• No se han encontrado resultados

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio"

Copied!
11
0
0

Texto completo

(1)

XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E

MINAS

Anuncio

Resolución do 19 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas SA (BEGASA) as autorizacións administrativas previa e de construción do proxecto denominado SE Ceao 132/20 kV - Ampliación do parque de 20 kV, situado no termo municipal de Lugo (expediente IN407A 2015/88-2 8281 AT).

Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas SA (BEGASA), con enderezo para os efectos de notificación na rúa A, parcela U2, do Parque Empresarial As Gándaras, 27003 Lugo, resultan os seguintes

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro.- O 04/04/2014 esta dirección xeral ditou resolución pola que se autorizou administrativamente e

se aprobou o proxecto de execución da instalación eléctrica denominada “Subestación O Ceao - Conexión Trafo 1 132/20 kV e Ampliación Celas 20 kV”, situada no termo municipal de Lugo e promovida por BEGASA (expediente IN407A 2014/8-2-8145-AT); sendo o alcance da ampliación da citada subestación o seguinte:

- Intemperie: Conexión dun novo transformador de potencia 132/20 kV de 30 MVA, denominado T1 (máquina existente actualmente na instalación, polo que unicamente se procederá á súa conexión ao sistema).

- Interior: Apertura de ocos no forxado do edificio para o paso dos respectivos cables cara ás celas de nova instalación; Instalación de 8 novas cabinas (6 de liña, 1 de transformador e 1 de medida) de 20 kV; e Cableado de novas celas, alimentación en cc e tendido FO.

A respecto desta instalación eléctrica, o 18/05/2015 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en adiante, xefatura territorial) ditou resolución pola que se denegou a súa posta en servizo, á vista do informe definitivo e desfavorable emitido o 21/01/2015 polos seus servizos técnicos.

Segundo.- O 28/09/2015 a empresa BEGASA, para os efectos de arranxar as deficiencias que impediron a

autorización da posta en servizo da citada instalación eléctrica (á que se fai referencia no antecedente de feito anterior), presentou ante a xefatura territorial a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción dun novo proxecto de ampliación da citada subestación do Ceao, que substitúe ao proxecto aprobado baixo o número de expediente IN4072014/8-2-8145-AT.

Esta solicitude, á que a xefatura territorial lle asignou o número de expediente IN407A 2015/88-2-8281-AT, acompañouse da seguinte documentación:

- O proxecto de execución titulado “SE Ceao 132/20 kV - Ampliación do parque de 20 kV”, asinado polo enxeñeiro industrial José María Garayo Rodríguez (colexiado nº 13.411 do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Madrid) e visado co nº 201503290 e data 09/09/2015; e no que figura un orzamento de 225.242,05 €.

- A declaración responsable, asinada polo proxectista con data 28/07/2015, na que se fai constar que o proxecto cumpre con toda a normativa que lle é de aplicación, de conformidade co esixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e da Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria.

Segundo consta neste novo proxecto de execución, o seu obxecto consiste na ampliación da subestación do Ceao con oito novas celas de 20 kV, blindadas e con illamento en SF6, cuxa instalación implicará a realización dos seguintes traballos:

(2)

- Montaxe das 8 novas cabinas de 20 kV (6 posicións de liña, 1 posición de transformador e 1 posición de medida).

- Desconexión dos cables de potencia de media tensión da cela da subestación móbil correspondente e conexión á nova cela montada.

- Cableado das novas celas, alimentación en corrente continua e corrente alterna e tendido de fibra óptica. - Posta en servizo de cada posición.

Terceiro.- O 25/01/2016 a xefatura territorial ditou resolución pola que se someteu a información pública a

petición de autorizacións administrativas previa e de construción deste novo proxecto de ampliación da subestación do Ceao (expediente IN407A 2015/88-2-8281-AT), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 03/02/2016 e no Boletín Oficial da Provincia do 06/02/2016.

Durante o período en que o devandito proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento

no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; e no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26

de decembro, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e na Resolución do 19/02/2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.

De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas

RESOLVE

1. Outorgar a Barras Eléctricas Galaico Asturianas SA (BEGASA) as autorizacións administrativas previa e de construción do proxecto denominado “SE Ceao 132/20 kV - Ampliación do parque de 20 kV”, situado no termo municipal de Lugo (expediente IN407A 2015/88-2 8281 AT).

2. Revogar a Resolución do 04/04/2014 desta dirección xeral pola que se autorizou administrtivamente e se aprobou o proxecto de execución da instalación eléctrica denominada “Subestación O Ceao – Conexión Trafo 1 132/20 kV e Ampliación Celas 20 kV”, situada no termo municipal de Lugo e promovida por BEGASA (expediente IN407A 2014/8-2-8145-AT).

Todo isto con suxeición ás seguintes condicións:

Primeira.- A instalación eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos

que figuran no proxecto presentado pola empresa promotora BEGASA, titulado “SE Ceao 132/20 kV - Ampliación do parque de 20 kV”, asinado polo enxeñeiro industrial José María Garayo Rodríguez (colexiado nº 13.411 do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Madrid) e visado co nº 201503290 e data 09/09/2015; e no que figura un orzamento de 225.242,05 €.

Segunda.- A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a

construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira.- En todo momento deberase cumprir canto establecen os regulamentos técnicos de aplicación, así

como demais normativas e directrices vixentes aplicables.

Cuarta.- Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será

necesaria autorización previa desta dirección xeral; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Quinta.- O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a

(3)

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Sexta.- A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento

das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Sétima.- Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións,

licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces R. 1638

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

SERVIZO DE EXPROPIACIÓNS

Anuncio

INFORMACIÓN PREVIA Á OCUPACIÓN DE BENS E DEREITOS PARA EXPROPIACIÓN FORZOSA

OBRA: AS NOGAIS- BECERREÁ “ABASTECEMENTO DE AUGA A TORALLO E ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑO” Cumprido o acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación e aos efectos previstos no artigo nº 18 da vixente Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de 1954 e máis nos nº 17 e 18 do seu regulamento, sométese a información pública a relación individualizada de bens, dereitos e propietarios, afectados pola realización da obra mais arriba meritada, para que, nun prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á última publicación do presente Edicto, poidan presentarse cantas alegacións ou rectificacións se consideren oportunas ao abeiro do establecido nos artigos mais arriba concretados.

(Achégase relación)

O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 2616/2015 de data 26-10-2015, Álvaro Santos Ramos. O SECRETARIO, O DEPUTADO PROVINCIAL, Manuel Castiñeira Castiñeira

Ref. catastral Titular/es Domicilio Tipo Solo

Destino

do solo Sup. Exp. (m

2) Outros bens afectados Cantidade 1B As Nogais Pol.- 136 Parc.- 1507

José Fernández Núñez Avda. Madrid 70

Becerreá Rural Matorral 50 ud. Plantóns castaño 10

1

As Nogais Pol.- 136 Parc.-

655

Amparo Ulloa Arias Lg Viveiro 1 Ourense

Rural Prado 160

ud. Carballos

xóvenes 1

Marcial Ulloa Arias Cl Via Julia 67 Pl 4 Pt 2 Barcelona m. Cierre de pedra sobre pedra de 0,80 m. de altura 3,5 2 As Nogais Pol.- 136 Parc.- 698 Mª Ángeles Saavedra Gutierrez Av. Quiroga B Becerrea Lugo Rural Monte Alto 70

ud. Bidueiras adultas 8 José Saavedra Gutierrez Lg. Villavexe 4 As

Nogais ud. Carballos xóvenes 4 3 As Nogais Pol.- 136 Parc.- 699 Manuel Gutierrez Pereira Mn S. Andres As Nogais Rural Monte Alto 120

ud. Bidueiras adultas 15 ud. Carballos xóvenes 6 ud Freixo adulto 1 ud. Castaños xóvenes 2 4 As Nogais Pol.- 136 Parc.- 703 María Solodad

Gutierrez Núñez Lg Torés As Nogais Rural

Monte

Alto 250

ud. Castaños adultos 3 ud. Carballos adultos 2 ud. Bidueiras adultas 4

ud. Castaños xóvenes 2 ud Salgueiros 1 5 As Nogais Pol.- 136 Parc.- 708

Aurora García García Cl Curros Enriquez

12 Pl: 2 Lugo Rural Monte Alto 140 ud. Castaños xóvenes 3 6 As Nogais Pol.- 136 Parc.- 709

Aurora García García Cl Curros Enriquez

12 Pl: 2 Lugo Rural

Monte

Alto 120

ud. Carballos

xóvenes 4

(4)

7 As Nogais Pol.- 136 Parc.- 712 Manuel Gutierrez Pereira Mn S. Andres As Nogais Rural Monte Alto 45 ud. Carballos xóvenes 1

ud. Plantóns carballo 6 8

As Nogais Pol.- 136 Parc.-

794

José Núñez Mn Quintás As

Nogais Rural

Monte

Alto 120

ud. Castaños

xóvenes 2

ud. Plantóns carballo 10

9 As Nogais Pol.- 136 Parc.- 795 Heredeiros De Jesús Gutierrez Fernández Lg San Andrés

Vilavexe As Nogais Rural

Monte Alto 165 ud. Castaños xóvenes 2 ud. Carballos xóvenes 3 10 Becerreá Pol.- 106 Parc.- 79

Jesús Fernández Rey Lg Agueira Torallo

Becerrea Lugo Rural

Frente Casa 11 m. Muro de mamposteria de pedra de 0,60 m. de altura e 0,70 m. de ancho 16

O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 2616/2015 de data 26-10-2015, O DEPUTADO PROVINCIAL, Álvaro Santos Ramos. O SECRETARIO, Manuel Castiñeira Castiñeira

R. 1658

CONCELLOS

CASTROVERDE

Anuncio

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 24 de maio de 2016 prestouse aprobación ao Padrón do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de abril de 2016, e exponse ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.

Castroverde, a 01 de xuño de 2016.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández

R. 1660

CERVANTES

Anuncio

O Pleno do Concello de Cervantes en sesión ordinaria celebrada o día 30 de maio de 2016, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos n.º 4/2016, baixo a modalidade de suplemento de crédito para a aplicación do superávit orzamentario con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais, destinados a financiar investimentos sempre que ao longo da vida útil do investimento esta sexa financeiramente sostible por importe de 69.466,90 €. Así mesmo, aprobouse a modificación do o Anexo de investimentos do orzamento 2016.

O expediente exponse ao público polo prazo de quince días, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo que empezará a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, podan formularse as reclamacións e suxestións que se estimen oportunas, as que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.

De conformidade co acordo adoptado, o expediente considerase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan alegacións.

Cervantes, 30 de maio de 2016.- O Alcalde-Presidente, Benigno Gómez Tadín

R. 1661

GUNTÍN

Anuncio

Aprobado inicialmente por el Pleno de la Corporación el expediente de modificación de créditos nº6/2016 dentro del vigente presupuesto municipal, en cumplimiento de lo dispuesto en el art. 177 en relación con el artículo 169 del Texto Refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales aprobada por el Real Decreto Legislativo 2/2004 de 5 de marzo, se expone al público en la Secretaría de este Ayuntamiento, por plazo de quince días hábiles, que empezarán a contarse desde el siguiente al de la inserción del presente edicto en el Boletín Oficial de la Provincia, a fin de que durante el mismo puedan formularse las reclamaciones que se consideren pertinentes, que deberán ser dirigidas al Sr. Alcalde-Presidente de esta Corporación.

(5)

Guntín, 31 de mayo de 2.016.- El Alcalde, Jesús Carreira Ferreiro.

R. 1662

MONFORTE DE LEMOS

Anuncio

Aprobada definitivamente a modificación do Anexo de Investimentos do orzamento Municipal de 2016 cuxa publicación inicial se realizou no boletín Oficial da Provincia de 11 de maio de 2016, núm. 28, e non formulándose reclamación ou observación algunha, procédese á publicación da modificación aprobada:

ANEXO DE INVESTIMENTOS 2016 APLICACIÓN CÓDIGO PROXECTO DENOMINACION PROXECTO ANOS PREVISTOS IMPORTE €/ANUALIDADE FINANCIAMENTO CONCELLO OUTROS

Inicio Remate FONDOS

PROPIOS OPERACIÓN ENDEBEDAMENTO 160 62000 2016-08a APORTACIÓN O CONVENIO CONCELLO XUNTA CONFEDERACIÓN HIDROGRAFICA E DEPUTACIÓN PARA O PLAN DE REDUCCION DE VERTIDOS 181.782,85 181.782,85 160 62000 2016-08b CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O IGVS E O CONCELLO PARA A OBRA DA “EDAR E BOMBEO SAÍDA RÍO CABE (1ªFASE) DO PORTO SECO

2016 2016 143.990,00 143.990,00

Conforme ó artigo 171.1 do citado texto legal, contra a aprobación definitiva deste expediente poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo na forma e prazo que establecen as normas reguladoras da devandita xurisdición.

En Monforte de Lemos a 31 de maio de 2016.- O ALCALDE, José Tomé Roca

R. 1663

RIBEIRA DE PIQUÍN

Anuncio

Por decreto da Alcaldía do 23 de maio do 2016, con motivo de período vacacional do titular da Alcaldía, acordouse o seguinte, segundo o disposto nos artigos 44 e 47 do ROF:

Delegar as funcións de Alcalde de Ribeira de Piquín dende o día 27 de xuño ata o día 14 de xullo do 2016, ambos inclusive, na 2ª Tenente de Alcalde Dª María Encarnación Álvarez Méndez. A publicación regulamentaria no Boletín Oficial da Provincia non obsta á efectividade do que se acorda.

Ribeira de Piquín, a 2 de xuño do 2016. O Alcalde. Asdo: Roberto Fernández Rico.

R. 1690

SARRIA

Anuncio

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº.º 97 correspondente ao día 28 de Abril do 2.016 e no perfil do contratante do Concello de Sarria da mesma data , publicouse a licitación da prestación do " SERVIZO DE

LIMPEZA DA CASA DO CONCELLO,DEMAIS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS E CENTROS DEPENDENTES DO CONCELLO DE SARRIA".

No Prego de Prescripcións Técnicas relativo ao Lote III " CEIP FREI LUIS DE GRANADA, CEIP DE OURAL e CEI MARQUÉS DE UXENA" advirtiuse un erro ao omitirse no Anexo III " Persoal a Subrogar" o persoal dos centros Frei Luis de Granada e CEIP de Oural.

(6)

A medio de Resolucións da Alcaldía nº 370/16 e 384/2016, resolveuse efectua-las referidas correccións e publica-lo referidos prego de prescripcións técnicas correxidos no perfil do contratante do Concello de Sarria (http://www.contratosdegalicia.es/resultadoGSA.jsp)

Esta corrección afecta á presentación das proposicións, polo que de conformidade co disposto no artigo 75 do R. D. 1098/2.001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Contratos das Administracións Públicas, establécese de novo o prazo de QUINCE (15) DIAS NATURAIS, a computar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e/ou no perfil do contratante.

A ALCALDESA-PRESIDENTA

R. 1664

VILALBA

Anuncio

* Faise público que na sesión plenaria celebrada o día 30/05/2016 deuse conta dos decretos que ditou S.

Sª o alcalde, de data 24/05/2016, sinalados cos números 42, 43 e 44, para designar, de novo e con motivo de

modificación, respectivamente ós membros da Xunta de Goberno Local, ós Tenentes de alcalde e as delegacións a favor de concelleiros, transcribíndose de seguido os citados decretos:

DECRETO núm. 42 da S. Sª o alcalde, don Gerardo Criado Guizán, de data 24/05/2016.

De conformidade coas atribucións que me outorga o art. 23 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das

bases de réxime local, e o art. 52 do ROF, aprobado polo RD 2568/86, do 28 de novembro, e con motivo do

cese do concelleiro don Jesús Vivero Prieto, e a toma de posesión do novo, don Amador Ángel Guerra Ramil, na sesión plenaria do 28/04/2016, RESOLVE:

Primeiro. Que a Xunta de Goberno Local presidida por esta alcaldía estará integrada polos cinco concelleiros

que figuran a continuación:

Dna. Patricia Teijeiro Álvarez Dna. Consuelo Grandío Pardo Dna. Sandra Vázquez Domínguez D. José Antonio Pita Paz

D. Iván Fernández Hermida

Segundo. Que a Xunta de Goberno Local terá como atribucións as seguintes:

a) Asistencia ao alcalde no exercicio das súas funcións.

b) As atribucións que delego nesta, na forma en que se dispón no art. 43.2 do ROF e que son:

b.1) Das reguladas no artigo 21.1 (letras f, g, h, j, n, o, q, r e s) as que se describen seguidamente. Letra f) O desenvolvemento da xestión económica de acordo co presuposto aprobado, dispoñer gastos

dentro dos límites da súa competencia, ordenar pagos e render contas; todo iso de conformidade co que se dispón na Lei reguladora das facendas locais.

Letra g) Aprobar a oferta de emprego público de acordo co presuposto e o cadro de persoal aprobados polo

Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo e distribuír as retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas.

Letra h) sancións do persoal.

Letra j) As aprobacións dos instrumentos do planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non

expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

Letra n) Sancionar as faltas de desobediencia á súa autoridade ou por infracción das ordenanzas municipais,

salvo nos casos en que tal facultade estea atribuída a outros órganos.

Letra o) A aprobación dos proxectos de obras e dos servizos cando sexa competente para a súa contratación

ou concesión e estean previstos no presuposto.

Letra q) O outorgamento das licenzas, salvo que as leis sectoriais o atribúan expresamente ao Pleno ou á

Xunta de Goberno Local.

Letra r) Ordenar a publicación, execución e facer cumprir os acordos do Concello.

Letra s) As demais que expresamente lle atribúan a leis e aquelas que a lexislación do Estado ou das

(7)

b.2) As establecidas na Disposición Adicional 2ª do RD Lei 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, en concreto:

As competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministración, de servizos, de xestión de servizos públicos, os contratos administrativos especiais, e os contratos privados cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a 4 anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referida aos recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.

A adxudicación de concesións sobre os seus bens e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto nin o importe de tres millóns de euros, así como a alienación do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicados.

b.3) As que lle atribúa ao alcalde a Lei 9/2002, do 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

b.4) As que a lexislación do Estado ou das Comunidades Autónomas, asignen ao municipio e non atribúan a

outros órganos municipais.

b.5) Todas as que lle atribúan as leis. Terceiro.

a) A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria todas as semanas, os martes, en horario habitual, ás 18:30 h.

b) Sesión constitutiva. A constitución da Xunta de Goberno Local celebrarase mañá martes, día 7/07/2015, ás 18:30 horas (art. 112 do ROF e 46 do texto refundido).

Cuarto. Dar conta ao Pleno na primeira sesión que celebre.

O que se fai público para os efectos do que se dispón no art. 52.4 do ROF. Mándao e asínao a S. Sª, e eu secretaria, Ana Mª Rubiera Álvarez, certifícoo.

DECRETO núm. 43 da S. Sª o alcalde, don Gerardo Criado Guizán, de data 24/05/2016.

En uso das atribucións conferidas polo art. 46 do ROF, e con motivo do cese do concelleiro don Jesús Vivero Prieto, e a toma de posesión do novo, don Amador Ángel Guerra Ramil, na sesión plenaria do 28/04/2016, procedo a nomear tenentes de alcalde aos seguintes concelleiros:

Primeiro tenente de alcalde, dona Patricia Teijeiro Álvarez Segundo tenente de alcalde, dona Consuelo Grandío Pardo Terceiro tenente de alcalde, dona Sandra Vázquez Domínguez Cuarto tenente de alcalde, don José Antonio Pita Paz

Quinto tenente de alcalde, Iván Fernández Hermida

Dar conta ao Pleno na súa primeira sesión.

O que se fai público para os efectos do que se dispón no art. 46.1 do ROF. Mándao e asínao a S. Sª, e eu secretaria, Ana Mª Rubiera Álvarez, certifícoo.

DECRETO núm. 44 da S. Sª o alcalde, don Gerardo Criado Guizán, de data 24/05/2016.

Primeiro: Ao abeiro e de conformidade coas atribucións conferidas no art. 43 e seguintes do ROF, e con

motivo do cese do concelleiro don Jesús Vivero Prieto, e a toma d eposesión do novo, don Amador Angel Guerra Ramil, na sesión plenaria do 28/04/2016, resolvo realizar, a favor dos concelleiros que a continuación se sinalan, as delegacións seguintes:

A don Agustín Baamonde Díaz: Economía e facenda.

A dona Patricia Teijeiro Álvarez: Educación e participación cidadana. A dona Consuelo Grandío Pardo: Feiras e mercados, e asociacionismo rural.

A dona Sandra Vázquez Domínguez: Urbanismo, servicios xerais e coordinación administrativa, así como a coordinación das delegacións de economía e facenda, de desenvolvemento local e medio rural, e de medio ambiente, turismo e comercio.

A don Iván Fernández Hermida: Desenvolvemento local e medio rural. A dona Mª Flor Rey Martínez: Servicios sociais, familia, muller e emprego.

(8)

A don José Antonio Pita Paz: Cultura, deportes e xuventude, así como a coordinación das delegacións de educación e participación cidadá; feiras e mercados, e asociacionismo rural; e de servicios sociais, familia, muller e emprego.

A don Amador Ángel Guerra Ramil: Medio ambiente, turismo e comercio. Segundo: Dar conta ao Pleno na súa primeira sesión.

O que se fai público para os efectos do que se dispón no art. 44.2 do ROF. Mándao e asínao a S. Sª, e eu secretaria, Ana Mª Rubiera Álvarez, certifícoo.

* Faise público así mesmo que, na sesión plenaria celebrada o día 30/05/2016, deuse conta da nova composición do grupo municipal do Partido Popular da Corporación Municipal, transcribíndose de seguido os seus compoñentes:

Grupo Municipal do Partido Popular – PP:

- Voceiro: D. Agustín Baamonde Díaz.

- Suplentes: Dona Patricia Tejeiro Álvarez, dona Consuelo Grandío Pardo, dona Sandra Vázquez Domínguez, don Iván Fernández Hermida, dona María Flor Rey Martínez, don José Antonio Pita Paz e don Amador Ángel Guerra Ramil.

* Faise público así mesmo que, na sesión plenaria celebrada o día 30/05/2016, adoptouse, con motivo de modificación, o nomeamento dos novos representantes da Corporación en órganos colexiados, transcribíndose estes e os novos compoñentes de seguido:

1º) Designación do representante do concello no consello escolar do: CEIP Antonio Insua Bermúdez: dona Consuelo Grandio Pardo.

2º) Designar como membro do "Padroado da Fundación para a protección de persoas con diminución psíquica Vilalba-Terra Chá", en representación do Concello de Vilalba e do grupo municipal do Partido Popular, a don

José Antonio Pita Paz.

O anteriormente designado queda igualmente facultado para a sinatura da escritura notarial e demais actos necesarios que se leven a cabo para o funcionamento da fundación.

Vilalba, 31/05/2016.- O alcalde. Gerardo Criado Guizán

- - -

Para os efectos do establecido no art. 8 do Regulamento de bens das CCLL, expóñense ó público durante o prazo de 30 días hábiles, os expedientes aprobados polo Pleno na súa sesión ordinaria de 30/05/2016 de modificación da “ordenanza número 25 reguladora da protección do medio ambiente urbano”, e de

“derrogación da ordenanza número 44 de administración electrónica” que fora aprobada polo Concello Pleno o día 30/11/2016, que se sustituiu pola aprobada polo Pleno do día 4/04/2016, asinándolle o mesmo

número, ó obxecto da publicación de ambos os dous expedientes no BOP,. Vilalba, 31 de maio do 2016

R. 1650

XERMADE

Anuncio

En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a conta xeral correspondente ao exercicio 2015, por un prazo de quince días e oito máis para que os interesados poidan presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

En Xermade, a 31 de maio de 2016.- O Alcalde, Roberto Garcia Pernas.

(9)

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE JUSTICIA DE GALICIA. SECRETARÍA DO GOBERNO

Anuncio

Dado que o Concello de TABOADA (LUGO) non elixiu xuíz de paz SUBSTITUTO para a dita localidade, realízase unha convocatoria para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, todos cantos teñan interese en acceder ó devandito cargo dirixan unha instancia á presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña facendo constar o seguinte:

1º) Nome, apelidos, DNI (fotocopia), idade e enderezo.

2º) Se desenvolveron o cargo de xuíz de paz, e se o fixeron como titular ou como substituto. 3º) Méritos que estimen oportunos.

4º) Profesión actual.

Todo isto faise público, en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do día da data, para coñecemento de todos os interesados en solicitar a praza antedita.

A Coruña, 27 de mayo de 2016.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro.

R. 1651

Anuncio

Dado que o Concello de A POBRA DE BROLLÓN (LUGO) non elixiu xuíz de paz SUBSTITUTO para a dita localidade, realízase unha convocatoria para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, todos cantos teñan interese en acceder ó devandito cargo dirixan unha instancia á presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña facendo constar o seguinte:

1º) Nome, apelidos, DNI (fotocopia), idade e enderezo.

2º) Se desenvolveron o cargo de xuíz de paz, e se o fixeron como titular ou como substituto. 3º) Méritos que estimen oportunos.

4º) Profesión actual.

Todo isto faise público, en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do día da data, para coñecemento de todos os interesados en solicitar a praza antedita.

A Coruña, 27 de mayo de 2016.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro.

R. 1652

Anuncio

A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 27 de

maio de 2016, acordou nomear, por un periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos

concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, este/s foi/foiron elexido/s polo Pleno do/s dito/s Concello/s con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros.

XOVE: substituto: DON MARCELO GRADAILLE CHAO DNI nº 33998019V.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de Alzada perante o Consello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto.

Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de primera instancia e instrución respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 27 de maio de 2016.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro.

(10)

Anuncio

A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 27 de

maio de 2016, acordou nomear, por un periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos

concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, este/s foi/foiron elexido/s polo Pleno do/s dito/s Concello/s con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros.

QUIROGA: titular: DON URBANO NÚÑEZ RODRÍGUEZ DNI nº 34237560J. Substituto: DON JOSÉ MEJÍA GARCÍA DNI nº 34231224W.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de Alzada perante o Consello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto.

Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de primera instancia e instrución respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 27 de maio de 2016.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro.

R. 1654

XULGADO DO SOCIAL N.º 3 DE VIGO

Anuncio

D/Dª MARTA LAGOS SUAREZ LLANOS, SECRETARIO DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 003 DE VIGO.

HAGO SABER: Que por resolución dictada en el día de la fecha, en el proceso seguido a instancia de D/Dª

TANIA BARRAL FARO, ANA SACRISTAN MELO, MARIA ISABEL LOPEZ BRAGA contra SERCLINIC SOCIEDAD DE SERVICIOS MEDICOS, S.L., ATLAB, S.L. , MEDICINA DE LABORATORIO, S.L. , LABORATORIOS SAN ANDRES SOCIEDAD CIVIL, ANCLOP AIE , JOSE MARIA NIETO BERNAT , GUILLERMO SEIJO FORMOSO , RAMON CASARES PEREZ , ANTONIO TOCA CARUS , CARRERA Y LOPEZ, S.L. , ALFREDO ROMAY VARELA , CONCEPCION GALLEGO CORTIÑAS , AVELINA GARCIA CARRERA , en reclamación por ORDINARIO, registrado con el nº PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000553 /2015 se ha acordado, en cumplimiento de lo que dispone el artículo 59 de la LJS, citar a

CARRERA Y LOPEZ S.L. en ignorado paradero, a fin de que comparezca el día 17/01/2017 a las 10:50 horas,

en Planta 3 - Sala 5 - Edif. Xulgados, para la celebración de los actos de conciliación y en su caso juicio, pudiendo comparecer personalmente o mediante persona legalmente apoderada, y que deberá acudir con

todos los medios de prueba de que intente valerse, con la advertencia de que es única convocatoria y que

dichos actos no se suspenderán por falta injustificada de asistencia.

Se advierte al destinatario que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o de la cédula en el tablón de anuncios de la oficina judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia, o cuando se trate de emplazamiento.

En caso de que pretenda comparecer al acto del juicio asistido de abogado o representado técnicamente por graduado social colegiado, o representado por procurador, pondrá esta circunstancia en conocimiento del juzgado o tribunal por escrito, dentro de los dos días siguientes al de su citación para el juicio, con objeto de que, trasladada tal intención al actor, pueda éste estar representado técnicamente por graduado social colegiado, o representado por procurador, designar abogado en otro plazo igual o solicitar su designación a través del turno de oficio. La falta de cumplimiento de estos requisitos supone la renuncia de la parte al derecho de valerse en el acto de juicio de abogado, procurador o graduado social colegiado.

Y para que sirva de citación a CARRERA Y LOPEZ S.L. se expide la presente cédula para su publicación en el Boletín Oficial de la Provincia de LUGO y colocación en el tablón de anuncios.

En VIGO, a veinte de mayo de dos mil dieciséis.- EL/LA SECRETARIO JUDICIAL

(11)

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO. COMISARIA DE AUGAS

Anuncio

Expediente número: A/27/20988.

Asunto: Solicitud de concesión de un aprovechamiento de aguas. Peticionario: Comunidad de Usuarios de Trigais.

Nombre del río o corriente: Manantiales Ollo da Rigueira (4 surgencias), Do Espín y Casa Antón de Arriba. Caudal solicitado: 0,1224 l/seg.

Punto de emplazamiento: Trigais, San Pedro. Término Municipal y Provincia: Cervantes (Lugo). Destino: Abastecimiento a Trigais.

BREVE DESCRIPCION DE LAS OBRAS:

Seis arquetas de captación, zanja drenante y conducción a arqueta de reparto a 8 depósitos individuales. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contado a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Cervantes , o en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España nº 2, -33071-OVIEDO), donde estará de manifiesto el expediente.

Oviedo, 31 de mayo de 2016.- EL TITULADO SUPERIOR DE GESTIÓN Y SERVICIOS COMUNES. Pedro Granda Rodríguez.

R. 1986

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL. DIRECCIÓN TECNICA

Anuncio

PROYECTO CONSTRUCTIVO DEL COLECTOR DEL RIO VEIGA.TÉRMINO MUNICIPAL DE GUITIRZ (LUGO). INFORMACIÓN PÚBLICA

Por Resolución de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, de fecha 31 de mayo de 2016, se ha acordado someter a información pública el documento relativo a las obras del asunto, que a continuación se relaciona y a los efectos que igualmente se expresan:

- Proyecto, a los efectos previstos en el art. 86 de la Ley 30/1992 de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común.

Este documento estará expuesto en las oficinas de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil situadas en Ourense, C/ Curros Enríquez, nº 4 - 2º y en Lugo, situada en Ronda da Muralla 131 - 2º para que pueda ser examinado por quienes lo deseen y formular las alegaciones u observaciones que consideren oportunas, sobre el contenido del mismo, durante el plazo de veinte días hábiles, contados a partir del día siguiente a la publicación del presente anuncio en el último de los Boletines Oficiales en que se ha de publicar, Boletín Oficial del Estado y Boletín Oficial de la Provincia de Lugo.

Ourense,1 de junio de 2016.- EL PRESIDENTE DE LA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO-SIL, Francisco Marín Muñoz

R. 1657

Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 09.06.2016 08:00:00 CEST

Razón:

Localización: España

Signature Not Verified

Referencias

Documento similar

La campaña ha consistido en la revisión del etiquetado e instrucciones de uso de todos los ter- mómetros digitales comunicados, así como de la documentación técnica adicional de

Debido al riesgo de producir malformaciones congénitas graves, en la Unión Europea se han establecido una serie de requisitos para su prescripción y dispensación con un Plan

Como medida de precaución, puesto que talidomida se encuentra en el semen, todos los pacientes varones deben usar preservativos durante el tratamiento, durante la interrupción

El examen de la materia de Historia de acceso a la Universidad para mayores de 25 años consistirá en una prueba escrita, en cuya realización los aspirantes deberán

Se establecen las bases reguladoras del programa de fomento y consolidación del empleo a través del Programa I, para las pequeñas empresas de nueva creación, y el Programa II,

Convocatoria de ayudas públicas en régimen de concurrencia competitiva para proyectos de carácter no productivo de la medida 19 "LEADER" en el marco del Programa de

Convocatoria de las bases reguladoras para la concesión de ayudas del Ayuntamiento de Benacazón destinadas a emprendedores/as para la creación de empresas de trabajo autónomo en

Título Convocatoria que tiene por objeto promover la participación en el programa plan internacional de promoción, cofinanciado en un 50% por el Fondo Europeo de Desarrollo