Épica e historiografía na Idade Media románica

Download (0)

Full text

(1)

Épica e historiografía na Idade Media románica

Santiago López Martínez-Morás

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2019/2020

FACULTADE DE FILOLOXÍA

DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

(2)

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA AUTORES: Santiago López Martínez-Morás

Edición electrónica. 2019

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

(3)

1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA

 Nome: Epica e historiografía na Idade Media románica

 Código: G5081346

 Tipo de materia: Materia obrigatoria no Grao en Linguas e Literaturas Modernas (Maior en Filoloxía Románica).

 Número de créditos: 6 ECTS

 Curso no que se imparte: 3º curso no 1º cuadrimestre

 Prerrequisitos: A materia non esixe coñementos previos, aínda que é recomendable que os alumnos dominen outra lingua románica, á parte do galego e do español, para ler a bibliografía de fontes primarias e secundarias que se indicará na clase.

 Profesor(es) que a imparte(n): Dr. Santiago López Martínez-Morás

 Linguas en que se imparte: español.

 Horas e lugares de titorías: despacho 104.

1º cuadrimestre: Luns de 12 a 14 horas e de 16 a 18 horas

2º cuadrimestre Luns e Martes de 11 horas a 13 horas

E-mail de contacto: santiago.lopez@usc.es

Horario de clases:

Martes, 13 h.-14 h. (D05) Mércores, 13 h.-15 h. (B04)

Datas oficiais de exames:

09/01/2020, 9.30 h., aula C04 12/06/2020, 9.30 h., aula C04

(4)

2. SENTIDO DA MATERIA NO PLAN DE ESTUDOS

A materia é cursada no terceiro curso do Maior de Filoloxía Románica do Grao de Linguas e Literaturas Modernas e forma parte do módulo de Literatura románica medieval, no que se proporciona unha visión clara e necesaria das características particulares da produción da literatura medieval, así como do nacemento da literatura en linguas vernáculas e da xestación dos principais xéneros literarios modernos.

Nesta materia tentarase completar os coñecementos adquiridos en Literatura románica no contexto europeo, Fundamentos de literatura románica medieval e Mitos da literatura románica medieval na cultura europea, ao mesmo tempo que se complementa con outras materias do módulo que se cursan este curso e que versan sobre tipoloxías como Lírica románica medieval, Narrativa románica medieval e, durante o próximo ano, Narrativa breve románica medieval. Os contidos céntranse en dous xéneros significativos, con fondas raíces na tradición clásica, e cunha importante relación intertextual, a épica e a historiografía. A épica recupera un pasado glorioso a través dunha narración de feitos excepcionais realizada por héroes tamén extraordinarios baixo a apariencia dunha historicidade. A historiografía fundaméntase precisamente no concepto de veracidade, superando o de verosimilitude da épica. Esa evidencia marcará o emprego do latín no xénero durante toda a Idade Media, máis alá da eclosión das linguas vulgares, e manifesta unha dependencia das literaturas latina y mediolatina.

3. OBXECTIVOS-COMPETENCIAS

Os principais obxectivos desta materia insírense dentro dos do módulo de Literatura Románica Medieval, isto é:

(5)

 Estudar os antecedentes de ambas tipoloxías, o seu desenvolvemento e a súa evolución nas diferentes áreas románicas, así como os principais autores e obras.

 Analizar as transformacións sufridas por determinadas manifestacións literarias hasta fixar a súa definición como xénero que trascenderá os límites do período medieval.

 Adquirir un panorama comparatista da literatura románica medieval, que permita a súa comprensión como sistema interliterario e a súa proxección no espazo cultural europeo.

 Mostrar unha visión interdisciplinar na que se perciba a continuidade da materia literaria e a mutua influencia de personaxes e motivos nestes séculos, destacando a súa importancia na tradición cultural europea.

 Proporcionar os elementos necesarios para a comprensión e a análise de textos literarios medievais.

As competencias da materia céntranse en:

- Coñecemento da xénese e configuración da épica e historiografía medievais dentro do panorama xeral da literatura medieval.

- Coñecemento das características principais da épica e da historiografía medievais nas diferentes áreas literarias, do seu desenvolvemento e da súa evolución.

- Capacidade para vencellar épica e historiografía medievales, con orixe e relacións comúns.

- Disposición para relacionar textos épicos e historiográficos en linguas diferentes tendo en conta a súa orixe común.

- Capacidade de análise crítica de textos literarios medievais, con especial atención aos de carácter historiográfico e épico.

(6)

4. CONTIDOS

1. INTRODUCIÓN

2. A POESÍA ÉPICA MEDIEVAL

2.1. O concepto de poesía épica: definición, cantar de xesta / epopeia / épica.

2.2. Antecedentes.

2.3. Cronoloxía e espacialización.

2.4. Teorías sobre a orixe do xénero.

2.5. Características: a autoría, o público, a oralidade e a escritura, a técnica literaria (métrica, técnicas orais, estilo), a estructura narrativa, a temática e representación do mundo, a conformación dos personaxes.

2.6. O ciclo do rei: O Cantar de Roldán e A Peregrinación de Carlomagno.

2.7. O ciclo de Guillermo: O Cantar de Guillermo.

2.8. Outros ciclos e textos: Raoul de Cambrai, O Cantar de Mio Cid, Huon de Bordeaux.

2.9. Evolución do xénero.

3. A HISTORIOGRAFÍA

3.1. Concepto medieval de Historia. A escritura histórica. Relación con outros xéneros literarios (épica, roman, haxiografía).

3.2. Os xéneros históricos.

3.3. O período clásico e a secularización e vernacularización dos xéneros históricos.

i) Obras de exaltación monárquica: Grandes Chroniques de France.

ii) Obras sobre as cruzadas: Robert de Clari, Villehardouin, Joinville.

3.4. A eclosión dos xéneros históricos.

i) En Francia: J. Froissart e Commynes.

ii) En Castilla: o scriptorium alfonsí.

iii) En Cataluña: Jaime I de Aragón.

3.5. Crónicas de “Estado”: o caso borgoñón.

5. BIBLIOGRAFÍA

A presente bibliografía ten carácter meramente orientativo. O profesor poderá proporcionar outros títulos na clase.

Boutet, D., La Chanson de geste: forme et signification d'une écriture épique du Moyen Age, Paris, 1993.

Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, 1994.

Lejeune, R. et alii (dirs.), Les épopées romanes, en GRMLA, Heidelberg, III (1/2), 1987.

(7)

Limentani, A. - Infurna, M. (eds.), L'epica, Il Mulino, Bologna, 1986.

Martin, J.P. - Suard, F. (eds.), L'épopée: mythe, histoire et société, Paris, 1996.

Menéndez Pidal, R., La Chanson de Roland y el neotradicionalismo. Orígenes de la épica románica, Madrid, 1959.

Real, E., Épica medieval francesa, Madrid, 2002.

Riquer, M. de., Los cantares de gesta franceses, Madrid, 2009.

Rossi, M., Huon de Bordeaux et l'évolution du genre épique au XIIIe siècle, Paris, 1975.

Rychner, J., La chanson de geste. Essai sur l'art épique des jongleurs, Genève, 1955.

Segre, C., La tradizione della Chanson de Roland, Napoli-Milano, 1974.

Suard, F., Guide de la Chanson de geste et de sa postérité littéraire (XI-XV siècle), Paris, 2011.

Tyssens, M., La geste de Guillaume d'Orange dans les manuscrits cycliques, Paris, 1967.

Victorio, J. (dir.), L'epopée, Typologie des Sources du Moyen Âge Occidental, Turnhout, 1987.

Arnaldi, G., “Annali, cronache, storie”, en Lo spazio letterario do Medioevo. Il Medioevo latino, I, La produzione del testo, vol. II, Roma, 1993, pp. 463-513.

Deliyannis, D.M. (ed.), Historiography in the Middle Ages, Leiden, 2003.

Fernández-Ordóñez, I., Alfonso X o Sabio y las Crónicas de España, Valladolid, 2000.

Gómez Redondo, F., Historia de la prosa medieval castellana, vol. I, Madrid, 1998.

Grotz, H., La storiografia medioevale: introduzione e sguardo panoramico, Roma, 1993.

Guenée, B. (dir.), Le métier d’historien au Moyen Âge. Études sur l’historiographie médiévale, Paris, 1977.

Guyotjeannin, O., Les sources de l'histoire médiévale, Paris, 1998.

Hauf, A., La littérature historiographique des origines à 1500, en GRMLA, t. XI / 2, Heidelberg, 1993.

Linehan, P., History and the Historians of Medieval Spain, Oxford, 1993.

Mitre Fernández, E., Historiografía y mentalidades históricas en la Europa medieval, Madrid, 1982.

Noël, R. - Genicot, L. (dirs.), Typologie des sources du Moyen Age occidental, Turnhout, Brepols, 1972.

Orcástegui, C. - Sarasa, E., La historia en la Edad Media. Historiografía e historiadores en Europa Occidental: siglos V-XIII, Madrid, 1991.

6. METODOLOXÍA DO ENSINO

O curso terá como eixo a serie de sesións presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar coa súa participación activa na clase. Está prevista a realización de lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en textos medievais (traducidos), fragmentos escollidos deles, ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas

(8)

relacionadas coa asignatura. Poderán realizarse probas orais ou escritas para comprobar a comprensión do contido das leituras.

Tamén está prevista a realización de traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo dos devanditos traballos poderá cambiar en función do número dos estudiantes e das incidencias na marcha do curso. Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías.

Como corresponde a este método de traballo, os alumnos deben levar ó día o estudio da materia e ir asimilando todos os contidos que se van desenvolvendo. Consecuentemente, a asistencia a clase é obrigatoria. A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co previsto na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode suplirse cos oportunos traballos substitutorios.

7. SISTEMA DE AVALIACIÓN

 A nota da asignatura procederá nun 20% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno, e que se controlarán de forma regular nas horas de prácticas, na medida en que a marcha do curso o permita.

 A natureza destes traballos poderá ser múltiple: análises de obras de lectura obligatoria, comentario de artigos ou capítulos de ensaios, etc. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.

 A entrega dos traballos referidos É CONDICIÓN SINE QUA NON para a realización do exame oficial.

 Este exame suporá o 70% da asignatura, e se celebrará na data marcada oficialmente.

 A participación en clase se valorará co 10% restante.

IMPORTANTE: O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais nas dúas convocatorias oficiais será únicamente a realización do exame marcado oficialmente. Este exame oficial será tamén a única proba de avaliación para os alumnos presenciais que teñan faltado a un 20 % ou máis das clases e para os que non entregaran os traballos prácticos ou os suspenderan. O EXAME FINAL PARA OS ALUMNOS QUE SE ATOPEN NESTAS

(9)

CIRCUNSTANCIAS TERÁ UN GRAO MAIOR DE DIFICULTADE. A avaliación se efectuará sempre sobre o programa.

8. DISTRIBUCIÓN E CALENDARIO DE ACTIVIDADES

HORAS DE TRABALLO PERSOAL

Sesións presenciais: 48 horas (24 sesións expositivas + 24 sesións interactivas) Sesións de titorías: 3 horas

Sesións de avaliación: 3 horas Total: 54 horas

HORAS DE TRABALLO NON PRESENCIAL DO ALUMNO:

Sobre as sesións presenciais: 84 horas (48 sesións exposiivas + 36 sesións interactivas) Sesións de titorías: 3 horas

Sesións de avaliación: 9 horas Total: 96 horas

Total: 54 horas + 96 horas = 150 horas.

Figure

Updating...

References

Related subjects :