XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio
Resolución do 23 de xaneiro de 2018 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2017/56-2, 8528 A T).
Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
- Solicitante: Begasa
- Domicilio Social: Ramón M.ª. Aller Ulloa 9, 27003 Lugo. - Denominación: LMTS. CT e RBTS Valga.
- Situación: concello de Barreiros. - Características técnicas:
1-Liña de media tensión soterrada a 20 kV. baixo tubo, cunha lonxitude de 120 m. con orixe no centro de transformación Valga proxectado, condutor tipo RHZ1 240 e final no apoio P-46 existente da LMT Ribadeo 1.
2-Centro de transformación en edificio prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
3-Liña de baixa tensión soterrada, con orixe no centro de transformación Valga proxectado, condutor tipo RV 240, con 4 circuitos (3 enlazan coas redes de baixa tensión existentes o eutro CGP AV.08-400A) e final en diferentes clientes.
4- Desmontanse 120 m. de condutor existente entre a arqueta n.º 1 e o apoio P-46 (4BF03717), dos cales 10 m. se desprazan enlazando co centro de transformación proxectado.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310 do 27 de decembro) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310 do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 23 de xaneiro de 2018.- Pilar Fernández López, Xefa territorial de Lugo
R. 0343
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS.
Anuncio INFORMACION PUBLICA
Polo órgano competente desta Deputación foron tomados en consideración os proxectos das obras:
.- LUGO.- REHABILITACIÓN DE FIRME P-2902 "LUGO‐PONTE DE OMBREIRO (LU‐234)", PK 3+200 - 7+000; LU-P-2907 "CAMPO DA BARRA (LU‐612)‐COESES", PK 1+000 - 2+600; LU-P-2913 "COESES (LU‐P‐2907)‐TERLAMA", PK 0+000 - 1+100 E LU-P-2920 "ALBARES (LU‐P‐2904)‐NADELA (N‐VI)", PK 0+000 - 1+100 (EX029OB-PERF 17/19-AB)
.- ALFOZ.- REHABILITACIÓN DE FIRME 0204 "CARROCIDE (0202)-ARNELA", 1+300 AL 5+900 Y LU-P-0211 "ADELÁN (LU-160A)-FIGUEIRAS (LU-P-3108)", 0+000 AL 0+400 (EX002OB-PERF 17/19-AB)
.- LÁNCARA.- REHABILITACIÓN DE FIRME LU-P-2704 "VEIGA DE ANZUELOS (N-VI)-TRASLISTE-BANDE (LU-621)", 0+000 AL 0+800 Y LU-P-5706 "MORELLE (LU-636)-SETEVENTOS-MONSEIRO", 5+085 AL 7+660 (EX027OB-PERF 17/19-AB)
.- ANTAS DE ULLA.-REHABILITACIÓN DE FIRME LU-P-0302 "ANTAS DE ULLA (N‐640)‐SANTA MARIÑA‐LIMITE PROVINCIA DE PONTEVEDRA (BORRAXEIROS)", PK 4+800 AL 6+370 Y LU-P-0306 "SANTA MARIÑA (LU‐P‐0302)‐FRADEGAS" , PK 0+509 AL 2+313 (EX003OB-PERF 17/19-AB)
En cumprimento do que se dispón no art. 93 do T.R.R.L aprobado por R.D.L. 781/86, ábrese un período de información pública para os efectos de alegacións, reclamacións ou suxestións por parte de persoas ou entidades lexitimadas, por espazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste edicto.
Palacio Provincial de Lugo a 2 de febreiro de 2018. O PRESIDENTE, Darío Campos Conde. P.D. Decreto nº 0402/2017 de data 24-02-2017 O Deputado Provincial, Pablo Rivera Capón. O SECRETARIO, Cristobal Víctor Fraga Bermejo.
R. 0344
CONCELLOS
BÓVEDA
Anuncio
Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria de Pleno deste Concello, de data trinta e un de xaneiro de 2018, o Orzamento Xeral, Bases de Execución, e o persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico 2018, con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións e alegacións.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non presenten reclamacións.
Bóveda, 31 de xaneiro de 2018.- Alcalde-Presidente, JOSE MANUEL ARIAS LOPEZ
R. 0346
FOZ
Anuncio
O Pleno do Concello de Foz, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de xaneiro de 2018, acordou a
aprobación inicial da ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR DE ALUMNAS/OS DO CONCELLO DE FOZ QUE CURSAN ESTUDOS FORA DO TERMO
MUNICIPAL, e en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do
Réxime Local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días, a contar dende o día seguinte o da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que poida ser examinado e se presenten as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido dito prazo non se tiveran presentado alegacións, considerarase aprobado definitivamente dito acordo.-
En Foz a, 30 de xaneiro de 2018.- O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA
R. 0347
Anuncio
O Pleno do Concello de Foz, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de xaneiro de 2018, acordou a
aprobación inicial da ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO FOMENTO DA NATALIDADE, e en
cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días, a contar dende o día seguinte o da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que poida ser examinado e se presenten as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido dito prazo non se tiveran presentado alegacións, considerarase aprobado definitivamente dito acordo.-
En Foz a, 30 de xaneiro de 2018.- O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA
R. 0348
GUITIRIZ
Anuncio
CONVOCATORIA PARA A ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ SUBSTITUTO DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)
A presente convocatoria ten por finalidade a elección de Xuíz de Paz substituto do Concello de Guitiriz, polo Pleno do Concello, entre as persoas que reunindo os requisitos legais o soliciten.
Prazo: Fíxase un prazo de presentación de solicitudes de 15 días hábiles a contar dende o seguinte da
publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Condicións legais: Poderá ser nomeado Xuíz de Paz substituto quen, aínda non sendo licenciado en dereito,
reúna os requisitos establecidos na Lei Orgánica do Poder Xudicial para o ingreso na carreira xudicial, e non se atopen incursos en ningunha das causas de incapacidade ou de incompatibilidades previstas para o desempeño das funcións xudiciais, a excepción do exercizo de actividades profesionais ou mercantís.
Os candidatos deberán reunir os seguintes requisitos: - Ser español
- Ser maior de idade
- Non estar incapacitado, segundo o establecido no artigo 33 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
- Non incorrer nas incompatibilidades e prohibicións establecidas nos artigos 389 e seguintes da dita LOPX, no que sexa de aplicación aos Xuíces de Paz.
Duración: O Xuíz de Paz substituto será nomeado por un período de catro anos.
Documentación: Os candidatos que desexen participar deberán presentar unha solicitude no rexistro
municipal, subscrita polo interesado, no que se axuntará os documentos seguintes: - Certificado de nacemento ou fotocopia cotexada do DNI.
- Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980, sobre expedición de certificacións e informes sobre conduta cidadá.
- Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
- Declaración xurada de non incorrer nas incompatibilidades e prohibicións establecidas nos artigos 389 e seguintes da LOPX no que sexa de aplicación aos xuíces de paz.
Guitiriz, 31 de xaneiro de 2018.- A Alcaldesa, Regina Polín Rodríguez
VIVEIRO
Anuncio
Son obxeto do presente anuncio a convocatoria e bases específicas reguladoras aprobadas pola alcaldía deste concello, polas que se inicia o proceso de selección de persoal con carácter temporal, dun TÉCNICO EN INFORMÁTICA, DUN ELECTRICISTA, DOUS PINTORES E TRES PEÓNS para prestar servizos no concello de viveiro a través do programa depuemprego “plan único 2017”.
CONVOCATORIA:
Vistas as bases xerais e específicas para a selección dun TÉCNICO EN INFORMÁTICA, DUN ELECTRICISTA, DE DOUS PINTORES E DE TRES PEÓNS con carácter temporal, para prestar servizos no Concello de Viveiro a través do Programa Depuemprego “PLAN ÚNICO 2017”, con número de expedente 5493/2017.
Son obxecto da presente convocatoria a selección de persoal laboral temporal mediante a modalidade de contrato laboral de obra ou servizo determinado, encádrado no Plan Depuemprego financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo mediante o “PLAN ÚNICO 2017”, para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do Programa Depuemprego “PLAN ÚNICO”, para a contratación de traballadores non incluidos no cadro de persoal do Concello.
Visto o art. 11 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) polo que se establece que “[…] é persoal laboral o que en virtude de contrato de traballo formalizado por escrito, en calquera das modalidades de contratación de persoal previstas na lexislación laboral, presta servizos retribuídos polas Administración Públicas. En función da duración do contrato este poderá ser fixo, por tempo indefinido ou temporal[...]”
Visto o artigo 55.1 do TREBEP que sinala que “[…] todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente Estatuto e no resto do ordenamento xurídico [...]”
Visto o artigo 55.2 do TREBEP que preceptúa que “[…] as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación:
a) Publicade das convocatorias e das súas bases. b) Transparencia.
c) Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección. d) Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
e) Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver. f) Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección[...]”
Visto o artigo 61.1 do TREBEP que dispón que “[…] os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste Estatuto [...]”
Visto o artigo 57 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, referentes aos sistemas aplicables á selección de persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo.
Visto o artigo 35.1 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado, establece que “[…] poderán proceder á contratación de persoal laboral non permanente para a realización de traballos que non poidan ser atendidos por persoal laboral fixo, […].
Os ditos contratos celebraranse conforme aos principios de mérito e capacidade, e axustándose ás normas de xeral aplicación na contratación deste tipo de persoal laboral e de acordo cos criterios de selección que se determinen […]”.
Tendo en conta que a contratación de persoal ao abeiro do Programa Depuemprego “PLAN ÚNICO” realízase para cubrir servizos prioritarios do Concello co obxectivo de acadar un funcionamento eficaz dos servizos prioritarios en cuestión, e con fundamento en criterios de economía e eficacia, constátase a necesidade de convocar os postos que a continuación se relacionan, para cubrir mediante a modalidade de contrato temporal de obra ou servizo determinado os seguintes postos:
Nº
EMPREGOS DENOMINACIÓN XORNADA RELACIÓN LAB.
1 TÉCNICO EN INFORMÁTICA 100% Contrato temporal (modalidade contrato temporal de obra ou servizo determinado)
1 ELECTRICISTA 100% Contrato temporal (modalidade contrato
temporal de obra ou servizo determinado)
2 PINTORES 100% Contrato temporal (modalidade contrato
temporal de obra ou servizo determinado)
3 PEÓNS 100% Contrato temporal (modalidade contrato
temporal de obra ou servizo determinado)
Tendo en conta a Retención de Crédito para a contratación de data 16 de outubro de 2017 emitido polo Departamento de Intervención do Concello de Viveiro.
Con fundamento no exposto con anterioridade e en uso das atribucións que me confire o artigo 21.1.g da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local,
RESOLVO:
1º.- Convocar o proceso de selección de persoal con carácter temporal, dun TÉCNICO EN INFORMÁTICA, DUN
ELECTRICISTA, DOUS PINTORES E TRES PEÓNS mediante o sistema de concurso.
2º.- Aprobar as bases específicas que rexerán o proceso selectivo, mediante o sistema libre de concurso de
valoración de méritos para o ingreso, con carácter temporal, dos postos de traballo denominados: UN TÉCNICO EN INFORMÁTICA, UN ELECTRICISTA, DOUS PINTORES E TRES PEÓNS (réxime xurídico: laboral, mediante a modalidade de contratotemporal de obra ou servizo determinado).
3º.- Ordenar a publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As bases
específicas publicaranse na páxina web do Concello (www.viveiro.es) e no taboleiro de edictos municipal.
4º.- Dar traslado do presente acordo ao Departamento de Persoal para o seu coñecemento e efectos.
Viveiro, a 1 de febreiro de 2018.- A ALCALDESA, María Loureiro García.
R. 0364
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
XULGADO DO SOCIAL N.º 3 LUGO
Anuncio
Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER:
Que no procedemento PROCEDEMENTO ORDINARIO 393/17 deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de
D Omar Belaouja contra a empresa Automedkar SLU, sobre DESPIDO, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte
dispositiva se adxunta: “Recibindo o atestado da Policía Nacional acordado por SSª como dilixencia final,
acordo, conforme ao disposto no art 88.1 LPL:Dar traslado ás partes e indicarlles que no prazo de TRES días
poden alegar por escrito o que ao seu dereito conveña.-Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LJS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes
mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax,
dirección electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.-MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de TRES DÍAS hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.-A LETRADO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.-María de los Ángeles López
Carballo.-Rubricado”.
E para que sirva de notificación en legal forma a AUTOMEDKAR SLU, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En LUGO, a vinte e nove de xaneiro de dous mil dezaoito.- A LETRADO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 0365
Anuncio
DOÑA MARÍA DE LOS ÁNGELES LÓPEZ CARBALLO, Letrado de la Administración de Justicia del Juzgado de lo Social nº 3 de LUGO, HAGO SABER:
Que en el procedimiento EJECUCIÓN DE TÍTULOS JUDICIALES 166/2017 de este Juzgado de lo Social, seguido a instancia de DON PABLO PUENTE PÉREZ contra “HIERROS LOSADA, S.L.”, sobre DESPIDO, se ha dictado AUTO de fecha 30-01-2018, cuya parte dispositiva es del tenor literal siguiente:
“Declárase extinguida a relación laboral que unía a DON PABLO PUENTE PÉREZ, coa empresa “HIERROS LOSADA, S.L.”, condenando a ésta a que abone a aquél as cantidades seguintes:
NOME TRABALLADOR: DON PABLO PUENTE PÉREZ INDEMNIZACIÓN: 37.124,64 EUROS
SALARIOS: 20.323,20 EUROS
MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a presentar dentro dos TRES DÍAS hábiles
seguintes ao da súa notificación, previa consignación de 25 EUROS na contad este xulgado 2324/0000/30/0166/17, coas excepcións previstas na Disposición Adicional decimoquinta da Lei Orgánica 1/2009 de 3 de novembro. A súa interposición non suspenderá a execución do que se acorda. (Art. 186.3 daLRXS).
Así o acorda e asina a S.L. Ilma. Dona Dalila Dopazo Blanco, Maxistrada do Xulgado do Social nº 3 de Lugo e a súa provincia; dou fe.”
Y para que sirva de NOTIFICACIÓN EN LEGAL FORMA a la EMPRESA “HIERROS LOSADA, S.L..”, en ignorado paradero, expido el presente para su inserción en el Boletín Oficial de LUGO.
Se advierte al destinatario que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o de la cédula en el tablón de anuncios de la Oficina judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia, o cuando se trate de emplazamiento.
LUGO, a trinta de xaneiro de dous mil dezaoito.- LA LETRADO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
R. 0366
Anuncio
Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER:
Que no procedemento 555/17 deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de MANUEL MARÍA
DOMÍNGUEZ REY contra a empresa LUTYSMA S.L., sobre DESPIDO, ditouse sentenza en data 18 de xaneiro de
2018, cuxa parte dispositiva se adxunta:” DECISIÓN.- 1.Acollo a demanda formulada por Manuel María
Domínguez Rey contra LUTYSMA, SL de tal xeito que:Declaro improcedente o despedimento con efectos dende o 31 de maio de 2017.-Condeno a LUTYSMA, SL a que no prazo de cinco días a contar desde a notificación desta resolución opten, comunicándollo a este Xulgado, entre readmitir a Manuel María Domínguez Rey no seu posto de traballo ou indemnizarlle pola extinción da relación laboral coa cantidade de 19106,89 euros.-Para o caso de optar pola readmisión, LUTYSMA, SL deberá aboar a Manuel María Domínguez Rey, como salarios de tramitación, a cantidade de 44,33 euros por cada un dos días existentes entre 31 de maio de 2017 e a data de notificación desta resolución.-2. As custas do procedemento (que incluirán os honorarios do/a letrado/a/graduado/a social da parte actora ata o límite máximo de 600 euros) serán aboadas por LUTYSMA, SL.-Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que a mesma
non é firme, e que contra a mesma cabe interpor un recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.-O devandito recurso deberá anunciarse ante este mesmo Xulgado mediante unha comparecencia ou un escrito no prazo dos cinco días hábiles seguintes ó da notificación da sentenza, realizando o depósito legal mediante o ingreso da cantidade na conta da entidade “Banesto” núm. 2324000065, indicando o número de procedemento.-De non se anunciar recurso, debe procederse ó arquivo das actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-Rubricado.-Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada-xuíza foi entregada, lida e publicada esta data e na miña presenza. Dou fe, como
letrado/a da Administración de Xustiza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo. –María de los Ángeles López Carballo.-Rubricado”.
E para que sirva de notificación en legal forma a LUTYSMA S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En LUGO, a trinta e un de xaneiro de dous mil dezaoito.- A LETRADO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 0367
Asinado por: null
Data: 12.02.2018 08:00:00 CET Razón:
Localización: España