• No se han encontrado resultados

Bases para la tramitación y gestión ambiental de los parques eólicos

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "Bases para la tramitación y gestión ambiental de los parques eólicos"

Copied!
99
0
0

Texto completo

(1)
(2)
(3)

Bases para a tramitación e xestión ambiental

dos parques eólicos de Galicia

(4)

Equipo redactor

DIRECCIÓNXERAL DECALIDADE EAVALIACIÓNAMBIENTAL:

José Manuel Álvarez-Campana Gallo Ángel Antonio García Arias Jesús Santamarina

José Luis García Ares

ASOCIACIÓNEÓLICA DEGALICIA:

Enrique Anchústegui Quintela Fernando Quirós González María Luz Lozano Cerezo Victoria Villoch Vázquez Aitxiber Céspedes Casero

Edita

Consellería de Medio Ambiente Asociación Eólica de Galicia

Coordinación

INCIS

Fotografías

Arquivo EGA

Deseño gráfico

Xosé Díaz/Imago Mundi

Impresión

Imagraf

Depósito Legal C-0000-2004

(5)

T Á B O A

7 PRESENTACIÓN

Xosé Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

11 A XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL DENDE A ADMINISTRACIÓN

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

13 COMPROMISO EMPRESARIAL

Luis Caamaño Martínez

Presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA)

15 PARTE 1.As bases teóricas dun modelo de cooperación pública-privada

17 CAPÍTULO 1. As bases teóricas dun modelo

25 PARTE 2.A avalición ambiental como instrumento para a sustentabilidade

27 CAPÍTULO 2. A información ambiental como expresión da actividade sustentable

30 CAPÍTULO 3. Os estudos ambientais na forma e no fondo

35 CAPÍTULO 4. O alcance do estudio ambiental

39 PARTE 3. O contido dos estudios de avaliación ambiental

41 CAPÍTULO 5. O contido dos estudios

44 CAPÍTULO 6. A implementación dun estudio ambiental

50 CAPÍTULO 7. Inventario ambiental

56 CAPÍTULO 8. Medio biótico

59 CAPÍTULO 9. Medio perceptual

61 CAPÍTULO 10. Medio socioeconómico

64 CAPÍTULO 11. Medio cultural e etnográfico

66 CAPÍTULO 12. Accións do proxecto con repercusións ambientais

68 CAPÍTULO 13. Análise das alternativas

70 CAPÍTULO 14. Avaliación de impactos ou efectos ambientais

75 CAPÍTULO 15. Avaliación de efectos

77 CAPÍTULO 16. Medidas ambientais, protectoras, correctoras e compensatorias

82 CAPÍTULO 17. Resume do estudio e conclusións

85 CAPÍTULO 18. Sobre os equipos técnicos

87 PARTE 4. Vixilancia e seguimento ambiental.

89 CAPÍTULO 19. Programa de vixilancia ambiental

93 CAPÍTULO 20. A auditoría ambiental: Prazos e obxectivos

(6)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

7

E

ntre os sinais máis claros de madurez democrática

que pode dar unha sociedade está, sen dúbida, o

pensamento ecolóxico. Apareceu a mediados do

século XX e constitúe hoxe un corte esencial na

conforma-ción dos programas e na determinaconforma-ción horizontal das

polí-ticas públicas. A idea de que o desenvolvemento

económi-co ten que ser sustentable, e de que non podemos económi-consumir

os recursos naturais das vindeiras xeracións, modifica

subs-tancialmente o emprego das fontes enerxéticas. Tamén

altera en toda a súa extensión a forma de facer política. Por

iso temos que acostumarnos a aplicar unha corrección

medioambiental ás nosas ideas, ata que esta obriga xa

reco-ñecida se converta en cultura, e se manifeste entre nós dun

xeito tan espontáneo como as relacións de autoridade ou o respecto á propiedade privada.

Atrévome a ir un pouco máis alá: Na actual comprensión da democracia, que inclúe en si

mesma a liberdade e o benestar, resulta imposible concibir un sistema democrático que non

sexa constitucionalmente respectuoso co medio ambiente, na medida en que unha agresión

irreversible contra o ambiente privaría aos cidadáns presentes e futuros dun dereito

funda-mental, esencial e irrenunciable. E por iso desexo recordar que o modelo da Xunta de Galicia

vai moito máis alá do que significa a existencia dunha consellería que xestiona as cuestións

máis sensibles relacionadas coa natureza. Tamén alcanza a definir unha filosofía ambiental que

penetra o conxunto da Administración, e que intenta obrigar a que toda a visión dos

intere-ses públicos se realice a través da cultura ambientalista.

Hoxe nos encontramos nun estadio da cultura ecolóxica que xa dá por periclitada a

máxi-ma de “quen contamina paga”, e que, sen negar a necesidade de sancionar, enuncia o

princi-pio de que o custo da contaminación non é socialmente resarcible, e por iso tampouco

resul-ta admisible. Deste xeito chegamos a un momento no que todos nos sentimos comprometidos

co equilibrio natural e co desenvolvemento sostible, nun marco no que tanto as

Administra-PRESENTACIÓN

Excmo. Sr. D. Xosé Manuel Barreiro Fernández

(7)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

8

cións como as empresas e os cidadáns se senten obrigados a conquistar o obxectivo

irrenun-ciable de manter o equilibrio entre progreso e natureza.

Claro que para iso tivemos que cambiar tamén o concepto de política ambiental, para que,

lonxe de ser concibida como unha separación entre a civilización e a natureza, ou como unha

aberta confrontación entre ámbalas dúas, fose enunciada como un conxunto de accións

orien-tadas a manter o equilibrio entre a vida social e a natureza. Isto é tanto como dicir que a

inter-vención na natureza é posible sempre que se faga con regras expresas e rigorosas, e sempre que

se adopten medidas para calibrar –e se é o caso reparar– as consecuencias inevitables das

inter-vencións necesarias.

Polo tanto, a política medioambiental de agora parte non só de recoñecer a posibilidade de

producir determinados impactos sobre a natureza, senón tamén da necesidade de adoptar

medidas de reposición de efectos inevitables, e de substituír os espazos que sexan alterados. Xa

sabemos tamén que resulta posible o equilibrio entre desenvolvemento e medio natural, e que

non deben escatimarse recursos para reconducir o noso sistema produtivo cara a

sustentabili-dade.

Neste marco teórico encóntrase, como un sector paradigmático, a xeración eólica. As súas

fortalezas radican en que cambia fontes enerxéticas escasas e contaminantes por outras

reno-vables, e no que, recoñecendo o carácter inevitable de certos impactos, trata de estudalos con

tan meticulosa atención que sempre garante un balance positivo no equilibrio ambiental do

país.

Non existindo modelos enerxéticos inocuos, e resultando imposible prescindir dos

abun-dantes fluxos de enerxía que nutren a vida das sociedades modernas, parece evidente que a

moderación do consumo que perseguimos non constitúe unha solución suficiente. Por iso

temos que apuntar cara a fórmulas de produción que son naturais aliadas do medio, e que,

sendo tamén compatibles co aforro enerxético, acreditaron a súa positiva incidencia nos

balances ambientais xerais. Para que continúe así, impulsamos iniciativas que, como esta que

agora se presenta, tratan de compatibilizar a eficiencia empresarial e a xeración de enerxía

cunha filosofía ambiental que non deixa ningún flanco desprotexido.

O modelo de estudios ambientais que inspira este libro adáptase a unha administración dos

recursos eólicos eficiente e garantista, cunha atención moi evidente á defensa do patrimonio

natural, cultural e social, pero coa decisión de facilitar unha xestión empresarial rendible e

res-ponsable. Porque máis alá do que nos impoñen os marcos legais da Unión Europea e de

Espa-ña, e das obrigas que están recollidas na nosa regulación autonómica, a filosofía deste traballo

baséase na necesidade de colaboración entre o sector público e o privado para a consecución

dos obxectivos propios dunha cultura ecolóxica moderna.

(8)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

9

dela se derivan, será imposible mellorar o balance ambiental de Galicia no marco dos actuais

e irrenunciables programas eólicos. E se a Administración non recoñece os modelos de

actua-ción e os obxectivos económicos dos empresarios, tampouco será posible nin o cálculo nin a

realización dos investimentos destinados a obter un beneficio empresarial xusto e razoable.

Polo tanto, este documento que agora presentamos é máis que un recordatorio do marco

legal aplicable e da filosofía que alenta nas políticas enerxéticas e medioambientais. Está feito

desde a profunda confianza entre a Administración e o sector empresarial, dando ámbolos

dous por sentado que se pode facer empresa respectando e favorecendo o beneficio público, do

mesmo xeito que é posible administrar o país ó servizo dos cidadáns, apoiando

simultanea-mente a actividade empresarial honesta e mellorando a eficiencia en todos os aspectos.

De aí que fixésemos un esforzo de actualización dos modelos de xestión política e

empresa-rial, para conectalos coas correntes científicas máis avanzadas do momento. Porque estamos

seguros de que o desenvolvemento sostible non é froito da inacción, senón da xestión

efi-ciente. E porque, lonxe de enfrontar a xestión pública coa privada, procuramos a sinerxía do

ben común.

Desde esta perspectiva resulta de singular importancia a idea de colaboración da

Adminis-tración e os empresarios eólicos reunidos en EGA a favor do equilibrio medioambiental.

(9)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

11

A XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL DENDE A ADMINISTRACIÓN

Ilmo. Sr. D. José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

O

obxecto directo da xestión ambiental non debe identificarse con cada feito singular

e esgotarse nel, senón cun balance global no que se expresa o equilibrio e a

sostibili-dade do modelo relacional entre as necesisostibili-dades do home e os recursos limitados que

a natureza ofrece. Por iso hai que considerar como algo superado aquela política ambiental que

se caracterizaba máis por limitar e impedir intervencións que por dar resposta ós problemas que

afloran na sociedade moderna, e por facer compatibles as actividades de produción co

mante-mento da calidade ambiental das áreas intervidas.

Tratándose dunha cultura administrativa moi recente, que atangue a materias sumamente

sen-sibles, existe unha lóxica tendencia das Administracións a centrarse sobre o feito mesmo do

control das actuacións de produción que xeran impactos máis ou menos importantes sobre o

medio.

Pero unha Administración moderna require que a meticulosa definición do marco de

actuacións se determine coa máxima prudencia, para que a xestión efectiva das intervencións

concretas se faga desde o principio da economía e a transparencia administrativa, que

garan-te a suficiencia dos controis sen cargar ó empresario cunha serie de caugaran-telas adicionais.

Porque, na medida en que as relacións entre os xestores do interese público e a empresa

pri-vada se fagan desde a confianza e a corresponsabilidade, será posible concretar unha

tramita-ción administrativa axustada nos seus requirimentos, eficiente na utilizatramita-ción de recursos de

control, eficaz nas súas esixencias xurídicas e áxil no seu proceso de resolución. Porque a

xes-tión medioambiental é, tamén, xesxes-tión pública, e porque non pode falarse de eficiencia nin de

xustiza administrativa cando os procesos de relación entre os particulares e a Administración

son contemplados como unha rémora no desenvolvemento económico e social.

(10)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

Lonxe de diminuír garantías, a idea de cooperación entre a Consellería de Medio

Ambien-te e EGA basease nos principios de calidade, obxectividade, concreción, eficiencia e

celeri-dade do iter administrativo que sustenta os procesos de decisión, que van permitir

compatibi-lizar o aproveitamento dos recursos eólicos coa axeitada protección do medio ambiente.

(11)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

COMPROMISO EMPRESARIAL

Luis Caamaño Martínez

Presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA)

L

onxe de pretender atallos na tramitación administrativa dos nosos proxectos eólicos,

que tamén estarían en contra do recurso natural e renovable co que traballamos as

empresas asociadas en EGA, queremos establecer un modelo de relación que facilite a

programación dos nosos investimentos, e aporte máis eficiencia ecolóxica e funcional á

Admi-nistración. Si é importante que os parques se constrúan con tódalas garantías que establece a

lei, tamén consideramos un valor social irrenunciable que a Xunta facilite os máximos niveis

de eficiencia social e económica.

De aí o empeño en conseguir un documento como o presente, no que os promotores

eóli-cos privados e a Xunta de Galicia puxemos a mellor disposición. Certamente, os membros de

EGA, ós que a nosa presenza en outras comunidades españolas apórtanos criterio

comparati-vo, encontramos aquí o cúmulo de razóns polas que Galicia consolidou un liderado europeo

en promoción de parques e en fabricación de compoñentes: Sensibilidade polo

desenvolve-mento sostible, planificación, fodesenvolve-mento da riqueza...

Con vistas á asunción dun rol institucional por parte das empresas eólicas, que sirva de base

para unha xestión consensuada e eficiente dos recursos naturais, convén especificar os

crite-rios que orientan a nosa cultura ambiental. De acordo coas prescricións legais e coa

experien-cia acumulada nos últimos anos, podemos resumilos nos seguintes puntos:

1. Os estudos ambientais non son un trámite formal que hai que superar, senón un

com-plemento clave das decisións empresariais e administrativas que afectan ó

desenvolve-mento dun proxecto.

2. Unha documentación ambiental de mala calidade activa os controis que, a través dos

procedementos de subsanación e informes complementarios, tratan de evitar

conse-cuencias irreversibles. E por iso debe asumirse que, máis alá de afectar á xestión do

pro-xecto concreto ó que se refire, toda documentación ambiental deficiente repercute no

conxunto de operadores que traballan con estándares de calidade suficiente.

3. Os estudos ambientais sempre deben basearse en traballos de campo realizados de

manei-ra específica e con gamanei-rantías científicas. En ningún caso serán substituídos pola cita de

investigacións amplas ou xenéricas que, aínda que engloben o parque de que se trata,

(12)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

non alcanzan a formular o caso concreto con toda a súa exactitude e complexidade.

4. Se un proxecto non está suficientemente descrito en tódalas súas fases e obxectivos,

invalida calquera estudio ambiental que o acompañe, na medida en que a finalidade

esencial destes é o coñecemento dos concretos efectos localizados nunha explotación.

5. A redacción dun proxecto simple debe de estar precedida dunha “valoración preliminar”

(screening) que sustente o correcto acoplamento do parque ó medio. Só así se

consegui-rá que os estudos ambientais se orienten de maneira preferente á redución de impactos,

en vez de servir para a posterior xustificación dunha actuación xa definida.

6. Os criterios de avaliación de impactos non serán nunca subxectivos. Pero tampouco

deben de obxectivarse en función de criterios que, salvo que foran de común aceptación,

non estean xustificados de maneira suficiente e explícita.

7. O estudo de alternativas considerarase unha parte fundamental do proxecto, xa que

faci-lita os criterios de decisión necesarios para elixir unha opción determinada.

8. Sobre o feito de ter enorme importancia técnica, os estudos de calidade posúen tamén

unha complexidade evidente. Por iso serán redactados por persoal competente con

amaño ós seguintes criterios:

a) Ademais de formar grupos multidisciplinares, as empresas asociadas en EGA

com-prométense a verificar a solvencia técnica dos equipos contratados, con

recoñece-mento singular de cada un dos membros e con criterios de idoneidade que excedan

da simple constatación de titulacións e colexiacións.

b) Salvo excepcións expresamente xustificadas, os estudos técnicos correrán a cargo de

equipos multidisciplinares, nunca de unha soa persoa

1

.

c) En tódolos casos en que existan, os redactores introducirán, xunto cos datos acadados

nos seus propios traballos de campo, toda a información ambiental de libre acceso.

Esta, ademais de enriquecer as perspectivas do problema, permitirá establecer as

opor-tunas comparacións para detectar desviacións notables e ás consecuentes

especifici-dades do proxecto.

14

1Cfr.: Conclusións das I Xornadas sobre Avaliación do Impacto Ambiental na Administración. Santiago

(13)

AS BASES TEÓRICAS DUN

MODELO DE COOPERACIÓN

PÚBLICA-PRIVADA

Parte

(14)
(15)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

CAPÍTULO I

As bases teóricas dun modelo

1.1 Unha declaración de principios

Fronte á vella confrontación entre o interese públicoe o interese privado, propia da cultura administrativa clásica, a Consellería de Medio Ambiente e os empresarios de xeración eólica, agrupados en EGA, creemos nunha forma de investimento económico que é susceptible de render bos froitos en tódalas ordes. Queremos facer compatible o lícito beneficio empresarial que anima as iniciativas dos promotores coa contribución ó desenvolvemento de Galicia, á necesaria renovación do sector enerxético, á substitución de enerxías non renovables por outras reno-vables, e ó equilibrio ecolóxico do planeta. E iso é tanto como dicir que, á marxe dos acordos necesarios para des-envolver unha actividade industrial que incide sobre o espazo humano e modifica lixeiramente o contexto nat-ural e social sobre o que opera, o sector eólico presenta un balance social moi positivo, que debe enmarcar, sen dúbida ningunha, o seu propio proceso de desenvolvemento.

En tales circunstancias, estamos convencidos de que, tanto a redacción e avaliación dos proxectos, como as decisións de emprazamento e investimento, como a xestión administrativa que os fai posibles, deben desenvol-verse de acordo con tres características esenciais:

a) Máxima obxectividade e concreción na redacción e execución dos proxectos.

b) Máxima garantía na avaliación ambiental, que é connatural ó sistema de xeración eólica.

c) Máxima axilidade no cumprimento do iter administrativo que se precisa percorrer para dar cumio a un pro-xecto.

O obxectivo deste documento é a consecución dun amplo acordo de xestión que, sen negar nin desmerecer ningunha das esixencias contidas na lexislación ambiental, nos dote dunha pauta de actuación empresarial e ins-titucional que, á busca dos criterios de racionalidade ecolóxica, eficacia administrativa e rendibilidade empresa-rial, facilite as relacións do sector eólico coa Administración autonómica.

A lexislación ambiental, dispersa en ámbitos institucionais distintos, aínda contén espazos para a discrecio-nalidade. Isto, sobre o feito de introducir incertezas notables na xestión empresarial, pode abocarnos a situacións nas que o puramente opcional determina o curso temporal e administrativo do que é necesario e obrigatorio. Tamén pode propiciar que tódolos esforzos realizados polas empresas para optimizar a construción e a ampliación dos parques eólicos poidan desvanecerse nun trámite que só avance ó ritmo no que a Administración determina as súas esixencias e deixa expedito o camiño para a posterior intervención empresarial.

Aínda que o recurso ós espazos discrecionais debe servir para a consecución de garantías excepcionais, ou para o tratamento de situacións de especial sensibilidade, a Consellería de Medio Ambiente e a Asociación Eólica de Galicia creemos moi necesario evitar que o excepcional se faga o normal. Trátase de que a normativa pensada para resolver a gran maioría das situacións de forma concreta e obxectiva acabe esixindo uns complementos esté-riles que nin aumentan os controis da Administración nin estaban na mente do lexislador.

(16)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

1.2 A cultura ambientalista como principio fundante

A produción de enerxía eléctrica de fontes renovables constitúe, hoxe por hoxe, a área máis dinámica das que conforman o sector eléctrico. E dentro das renovables, a enerxía eólica é unha das máis dinámicas, e a que conta con maior capacidade investidora. Trala súa recente aprobación polas Cortes, o Goberno de España cumpriu o derradeiro trámite que lle quedaba para a ratificación nacional do Protocolo de Kioto. Trátase dun acordo inter-nacional que pretende garantir un compromiso para a loita contra o cambio climático, mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

O principal responsable do cambio climático é o dióxido de carbono derivado da maioría das actividades industriais e, en concreto, da xeración de electricidade a partir de carbón en centrais térmicas. Por iso o Proto-colo de Kiotoesixe medidas para reducir as emisións, entre as que se inclúe a compravenda de dereitos de emisión e investimentos fóra do país de orixe que reduzan a contaminación.

A partir de 2005, poñerase en marcha en Europa un mercado de compravenda de dereitos de emisións, no que as empresas que contaminen por debaixo dos límites que lles sexan asignados poderán vender esta parte sobrante, e as que os superen terán que acudir a comprar dereitos de emisión. A industria española prevé que a posta en marcha deste mercado teña un custo de entre mil e dous mil millóns de euros anuais. Cada tonelada de gas no mercado terá un prezo de entre vente e trinta euros. As sancións previstas oscilan entre corenta e cen euros por tonelada de dióxido de carbono emitida por riba do límite. E de aí se deduce a importancia de avanzar no uso de enerxías renovables.

O Protocolo de Kiotocompromete unicamente ós 55 países que o asinaron e que o incorporaron como obriga-torio nas súas leis nacionais. A Unión Europea comprometeuse a reducir as súas emisións, no ano 2012, nun 8%, respecto ó nivel de 1990, asumindo un obxectivo que se reparte entre tódolos seus estados, en función do seu des-envolvemento industrial.

A ratificación deste Protocolo, tan transcendental como complexa, e a forma na que a UE distribuíu as cargas desta transformación, comprométennos, como país, a reducir as emisións de seis gases (CO2, CH4, N2O, HFC, CFC, SF6) responsables do cambio climático, de forma que no período 2008-2012 non superen en máis dun 15% as emisións rexistradas en 1990, que é o ano de referencia. Un compromiso ambiental que obrigará a transformar sectores como o da enerxía ou o transporte, que son os que máis CO2emiten á atmosfera. E que, para cumprir o

Protocolo de Kioto, o Goberno deberá tomar axiña medidas drásticas que cambien a tendencia actual.

Un informe do banco JP Morgan sinala que a industria eléctrica española emite uns noventa millóns de tone-ladas de dióxido de carbono como media anual, é dicir, a cuarta parte do total nacional. Ó ser un dos sectores capaces de desenvolver alternativas tecnolóxicas menos contaminantes na súa actividade, o Goberno esixirá que contribúa cun descenso das súas emisións ata o entorno dos 75 millóns de toneladas de CO2en 2010.

1.2.1 A importancia do sector eólico na economía de Galicia

O sector da xeración eólica agrupado en EGA actuou como un gran motor de desenvolvemento industrial de Galicia, que permitiu a chegada de importantes investimentos, que, ademais de crear abundante empre-go directo e indirecto, favorecen un notable incremento de produción eléctrica compatible co cumpri-mento do Protocolo de Kioto. Entre as actividades vencelladas ó sector eólico cabe salientar a fabricación de aeroxeradores e os seus compoñentes, a mellora das infraestruturas de transporte e distribución eléctri-ca, melloras na rede viaria local, e a dinamización global da economía dos municipios nos que se instalan os parques.

Os cálculos máis prudentes aceptan que, desde o inicio do Plan Eólico de Galicia, investíronse en Galicia 1.800 millóns de euros, que permitiron a creación de máis de 1.200 empregos directos e outros 1.500 en

(17)

Ó abeiro dos parques medrou en Galicia un amplo tecido industrial, do que dependen milleiros de empregados. Garantir a puntualidade no programa de novas implantacións asegurará o normal funcionamento de fábricas e talleres

O investimento en enerxía eólica só ten sentido si se recoñece o seu duplo valor ambiental e máis

(18)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

sas auxiliares; a súa proxección supera con toda seguridade os 5.500 empregos indirectos correspondentes á eco-nomía de servizos e outros sectores.

A propia natureza da fonte empregada polo sector eólico para a xeración eléctrica imprime ás empresas que operan neste campo un rasgo básico e diferencial: A súa cultura ambientalista. Por isto, conceptos como desen-volvemento sostible, minimización de impactos e protección permanente do medio son esenciais nas compañías que forman EGA. De aí a importancia de dispoñer dunha definición clara, exhaustiva e precisa da avaliación ambiental.

O sector eólico necesita unha ferramenta que –a modo de manual ou guía operativa– detalle esa avaliación, tanto para garantir o cumprimento estrito da normativa pública aplicable como para asegurar que todo o proce-so se desenvolve de acordo a uns prazos previstos. Iproce-so resulta de gran importancia considerando que as actuacións eólicas son iniciativas intensivas en capital, ata ó punto de que os recursos requiridos para instalar un megavatio roldan os 900.000 euros na súa valoración de 2004.

Hai outro elemento de gran transcendencia social que esixe extremar o cumprimento puntual da planifica-ción. Trátase do sector de fabricación de compoñentes, aparecido en Galicia ó abeiro das políticas de fomento da Xunta. Factorías de palas, plantas de ensamblaxe de aeroxeradores, fabricantes de multiplicadores e de fustes, talleres de caldeirería etc. naceron vinculados ó aproveitamento eólico, sumando xa os 2.200 empregos directos. Acadada tal transcendencia socioeconómica, este tecido fabril necesita datos certos sobre pedidos e prazos de entrega que eviten colapsos de produción ou períodos de inactividade.

Outro factor fundamenta a oportunidade dunha iniciativa como a que aquí se presenta, froito do diálogo entre os promotores e a Administración ambiental. Trátase do liderado internacional alcanzado polo sector eóli-co galego, posición que obriga a un permanente esforzo de mellora, que se traduce non só en avances de carác-ter tecnolóxico, senón tamén noutros aspectos que atanguen ó impacto ambiental dos parques ou á tramitación administrativa dos proxectos.

Así e todo, a avaliación do impacto ambiental excede do ámbito dunha sinxela relación entre dous actores, xa que a cidadanía ten recoñecido no procedemento o seu papel. Posúe o dereito a ser informada, así como o de formular as alegacións que estime oportunas. E sobre este particular se precisa igualmente que tódalas partes sin-tan garantidos os seus lexítimos dereitos.

1.3 Un compromiso específico con Galicia

O abordar a construción dun modelo cooperativo de xestión ambiental, no estricto marco da xeración eólica, a Administración galega e as empresas do sector son moi conscientes de que o medio ambiente non é un concep-to unívoco, que se realiza da mesma maneira en tódolos momenconcep-tos e situacións xeográficas. Ben ó contrario, o sistema ecolóxico dos países avanzados e intensamente poboados nace dunha intrínseca relación entre o medio natural e a cultura social e económica. Iso é tanto como dicir que cada país culturalmente identificado ten non só o seu propio medio, senón tamén unha específica forma de xestionalo e de establecer as escalas de valores e as prioridades de actuación.

Velaquí o marco no que se move a Lei 1/1995, de Protección Ambiental de Galicia, que, sobre o feito de inte-grar e facilitar a aplicación dunha lexislación moi dispersa nos seus textos e competencias, pretende deseñar un modelo ambiental propio, en consecuencia co establecido no artigo 27 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Por iso se configura un concepto de medio ambiente de gran complexidade técnica e xurídica, que se estende hori-zontalmente a un amplo conxunto de competencias como a ordenación do territorio, a sanidade, a xestión do solo e da auga, as actividades primarias, como a pesca e a agricultura, e toda a extensa problemática relacionada

(19)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

cos vertidos industriais e os residuos urbanos que poden afectar ó medio. Así se explica o lexislador cando, á hora de expoñer os motivos que inspiran a normativa ambiental derivada da mencionada Lei 1/1995, se refire á nece-sidade de aplicar e canalizar as esixencias ambientais da CEE ás peculiaridades de Galicia, e de dar coherencia á regulación sectorial existente en España e no seo da propia comunidade autónoma, coa fin de realizar unha polí-tica orientada á protección e restauración dos valores ambientais galegos.

A devandita regulación basease nos principios de prevención, de avaliación de impacto, de efectos e inci-dencia ambientais, de información pública, obxectiva, permanente e completa como base dunha efectiva parti-cipación cidadá que posibilite o establecemento dun pacto ambiental na defensa destes valores colectivos. Para os asinantes deste documento resulta evidente que esa boa orientación da lei precisa despois unha correcta pon-deración da importancia que se lle concede ó sector empresarial na formación do consenso ecolóxico.

Por iso temos especial interese en reforzar a idea dunha unión de esforzos para a xestión ambiental que, ade-mais de incluír ós empresarios eólicos, tamén se faga eco da obxectiva coherencia que existe entre a cultura ambiental que se pretende, e a defensa do recurso que fundamenta a viabilidade do sector representado por EGA.

Na mesma liña de argumentacións, tamén queremos chamar a atención sobre a necesidade de integrar a investigación industrial no conxunto de instrumentos esenciais para unha boa xestión ambiental. Porque, sen negar a importancia que ten a investigación desenvolvida pola comunidade científica no marco da Universida-de, e dando tamén o seu xusto papel ós sectores sociais directamente implicados na protección dos valores eco-lóxicos, tamén consideramos capital que a investigación empresarial non quede relegada á busca exclusiva dunha maior eficiencia produtiva. Esta debe sentirse chamada a integrar o conxunto de forzas sociais, intelectuais e polí-ticas que tratan de facer compatible o desenvolvemento industrial co respecto ó medio ambiente.

1.4 Unha orientación de servizo público

A necesaria modificación nas pautas de comportamento ecosistémico ten que fundamentarse tamén na educa-ción ambiental, para transmitir a riqueza ecolóxica que herdamos ás futuras xeraeduca-cións. Pero o desenvolvemento deste propósito só pode comprenderse si se analiza baixo o prisma da xestión do servizo público, considerando que o benestar e a defensa dos intereses comúns xa non dependen en exclusiva da Administración, senón que afectan tamén a todos aqueles axentes (empresas, asociacións ou persoas físicas) que dispoñen de medios, lexiti-midade e capacidade para intervir sobre os recursos colectivos, así como dos grupos de acción social que, acolli-dos á lexislación vixente, promoven a defensa acolli-dos valores ecolóxicos.

Lonxe de conducirnos a unha dialéctica de confrontación entre o interese público e o privado, a crecente converxencia de actores sociais e políticos indica que existe unha coincidencia de base entre o interese dos empresarios eólicos, o deber de eficiencia das Administracións públicas e o interese social da colectividade, ou de todos aqueles que se preocupan pola conservación dos recursos naturais.

A filosofía que informa o presente documento exprésase en dous postulados tan simples como estes:

a) Dada a coincidencia de intereses entre as empresas, a sociedade e as institucións, existe tamén a posibili-dade de que todos colaboren na súa realización, comprendan as súas causas e as súas consecuencias, e axu-den ó éxito dos traballos de mellora ambiental que acompañan a cada proxecto.

b) Para que iso sexa posible, necesítase un plan de información, eficaz e aberto, que aporte a noticia do pro-xecto, as súas claves empresariais, os seus posibles efectos ambientais, os seus controis, os criterios de valo-ración e a medición dos seus resultados finais.

(20)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

Por iso queremos mencionar a moderna corrente de Orientación do Servizo Público(PSO)2como liña

inspira-dora deste documento. A Public Service Orientation(Orientación do Servizo Público) configúrase como unha corrente de xestión, nacida no Reino Unido. A súa finalidade é a busca dun marco de valores e principios capa-ces de dar un novo sentido ó propósito de actuación administrativa e empresarial, nunha estratexia orientada a crear a conciencia dun “esforzo global”, o éxito do cal se fundamenta no coñecemento e comprensión xeneraliza-da dos seus obxectivos, dos seus recursos e xeneraliza-das súas incertezas.

Para iso necesítase que a empresa asuma un rol institucional que a vincula ó servizo público. A súa conse-cuencia máis inmediata é de referirse á poboación do contorno non só no marco das relacións clientelares (com-pravenda de servizos, intereses ou obrigas), senón tamén na súa condición de cidadáns, a quen, asemade que se lles esixen certos niveis de responsabilidade, se lles converte no barómetro do éxito final da xestión proxectada.

Lonxe de conformarse como unha pauta de actuación allea á nosa cultura administrativa, a idea que propo-ñen a Consellería de Medio Ambiente e EGA adáptase con plena satisfacción ó modelo de xestión que inspira a Lei 1/1995, de Protección Ambiental de Galicia. Os artigos 2, alínea j, e 25, da referida norma avogan por unha unión de esforzo ambiental que, máis alá de aportar solucións eficientes para os casos máis complexos, represen-ta unha aposrepresen-ta pola colaboración entre as Administracións, os cidadáns e as empresas.

Trátase de substituír a cultura da competencia, do dereito e da reserva de actividades técnicas, por unha cul-tura da responsabilidade colectiva, que pretende a maior excelencia do servizo público.

O principal obxectivo desta nova filosofía de xestión consiste en captar a confianza dos cidadáns, facelos coadxuvantes do servizo e motivar ós empregados e funcionarios que deberán acadalo, e basease nos seguintes principios:

a) Cercanía ó cliente e ó cidadán. b) Escoita atenta dos intereses do público. c) Accesibilidade das autoridades.

d) Busca dos puntos de vista, suxestións, queixas e preocupacións dos cidadáns. e) Respecto do dereito dos cidadáns a coñecer o que se está facendo.

f) Boa calidade dos servizos prestados.

g) Consideración da opinión pública como verdadeiro barómetro e proba da calidade dos servizos.

Todo isto ponse de manifesto no que Kilmann denomina “esforzo global”3, un obxectivo común que evita a

fragmentación do esforzo administrativo e integra as decisións das institucións, a sociedade e a empresa. Asema-de, implica algúns cambios que atanguen ó modelo de xestión, entre os que cabe destacar os seguintes:

a) Desde a cultura do estrito procedemento e a legalidade vixente, adentrarse na cultura da eficacia medida nos resultados finais.

b) O cambio dunha cultura da subordinación xerárquica e de separación entre os deberes da autoridade e os dos administrados, a unha cultura de estímulo da colaboración e da responsabilidade persoal.

c) Avanzar desde unha cultura da continuidade a unha cultura da innovación xestora.

22

2Cfr.: Clarke, M. & Tewart, J.: The Public Service Orientation. - Developing the Approach. Local

Govern-ment Training Board, 1986).

3Cfr.: Kilmann, R.H.: “Five Steps for Closing Culture-Gaps”, en R.H. Kilmann (edit): Gaining Control of

(21)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

d) Fomentar unha cultura de concienciación sobre os custos. e) Implantar unha cultura da mellora permanente.

f) Por todas estas razóns, a Consellería de Medio Ambiente e EGA deseñamos unha proposta que vai máis alá do estrito problema de rendibilización dos parques eólicos, para adentrarnos na idea de xestión dun recurso público, a explotación do cal é compatible coa conservación racional do medio ambiente (moder-nización económica) e coa mellora do interese público (xestión pública). E fixémolo coa convicción de quen está realizando unha intervención normal, a comprensión de efectos e resultados da mesma está ó dis-por de tódolos cidadáns que manifesten un interese lexítimo dis-por coñecer o alcance das nosas intervencións empresariais e da xestión administrativa das mesmas.

1.5 A filosofía da avaliación ambiental desde a perspectiva empresarial

O investimento na enerxía eólica só ten sentido se se recoñece o dobre valor –ambiental e económico- do siste-ma de xeración. E iso equivale a dicir que para os empresarios é igual de importante o respecto ó medio ambien-te coma a garantía de rendibilidade do investimento.

Para lograr ámbolos dous obxectivos resulta esencial a realización de estudos ambientais de carácter científi-co, moi completos e rigorosos. Porque só así se garante o respecto ó patrimonio cultural, antropolóxico e natu-ral, e porque só así se pode conseguir que a programación dos investimentos, incluíndo trámites, obras e instala-cións, se faga con custos e prazos certos que permitan un correcto cálculo das iniciativas.

Dificilmente se conseguirá esa certeza e concreción dos programas investidores se non hai un consenso social sobre a eficacia e a suficiencia dos estudos realizados, ou se cada un dos actores que interveñen no proceso –Administración, empresas, propietarios beneficiados ou afectados e poboación do contorno– manexa un crite-rio diferente sobre o alcance das avaliacións realizadas e as medidas correctoras que delas se derivan.

A ese consenso obxectivo contribúen, como é evidente, a normativa vixente e o avance da metodoloxía de investigación e dos coñecementos científicos. Pero tamén contribúen de forma decisiva a existencia dunha cul-tura ecolóxica avanzada e a realización de programas de comunicación abertos e eficientes. E por iso se pode dicir que só con esta visión complexa e colaboradora dos estudos ambientais se acada un modelo de xestión que cum-pra os tres requisitos básicos da eficiencia empresarial:

a) Redución das incertezas.

b) Mellora dos tempos de tramitación.

c) Maior seguridade xurídica para os promotores, a Administración e os afectados.

(22)
(23)

A AVALIACIÓN AMBIENTAL

COMO INSTRUMENTO PARA

A SUSTENTABILIDADE

Parte

(24)
(25)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

CAPÍTULO 2

A información ambiental como como expresión da

actividade sustentable

2.1 Desenvolvemento e medio ambiente: Unha alianza posible

O concepto de desenvolvemento sustentable, que fundamenta o trámite de avaliación ambiental, trata de com-patibilizar o desenvolvemento económico coa conservación do medio. Por iso convén obviar a vella idea de “superación de obstáculos” coa que se abordaron os primeiros informes ambientais, para converxer nunha fór-mula que intenta a coexistencia dos investimentos co uso racional dos recursos naturais.

Os proxectos que logran alcanzar os seus obxectivos sen danar o medio merecen o recoñecemento da socie-dade e das súas institucións, facilitan o paso a novas iniciativas, e contribúen o mantemento sustentable da acti-vidade produtiva de que se trate.

A avaliación ambiental só acadará altos niveis de eficacia si se crea unha alianza entre os tres polos de inte-rese que se proxectan sobre calquera intervención: A empresa que realiza a intervención, que procura unha ren-dibilidade económica compatible coa súa actividade produtiva, a Administración pública, cunha actuación con-cretada na protección do interese xeral, e a poboación afectada. Para que esa alianza se manteña, e moi espe-cialmente desde a perspectiva da empresa, necesítase que o trámite de avaliación ambiental se realice coas carac-terísticas propias da xestión moderna, que en esencia se poden compendiar en catro:

1. Cumprimento dos estándares de calidade no contido dos estudios.

2. Iter procedimental perfectamente determinado e combinado coa garantía de que os criterios científicos e técnicos que se apliquen sexan suficientes.

3. Axilidade e prazos establecidos para a tramitación e a xestión administrativa.

4. Formulación certa e concreta das súas conclusións, tanto desde a perspectiva do particular como desde as que atanguen á linguaxe administrativa.

2.2 A natureza instrumental da avaliación ambiental

A avaliación ambiental é unha ferramenta concibida para minimizar os impactos xerados por intervencións no medio, que introduce novas perspectivas e elementos de estudio sobre a viabilidade dos proxectos. Precisamen-te por iso, por tratarse dunha ferramenta inPrecisamen-tegradora e non obstaculizadora, a avaliación debe estar presenPrecisamen-te en tódalas fases do proxecto, e en ningún caso pode reducirse a un informe separado que, con posterioridade á toma das decisións fundamentais, busque os rasquizos que permitan a realización do investimento.

Toda avaliación ambiental constitúe un proceso de análise no que se consideran, a través da aplicación de diferentes técnicas, as repercusións do desenvolvemento, ampliación ou modificación dunha determinada ini-ciativa. É condición indispensable que se realice paralelamente ó desenvolvemento do proxecto básico; só desta maneira se asegura que o valorado no estudio se integra o antes posible no proceso de toma de decisións. Para isto resulta fundamental que o equipo redactor do estudo ambiental traballe de forma coordinada co que

(26)
(27)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

volve o proxecto, e mesmo que ámbolos dous estean integrados.

Un bo estudo ambiental é unha axuda para quen adoptan as decisións de planificación e investimento, xa que, ademais de evitar erros irreversibles na elección de emprazamentos e sistemas, aumenta as probabilidades de rematar dentro do tempo e do orzamento requiridos, e evita dificultades inesperadas durante a execución do pro-xecto. Velaquí a razón fundamental da avaliación ambiental, para asegurar que a súa execución, primeiro, e o desenvolvemento das súas actividades, despois, sexan sustentables.

Un dos aspectos esenciais da avaliación está orientado á protección da natureza durante o proceso de obras e ordenación do espazo que vai implícito na maioría dos proxectos (camiños, enterramentos, viales, conducións etc). A preocupación das empresas asociadas en EGA non pode reducirse só ós efectos derivados da actividade industrial, sobre os que xa existe unha ampla conciencia social, senón que debe estenderse á incidencia que sobre o medio ten a construción das instalacións e os seus servizos. Porque, ó contrario do que sucede cos efectos deri-vados da actividade produtiva, os impactos da obra inicial adoitan ficar solapados polas expectativas positivas que se derivan do investimento, polo que son obxecto dunha menor sensibilidade ecolóxica nas comunidades próxi-mas á intervención.

2.3 Aspectos administrativos da xestión ambiental

A avaliación do impacto dun proxecto, ademais da súa vertente estritamente ambiental, está regulada polo pro-cedemento administrativo común, como norma básica que rexe os trámites na Administración. De aí que deban cumprirse uns períodos de exposición pública legalmente establecidos, e que o proxecto deba de ser informado polos órganos con competencias afectadas.

Pero ningún destes pasos pode implicar retrasos ou disfuncións, que mingúan a eficiencia. De aí que os asi-nantes do presente documento propugnemos a busca dun método equilibrado de xestión administrativa. Este equilibrio, ó mesmo tempo que permitirá unha correcta avaliación dos efectos ambientais, outorgará seguridade xurídica en tódolos actos administrativos, garantirá plenamente os dereitos das persoas e propiciará o desenvol-vemento dunha lexítima actividade económica corporativa.

Empresas eólicas e Administración coinciden en que debe facerse un esforzo para que tódalas decisións que atangan á continuidade e celeridade do procedemento estean convenientemente motivadas. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental solicita un esforzo de mellora importante na elaboración dos EIA.

(28)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

30

CAPÍTULO 3

Os estudios ambientais na forma e no fondo

3.1 A tipoloxía dos estudios ambientais

Os Estudos de Impacto Ambiental (EsIA) deben realizarse no caso de proxectos con repercusións ambientais sig-nificativas ou que afectan a espazos e hábitats sensibles, como son todos e cada un dos indicados no Anexo do Decreto 442/1990, de Avaliación de Impacto Ambiental para Galicia, e no Anexo I da Lei 6/2001, de 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, de 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

Os proxectos comprendidos no Anexo II da Lei 6/2001, de 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexis-lativo 1302/1986, de 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, tamén se someterán a EIA cando así o decida o órgano competente, de forma motivada, e de acordo cos criterios establecidos no anexo III desta Lei. Tales supostos están respaldados pola Directiva 85/337/CEE, do 27 de xuño, relativa á avaliación das repercu-sións de determinados proxectos sobre o medio e pola Directiva 97/11/CE, do 3 de marzo, pola que se modifica a Directiva 85/337/CEE, que prevén a posibilidade de decidir caso por caso, ou mediante a aplicación limiares ou criterios establecidos polo organismo competente.

No suposto de que a autoridade ambiental ditamine que non existen impactos significativos, emitirá unha decisión motivada pola que se eximirá ó proxecto de pasar polo procedemento de EsIA completo, ou se somete-rá a Estudio Ambiental no caso de que corresponda. Ademais, tamén se debesomete-rán de realizar estudos de impacto ambiental cando así o indique especificamente a lexislación sectorial.

3.2 ¿Cando se esixe un estudio de impacto ambiental?

3.2.1 Formulación xeral

A Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de Avalia-ción de Impacto Ambiental, no seu Anexo I, establece a obriga de someter a estudio de impacto ambiental (EsIA) “as instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos), que teñan 20 ou máis aeroxeradores, ou que se encontren a menos de 2 km doutro parque eólico”. No contexto actual, esta obriga esténdese á práctica totalidade das instalacións eólicas que se constrúen en Galicia.

Sen embargo, tanto ós meros efectos de considerar as posibles excepcións como pola necesidade de entender o sentido fondo desta obriga, convén examinar polo miúdo a normativa que regula a realización dunha avalia-ción de impacto ambiental (EIA).

Os estudos de impacto ambiental (EsIA) deberán realizarse no caso de proxectos con repercusións significa-tivas ou que afectan a espazos e hábitats sensibles, como son tódolos indicados no Anexo do Decreto 442/1990, de Avaliación de Impacto Ambiental para Galicia,e no Anexo I da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

3.2.2 Outros casos excepcionais de EsIA

(29)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

31

Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente. Esta decisión, que debe ser moti-vada e pública, axustarase ós criterios establecidos no Anexo III desta lei, que se encontra respaldada pola Direc-tiva 85/337/CEE, do 27 de xuño, relaDirec-tiva á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e pri-vados sobre o medio ambiente, ademais da Directiva 97/11/CE, do 3 de marzo, pola que se modifica a Directiva 85/337/CEE, que contemplan a posibilidade de decidir mediante o estudo caso por caso, ou mediante a aplica-ción de limiares ou criterios establecidos polo organismo competente.

Para decidir si se require procedemento completo de EIA dos proxectos comprendidos no Anexo II da Lei 6/2001, o órgano ambiental competente necesita dispoñer de información acerca das características, ubicación e potencial impacto do proxecto. Tamén se precisa esa información, con maior nivel de detalle, para dar unha opi-nión sobre o alcance do EsIA que se vai desenvolver.

Para a Consellería de Medio Ambiente e para EGA é fundamental que este trámite de avaliación ambiental, que as Administracións competentes poden esixir, se realice en tódolos casos mediante un procedemento sufi-ciente e estable. Este, ademais de garantir o cumprimento dos seus obxectivos específicos, asegurará tamén unha razoable predictibilidade das decisións e un calendario de xestión áxil e certo. E para que iso sexa posible, mani-festamos a nosa disposición a asumir maiores esixencias xenéricas para as empresas, así como o establecemento dun iter administrativo e un calendario decisional que non modifique os criterios de rendibilidade dos investi-mentos previstos.

Como consecuencia disto as empresas agrupadas na Asociación Eólica de Galicia comprométense a presen-tar a información do proxecto na forma e coa amplitude que de seguido se establece:

1. Datos do promotor (identificación, equipo responsable da elaboración do proxecto, data de edición, ende-rezo postal, teléfono, fax e correo electrónico).

2. Lexislación aplicable. 3. Localización do proxecto.

a) Información cartografada e fotográfica da zona proposta para a situación do parque e o seu contorno (físico, natural e humano).

b) Usos do solo na zona, así como calquera previsión de cambio. c) Planos, políticas ou programas relativos ós usos de solo da zona. d) Espazos, fauna e flora protexidos.

e) Áreas sensibles.

f) Detalles da localización de cada unha das alternativas consideradas. 4. Características do proxecto.

a) Descrición.

b) Obxectivo e necesidade do parque.

c) Zonas afectadas permanentemente e outras requiridas de modo temporal durante a construción. d) Descrición dos principais elementos (distribución, edificacións, outras estruturas, materiais

construti-vos etc.).

e) Descrición do proceso principal e dos secundarios, incluíndo tamaño, capacidade, entradas e saídas. f) Cronoloxía das distintas etapas de construción, operación e abandono, así como dos planos de

restau-ración e uso posterior cando sexa aplicable. g) Accesos creados ou modificación dos existentes.

(30)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

32

j) Información das alternativas consideradas. k) Medidas correctoras propostas.

l) Outras actuacións consecuentes co proxecto (vivendas, novas estradas, subministración de augas, xeración ou transporte de enerxía, telecomunicacións, disposición de residuos, depuración de augas residuais, etc.).

m) Investimento estimado. n) Vida útil.

5. Características dos impactos previsibles.

a) Breve descrición dos impactos previsibles do proxecto, incluíndo os seguintes factores: b) Impactos sobre o medio físico, biótico, perceptual, socioeconómico, cultural e etnográfico.

c) Natureza dos impactos (directos, indirectos, secundarios, acumulativos, a curto, medio e longo prazo, permanentes ou temporais, positivos ou negativos).

d) Descrición e extensión da área afectada (poboacións, especies, hábitats e área xeográfica). e) Probabilidade de ocorrencia do impacto.

f) Métodos e criterios a empregar para a predición e avaliación de efectos. g) Duración, frecuencia e reversibilidade do impacto.

h) Medidas correctoras destinadas a reducir, evitar ou compensar os impactos. i) Posibles impactos residuais.

j) Natureza transfronteiriza do impacto.

k) Dado que ámbalas dúas etapas se levan a cabo nas fases máis iniciais da definición do proxecto, a infor-mación requirida só poderá ser proporcionada polo promotor na medida en que estea dispoñible. Cando existan lagoas de información ou esta se considere pouco fiable, debe ser sinalado e tido en conta.

3.2.3 Un matiz de xestión entre o posible, o necesario e o discrecional

Para acadar unha eficiente xestión dos parques eólicos, na liña de colaboración multilateral que se deriva das orientacións do presente documento, resulta imprescindible que esta posibilidade se interprete nos termos de excepcionalidade que cabalmente se desprenden da propia obriga legal de motivar as decisións dos órganos admi-nistrativos. O que é posible non sempre é necesario, e o que é discrecional non carece de ningún modo das esi-xencias de motivación obxectiva que implica toda decisión que impón unha carga excepcional ou limita un dereito establecido. Porque se esta potestade se entende como unha opción discrecional strictu sensu, que puide-ra invocarse como unha simple protección política do órgano de decisión, máis alá do criterio de suficiencia da información obrigatoria, desvirtuaríamos o estrico marco dispositivo do Anexo I da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental.

E por iso entendemos que unha xusta implicación do empresariado eólico na xestión do medio ambiente supón a necesidade de interpretar os pronunciamentos da autoridade administrativa competente de acordo con tres principios fundamentais:

1. Os casos específicos nos que se esixe un EIA por riba do marco legal ordinario deben entenderse como unha excepción motivada por razóns concretas e obxectivables.

(31)
(32)

unha incidencia deste tipo dexenere na imposibilidade de calcular ou manter os cronogramas do investi-mento.

3. En todo o trámite de EIA que xurda dunha iniciativa da Administración e que dependa dela para a súa orientación e conclusión, o silencio administrativo debe ter interpretación positiva, para que a tardanza na adopción de decisións non traslade os seus custos ó suxeito investidor.

No caso de que a autoridade competente decida que non existen impactos significativos emitirá unha sión motivada pola que se eximirá ó proxecto de pasar polo procedemento de EIA completo, e a devandita deci-sión poderá incluír un condicionado ambiental básico de obrigado cumprimento.

Tamén se realizarán estudos de impacto ambiental cando así o indique de forma expresa a lexislación de tipo sectorial, o que no noso caso concreto redunda no disposto no Anexo I da mencionada Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño.

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

(33)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

CAPÍTULO 4

O alcance do estudio ambiental

4.1 As consultas previas

O procedemento para determinar o alcance do estudo ambiental, tamén coñecido como scopingou período de consultas previas, constitúe unha etapa inicial que permite identificar os contidos que deberán ser cubertos na información presentada no estudo de impacto. En particular, axuda a identificar os aspectos ambientais que deben considerarse e o grao de profundidade co que debe analizarse cada un deles. Concretamente permite:

1. Identificar os impactos máis significativos a ser considerados no EsIA.

2. Asesorar ó promotor facilitando informes e documentación relacionados co proxecto.

3. Comprobar que a información aportada é suficiente para avaliar os posibles impactos sobre o medio e en concreto sobre as súas particularidades.

4. Destacar as cuestións de relevancia a tratar fronte a outras secundarias.

5. Identificar posibles alternativas ó proxecto inicial co obxectivo de mitigar os seus efectos.

6. Coñecer a percepción da poboación afectada.

7. Facilitar o acordo en canto ós métodos de avaliación a empregar.

Para realizar esta etapa recoméndase que o equipo redactor do estudo de impacto ambiental requira previa-mente a información necesaria para acreditar as características, situación e potencial impacto do parque. Isto pode implicar certo traballo de campo e a consulta a institucións e especialistas que aporten información sobre os efectos, así como a organizacións, grupos e individuos directamente afectados.

Unha vez que se complete o proceso de información ó que acabamos de referirnos, procederase á remisión dun informe á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para que esta emita un ditame previo. En tal documento figurarán os aspectos e indicacións que este órgano considere beneficiosos para a protección do medio, así como calquera proposta verbo dos contidos específicos a incluír no EsIA.

O ditame previo emitido pola referida dirección xeral non condicionará de ningún xeito o resultado da pos-terior declaración de impacto ambiental, nin en sentido positivo nin negativo. Non obstante, se considera moi conveniente que un resume das súas conclusións sexa incluído no apartado informativo do EsIA.

Ó analizar este suposto desde unha perspectiva estritamente empresarial, considérase moi necesario que a filo-sofía proteccionista que fundamenta o ditame previo sobre o alcance da avaliación ambiental non repercuta no modelo de xestión áxil e precisa que, sobre o suposto dunha leal e absoluta colaboración, demandan as dúas par-tes, Administración e promotores eólicos.

Por iso convén que o trámite de ditame se someta a unha estrita regulación de prazos que impulse a conti-nuidade do procedemento e das xestións empresariais. Porque, se ben é certo que as empresas soportan os custos que se derivan dunha investigación ambiental suficiente, de ningún xeito debe trasladarse o devandito custo á imprevisibilidade xurídica ou cronolóxica do proxecto, xa que os prazos de execución constitúen un compoñen-te fundamental dos cálculos de financiamento e rendibilidade.

(34)
(35)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

37

4.2 A declaración de impacto ambiental con ditame previo

Ós efectos da xeración eólica, a declaración de impacto con ditame previo é unha posibilidade de moi limitado interese, que está sostida polo disposto no Anexo I, n. 13 e 14 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de Ava-liación de Impacto Ambiental, e regulada no artigo 6 do mencionado decreto.

O procedemento para a declaración de impacto con ditame previo desenvolverase de acordo coas seguintes fases:

1. A persoa física ou xurídica, pública ou privada, que se propoña iniciar unha declaración con ditame pre-vio deberá comunicar a súa intención á Consellería de Medio Ambiente, presentando unha memoria-resume que recolla as características máis significativas do proxecto a realizar.

2. A Consellería de Medio Ambiente remitirá esta memoria-resume, no prazo máximo de dez días, ó órgano substantivo que se estime competente por razón da materia, coa indicación das consellerías e demais orga-nismos ós que deberá solicitar informes.

3. O órgano substantivo remitirá á Consellería de Medio Ambiente o resume das consultas efectuadas, así como un informe propio, no prazo de trinta días hábiles contados a partir da recepción da memoria-resume. 4. A Consellería de Medio Ambiente remitirá ó promotor un ditame previo que en ningún caso condiciona-rá a declaración de impacto ambiental que resulte procedente. No devandito ditame figuracondiciona-rán os aspectos e indicacións que se estimen beneficiosos para unha maior protección do medio, así como calquera proposta que se considere conveniente respecto ós contidos específicos a incluír no estudo de impacto.

5. Unha vez recibido polo promotor este ditame previo, continuará o procedemento de conformidade co esta-blecido no artigo 5° do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de Avaliación de Impacto Ambiental.

(36)
(37)

O CONTIDO DOS ESTUDIOS DE

AVALIACIÓN AMBIENTAL

Parte

(38)
(39)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

CAPÍTULO 5

O contido dos estudios

5.1 Cara a un novo marco de estudios orientados pola IPPC

Aínda que a instalación de parques non esixe a Autorización Ambiental Integrada (AAI) regulada na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de Prevención e Control Integrados da Contaminación, cada vez hai máis empresas e enxe-ñerías especializadas que adoptan o criterio IPPC para realizar tódolos estudos ambientais4. Faise así ó considerar

como un obxectivo fundamental o evitar que calquera incidencia ambiental especificamente regulada poida resolverse mediante o seu simple desprazamento cara a outros aspectos menos regulados nesa concreta activida-de, pero igualmente prexudiciais, de acordo co disposto na Directiva 96/61/CE, do 24 de setembro, relativa á pre-vención e control integrado da contaminación.

Aínda que a xeración eólica apenas presenta riscos de natureza contaminante, case todos vinculados ó pro-ceso de instalación, a Consellería de Medio Ambiente e as empresas de EGA teñen especial interese en analizar e deseñar a súas actividades no marco da cultura ambiental máis avanzada, entre a que hai que citar a análise ambiental integrada. Porque nos interesa moito que se entenda que o compromiso co medio non ten a súa orixe na necesidade de superar os controis normativos, senón na estrita conexión que existe entre a nosa actividade empresarial e o medio que a acolle.

Só polo indicado no parágrafo precedente parece importante lembrar que a Directiva 96/61/CEestableceu un novo permiso para determinadas instalacións consideradas de elevado impacto sobre o contorno, que se traspu-xo a España a través da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de Prevención e Control Integrados da Contaminación, que esta-bleceu a Autorización Ambiental Integrada (AAI) para tódalas novas instalacións industriais5recollidas no seu

Anexo I. A directiva de IPPC aplícase a instalacións novas e existentes, e inclúe consideracións como eficien-cia enerxética, residuos xerados e perigo de accidentes, polo que pode dicirse que, baseándose nunha aplicación eficiente das tecnoloxías máis avanzadas, outorga unha autorización integrada de actividade que está suxeita a renovacións periódicas.

Este permiso analizará non so o impacto sobre o medio ambiente e a adecuación previsible á normativa, senón tamén as medidas para reducir o uso de sustancias perigosas, previr os residuos e aforrar materiais, auga e enerxía. O permiso especificará uns determinados Valores Límites de Emisión (VLE) ou vertido para cada instalación, que se basearan nas Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD) establecidas para cada sector industrial.

Cando se realice o trámite de avaliación de impacto dentro do proceso de obtención da Autorización Ambien-tal Integrada, en aplicación da lexislación IPPC, o contido do estudo poderase integrar dentro da documentación requirida para este permiso como un único documento, xa que unha gran parte do seu contido solápase co do Estudo de Impacto Ambiental. A AAI integra, como informes vinculantes, algunhas das autorizacións que antes facían falla sobre contaminación atmosférica, vertidos ás augas ou residuos, e inclúe a EIA no mesmo

procede-41

4Cfr.: Conclusiones de las I Jornadas sobre la Evaluación de Impacto Ambiental en la Administración.

Santia-go (2003): Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, p. 47-49.

5Entende por novas instalacións todas aquelas que non estaban en funcionamento antes de xullo de 2003.

(40)

BASES P

ARA A TRAMIT

ACIÓN E XESTIÓN AMBIENT

A

L DOS P

ARQUES EÓLICOS DE GALICIA

mento. Isto significa que a Avaliación de Impacto Ambiental (EIA) segue sendo preceptiva e obrigatoria, pero que se tramita ó mesmo tempo e dentro da Autorización Ambiental Integrada (AAI).

5.2 Os estudios ambientais no marco da xeración eólica

Vistas as anteriores referencias á nova cultura ambiental integrada, convén recordar tamén que a práctica tota-lidade dos parques eólicos baséase en estudos do tipo EIA, de acordo coa normativa vixente, o alcance da que analizamos neste apartado.

De seguido móstrase o modelo de índice máis apropiado para os estudos de avaliación. O seu obxectivo é que cada unha das partes de que conste o estudo ambiental se sitúe de forma lóxica e sistemática na estrutura global do mesmo. Desta maneira facilitarase a lectura e comprensión por parte dos potenciais consultores.

O nivel de detalle en cada apartado do documento poderá variar de acordo coa natureza do proxecto e a sen-sibilidade da zona afectada, dependendo dos resultados da fase previa de determinación do alcance do estudo ambiental. Pero, como criterio xeral de suficiencia na análise e eficacia na xestión, detallamos a seguinte estru-tura documental:

5.2.1 Estrutura dun estudo de impacto ambiental

5.2.1.1 Descrición do proxecto

1. Obxecto. 2. Marco legal. 3. Localización. 4. Detalles dos accesos.

5. Detalle das instalacións e accións previstas. 6. Obra civil.

7. Descrición de materiais, materias primas e enerxía empregados. 8. Características do solo ocupado.

5.2.1.2 Inventario ambiental

5.2.1.3 Accións do proxecto con repercusións ambientais

1. Relación de tódalas accións do proxecto susceptibles de producir un impacto sobre o medio. 2. Estimación dos tipos e cantidades de residuos, vertidos e emisións de materia ou enerxía resultantes.

5.2.1.4 Análise das alternativas

5.2.1.5 Avaliación de impactos ou efectos ambientais

1. Identificación e predición de impactos. 2. Valoración dos impactos producidos.

3. Estudo comparativo da situación actual e futura da zona afectada.

5.2.1.6 Establecemento das medidas ambientais protectoras e correctoras 5.2.1.7 Programa de vixilancia e de seguimento ambiental

5.2.1.8 Resume do estudo e conclusións (Documento de síntese)

1. Estrutura. 2. Contido. 3. Presentación.

(41)

Referencias

Documento similar

Unha das actividades do “Curso de formación para Servizos de Vixiancia Ambiental en materia de pesca fluvial”, dirixido a os membros dos diferentes Servizos de Vixiancia Ambiental

A xenialidade do autor tamén reside no carácter central que adquire en moitas das súas creacións, pois non é un elemento accesorio senón que, como no caso da árbore no Sempre

1 mes ou menos Entre 2 e 6 meses Entre 7 e 12 meses Máis de 12 meses.. 26 A situación profesional actual das persoas egresadas de mestrado indica que a súa inserción laboral é

 Para recibir todos los números de referencia en un solo correo electrónico, es necesario que las solicitudes estén cumplimentadas y sean todos los datos válidos, incluido el

diabetes, chronic respiratory disease and cancer) targeted in the Global Action Plan on NCDs as well as other noncommunicable conditions of particular concern in the European

La campaña ha consistido en la revisión del etiquetado e instrucciones de uso de todos los ter- mómetros digitales comunicados, así como de la documentación técnica adicional de

El criterio de racionalidad propuesto por el neopositivismo es una inmediata conse- cuencia del precedente criterio de realidad. Si lo real se equivale con los objetos mate- riales y

A comisión deberá elaborar unha relación de méritos valorables con cadansúa puntuación de referencia, que deberá establecerse tendo en conta o tipo de material de que