• No se han encontrado resultados

A COMPETITIVIDADE EXTERNA DAS REXIÓNS ESPAÑOLAS. UNHA ANÁLISE DO IMPACTO DA CAPACIDADE TECNOLÓXICA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "A COMPETITIVIDADE EXTERNA DAS REXIÓNS ESPAÑOLAS. UNHA ANÁLISE DO IMPACTO DA CAPACIDADE TECNOLÓXICA"

Copied!
20
0
0

Texto completo

(1)

A COMPETITIVIDADE EXTERNA DAS REXIÓNS ESPAÑOLAS. UNHA ANÁLISE DO IMPACTO

DA CAPACIDADE TECNOLÓXICA

MARÍA CARMEN TABOADA FONTAO Departamento de Economía Aplicada Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Universidade de Santiago de Compostela

Recibido: 13 de xuño de 2002 Aceptado: 18 de setembro de 2003

Resumo: O presente traballo constitúe un intento de análise da competitividade das comunida- des autónomas españolas no mercado mundial durante os últimos quince anos. Para a dita análise estudiámo-la evolución das cotas rexionais nas exportacións mundiais, xunto co impac- to do factor tecnolóxico como variable explicativa do nivel competitivo acadado por cada rexión.

Trátase así de destacar en certa medida a relevancia da tecnoloxía fronte a outras variables ex- plicativas tradicionais, así como o carácter acumulativo que amosa o coñecemento tecnolóxico, que explicará en boa medida a posición relativa de cada autonomía nas exportacións mundiais.

Palabras clave: Competitividade / Cota rexional / Exportacións mundiais / Stock tecnolóxico / Salarios medios.

EXTERNAL COMPETITIVENESS OF SPANISH REGIONS.

ANALYSIS OF IMPACT TECHNOLOGY CAPACITY Abstract: This text aims to analyse the Spanish regions competitiveness in the global market during the last 15th years. This way, we study the evolution of regional quotes trade within the international market manufacturing exports joint to the impact technology capacity like an expli- cative variable of competitive level of each region.

From this analysis, the text concentrates in trying to point up the technology relevance front other traditional explicative variables, which has become in achievement to get positions in the global economy. In the same way, we want to emphases the accumulative aspect of technology knowledge, that permits explain the relative level market shares of each Spanish region within the international exports.

Keywords: Competitiveness / Regional share / International exports / Technology stock / Rela- tive wage.

1. INTRODUCCIÓN

As últimas décadas supuxeron, dentro da análise teórica sobre comercio interna- cional, unha nova corrente de ar no seu estudio con importantes modificacións na xustificación das causas que motivan a súa evolución. As limitacións en termos da análise competitividade-prezos é unha das razóns, entre outras, das que se deriva o crecente interese e preocupación polo estudio dos niveis de competitividade das economías nos últimos anos. Deste xeito, na economía tense introducido un novo concepto de competitividade no que a súa característica está en non só considera- los factores de prezos como elemento de determinación da evolución das economí- as no mercado mundial.

(2)

Unha das perspectivas teóricas actuais máis relevantes é a designada como evo- lucionista, reflectida por exemplo por Dosi, Pavitt e Soete (1990), que considera un conxunto amplo de factores relevantes no comportamento do comercio internacio- nal, ademais dos xa tradicionais de prezos e custos, tratando de afastarse dos supos- tos ficticios de competencia perfecta, homoxeneidade de factores productivos, etc.

Por iso, esa corrente está caracterizada por incluí-lo factor tecnolóxico como varia- ble explicatica nos modelos de comercio internacional cunha representatividade e conceptualización máis realista e complexa do cambio técnico. Estes autores post- ulan no seus traballos que os factores tecnolóxicos e os de carácter institucional te- ñen maior peso cós custos na evolución do comercio internacional actual, sen es- quece-lo papel desenvolvido polas ditas variables. Fan uso, ademais, do termo competitividade estructural para explica-la situación internacional dos distintos países ou sectores productivos no mercado mundial. A heteroxeneidade das fun- cións de producción entre as distintas rexións implica que a capacidade técnica sexa diferente, sendo este o principal motivo das diferencias competitivas sectoriais acadadas no mercado mundial por cada unha das rexións.

Seguindo esta liña, o que aquí tratamos de analizar é a evolución da competiti- vidade internacional amosada polas rexións españolas nos últimos anos, así como algúns dos principais factores explicativos determinantes da evolución competitiva internacional a través do estudio das cotas exportadoras rexionais. A transforma- ción do termo competitividade tamén provoca modificacións á hora de elixi-los seus instrumentos de medición, existindo unha ampla variedade de variables que poden ser usadas. Sen embargo, unha das usadas é precisamente a cota que cada país ocupa no mercado mundial, que sen dúbida presenta tamén unha serie de pro- blemas, xa que por exemplo se poden producir cambios en factores esóxenos na co- ta que non signifiquen variacións no nivel competitivo acadado. Con todo, é certo que sería moi enriquecedora a complementación deste traballo coa análise doutras variables que inflúen na competitividade, aínda que tamén é evidente que unha gran parte dos estudios de competitividade se basean nas análises de comercio ex- terior.

Son importantes os traballos xa desenvoltos sobre esta materia no panorama na- cional, como por exemplo os de Sánchez e Vicens (1994), Barcenilla e Pueyo (1996), ou Barcenilla (1999), no que se poden atopar interesantes análises secto- riais; sen embargo, a novidade do presente traballo, aínda que carece da perspectiva sectorial, é contribuír ó reflexo máis preciso da competitividade rexional ó presen- tar como variable depedente a cota rexional nas exportacións mundiais definida como a cota total.

Deste xeito, presentamos un traballo estructurado en tres apartados. No primeiro recóllense a relación dos niveis de competitividade coa cota exportadora española no mercado mundial. No seguinte apartado preséntase a análise da cota exportadora rexional española no mercado mundial e o seu comportamento nos últimos anos.

(3)

E o último apartado céntrase en estudia-la relación entre unha serie de variables explicativas da vantaxe competitiva e a posición acadada por cada rexión no mer- cado internacional, para remata-lo traballo destacando as principais conclusións ob- tidas.

2. ASPECTOS METODOLÓXICOS NAS ANÁLISES DE COMPETITIVIDADE

A tradicional teoría económica sobre comercio internacional sinalaba os facto- res de custos e prezos como as variables representantivas da competitividade dos países en termos de comercio exterior. Sen embargo, as contradiccións sucedidas no plano empírico fixeron necesaria a procura de novos factores explicativos que permitisen explica-la evolución real sufrida polos fluxos comerciais dos diferentes países.

Neste sentido comézase a falar da competitividade estructural entendida como un termo que non se limita a manifestarse a través de:

a) Factores de prezos e custos nos que se engaden, ademais, outros de diferente ín- dole.

b) Inclúe distintos aspectos relacionados coa tecnoloxía como a súa creación, difu- sión e adaptación.

c) Por outro lado, preséntanse toda unha serie de factores que non teñen relación co proceso de producción dunha forma directa, pero que sen dúbida ningunha marcan o proceso fortemente. Trátase de factores organizativos e institucionais da economía na que se asentan as empresas. Por exemplo, as infraestructuras tanto físicas como tecnolóxicas existentes nas economías, as relacións entre sec- tores productivos, as relacións entre axentes institucionais, o capital humano, etc.

Polo tanto, o termo competitividade estructural implica a aceptación dunha va- riable máis complexa có termo illado de competitividade, na que atopamos varias tipoloxías de factores: os tradicionais de prezos e custos, e os tecnolóxicos e rela- cionados coa contorna do país en cuestión. Ademais, a acepción máis tradicional é aquela ligada a unha visión micro da capacidade dunha empresa para captar merca- do. Na actualidade, o seu uso adoita facer referencia a unha economía ou a un sec- tor productivo, sinalando tamén que hai que considera-lo mercado nacional no sen- tido en que as tendencias existentes cara á apertura comercial e financeira permiten a máis doada entrada de empresas estranxeiras no mercado local; en consecuencia, a economía ou sector terá que preocuparse non só por captar cota de mercado

(4)

externo senón tamén por manter ou incrementa-la súa participación no mercado na- cional, de xeito que isto si constituirá un aumento real da súa competitividade.

A controversia sobre qué método utilizar á hora de avalia-la competitividade ex- terior é claramente un dos temas máis debatidos nos ámbitos teóricos. A variable dependente neste tipo de traballos a través da cal reflectímo-lo comportamento competitivo adoita se-la cota de mercado de acordo con distintas definicións dela; a cota con respecto a unha mostra de rexións, respecto a outra rexión concreta, etc.

Sen embargo, parece que o máis axeitado sexa proporcionar unha análise na que a cota se defina como a verdadeira cota acadada pola rexión no mercado mundial.

3. A COTA ESPAÑOLA NAS EXPORTACIÓNS MUNDIAIS

De acordo co comentado anteriormente, o presente traballo tomará como varia- ble de estudio da competitividade internacional rexional a porcentaxe que cada unha das comunidades autónomas españolas acadou nas exportacións mundiais.

Polo tanto, unha definición de cota de exportacións en sentido estricto.

Sen embargo, a ausencia de datos sectoriais no ámbito da cota no mercado mundial impídenos presentar unha análise sectorial que, sen dúbida, proporcionaría unha visión máis rica e completa dos niveis de competitividade acadados polas dis- tintas rexións españolas. O traballo con datos só no ámbito global é polo tanto unha limitación importante, pero que en calquera caso non está exento de relevancia para o estudio da posición relativa que están tendo as distintas rexións españolas no conxunto do mercado internacional.

Na gráfica 1 pódese observa-la evolución da cota española no mercado mundial durante os últimos 18 anos, e nela é evidente a boa evolución progresiva da situa- ción do conxunto territorial español no mercado mundial ata finais da década dos anos noventa. Os anos finais da década dos anos oitenta e dos primeiros anos no- venta, xunto co ano 1998, son os que experimentan un mellor comportamento, co- mezando a partir de aí o inicio dun período de descenso, reflexo da recesión eco- nómica que se produce no ámbito da economía internacional e que supón unha baixada con respecto ás previsións da Secretaría de Estado e Comercio para o ano 2001, que eran de acadar máis de dous puntos porcentuais (2,1).

Como breve comentario correspondente á análise sectorial cómpre destacar que as maiores porcentaxes de exportacións españolas se centran nos sectores dos bens de equipo, sector automóbil e semimanufacturas, tendo tamén certa importancia o sector alimentario. A pesar disto, o de bens de equipo e de semimanufacturas adoita presentar un déficit comercial. Os principais responsables do déficit comercial da economía española son, por un lado, a dependencia tecnolóxica e, por outro, a de- pendencia enerxética, o que se une á característica de que existe unha excesiva concentración sectorial das nosas exportacións nun escaso número de sectores pro- ductivos.

(5)

Gráfica 1.- Cota española nas exportacións mundiais 1985-2001 (en %)

0 0,5 1 1,5 2 2,5

1982 1986 1990 1994 1998 2002

FONTE: OMC.

Desde a entrada de España na Comunidade Europea existe unha tendencia cara ó aumento das exportacións de bens de intensidade tecnolóxica media e alta1, que aumentaron o seu peso sobre as exportacións totais, sobre todo sendo responsabili- dade do material de transporte, maquinaria e material eléctrico. Aínda que no con- texto europeo e en termos comparativos é indubidable que o país segue centrado nas vendas de productos de intensidade tecnolóxica baixa tales como productos alimenticios e téxtiles. Esta clasificación de base tecnolóxica é interesante para ter en conta a relación entre exportacións e o nivel tecnolóxico dunha economía.

En termos rexionais, obsérvanse tendencias moi diferenciadas nas exportacións.

Por un lado, Cataluña e Madrid que presentan exportacións intensivas en tecnolo- xía por riba dos niveis medios de España, mentres que outro gran grupo como Es- tremadura, Murcia ou Andalucía se especializa en bens de tecnoloxía baixa.

4. COTA REXIONAL NAS EXPORTACIÓNS MUNDIAIS

O noso obxecto é presenta-lo panorama da posición competitiva das rexións es- pañolas e mostra-la súa evolución para os anos máis recentes, tendo en conta a existencia de patróns de comportamento diferentes que obedecen a estructuras pro- ductivas moi diferenciadas ou heteroxéneas entre si. Isto permitirá formularse se existen evolucións similares entre as rexións, o que permitiría clasificalas en gru- pos de comportamento homoxéneo.

Como comentabamos anteriormente e como sucede noutras áreas económicas, é evidente a polémica e o debate teórico existente en canto ó instrumento de medi-

1 A OCDE estableceu unha clasificación de exportacións en función do uso da tecnoloxía na súa producción, é dicir, segundo o esforzo de I+D existente nos distintos sectores, a relación entre os gastos de I+D e as vendas de cada sector (OCDE, 1994).

(6)

ción usado para medi-la competitividade dun país ou rexión. Non existe un acordo unánime, pero xeralmente no nivel empírico recórrese á cota exportadora e á súa variación, aínda que tamén existen autores que defenden o estudio dos incrementos nos niveis de producción relativa, ou a posibilidade de ter en conta outro tipo de variables como o crecemento do PIB, emprego…

Na nosa análise utilizámo-la cota global nas exportacións mundiais que mostra cada unha das rexións españolas observando, por un lado, a cota media do período 1985-2001 e, por outro, a variación absoluta da cota neses anos.

O seu cálculo realízase a partir da disposición dos datos obtidos en dúas fontes estatísticas: por un lado, a Organización Mundial de Comercio en canto á cota es- pañola nas exportacións mundiais e, por outro, o Departamento de Aduanas en can- to ós datos de exportacións. Os datos son os que figuran na táboa 1.

Táboa 1.- Cota rexional nas exportacións mundiais (en %)

198 5 198

6 198 7 198

8 198 9 199

0 199 1 199

2 199 3 199

4 199 5 199

6 199 7 199

8 199 9 200

0 200

1 PROM. VAR.

ABS.

Andalucía 0,136 0,125 0,143 0,147 0,144 0,162 0,177 0,168 0,166 0,160 0,133 0,144 0,177 0,166 0,160 0,146 0,144 0,155 0,009 Aragón 0,049 0,065 0,068 0,079 0,081 0,086 0,094 0,093 0,092 0,106 0,072 0,075 0,103 0,104 0,092 0,073 0,077 0,083 0,028 Asturias 0,036 0,033 0,032 0,028 0,035 0,036 0,033 0,035 0,029 0,027 0,022 0,023 0,028 0,028 0,025 0,025 0,022 0,030 -0,013 Baleares 0,006 0,007 0,007 0,009 0,015 0,020 0,014 0,011 0,012 0,013 0,017 0,019 0,013 0,010 0,016 0,013 0,015 0,013 0,009 Canarias 0,041 0,030 0,028 0,021 0,019 0,018 0,014 0,015 0,015 0,016 0,050 0,049 0,015 0,013 0,012 0,013 0,012 0,023 -0,029 Cantabria 0,013 0,016 0,016 0,015 0,017 0,018 0,017 0,018 0,018 0,020 0,022 0,022 0,021 0,022 0,021 0,021 0,022 0,019 0,008 C.-Mancha 0,017 0,020 0,022 0,022 0,019 0,023 0,023 0,020 0,024 0,025 0,031 0,032 0,030 0,035 0,030 0,027 0,028 0,025 0,011 C. e León 0,038 0,047 0,053 0,063 0,065 0,080 0,088 0,098 0,105 0,107 0,094 0,097 0,112 0,138 0,142 0,121 0,117 0,090 0,079 Cataluña 0,262 0,277 0,319 0,332 0,331 0,385 0,412 0,427 0,414 0,433 0,548 0,566 0,517 0,547 0,526 0,488 0,513 0,424 0,251 Estremad. 0,004 0,005 0,007 0,006 0,007 0,006 0,007 0,008 0,008 0,009 0,004 0,004 0,011 0,011 0,012 0,010 0,011 0,008 0,007 Galicia 0,066 0,066 0,074 0,063 0,069 0,077 0,074 0,073 0,092 0,088 0,084 0,096 0,103 0,110 0,111 0,122 0,132 0,088 0,066 A Rioxa 0,005 0,007 0,007 0,007 0,007 0,008 0,008 0,008 0,009 0,011 0,007 0,009 0,015 0,016 0,015 0,012 0,012 0,009 0,007 Madrid 0,097 0,101 0,128 0,141 0,141 0,164 0,167 0,194 0,185 0,198 0,398 0,462 0,192 0,214 0,214 0,203 0,200 0,195 0,102 Murcia 0,040 0,039 0,042 0,042 0,042 0,045 0,045 0,041 0,043 0,043 0,028 0,030 0,046 0,052 0,051 0,046 0,049 0,043 0,009 Navarra 0,029 0,036 0,042 0,041 0,047 0,055 0,069 0,075 0,064 0,059 0,037 0,037 0,072 0,082 0,077 0,075 0,061 0,056 0,033 P. Vasco 0,179 0,151 0,142 0,163 0,166 0,177 0,182 0,169 0,157 0,167 0,123 0,121 0,195 0,198 0,187 0,169 0,159 0,168 -0,020 C. Valenc. 0,221 0,244 0,229 0,232 0,234 0,260 0,285 0,266 0,246 0,258 0,149 0,153 0,260 0,264 0,258 0,225 0,225 0,241 0,003 TOTAL 1,240 1,270 1,360 1,410 1,440 1,620 1,710 1,720 1,680 1,740 1,820 1,940 1,910 2,010 1,950 1,790 1,800 1,671 0,560 FONTE: Elaboración propia a partir de datos da OMC e do Departamento de Aduanas.

En canto ó nivel acadado pola variable, obsérvase que en calquera dos anos a rexión catalana mostra unha cota exportadora mundial significativamente superior a calquera das outras rexións, sendo tamén considerable a situación que acadan Andalucía, o País Vasco, a Comunidade Valenciana e Madrid, todas elas cunha co- ta superior ó 0,1% en tódolos anos. Sen embargo, obsérvase tamén que a Comuni- dade asturiana e Canarias experimentan un considerable retroceso na súa cota di- minuíndo nestes dezaoito anos, reducción que tamén se observa no caso do País Vasco.

O que tratamos de evidenciar é que unha variación da cota no sentido dun au- mento supón unha ampliación da participación rexional nos mercados internacio- nais, indicando en certa medida unha maior competitividade por parte da economía

(7)

rexional que se trate. Así, a maioría das rexións españolas presentan unha ganancia de competitividade no mercado mundial (en maior ou menor medida) durante a úl- tima década do século XX, observando o bo comportamento que se dá por exemplo claramente no caso de Cataluña, a rexión madrileña, Castela e León, Galicia ou Navarra, rexións que melloran o seu nivel competitivo no período con importantes incrementos da súa cota nas exportacións mundiais.

Nas gráficas 2a e 2b podemos analiza-los niveis alcanzados de competitividade por cada rexión para os dezaoito anos da mostra. A observación gráfica permite comprobar como Cataluña xunto coa Comunidade Valenciana (e en semellante po- sición estaba o País Vasco e un pouco por detrás Andalucía) partían dunhas posi- cións relativamente vantaxosas no ano 1985, pero que desde aquela a súa evolución foi diferente, experimentando Cataluña un aumento moi superior da súa cota nas exportacións mundiais con respecto ás outras rexións. Na gráfica 2b detállase a evolución das rexións con niveis máis baixos e que corresponden con aquelas máis atrasadas en termos económicos, tamén periféricas en termos xeográficos e, de me- nor tamaño, as cales non superaban a cota de exportación do 1% no mercado mun- dial no ano 2001. Compróbase como as disparidades existentes ó comezo do perío- do amosan unha tendencia de aumento das desigualdades ó final del, non só entre Cataluña e o resto de comunidades, senón mesmo entre o grupo de rexións máis similares.

No ano 1991 case tódalas rexións experimentaran melloras na súa posición competitiva no mercado internacional de acordo cun aumento nas exportacións mundiais. Sen embargo, a situación no ano 2001 mostra que esas melloras non fo- ron mantidas na maioría dos casos, producíndose baixas con respecto ós niveis acadados a finais dos anos oitenta, por exemplo en Aragón ou en Asturias. A dete- rioración no mercado mundial produce unha ralentización no crecemento das ex- portacións que afecta en maior medida a aqueles territorios menos dinámicos en termos productivos, así como a aqueles que teñen moi concentradas as súas expor- tacións en termos sectoriais, como ocorre no caso dos automóbiles e en ramas rela- cionadas co transporte.

Andalucía, que segue o esquema dunha economía atrasada, atópase fortemente especializada en bens de baixa intensidade tecnolóxica debido ó elevado peso das exportacións agrícolas e, polo tanto, moi ligada a factores de dotación de recursos, naturais e humanos. Así, entre os anos 1986 e 1998 diminuíron as vendas de pro- ductos intensivos en tecnoloxía, sobre todo no sector dos productos químicos inor- gánicos, mentres que aumentan as de alimentos; situación semellante á das Illas Canarias, especializadas basicamente en sectores de demanda débil como alimentos e nas que incluso diminuíron as vendas de sectores tales como o material electróni- co.

Tamén en Asturias destaca o peso das exportacións do sector dos minerais e me- tais malia que experimenta unha forte reducción desde mediados dos anos oitenta, e

(8)

aínda que aumentan as de material de transporte e productos químicos aínda existe unha forte dependencia dos sectores menos intensivos en tecnoloxía.

Gráfica 2a.- Evolución da cota rexional nas exportacións mundiais

Andalucía Castela e León Cataluña Galicia Madrid País Vasco C. Valenciana

1985 1989 1993 1997 2001

0,600%

0,500%

0,400%

0,300%

0,200%

0,100%

0,000%

Cotarexionalnasexportaciónsmundiais

FONTE: Elaboración propia a partir de datos da OMC e do Departamento de Aduanas.

Gráfica 2b.- Evolución da cota rexional nas exportacións mundiais (0-0,1%)

1985 1989 1993 1997 2001

0,100%

0,080%

0,060%

0,040%

0,020%

0,000%

Cotarexionalnasexportaciónsmundiais

Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Estremadura A Rioxa Murcia Navarra

FONTE: Elaboración propia a partir de datos da OMC e do Departamento de Aduanas.

Na táboa 2 observamos a orde das rexións en canto á súa cota nas exportacións mundiais, ordenadas en función da súa posición no ano 1985.

Nótase como o País Vasco, Andalucía, Aragón, Canarias, Murcia e mesmo As- turias empeoran a súa situación na clasificación fronte á melloría que experimentan Madrid, Castela e León, Navarra, Castela-A Mancha, Cantabria ou Baleares. Isto está en consonancia coa evolución do coeficente de exportación2 que, tal e como se recolle na táboa 3, tivo un comportamento positivo en tódalas rexións con excep-

2 O coeficiente de exportación defínese como a porcentaxe de exportacións con respecto á producción total dunha economía en particular, en relación co PIB, para un período determinado (xeralmente anual).

(9)

ción de Canarias onde diminuíu mentres que Castela e León, Navarra ou Madrid foron as comunidades nas que experimentou un incremento relevante nestes anos.

Táboa 2.- Ranking de comunidades autónomas de acordo coa súa cota nas exportacións mundiais

1985 2001

Cataluña 1 1

Com. Valenciana 2 2 País Vasco 3 4

Andalucía 4 5

Madrid 5 3

Galicia 6 6

Aragón 7 8

Canarias 8 15

Murcia 9 10

Castela e León 10 7

Asturias 11 12

Navarra 12 9

Castela-A Mancha 13 11

Cantabria 14 13

Baleares 15 14

A Rioxa 16 16

Estremadura 17 17 FONTE: Elaboración propia a partires

de datos da OMC e do Departamento de Aduanas.

Táboa 3.- Coeficiente de exportacións

1986 1998

Andalucía 8,65 12,62

Aragón 17,39 31,51

Asturias 10,37 11,57

Baleares 2,94 3,98

Canarias 7,35 3,41

Cantabria 11,49 17,67 Castela-A Mancha 5,37 9,88

Castela e León 6,76 23,34

Cataluña 13,98 28,28 Estremadura 2,38 6,21

Galicia 10,63 20,39

A Rioxa 7,60 21,57

Madrid 5,81 13,4

Murcia 14,44 22,22

Navarra 20,31 51,02

País Vasco 20,40 33,70 Com. Valenciana 22,46 28,18 TOTAL ESPAÑA 11.08 19.94 FONTE: Informe económico anual 1999 das Cámaras de Comercio, Industria e Na- vegación de España.

(10)

Evidénciase que Castela e León experimentou un cambio significativo incre- mentando as súas exportacións de sectores de intensidade tecnolóxica media, basi- camente caucho e plástico, e material de transporte. Por outro lado, descendeu o sector dos productos químicos igual que sucede noutras rexións. Do mesmo xeito, Navarra experimentou un aumento da cifra absoluta de exportacións, xerado sobre todo polo incremento das vendas de automóbiles mentres que outros sectores des- tacados, como o do papel e dos minerais e metais, diminuíron o seu peso sobre as exportacións totais. Nótase como a mellora se produce cara ás economías que au- mentan a súa dependencia respecto do sector dos vehículos.

Polo tanto, maniféstase a desaceleración existente no comercio internacional sen esquecer que nese contexto destaca a evolución nos últimos anos do dinamismo productor-exportador dalgúns países asiáticos, en particular, de China, no que a súa integración na OMC traerá importantes efectos no comportamento exportador das rexións españolas nos próximos anos.

Cómpre comentar que, en todo caso, a cota exportadora é un indicador da com- petitividade ex-post , é dicir, medímo-lo nivel de competitividade a través da situa- ción a posteriori, cáles son as rexións que tiveron un mellor comportamento nas vendas internacionais. Pero, ademais, outro dos problemas destacados do uso da cota rexional nas vendas externas como indicador avaliador da competitividade es- tá en que os resultados acadados dependen da situación de partida; como vimos, a situación no ano 1985 era moi diferente entre a maior parte das rexións.

5. DISTRIBUCIÓN DA CAPACIDADE TECNOLÓXICA REXIONAL A variable de medición da capacidade tecnolóxica ou do progreso técnico adói- tase considerar como unha variable stock, xa que así se recolle o seu carácter acu- mulativo e a influencia dese pasado sobre a capacidade competitiva presente. Pero a maioría das variables tecnolóxicas utilizadas nos traballos son os gastos en I+D, sexan os totais ou os efectuados pola industria, tratando de engadir na medida do posible variables de resultados (patentes). No noso caso, e para recolle-lo aspecto acumulativo da capacidade tecnolóxica das diferentes comunidades autónomas, calculamos cómo se distribúe o stock de capital tecnolóxico total nacional entre as diferentes rexións no período 1988-2000, seguindo a formulación empregada por Barcenilla e Pueyo (1996) para o período 1991-1994, de acordo coa seguinte ex- presión:

Rt = Σ (1-δ)i (I+D)t-θ-i

onde Rt é o stock tecnolóxico do período t; I+D os gastos de I+D; θ o desfasamento que existe entre que se efectúa o gasto de I+D e a obtención do rendemento; e δ a taxa de depreciación do 15% xeométrica.

(11)

Tendo en conta que o máis habitual é que exista un retardo medio entre o gasto efectuado en I+D e a obtención de rendementos, na formulación anterior considéra- se que existe un retardo medio de dous anos.

Para o cálculo utilizámo-los gastos internos en I+D totais realizados por cada unha das rexións en termos relativos, isto é, en función do tamaño económico da rexión e, polo tanto, utilizando os datos de esforzo tecnolóxico de cada rexión en cada un dos anos da mostra, logo de deflectar ámbalas dúas magnitudes de acordo co deflector implícito do PIB obtido no Anuario Eurostat co ano 1990 como ano base. O resultado da distribución do stock tecnolóxico do período recóllese na tá- boa 4.

Táboa 4.- Stock tecnolóxico relativo por comunidades autónomas no período 1988-2000

Andalucía 6,901%

Aragón 7,683%

Asturias 6,811%

Baleares 1,947%

Canarias 5,102%

Cantabria 6,611%

Castela e León 6,940%

Castela-A Mancha 3,330%

Cataluña 11,499%

Estremadura 4,145%

A Rioxa 3,546%

Galicia 4,864%

Madrid 25,015%

Murcia 6,243%

Navarra 9,765%

Com. Valenciana 6,118%

País Vasco 14,378%

TOTAL 10,636%

FONTE: Elaboración propia a partir de datos do INE.

A Comunidade madrileña destaca de forma propia coa maior porcentaxe de stock tecnolóxico, sendo tamén importante a situación que acadan o País Vasco e Cataluña. Xa por baixo da media do período, pero cunha participación bastante boa na distribución do stock tecnolóxico, están Navarra e Aragón.

A continuación sitúanse un grupo numeroso de rexións, todas elas cunhas por- centaxes do 6-5% da capacidade técnica. E, por último, atopamos aquelas rexións moi pobres desde o punto de vista tecnolóxico con baixas porcentaxes como son Baleares, Castela-A Mancha, A Rioxa, Estremadura e Galicia.

É evidente que a competitividade tecnolóxica non ten a mesma consideración nuns sectores de actividade ca noutros. Sen embargo, tampouco se pon en dúbida que a capacidade tecnolóxica vaia condicionar sempre en certa medida a evolución da cota exportadora de tódolos sectores.

(12)

6. O STOCK TECNOLÓXICO COMO FACTOR EXPLICATIVO DA COMPETITIVIDADE REXIONAL NO MERCADO MUNDIAL Presentada a principal variable implicada na análise, estudiámo-la correlación existente entre a variable dependente e a explicativa. Levamos a cabo un dobre exercicio sobre cómo a variable stock tecnolóxico explica o nivel de competitivi- dade rexional no panorama mundial e a súa evolución durante os últimos anos.

Obsérvase a primeira regresión que reporta un R2 positivo, en torno ó 30%, que supón un nivel bastante considerable no que se refire a este tipo de estudios, indi- cando que a acumulación de coñecemento tecnolóxico explica nunha medida con- siderable o nivel medio da cota rexional exportadora acadada por cada autonomía española durante os quince últimos anos do século XX.

Na gráfica 3 obsérvase a recta que mellor se axusta ós datos observados, que nos dá unha especie de media que optimiza as fluctuacións nos datos e que nos mostra a tendencia. Así, obsérvase que tanto Castela-A Mancha como Castela e León ou o País Vasco teñen un comportamento que se axusta bastante ben á media, destacando Cataluña ou a Comunidade Valenciana con comportamentos extremos.

En ningún caso se debe esquecer que a competetividade ten un carácter esen- cialmente dinámico e que, polo tanto, estará en continuo cambio, de xeito que a análise da perspectiva dinámica ten un acentuada importancia que nos leva a ob- serva-lo comportamento cambiante da cota rexional no período de estudio, que se presenta na gráfica 4, na que se recolle a variación na cota rexional nas exporta- cións mundiais entre os anos 1985 e 2000 e a influencia do stock tecnolóxico rexional relativo sobre ela.

Do mesmo modo que anteriormente, analizámo-la forma que acada a incidencia dos valores da variable independente sobre a dependente axustando unha liña de tendencia. Vemos así que rexións como Castela-A Mancha, a Comunidade Valen- ciana, Aragón, Navarra ou Madrid axústanse ó comportamento medio, sendo Cata- luña e o País Vasco as que presentan valores relativos máis dispares. Os casos de Andalucía e de Galicia parecen indicarnos que deben existir outra serie de factores cun elevado impacto na evolución da súa competitividade no mercado internacio- nal nestes anos.

A obtención dun coeficiente de correlación positivo que acada o valor de 0,1902 mostra a significatividade da variable stock tecnolóxico como factor determinante da capacidade de competitividade das distintas rexións españolas no longo prazo.

É claro que aquelas rexións cunha maior capacidade tecnolóxica son as que po- súen unha mellor posición competitiva e, en certa medida, supón unha evidencia importante da influencia da tecnoloxía na evolución comercial externa rexional.

(13)

Gráfica 3.- Cota rexional nas exportacións mundiais no período 1985-2001 e stock tecno- lóxico medio relativo 1987-2000

0 0,0005 0,001 0,0015 0,002 0,0025 0,003 0,0035 0,004 0,0045

0% 5% 10% 15% 20% 25% 30%

Stock tecnolóxico

CV

AND

NAV ARA CeL GAL

AST CANT MUR CM CAN

EST

PV CAT

MAD

Cotarexional

BALRIO

y=0,0107 +0,0002x R2=0,2725

CAT: Cataluña, CV: Comunidade Valenciana, AND: Andalucía, PV: País Vasco, MAD: Madrid, BAL: Baleares, CeL: Castela e León, GAL: Galicia, ARA: Aragón, NAV: Navarra, CM: Castela-A Mancha, MUR: Murcia, AST:

Asturias, CANT: Cantabria, EST: Estremadura, RIO: A Rioxa, CAN: Canarias.

FONTE: Elaboración propia a partir de datos do INE, do Departamento de Aduanas e da OMC.

Gráfica 4.- Variación da cota rexional nas exportacións mundiais no período 1985-2001 e stock tecnolóxico medio relativo 1987-2000

0 0,0005 0,001 0,0015 0,002 0,0025 0,003 0,0035 0,004

0 0,05 0,1 0,15 0,2 0,25 0,3 Stock tecnolóxico

Variacióndacotarexional

y=0,0068 -2E-05x R2=0,1902

-0,0005

CAT

MAD

NAV PV AND GAL

CeL AST CAN

CV BAL CMMUR

ARA

RIOEST CANT

CAT: Cataluña, CV: Comunidade Valenciana, AND: Andalucía, PV: País Vasco, MAD: Madrid, BAL: Baleares, CeL: Castela e León, GAL: Galicia, ARA: Aragón, NAV: Navarra, CM: Castela-A Mancha, MUR: Murcia, AST:

Asturias, CANT: Cantabria, EST: Estremadura, RIO: A Rioxa, CAN: Canarias.

FONTE: Elaboración propia a partir de datos da OMC, do INE e do Departamento de Aduanas.

7. A CONSIDERACIÓN DOUTROS FACTORES DETERMINANTES DA COMPETITIVIDADE REXIONAL: O PAPEL DOS SALARIOS Unha das formas −de feito a máis tradicional− para medi-la competitividade é acudir á comparación dos prezos ou custos entre as distintas economías. Enténdese

(14)

que as vantaxes en prezos e custos se traducirán nunha cota de mercado máis ele- vada, isto é, nunha mellor posición no panorama internacional. Sen embargo, para que estas variables fosen indicadores directos da competitividade teriamos que fa- lar de productos homoxéneos e de prezos como a variable determinante da compe- tencia. Pero xa comentamos que os teóricos evolucionistas e a perspectiva estructu- ral entenden a competitividade como un fenómeno máis amplo no que están pre- sentes un amplo conxunto de factores, ademais dos tradicionais, que si teñen unha influencia sobre a evolución da posición das economías no mercado mundial, pero de carácter parcial.

Como variable relativa optamos neste traballo por un indicador dos custos rela- tivos, e concretamente atendemos ó salario medio rexional, definidos como a re- muneración de asalariados entre o número de asalariados en cada unha das comu- nidades autónomas. O período considerado é o correspondente ós anos 1986-1999, e utilizamos un deflector a partir de anuarios estatísticos de Eurostat para aplicalo ás remuneracións dos traballadores. Sen dúbida, sería recomendable utilizar datos referentes ós salarios nos distintos sectores significativos rexionais, pero de novo aquí xorden importantes problemas de dispoñibilidade de datos para analizar.

A evolución do índice de salarios medios rexionais recollida na gráfica 5 mos- tra, a pesar da complexidade do entrecruzamento de liñas, a tendencia similar na súa evolución con moi lixeiras diferencias (por exemplo, no caso de Baleares pro- dúcese un salto extremo no ano 1989 que probablemente se deba a un erro de tipo estatístico). Apréciase unha tendencia alcista desde o ano 1986 ata o ano 1993, cun período de peor comportamento ata o ano 1995 e cun certo mantemento e continui- dade nos anos posteriores. Cómpre sinalar tamén que a similitude no comporta- mento rexional dos salarios medios semella moito máis idéntica ó comezo do pe- ríodo ca ó final deste, xa que nos catro últimos anos se pode observar unha maior tendencia á variabilidade no salario medio de cada unha das rexións, sendo os máis elevados os do País Vasco, Madrid ou Navarra e os máis baixos relativamente os de rexións como Murcia, Estremadura ou Castela-A Mancha, cambio que tamén se pode apreciar na táboa 5, que mostra as rexións ordenadas en función do seu sala- rio medio relativo nos anos 1986 e 1999, sendo a rexión asturiana, Castela e León, Canarias, Galicia e Estremadura as que ven empeora-lo seu salario medio en ter- mos relativos.

Do mesmo modo que fixemos co stock tecnolóxico no apartado anterior, estu- diámo-la dinámica relacional entre a variable dependente, nivel e variación da cota exportadora rexional nas exportacións mundiais e o comportamento do salario me- dio no período 1986-1999, resultados que se poden observar nas gráficas 6 e 7. Na dita análise non utilizámo-los datos do salario medio absoluto senón que traballa- mos coa variación que o salario medio relativo entre as distintas comunidades au- tónomas españolas experimentou entre os anos 1986 e 1999.

(15)

Gráfica 5.- Evolución do salario medio das rexións españolas

1800 2100 2400 2700

3000 AndalucíaAragón

Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Estremadura Galicia A Rioxa Madrid Murcia Navarra País Vasco C. Valenciana

1986 1989 1992 1995 1998

FONTE: Elaboración propia a partir de datos do INE.

Táboa 5.- Clasificación de comunidades autónomas segundo o salario medio relativo

1986 1999

País Vasco 1 1

Madrid 2 2

Asturias 3 8

Cataluña 4 4

Navarra 5 3

Aragón 6 6

Castela e León 7 9

Baleares 8 7

Canarias 9 11

Cantabria 10 5

Galicia 11 14

A Rioxa 12 10 Com. Valenciana 13 12

Andalucía 14 13

Castela-A Mancha 15 15

Estremadura 16 17

Murcia 17 16

FONTE: Elaboración propia.

O coeficiente R cadrado presenta un valor baixo, indicando que unha parte pe- quena da variación da posición competitiva actual no mercado exterior das rexións españolas vén explicada polo salario medio relativo nas distintas comunidades, en consonancia coa literatura teórica que sinala que os prezos e custos afectarán á competitividade no curto prazo mentres que os cambios na capacidade tecnolóxica repercutirán máis considerando un período temporal longo.

De xeito similar ó feito no apartado do factor tecnolóxico, e para captar en maior medida a dinámica dos fenómenos ecónomicos que estamos estudiando, na gráfica 7 recollémo-la evolución parella entre a variación na competitividade rexional no mercado internacional e o salario medio relativo das rexións españolas.

(16)

Gráfica 6.- Cota rexional nas exportacións mundiais no período 1985-2001 e salario medio rexional relativo no período 1986-1999

80% 85% 90% 95% 100% 105% 110%

Salario medio rexional

Cotarexional

y=0,0032 -0,0022x R2=0,0774 0,008

0,004

0,002

0

CAT

MAD PV CV

AND

GAL

MUR NAV

EST CM RIO CAN CANT AST CeL

ARA

BAL

115% 120%

FONTE: Elaboración propia a partir de datos do INE, do Departamento Aduanas e da OMC.

O valor obtido no R cadrado é algo inferior ó caso anterior, indicando baixa in- fluencia da variable independente sobre a evolución da competitividade. Pero, ademais, pode observarse unha relación positiva entre a evolución dos salarios me- dios relativos e a da cota exportadora rexional, entendendo que se producen mello- ras na cota de mercado á vez que aumentos relativos do salario medio, de acordo co chamado paradoxo de Kaldor para algunhas rexións. Este autor na súa obra de 1978 comproba, cos datos correspondentes a 11 países desenvoltos, que entre os anos 1963 e 1975 só tres países presentaban unha relación negativa entre prezos e custos e o comportamento exportador, tal e como postulaba a teoría tradi- cional.

Por exemplo, obsérvase ese paradoxo na maioría das comunidades autónomas a excepción de Aragón, Castela e León, Estremadura, Galicia e Murcia, onde se pro- ducen caídas no seu salario medio relativo á vez que se produce nelas unha mellora no seu nivel de competitividade no mercado internacional desde a perspectiva das exportacións.

Estas últimas rexións seguen, polo tanto, os postulados da teoría máis tradicio- nal sobre comercio internacional, o que sen dúbida está asociado a unha especiali- zación productiva característica onde existe un elevado peso de sectores tradicio- nais e industrias de baixo contido tecnolóxico, como se observa claramente no caso de Galicia e a importancia na súa economía de sectores como a pesca, a agricultura ou o téxtil.

Esta inconsistencia entre teoría e a análise empírica reflicte a necesidade da pre- sencia doutros posibles factores explicativos no estudio da determinación da com- petitividade rexional.

(17)

Gráfica 7.- Variación da cota rexional nas exportacións mundiais no período 1985-2001 e variación do salario medio rexional relativo 1986-1999

80% 85% 90% 95% 100% 105% 110%

y=0,0022 -0,0017x R2=0,066

115% 120%

-0,2%

0,0%

0,2%

0,4%

CAT

MAD

PV GAL

MUR CV

CeL AND

RIO CANT CM

EST

CAN

AST BAL ARA NAV

FONTE: Elaboración propia a partir de datos do INE, do Departamento Aduanas e da OMC.

8. CONCLUSIÓNS

Os temas de ámbito rexional, e neste caso a competitividade rexional, foron pouco tratados empiricamente no panorama español, en moitos casos porque é complicado ou imposible dispoñer de indicadores tanto de tipo cuantitativo como cualitativo no nivel rexional e homoxéneos para o conxunto das rexións. O presen- te traballo constitúe un intento de sistematización dunha análise metodolóxica co obxecto de achegarnos a coñecer en certa medida a relevancia da tecnoloxía no ni- vel de competitividade das distintas rexións españolas nas exportacións mundiais.

A cota rexional exportadora, e a través dela a competitividade rexional no mer- cado mundial, estase facendo así moito máis dependente da tecnoloxía e, polo tan- to, da evolución técnica que determina a acumulación de coñecemento tecnolóxico que se está a recoller nun período.

É evidente que desde a integración española na Unión Europea, e na Unión Económica e Monetaria, as nosas rexións experimentaron un proceso intenso de apertura e case todas de avance da súa competitividade no mercado internacional en relación cos niveis mantidos anteriormente propios dun país tradicionalmente ó abeiro da competencia externa. Con todo, é certo que debería considerarse a com- petitividade global da nosa economía tendo en conta a perda do mercado interior sufrida como consecuencia do forte incremento das importacións.

Observamos como, en relación cos diversos factores determinantes da competi- tividade, a tecnoloxía se converte nun dos protagonistas do dito proceso, confir- mándose a insuficiencia de considerar como factores determinantes da competitivi- dade internacional as variables asociadas ós custos dos factores, aínda que sen ne-

(18)

ga-la súa influencia parcial na determinación da competitividade das rexións espa- ñolas.

De acordo cos resultados obtidos, podemos sinalar, en coherencia cos postula- dos evolucionistas e da súa concepción tecnolóxica, que a capacidade tecnolóxica é un factor relevante para explica-los patróns rexionais de comercio no mercado mundial durante as últimas décadas. A natureza acumulativa das actividades inno- vadoras xunto coas especificidades de cada unha das rexións explican en boa parte a posición comparativa de liderado ou atraso competitivo.

Pero, ademais, queda patente o lugar que na determinación da competitividade teñen outros factores non considerados no noso traballo, tales como tódolos rela- cionados coa organización productiva e institucional que caracterizan a cada unha das economías rexionais; as conexións e interrelacións entre sectores e actividades económicas, así como o resto de axentes económicos xunto coa infraestructura físi- ca e tecnolóxica. Polo tanto, parece que os factores de competitividade distintos dos prezos, e con relevante intensidade a innovación tecnolóxica, teñen unha capa- cidade explicativa crecente, mentres que elementos máis tradicionais como os pre- zos e os custos perden forza na determinación da evolución das cotas rexionais nas exportacións mundiais.

Por último, cómpre resalta-la idoneidade de posibles futuras análises neste ám- bito realizadas desde a perspectiva sectorial, recollendo así as especificidades de cada sector no comportamento da competitividade das rexións españolas no con- texto internacional. Seguindo a perspectiva evolucionista, a influencia de cada unha das variables no comportamento comercial vai ser diferente en función do sector do que se trate, con mellores resultados desde a perspectiva tecnolóxica nos sectores baseados na ciencia, e mellores resultados desde a perspectiva de custos para os sectores máis intensivos no factor traballo.

BIBLIOGRAFÍA

ALONSO, J.A. (1992), “Ventajas comerciales y competitividad: aspectos conceptuales y empíricos”, Información Comercial Española, núm. 705, pp. 38-76.

ALONSO,J.A.;BARCENILLA, S. (1999): “Retornando a la competitividad: nuevos desarro- llos”, Ekonomiaz, núm. 44, pp. 16-51.

ARCHIBUGI,D.;IAMMARINO, S. (2000): “Innovación y globalización: evidencia e implica- ciones”, en J. Molero (2000): Competencia global y cambio tecnológico. Desafío para la economía española. Madrid: Pirámide.

BAJO, O. (1996): “Teorías del comercio internacional: una panorámica”, Ekonomiaz, núm.

36, pp. 12-27.

BARCENILLA, S. (1999): “Especialización tecnológica y espacial comercial. Evidencia em- pírica para los países de la UE”, Información Comercial Española, núm. 781, pp. 85-109.

BARCENILLA,S.;LÓPEZ PUEYO, C. (1996): “Tecnología y comercio desde el enfoque evo- lucionista: una aplicación regional”, Ekonomiaz, núm. 36, pp. 59-77.

(19)

BARCENILLA, S.; LOZANO, P. (2000): “Capacidad tecnológica y competitividad externa.

Una aplicación de la teoría del gap tecnológico a la Unión Europea”, Información Comer- cial Española, núm. 788, pp. 133-146.

BUESA,M.;MOLERO, J (1998): Economía industrial de España: organización, tecnología e internacionalización. Madrid: Civitas.

CÁMARAS DE COMERCIO,INDUSTRIA Y NAVEGACIÓN DE ESPAÑA (2000): El comercio exte- rior de España; informe ecónomico anual 1999. Madrid: Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España, Servicio de Estudios.

CANTWELL,J.;JANNE, O (2000): “Globalización de la capacidad innovadora: la estrucrtua de la acumulación de competencias enlos países europeos emisores y receptores”, en J.

Molero: Competencia global y cambio tecnológico. Desafío para la economía española.

Madrid: Pirámide.

CASTILLO,J.;ROCA, A. (1998), “El impacto del mercado interior sobre el comercio exterior de las regiones: el caso de España”, Información Comercial Española, núm. 773, pp. 75- -99.

CORONADO,D.;ACOSTA, M. (1999): “Innovación tecnológica y desarrollo regional”, In- formación Comercial Española, núm. 781, pp. 103-116.

DOSI, G. (1988): “Sources, Procedures and Microeconomic Effects of Innovation”, Journal of Economic Literature, vol. 26.

DOSI,G. ET AL. (1988): Technical Change and Economic Theory. Londres: Pinter Publi- shers.

DOSI,G.;PAVITT,K.;SOETE, L. (1990): The Economics of Technical Change and Interna- tional Trade. Londres: Harvester Wheatsheaf.

FONFRÍA, A. (2001): “Tecnología y comercio”, en J. Molero: Innovación tecnológica y competitividad en Europa. Madrid: Síntesis.

INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA (INE): Contabilidad Regional de España (varios anos). Madrid: INE.

MARTÍNEZ, I. (1999): “Competitividad Internacional de la Industria Española”. Informa- ción Comercial Española, núm. 781, pp. 143-156.

MINISTERIO DE HACIENDA,DEPARTAMENTO DE ADUANAS E IMPUESTOS ESPECIALES: Esta- dísticas de comercio exterior (varios años).

MOLERO, J. (2000): La internacionalización del cambio técnico: conceptos y tendencias básicas. (Documento de Trabajo 17/2000). Instituto Complutense de Estudios Internacio- nales.

MOLERO, J. (2000): Competencia global y cambio tecnológico. Desafío para la economía española. Madrid: Pirámide.

MYRO, R. (1992), “Productividad y competitividad de las manufacturas españolas”, Infor- mación Comercial Española, núm. 705, pp. 77-94.

OCDE (1994): Politiques industrialles daus les pays de L'OCDE. Tour d'horizon annual.

París.

ORGANIZACIÓN MUNDIAL DE COMERCIO: Estadísticas (varios anos).

PATEL,P.; VEGA, M. (1999): “Patterns of Internationalisation of Corporate Technology:

Location vs Home Country Advantages”, Research Policy, núm. 28.

RODIL, O. (1999): Crecemento económico e capacidade tecnolóxica rexional no marco da UE-12 (1980-95). (Tese de doutoramento). Universidade de Santiago de Compostela.

(20)

SÁNCHEZ,P.;VICENS, J (1994): “Competitividad exterior y desarrollo tecnológico”, Infor- mación Comercial Española, núm. 726, pp. 99-115.

SERRANO, J.M. (1997): “Sector exterior y desarrollo en la economía española contemporá- nea”, Papeles de Economía Española, núm. 73, pp. 308-335.

SOETE, L. (1987): “The Impact of Technological Innovation on International Trade Pat- terns: The Evidence Reconsidered”, Research Policy, núm. 16, pp. 101-130.

DIRECCIÓN GENERAL DE POLÍTICA COMERCIAL,SUBDIRECCIÓN GENERAL DE ESTUDIOS DEL

SECTOR EXTERIOR (2000): Sector exterior en 1999. Madrid: Secretaría de Estado de Co- mercio y Turismo.

VENCE, X. (1995): Economía de la innovación y del cambio tecnológico. Madrid: Siglo XXI de España Editores.

Referencias

Documento similar

Após a análise, emergiram as seguintes categorias de análise: Estratégias de prevenção da obstrução em CVC-TI e Cuidados estabelecidos na desobstrução do

Os traballos do campo e do xardín ...abonar ..... Os obxectos colocados

Se convoca e integra una ~samblea Nacional Constituyente, la que emitirá la Constitución Política de la República de Guatemala, del a~o 1985. Durante sus sesiones los lideres

Como xa se sinalou, unha eficiente xestión de recursos pesqueiros demanda o uso do coñecemento multidisciplinar e a inclusión do coñecemento empírico dos pescadores e das

A xeometría integral ou a estereoloxía son un claro exemplo, pois para afondarmos nelas necesítase unha boa formación en diver- sos campos: xeometría diferencial, análise

Polo que respecta especificamente aos traballadores maiores, aínda que non se aprobaron obxectivos cuantificables como se fixera na reunión de Lisboa –na nosa

Con todo, as ecuacións de comercio exterior que estimamos para a economía española reflicten unha situación sostible que podería ter sido invertida reducindo o diferencial

Unha das actividades do “Curso de formación para Servizos de Vixiancia Ambiental en materia de pesca fluvial”, dirixido a os membros dos diferentes Servizos de Vixiancia Ambiental