o principal instrumento para acadar a devandita transversalidade en materia de xuventude coas consellerías da Xunta de Galicia. Neste marco, cómpre destacar que a Xunta de Galicia ten actualmente en marcha o Plan Estratéxico da Xuventude de Galicia 2014-2016.

Horizonte 2020. Trátase dun documento flexible destinado a ir incorporando novas actuacións que, en cada caso, se adopten a prol da mocidade galega.

O goberno galego aposta por mellorar a calidade de vida dos nenos e da mocidade na Comunidade Autónoma de Galicia. Co obxectivo de fomentar a mobilidade e o uso do transporte público colectivo entre a Xente Nova ofrecendo condicións tarifarias especialmente favorables, estímase necesario recoller nunha disposición o conxunto de regras que garantan a aplicación da nova tarifa Xente Nova nos medios de transporte integrados no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, na dobre vertente dos dereitos e das obrigas das persoas beneficiarias desta tarifa.

En virtude do exposto, oído/ de acordo co Consello Galego de Transportes, esta Consellería DISPÓN

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto desenvolver a regulación dunha tarifa específica aplicable ao colectivo de persoas usuarias do transporte público regular interurbano de uso xeral incluídas na categoría de Xente Nova. Para os efectos desta orde, terán a consideración de Xente Nova as persoas usuarias do transporte público regular interurbano de uso xeral por estrada con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos de idade, inclusive.

A tarifa establecida consonte co anterior, terá a denominación de tarifa Xente Nova.

Artigo 2. Tarifa aplicable á Xente Nova no eido do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia Á Xente Nova que cumpra cos requisitos establecidos nesta orde aplicaráselle unha tarifa de cero euros (0,00 €) nas viaxes en metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, cun número máximo de sesenta (60) viaxes mensuais por persoa usuaria, e de acordo coas condicións de funcionamento establecidas nesta orde.

Artigo 3. Medio de pagamento requirido para a aplicación da tarifa Xente Nova

O medio de pagamento requirido para a aplicación da tarifa Xente Nova é a Tarxeta Metropolitana de Galicia Xente Nova (en diante, TMG Xente Nova).

Artigo 4. Requisitos para o acceso a unha TMG Xente Nova

(3)

Pode ser titular da TMG Xente Nova calquera persoa con idade comprendida entre os 4 e os 18 anos de idade, inclusive.

A emisión da tarxeta realizarase nas oficinas distribuidoras da Tarxeta Metropolitana de Galicia da/s entidade/s financeira/s que colaboren no proxecto. A xestión das substitucións ou cancelacións das tarxetas realizaranse igualmente nas oficinas distribuidoras da Tarxeta Metropolitana de Galicia da/s entidade/s financeira/s que colaboren no proxecto. Para organizar a xestión da TMG Xente Nova, a/s entidade/s financeira/s colaboradora/s desenvolverá unha aplicación informática que facilitará ás persoas interesadas solicitar unha cita previa para a xestión das altas de tarxetas en calquera das oficinas expendedoras.

A documentación que debe achegarse en todo caso, para poder dispoñer dunha TMG Xente Nova é:

1. DNI, NIF, Pasaporte, NIE, Tarxeta de Residente ou outro documento análogo da persoa titular da tarxeta que acredite a súa idade e identidade.

2. Libro de familia.

3. DNI ou documentos análogos da persoa representante.

Unha persoa só pode ser titular dunha única TMG Xente Nova.

Os documentos indicados nos puntos 2 e 3 anteriores non serán necesarios cando a persoa solicitante da TMG Xente Nova xa teña os 18 anos cumpridos.

Artigo 5. Procedemento de aplicación da tarifa Xente Nova

A persoa titular da TMG Xente Nova aboará con cargo á súa tarxeta os desprazamentos que realice en calquera dos servizos de transporte público integrados nas Áreas de Transporte Metropolitano de Galicia implantadas. Sen prexuízo da posibilidade de utilización da TMG Xente Nova para o pagamento dun maior número de viaxes, a tarifa Xente Nova dará dereito ao reintegro do 100% do importe das viaxes metropolitanas interurbanas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.

Quincenalmente a Xunta de Galicia procesará os datos das viaxes pagadas con TMG Xente Nova para calcular os datos dos reintegros que deben operar respecto de cada tarxeta, e os días 5 e 20 de cada mes poranse a disposición das persoas titulares destas tarxetas os reintegros que lles correspondan para a súa aceptación nos caixeiros da/s entidade/s financeira/s colaboradora/s.

As persoas usuarias disporán dun prazo de dous meses para aceptar o reintegro dende a data na que este se pon á súa disposición. No caso de non aceptar a recarga dentro do devandito prazo, esta recarga caducará e perderán o dereito a percibila. As persoas titulares poderán consultar en calquera momento o estado das súas recargas na páxina web: ______.

Artigo 6. Obrigas das persoas titulares da TMG Xente Nova

(4)

A TMG Xente Nova será de uso exclusivo da súa persoa titular, quen se responsabiliza da súa custodia e correcto uso, estando obrigado a comunicar á entidade financeira na que se expedira a súa perda ou deterioro para proceder á súa substitución ou anulación. O uso dunha TMG Xente Nova por unha persoa distinta da súa titular dará lugar á súa anulación e deixará de resultarlle aplicable a tarifa Xente Nova.

No suposto de perda ou subtracción da tarxeta, será obriga da súa persoa titular, ou da persoa que a represente, a comunicación deste feito á entidade financeira colaboradora que corresponda. Nos casos de perda ou subtracción, a entidade financeira procederá á baixa da tarxeta, co que non resultará posible realizar operacións de recarga na mesma, logo do que poderá solicitarse a expedición dunha TMG Xente Nova en substitución daquela.

Non se expedirá unha nova TMG Xente Nova en substitución daquelas que fosen anuladas por incumprir os deberes que corresponden ás persoas titulares e, especificamente, as que fosen anuladas pola súa utilización por persoa diferente da súa titular sen previa comunicación da súa subtracción ou perda.

Para os efectos de facilitar os labores de control realizados por parte das empresas prestatarias dos servizos de transporte ou da Administración, os titulares da TMG Xente Nova deberán ir provistos durante a realización da viaxe dun documento acreditativo da idade e identidade (DNI ou análogo).

As persoas titulares da TMG Xente Nova están obrigadas a amosar os documentos acreditativos da idade e identidade no suposto de que sexan requiridos a tales efectos por parte do persoal da empresa de transporte ou das persoas que realicen os labores de control por parte da Administración ou en colaboración coa Administración.

Artigo 7. Extinción do dereito á tarifa Xente Nova

Toda vez que a persoa titular da TMG Xente Nova cumpra os 19 anos de idade, perderá o dereito a beneficiarse da tarifa para Xente Nova. A entidade financeira emisora bloqueará a tarxeta para a admisión de calquera recarga que non sexa remitida pola Administración, sen prexuízo da posibilidade de seguir empregando a tarxeta coa tarifa metropolitana ordinaria ata o esgotamento do saldo dispoñible.

O saldo da tarxeta TMG Xente Nova poderá transferirse a unha TMG de uso xeral para o seu consumo en transporte. Esta operación só pode efectuarse respecto da mesma persoa titular e sempre que esta non reúna os requisitos para poder beneficiarse dunha TMG Xente Nova. Agás en supostos excepcionais de necesidade económica previamente valorados e autorizados pola Administración e a entidade financeira colaboradora, o saldo da TMG Xente Nova non poderá ser recuperado en efectivo.

Disposición adicional primeira. Dispoñibilidade orzamentaria

(5)

Para atender as obrigas asumidas con base nesta orde, a Administración dispón de crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria con base na que se financia o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia (08.02.512A.470.1).

Disposición adicional segunda. Complementariedade co Plan de Transporte Metropolitano de Galicia No non regulado de forma expresa nesta Orde serán de aplicación as regras xerais de aplicación no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

Disposición transitoria. Aplicabilidade da tarifa Xente Nova

A tarifa Xente Nova prevista nesta orde será de aplicación a partir do __ de __ de 2016 (a data que se estableza será posterior á data prevista para a publicación no DOG).

A tarifa Xente Nova resultará de aplicación mentres manteñan a súa vixencia os Convenios administrativos polos que se implantou ou se implante en novas áreas o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e, inicialmente, ata o 31 de decembro de 2017. Logo da prórroga dos indicados convenios, ou a formalización dos acordos ou instrumentos que os substitúan, este prazo poderá ser ampliado por resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, logo da tramitación administrativa e contable pertinentes.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e modificación

Habilítase á persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade para ditar os actos de execución e interpretación que resulten oportunos en aplicación desta orde.

Igualmente, logo da tramitación administrativa e contable pertinentes, por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade poderanse modificar as condicións económicas, o volume de utilización dos servizos de transporte aplicables na tarifa Xente Nova que establece esta orde, ou o abano de de idade requirido para acceder á TMG Xente Nova.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente Orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no DOG.

Referencias

Documento similar

Artigo 34. Estendida a acta de constitución da mesa electoral, coas súas correspondentes copias, iniciarase a votación ás dez trinta horas, que continuará sen interrupción ata

homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario (60 créditos) e

Nova do Diario de Arousa do 28-V-2005 sobre as aportacións do Director da EHEC e da Xefa de Estación no “Taller para evaluar y asesorar el establecimiento de las condiciones

Durante 2009 este último grupo, coordinado pola Directora da BUSC encargouse de elabo- rar unha enquisa de avaliación do servizo por colectivos e da organización dunha xornada

Finalmente, no concernente ó actual marco institucional, pedíuselles ós expertos que expresasen a súa opinión acerca dunha posible ampliación territorial da Orde do 11 de xuño

a) Elixir á persoa titular da dirección e, de ser o caso, proceder a súa remoción. b) Aprobar o Regulamento de réxime interno, que deberá ser ratificado polo Consello de

No que se refire a equipamento, como xa se sinalaba no apartado de Presuposto, o total da partida presupostaria para o ano 2001 da BUSC, dedicouse á adquisición dunha nova máquina

En virtude do artigo 16-e) da Resolución do 10 de decembro de 2008, da dirección Xeral de Ordenación e Ca- lidade do SUG, pola que se publica o convenio de colaboración entre