Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica
INTRODUCIÓN... 5
1. MATERIAS PONTE. CURSO 2004/05... 6
2. XUNTANZA CON ORIENTADORES E DIRECTORES DOS CENTROS DE ENSINO MEDIO DE GALICIA PARA PRESENTAR AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA "A PONTE"...10
3. XUNTANZA CON ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE GALICIA NA USC. E OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COAS ANPAS...20
4. VISITAS DA USC AOS CENTROS DE ENSINO MEDIO...23
5. SEGUNDA EDICIÓN DO CONCURSO "CÓMO TE IMAXINAS NA USC?"...39
6. ENCONTROS DO ENSINO MEDIO E A USC...42
7. XORNADA SOBRE O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR...46
8. ACTO DE RECOÑECEMENTO E PRESENTACIÓN DA USC AOS MAIORES DE 25 ANOS QUE SUPERARON AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE...50
9. ACTO DE RECOÑECEMENTO AOS MELLORES ESTUDANTES DE ENSINO MEDIO DE GALICIA...52
10. REUNIÓN COS COLABORADORES DO PROGRAMA A PONTE PARA A ANÁLISE DAS VISITAS E DOS ENCONTROS DO PRESENTE CURSO 2004-05...59
11. OUTRAS ACTIVIDADES:...61 CHARLAS DE CARÁCTER ACADÉMICO
AULA DOCENTIA
"PONTE EN DEBATE"
COLABORACIÓN NAS OLIMPIADAS DE MATEMÁTICAS, FÍSICA E QUÍMICA.
CONTACTO CON OUTRAS UNIVERSIDADES
INTRODUCIÓN
Os obxectivos fundamentais do programa "A Ponte entre o
Ensino Medio e a Universidade de Santiago de Compostela"son, ofrecer información e asesoramento aos estudantes de Ensino Medio para que poidan tomar decisións á hora de incor- porarse á Universidade, poidan coñecer de primeira man a for- mación complementaria, as bolsas de estudo, residencias, as ofertas de lecer, deporte e cultura, os intercambios con distin- tos países, ... é dicir coñecer todo o que lles ofrece a Universidade de Santiago de Compostela.
Ao presentar esta memoria das actividades realizadas no curso 2004-05 queremos agradecer a colaboración de profesores, persoal de administración e servizos, bolseiros, voluntarios, equipos directivos de Facultades e Escolas da USC, que parti- ciparon e apoiaron as iniciativas levadas a cabo. E sobre todo darlles as grazas aos equipos directivos e de orientación dos centros de Ensino Medio e as asociacións de nais e pais que nos acolleron, nos visitaron e debateron con nós, para que os seus estudantes e fillos transiten sen sobresaltos pola ponte cara á USC.
Ao manifestar o noso agradecemento, emprazámonos a todos
ao curso que ven para seguir avanzando neste lugar de encon-
tro que é a "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC".
1. MATERIAS PONTE. CURSO 2004/05
A Universidade de Santiago de Compostela ofertou un ano máis unha serie de materias, denominadas Materias Ponte, destinadas aos estudantes de novo acceso que pretenden reforzar as súas aptitudes para cursar satisfactoriamente as materias de primeiro curso da correspondente titulación.
As principais novidades con respecto ao curso pasado foron dúas. A primeira delas foi que as datas de dar estas materias adiantáronse ao inicio oficial do curso, co obxecti- vo de evitar unha "sobrecarga" de horas lectivas ao ter que compaxinar estas coas materias convencionais, ademais de conseguir que os novos estudantes comecen o curso cun nivel axeitado de coñecementos e aptitudes en canto aos esixidos na titulación que comezan a cursar. As clases leváronse a cabo durante a segunda quincena do mes de setembro, dende o 20 do mesmo ata o 1 de outubro, cunha duración de 30 horas lectivas cada unha delas.
A outra gran novidade deste ano foi que os estudantes que se matricularon nestas materias tiveron a ocasión de alo- xarse nunha residencia universitaria.
Once foron as materias ofertadas para este curso académico 2004-05, sete nos campus de Santiago e catro no campus de Lugo. Na táboa 1 reflíctense ditas materias e mailos lugares nos que tiveron lugar as clases.
A Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica co fin de mellorar a calidade destas materias, elaborou unha enqui- sa que ten como obxectivo principal coñecer o grao de satis- facción dos estudantes matriculados nelas con certos aspec- tos relacionados como poden ser a organización, a docencia, etc. Da enquisa realizada obtivemos os seguintes resultados:
No presente curso académico 2004-05, o número de estu- dantes asistentes ás Materias Ponte foi de 478 estudantes, representando un 12,24% dos 3.905 estudantes de novo ingreso na USC.
Tendo en conta que cada estudante tivo a posibilidade de matricularse en unha ou varias materias, a distribución da matrícula e as enquisas para a análise é a seguinte:
A continuación expóñense de forma gráfica os resultados conxuntos da enquisa.
(*) Non se realizaron enquisas debido aos atrancos que houbo na recep- ción das enquisas por parte do profesor.
(**) O número de enquisados é moi baixo, polo que non se dan resultados para esta materia.
Vías de coñecemento
Organización da materia
Táboa 3: Puntuacións medias dos estudantes acerca de certos aspectos das clases
Traballo dos estudantes
Principais suxestións para mellorar o sistema de avaliación -Suprimir a proba final e obter a cualificación de apto coa asistencia a clase.
-Entrega de traballos feitos na casa, participación na clase
Escala de 1 (pouco satisfeito) ata 5(moi satisfeito)
Aloxamento no Servizo Universitario de Residencias (SUR)
Grao de satisfacción
2. XUNTANZA CON ORIENTADORES E DIRECTORES DOS CENTROS DE ENSINO MEDIO DE GALICIA
Cento nove membros de equipos directivos e de orienta- ción de centros de Ensino Medio de Galicia, de titularidade pública e privada, déronse cita o día 26 de novembro de 2004 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Respondían así á invitación da USC para presentar e deba- ter a programación de actividades que a Universidade de Santiago de Compostela preparou para o curso 2004-2005, a través do seu programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC".
Estes encontros, xa tradicionais en cada comezo de curso, pretenden seguir fortalecendo a colaboración entre os cen- tros de Ensino Medio e a Institución Universitaria compos- telá.
No momento da recepción fíxose a entrega de material aos asistentes: calendario de actividades; memoria do progra- ma do curso 03/04; libro "Oferta académica da USC"; axen- da universitaria do curso 04/05; díptico do concurso "Como te imaxinas na USC?"(2ª edición); información sobre as PAAU; enquisa e carpeta plastificada.
A reunión, á que se incorporou o reitor, profesor Senén Barro Ameneiro, comezou ás 11,00 da mañá coa presenta- ción do calendario de actividades do programa por parte da vicerreitora de estudantes e relacións institucionais, pro- fesora Mª Elena Vázquez Cendón.
Deseguido D. Emilio Crespo Correa, membro do Consello Social da USC e profesor do IES Camilo José Cela de Padrón, explicou as actividades deste Órgano de Goberno, resaltando as prácticas en empresas en países europeos a través do programa Europrácticum dirixidas a recen titula- dos da USC, as prácticas en empresas e os estudos sobre a inserción laboral. Destacou o elevado número de estu- dantes que se acollen a estas prácticas e a relevancia que teñen para á inserción laboral.
A profesora Beatriz Cebreiro López, da Facultade de Ciencias da Educación, directora do mestrado e-Learning e xefa da División de Documentación e Tecnoloxía Educativa
do Instituto de Ciencias da Educación (ICE), presentou o proxecto de páxina web do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" como espazo virtual onde os profe sores e estudantes de Ensino Medio poderán manter unha relación máis estreita coa Universidade de Santiago. Na súa intervención referiuse tamén á importancia e o interese da USC en colaborar en programas europeos de educa- ción.
A intervención do profesor Manuel Bermejo Patiño, repre- sentante da USC na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) resultou de gran interese para os asistentes por tra- tarse do procedemento para acceder á Universidade e as previsións no futuro máis inmediato, cun compromiso de manter unha permanente liña de información cos equipos directivos e de orientación do Ensino Medio.
No acto interviñeron tamén o vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo, profesor Carlos Herrero Latorre que fixo unha invitación e presentación do campus de Lugo ade- mais de valorar a súa experiencia participando no progra- ma, e o profesor Luís M. Hervella Torrón, coordinador do programa que se centrou en cuestións técnicas.
Todas as intervencións deron lugar a un diálogo vivo e moi útil para a organización das distintas actividades do progra- ma. Moitas das suxestións alí feitas quedan recollidas nos datos procesados que se ofrecen en páxinas seguintes.
O reitor, que se sumou ao debate dende a súa incorpora- ción; propuxo convocar unha nova xuntanza onde se trata- ra de xeito detallado o Espazo Europeo de Educación Superior, a cal tivo lugar no mes de maio de 2005, como veremos máis adiante.
Un xantar no Restaurante da R.U. Monte da Condesa pechou o programa de mediodía.
Xa polo serán foron moitos os que participaron nunha visi- ta guiada ao Patrimonio Histórico da USC a través do pro- grama "Universidade Viva" poñendo punto final a esta xor- nada.
CENTROS DE ENSINO MEDIO DE GALICIA REPRE- SENTADOS NA REUNIÓN
Foron un total de 87 centros de ensino medio distribuídos por provincias da seguinte maneira:
Centros da provincia da CORUÑA:
Centros públicos: IES
IES A SARDIÑEIRA (A CORUÑA) IES AGRA DE LEBORÍS (LARACHA) IES AGRA DE ORZÁN (A CORUÑA) IES ALFONSO X (A BARCALA-CAMBRE) IES MONELOS (A CORUÑA)
IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) IES MONTE DAS MOAS (A CORUÑA) IES ARZÚA (ARZÚA)
IES ANTÓN FRAGUAS (SANTIAGO) IES (DE) CACHEIRAS (TEO)
IES AS FONTIÑAS (SANTIAGO) IES CAMPO DE SAN ALBERTO (NOIA) IES COMPOSTELA (SANTIAGO) IES ESPARÍS (BRIÓN)
IES EDUARDO PONDAL (SANTIAGO) IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)
IES ROSALÍA DE CASTRO (SANTIAGO) IES FERNANDO BLANCO (CEE)
IES SAN CLEMENTE (SANTIAGO) IES FONTEXERÍA (MUROS) ES XELMIREZ I (SANTIAGO)
IES MACIAS O NAMORADO (PADRÓN) IES XELMIREZ II (SANTIAGO)
IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA (BAIO-ZAS) IES CANIDO (FERROL)
IES (DE) MELIDE (MELIDE)
IES RODOLFO UCHA PIÑEIRO (FERROL) IES MUGARDOS (MUGARDOS)
IES BREAMO (PONTEDEUME) IES Nº 1 (ORDES)
IES FRAGA DO EUME (PONTEDEUME) IES PRAIA BARRAÑA (BOIRO)
IES CABO ORTEGAL (CARIÑO) IES PUNTA CANDIEIRA (CEDEIRA) IES (DE) FENE (FENE)
IES TERRA DE XALLAS (SANTA COMBA) IES FERNANDO ESQUÍO (NEDA)
IES XULIÁN MAGARIÑOS (NEGREIRA)
Centros privados: CPR
CPR CAIXA GALICIA (A CORUÑA)
CPR. FOGAR DE SANTA MARGARIDA (A CORUÑA) CPR LICEO LA PAZ (A CORUÑA)
CPR OBRADOIRO (A CORUÑA) CPR CLUNY (SANTIAGO)
CPR COMPAÑÍA DE MARÍA (SANTIAGO) CPR LA SALLE (SANTIAGO)
CPR SEMINARIO MENOR LA ASUNCIÓN (SANTIAGO) CPR TIRSO DE MOLINA (FERROL)
CPR HIJAS DE CRISTO REY (OLEIROS) CPR O MOSTEIRÓN (SADA)
Centros da provincia de LUGO:
Centros públicos: IES
IES XOAN MONTES (LUGO) IES LEIRAS PULPEIRO (LUGO)
IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES (LUGO) IES RÍO MIÑO (LUGO)
IES A PINGUELA (MONFORTE DE LEMOS)
IES FRANCISCO DAVIÑA REY (MONFORTE DE LEMOS) IES XOGRAR AFONSO GOMEZ (SARRIÁ)
Centros públicos: CPI
CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ (ESCAIRÓN-SAVIÑAO)
Centros da provincia de OURENSE:
Centros públicos: IES
IES A CARBALLEIRA (OURENSE)
IES Nº1 DO CARBALLIÑO (CARBALLIÑO) IES XESÚS TABOADA CHIVITE (VERÍN)
Centros privados: CPR
CPR MARIA AUXILIADORA (OURENSE)
Centros da provincia de PONTEVEDRA:
Centros públicos: IES
IES XUNQUEIRA (PONTEVEDRA)
IES MANUEL GARCÍA BARROS (A ESTRADA) IES XUNQUEIRA I (PONTEVEDRA)
IES ANTÓN LOSADA DIEGUEZ (A ESTRADA) IES XUNQUEIRA II (PONTEVEDRA)
IES PINTOR COLMEIRO (SILLEDA) IES (DE) BARRO (PONTEVEDRA) IES AQUIS CELENIS (CALDAS DE REIS)
IES FREI MARTÍN SARMIENTO (PONTEVEDRA) IES BASELLA (VILANOVA DE AROUSA)
IES SÁNCHEZ CANTÓN (PONTEVEDRA) IES MONTE DA VILA (O GROVE)
IES VALGA (PONTEVEDRA)
IES PRIMEIRO DE MARZO (BAIONA)
IES O CASTRO (VIGO)
IES RAMÓN CABANILLAS (CAMBADOS) IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO (VIGO) IES RIBEIRA DO LOURO (PORRIÑO) IES SANTA IRENE (VIGO)
IES FERMIN BOUZA BREY (VILAGARCIA DE AROUSA) IES (DE) BEADE (BEADE-VIGO)
Centros privados: CPR
CPR LOS SAUCES (PONTEVEDRA) CPR MARCOTE (VIGO)
CPR MARIANO (VIGO) CPR LAR (MOS)
CPR SANTA MARÍA MARISTAS (TUI)
Os asistentes a reunión foron un total de 109 directores e orientadores de centros de ensino medio de Galicia. Da enquisa realizada obtivemos os seguintes resultados:
1.- Tipoloxía do centro ao que representan os directores e orientadores enquisados
2.- Asistencia dos directores e orientadores as sesións
Outras
Acudiron outras persoas Por ser novo no centro Non era orientador
Antes non se impartía bacharelato no centro
(*) Nota: os enquisados tiñan a posibilidade de elixir máis dunha opción
3.- Valoración do grao de interese e importancia que lle dan á información recibida para os seus estudantes e valora- ción do grao de satisfacción dos orientadores con respecto a ela
4.- Valoración do grao de interese e importancia que lle dan ás actividades que oferta o programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"
Escala desde 1 (pouco interese ou importancia) ata 5 (moito interese ou importancia)
Preguntas abertas
Datas que estiman máis axeitadas para que se leven a cabo as actividades do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.
Melloras que aplicarían ás seguintes actividades:
Outras medidas para mellorar as relacións entre o Ensino Medio e a USC
De esquerda a dereita, D.
Emilio Crespo Correa, membro do Consello Social da USC, D.
Carlos Herrero Latorre, vicerrei- tor de coordinación do Campus de Lugo; Dª Mª Elena Vázquez Cendón, vicerreitora de estu- dantes e relacións institucio- nais; Dª Beatriz Cebreiro López, profesora de Ciencias da Educación da USC; D.Manuel Bermejo Patiño, representante da USC na CIUG, e D. Luís M.
Hervella Torrón, coordinador do Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC".
Momento da intervención de D.
Carlos Herrero Latorre, vicerrei- tor de coordinación do Campus de Lugo.
Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Participantes na visita guiada polo programa "Universidade Viva" ao Patrimonio Histórico da USC poñendo punto final a esta xornada.
3. XUNTANZA CON ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE GALICIA NA USC
Ás 11,00 da mañá do sábado 12 de febreiro de 2005 cele- brouse a xuntanza anual coas asociacións de nais e pais de distintos centros de ensino de Galicia. Tivo lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
A finalidade destas reunións é a de establecer canles de comunicación entre a USC e as distintas Asociacións e dar- lles a coñecer as liñas académicas e de investigación que a caracterizan, así coma os servizos que nela poden ato- par os seus estudantes.
A xuntanza comezou coa recepción e entrega do seguinte material: libro "Oferta académica da USC"; axenda univer- sitaria do curso 04/05; dípticos de información sobre: resi- dencias, o concurso "Cómo te imaxinas na USC?"(2ª edi- ción) e os gañadores do concurso 03/04; guía-catálogo
"Área comercial de Santiago"; plano da cidade e almana- que USC 2005.
A continuación, a vicerreitora de estudantes e relacións ins- titucionais Dª Mª Elena Vázquez Cendón deu a benvida á USC aos asistentes e a Concelleira de Educación e Mocidade do Concello de Santiago Dª Elvira Cienfuegos López mostroulles algúns dos aspectos salientables desta Cidade para o discorrer diario da vida dos estudantes.
A vicerreitora de estudantes e relacións institucionais pre- sentou aos asistentes o calendario do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" para o presente curso, mos- trando a disposición por parte da USC de atender cantas demandas e suxestións poidan xurdir por parte das asocia- cións de nais e pais. Déuselles conta das visitas aos cen- tros de ensino medio de toda Galicia (xa en marcha este curso), da programación dos Encontros con estudantes de Bacharelato e Ciclos Formativos na USC e do concurso
"Como te imaxinas na USC?". A oferta de titulacións nos Campus de Santiago e Lugo, as futuras adaptacións destas ao Espazo Europeo de Educación Superior e as saídas profesionais centraron a segunda parte das intervencións.
Todo o relativo ao Campus de Lugo explicouno o vicerreitor de coordinación do mesmo, o profesor Carlos Herrero Latorre.
As iniciativas encamiñadas a facilitar o paso á USC mere- cen especial interese por parte dos asistentes. Nelas inscrí- bense as materias ponte postas en marcha en distintas titu- lacións universitarias para actualizar coñecementos nece- sarios para un bo comezo da carreira, das titorías persona- lizadas e as xornadas de presentación ao inicio do curso para que os estudantes coñezan como poden utilizar todos os servizos que a USC pon a súa disposición.
Unha visita guiada á Biblioteca América dentro do progra- ma Universidade Viva puxo punto final á xornada de traba- llo.
Posteriormente celebrouse un xantar institucional no Restaurante da R.U. Monte da Condesa e, xa a media tarde, aceptando unha invitación do Centro Superior de Hostalería de Galicia fíxose unha visita guiada ao mesmo, rematando cunha degustación de chocolates preparada polos estudantes deste Centro.
ANPAS DE GALICIA REPRESENTADAS NA REUNIÓN Asistiron 13 asociacións de nais e pais distribuídas por pro- vincias como se indica a continuación:
Asociacións representadas por provincias
Asociacións da provincia daCORUÑA:
ANPA IES "AS TELLEIRAS" (NARON) CONFAPA-GALICIA (CORUÑA)
ANPA CPR "COMPAÑÍA DE MARÍA (SANTIAGO) ANPA CPR "LA SALLE" (SANTIAGO)
ANPA IES "ANTÓN FRAGUAS" (SANTIAGO) ANPA IES "BREAMO" (PONTEDEUME) ANPA CPR "LA INMACULADA" (SANTIAGO)
ANPA "BOTAFUMEIRO" (COLEGIO SAN PELAYO-EMMA) (SANTIAGO)
APA CPR SAN FRANCISCO (SANTIAGO)
Asociacións da provincia deLUGO:
FEDERACIÓN DE APAS DE LUGO APA GAMALLO FIERROS (RIBADEO) Asociación da provincia de OURENSE ANPA LIMIAR (OURENSE)
Asociación da provincia de PONTEVEDRA ANPA VALDARROSA (IES "PONTE CALDELAS" - PONTE CALDELAS)
Os asistentes a esta xuntanza foron un total de 21 repre- sentantes pertencentes a estas asociacións. Da enquisa que se pasou obtivemos os seguintes resultados:
1.- Asistencia dos representantes ás xuntanzas
2.- Valoración das actividades que oferta o programa
"A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"
3.- Valoración da información recibida para os seus fillos/as
Escala desde 1 (pouco interese ou importancia) ata 5 (moito interese ou importancia)
Preguntas abertas
Outras medidas para mellorar as relacións entre o Ensino Medio e a USC
Suxestións
-Intentar dar máis charlas nos diversos centros, non só para estudantes senón que tamén para os pais e nais (os pais e nais están máis perdidos nas titulacións que os estudantes).
-Dinamizar máis as relacións entre os estudantes de segundo de bacharelato e as Universidades.
-Máis contacto entre os Centros de Ensinanza Secundaria e a Universidade ao longo do curso.
-Máis información en xeral.
Outras actividades relacionadas coas ANPAS
Ademais da xuntanza anual coas ANPAS, dende o progra- ma "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", aténdense peticións individuais de distintas ANPAS provinciais ou das propias ANPAS de centros de Ensino Medio de Galicia.
Neste curso os nosos colaboradores desprazáronse a tres centros co fin de resolver dúbidas e presentar a USC aos pais e nais de futuros estudantes da nosa universidade.
O día 12 de abril do 2005 no CPR Pablo VI (A Rúa- Ourense) tivo lugar unha charla organizada polo propio centro á cal asistiron ao redor de 80 pais e nais de estu- dantes de ensino medio. Os colaboradores que presenta- ron e resolveron as dúbidas sobre a USC foron os profe- sores Luís M.Hervella Torrón e Jaime Romero López- Grado.
O día 13 de abril do 2005 no IES Sánchez Cantón (Pontevedra) celebrouse unha charla organizada pola Federación de ANPAS de Pontevedra, á cal asistiron ao redor de 50 pais e nais de estudantes de ensino medio. Os colaboradores que deron esta charla foron o profesor Luís M.Hervella Torrón e Laureano Álvarez Val.
O día 25 de abril do 2005 no CPR Santiago Apóstol (Vigo) tivo lugar unha charla organizada pola APA do propio cen- tro á cal asistiron ao redor de 100 pais e nais de estudan- tes de ensino medio. O colaborador que informou e pre- sentou a nosa universidade foi Laureano Álvarez Val.
4. VISITAS DA USC AOS CENTROS DE ENSINO MEDIO
Dende o 20 de decembro de 2004 até o 31 de maio de 2005 cento corenta e sete centros de Ensino Medio de Galicia solicitaron a visita de persoal da USC (profesores, PAS, voluntarios/as) para presentar a USC a máis de 8.000 estudantes de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.
Como resultado das suxestións feitas o curso pasado, e para dar resposta as moitas demandas presentados polos futuros estudantes, actualizouse o CD de presentación da USC. Un tema incorporado a esta presentación foi o enla- ce á publicación sobre saídas profesionais das titulacións que se poden cursar nos Campus de Santiago e Lugo, ela- borada polo Consello Social e a Oficina de Servizos Integrados para a Xuventude (OSIX). Todos os centros de Ensino Medio recibiron un exemplar deste libro e mostróu- selles cómo poder consultalo no correspondente enderezo web.
Presentación da Guía de saídas profesionais das titulacións da USC. De esquerda a dereita: Dª Mª Elena Vázquez Cendón, vicerreitora de estu- dantes e relacións institucionais, Dª Manuela López Besteiro, presidenta do Consello Social da USC e D. Carlos Herrero Latorre, vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo.
Mediante correo electrónico convidouse a participar nas visi- tas aos centros de Ensino Medio a todo o profesorado e per- soal de administración e servizos da Universidade. Así mesmo a Oficina de Voluntariado invitou a colaborar aos/ás voluntarios/as da USC para aportar a súa visión e experiencia na Universidade, aspecto este sempre moi valorado polos estudantes de Ensino Medio.
Finalmente foron 72 os colaboradores (profesores, PAS e doutorandos; 57 en Santiago e 15 en Lugo) os que se despra- zaron aos Centros de Ensino Medio para impartiren as char- las de presentación da USC, acompañados por 7 volunta- rios/as do Campus de Compostela e outros tantos do Campus de Lugo.
Antes de comezar as visitas aos centros mantivéronse dúas reunións cos colaboradores da USC que ían a participar nas mesmas, en Santiago na Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega, sede da vicerreitoría de estudantes e relacións insti- tucionais, onde a vicerreitora, Dª Mª Elena Vázquez Cendón, explicou a nova presentación da USC en PowerPoint e os aspectos máis relevantes que debían terse en conta nas exposicións. Posteriormente, fixose outra xuntanza na vice- rreitoría de coordinación do Campus de Lugo cos membros que ían participar no programa, onde se presentou e discutí- ronse tamén distintos aspectos da presentación.
Reunión cos colaboradores do programa na vicerreitoría de coordinación do Campus de Lugo. Acudiron: D. Ramón Velo Sabín, vicerreitor adxunto de Organización Académica e Servizos á Comunidade; D. Carlos Herrero Latorre vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo; Dª Mª Elena Vázquez Cendón vicerreitora de Estudantes e Relacións Institucionais, e D. Luís M. Hervella Torrón coordinador do programa.
Na confección dos equipos intentouse que estiveran repre- sentados profesores, PAS e estudantes, así como na asig- nación de localidades procurouse satisfacer as preferen- cias manifestadas polos colaboradores, especialmente para visitaren - de ser o caso - o Instituto ou Colexio onde tiveran feito o bacharelato. Para concretar a data e a hora fíxose imprescindible establecer contacto telefónico e por correo electrónico cos equipos de orientación ou dirección dos centros, así como para intentar que nunha mesma viaxe se puideran visitar mais dun centro da localidade ou comarca, o que non sempre foi posible.
En moitos centros de Ensino Medio esta actividade do pro- grama "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" enmárcan- se en "Semanas de Orientación" ou "Semanas Culturais", compartindo programa, nalgúns casos, con outras universi- dades.
Tamén o tempo que os distintos centros asignaron para a visita foi moi variable. De aí que nalgúns casos apenas pui- dera ter lugar coloquio ao finalizar a exposición.
A todos os centros visitados entregóuselles unha bolsa co seguinte material: dípticos de información sobre: voluntaria- do, residencias, titulacións, centro de linguas modernas, actividades deportivas, bibliotecas, concurso "Como te ima- xinas na USC?"(2ª edición), gañadores do concurso 03/04 e notas de corte; cd "Estudar na USC"; enquisa e lapis. Os centros que o solicitaron recibiron un exemplar do libro
"Oferta académica da USC" e do libro de saídas profesio- nais.
Aos directores dos centros entregóuselles un exemplar do libro conmemorativo do primeiro centenario da Biblioteca América da USC e o cd interactivo, xunto cunha carta do Sr.
Reitor que reproducimos a continuación:
Estimado/a director/a:
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) desexa con- solidar a relación co centro que vostede dirixe mediante as accións do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que naceu como canle de comunicación entre as comunidades dos centros de Ensino Medio e a nosa Universidade.
No pasado mes de novembro tivemos a oportunidade de aco- ller no salón Nobre do noso Colexio de Fonseca a directores e
orientadores dos centros de Ensino Medio de Galicia. Para o Consello de Dirección da USC, que me honro en presidir, e para toda a nosa Universidade é necesario contar coas súas valora- cións e achegas sobre as actividades que vimos desenvolven- do.
A presentación da USC no seu centro é unha das actividades previstas e quero agradecerlle persoalmente a acollida dada aos colaboradores da USC que participan na xornada en cola- boración co equipo de dirección e orientadores do centro.
Agradecémoslles o interese e implicación neste programa, do que son os principais protagonistas, e como testemuño desta gratitude polo seu tempo e interese, farémoslles chegar un exemplar dun libro catálogo e un CD interactivo para que formen parte dos fondos bibliográficos do seu centro. Este documento conmemora o primeiro centenario da nosa Biblioteca América.
Esta publicación, dun xeito rigoroso e ameno, condúcenos pola historia das relacións España-América, polos contidos da Biblioteca América e pola fermosa arquitectura que acolle os seus fondos.
Agardamos poder devolverlles na USC a hospitalidade que hoxe nos dispensan
Senén Barro Ameneiro
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Todos os colaboradores cubriron unha folla de valoración na que se deixa constancia do número de estudantes asistentes, e cantas circunstancias ou incidencias consi- deraran de interese.
Esta información detallada de cada centro visitado reviste especial importancia para a organización de ulteriores visi- tas.
NÚMERO TOTAL DE CENTROS VISITADOS
Listaxe de colaboradores e centros de Ensino Medio onde se impartiron as charlas de presentación da USC:
CAMPUS DE SANTIAGO
CONSELLO DE DIRECCIÓN
SENEN BARRO AMENEIRO (Reitor) IES CRUCEIRO BALEARES (CULLEREDO) IES CASTRO DA UZ (AS PONTES)
IES DAVIÑA REY (MONFORTE DE LEMOS) Mª ELENA VÁZQUEZ CENDÓN
(Vicerreitora de estudantes e relacións institucionais) IES ROSALÍA DE CASTRO (SANTIAGO)
CPR LOS SAUCES (PONTEVEDRA) CPR CARMELITAS (OURENSE) IES AS LAGOAS (OURENSE)
MAR LORENZO MOLEDO (Vicerreitora de extensión cul- tural e servizos a comunidade universitaria)
IES VIRXE DO MAR (NOIA)
PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR FACULTADE DE BIOLOXÍA
ANTONIO SEGURA IGLESIAS IES COROSO (RIBEIRA) CPR OBRADOIRO (A CORUÑA) IES DE CASTRO (VIGO)
IES RIBEIRA DE LOURO (PORRIÑO) IES SAN TOME DE FREIXEIRO (VIGO) IES DE CACHEIRAS (TEO)
IES XELMIREZ II (SANTIAGO)
IES ARMANDO COTARELO (VILAGARCÍA) CRISTINA GARCÍA CARBALLAS
IES MARCO DO CAMBALLÓN (VILA CRUCES) MANUEL FREIRE RAMA
IES PONTEPEDRIÑA (SANTIAGO)
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN ANTONIO RIAL SÁNCHEZ
IES PUNTA CANDIEIRA (CEDEIRA) IES XOÁN CARBALLEIRA (BUEU)
Mª DOLORES FERNÁNDEZ TILVE IES MONTE DA VILA (O GROVE)
IES FRANCISCO ASOREY (CAMBADOS) JOSÉ A.ARMAS CASTRO
IES XULIÁN MAGARIÑOS (NEGREIRA) IES MONTE DE CONXO (SANTIAGO) IES ISIDRO PARGA (CARBALLO) Mª ELENA GONZÁLEZ ALFAYA
IES ROSALÍA DE CASTRO (SANTIAGO) IES CRUCEIRO BALEARES (CULLEREDO) IES FRANCISCO SÁNCHEZ (TUI)
FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN LUIS CELEIRO ALVAREZ
IES AGRA DE LEBORÍS (LARACHA) FACULTADE DE DEREITO
ANTONIO LÓPEZ DÍAZ
IES FONTEXERíA (SERRES-MUROS) IES Nº 1 (RIBEIRA)
ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXENARÍA FRANCISCO OMIL PRIETO
COLEXIO MOSTEIRÓN (SADA) IES MARÍA CASARES (OLEIROS) IES DAVID BUJÁN (CAMBRE) FRANCISCO CHENLO ROMERO IES AS TELLEIRAS (NARÓN)
IES SATURNINO MONTOJO (FERROL) JOSE ANTONIO SOUTO GONZÁLEZ IES AS TELLEIRAS (NARÓN)
IES SATURNINO MONTOJO (FERROL) GUMERSINDO FEIJOO COSTA
IES TERRA DE XALLAS (SANTA COMBA)
FACULTADE DE CC. ECONOMICAS E EMPRESARIAIS OSCAR RODIL MARZÁBAL
IES SAN MAMEDE (MACEDA-OURENSE) IES PUGA RAMÓN (A CORUÑA)
CPR ABRENTE (SANXENXO)
LORETO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ IES CAMPO DE SAN ALBERTO (NOIA) IES Nº 1 (RIBEIRA)
ROBERTO BANDE RAMUDO
IES JULIO NESPEREIRA (OURENSE) JOSÉ RAÚL CANAY PAZOS
IES SÁNCHEZ CANTÓN (PONTEVEDRA) CPR SEK ATLÁNTICO (POIO)
IES DE CHAPELA (REDONDELA) LUIS OTERO GONZÁLEZ
CPR SAN NARCISO (MARIN) FACULTADE DE FARMACIA JAIME ROMERO LÓPEZ-GRADO IES AFONSO X O SABIO (CAMBRE) IES MONTE DAS MOAS (A CORUÑA) IES FRAGA DO EUME (PONTEDEUME) IES CANIDO (FERROL)
IES LAURO OLMO (O BARCO) CPR PABLO VI (A RÚA) JOSÉ BLANCO FERNÁNDEZ IES O COUTO (OURENSE)
IES UNIVERSIDAD LABORAL (OURENSE) IES CIDADE DE ANTIOQUIA (XINZO LIMIA) CPR DIVINA PASTORA (OURENSE)
MARGARITA VILAS CRUZ
IES AGRA DE LEBORÍS (LARACHA) IES ESPIÑEIRA (BOIRO)
IES MONTE NEME (CARBALLO) IES A PARALAIA (MOAÑA) IES AS BARXAS (MOAÑA) MARIANA LANDÍN PÉREZ IES OS ROSAIS (VIGO)
CPR COMPAÑÍA DE MARÍA (VIGO) IES A PARALAIA (MOAÑA)
IES AS BARXAS (MOAÑA) FRANCISCO OTERO ESPINAR IES A GUÍA (VIGO)
IES CASTELAO (VIGO)
IES DE BARRO (PONTEVEDRA)
IES LUIS SEOANE (PONTEVEDRA) CPR JAIME BALMES (NOIA) FACULTADE DE FILOLOXÍA INMACULADA MAS ÁLVAREZ
IES XULIÁN MAGARIÑOS (NEGREIRA) IES MONTE DE CONXO (SANTIAGO) EVA CASTRO CARIDAD
IES ANXEL CASAL (A CORUÑA) FACULTADE DE FILOSOFÍA RAFAEL MARTÍNEZ CASTRO IES CARLOS CASARES (VIGO) IES DE TOMIÑO (PONTEVEDRA)
IES DE PONTECESO (PONTECESO-A CORUÑA) IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO)
FACULTADE DE FÍSICA CAROLINA TORRÓN CASAL CPR SAN NARCISO (MARÍN) IES XELMIREZ I (SANTIAGO) IES CHANO PIÑEIRO (FORCAREI) JOSEFA SALGADO CARBALLO IES ANTONIO CHIVITE (VERÍN) CPR SAN PELAYO (SANTIAGO) CPR ALCA (BIDUIDO-SANTIAGO) JULIO ARAGONÉS MARTÍN IES O COUTO (OURENSE)
IES UNIVERSIDAD LABORAL (OURENSE) IES CIDADE DE ANTIOQUIA (XINZO LIMIA) CPR DIVINA PASTORA (OURENSE)
FACULTADE DE MATEMÁTICAS CELSO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ IES MARTAGUISELA (O BARCO) LUIS M. HERVELLA TORRÓN IES DE ARZÚA
IES DE MELIDE
IES ANTÓN FRAGUAS (SANTIAGO) IES ROSALÍA DE CASTRO (SANTIAGO) CPR LA SALLE (SANTIAGO)
IES A SANGRIÑA (A GUARDIA)
IES MANUEL CHAMOSO (CARBALLIÑO)
IES Nº 1 (CARBALLIÑO) IES LAURO OLMO (O BARCO) CPR PABLO VI (A RÚA) JOSEFINA F. LING
IES CABO ORTEGAL (CARIÑO) IES XELMIREZ I (SANTIAGO)
IES TERRA DE SONEIRA (VIMIANZO) Mª ÁNGELES FERNÁNDEZ SOTELO IES AQUIS CELENIS (CALDAS)
CPR COMPAÑÍA DE MARÍA (SANTIAGO) PEDRO FARALDO ROCA
IES AFONSO X O SABIO (CAMBRE) IES MONTE DAS MOAS (A CORUÑA) IES FRAGA DO EUME (PONTEDEUME) IES CANIDO (FERROL)
Mª DEL CARMEN CAROLLO LIMERES IES CAMPO DE SAN ALBERTO (NOIA)
FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXÍA Mª DEL CARMEN SEGURA IGLESIAS
CPR HIJAS DE CRISTO REY (OLEIROS) IES RIBEIRA DE LOURO (PORRIÑO) IES SAN TOME DE FREIXEIRO (VIGO) CPR APÓSTOL SANTIAGO (VIGO) IES FRANCISCO AGUIAR (BETANZOS) IES ARMANDO COTARELO (VILAGARCÍA) JOSÉ IGNACIO MUÑOZ BARÚS
IES A XUNQUEIRA II (PONTEVEDRA) IES A BASELLA (VILANOVA AROUSA) VICTOR M. ARCE VÁZQUEZ
IES SAN MAMEDE (MACEDA-OURENSE) IES GARCÍA BARBÓN (VERÍN)
ESCOLA UNIVERSITARIA DE ÓPTICA E OPTOMETRIA VICENTE MORENO DE LAS CUEVAS
IES MARÍA SOLIÑO (CANGAS) IES PUNTA CANDIEIRA (CEDEIRA) FACULTADE DE QUÍMICA
EDUARDO GAYOSO ANDRADE IES ANTONIO CHIVITE (VERÍN)
CPR SAN PELAYO (SANTIAGO) CPR ALCA (BIDUIDO-SANTIAGO) IES SOFIÁ CASANOVA (FERROL) Mª TERESA PEREIRA LORENZO
IES MANUEL GARCÍA BARROS (A ESTRADA) IES LOSADA DIEGUEZ (A ESTRADA)
IES FONTIÑAS (SANTIAGO) IES A FARIXA (OURENSE) IES PORTOVELLO (OURENSE) JOSÉ MANUEL VILA ABAD
IES MANUEL GARCÍA BARROS (A ESTRADA) IES LOSADA DIEGUEZ (A ESTRADA)
IES A FARIXA (OURENSE) IES PORTOVELLO (OURENSE) J. RAMÓN LEIS FIDALGO IES ANXEL CASAL (A CORUÑA)
IES SALVADOR DE MADARIAGA (A CORUÑA) FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA JOSÉ RAMÓN CHANTADA ACOSTA IES FERNANDO BLANCO (CEE) IES AGRA DE RAÍCES (CEE) IES DE ALLARIZ (OURENSE) CPR LUIS VIVES (OURENSE)
IES TERRA DE SONEIRA (VIMIANZO) IES PEDRA DA AUGA (PONTEAREAS) RUBÉN CAMILO LOIS GONZÁLEZ IES AGRA DE ORZÁN (A CORUÑA)
PAS (Persoal de Administración e Servizos)
COIE (Centro de Orientación Integral ao Estudante) LAUREANO ÁLVAREZ VAL
IES DE ARZÚA
IES COROSO (RIBEIRA) IES DE MELIDE
IES ANTÓN FRAGUAS (SANTIAGO) IES MARTAGUISELA (O BARCO) IES RAMÓN Mª ALLER (LALÍN) IES RICARDO CARBALLO (FERROL) IES A SANGRIÑA (A GUARDIA)
IES MANUEL CHAMOSO (CARBALLIÑO)
IES Nº 1 (CARBALLIÑO)
IES PRIMEIRO DE MARZO (BAIONA)
OSIX-AUTOEMPREGO (Oficina de servizos integrados para a xuventude)
BEATRIZ PÉREZ REY
CPR OBRADOIRO (A CORUÑA) IES PINTOR COLMEIRO (SILLEDA) IES CAMILO JOSÉ CELA (PADRÓN) CPI CERNADAS DE CASTRO (LOUSAME) IES PRAIA BARRAÑA (BOIRO)
IES DE PONTECESO (A CORUÑA) IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) IES CHANO PIÑEIRO (FORCAREI) CPR VIRXE MILAGROSA (BUEU) CPR GALAXIA (RIBEIRA)
IES PRIMEIRO DE MARZO (BAIONA) Mª ISABEL RODRÍGUEZ GUIADÁNS CPR HIJAS DE CRISTO REY (OLEIROS) IES PUGA RAMÓN (A CORUÑA)
CACTUS (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico da Universidade de Santiago)
CELIA PINAQUE PARRADO IES DE MUGARDOS (A CORUÑA) IES MONTE NEME (CARBALLO) IES EDUARDO PONDAL (SANTIAGO) CPR CLUNY (SANTIAGO)
CPR VIRXE MILAGROSA (BUEU) EZEQUIEL VÁZQUEZ FERNÁNDEZ IES AQUIS CELENIS (CALDAS) IES CABO ORTEGAL (CARIÑO)
ESCOLA UNIVERSITARIA DE ÓPTICA E OPTOMETRIA JOSÉ GONZÁLEZ PARGA
IES MARCO DO CAMBALLÓN (VILA DE CRUCES) CPR COMPAÑÍA DE MARÍA (SANTIAGO)
IES DE CACHEIRAS (TEO)
IES EDUARDO PONDAL (SANTIAGO) CENTRO DE LINGUAS MODERNAS JOSÉ MANUEL PÉREZ PENA
IES JULIO NESPEREIRA (OURENSE) IES DE MUGARDOS ( A CORUÑA) IES SOFIA CASANOVA (FERROL)
SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS (SUR) MAR LÓPEZ LOURO
CPR JAIME BALMES (NOIA) CPR CLUNY (SANTIAGO)
ÁREA TIC (Tecnoloxías da información e da comunica- ción)
JAVIER FRANCO TUBÍO IES ESPARÍS (BRIÓN) VOLUNTARIOS/AS
ANDRÉS RUÍZ HIEBRA (Fac. CC. da Comunicación) IES PONTEPEDRIÑA (SANTIAGO)
GRACIELA CORUJO BOLAÑOS (Fac. Psicoloxía) CPR SAN PELAYO (SANTIAGO)
NATALIA CORCEIRO LÓPEZ (Fac.Psicoloxía) CPR SAN PELAYO (SANTIAGO)
LIDIA MIRÓN MOARES (Fac. Educación Social) IES CABO ORTEGAL (CARIÑO)
IES CHANO PIÑEIRO (FORCAREI)
IRENE TORRADO PÉREZ (Fac. Xeografía e Historia) IES CAMILO JOSÉ CELA (PADRÓN)
CPI CERNADAS DE CASTRO (LOUSAME) CPR CARMELITAS (OURENSE)
IES AS LAGOAS (OURENSE)
PABLO COUREL REPISO (Fac.Xeografía e Historia) IES FONTIÑAS (SANTIAGO)
MAGDALENA MOURE CAMPOS (Fac. Económicas e Empresarias)
CPR ALCA (BIDUIDO-SANTIAGO)
CAMPUS DE LUGO
CONSELLO DE DIRECCIÓN
CARLOS HERRERO LATORRE
(Vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo) IES XOÁN MONTES (LUGO)
CPR GALÉN (LUGO)
PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR
FACULTADE DE ADMÓN. E DIRECCIÓN DE EMPRESAS ANTONIO ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ (SARRIA) COLEXIO FINGOI (LUGO)
FACULTADE DE CIENCIAS JULIO A. SEIJAS VÁZQUEZ IES LUCUS AUGUSTI (LUGO)
MARÍA ISABEL FERNÁNDEZ GARCÍA IES VILAR PONTE (VIVEIRO)
IES ÁNXEL FOLE (LUGO) IES DE QUIROGA (QUIROGA) EUGENIO RODRÍGUEZ NÚÑEZ
IES NOSA SRA DOS OLLOS GRANDES (LUGO) CPR GALÉN (LUGO)
IES PEDREGAL DE IRIMIA (MEIRA) FACULTADE DE HUMANIDADES CARLOS BALIÑAS PÉREZ
IES GREGORIO FERNÁNDEZ (SARRIÁ) IES PALAS DE REI (PALAS DE REI) ALEXANDRE VEIGA RODRÍGUEZ IES LUCUS AUGUSTI (LUGO)
IES DIONISIO GAMALLO FIERROS (RIBADEO) ESCOLA UNIVERSITARIA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO
CARMEN FERNÁNDEZ MORANTE IES MONTERROSO (MONTERROSO) ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DAVID MIRANDA BARROS
IES SANXILLAO (LUGO) IES AS MERCEDES (LUGO)
MANUEL FRANCISCO MAREY PÉREZ IES PERDOURO (BURELA)
EDUARDO ZURITA DE LA VEGA
IES SANTIAGO BASANTA SILVA (VILALBA) IES SAN ROSENDO (MONDOÑEDO) XOAN CARLOS CARREIRA PÉREZ IES DA TERRA CHÁ (CASTRO DE REI)
IES POETA MANUEL LEIRAS PULPEIRO (LUGO) FCO. JAVIER LÓPEZ GONZÁLEZ
IES FONTEM ALBEI (A FONSAGRADA)
IES FRANCISCO DAVIÑA REI (MONFORTE DE LEMOS) FACULTADE DE VETERINARIA
FLORENTINA GUERRERO CALLEJAS IES A PINGUELA (MONFORTE) COLEXIO SAN XOSÉ (LUGO)
PATRICIA FERNÁNDEZ DE TROCONIZ REVUELTA IES MARÍA SARMIENTO (VIVEIRO)
IES A PIRINGALLA (LUGO) VOLUNTARIOS/AS
MARTA LÓPEZ SOBRADO (Fac. de Ciencias) COLEXIO FINGOI (LUGO)
ISABEL PENSADO GERPE (Esc. Politécnica Superior) IES XOÁN MONTES (LUGO)
VANESA CABANA CASTRO (Fac.de Admón. e Dir. de Empresas)
IES XOÁN MONTES (LUGO) IES ÁNXEL FOLE (LUGO)
FÁTIMA TEIXEIRO (Responsable Oficina Voluntariado) IES MONTERROSO (MONTERROSO)
IES DE QUIROGA (QUIROGA)
MANUEL ÁLVAREZ LOBO (Fac. de Veterinaria) IES A PINGUELA (MONFORTE DE LEMOS)
YOLANDA DÓVAL POCIÑO (Fac. de Veterinaria) COLEXIO SAN XOSÉ (LUGO)
IES FRANCISCO DAVIÑA REI (MONFORTE DE LEMOS) JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ LOZANO (Fac. Admón. e Dir.
Empresas.)
IES SANTIAGO BASANTA SILVA (VILALBA) IES SAN ROSENDO (MONDOÑEDO) IES GREGORIO FERNÁNDEZ (SARRIÁ) IES PALAS DE REI (PALAS DE REI)
A todos os estudantes que asistiron ás charlas de presen- tación da USC entregóuselles unha enquisa que debían entregar cumprimentada ao final da presentación e indicóu- selles que se nos facilitaban o seu teléfono móbil poderían recibir (vía SMS), información do seu interese. De feito, así se fixo, enviándolles mensaxes sobre a convocatoria de bolsas do MEC, convocatoria de prazas de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias (SUR), distrito aberto, etc. Foron un total de seis mensaxes enviados aos móbiles dos estudantes de ensino medio de Galicia e dos recollidos en AULA.
Nalgúns casos os orientadores dos centros preferiron que- dar coas enquisas para poder cumprimentalas con máis rigor e comprometéndose a reenvialas posteriormente a dirección do programa.
As súas valoracións, demandas de información e suxes- tións, quedan reflectidas nos cadros seguintes:
1.- Tipoloxía dos estudantes que responderon a enquisa
2.- Temas dos que desexan ter máis información ao final de curso
Outros temas dos que desexan recibir información.
A maioría dos enquisados deixaron este apartado en branco. Dos poucos que responderon resaltamos: prazas e notas de corte das titulacións, saídas profesionais, Erasmus, deportes, validacións e acceso de ciclos formativos á USC, idiomas, axudas para mercar portátiles, voluntariado, actividades culturais, pasarelas entre carreiras, títulos propios, distrito aberto, custos dos centros adscritos, prácticas e transporte.
(*) Nota: os enquisados tiñan a posibilidade de elixir varias respostas
3.- Utilidade da páxina web da USC
4.- Interese, importancia e satisfacción dos estudantes coa información recibida na charla
(*) Nota: os enquisados tiñan a posibilidade de elixir varias respostas
Observacións.
A inmensa maioría dos enquisados non as fixeron. Resaltamos:
Que haxa tempo para preguntar e debater Afondar nas titulacións
A charla debería ser en galego
5.- Titulacións oficiais da USC nas que están interesados/as
(*)Nota: os enquisados tiñan a posibilidade de elixir varias opcións
Anexo: Interese, importancia e satisfacción da información recibida por centros.
A Coruña
Lugo:
Ourense:
Pontevedra:
Os centros de Ensino Medio dos que non se procesaron enquisas por diferentes motivos son:
IES Pontepedriña (Santiago) IES Agra de Orzán (A Coruña) IES Castro da Uz (As Pontes)
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo) IES Monte da Vila (O Grove)
IES As Barxas (Moaña)
O resumo das visitas por comarcas pode verse no seguin- te mapa facilitado polo profesor Francisco Omil Prieto da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
5. SEGUNDA EDICIÓN DO CONCURSO
"COMO TE IMAXINAS NA USC?".
Co concurso de relatos, cómics e sitios web, dirixido a estu- dantes de 4º de ESO, ciclos formativos e bacharelato, enca- drado no programa A Ponte, a USC pretende obter coñece- mento das expectativas dos seus futuros estudantes para un mellor aproveitamento dos múltiples recursos que existen nos Campus da Universidade de Santiago de Compostela e que conforman os diferentes aspectos da vida universitaria.
A presentación da segunda edición deste concurso tivo lugar o día 21 de xaneiro de 2005 no Instituto de Educación Secundaria Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Asistiron a vicerreitora de estudantes e relacións institucio- nais, profesora Mª Elena Vázquez Cendón, o coordinador de programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", profesor Luís M. Hervella Torrón, o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación e deseñador desta campaña, Xosé Soengas Pérez, o director do IES Xelmírez I, Manuel Miguel López Mejuto, a orientadora deste centro, Mª Carmen Rodríguez Ruibal e dous gañadores da primeira edición do concurso na modalidade de páxina web, D. Pablo Andrés Biagioli e D. Luís Alberto Vázquez, este último actualmente estudante da USC.
Destacouse na presentación as distintas categorías dos pre- mios, a forma de presentar os traballos e o prazo para facelo.
Nas modalidades de relato curto e cómic os traballos debían ter unha extensión máxima de tres folios. Para a modalidade de páxina web, tiñan que realizarse en html e non superar os 250 Kb de peso; os equipos do proxecto de páxina web podí- an estar formados entre tres e cinco persoas, que quedarán excluídos de participar nas outras dúas modalidades.
Todos os traballos debían ir acompañados dun breve texto complementario no que se explican as razóns da elección do tema, as técnicas empregadas e o proceso seguido na súa elección.
Xurados:
Estiveron integrados por profesores de Ensino Medio, perso- al de administración e servizos, profesores e estudantes da USC.
Para a concesión dos premios valorouse a capacidade creati-
va, expresiva e comunicativa do estudante e as técnicas de traballo propias de cada modalidade.
No caso do relato curto, tívose especialmente en conta a corrección lingüística, a orixinalidade dos relatos, de xeito que se premiaron aquelas historias que mais resaltaron os aspec- tos da Universidade como institución dinámica e moderna ou as múltiples facetas da vida universitaria.
Na categoría de cómic valorouse o traballo da continuidade e o movemento dos personaxes no escenario, ademais das diferentes técnicas narrativas.
Nas páxinas web tívose particularmente en conta o deseño e a creatividade, a utilidade da información, a navegabilidade , a accesibilidade aos contidos e o tempo de descarga.
A convocatoria do concurso fíxose chegar a todos os centros de Galicia en forma de trípticos. Tamén, na presentación da USC nos centros de Ensino Medio, incorporouse un esquema do mesmo animando aos presentes a participar no concurso, ademais da divulgación por medio do Gabinete de prensa da USC.
Membros dos xurados:
Cada modalidade do concurso tivo o seu propio xurado ava- liador.
O xurado de cómic estivo presidido polo profesor de Ciencias da Comunicación, Xosé Soengas Pérez, e actuaron como vocais Juan Blanco Valdés, subdirector do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Daniel López Abel, presidente da Asociación Ícaros, Mª Dolores Sanz Lobo, orientadora do IES Antón Fraguas de Santiago e Vicente Blanco Mosquera, profesor de debuxo da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X.B. do Campus de Lugo.
Na modalidade web Luís Coladas Uría, profesor da Facultade de Matemáticas, presidiu o xurado do que tamén formaron parte J. Raúl Canay Pazos, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e director do CeTa, Pedro Rey Sanchiz, membro do CeTa, Carmen Fernández Lameiro, pro- fesora de informática no IES A Piringalla de Lugo e a bolseira da aula de informática e estudante da Facultade de Matemáticas Olga Martínez Cancelas.
No caso dos relatos curtos o xurado estivo formado polo deca- no da Facultade de Filoloxía, Ernesto González Seoane, que o presidiu, a directora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, María Luísa Melón Rodríguez, a profesora da Facultade de Humanidades de Lugo, Ana Chouciño Fernández, a profesora da ESO do IES Lamas de Abade de Santiago, Ana Franco Quintana e a estudante María Consuelo Suárez Quintela.
Gañadores e entrega de premios:
Na modalidade de relato curto o primeiro premio recaeu no tra- ballo titulado "Unha Ponte para Adrián", escrito por David Núñez Díaz do IES Lucus Augusti de Lugo. O accésit foi para Alicia Fernández Rodríguez do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos polo relato "Imaxinarei".
No apartado de cómic o primeiro premio acadouno o traballo "O desastre de Xan" presentado por David Antúnez González, estudante do IES Monte das Moas (A Coruña), mentres que o accésit foi para Tara Rego Niño do IES Sanxillao de Lugo, polo cómic "Polos Opostos".
De esquerda a dereita: Mª Elena Vázquez Cendón (vicerreitora de estudantes e relacións institucionais); David Antúnez González (primeiro premio de cómic), Alicia Fernández Rodríguez (accésit en cómic), Tara Rego Niño (accésit en relato curto) e David Núnez Díaz (primeiro premio na modalidade de relato curto).
Na categoría de páxina web o primeiro premio foi para o traballo
"Camiñando cara á Universidade: medos, metas e ilusións", pre- sentado por Laura Acevedo Pereira, Román Castro Coedo e Iván Lomba Rodríguez, do IES A Sangriña de A Guarda.
Obtivo tamén un accésit a páxina web "A Universidade Mañá" rea- lizada por Pablo Blanco Rodríguez, Vanesa Iglesias Fernández e Damián Iglesias Fernández do IES San Tomé de Freixeiro de Vigo.
No acto celebrado na R.U. Bal y Gay de Lugo recollendo o primeiro premio de páxina web Laura Acevedo Pereira, Ramón Castro Coedo e Iván Lomba Rodríguez do IES A Sangriña de A Guarda.
A entrega de premios nas modalidades de relato curto e cómic tivo lugar no acto de recoñecemento aos voluntarios da USC, o día 26 de maio de 2005 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Salón Nobre do Colexio de Fonseca
A entrega do primeiro premio e accésit da modalidade de páxi- na web, fíxose o mesmo día na Residencia Universitaria Bal y Gay do Campus de Lugo.
Os estudantes premiados e os respectivos centros de Ensino Medio recibiron, no caso dos primeiros premios, un ordenador portátil e unha axenda electrónica os merecedores dos accé- sit. Na modalidade de páxina web tanto os ordenadores por- tátiles como as axendas electrónicas foron proporcionados pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.
É de destacar o aumento do número de participantes nesta segunda edición, así como o interese de moitos Institutos e Colexios por este concurso.
Os distintos xurados quixeron resaltar a capacidade comuni- cativa e a destreza técnica demostrada nos traballos presen- tados ao concurso.
A vicerreitora de estudantes e relacións institucionais Dª Mª Elena Vázquez Cendón, o coordinador do programa D. Luís M.Hervella Torrón, e os premiados nas modalidades de relato curto e cómic acompañados dos seus profesores.
O profesor do IES A Sangriña de A Guarda recollendo o ordenador portá- til como primeiro premio da modalidade de páxina web.
A profesora do IES San Tomé de Freixeiro de Vigo recollendo a axenda electrónica como accésit na modalidade de páxina web.
6. ENCONTROS DO ENSINO MEDIO E A USC.
Rematada a maior parte das visitas aos centros de Ensino Medio, tiveron lugar os "Encontros do Ensino Medio e a USC. CONÉCTATE" nos que os estudantes de bacharelato e ciclos formativos visitaron as instalacións da Universidade e coñeceron a oferta de formación e servizos que mais lles podía interesar.
Tendo en conta as preferencias manifestadas polos repre- sentantes dos centros de Ensino Medio que asistiron ás reunións previas e o calendario escolar do presente curso cunhas vacacións de Semana Santa moi cedo, as datas para os Encontros fixáronse os días 4, 5, 6, 7 e 8 de abril para o Campus de Santiago e os días 26, 27 e 28 de abril para o Campus de Lugo.
Na organización púxose especial coidado en modificar iti- nerarios do ano pasado que resultaron moi axustados (como a densidade nos percorridos polos diferentes Centros) e en particular a acollida e a atención aos visitan- tes. Para elo simplificáronse os percorridos ofrecendo só un pola mañá e deixando o serán para visitar o patrimonio Histórico da USC, Institutos de investigación ou o Centro Superior de Hostalería de Galicia, vinculado á Universidade de Santiago.
O lugar de encontro para as visitas aos centros no entorno do Campus norte e histórico foi a Residencia Universitaria
"Burgo das Nacións". Para o Campus sur a R. U. "Monte da Condesa". No Campus de Lugo déronse cita na Residencia Universiraria Bal y Gay. A colaboración dos bolseiros de sostibilidade dos distintos centros universitarios e a labor dos voluntarios da USC foi de gran utilidade para guiar e orientar aos estudantes que nos visitaron. O persoal do
"Programa labora" da Unidade de Orientación Preuniversitaria do COIE supliu eficazmente as ausencias que, nalgúns casos se produciron.
Co fin de programar e coordinar os encontros a vicerreitora de estudantes e relacións institucionais convocou aos decanos e directores de centros da USC, ou persoa en quen delegaran, a unha reunión na Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega, o día 31 de marzo ás 17,30 horas.
Nesta reunión púxose de manifesto a conveniencia de facer unha atractiva e entretida presentación das distintas titula- cións con pequenos experimentos científicos, de selo caso, ou visitas á bibliotecas ou outros equipamentos salienta-
bles dos centros.
Aos que non puideron asistir remitíuselles información do tratado na devandita reunión. Posteriormente fíxoselles chegar as previsións do número de visitantes por día e a previsible hora de chegada ao seu centro.
Antes de comezar os percorridos e, segundo ían chegando ao punto de Encontro, entregóuselles aos estudantes unha bolsa que contiña o seguinte material: dípticos de informa- ción sobre: horarios e percorridos, voluntariado, residencias, centro de linguas modernas, actividades deportivas, bibliote- cas, notas de corte e do concurso "Como te imaxinas na USC?"(2ª edición); cd "Estudar na USC"; enquisa; axenda universitaria do curso 04/05; almanaque USC 2005; libro
"Compostela na Historia" facilitado pola Concellaría de Turismo do Concello de Santiago; guía-catálogo "Área comercial de Santiago"; plano da cidade; limpa cd; lapis e carpeta.
Os centros que participaron nestas Xornadas de Encontros na USC e o número de estudantes que viñeron de cada un deles foron os seguintes:
Provincia da CORUÑA:
IES CRUCEIRO BALEARES (CULLEREDO): 21 ESTUDANTES IES MACÍAS O NAMORADO (PADRÓN): 38 ESTUDANTES IES AGRA DE LEBORÍS (LARACHA): 37 ESTUDANTES IES XELMÍREZ I (SANTIAGO): 80 ESTUDANTES IES ANTÓN FRAGUAS (SANTIAGO): 95 ESTUDANTES IES ROSALÍA DE CASTRO (SANTIAGO): 147 ESTUDANTES IES LAMAS DE ABADE (SANTIAGO): 10 ESTUDANTES IES A PONTEPEDRIÑA (SANTIAGO): 48 ESTUDANTES IES DE ARZÚA (ARZÚA): 34 ESTUDANTES IES ESPIÑEIRA (BOIRO): 14 ESTUDANTES IES PRAIA BARRAÑA (BOIRO): 54 ESTUDANTES COLEXIO SAN JOSÉ DE CLUNY (SANTIAGO) 37 ESTUDANTES CPI O CRUCE (CERCEDA): 20 ESTUDANTES Provincia de LUGO:
IES FONTEM ALBEI (A FONSAGRADA): 33 ESTUDANTES IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ (SÁRRIA): 23 ESTUDANTES POLITÉCNICO DE LUGO (LUGO): 99 ESTUDANTES CPR. FINGOI (LUGO): 53 ESTUDANTES Provincia de OURENSE:
IES XESÚS TABOADA CHIVITE (VERÍN): 44 ESTUDANTES Provincia de PONTEVEDRA:
IES DA CAÑIZA (PONTEVEDRA): 25 ESTUDANTES IES FERMÍN BOUZA BREY (VILAGARCÍA): 6 ESTUDANTES IES XOSÉ NEIRA VILA (OLEIROS): 42 ESTUDANTES IES DE BREAMO (PONTEDEUME): 57 ESTUDANTES IES FRAGA DO EUME (PONTEDEUME): 20 ESTUDANTES IES DE MELIDE (MELIDE): 19 ESTUDANTES CPR. MARIANO (VIGO): 42 ESTUDANTES CPR. APÓSTOL SANTIAGO (VIGO): 114 ESTUDANTES CPR. LOS SAUCES (MOS-PUXEIROS): 34 ESTUDANTES CPR. SANTO TOMÁS (PORRIÑO): 27 ESTUDNATES O número total de estudantes que participaron nestes Encontros é de 1273 (1197 en Santiago e 76 en Lugo) per- tencentes a 30 centros de ensino medio (28 en Santiago e 2 en Lugo).
Atendendo aos percorridos se repartiron da seguinte maneira:
PERCORRIDOS EN SANTIAGO
SAÍDA DA RESIDENCIA DO BURGO ÁS 11:00
SAÍDA DA RESIDENCIA MONTE DA CONDESA ÁS 11:00
SAÍDA DAS RESIDENCIAS ÁS 16:00
PERCORRIDOS EN LUGO
SAÍDA DA RESIDENCIA BAL E GAY ÁS 9:30
Finalmente é preciso facer mención da colaboración pres- tada tanto polos bolseiros/as e voluntarios/as que levaron aos estudantes a cada facultade ou escola como dos repre- sentantes das mesmas que os recollían e se encargaban de acompañalos a facer o percorrido polas instalacións mostrándolles as vantaxes dos estudos nos que están inte- resados/as.
Estes colaboradores participantes nas xornadas foron:
COLABORADORES NAS FACULTADES/ESCOLAS SANTIAGO
FACULTADE DE MATEMÁTICAS:
PROF. Mª CARMEN CAROLLO LIMARES
FACULTADE XEOGRAFÍA E HISTORIA:
DEC. RUBÉN C. LOIS GONZÁLEZ VICEDEC. MAR LLINARES GARCÍA
ESCOLA DE RELACIÓNS LABORAIS:
DIR. CARLOS JAVIER ÁLVAREZ FDEZ SUBDIR. PEDRO Mª REY SUÁREZ SEC. MARINA RODRÍGUEZ PLANES
ESCOLA DE ENFERMARÍA:
DIR. JUAN MANUEL FERNÁNDEZ VARELA SUBDIR. ROSA REAL RUÍZ
SEC. ANA MIGUEZ FREIRE PROF. AMALIA PUGA MARTÍNEZ ESCOLA DE ÓPTICA E OPTOMETRÍA:
PROF. JORGE GILINO PAZ PROF. JAVIER GONZÁLEZ PÉREZ
ECONÓMICAS:
PROF. LORETO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
ESC. TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA:
DEC. JUAN MANUEL LEMA RODICIO
FACULTADE DE BIOLOXÍA :
DEC. JAIME JOSÉ GÓMEZ MÁRQUEZ FAC. DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN:
DEC. JOSÉ MIGUEL TÚÑEZ LÓPEZ
FAC. DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN:
DEC. JOSÉ FELIPE TRILLO ALONSO
FAC. DE CCS. POLÍTICAS E SOCIAIS:
DEC. NIEVES LAGARES DÍEZ
FACULTADE DE DEREITO:
PROF. MILAGROS Mª OTERO PARGA
FACULTADE DE FARMACIA:
DEC. JOSÉ MIÑONES TRILLO
FACULTADE DE FILOLOXÍA :
DEC. ERNESTO GONZÁLEZ SEOANE
FACULTADE DE FILOSOFÍA:
DEC. JOSE LUIS GONZALEZ LÓPEZ
FACULTADE DE FÍSICA:
DEC. FELIX SARMIENTO ESCALONA
FAC. MEDICINA / ODONTOLOXÍA:
DEC. JOSÉ Mª FRAGA BERMÚDEZ
FACULTADE PSICOLOXÍA:
PROF. CAROLINA TINAJERO VACAS
ESCOLA DE TRABALLO SOCIAL:
DEC. TERESA FACAL FONDO
MUSEO DE Hª NATURAL "LUIS IGLESIAS":
DIR. CARLOTA GARCÍA PAZ
ESC. SUPERIOR DE HOSTALERÍA:
DIR. JUAN C. SOMOZA
PROF. J. ANDRÉS NIETO VIDAL
INSTITUTO DE ACUICULTURA:
DIR. OSCAR GARCÍA MARTÍN
INST. INVESTIGACIÓNS TECNOLÓXICAS:
DIR. JUAN E. ARIAS RODRÍGUEZ
EDIFICIO CACTUS:
F. JAVIER LÓPEZ SARDINA
R.U. DO BURGO DAS NACIÓNS:
ANDRÉS FERNÁNDEZ MÉNDEZ
R.U. MONTE DA CONDESA:
MIGUEL ABEL SOUTO
LUGO
BIBLIOTECA INTERCENTROS:
CONCEPCIÓN FERNÁNDEZ MARASA
FAC. DE VETERINARIA:
DEC. ANA ARÍA BRAVO MORAL
VICEDEC. GERMÁN SANTAMARÍA PERNAS
HOSPITAL CLÍNICO VETERINARIO "ROF CODINA":
DIR. XER. L. FELIPE DE LA CRUZ PALOMINO
FAC. DE CIENCIAS:
DEC. FRANCISCO FRAGA LÓPEZ SEC Mª ELENA LABISBAL BIQUEIRA
ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR:
DIR. XOÁN CARREIRA PÉREZ
FAC. DE ADMÓN. E DIR. DE EMPRESAS:
DEC. JOSE ALBERTO DÍEZ DE CASTRO
FAC. DE HUMANIDADES:
PROF. JOSÉ CARLOS BALIÑAS PÉREZ SEC. Mª CONCEPCIÓN FERNÁNDEZ LÓPEZ
ESCOLA UNIVERSITARIA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO:
DIR. MODESTO ANIBA RODRÍGUEZ NEIRA PROF. FCO. JOSÉ SILVOSA COSTA
Os/as voluntarios/as e bolseiros/as que acompañaron aos estudantes aos centros foron:
SANTIAGO:
EMILIA CARBALLO TORRÓN FAC. FILOLOXÍA
Mª TRINIDAD ROMAY PIÑEIRO FAC.CC.DA COMUNICACIÓN MAGDALENA MOURE CAMPOS FAC. CC. ECON. E EMPR.
INÉS BERNAL PAMPIN ESC. ENFERMARÍA AIDA PÉREZ MOVILLA FAC. MEDICINA
IRENE TORRADO PÉREZ FAC. XEOGRAFÍA E HISTORIA- JUAN JOSÉ PÉREZ NOGUEIRA FAC. DEREITO
IAGO CARREIRA TRIGO E.U. RELACIÓNS LABORAIS LARA MARTÍNEZ HIDALGO FAC. CC. POLÍTICAS ESTER VÁZQUEZ FERNÁNDEZ FAC. BIOLOXÍA EDGAR YAZIJI LORENZO FAC. FARMACIA
SUSANAFUGAROLAS ALVAREZ-UDE ESC. TEC. SUP. ENX.
MARTA POU BUENO FAC. MATEMÁTICAS ALICIA DURÁN MONTERO FAC. PSICOLOXÍA Mª DOLORES CASAS ABUÍN E.U. TRABALLO SOCIAL VICTORIA ALEJO OGAZA E. U. TRABALLO SOCIAL JELENA BOGDANOVIC ERASMUS - FAC. FILOLOXÍA COVADONGA VARELA SUÁREZ FAC. FILOLOXÍA INGLESA VICTOR ÓNEGA FAC. BIOLOXÍA
MARIO OTERO NOVOA FAC. MATEMÁTICAS ANA GÓMEZ GONZALEZ FAC. MATEMÁTICAS LUGO:
MARTA SOBRADO LÓPEZ FAC. DE CIENCIAS
JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ LOZANO FAC. ADM. E DIREC. DE EMPRESAS CRISTINA SABÍN VILAR FAC.DE CIENCIAS
ANA BELÉN SÁNCHEZ VILAR OFICINA DE VOLUNTARIADO
Estudantes de Ensino Medio visitando as instalacións da Facultade de CC. Políticas e Sociais no Campus Sur de Santiago.
Estudantes de Ensino Medio recibindo información na súa visita á Facultade de Dereito no Campus Sur de Santiago.
7. XORNADA SOBRE O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR
Dirixida a equipos directivos e de orientación de Ensino Medio.
Recollendo o ofrecemento que fixo o Sr. Reitor na sesión mantida con equipos directivos e de orientación de Ensino Medio o día 26 de novembro de 2004, celebrouse unha nova xuntanza o día 27 de maio de 2005 para tratar sobre o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) no Colexio de Fonseca.
Ás 10,30 horas a vicerreitora de estudantes e relacións ins- titucionais, profesora Mª Elena Vázquez Cendón, deu a benvida aos asistentes e presentou a Orde do día:
-O Espazo Europeo de Educación Superior -Orientación laboral na USC
-Debate e preguntas
A continuación o vicerreitor de ordenación académica e profesorado, Cástor Méndez Paz, fixo unha exposición sobre os fundamentos e a situación actual do proceso de construción do EEES, posto en marcha coa sinatura por parte de 29 países da Declaración de Boloña en 1999.
Para o profesor Cástor Méndez Paz son moi importantes encontros coma o de hoxe pois a reforma do sistema edu- cativo "debe facerse de xeito harmónico nos seus distintos niveis, respectando sempre os nexos de unión entre as diferentes etapas".
Nunha detallada exposición explicou como para o 2010 deben estar compatibilizados todos os sistemas educativos do espazo europeo de xeito que se logre un recoñecemen- to efectivo das cualificacións académicas e profesionais.
Os elementos clave para esa harmonización son a adapta- ción do crédito europeo, o sistema de titulacións baseado nos niveis de Grao e Posgrao, así como a implantación do Suplemento Europeo ao Título que é o documento que acompaña a cada un dos títulos universitarios de carácter oficial coa información unificada, personalizada para cada titulado universitario, sobre os estudos cursados, os resul- tados obtidos, as capacidades profesionais e o nivel da súa titulación.
Un animado diálogo puxo remate a esta parte da xornada, mostrando os asistentes a súa satisfacción por ver atendi- das as súas expectativas ante un tema de tanta relevancia.
A segunda parte da mañá estivo dedicada a presentar os servizos de orientación laboral na USC.
Dado a prolongación do diálogo na sesión anterior, o tempo dispoñible viuse sensiblemente reducido. Aínda así Celia Conde-Pumpido Tourón e Beatriz Pérez Rey, técnicas de Orientación Laboral e de Autoemprego respectivamente, fixeron unha apropiada presentación dos servizos de apoio aos estudantes e recen titulados da USC para afrontar o paso ao mundo laboral que a Universidade pon a súa dis- posición.
As dúas da tarde, trasladámonos ao Centro Superior de Hostalería de Galicia da Barcia, onde J. Andrés Nieto Vidal, profesor responsable do Departamento de Marketing de dito centro, fixo unha interesante exposición sobre o perfil que deben reunir os futuros estudantes deste Centro de Hostalería, a completa formación que reciben e as saídas profesionais. Seguidamente, convidados polo Centro, tivo lugar nas súas instalacións un exquisito xantar, elaborado e servido polos seus estudantes. Ao finalizar entregóusenos a todos un agasallo.
Deseguido realizouse unha visita guiada ás distintas insta- lacións que puxo punto final a unha xornada grata e moi útil, segundo a opinión dos presentes.
CENTROS DE ENSINO MEDIO REPRESENTADOS NA REUNIÓN
Centros da provincia da CORUÑA:
Centros públicos: IES IES MONELOS (A CORUÑA)
IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO)
IES MONTE DAS MOAS (A CORUÑA) IES XULIÁN MAGARIÑOS (NEGREIRA)
IES ADORMIDERAS (A CORUÑA) IES FONTEXERÍA (MUROS)
IES URBANO LUGRÍS (A CORUÑA) IES MACIAS O NAMORADO (PADRÓN) IES ANXEL CASAL (A CORUÑA) IES DE ARZÚA (ARZÚA)
IES ANTÓN FRAGUAS (SANTIAGO) IES FRAGA DO EUME (PONTEDEUME) IES AS FONTIÑAS (SANTIAGO) IES AGRA DE RAÍCES (CEE)
IES EDUARDO PONDAL (SANTIAGO) ESCUELA OFICIAL NÁUTICO PESQUERA (FERROL) IES LAMAS DE ABADE (SANTIAGO) IES CATABOIS (FERROL)
IES MONTE DE CONXO (SANTIAGO) IES LEIXA (FERROL)
IES XELMIREZ I (SANTIAGO) IES CONCEPCIÓN ARENAL (FERROL)
IES XELMIREZ II (SANTIAGO) Centros públicos: CPI
CPI O CRUCE (CERCEDA) CPI CASTRO BAXOI (MIÑO)
Centros privados: CPR
CPR COMPAÑÍA DE MARÍA (A CORUÑA) CPR CLUNY (SANTIAGO)
CPR LICEO LA PAZ (A CORUÑA) Centros da provincia de LUGO:
Centros públicos: IES IES AS MERCEDES (LUGO) IES DE BECERREA
IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ (SARRIÁ) Centros da provincia de PONTEVEDRA:
Centros públicos: IES
IES A XUNQUEIRA II (PONTEVEDRA) IES ALEXANDRE BÓVEDA (VIGO)
IES FREI MARTÍN SARMIENTO (PONTEVEDRA) IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO (VIGO)
IES LUIS SEOANE (PONTEVEDRA) IES CHAN DO MONTE (MARÍN)
IES SÁNCHEZ CANTÓN (PONTEVEDRA) IES FERMÍN BOUZA BREY (VILAGARCIA AROUSA) IES SALVATERRA DE MIÑO (PONTEVEDRA) IES PAZO DA MERCED (AS NEVES)
Centros privados: CPR
CPR LOS SAUCES (PONTEVEDRA)
Informe dos resultados obtidos na enquisa pasada nesta xornada sobre o Espazo Europeo de Educación Superior
1.- Tipoloxía do centro ao que representan os directo- res e orientadores enquisados
2.- Asistencia dos directores e orientadores as sesións
Outros
-Falta de información
-Escaso interese do alumnado para facer as visitas enviadas aos centros.
-Falta de implicación dos titores de bacharelato nestes temas, descúlpanse coa falta de tempo para dar o programa
-Debido a miña situación laboral
3.- Valoración da información recibida para os seus alumnos/as e valoración do grao de satisfacción dos orientadores con respecto a ela
4.- Valoración das actividades que oferta o programa
"A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"
Preguntas abertas
Datas que estiman máis axeitadas para que se leven a cabo as actividades do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.