GUÍA DOCENTE
Difusión Cultural
Grao Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
Coordinadora: Dra. Tania Fernández Lombao Código da materia: G5101423
Créditos: 6 ECTS Curso: 2016/2017
Cuadrimestre: Primeiro
Área de coñecemento: Comunicación Audiovisual e Publicidade Departamento: Ciencias da Comunicación
Centro: Facultade de Humanidades de Lugo
2
ÍNDICE
1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA ... 3
2. OBXECTIVOS: COMPETENCIAS, DESTREZAS E HABILIDADES QUE DEBE ACADAR O ESTUDANTADO ... 6
3. DESENVOLVEMENTO DO TEMARIO TEÓRICO E PRÁCTICO... 8
4. METODOLOXÍA E RECURSOS NECESARIOS ... 12
5. AVALIACIÓN ... 13
6. BIBLIOGRAFÍA ... 14
ANEXO 1. TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DOCENTES ... 22
3
1. Datos descritivos da materia
1.1 Características
“Difusión Cultural” é unha materia incluída nos contidos obrigatorios do Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, que no plan de estudos figura no cuarto curso e que se imparte no primeiro semestre. Contabiliza 6 ECTS no currículo académico do alumnado. As clases serán impartidas en lingua galega.
O obxectivo prioritario desta materia é que o alumnado afonde na comprensión, análise e síntese das estratexias e procedementos da difusión cultural na sociedade en rede. Prestarase atención a que o estudantado adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os `seudo-acontecementos´ culturais na sociedade, como se converten en noticia e como funciona a comunicación mediada tecnoloxicamente en todos os soportes nos procesos de difusión.
Distínguense tres ámbitos competenciais no desenvolvemento da programación:
Coñecementos e habilidades: O alumnado aprenderá a analizar o modo no que os acontecementos culturais son distribuídos e difundidos a través dos medios de comunicación tradicionais e das multiplataformas. Para tal efecto, será imprescindible ensinar o funcionamento da xestión da comunicación en todos os soportes e redes sociais no sistema mediático actual. Tamén se afondará na recepción cultural por medio de multidispositivos.
Ferramentas de aprendizaxe: A elaboración de estratexias de difusión cultural implica unha reflexión sobre como concibir as actividades e accións culturais:
Deseño, elaboración e execución dunha programación cultural e dun plan de difusión.
4
Fomento da reflexión crítica arredor das rutinas na programación cultural.
Fomento e aplicación da participación cidadán na elaboración da programación cultural e na súa difusión.
Valores e actitudes: O traballo de programación e difusión cultural ten que estar presidido sempre por unha conduta que asegure unha oferta plural de calidade e o cumprimento do principio de interese público, así coma a súa difusión por tantos canais como sexa posible. Por iso, requírese do alumnado mente aberta para a asimilación das diferentes metodoloxías que se lle farán chegar a través da bibliografía e que serán indispensables para alcanzar o éxito nas análises.
1.2 Contextualización
O rol que desenvolve a materia “Difusión Cultural” no proceso formativo da titulación de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural explícase dende tres ópticas:
Identificación do bloque formativo
Esta materia está situada ao final dun itinerario de materias relacionadas coa comunicación, a cultura e os medios. Logo dunha bagaxe de tres anos, preténdese que o alumnado complete a súa formación co desenvolvemento da capacidade para relacionar contidos, recoñecer a diversidade, coñecer o contexto histórico que deu lugar á situación actual e comprender as raíces da cultura e os procesos diacrónicos da sociedade.
Así mesmo, proxectarase a familiarización do estudantado cos diferentes sectores que conviven no ámbito da cultura: as canles, soportes e mecanismos de difusión cultural (tradicionais e modernos) e as linguas nas súas vertentes oral e escrita.
5 Considérase esencial o coñecemento dos medios de comunicación para quen aspira a desenvolver actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura, posto que a difusión pasa, inevitablemente, pola relación dos creadores e promotores cos medios e xornalistas.
Papel que xoga a materia neste bloque formativo
Ao ser impartida no último curso, esta materia ten un papel dirixido a afondar nos conceptos sobre comunicación, cultura e medios de comunicación. Estes tres piares serán desenvoltos en base á experiencia profesional da docente, co apoio da literatura académica.
Ademais, explicaranse as técnicas da difusión cultural para garantir o espazo para a crítica e propiciar tamén a comparación. As metodoloxías permitirán comprobar os distintos xeitos de traballar dos promotores culturais e dos seus métodos de comunicación a través dos medios, debullar as características e indagar nas motivacións.
6
2. Obxectivos: Competencias, destrezas e habilidades que debe acadar o estudantado
2.1 Coñecementos previos recomendables
Non existen prerrequisitos esenciais, fóra dos estritamente normativos. Non obstante, é conveniente que o alumnado dispoña dun bo coñecemento das técnicas de comunicación das informacións de tipo cultural, dos contidos que son incluídos na axenda dos medios de comunicación e dos métodos dos promotores culturais para a difusión dos acontecementos.
Recoméndase que o alumnado teña unha cultura de medios básica, derivada da lectura diaria de prensa (impresa ou dixital) ou o seguimento periódico de espazos radiofónicos e televisivos nos que se inclúa información de tipo cultural. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais.
O obxectivo é que o estudantado finalice a materia con coñecementos suficientes que lle permitan entender os procesos da difusión cultural a través dos medios de comunicación tradicionais e multiplataforma.
2.2 Obxectivos da materia
O obxectivo principal da materia é que o alumnado obteña as claves para a comprensión e a análise da difusión cultural en todos os soportes, dende os tradicionais ata as multiplataformas de comunicación, coa finalidade de que poida levar a cabo unha análise crítica, independente e fundamentada.
A partir de casos prácticos, traballarase na lectura con sentido obxectivo, reflexivo e comprensivo, alén da inconsciencia coa que a miúdo se debullan os contidos dos medios.
7 Para isto será básico aprender a contextualizar os paradigmas culturais comunicativos, asociados aos ámbitos político, económico e tecnolóxico no marco dun mundo global.
En terceiro lugar, detectaranse as diferenzas existentes no modo de proceder entre os medios tradicionais e os que están ligados ás novas tecnoloxías, é dicir, dixitais, blogs e incluso contas de redes sociais, como Twitter, nas que se difunden acontecementos culturais. Neste contexto, dedicarase espazo á recepción en mobilidade que permiten os multidispositivos.
2.3 Competencias, destrezas e habilidades
Conceptuais:- O alumnado afondará no concepto da difusión cultural.
- O alumnado coñecerá o papel dos medios de comunicación nas industrias culturais.
- O alumnado achegarase aos sistema informativo galego.
- O alumnado estudará o papel que os medios de comunicación desenvolven no ámbito da cultura.
- O alumnado coñecerá os distintos sistemas de distribución de acontecementos culturais, dende a difusión tradicional ata a baseada nas multiplataformas.
- O alumnado identificará os distintos dispositivos de recepción, dende os tradicionais ata os multidispositivos.
- O alumnado indagará nas técnicas da xestión da comunicación en todos os soportes.
Procedimentais:
- O alumnado detectará os distintos formatos, características e xéneros para a difusión cultural nos medios tradicionais e as multiplataformas..
8 - O alumnado analizará e criticará os modelos de difusión cultural nos medios.
- O alumnado desenvolverá a habilidade para estudar casos concretos de difusión cultural nos medios de comunicación tradicional e dixitais e recibirá os detalles dos procesos de produción.
- O alumnado producirá modelos de difusión cultural para os distintos formatos e dispositivos receptores.
- O alumnado realizará un blog a modo de medio de autocomunicación sobre difusión cultural.
- O alumnado debaterá sobre proxectos de difusión cultural tradicionais e alternativos.
- O alumnado indagará no papel da cidadanía na difusión cultural.
Actitudinais:
- O alumnado avaliará a partir das normas das metodoloxías de análise cualitativa.
- O alumnado emitirá xuízos sobre a difusión cultural nos medios.
- O alumnado empregará os coñecementos adquiridos para fomentar o pensamento crítico.
3. Desenvolvemento do temario teórico e práctico
Os contidos da materia xirarán arredor do estudo e capacitación na programación e a difusión cultural. Trátase dun curso estruturado en cinco temas.
Tema 1: A comunicación da cultura na historia da Humanidade.
A. A evolución das formas de difusión cultural. O primeiro capítulo do temario ten como obxectivo dar ao alumnado as nocións básicas sobre a evolución da comunicación da cultura ao longo da Historia. Neste senso, explicaranse os modelos de comunicación, tradicionais e modernos, que se empregaron para a
9 difusión da cultura, é dicir, para establecer contacto entre os promotores da actividade cultural e os medios.
B. A comunicación colectiva e os novos modelos. A segunda parada descansa nas novas técnicas de difusión cultural. Neste apartado haberá que facer dúas distincións esencias: 1) por unha banda, daranse as chaves da comunicación colectiva a través dos medios de comunicación dixitais, as redes sociais e as multiplataforma; 2) por outro lado, explicarase ao alumnado as potencialidades dos multidispositivos de recepción e a difusión social a través das redes sociais, coa creación da conversa mediática.
Tema 2. Ecosistema mediático e acción cultural.
A. Estrutura da oferta comunicativa e medios especializados. Este tema dedicarase a coñecer cales son os espazos comunicativos nos que se difunden os acontecementos culturais, dende os medios de comunicación tradicionais ata os dixitais, incluíndo blogs e redes sociais. Neste contexto, farase fincapé nas multiplataformas de difusión e nos diferentes usos que afectan á estrutura da oferta. Farase unha parada nos medios de comunicación especializados en cultura para coñecer de primeira man o modo de organizar os contidos, detectar prioridades e coñecer patróns.
B. A cultura como área temática. Darase mostra ao alumnado das características das seccións nas que aparecen os eventos culturais nos medios tradicionais e dixitais. Analizarase a relevancia da sección no conxunto global de contidos que presenta o medio ás audiencias e ofreceranse as chaves para a detección do canon cultural polo que apostan os medios.
C. Difusión cultural nos medios. En base á tipoloxía de medio (xeralista ou especializado; tradicional, dixital ou dispositivo móbil; local, autonómico ou
10 estatal, etcétera), analizaranse os distintos usos do espazo. Así mesmo, estudaranse os distintos modelos de difusión cultural, incluíndo exposicións, roldas de prensa e eventos.
Tema 3. Os acontecementos culturais e a súa versión mediática.
A. Características da oferta de contidos dos medios. Neste tema investigarase sobre a orixe dos contidos culturais dos que se informa a través dos medios de comunicación, é dicir, se se trata de acontecementos promovidos por institucións públicas, privadas ou de índole asociativa. Así mesmo, constatarase cales son os xéneros culturais que conseguen impoñerse nos medios e acadar maiores cotas de relevancia.
B. Versión mediática dos feitos culturais. Estableceranse claves para identificar as diferenzas entre a difusión cultural primaria, é dicir, a que parte directamente dos promotores do acontecemento cultural, e a mediática, a que depende dos medios de comunicación. Diferenciaranse os elementos considerados relevantes polos primeiros dos que son destacados polos medios á hora de presentar os contidos aos seus públicos.
C. Iniciativas de medios de información cultural de éxito. Achegarase ao alumnado información sobre iniciativas relevantes de información cultural, como é o caso do Diario Cultural da Radio Galega, a páxina web do Consello da Cultura Galega ou a revista oral O Pazo das Musas, do Museo Provincial de Lugo.
Tema 4. As tecnoloxías actuais e difusión cultural.
A. Acción e difusión cultural na sociedade en rede. Neste tema analizarase o modo no que os promotores dos acontecementos culturais empregan as
11 tecnoloxías actuais no marco dunha sociedade conectada, con marcadas rutinas dixitais e que usa múltiples dispositivos de recepción que garanten a inmediatez e a mobilidade.
B. A autocomunicación como opción. Este tema céntrase na difusión cultural a través dos medios de autocomunicación de masas, é dicir, os blogs e as redes sociais, nomeadamente Twitter. Explicaranse as técnicas empregadas en cada un deles para garantir que os acontecementos culturais gañen en relevancia e recoñecemento.
C. A comunicación das institucións culturais. Unha parte dos acontecementos culturais son promovidos e difundidos por parte de institucións cuxa misión está vencellada á cultura. É preciso analizar as ferramentas que empregan para a distribución cara aos medios de comunicación e cara á cidadanía.
Tema 5. Técnicas e estratexias para unha comunicación eficiente das actividades culturais.
A. Técnicas e estratexias habituais na difusión cultural. Para que a comunicación sexa exitosa é preciso que emisor e receptor empreguen o mesmo código e a mesma canle, e o mesmo sucede na difusión cultural. Neste tema preséntanse estratexias comunicativas no eido da difusión cultural.
B. Desafíos na sociedade actual para a difusión cultural. Neste apartado poñerase a ollada no futuro, nos desafíos que se presentan no eido da difusión cultural.
12
4. Metodoloxía e recursos necesarios
Para o desenvolvemento da materia “Difusión Cultural” combinaranse as clases teóricas e prácticas, sempre a partir dunha didáctica participativa, para xerar unha dinámica de implicación e interacción que garanta a correcta adquisición dos coñecementos e habilidades.
A distribución do programa, de corenta e oito horas, será do seguinte xeito:
Quince sesións maxistrais dunha hora e media de duración. A docente desenvolverá a exposición dos contidos teóricos, co apoio de material gráfico (a través da ferramenta Prezi) e a entrega de documentación ao alumnado para fixar os contidos a partir de exemplos prácticos. Buscarase a participación activa e dinámica do alumnado nas clases teóricas, a través da reflexión, o argumento e o debate. Así mesmo, propiciarase a indagación arredor dos conceptos teóricos sobre os que xira a materia.
A docente tamén fará uso da plataforma Campus Virtual para ofrecer ao alumnado contidos prácticos, a raíz dos cales poidan realizar as dez tarefas prácticas que lles serán requiridas.
Catorce seminarios interactivos. Estas aulas serán dedicadas á análise conxunta de exemplos prácticos relacionados cos contidos teóricos explicados esa semana nas clases maxistrais, tal e como referencia o Anexo 1. Así mesmo, desenvolveranse debates dirixidos nos que se requirirá preparación previa por parte do alumnado e participación activa. .
Elaboración de cinco comentarios críticos sobre textos de referencia.
Preparación dun traballo individual sobre unha plataforma dixital de difusión cultural.
Elaboración dun traballo grupal para a análise dun proceso de difusión dun acontecemento cultural.
13
5. Avaliación
A avaliación será continua e sumará os seguintes ítems:
a. Grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso.
b. Capacidade para reflexionar criticamente sobre a difusión cultural.
c. Capacidade de análise do papel dos actores sociais na construción e difusión deses contidos.
Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán:
a. Exame teórico.
b. Cinco comentarios críticos sobre textos de referencia.
c. Un traballo individual sobre unha plataforma dixital de difusión cultural.
d. Un traballo grupal para a análise dun proceso de difusión dun acontecemento cultural.
e. Participación activa e positiva nos seminarios interactivos.
O alumnado deberá dedicar corenta e oito horas de traballo presencial e cento dúas de traballo persoal para a preparación e realización de actividades programadas.
Para o alumnado de segunda oportunidade e repetidor preséntanse dúas opcións:
- Se ten superada a parte práctica do curso anterior, deberá someterse ao exame teórico.
- Se non ten superada a parte práctica do curso anterior, deberá afrontar a materia tal como fará o alumnado de primeira oportunidade.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase será avaliado a través dun exame.
14
6. Bibliografía
Bibliografía básica
BLANCO CASTILLA, E. y ESTEVE RAMIREZ, F. (edit.) (2010). Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
DIJK, T. A. Van (2009). Discurso y poder. Barcelona: Gedisa.
GARCÍA CANCLINI, N. (1997). Cultura y comunicación: entre lo global y lo local. Buenos Aires: Universidad Nacional de La Plata.
FONTCUBERTA, M. (1993). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Madrid: Ediciones Paidós.
LOSADA DÍAZ, J.C. (coord.) (2004). Gestión de la comunicación en las organizaciones.
Barcelona: Ariel.
TUBAU, I. (1982). Teoría y práctica del periodismo cultural. Barcelona: ATE.
VV.VV. (1999). Estudios de periodística VII. Periodismo y promoción cultural. Bilbao:
Universidad del País Vasco.
Bibliografía complementaria
ADORNO, T. W. (1998). “Resumo sobre a industria cultural”. A trabe de ouro, 34, 63-68.
APPADURAI, A. (1996). Modernity at large: cultural dimensions of globalization.
Minneapolis: University of Minnesota Press.
ARMAÑANZAS, E. e DÍAZ NOCI, J. (1996). El periodismo electrónico. Información y servicios multimedia en la era del ciberespacio. Barcelona: Ariel.
15 ARMAÑANZAS, E. (1993). “La acción de los gatekeepers ante los referentes culturales”.
Comunicación y Sociedad, 1 y 2, 87-96.
ARMAÑANZAS, E. (1993). “La cultura desde los medios informativos”. Rekarte, 15, 4.
BALAGUÉ, C., FAYON, D. (2012). Facebook, Twitter et les rédeauw sociaux dans une stratégie d´entrepresse. París: Pearson.
BAREI, S. (1999). "Periodismo cultural: crítica y escritura", en Ámbitos, Revista Andaluza de Comunicación, 2. Sevilla: Universidad de Sevilla.
BENNETT, T. (1992). “Media, “reality” and signification” en BENNET T. et al., Media, Culture and Society. Londres: Routledge.
BEYNON, J. (2002). “Homoxeneidade e heteroxeneidade cultural. Notas sobre a antropoloxía da cultura contemporánea”, A trabe de ouro, t. iii, a. xiii, 51, 13-34.
BERLAND, J. (2000). “Baile de anxos: as técnicas culturais e a produción do Espacio”, A trabe de ouro, 44, 13- 31.
BLANCO, E. e ESTEVE, F. (Eds.) (2010). Tendencias del periodismo especializado.
Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
BOURDIEU, P. (1990). Sociología y cultura. México: Editorial Grijalbo.
BOYD, D., ELLISON, M., NICOLE, B. (2007). “Social Network Sites: Definition, History and Scolarship”, Journal of Computer-Medaited Communication, 13,1, 210-230.
BURKE, K. (1992). “Two Aspects of Speech”, Permanence and Change. An Anatomy of Purpose, 175-178. Berkeley: University of Califormia Press.
16 BUSTAMANTE E. E ZALLO R. (2007). “Conclusiones y propuestas en políticas culturales”, en E. Bustamante (Ed.) Comunicación y cultura en España y en las Comunidades Autónomas. Industrias y políticas culturales en la era digital y global. Cabildo Tenerife.
BUSTAMANTE, E. (Coord.) (2002). Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa.
CASASÚS, J. M. e NÚÑEZ LADEVEZE, L. (1991). Estilo y géneros periodísticos.
Barcelona: Ariel Comunicación.
CASTELLS, M. (2009). Comunicación y poder. Madrid: Alianza.
CASTELLS, M. (2006). Comunicación móvil y sociedad: una perspectiva global. Barcelona:
Ariel.
CASTELLS, M. (2006). La sociedad red. Madrid: Alianza.
CAVALLI-SFORZA, L.L e FELDMAN, M.W. (1981). Cultural transmission and evolution.
A quantitative approach. N.J.: Princeton University Press.
CEBRIÁN HERREROS, M. (1992). Géneros informativos audiovisuales. Madrid: Ciencia 3.
CEBRIÁN, B. E MARÍN, L. M. (2013). Áreas del periodismo. Salamanca: Comunicación Social.
DE MATEO, R. e CAMPOS, F. (1997). Comunicación rexional en Europa. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
DE RAMÓN, M. (Coord.) (2003). Diez lecciones de Periodismo Especializado. Madrid:
Fragua.
DÍAZ PLAJA, G. (1971). La cultura como noticia. Barcelona. Dopesa.
17 DIEZHANDINO, P. (1994). El quehacer informativo. Bilbao: Servicio de Publicaciones de la Universidad del País Vasco.
EDO, C. (2003). Periodismo informativo e interpetativo. El impacto de Internet en la noticia, las fuentes y los géneros. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
ESTEVE RAMÍREZ, F. y FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (1999). Áreas de especialización periodística. Madrid: Editorial Fragua.
ESTEVE RAMÍREZ, F. e MONCHOLI, M.A. (Coord.) (2007). Teoría y técnicas del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Fragua.
FERNÁNDEZ, J. e RICOY M.C. (2013). “A difusión interxeracional da cultura lúdico tradicional”, Revista Galega de Educación, 56, 78-82.
FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (Coord.) (2004). Periodismo Especializado. Barcelona:
Ariel.
FONTCUBERTA, M. (2001). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Barcelona:
Ediciones Paidós.
FONTCUBERTA, M. (1997). “Propuestas sistemáticas para el análisis y producción de información periodística especializada”, en ESTEVE, F. (coord.), Estudios sobre Información Periodística Especializada. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU.
FREEMAN, L.C. (2012). El desarrollo del análisis de las redes sociales. Un estudio de sociología de la ciencia. Bloomington: Palibro.
FREIXANES, V. e MEIXIDE, A. (2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia.
18 GARCÍA OROSA, B. (2003). Os gabinetes de comunicación na Galicia do século XXI: a renovación tecnolóxica e as novas estratexias de futuro na súa relación cos medios impresos, audiovisuais e electrónica en rede. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade.
GOYANES, H., NÚÑEZ, M., ROMERO, P. e TÚÑEZ, M. (1996). A información en galego.
Santiago de Compostela: Edicións Lea.
HERNANDO, B. (1990). Lenguaje de la prensa. Madrid: Eudema.
HOFSTEDE, G. (1999). Culturas y organizaciones. El software mental. Madrid: Alianza.
JENSEN, K. B. e N. W. JANKOWSKI (eds.) (1993). Metodologías cualitativas de investigación en comunicación de masas. Barcelona: Bosch.
KRIPPENDORFF, K. (1990). Metodología de análisis de contenido. Teoría y Práctica.
Barcelona: Paidós Comunicación.
KROEBER, A. L. e PARSONS, T. (1958). “The Concepts of Culture and Social System”, Sociological Review, 23, 582-3.
LEDO, M. (Cord.) (2013). Cine, diversidad y redes: pequeñas cinematografias, politicas de la diversidad y nuevos modos de consumo cultural. Buenos Aires: Instituto Universitario Nacional de Arte. Area Trasdepartamental de Critica de Artes: Santiago de Compostela Universidade.
LLANO, R. (2003). Revistas culturales y de consumo. Madrid: Tecnos.
LÓPEZ, X. (2004). Desafíos de la Comunicación Local. Guía práctica de la información en los ámbitos de proximidad. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
19 LÓPEZ, X. e CAMPOS, F. (1999). As fronteiras do novo xornalismo. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
LÓPEZ, X. e OTERO, M. (2001). As factorías da sociedade da información: produción de contidos para Internet. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
MARTÍN SERRANO, M. (1979). Cultura en periodismo. Madrid: Fundación Juan March.
MARTÍNEZ ALBERTOS, J. L. (1989). El lenguaje periodístico. Madrid: Paraninfo.
McQUAIL, D. (1991). Introducción a la teoría de la comunicación de masas. Barcelona:
Paidós.
MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid. Fragua.
MIGUEL, J.C.(1993). Los grupos multimedia. Barcelona: Bosch.
MORAGAS, M. (ed.) (1982). Sociología de la comunicación de masas. Barcelona: Gustavo Gili.
OUTEIRIÑO, M. (2002). “Medios de masas e homoxeneidade cultural”, A trabe de ouro, 51, 35-67.
POSTMAN, N. (1994). Technopoly. Madrid: Galaxia Gutemberg.
PRICE, V. (1996). La opinión pública. Barcelona: Paidós.
RIBAS, J.I. (2001). “Difusió cultural i comunicació audiovisual interactiva”, Temes de Disseny, 18, 170-204. Barcelona: Elisava Edicions.
RIVERA, J. (1995). El periodismo cultural. Buenos Aires: Paidós.
20 RODERO, E. e SOENGAS, X. (2010). Ficción radiofónica: cómo contar una historia en la radio. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión.
RODRIGO ALSINA, M. (1996). Los modelos de la comunicación. Madrid: Tecnos.
RODRÍGUEZ, F. (2006). Periodismo cultural. Madrid: Síntesis.
ROIZ, M. (2005). Sociología de la comunicación y la cultura de masas. Madrid: Laberinto Comunicación.
ROMERO, D. e RODRÍGUEZ, S. (2005). “A páxina web como espazo de comunicación, participación, creación e difusión cultural”, Interea Visual, 8, 45-47.
SOBRADOS, M. (Coord.) (2013). Presente y futuro en el periodismo especializado. Madrid:
Fragua.
SOENGAS, X. (2003). “O xornalista especializado: formación e características”. Estudios de Comunicación, 2, 79-87.
SOENGAS, X. (2001). “Nuevos formatos audiovisuales”. En BENAVIDES, Juan e FERNÁNDEZ, E., Valores y Medios de comunicación : de la innovacion mediática a la creación cultural : II Foro Universitario de Investigación en Comunicación. Madrid: Edipo.
TÚÑEZ, M. e CHILLÓN, A. (2010). “La gestión y difusión de la cultura a través de plataformas online”, II Congreso Internacional Latina. Santa Cruz de Tenerife: Sociedad Latina de Comunicación Social.
TÚÑEZ, M. (coord.) (2002). A situación laboral dos xornalistas galegos. Santiago de Compostela: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
21 TÚÑEZ, M. (1999). Producir noticias. Cómo se fabrica la realidad periodística. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
TUÑÓN, A. (1986). “El espacio cultural del periódico. Perfiles del discurso cultural periodístico. Análisis de un acontecimiento en El País”, en IMBERT, G. e VIDAL, J.
(coords.): El País o la referencia dominante. Madrid: Mitre.
VILLA, M. J. (2000). “Una aproximación teórica al periodismo cultural”, Revista Latina de Comunicación Social, 35. Santa Cruz de Tenerife: Sociedad Latina de Comunicación Social.
VV.AA. (2003). Las industrias culturales en la era digital. Madrid: Fundación Alternativas.
WOLF, M. (1987). La investigación de la comunicación de masas. Críticas y perspectivas.
Barcelona: Paidós.
ZALLO, R. (1998). Economía de la Comunicación y la Cultura. Madrid: Akal