• No se han encontrado resultados

Coord. x: Coord. y:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Coord. x: Coord. y:"

Copied!
10
0
0

Texto completo

(1)

1.  CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  032  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro 2.  LOCALIZACIÓN    

 Nome:   CASTRO DE GRESANDE  Topónimo:   O Castro

 Provincia:   Pontevedra  Concello:   Lalín

 Parroquia:   Gresande (Santiago)  Lugar:   Gresande

CARTOGRAFÍA  

Coordenadas  (Datum  ETRS89)      

 UTM:  Fuso  29   Coord.  x:     566.614 Latitude:   42° 38' 49,294" N Coord.  y:     4.721.939 Lonxitude:   8° 11' 14,549" O  

 Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   154 - 11 Esc.  1/5.000:   0154A-0101 (malla anterior: 0154 1-1) ACCESOS  

Dende Lalín pola N-525 Ourense-Santiago, ao chegar ao lugar de Prado, poucos metros despois do P.K. 298, collemos un desvío cara a esquerda (sur), para enlazar coa estrada PO-6004. Seguimos ata chegar ao lugar de Gresande. A uns 150 m. das derradeiras casas do lugar, e pasado un camiño que ascende cara ao oeste, atopamos o castro á dereita (oeste). Os parapetos exteriores defensivos son visibles dende a estrada. 3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO  

 Altitude:     563 m.s.n.m.

 Emprazamento  topográfico:   Ladeira con caída ao leste, ao río Asneiro.  Utilización  do  entorno:    

(2)

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN    Vexetación  

Árbores no entorno (eucalipto e pino). Nos foxos e parapetos exteriores, monte baixo e árbores. Na croa, monte baixo, sobre todo xesta. Nos terrapléns, carballos.

 Descrición  das  alteracións:  

Ten o foxo colmatado parcialmente no sector meridional. Camiños na zona leste, desvirtuan parcialmente o acceso orixinal ao xacemento.

 Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:    X   Regular:       Malo:     Moi  malo:       Desaparecido:        Causas  de  alteración:  

Antrópicas (recheos e escavacións), e naturais (erosión).

 Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:      Protección  física:    

 Intervención  arqueolóxica:    

 Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X 5.  MATERIAIS  

Descrición:    

“En el se encontró un molino de mano y restos de cenizas” (Filgueira e García Alén,1956: 126)

“Nos agros situados ao leste do castro, ao outro lado da estrada, aparecen muíños circulares e tellóns, segundo os veciños” (Meijide e Rey, 1989).

Presas García ( 2008: 308-309) recolle referencias a outros achados: cerámica, muíños...Entre os que destacan un machado de bronce de talón e dous aneis.

 Procedencia   Achado  casual:   Intervención  arqueolóxica:     Outra:     X  Lugar  actual  do  depósito:      

-­‐  Museo  ou  colección  pública:   -­‐  Museo  ou  colección  privada:  

(3)

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

Castro composto por un recinto de planta oval irregular, con un complexo sistema defensivo na entrada. A croa presenta as seguintes dimensións: no eixo NE-SW 130 m. (interior) e 165 m (exterior), se temos en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude sería de 195 m.; no eixo NW-SE mide 85 m. (interior) e 125 m. (exterior), se temos en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude sería de 155 m.

A croa está enteiramente rodeada por un parapeto, que chega a acadar unha altura máxima duns 6 m. na zona oeste, agás a zona de entrada ao recinto polo leste.

As defensas exteriores están formadas polos seguintes elementos: un foxo que circunda o recinto principal, visible en todo o perímetro, excepto nalgúns puntos do sector meridional onde se perde pola acción de recheos modernos. Na zona oeste, polo exterior do foxo, hai un parapeto duns 65 m. de lonxitude, que acada ata 2 m. de altura.

Na zona leste hai un complexo sistema de defensa da entrada ao castro (que se faría a través do seu terraplén oriental), composto por varios parapetos que a xeito de bastión sinalan o acceso. Ademais, un terraplén completa as defensas cara ao norte.

(4)
(5)

9.  FOLKLORE  

- “En un agujero, hoy tapado, había un encanto en forma de mujer, que daba dinero si se le adivinaba el pensamiento; o enseñaba un objeto de oro y si se prefería éste a la mujer, lo tiraba; en el caso contrario lo daba a la persona interrogada. Se cuenta también que en él se halló un caldero lleno de oro, dejado allí por los moros” (Filgueira y García 1954-56: 126)

- “Referencias folclóricas a aparicl6n de encantos que adiviñan o pensamento e a abundancia de ouro que deixaron alí os mouros” (Buxán 1989: 18, recollendo referencias anteriores).

- Os mouros enterraron grandes cantidades de ouro no solo do Castro. Unha proba disto son as numerosas moedas que ten atopado polos arredores un veciño. (Recollido por Cristina Pichel en 2005; tomado de Presas 2008:307)

- “O 24 de San Xoán saía unha muller do castro en forma de cobra, que se presentaba como o encanto dunha ‘señorita’ nunha mámoa; para desencantala había que levar unha bica recén saída do forno e non nomear a Deus, á Virxe nin aos santos. (Recollido por A. Vázquez e O. González, 1989, tomado de Presas 2008: 307)

- “Contaba unha señora de Gresande que, sendo ela rapaza (comezos século XX), virán unha ola de ouro cando traballaban no agro que está ao Este do castro. Nona puideron coller porque desapareceu misteriosamente. A finca na que viron ese encanto estaba fronte ao camiño que subía para o castro, por abaixo da actual estrada Vilatuxe-Prado, que non existía daquela” (Recollido por A. Presas en 2007; tomado de Presas 2008: 307-308).

- “Mulleres adiviñas” (García Porral, 2010:44).

- “Existencia de ouro deixado polos mouros” (García Porral, 2010:44).

- “Contan que se atopou un caldeiro cheo de ouro deixado polos mouros” (García Porral, 2010:44).

- “Encanto en forma de muller que daba diñeiro en caso de lle atinar o pensamento. Tamén ensinaba un obxecto de ouro; se a xente o escollía, tiraba con el; pero se a escollían a ela, dáballe o obxecto á persoa interrogada” (García Porral, 2010:44).

- “Polo San Xoán saía unha muller do castro en forma de cobra que se presentaba coma o encanto dunha señorita nunha mámoa; para desencantala había que levar unha bica acabada de saír do forno e non nomear a Deus, a Virxe e os santos” (García Porral, 2010:44).

(6)

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:   X   Non  axeitado:      Estado  de  conservación  actual:  

A croa conserva o seu parapeto interior e o sistema defensivo exterior.

 Vulnerabilidade  ás  visitas:   Non se aprecia.

 Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):  

Complexo sistema defensivo na entrada ao recinto principal.

 Perceptibilidade  das  estructuras:  

Boa. Tamén a perceptibilidade do castro no entorno é boa.

 Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  

En coche e en autobús boa, aínda que non se pode estacionar preto do xacemento. O mellor lugar sería Gresande, dende onde se accede ben a pé e se tarda menos de 5 minutos. No interior circúlase con facilidade.  

 Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Destaca o recinto principal, con parapetos rodeándoo na súa totalidade- excepto na zona de acceso-. Ademais ten un complexo sistema defensivo na entrada.

 Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:   Tala  de  árbores  e  limpeza  de  monte  baixo.  

 Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:    

(7)

10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN  

ÁLVAREZ LIMESES G. (1936): Geografía general del reino de Galicia. Provincia de Pontevedra. Barcelona: A. Martín. Páx. 590.

BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx. 18-19.

CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela.

(2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín.

CRESPO NAZARA, J (1951): Cartilla de geografía de la comarca de Lalín. Santiago de Compostela. EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-27 do PGOU de Lalín”.

FILGUEIRA VALVERDE J.; GARCÍA ALEN A. (1954-56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra, TVIII. Páx. 126.

GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 48-49.

LÓPEZ CUEVILLAS, F. (1934): “Puertas de los castros gallegos”. Anuario del Cuerpo Facultativo de

Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos. Vol. 11. Madrid. Páx 74-75.

(1947) “Particularidades curiosas de algunos castros de la comarca de Lalín" Separata del Boletín del

Museo Arqueológico de Orense. T.III. Páx 50.

MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia.

PICHEL, C. (2007): “O monifate de lume”. Kacharela nº 4, revista escolar del I.E.S. Laxeiro de Lalín PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín. VÁZQUEZ CRESPO, A. (1991): Lalín. La tierra de Deza. Guía Everest. Madrid: Everest.

VÁZQUEZ CRESPO, A. E GONZÁLEZ ALÉN (1997): A comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2ª ed. (ed. Orixinal 1989).

Informante(s):   Veciño de Gresande.

Redactor(es):   Javier Luaces Anca e Eduardo Rodríguez Saiz Lugar  e  data:    

Lalín, 22 de novembro de 2012

 

(8)

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

GA36024032. CASTRO DE GRESANDE (Gresande, Santiago de Gresande).

IMG_6101. Entrada á croa desde o exterior.

(9)

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

IMG_6104. Interior da croa.

(10)

Referencias

Documento similar

Sinala a súa satisfacción por ter acadado o proxecto de Campus Vida o ser Campus de Excelencia Internacional pero considera unha mágoa que fose presentado como unha iniciativa

Para os efectos de establecer unha referencia normativa e definir con claridade que debe entenderse por obxecto do contrato, as institucións europeas normalizaron

Para seleccionar a cámara principal ou outra fonte de vídeo do sitio local ou remoto, como cámaras de documentos, portátiles, videocasetes ou reprodutores de DVD, pódese empregar

(coord.), Modelos de enseñanza y método de casos (pp.. D.F,

Para a elaboración do PETIC estableceuse unha estrutura de traballo baseada nunha Comisión de Planificación Estratéxica, cunha moi ampla representación da comunidade

g) Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 7% do total da Xunta, cun mínimo de dous membros. b) Adoptar acordos sobre

En Estados Uni- dos a política pública baseouse na idea de que a falta de accesibilidade é sobre todo unha cuestión de pobreza e, polo tanto, abordaron a solución polo lado

Durante 2009 este último grupo, coordinado pola Directora da BUSC encargouse de elabo- rar unha enquisa de avaliación do servizo por colectivos e da organización dunha xornada