• No se han encontrado resultados

(1)1 INSTRUCIÓN 2/2013, DA SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOBRE ESTUDOS DE DOUTORAMENTO REALIZADOS AO ABEIRO DO REAL DECRETO 1393/2007

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "(1)1 INSTRUCIÓN 2/2013, DA SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOBRE ESTUDOS DE DOUTORAMENTO REALIZADOS AO ABEIRO DO REAL DECRETO 1393/2007"

Copied!
4
0
0

Texto completo

(1)

1

INSTRUCIÓN 2/2013, DA SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOBRE ESTUDOS DE DOUTORAMENTO REALIZADOS AO ABEIRO DO REAL DECRETO 1393/2007.

(Publicada o día 15 de maio de 2013)

O Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, establece na súa disposición transitoria segunda que os programas verificados con anterioridade ao citado Real Decreto, ou en tramitación deberán quedar completamente extinguidos con anterioridade ao 30 de setembro de 2017.

Sen embargo, o citado Real Decreto 99/2011, establece no seu artigo 3 que a duración dos estudos correspondentes aos programas anteriores será dun máximo de tres anos, polo que os doutorandos deberán rematar os seus estudos no ano 2016.

Pola súa banda, a Disposición transitoria primeira sinala que os doutorandos que á data da entrada en vigor do citado Real Decreto 99/2011 estean cursando estudos de doutorado, dispoñen de 5 anos para a presentación e defensa da tese de doutoramento. Transcorrido dito prazo sen proceder á súa lectura o doutorando causará baixa definitiva no programa.

Ningún dos citados preceptos, resolve a dúbida da duración dos programas de doutoramento do alumnado que inicie este curso 2012-13 os estudos de doutoramento, conforme ao Real Decreto 1393/2007 en tanto non se extingan. En consecuencia, a Secretaría Xeral da USC considerou na Instrución 12/2012, que dado que son estudos anteriores á entrada en vigor do novo Real Decreto de Doutoramento, debe aplicarse o establecido na disposición transitoria primeira, e polo tanto disporán de 5 anos dende a entrada en vigor do R.D. 99/2011, data que se concreta no 11 de febreiro de 2016, que será a data límite para efectuar o depósito da tese de doutoramento.

Sen embargo, esta Instrución non resolveu algunhas cuestiones como a posibilidade de prórroga, suspensión nos programas, realización de estudos a tempo parcial, posibilidades de adaptación aos novos programas. etc. Ademais, dado que os estudos do RD 1393/2007, non teñen unha regulación en moitos dos aspectos de procedemento, faise

(2)

2

necesario establecer un réxime supletorio, que debe ser o Regulamento de Estudios de Doutoramento da USC.

Por estas cuestións, requírese unha nova instrución que clarifique estes aspectos, e procede ditar a seguinte

INSTRUCIÓN Primeira.-Duración e prórrogas

O alumnado que inicie no curso 2012/13 os estudos de doutoramento conforme ao Real Decreto 1393/2007, disporá ata o 11 de febreiro de 2016 para o depósito da tese de doutoramento. Non obstante o anterior, no caso de existir causa xustificada e acreditada, e previo informe da Comisión de Doutoramento, poderá concederse de forma motivada unha prórroga polo tempo necesario sen que en ningún caso exceda do 30 de setembro de 2017, período no que deberá estar totalmente extinguido o programa.

Segundo.- Baixa temporal

O doutorando poderá solicitar a baixa temporal no programa por enfermidade, embarazo ou por calquera outra causa prevista pola normativa laboral vixente, por un período máximo dun ano. A Comisión de doutoramento pronunciarase sobre se procede acceder ao solicitado polo doutorando. As actividades desenvoltas polo doutorando durante a baixa temporal non poderán ser tidas en conta para a realización da tese, non computando os períodos de baixa no prazo de realización da tese a que fai referencia o apartado primeiro. Non obstante, en ningún caso a defensa da tese poderá exceder do 30 de setembro de 2017.

Terceiro.- Dedicación

O alumnado dos estudos de doutoramento realizados conforme ao Real Decreto 1393/2007, poderá ter unha dedicación total ou parcial ao programa. O alumnado acollido ao réxime de tempo parcial durante todo ou parte do período dos seus estudos, disporá ata 30 de setembro de 2017 para a lectura e defensa da tese.

Cuarto.- Adaptación

En tanto no se dite unha Resolución Reitoral sobre a materia, o alumnado que non supere os estudos de doutoramento nos prazos establecidos, poderá solicitar a adaptación dos seus estudos a un novo

(3)

3

programa do Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, conforme ao artigo 20 do Regulamento dos Estudos de Doutoramento da USC.

Os interesados/as poderán solicitar en calquera momento a admisión no novo programa e a adaptación das actividades xa realizadas. A estes efectos, deberán presentar un proxecto de plan de investigación, unha proposta de titor/a, e unha relación de actividades para as que pretendan o recoñecemento no novo programa. A Comisión Académica resolverá a admisión, avaliará o plan de investigación, e indicará as actividades que se propón recoñecer. Esta adaptación non estará sometida a prazos de solicitude, pero os seus efectos produciranse dende a data da resolución.

Quinto.- Competencias

Corresponde á Secretaría Xeral, por delegación do Reitor, resolver previo informe da Comisión de Doutoramento, os seguintes trámites:

1. Autorizar a realización de estudos de doutoramento a tempo parcial no seu programa cando proceda.

2. Autorizar, de ser o caso, as prórrogas na duración dos estudos de doutoramento.

3. A concesión de baixas temporais.

Corresponde á Secretaría Xeral, por delegación do Reitor, resolver previo informe da Comisión académica do programa, as solicitudes de adaptación ao novos programas.

Sexto.- Réxime supletorio

Ao alumnado que curse estudios ao abeiro do RD 1393/2007, seranlle de aplicación as disposicións reguladoras relativas ao Tribunal, defensa e avaliación da tese de doutoramento que se establecen no Real Decreto 99/2011, ou norma que o substitúa ou modifique, e o seu desenvolvemento polo Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC (Consello de Goberno de 25 de xuño de 2012, DOG do 29 de agosto).

(4)

4

Tamén será réxime supletorio para este alumnado os artigos 33 ao 35 e os artigos 39 ao 44, ambos inclusive, do citado Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013.

A Secretaria Xeral Lourdes Noya Ferreiro

Referencias

Documento similar

 Con respecto ao horario da Escola, entendemos que se produce unha discriminación con relación ao persoal que traballa en quenda de tarde, xa que os horarios da Escola non

b) Imputación ao resultado do exercicio por activos financeiros dispoñibles para a venda... 15. Diferenzas

cómpre salientar o cambio de natureza que supuxo respecto ás RPTs da universidade. En efecto, ata ese ano, as RPTs tiñan unha función reguladora, aínda que non se fixese unha

Aquae Querquennae : Porto Quintela, Bande (Ourense) : campamento militar romano e mansión viaria, guía do xacemento arqueolóxico. Rodríguez Colmenero,

Conforme a lo establecido en el Real Decreto 1393/2007, modificado por el Real Decreto 861/2010, la Universidad de Santiago de Compostela ha remitido a la "Secretaría Xeral

 Persoal do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) da área de influencia da Universidade de Santiago de Compostela, para os seus fillos/as. A

Tendo en conta que os orzamentos presentados non superan o límite de gasto, o documento presenta a continuación un resumo inicial cos cadros de ingresos e gastos a

• Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xuño de 2021 por que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de