• No se han encontrado resultados

Normas APA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Normas APA"

Copied!
10
0
0

Texto completo

(1)

1 As normas APA (American Psichologycal Association) son as máis utilizadas na área de Ciencias da Educación. Desexamos que a lectura detida deste documento che permita acadar os coñecementos mínimos esixibles para aprender a citar, redactar e organizar as referencias bibliográficas dos teus traballos académicos empregando o estilo da APA.

O primeiro mandado do estilo APA é que os documentos que utilices no traballo sexan citados no texto. Utilízase un método de cita breve (autor, data) que permite ao lector identificar o documento orixinal e localizalo na lista de referencias que se coloca ao final do traballo.

Normas APA

7ª ed.

(2)

2 COMO CITAR DENTRO DO TEXTO

Cita directa ou textual

Reproduce as palabras exactas da fonte de información

Citas curtas (ata 39 palabras do

texto citado): Engádese o fragmento do texto citado entre comiñas e

engádese a cita (autor, ano e páxinas)

Exemplo

“Las competencias no pueden entenderse como algo que se tiene o no se tiene, no representan estados o logros determinados, sino estados en proceso de evolución” (Gimeno Sacristán, 2009, p.29)

Citas longas (40

palabras ou máis): Omitimos as comiñas para transcribilo en parrágrafo aparte. O primeiro párragrafo irá sen sangría, e os seguintes con sangría de 1,4 cm. Logo se engade a cita (autor, ano e páxinas)

Exemplo

O feito de seren realidades heteroxéneas, relativamente recentes e en continua evolución, poderían considerarse factores negativos.

A paixón no ensino é política, precisamente porque é persoal. Se o ensino como traballo está a

desprofesionalizarse progresivamente, como se pode ver nas intencións actuais das políticas educativas de todo o mundo, é precisamente porque – de modo paralelo – estase a despersonalizar. (Nias, 1996, pp.305-306)

Sen embargo, neste traballo apóstase por unha lectura en clave de oportunidades, entendéndoa coma unha resposta á necesidade de visibilizar estas estratexias..

(3)

3 En toda cita directa hai que reproducir textualmente o que di o material citado, incluíndo a ortografía e a puntuación

Cita indirecta

ou paráfrase É un resumo breve ou parafraseado (usando palabras diferentes ás empregadas polo autor). Ao parafrasar aconséllase (non é obrigatorio) especificar a parte da páxina para que o lector poida localizar a información da fonte. Inclúense como parte do propio texto, sen facer distincións de comiñas ou saltos de liña. Pero OLLO! Inda que expliques as ideas doutro autor coas túas propias palabras tes que citalo.

Exemplo

Un estudo do tempo de reacción (Rogers, 1994) indica que se reduce considerablemente ...

Lembra!! Cada cita no texto ten que aparecer referenciada na listaxe de referencias ao final do traballo

(4)

4 Hai dúas formas de realizar unha cita en APA, as citas entre paréntese e as citas narrativas. Faremos unha cita entre paréntese cando queiramos poñer a énfase nunha frase ou teoría específica na que o autor ten un papel secundario. Pola contra faremos unha cita narrativa, cando queiramos citar ou resaltar o pensamento ou a posición específica dalguén sobre algún tema.

Entre paréntese o autor e a data van separados por unha coma e poden aparecer ao final ou dentro do texto:

Falsely balanced news coverage can distort the public´s perception of expert consensus on an issue (Koehler, 2016)

Citas narrativas: o apelido do autor aparece no texto e a data aparece entre paréntese inmediatemente despois do nome do autor:

Koehler (2016) noted the dangers of falsely balanced news coverage.

UN OU DOUS AUTORES Cando un documento ten 1 ou 2 autores, hai que citar ambos nomes cada vez que apareza a referencia no texto. Sepáranse entre eles pola conxunción & ou e (Para publicacións en inglés debe evitarse o emprego da e, empregándose &)

o

DOUS AUTORES en cita entre paréntese: (Apelido autor 1 e Apelido de autor 2, ano de publicación). Exemplo:

(Vidal e Fernández, 2015)

o

DOUS AUTORES en cita narrativa: Apelido autor 1 e Apelido de autor 2 (ano de publicación). Exemplo: Vidal e Fernández (2015)

TRES OU MÁIS

Cando son 3 ou máis autores, cítase o primeiro autor, seguido de et al. EXCEPTO cado os primeiros autores non permiten identificar claramente unha obra, por exemplo, dúas ou máis obras que comezan por un mesmo autor, engadiremos os seguintes autores ata que poidamos diferencialas.

Exemplo

(Wisdom et al., 2007)

Cando temos obras de autores diferentes, pero cos mesmos apelidos, debemos identificar ao autor engadindo a inicial do nome.

Cando o autor dun traballo é unha institución, cítase o nome completo da institución. Só cando a abreviatura sexa moi coñecida ou o nome da institución moi extenso utilizarémola a partir da segunda cita

(5)

5

FONTES SECUNDARIAS

En ocasións temos que citar a un autor que vimos citado nunha das nosas fontes, para facer iso:

- Mencionamos no texto o título da fonte orixinal

- Utilizamos a expresión como se citou en dentro do paréntese, seguido dos apelidos do autor e da data da fonte secundaria.

- Incluímos só a referencia da fonte secundaria Exemplo:

(como se citou en Bruck, 2016)

OLLO O manual da APA advirte de non abusar deste tipo de citas, tentanto conseguir a fonte orixinal e citándoa directamente.

Existen múltiples casuísticas, polo que se precisas máis información podes acudir á páxina das Normas APA que traen moitos máis exemplos de utilidade para os teus traballos.

(6)

6 Deixamos esta táboa resumo para maior comodidade, tomada do Publication manual of the American Psychological Association (7ª ed.):

Author type One author Two authors

Three or more authors

Group author with abbreviation First citation '

Subsequent citations Group author without abbreviation

Parenthetical citation (Luna, 2020)

(Salas & D'Agostino, 2020) (Martin et al., 2020)

(National lnstitute of Mental Health [NIMH], 2020)

(NIMH, 2020)

(Stanford University, 2020)

Narrativa citation Luna (2020)

Salas and D'Agostino (2020) Martin et al. (2020)

National lnstitute of Mental Health (NIMH, 2020)

NIMH (2020)

Stanford University (2020)

ªDefine the abbreviation for a group author only once in the text, choosinge either the parenthetical or the narrative format. Thereafter, use the abbreviation for all mentions of the group in the text (see Section 8.21)

(7)

7 Como se redactan e ordenan as referencias bibliográficas

A listaxe de referencias recolle ordenadamente os documentos que se utilizaron para facer o traballo académico. Hai que diferenciar a listaxe de referencias dunha bibliografía, xa que esta ultima inclúe, como vimos, outras fontes de información que serven para afondar no tema (dicionarios, enciclopedias, apuntes, algún manual…) pero que non se utilizaron para facer o traballo, é dicir, non fixemos ningunha cita destes documentos, nin textual nin indirectamente.

No estilo APA a lista xe de referencias teñen que redactarse a dobre espazo e con sangría colgante ou francesa, é dicir, a primeira liña totalmente á esquerda e as seguintes con sangría.

Deben ordenarse alfabéticamente, tendo en conta o apelido dos autores. Para as obras dun mesmo autor ordenarémolas en primeiro lugar polo apelido, seguindo a orde da data de publicación e, no caso de que esta tamén se repita, polo título da obra (tamén alfabéticamente). Nestes casos engadiremos unha letra á data para identificar a fonte na cita no texto (a,b,c...)

Cada elemento da referencia está separado do anterior e posterior por signos concretos. Segundo sexa un tipo ou outro de referencia poden ser diferentes os signos. Tamén hai determinados elementos que van en cursiva. Ímolo ver con exemplos

NÚMERO DE AUTORES

Se temos ata 20 autores temos que engadir os 20, separándoos por comas, a excepción do último, que irá precedido de & ou e

Se temos 21 ou máis autores anotaranse os 19 primeiros, seguidos de puntos suspensivos e o último autor (neste caso non hai que usar & ou e).

(8)

8 DOCUMENTOS IMPRESOS

TIPO DE DOCUMENTO MODELO EXEMPLOS

Un libro

Sharrock, W. W. & Read, R. J. (2002). Kuhn: Philosopher of scientific revolution. Polity.

Cobo, C. y Moravec, J. W. (2011). Aprendizaje invisible: hacia una nueva ecología de la educación. Universitat de Barcelona. http://

www.aprendizajeinvisible.com/download/AprendizajeInvisible.pdf

Un capítulo de libro ou contribución a congreso publicado

Impreso: Apelido/s do autor/s, Iniciais do nome. (Ano de publicación). Título do libro: Subtítulo (cursiva). Editorial.

Electrónico: Apelido(s) do autor/

s,Iniciais do nome. (Ano de

publicación). Título do libro: subtítulo (cursiva). Editorial. http://URL

Apelidos, Inicial do Autor/s do capítulo (ano de publicación). Título do capítulo.

En Editor(s) do libro. Título do libro (cursiva) (pp. xx-xxx). Editorial.

Apelidos, Incial do Autor/s (ano de publicación). Título da comunicación. En Editor(s), Título do libro de actas

(cursiva) (pp. xx-xxx). Editorial. http://

URL

Martín Riego, M. (2014). La formación del clero sevillano. En M. Ruiz Sánchez (Ed.), La Iglesia en Andalucía durante la Guerra Civil y el primer Franquismo (pp. 231-253). Universidad de Sevilla, Secretariado de Publicaciones.

Un artigo dunha revista impresa

Apelido/s, Iniciais do nome., Autor, B.

(Ano de publicación). Título do artigo:

subtítulo do artigo. Título da revista:

Subtítulo da revista (cursiva), Volume (cursiva) (Número), páxina inicial- páxina final.

Bravo, E., Barco, R. y Bullón, A. (2010). Anatomic study of the abductor pollicis longus: A source for grafting material of the hand. Clinical Orthopaedics and Related Research, 468(5), 1305-1309.

(9)

9 DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS

TIPO DE DOCUMENTO MODELO

Documento atopado nunha páxina web

Apelido/s, A. (Ano). Título do documento (cursiva). Nome do sitio Web. http://URL

Nota: o autor pode ser un grupo (empresa, institución, etc.).

Nota: cando o recurso pede sufrir modificacións recoméndase o uso de Recuperado o data de consulta precedendo á URL.

EXEMPLOS

Biblioteca de la Universidad de Sevilla. (2014). Guías de la BUS: Herramientas y guías para encontrar y gestionar la información. Recuperado o 12 novembro 2014, de http://

guiasbus.us.es/guias

World Healh Organization. (2018, March). Questions and answers on immunization and vaccine safety. https://www.who.int/mongolia/

health-topics/vaccines/faq

Artigo de revista electrónica

Apelido/s, Iniciais do nome., Autor, B.

(Ano de publicación). Título do artigo:

subtítulo do artigo. Título da revista:

Subtítulo da revista (cursiva), Volume (cursiva) (Número), páxina inicial- páxina final.

Lavega Burgués, P., Costes i Rodríguez, A. y Prat Ambrós, Q. (2015).

Educar competencias emocionales en futuros profesores de Educación Física. Revista interuniversitaria de formación del profesorado, 83, 61-73.

http://aufop.com/aufop/uploaded_files/revistas/14442277571.pdf#page=61 Dueñas Cid, D., Pontón Merino, P., Belzunegui Eraso, A. G. y Pastor Gosalbez, M. I. (2016). Expresiones discriminatorias, jóvenes y redes sociales: la influencia del género. Revista Comunicar, 46, 67-76. http://

dx.doi.org/10.3916/C46-2016-07.

(10)

10 As pautas vistas neste documento son, como dixemos, mínimas e básicas. Seguramente manexarás documentos que non se axustan aos modelos expostos, pero ti podes explorar e buscar o modelo axeitado a túa necesidade consultando, por exemplo o blog que a APA mantén para este fin: https://apastyle.apa.org/blog. Nel atoparás todos os tipos de materiais, e unha sección de preguntas frecuentes lanzadas por outros usuarios, das que podes sacar moito proveito.

Tamén podes acceder á edición completa das normas APA (dispoñible na biblioteca), que che guiará na redacción da referencia de calquera tipo de documento.

Vai redactando as referencias a medida que vaias incorporando citas no texto do traballo, resultarache moito máis doado que deixalo para o final.

Baseado en:

American Psychological Association. (2020). Publication manual of the American Psychological Association (7th ed.).

https://doi.org/10.1037/0000165-000

Biblioteca Ciencias de la Educación Universidad de Sevilla. (2020). Evitar el plagio: APA para citas y referencias: actualizado a APA 7. Recuperado o 8 de xullo de 2020, de https://guiasbus.us.es/ld.php?

content_id=20512221

Biblioteca de la Universidad de Sevilla. (2020). Bibliografía y citas: APA 7ª. Recuperado o 8 de xullo de 2020, de https://guiasbus.us.es/bibliografiaycitas/apa7

Lee, C.L., Kamin, H.S.,& McAdoo, T. (2020, July 14). Citing Works in Text Using Seventh Edition APA Style [Webinar]. American Psychological Association. https://apastyle.apa.org/instructional-aids/tutorials-webinars

Referencias

Documento similar

Al citar textualmente, escriba el texto entre comillas o en bloque aparte, dele crédito al autor, e indique la página entre paréntesis al final de la cita.... CITAS DE

el nombre del autor aparece como parte de la exposición; cite únicamente el año de publicación entre paréntesis; después de la cita textual coloque el número de la página

Algunas citas pueden ser de segunda mano, es decir, el autor del trabajo de investigación hace una cita de una obra que a su vez aparece citada en otra obra.. El autor

 Nas publicações periódicas (revistas, jornais e boletins informativos), a data da publicação (Ano, Mês Dia) é referenciada entre parênteses, a seguir ao nome do último autor