PDF superior A gramática de Lugrís na tradición lingüística galega

A gramática de Lugrís na tradición lingüística galega

A gramática de Lugrís na tradición lingüística galega

As primeiras gramáticas (exceptuando talvez a de Mirás) responden precisamente a esta necesidade de mostrar que o galego é tan merecente de estudo e de atención coma as demais linguas e que, xa que logo, pode ser descrito cos mesmos instrumentos ca elas. Seguramente é a Gramática gallega de Saco a que máis fielmente recolle todo o reperto- rio argumental esgrimido polo galeguismo contemporáneo. O seu afervoado prólogo constitúe un magnífico exercicio de ‘defensa e ilustración’ do idioma en que se combi- nan a defensa radical da súa dignidade estética, a reivindicación da súa liñaxe nobre, mesmo aristocrática, e consecuentemente o rexeitamento da súa consideración de dia- lecto ou variante deturpada do español, a exaltación de certas virtudes (eufonía, musi- calidade, dozura, etc.) atribuídas topicamente ao idioma, a apelación aos galegos para que cumpran co deber patriótico e filial de preservaren e transmitiren a súa lingua como un herdo recibido dos devanceiros, etc.
Mostrar más

12 Lee mas

TítuloXosé Ramón Freixeiro Mato, Gramática da lingua galega, IV  Gramática do texto

TítuloXosé Ramón Freixeiro Mato, Gramática da lingua galega, IV Gramática do texto

texto”, pp. 63-76), onde se tamén aborda a situación particular da Galiza como con- secuencia da diglosia existente. “A organización da información” (pp. 77-102) é o tema seguinte, que se centra no estudo dos recursos lingüísticos que unha persoa utiliza para tonsorar o seu particular punto de vista na organización do texto. Doutra parte, o tema sete estuda a cohesión (pp. 103-135), o oitavo analiza nos marcadores discursivos (pp. 137-174) e o derradeiro destínase á análise da coherencia (pp. 175-185). A obra finda coas referencias bibliográficas (pp. 187- 194) e cuns útiles índices (pp. 195-208), un de materias e outro de autores. Desta proposta de estruturación temática interesa resaltarmos algúns aspectos, como poden ser, a modo de exemplo, a decisión de tratar por separado a coherencia e a cohesión. Non resulta fácil determinar os limites precisos de ambos os conceptos, e boa proba diso é que, como indica Freixeiro Mato, “hai autores que integran a coherencia na cohesión e outros que inclúen a cohesión na coherencia” (p. 179), sen faltaren investigadores que as tratan por separado, como Beaugrande / Dressler (1997). Mais, en harmonía con estes estudiosos ou con Koch / Travaglia (2002), o autor decide atinadamente distinguilas, xa que, como se indica neste traballo, a cohesión é “explicitamente revelada através das marcas lingüísticas”, que son “índices formais na estrutura da seqüência lingüística e superficial do texto”. Congruentemente, pois, con esta decisión, desenvólvese os tipos de coherencia e cohesión, salientándomos nesta última, entre outros, os recursos gramaticais e lexicais; esta perspectiva incide nas responsabilidades textuais dos pronomes como elementos que serven para recobraren información xa indicada (deíxe textual ou anáfora), e permite entendérmolos como unidades fundamentalmente operativas no texto, superando así visións tradicionais, hoxe felizmente cada vez menos recorrentes, que os identificaban como as “palabras que substitúen os nomes” (Os alumnos x coñeceron uns turistas moi agradábeis z . Estes zí pretendían convidalos xí a
Mostrar más

6 Lee mas

TítuloTrazos xerais da tradición gramatical galega

TítuloTrazos xerais da tradición gramatical galega

O desfase cronolóxico entre os finais do XV ou os comezos do XVI co ano en que se publica o Compendio é de cando menos tres séculos e durante estas centurias o resto das linguas do noso contorno non foi só acrecentando o número de obras de gramática, senón que tamén manuais e traballos posteriores foron facendo posíbel que se coñecesen mellor os idiomas obxecto de análise lingüística. O portugués, por exemplo, conta cunha vigorosa tradición gramatical desde a publicación en 1536 da Grammatica da lingoagem portuguesa de Fernão de Oliveira até aos últi- mos contributos de que temos notica, como por exemplo a Gramática da Língua Portuguesa publicada recentemente pola editora lisboeta Caminho (GRA 2003). Desde unha perspectiva galega é absolutamente sorprendente a cantidade de títulos que recolle Cardoso (1994) desde ese ano de 1536 até 1920. E eses traballos, que describían normalmente o portugués padrón lisboeta, en ocasións poden servirnos de axuda para sabermos algúns datos sobre determinados aspectos en relación ao estado do galego da época, sobre todo cando fan referencia a falares que non corresponden a esa variedade meridional e que son entendidos polos respectivos autores como “rústicos”. Así, moitos dos fenómenos que reproban os gramáticos portugueses, como Barboza (1830), que son casuísticas típicas da oralidade lusita- na, son tamén comúns ao noso idioma, como a epéntese, a metátese consonántica, a harmonización vocálica, a labialización etc., e, ao mesmo tempo, tamén se detec- tan na literatura contemporánea, sobre todo a do século XIX 5 e a dos primeiros anos
Mostrar más

29 Lee mas

TítuloO latinismo na lírica profana galego portuguesa

TítuloO latinismo na lírica profana galego portuguesa

A presente comunicación está integrada nunha serie de traballos que pretenden confluír na realización dunha tese de doutoramento que ten como obxecto de estudo o latinismo nos textos medievais. Unha das razóns desta investigación é a inexistencia, na lingüística galega actual, de traballos monográficos que se ocupen do latinismo: temos pequenas aproximacións aos neoloxismos e aos «cultismos», que se orien- tan máis cara a un tipo de gramática normativa, co obxectivo final de engadir unha listaxe de ítems lexicais ao vocabulario estándar. Non obstante, os avances que se veñen producindo na actualidade nos estudos lingüísticos permítennos dispor de interesantes recursos (cartáceos e dixitais) para o estudo da lingua medieval. O noso traballo pretende analizar o latinismo desde todos os planos: fonético, morfosintáctico e léxico, evitando que a visión deste tipo de empréstitos se limite ao campo da lexicoloxía. Nesta comunicación limitaremos o campo de estudo aos latinismos presentes no corpus da lírica profa- na (ss. XIII e XIV), onde atopamos algúns elementos específicos en que centraremos o noso interese. O aspecto fundamental que caracteriza a lírica profana fronte a outros xéneros é a presenza de formas que os especialistas definiron como «arcaísmos». Estes «arcaísmos» son verdadeiros estilemas da linguaxe trobadoresca que chegan a aparecer a carón do seu equivalente semántico a través da ditoloxía sinonímica: eixidas/saídas, sanha/ira, etc.
Mostrar más

12 Lee mas

TítuloA lingüística de Internet: máis un desafío para a gramática galega e a súa didáctica

TítuloA lingüística de Internet: máis un desafío para a gramática galega e a súa didáctica

Para alén do reto ontolóxico que para a Lingüística Galega formula a aparición de novas realidades lingüísticas, que como xa apuntamos exixen de reflexión desde un prisma filolóxico-gramatical, convén termos presente as posibilidades que a presenza da lingua galega neste contexto ofrece tamén para a modernización doutras áreas lingüísticas, que embora conten xa con certa tradición encontran no medio electrónico un novo espazo desde o que actualizar as súas investigacións. Así por exemplo, a análise da conversa ten nas interaccións electrónicas máis un foco sobre o que centrar o seu interese, pois as unidades conversacionais, a xestión dos turnos de fala ou a mudanza de tópico actúan de forma particular a respecto das conversas tradicionais (Regueira 2012: 40). Neste sentido, os solapamentos e as interrupcións da conversa presencial non costuman producirse na virtual, pois a aplicación regula de forma lineal a entrada do texto, mais si poden existir interferencias provocadas pola falta de sincronización nos turnos de fala, ben por razóns de índole tecnolóxica, ben por unha demora na resposta por parte do interlocutor ou ben por unha mudanza de tópico realizada polo emisor, que sen o apoio visual que proporciona a escrita sería impensábel noutros contextos (Vela Delfa 2005: 72).
Mostrar más

24 Lee mas

TítuloA gramática galega no século XX  A contributo de Carvalho Calero

TítuloA gramática galega no século XX A contributo de Carvalho Calero

O seu arquetipo é a linguaxe das persoas refi nadas, isto é, urbanas e cultivadas, non o pobo galegofalante. Traslada así o prexuízo de que son as elites as que deben marcar o camiño da lingua correcta –como ocorreu adoito noutras sociedades–, sen lles dar a voz aos falantes como se comeza a propugnar na lingüística da época; pero, sobre todo, desconsiderando que na situación sociolingüística de Galicia debería resultar evidente que non poden servir de fonte os que non o teñen como lingua habitual. E, ademais, a descrición segue facéndose en español e supeditada á gramática do es- pañol: non se redacta unha gramática galega íntegra e independente, só se describen e ilustran as diferenzas. De inicio, a redacción en español é consecuencia do contex- to político en que viu a luz, en pleno franquismo; aínda que esta explicación só vale para as primeiras edicións, é comprensible que logo non se procedese a unha altera- ción tan profunda (á que polo demais xa non se mostra disposto: nin sequera quere introducir cambios en profundidade por causa do avance do coñecemento). É máis difícil xustifi car que non rompa coa tradición de subordinar a descrición do galego ao coñecemento gramatical do español, coma se non fose unha lingua independente:
Mostrar más

21 Lee mas

TítuloAs TIC e a normalización lingüística na sociedade galega actual: unha aproximación á súa realidade educativa

TítuloAs TIC e a normalización lingüística na sociedade galega actual: unha aproximación á súa realidade educativa

Harvard: Facebook. Ao ano seguinte Facebook amplía a súa cobertura a máis universidades, e desde 2006 é unha rede social en que calquera persoa se pode rexistrar (Boyd & Ellison, 2007: 212). Desde 2003 a rede social máis empregada en Internet era MySpace, e Facebook non ameazaba con facerlle sombra nos seus primeiros anos de vida. Con todo, en 2007 Facebook incorpora unha importante innovación con respecto ás restantes redes sociais do momento: lanza a súa plataforma de aplicacións, que permite que calquera persoa con coñecementos de programación poida crear calquera tipo de aplicación para a rede social. A partir deste momento xorden aplicacións con todo tipo de finalidades, a maioría delas sen moita utilidade práctica (desde a posibilidade de facerlles cóxegas ás túas amizades até poder compartir unha cervexa virtual), mais esta innovación fai que a popularidade de Facebook suba dun xeito moi importante: dos 15 millóns de perfís de maio do 2007 até os 60 millóns de decembro dese mesmo ano (Dans, 2010). O 4 de outubro de 2012 Mark Zuckerberg anunciaba que Facebook acadara a cifra de 1000 millóns de persoas usuarias activas, unha sétima parte da poboación mundial nese momento (Zuckerberg, 2012). Outras redes sociais que cómpre nomear son Google+, lanzada por Google en xullo do 2011 (Kaste, 2011), ou Tuenti, rede de ámbito español que foi a máis empregada no Estado español entre o 2006, data da súa creación, e o 2008, data en que foi superada por Facebook (Sixto, 2010: 153). Por outra banda, cómpre chamar a atención sobre a rede social creada por Evan Williams en 2006: Twitter. Trátase dunha rede de mensaxes de só 140 caracteres (microblogging) concibida para que as persoas poidan publicar dun xeito rápido e doado o que están facendo en cada momento (Dans, 2010). Na actualidade está a acadar unha gran relevancia, non só polo crecemento do seu número de usuarios/as, senón (e sobre todo) porque se converteu nunha ferramenta de grande importancia para a difusión de todo tipo de información dun xeito rápido, e está a ser especialmente relevante na coordinación de movementos cidadáns en todo o mundo, desde as revolucións nos países árabes que comezaron no ano 2010 até movementos como o 15M (Ferreras, 2011).
Mostrar más

762 Lee mas

Allanando el camino de la adquisición: de la lingüística a la gramática

Allanando el camino de la adquisición: de la lingüística a la gramática

Incluir el tema del aspecto léxico en el aula resultaría beneficioso para los aprendices por diversas razones. En primer lugar, contribuiría a que estos desarrollen un mayor nivel de abstracción lingüística y logren percibir algunas de las características fundamentales de las lenguas: que estas tienen mucho en común; que comunicarse en una L2 requiere más que una simple concatenación de morfemas; y que la combinación de elementos en la oración es elemental para su interpretación y gramaticalidad. Las similitudes en la manifestación del aspecto léxico en japonés y en español permitirían al aprendiz nativo japonés comprender más fácilmente este concepto y predecir con mayor exactitud la gramaticalidad o interpretación de una oración. Finalmente, entender el concepto de temporalidad le otorgaría al estudiante una base para comprender otros fenómenos aspectuales del español, como el presente progresivo, el uso de ser y estar y las formas del pasado, tema que discutiremos a continuación.
Mostrar más

20 Lee mas

Lingüística y gramática del texto: su articulación interdisciplinar

Lingüística y gramática del texto: su articulación interdisciplinar

Los llamados marcadores textuales son piezas lingüísticas, por lo común invaria- bles y marginales a la oraci6n, que pueden desempeñar diversas funciones en dife- rentes planos del[r]

16 Lee mas

Hacia un sentido en el estudio de la gramática

Hacia un sentido en el estudio de la gramática

idioma es enriquecedora elel caudal de una tradición; y de esta tradición, de esta cul- tura, se desprende el modelo ejemplar para la Gramática normativa.. La con[r]

9 Lee mas

A Muller na Cultura Galega (I)

A Muller na Cultura Galega (I)

Na análise da duración media do tempo empregado na realización das distintas actividades culturais, obsérvase como por primeira vez en Galicia, as relacionadas co divertimento e a cultura superan as de ver televisión, DVD e vídeos, sen diferenza entre sexos, ao contrario que no resto do Estado no que se mantén esta última como primeira opción tanto en homes como en mulleres. Volvendo á comunidade galega e en comparativa temporal, constátase que en 2010 aumenta en media hora o tempo que lle dedican as mulleres á diversión e á cultura respecto ao ano 2003, pero seguen a estar por debaixo do tempo utilizado polos homes para esta mesma actividade. Débese subliñar que esta sería a única actividade na que as galegas destinan máis tempo ca a media de mulleres españolas, concretamente 17 minutos máis. Nas demais actividades as mulleres da comunidade galega están sempre por debaixo da media estatal.
Mostrar más

29 Lee mas

TítuloIrlanda na cultura galega (1600 1916)

TítuloIrlanda na cultura galega (1600 1916)

6 Por ser a Cruña a principal base naval e militar do Imperio español, no norte do Atlántico, foi tamén o principal ponto de concentración de axentes, revolucionarios i eisiliados irlandeses dende que, en 1579, orgaizara James Fitznaurice a pirmeira espedición pra ceibar Irlanda de Inglaterra. Era contínua a comunicación dos irlandeses residentes na Cruña cos seus compatriotas alzados en Irlanda contra o goberno inglés, pois, como di un diles, Dermond Mac Carthy, nunha carta enviada dende a Cruña ó seu parente Florencio Mac Arthy, xefe das forzas patriotas irlandesas alzadas no sul da illa ‗un barco podía facer en tres días a travesía da Cruña a Irlanda‘ (González López 1966: 150).
Mostrar más

56 Lee mas

Descrición e prescrición na Gramática de Saco

Descrición e prescrición na Gramática de Saco

A este respecto cómpre recoñecer que Saco aplica este principio con nota- ble coherencia na súa descrición. Así, nela limítase a dar conta da existencia de variantes, tanto de carácter fonético como morfolóxico ou léxico, teñan ou non distribución xeográfica, sen mostrar, en liñas xerais, preferencia por ningunha delas: antroido / entroido, chao / chau, égoa / égua, hoxe / huxe, calzós / calzóns, bondá / bondade, il / el, iste / este, falades / falás, falache / falaches, falastes / falástedes / falá- chedes, falaron / falano, falade / falai, nadia / ninguén etc. É ben certo que nalgúns casos resulta factible intuír ou deducir as preferencias do autor a partir das varian- tes utilizadas na exemplificación. Sexa como for, por regra xeral non se rexistran na gramática xuízos ou valoracións sobre variantes concorrentes, fóra dalgúns poucos casos, coma as advertencias sobre o abuso da representación escrita do -e paragóxico (1868: 20-21), a consideración dos plurais en -ns como pouco eufóni- cos (1868: 32 n.) ou a preferencia manifestada por algunhas formas (bateche, pidiu ou faláchedes fronte a batiche, pedeu e falástedes) por razóns de coherencia interna:
Mostrar más

11 Lee mas

TítuloRepertórios e canonização da poesia galega publicada na revista Agália (1985 2009)

TítuloRepertórios e canonização da poesia galega publicada na revista Agália (1985 2009)

Para atingirmos o objeto de estudo contamos com dois corpus, um bibliográfico e outro poético. O primeiro está formado por manuais e monografias que estudam o conjunto da poesia galega desde as últimas décadas do século XX até inícios do século XXI. Entre os manuais, contamos com os capítulos dedicados à poesia galega dos anos 80 e 90 publicados em Galicia. Literatura de Hércules de Ediciones, da autoria de María Xesús Nogueira (2001) e Iris Cochón (2001), respetivamente; e também A Poesía entre dous séculos, estudo de Yolanda Castaño publicado em formato digital pela Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Doutra parte, as monografias usadas são os artigos de Isaac Lourido (2008), de Helena González Fernández (1998), de Yolanda Castaño (2002) e, finalmente, as sete panorâmicas publicadas no Anuario de estudos literarios galegos entre 2000 e 2007, da autoria de Helena González (salvo as editadas em 2001 e 2007, produzidas por María do Cebreiro Rábade e María Xesús Nogueira, respetivamente).
Mostrar más

67 Lee mas

As poutas da censura franquista sobre a literatura galega. O caso da “nova narrativa”

As poutas da censura franquista sobre a literatura galega. O caso da “nova narrativa”

A censura condiciounou, de xeito directo e indirecto, a produción literaria da época franquista e, concretamente, as obras englobadas na etiqueta nova narrativa galega. A súa pegada pode manifestarse de xeito evidente e visible, ou ben aparecer encriptada. No caso da chamada nova narrativa galega, a meirande parte das obras lograron superar (malia as dificultades) as trabas do control censorial. A xuventude dos autores da nova narrativa, así como a ausencia de alusións políticas explícitas e mesmo a falta de concreción espacial (en ocasións espazo- temporal) foron factores que favoreceron este balance positivo. Con todo, non faltaron obras que sufrisen recortes, prohibicións a posteriori e, de xeito constante, os seus condicionamentos. As obras máis visiblemente afectadas foron A orella no buraco, Vento ferido, Cambio en tres e Arrabaldo do norte, como vimos de ver.
Mostrar más

9 Lee mas

A lingua galega na vida, na obra e no pensamento de Manuel María

A lingua galega na vida, na obra e no pensamento de Manuel María

Polo demais, pódese afirmar que o poeta utiliza o galego literario propio da época con algúns trazos, sobre todo léxicos, da fala da súa vila natal e con vontade de depuración dos castelanismos, que nin sempre consegue (véxase ao respecto Dobarro 1989: 35-36; Regueira 2014: 97-100; Freixeiro 2007a: 39-46 e 2009a: 170-177). Mais, por riba da constatación empírica de o seu modelo lingüístico ser substancialmente o galego común e literario da altura con algúns trazos da fala local, ficou asentada firmemente a idea de o autor reproducir na súa obra unha indefinida fala dialectal chairega de dubidosa existencia real. De todos os modos, ben se pode soster, con Basilio Losada (2009: 367), que “Manuel María recolleu a lingua labrega da Terra Cha, cos imprescindíbeis préstamos do galego culto”, cando menos de maneira intencional e simbólica, e que a “opción idio- mática é expresión cabal dunha consciencia ética do noso poeta”. Neste sentido, Francisco Rodríguez (2009: 26) resalta que Manuel María é un dos poetas que empregou con máis naturalidade o galego oral na súa obra porque esta foi a súa lingua materna e tamén a lingua “practicada socialmente”, alén de ser un poeta que “inseriu con consciencia plena a súa obra na rica tradición literaria” do país.
Mostrar más

19 Lee mas

Díaz Castro: a paisaxe na poesía galega

Díaz Castro: a paisaxe na poesía galega

Na poesía galaico-portuguesa medieval atopamos unha paisaxe bucólica na que a flora se concretiza en prados, abeleiras, piñeiros, etc. A respecto da fauna apare- cen aves e, nun único poeta (Pero Meogo), o cervo. Nesta paisaxe −o locus amoe- nus− a amiga expón todos os trazos e tipos psicolóxicos da namorada (a inxenua, a esquiva, a narcisista...). Un motivo común a todas as cantigas que coñecemos dos tres xograres mariñeiros é achegarse ao mar para comunicar con el. Martín Códax canta, por boca da doncela namorada, o adro dunha igrexa onde baila, no sagrado, corpo velido. E igualmente D. Denis, por boca da muller namorada, interroga as flores do verde pino, que lle contestan. Máis adiante comentarei esta función da natureza como interlocutora do emisor lírico.
Mostrar más

14 Lee mas

A Muller na Cultura Galega (II)

A Muller na Cultura Galega (II)

Premios AGAPI/ Mestre Mateo. Premios convocados anualmente pola Academia Galega do Audiovisual, que foi creada no ano 2002. Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, foi a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) quen se decidiu a organizar uns premios anuais, baixo o nome da propia asociación. Os Premios AGAPI celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro e foron organizados conxuntamente por AGAPI e pola nova asociación de produtoras que acababa de constituír, AEGA.

24 Lee mas

TítuloO idioma na sanidade galega

TítuloO idioma na sanidade galega

Terceira. Así mesmo, estas instrucións se aplicarán as publicacións, documentación infor- mativa, cartelería, folletos ou boletíns, elaborados pola Consellería de Sanidade e o Sergas. Cuarta. Con independencia da lingua empregada nas solicitudes, denuncias, alegacións, escritos de interposición de recursos, peticións ou reclamacións, presentadas polos cidadáns ante a Consellería de Sanidade ou Sergas, as contestacións e calquera outra información escrita emanada da administración sanitaria galega realizarase en galego, sen prexuízo do disposto no segundo parágrafo da Instrución Primeira.
Mostrar más

7 Lee mas

Vida oficial da RAG

Vida oficial da RAG

Xulio Francisco Ogando Vázquez naceu en Ourense o 13 de decembro de 1913. Licenciado en Filosofía e Letras –sección de Historia- pola Universidade de Santiago, con premio extraordina- rio, posteriormente licenciouse en Dereito (1950), e exerceu a docencia desde 1941 como cate- drático de Lingua e Literatura Españolas en varios institutos, desempeñando tamén a dirección do Instituto Otero Pedrayo ata a súa xubilación no ano 1983. Despediuse do Instituto o 9 de decem- bro de 1983 cunha lección maxistral que lembrou as figuras de Saco y Arce, Marcelo Macías e Julián Besteiro e no que se definiu, nunha súa fórmula habitual, como “un home liberal pero á vez fondamente católico”; esta despedida foi tamén unha homenaxe da vida cultural e docente de Galicia na que estiveron presentes o conselleiro de Educación e Cultura naquel momento, Victor M. Vázquez Portomeñe, e as principais autoridades da provincia ourensá.
Mostrar más

22 Lee mas

Show all 10000 documents...