• No se han encontrado resultados

GUÍA DOCENTE DA MATERIA “HISTORIA SOCIAL E CULTURAL DE EUROPA I” (G5101443)

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "GUÍA DOCENTE DA MATERIA “HISTORIA SOCIAL E CULTURAL DE EUROPA I” (G5101443)"

Copied!
9
0
0

Texto completo

(1)

GUÍA DOCENTE DA MATERIA

“HISTORIA SOCIAL E CULTURAL DE EUROPA I”

(G5101443)

Autor: Carlos Baliñas Pérez

Titulación: Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Centro: Facultade de Humanidades-Campus de Lugo Curso académico: 2020-2021

(2)

1.- Datos descriptivos da materia:

1.1. Descrición da materia:

Historia Social e Cultural de Europa I (G5101443) é unha materia optativa do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Ten unha carga docente de 4´5 créditos ECTS, equivalente a 112’5 horas de traballo do alumno. Dentro da distribución temporal da docencia do Grao, enmárcase no 1º cuadrimestre do Cuarto Curso, impartíndose as horas de clase presencial os Luns de 12 a 13’30 horas e os Xoves de 11 a 12 horas no Seminario 214 da Facultade de Humanidades (este horario comprende toda a docencia presencial, incluíndo clases expositivas e interactivas, titorías presenciais e outras actividades).

1.2. Requisitos previos:

Aínda que non existen prerrequisitos esenciais, fóra dos estrictamente normativos, para cursar esta materia, é altamente aconsellable ter cursado e superado as materias

“Historia Antiga“ e “Historia Medieval” de 1º curso e dominar a técnica do comentario de texto histórico. Así mesmo é preciso que os alumnos/as posúan a capacidade de expresarse oralmente e por escrito con corrección en galego e español. O aproveitamento académico para o alumnado será maior se ten coñecementos de linguas estranxeiras (preferiblemente Inglés e/ou Francés) e un axeitado dominio dos conceptos espacio-temporais nos procesos históricos.

1.3. Profesor que imparte a materia:

Dr. Carlos Baliñas Pérez, Profesor Titular de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela. O curso será impartido en galego, se ben se adoptarán estratexias docentes específicas para os alumnos/as que non acrediten un coñecemento suficiente deste idioma.

1.4. Horario de tutorías:

As tutorías terán lugar no despacho 117 da Facultade de Humanidades (1º andar) no horario que será comunicado ao alumnado ó comezo das actividades docentes. Se atenderá así mesmo ó alumnado por teléfono (982 824 727) e vía correo electrónico (carlos.balinas@usc.es).

Atención: Fóra do devandito horario, a atención ó alumno é discrecional e está condicionada ós compromisos académicos e actividades do profesor, polo que se recomenda solicitar cita previa vía telefónica ou informática.

2.- Sentido da materia no perfil da titulación:

2.1. Bloque formativo ó que pertence a materia:

(3)

A asignatura “Historia Social e Cultural de Europa I” está inserida no bloque formativo de Historia dentro do Módulo de Formación Humanística, xunto coas materias obrigatorias “Historia Antiga” e “Historia Medieval” (1º curso), “Historia Moderna” e “Historia Contemporánea” (2º curso) e “Historia do Mundo Actual” (3º curso), nunha secuencia común cronolóxica e de aprendizaxe. O obxectivo común do bloque é o achegamento ó alumno/a á comprensión dos procesos históricos como ferramenta de interpretación do pasado, dilucidación do presente e formulación do futuro. Esta asignatura mantén así mesmo unha estreita conexión formativa coas materias optativas “Historia Social e Cultural de Europa II”, coa que forma unha unidade didáctica, e “Historia de Galicia” e “Historia de España”, parte dos contidos das cales están concibidos como ampliación e afondamento dos desta materia. De tódolos xeitos, o alumno/a debe de ser consciente que, no marco dunha titulación xeralista e interdisciplinar, como é o caso do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, existe unha marcada interrelación entre esta materia e as do resto do programa de estudios, especialmente coas pertencentes ós bloques formativos de Xeografía e Historia da Arte e Antropoloxía Cultural e Filosofía.

2.2. Papel que xoga a materia dentro do bloque formativo:

Achegar aos futuros graduados/as en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural a un coñecemento e comprensión global do proceso de conformación de Europa como unha realidade socio-política de seu e un espazo de civilización, centrándose especialmente na súa definición inicial entre os anos 400 e 1500 como un marco social e cultural conexo, estructurado arredor do Cristianismo e o Feudalismo. Tentarase ofertar unha visión sintética, razoada e multicausal, que integre elementos políticos, económicos, sociais e culturais de cara a obter unha comprensión global dos procesos históricos pasados e presentes que puxeron as bases da civilización europea-occidental, no marco da interdisciplinariedade propia do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

2.3. Interese da materia para formación académica e profesional do alumnado:

Hai poderosos argumentos para soster que Europa en canto que construcción social, política e cultural, tal como a entendemos hoxe en día, forxouse nos seus piares básicos e definitorios na Idade Media, arredor dos eixes definidos pola sociedade feudal e o cristianismo católico romano e sobre os cimentos deixados pola cultura grecorromana. É imposible entender plenamente a nosa civilización europea-occidental sen un coñecemento da cultura clásica e da xeira medieval. Mais, entón como agora, esta civilización, que imbúe tódolos aspectos da nosa sociedade actual e dese marco europeo no que se desenvolve a nosa vida, estivo en estreita interrelación coas outras áreas de civilización nadas na Idade Media: o mundo bizantino-eslavo-ortodoxo (que recentemente está incorporándose ó marco político, económico e cultural da Unión Europea) e o mundo árabe-islámico (co que a nosa civilización comparte dende os seus inicios comúns unha complexa historia de interdependencia mutua mestura de mestizaxe e conflicto). Un europeo que non coñeza a súa historia é un individuo desprovisto das claves mínimas para entender a súa sociedade, a súa cultura e o seu tempo.

Dun xeito máis instrumental, o afondamento na historia social e cultural europea é fundamental tanto para o exercicio profesional da docencia e a investigación no campo das Humanidades como para a especialización laboral no campo da xestión e

(4)

difusión cultural. Nese aspecto, a máis dos contidos básicos formativos, a docencia desta materia pretende achegar ó alumnado ós diferentes rexistros interpretativos da historia social, económica, cultural e política, empregando o estudio da formación da Europa Medieval como laboratorio práctico da multiplicidade de instrumentos da análise histórica.

3.- Obxectivos e competencias a traballar nesta materia:

3.1. Obxectivos relacionados cos novos coñecementos ou habilidades a adquirir nesta materia (competencias específicas):

En canto que disciplina de profundización na aprendizaxe da Historia, esta materia ten como obxectivo proporcionarlle ó alumno/a un coñecemento global das orixes da civilización occidental, cunha incidencia especial nas orixes e evolución históricas da Europa da Idade Media, axudándolle a desenvolver unha visión sintética, razoada e multicausal, que integre elementos políticos, económicos, sociais e culturais nunha comprensión global dos procesos históricos pasados e presentes, tendo sempre moi presente o marco da interdisciplinariedade propio do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Se fomentarán especificamente como competencias propias da materia a capacidade de análise crítica e constructiva de situacións pasadas e presentes (o manexo do tempo histórico) –Competencia 3G- e a capacidade de lectura e interpretación crítica e comprensiva en todo tipo de soportes informativos (con especial incidencia na información documental a través da técnica do comentario de texto histórico)- Competencia 4G-.

3.2. Obxectivos relacionados co dominio de certas ferramentas de aprendizaxe e/ou de formación (competencias xerais):

Consideramos que o estudio da Historia debe potenciar no alumno/a como competencias xerais instrumentais a comunicación oral e escrita na lingua nativa (cunha especial opción pola lingua galega) e a capacidade de análise e síntese das diversas fontes de coñecemento da realidade –Competencia T2-.

Como competencias xerais sistémicas estimularemos a creatividade individual e o xuízo crítico e razoado. Como ferramenta instrumental e xeito de avaliación destas competencias empregaremos o traballo bibliográfico obrigatorio na súa triple dimensión de redacción escrita, recensión crítica e resumida dunha fonte informativa e plasmación persoal das capacidades, coñecementos e opinións persoais do alumno/a – Competencia E5-.

Como competencias xerais interpersoais incidiremos especialmente no recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade e o compromiso ético a través do descubrimento do ser humano como suxeito da Historia – Competencia E3-..

3.3. Obxectivos e competencias vencellados a valores ou actitudes básicas:

O obxectivo global do desenvolvemento destas competencias específicas e xerais será o de potenciar no estudiante unha vontade de aprendizaxe autónoma e

(5)

individualizada dende a súa propia realidade en interrelación e empatía co docente e cos seus compañeiros e compañeiras: comprenderse a si mesmo, comprender o mundo que lle arrodea e formular propostas de actuación persoal e colectiva na seu entorno social - Competencia 5G-.

4.- Contidos da materia:

4.1.Descritor da materia:

A crise da Romanidade e a transición cara a un novo modelo social fundamentado no predominio das relacións privadas sobre das institucionais nas esferas económica, social e política. A identificación da sociedade coa cristiandade nos campos da moral e a cultura. As áreas de civilización árabe-islámica e bizantino-ortodoxa e a súa relación con Occidente. A construción dunha idea de Europa arredor do feudalismo, as monarquías nacionais e a Igrexa católica. A crise do modelo feudal e a evolución cara á sociedade moderna.

4.2. Estruturación da materia:

A materia se articula arredor dun tema introdutorio e tres bloques temáticos, seguindo unha ordenación ontolóxica e cronolóxica. O primeiro tema achega ó alumno/a á construción da idea e concepto de Europa na Idade Media e ós seus marcos espaciais e temporais a partir do legado recibido da Romanidade clásica. O primeiro bloque temático se ocupa da ruptura do espazo unitario xerado arredor do Imperio Romano e a civilización grecolatina no mundo mediterráneo e a súa reconfiguración parcial no occidente europeo baixo a influencia dos pobos xermánicos, que traen consigo os seus propios modelos sociais e culturais. Analizaremos como os xeitos de apropiación da terra e de xeración dunha nova aristocracia guerreira poñerán as bases dunha nova estructuración social -o feudalismo clásico- e o papel de mediadora e lexitimadora da Igrexa católica romana coma ponte entre o pasado e o futuro, que lle outorga un rol fundamental na construcción da proto-Europa medieval.. O segundo bloque temático céntrase no proceso de construcción e consolidación dun modelo social e dunha civilización propia no occidente europeo que comezará un proceso de expansión polo marco continental ata acadar unha posición hexemónica fronte ás outras áreas de civilización en Europa. Analizaremos as bases demográficas, económicas e mentais dende as que parte a creación da primeira civilización especificamente europea -a cultura do Románico-, a aparición e desenvolvemento dun novo espazo socio- cultural, a cidade, o paso do feudalismo latifundista ao réxime señorial e a interrelación nobre-burgués e campo-cidade que da lugar á cultura do Gótico. O terceiro bloque temático analiza a crise interna deste modelo social e cultural e a súa reconfiguración, que levará á transición á sociedade estamental da Idade Moderna, a creación das monarquías absolutas, a cultura do Humanismo e á expansión da civilización europea alén das súas fronteiras continentais, procesos todos eles que teñen os seus alicerces na época medieval.

(6)

4.3. Programación temática dos contidos:

0.- A Idade Media como crisol de Europa: conceptos básicos e orientación da materia.

I.- Ruptura, cambio e persistencia no mundo da Cristiandade latina (ss. IV-X):

1.- O legado de Roma e a impronta xermánica. novas bases sociais, novos xeitos de propiedade.

2.-Señorío latifundista e Feudalismo territorial na sociedade rural altomedieval.

3.- O retroceso da cultura grecolatina e o renacemento cristianizante dos séculos VIII a X.

II.-A madurez da sociedade feudal no Occidente medieval (ss. XI-XIII):

4.- A revolución agraria e demográfica do "Ano Mil".

5.- Xénese e desenvolvemento do mundo urbano e comercial medieval.

6.- Estructura e dinámica da sociedade da Plena Idade Media.

7.- O nacemento dunha cultura propia europea-occidental e cristián: Románico e Gótico.

III.-Crise e renovación da sociedade europea medieval (ss. XIV-XV):

8.- O ciclo da depresión e a recuperación demográfica e económica.

9.- Da sociedade medieval á sociedade moderna: o peso social dos cambios.

10.- Igrexa, relixiosidade e cultura no "Outono da Idade Media".

4.4. Bibliografía básica e complementaria:

Manuais recomendables:

A) Idade Media:

. José Ángel GARCÍA DE CORTÁZAR e José Ángel SESMA, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2008.

. José Manuel NIETO SORIA, Europa en la Edad Media, Madrid, Akal, 2016.

. Vicente ÁLVAREZ PALENZUELA (coord.), Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2002.

. Miguel Ángel LADERO QUESADA, Historia Universal. Edad Media, Barcelona, Vicens Vives, 2001.

. Emilio MITRE, Historia de la Edad Media en Occidente, Madrid, Cátedra, 1995.

. Robert FOSSIER (dir.), La sociedad medieval, Barcelona, Crítica, 1996.

B) Europa:

.- Feliciano NOVOA e Javier VILLALBA, Historia de Europa a través de sus documentos, Barcelona. Lunwerg, 2012.

.- Jean-Fréderic SCHAUB, ¿Tiene Europa una historia?, Madrid, Akal, 2013.

(7)

.- Jean CARPENTIER e François LEBRUN, Breve Historia de Europa, Madrid, Alianza,1998.

Outras obras de consulta:

.Angus MACKAY e David DITCHBURN (eds.), Atlas de Europa Medieval, Madrid, Cátedra, 2011.

. Herman KINDER e Werner HILGEMANN, Atlas histórico mundial (I), Madrid, Istmo, 1999.

. VV.AA., Atlas “The Times” de Historia de la Humanidad, Barcelona, GSC, 1994.

5.- Metodoloxía da ensinanza:

A ensinanza da materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, de acordo coa súa propia división en créditos de carácter teórico e de carácter práctico. Deste xeito, unha parte dos contidos (os de carácter máis básico e xeral ou aqueles de carácter máis complexo), son impartidos polo docente recorrendo á fórmula da "clase maxistral", apoiada no emprego de medios audiovisuais e no manexo de mapas, gráficos e estatísticas, na lectura de textos axeitados ao tema tratado e na realización de comentarios na propia aula, a partir de materiais previamente entregados.

Unha parte substancial da materia desenvólvese a partir do traballo dos alumnos/as realizado fóra do horario lectivo (actividade academicamente dirixida fóra da aula), consistente na realización (tanto individual como en grupo) de actividades diversas:

lectura e recensión de libros, a visión de películas alusivas ao tema que se está a tratar, excursións formativas, asistencia a cursos e conferencias. Especificamente, para fomentar a personalización da súa formación intelectual e a xeración dun espírito crítico, o alumno/a ten que realizar, para a plena superación do proceso de aprendizaxe, unha recensión crítica dunha obra dentro da bibliografía e a temática suxeridas polo docente da materia. Así mesmo, como unha actividade máis dirixida á súa formación transversal, realizaranse prácticas dirixidas de exposición de epígrafes da materia na aula, incitando así aos alumnos/as a enfrontárense a un público pendente das súas explicacións, ao tempo que deste xeito se produce unha socialización de coñecementos da que participa todo o grupo de estudio. A docencia será impartida en galego pero en todas as actividades programadas e na comunicación co profesorado poderá empregarse calquera das linguas oficiais na Comunidade Autónoma.

Observacións:

No caso de reducción ou suspensión da docencia presencial por razóns sanitarias, pasaríase a un modelo de docencia non presencial en parello co grupo da modalidade semipresencial. En previsión desa posible circunstancia, se ofertarán via Campùs Virtual os guións de cada apartado do programa, así como os materiais complementarios (esquemas, videos, gravacións de clases, mapas e gráficos, etc.), de xeito que o alumnado poida dispor da información necesaria para poder seguir a materia sen asistir ás aulas.

6.- Sistema de avaliación da aprendizaxe:

(8)

A avaliación do progreso dos alumnos/as terá en conta a asistencia ás clases teóricas e a participación nas clases prácticas, tutorías e actividades extra-aulares. Esta asistencia e participación serán avaliadas con posterioridade á cualificación provisional do alumno/a (exame e traballos) e poderá supoñer ata 0’5 puntos na nota global. A inasistencia sen causa xustificada ó 40% ou máis das horas presenciais comportará a comunicación do feito ás autoridades académicas coas consecuencias derivadas sobre os dereitos do alumno a tutoría e exame. En consecuencia, o docente da materia resérvase o dereito de adoptar sen previo aviso medidas aleatorias de control da asistencia. A avaliación da aprendizaxe do alumno/a constará de dúas partes diferenciadas:

1.- A realización dun exame na data(s) fixada(s) polo Decanato da Facultade, a nota do cal suporá o 75% da nota global final. Esta proba constará de dúas partes.

Primeiramente, o desenvolvemento dunha pregunta teórica sobre algún dos epígrafes do programa, valorándose a exposición dos coñecementos e competencias adquiridas, a claridade expositiva e a expresión escrita. En segundo lugar, o comentario dun texto histórico, valorándose a capacidade de interrelación entre a información textual e os coñecementos adquiridos, a aplicación práctica destes coñecementos teóricos, a creatividade e capacidade crítica, a capacidade expositiva e a expresión escrita. A cualificación de cada unha das partes equivalerá á metade da nota do exame.

2.- A realización dun traballo individual obrigatorio de curso, consistente na realización da recensión dunha das obras ou temáticas suxeridas polo profesor ou propostas polo alumno/a e aceptadas por aquel. Se valorarán a expresión escrita e a presentación formal, o seu carácter innovador e interdisciplinar, a capacidade de síntese e formulación das ideas esenciais, o xuízo crítico e a valoración persoal destas, con especial atención á creatividade do alumno/a e á aplicación dos coñecementos adquiridos. A data límite de entrega do traballo será a do exame final da materia. A non realización do traballo obrigatorio, a entrega fóra de prazo ou a existencia de graves deficiencias nel, independentemente da cualificación obtida nos apartados anteriores, implican que a materia se dará por non superada. A nota do traballo de curso suporá o 25% da nota global final.

O sistema de cualificación é válido tanto para a primeira oportunidade (convocatoria de Maio/Xuño) como para a segunda oportunidade (convocatoria de Xuño/Xullo). A avaliación positiva de certas actividades (exame e traballos individual e de grupo) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que así o solicite o alumno interesado e o profesor dea a súa aprobación. No caso daqueles alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase, a avaliación continua realizarase a través de contactos a concretar co alumno/a dispensado/a mediante o recurso á plataforma da materia no Campus Virtual da USC.

7.- Tempo de estudio e traballo persoal:

ACTIVIDADES FORMATIVAS CO SEU CONTIDO EN HORAS PARA O ALUMNO Actividades presenciais Horas Actividades non presenciais Horas

Sesións expositivas 18 Estudo e preparación de

actividades programadas na clase 22’5 Sesións interactivas/de seminario 18 Realización de traballos de diverso 15

(9)

tipo

Sesións de titorías programadas 6 Lecturas 15

Sesións de avaliación 3 Preparación de exames 15

Total de horas de actividade

presencial 45 Total de horas de actividade

non presencial 67’5

8.-Recomendacións prácticas para o estudo da materia:

Tendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter de materia de especialización, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, diccionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos. Así mesmo, convén, na realización do traballo bibliográfico obrigatorio, coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico no eido dos contidos.

Referencias

Documento similar

 Capacidade de recoñecer períodos distintos da historia de Europa marcados pola súa evolución social e cultural.  Capacidade de distinguir as diferentes

No actual Plan de Estudos do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural a materia de Historia de Galicia intégrase no bloque formativo de Historia, dentro do módulo de

O xardín barroco culminará en Francia na segunda metade do século XVII baixo a monarquía absolutista de Luís XIV, o rei Sol, responsable da creación do máximo expoñente

Se se recuperan os diversos fíos argumentativos expostos até o mo- mento, poderá someterse á valoración dos estudantes a consideración segun- do a cal a historiografía

Tres capitais no Al-Andalux Medieval: urbanismo e arquitectura Corpo e feminismo na arte de finais do século XX. De Roma a Santiago: os

Imaxinario colectivo.. Papel da materia no bloque e no conxunto do plano de estudos. O coñecemento das políticas culturais e da interculturalidade constitúe unha materia

Constitúe unha introdución para a Historia da lingua galega, materia do módulo de Introdución ó estudo da lingua e literatura galegas, que se dispensa no 2º curso, e tamén para

Antes, cercio- raos bien de que lleváis en los bolsillos todo tipo de pe- queñas cosas útiles: bolígrafo, lapicero, pluma, calcula- dora, algún que otro caramelo o pastilla para