PDF superior O galego do Bierzo e a súa situación actual

O galego do Bierzo e a súa situación actual

O galego do Bierzo e a súa situación actual

14. No coñecido como Estatuto dos 16 (7 de abril de 1978) había unha Disposición adicional onde se estipulaba “poderase incorporar á Comunidade Autónoma galega calquera territorio limítrofe de características históricas, xeográficas, econó- micas, culturais ou lingüísticas semellantes, de acordo en todo caso co artigo 141.1º da Consti- tución”. O Parlamento galego aprobou esa dis- posición, que logo foi rexeitada na Ponencia da Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados (López Mira 1998: 119-120). A actual división provincial onde quedan fóra da Galicia administrativa as comarcas lingüisti- camente galegas de Asturias, León e Zamora arrinca de 1833, a proposta de Javier de Burgos. En 1822, coa proposta Bauzá-Larramendi as Cortes españolas crearon a provincia do Bierzo, con capital en Vilafranca, esgazando daquela o Partido de Valdeorras, xa que cinco concellos
Mostrar más

27 Lee mas

TítuloAdegas do viño do país, Betanzos: unha tradición por reinventarse

TítuloAdegas do viño do país, Betanzos: unha tradición por reinventarse

10 dúas correntes teóricas: os postulados da etnografia contemporánea para analizar o concepto de tradición e o debate emerxente das conexións entre tradición e modernidade e os estudos críticos do patrimonio para comprender determinadas prácticas culturais, patrimoniais e a súa transformación. Inicialmente desenvólvese a idea de que tanto a evolución como a situación actual das AVP están estreitamente ligadas a un proceso de cambio inevitable e inherente ás sociedades humanas, xustificándome para iso no carácter dinámico e transformador das culturas, explicado por de Rota (2005), Gondar (1993) e Marcos e Arévalo (1993), e nos procesos de hibridación cultural resultantes da conexión entre o tradicional e o moderno (García Canclini, 2001). Posteriormente, coa intención de ampliar os aspectos teóricos da investigación e de dar cobertura académica ós distintos contidos derivados do tema obxecto de estudo, realicei unha aproximación ós “estudos críticos do patrimonio” xa que, sen pretender profundizar no significado deste concepto, compártese a presunción de que a desaparición destes espazos conleva a perda duns elementos culturais que “podían ser considerados patrimonio segundo as xerarquías globais de valor” mais que son “destruídos, xacen abandonados ou simplemente están aí” (Alonso González, 2017, p.12). Da man desta corrente de pensamento tratarei de explicar como son os propios actores dunha práctica cultural e as institucións con competencias en cultura as que, “a través de múltiples lóxicas económicas, políticas, de poder, etc., deciden que elementos sociais e culturais son necesarios valorar e preservar” (Parga Dans e Alonso González, 2018, p.180-189). Para conectar esta idea coa realidade das AVP, farei alusión a algúns dos actores sociais que interveñen na configuración actual da tradición, concretamente ós adegueiros e adegueiras, á clientela e á institución municipal, axentes que analizarei por separado coa intención de chegar a comprender da forma máis completa posible a situación actual da tradición.
Mostrar más

77 Lee mas

Sobre falsificacións e traumas: do galego antigo ao contemporáneo

Sobre falsificacións e traumas: do galego antigo ao contemporáneo

dade histórica da lingua galega, a mesma que posúen todas as demais linguas ameazadas do mundo e que desde os discursos ideolóxicos do poder dominante se cuestiona. Para tal tarefa faise preciso desmontar certas falsifi cacións históricas que se produciron xa desde os tempos medievais e iso obriga a falarmos de reinos e linguas medievais aín- da sendo conscientes de que nin uns nin outras eran monolíticos e que non teñen unha identifi cación automática con realidades actuais de natureza semellante. En concreto, é ben sabido que na península ibérica se foron conformando diferentes reinos con fron- teiras inestábeis e en constante transformación, ben como que a maior proximidade entre os romances e a permeabilidade das cortes reais convertían estas en espazos multidia- lectais con falantes de diversas variedades lingüísticas, sen que existisen modalidades estándar nin linguas ofi ciais como hoxe as entendemos. Neste sentido, cando falamos de reino da Galiza ou da lingua galega facémolo dentro deses parámetros e na mesma medida en que se vén falando do reino de Castela, da lingua castelá ou doutros reinos e romances existentes na altura. E non se debe obviar que a Galiza actual e o seu idioma só se poden defi nir en termos históricos, fundamentalmente, polo contacto ou confron- to cos seus veciños. De aí a importancia de Portugal e de Castela mesmo na súa caracte- rización actual, sen con isto negar o papel desempeñados polos outros reinos hispanos. Tratarase a seguir, en resumidas contas, non tanto dunha defensa apoloxética da lin- gua galega canto da tentativa de restauración da verdadeira historia –sempre parcial e subxectiva, con todo– a respecto dunha lingua historicamente desprestixiada e presen- temente minorizada; e trátase tamén da analizar certos traumas lingüísticos actuais á luz de evidentes falsifi cacións do pasado, sempre na perspectiva da súa defi nitiva superación.
Mostrar más

22 Lee mas

A contribución de Ramón Piñeiro á defensa e ilustración da lingua galega

A contribución de Ramón Piñeiro á defensa e ilustración da lingua galega

Precisamente, o que acendeu a faísca da polémica con Lapa foron estas cola- boracións de Piñeiro, pois nelas o noso autor refírese á situación social do idioma e aos seus avances, con novidades tales como Lei Xeral de Educación (xa sina- lado), os debates que estaban comezando a verificarse na Igrexa sobre o uso do galego na liturxia a raíz do Concilio Vaticano II e a notable efervescencia cultural que viña experimentando o galego da man das asociacións culturais que estaban a nacer en moitas vilas e cidades (véxase sobre isto Alonso Pintos 2002: 67-99 e Villanueva 2010: 106-121). As expectativas que abren estes acontecementos ali- mentan o optimismo histórico de Piñeiro sobre o futuro do galego (máis adiante referirémonos a isto), e anímano a anunciar o inicio dun proceso de recuperación da lingua. Lapa, quizais porque considera que Piñeiro é excesivamente optimista ou talvez porque no fondo coida que, se era certo que o galego estaba a rexurdir, entón aquel era o momento para expoñer abertamente a súa opinión, publica na mesma revista un artigo, “A recuperação literária do galego” (Lapa 1972), no que lle emenda a plana ao noso autor. En esencia, a súa posición é: se o galego quere restablecerse como lingua de cultura, o que ten que facer é adoptar o portugués literario como a súa modalidade culta. Segundo a súa argumentación, o galego non ten futuro como idioma autónomo, pois en realidade non é máis que un conxunto de falas rurais deturpadas, carentes dunha auténtica tradición literaria (e, por tanto, dunha lingua literaria ben fundada e consistente), e que por tanto non poden tomarse como base sólida para construír un idioma culto moderno. A verdadeira tradición literaria e a auténtica lingua de cultura moderna que co- rresponde a aqueles dialectos rústicos é a tradición literaria e o rexistro culto do portugués. En definitiva, a primeira formulación cabal do que despois sería coñe- cido como “reintegracionismo”.
Mostrar más

36 Lee mas

Vida oficial da RAG

Vida oficial da RAG

4.— Na nova lei a toponimia debe ter maior precisión. Debe deslindarse de quen é a autoridade en materia de lingua, para evita-la contradicción actual de que esta parte da lingua estea sendo dictaminada polo Goberno galego, a través da súa Comisión de Toponimia, na que a Academia nin sequera está actualmente pre- sente como institución. A Academia recoñece a competencia científica dos lin- güistas da Comisión de Toponimia pero desexa que esta ambigüidade se resolva. 5.— Unha parte importante do Dereito, en expansión, é a dos dereitos civís e mer- cantís. No primeiro, por exemplo, non se prevé a presencia de inmigrantes, que vai ir a máis. Os seus dereitos e a política de integración deben ser vistos nunha inter-relación dende as instancias públicas. No eido mercantil a lei actual non entra neste asunto, por iso aínda perviven conflictos coma os dos Rexistros Mer- cantís, de competencia estatal, que actúan ó arbitrio de cada titular.
Mostrar más

22 Lee mas

TítuloAnálise cualitativa da situación sociolingüística do galego entre o estudantado da Universidade da Coruña

TítuloAnálise cualitativa da situación sociolingüística do galego entre o estudantado da Universidade da Coruña

A seguir, para coñecermos as actitudes e os discursos sobre a lingua do alumnado, a técnica utilizada foi a análise cualitativa, que foi levada a cabo mediante gravación de pequenos grupos de conversación sobre diferentes cuestións relativas ao idioma. Esta análise cualitativa, consiste na avaliación de contidos obtidos directamente do discurso e da ideoloxía da persoa analizada nunha entrevista, grupo de discusión ou similares. Ana Iglesias, na súa publicación “Falar galego: no veo por qué” destaca a escaseza de estudos deste tipo, sendo a análise cuantitativa a máis empregada no que á cuestión lingüística se refire. Esta técnica é considerada pola autora como menos concreta e válida que a análise cualitativa, xa que reduce os estudos a dados, sen afondar en cuestións importantes que só poden ser expresadas mediante diálogos e intervencións de máis duración. Para lograrmos o obxectivos de recollermos uns dados que nos acheguen información que sexa válida para tirar conclusións sobre os temas formulados existen diferentes técnicas. A entrevista aberta e o grupo de discusión son as máis destacadas, e escollemos esta segunda por diversos motivos que a seguir expomos.
Mostrar más

60 Lee mas

TítuloA situación actual do bretón no ensino superior e universitario

TítuloA situación actual do bretón no ensino superior e universitario

A situación que se dá nos niveis educativos inferiores ten importantes consecuencias para unha hipotética implantación do uso do bretón como lingua do ensino –aínda que só for parcialmente– nas universidades. En primeiro lugar, cabe salientarmos o feito de que, contrariamente á situación do galego a respecto do español, ao ser o bretón unha lingua tan diferente do francés do punto de vista lingüístico, resulta imposíbel que un francófono sexa capaz de entender unha clase impartida en bretón, e o tempo que resulta preciso para adquirir as bases necesarias para a comprensión é moi dilata- do. Por outra banda, ao ser moi reducida a base potencial de persoas britófonas que prosigan os seus estudos na universidade, resulta hoxe en día infactíbel, en termos pragmáticos e loxísticos, considerar a creación de licenciaturas en que se impartan materias en bretón, por moito que iso non deixe de ser un desiderátum de primeira orde para garantir os dereitos lingüísticos deste potencial estudantado britófono. Mais non é só o alumnado o que falta, senón tamén o profesorado preciso, pois de se chegar a querer levar a cabo a implantación de cursos de nivel universitario en bretón para satisfacer o –de momento– moi cativo número de estudantes potencialmente interesados, aínda ficaría por resolver a cuestión da docencia en si, xa que, como é lóxico, ao non estar xeneralizada a educación básica en bretón, son poucas persoas capacitadas para ensinaren nela.
Mostrar más

18 Lee mas

TítuloA situación actual do galego na Universidade da Coruña  Estudo cuantitativo

TítuloA situación actual do galego na Universidade da Coruña Estudo cuantitativo

Mais na vida diaria, e especialmente no ámbito universitario, está a se producir un fenómeno de desgaleguización que vén provocado polos feitos históricos que caracterizaron esta comunidade autónoma. No pasado esta lingua sufriu moitos procesos de retroceso, por exemplo nos Séculos Escuros ou durante o franquismo, e aínda que se recuperaron moitos ámbitos de uso, non se chegou á plena normalidade. Deste xeito e por motivos diferentes hoxe en día en Galiza segue a haber un forte desequilibrio entre ambas as linguas. O galego continúa a estar nunha situación precaria porque o seu uso en moitos ámbitos aínda é secundario e o castelán continúa sendo a lingua de prestixio. Un deles é o da universidade, en que nos centraremos neste traballo.
Mostrar más

51 Lee mas

Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística

Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística

nández Vior lle pareza “discutíbel e anecdótico”, de aí que esta zona siga man- tendo esa cohesión lingüística e cultural, porque sinxelamente é unha lingua au- tóctona nesta parte do territorio asturiano. Ademais, a mediados do século xii e comezos do xiii, a Reconquista xa estaba ás mesmas portas de Andalucía, concre- tamente no 1212 Afonso VIII derrota os almoades na batalla das Navas de Tolosa e aos poucos anos conquístanse Úbeda (1233), Baeza, Córdoba (1236), Jaén (1246) e Sevilla (1248), é dicir, o castelán estaba subsumindo ou fagocitando, entre ou- tras linguas, o asturiano, e presionando ou abríndose paso política e cultural- mente no norte da Península (mester de clerecía), de aí que a presión que sofren as linguas autóctonas, e neste caso o galego, a partir destes momentos sexa do castelán e non do asturiano. Se o asturiano nestes momentos fose unha lingua de «reis e de poetas» ou como conmunmente se di de prestixio, tería barrido o gale- go desta zona ao pasar a pertencer a súa comunidade e non foi así: é o castelán o que empuxa e non o asturiano, de aí que mesmo hoxe, a pesar do proceso de transculturización que se leva a cabo dende institucions lingüísticas oficiais e no ensino universitario, logre sobrevivir a todos os ataques e se manteña case coma na época do baixo medievo.
Mostrar más

15 Lee mas

TítuloA lingüística de Internet: máis un desafío para a gramática galega e a súa didáctica

TítuloA lingüística de Internet: máis un desafío para a gramática galega e a súa didáctica

dous traballos orientados e baseados na lingua galega: por unha banda a monografía Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS (Mosquera Castro 2013c), dirixida cara o ensino secundario e que aborda tan só un aspecto concreto da Lingüística de Internet e, por outra banda, o traballo de López Viñas / Lourenzo Módia / Moreda Leirado (2010: 520) intitulado Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión, en que, como xa apuntamos, os anteditos autores dedican algunas páxinas a analizar este fenómeno lingüístico. E a pesar de que a situación do galego non difire daquela que manifestan as linguas da nosa contorna, consideramos insuficientes estes esforzos e, neste sentido, achamos necesario ampliarmos as obras de referencia sobre as liñas abertas por esta nova disciplina. Así, para alén dun corpus de mostras de escrita e textos dixitais, sería tamén moi útil realizar un glosario e facelo dispoñíbel –preferibelmente en formato dixital– para que poida ser consultado libremente, mais principalmente, como un recurso didáctico de carácter puntual. Neste sentido, parécenos igualmente importante, e mesmo complementario, elaborarmos un estudo que recolla de forma sintética e exemplificada os principais fenómenos gramaticais, textuais e conversacionais das novas prácticas lingüísticas que se producen nestes contextos, conformando máis un recurso para as aulas de lingua galega e unha guía para os non iniciados na comunicación virtual.
Mostrar más

24 Lee mas

Antonio Fernández Morales: unha revisión biográfica

Antonio Fernández Morales: unha revisión biográfica

O que nos interesa destas cartas, máis alá dalgúns datos biográficos, é que da comunicación entre os dous nace a obra literaria en galego, que escribe entre 1847 e 1848, e perfeccionará despois. Neses anos escribe varios poemas, aos que pon notas moi interesantes desde o punto de vista lingüístico e semántico, traduce a parábola do fillo pródigo e mesmo unha das súas cartas, feito singular e moi interesante. Isto é moi revelador non só en relación coa recuperación da lingua literaria en Galicia (que está nos seus primeiros momentos, con Pintos e Añón), senón polo seu esforzo en buscar os trazos comúns da lingua falada no Bierzo oeste, transcribir os seus sons (o que quizais coñecía pola súa estancia en Galicia), acumular vocabulario e establecer unhas mínimas regras gramaticais. Coñece a fala de Cacabelos, a da xente humilde, que é a que utilizará, pero é consciente das variedades locais ao non estar fixada a lingua, aínda que estas son, como di, máis de cadencia que de morfoloxía e sintaxe 59 .
Mostrar más

25 Lee mas

TítuloA cantidade e a calidade do galego nos medios

TítuloA cantidade e a calidade do galego nos medios

(XC) é unha forma galega, pero o seu significado de ‘resposta violenta’ de ningún xeito se intúe no contexto en que se introduce: «A Xunta achega unha recente enquisa, Clima Social de Galicia 2007, para respostar a esta cuestión». Estudios (XC) era a única solución admitida ata o 2003, que hoxe hai que substituír polo normativo (VOLGa 2004) estudo; a partires de (XC) é un pseudogaleguismo creado na primeira metade do século XX para fuxir da forma propia a partir de; planexar (XC) é outro pseudogaleguismo que foxe de planear, forma propia coincidente co castelán; non en tanto (XC) é un invento resultado dunha mala interpretación da composición da co- rrecta no entanto. Ningunear (XC) é unha palabra de recente creación no castelán sobre a base de ‘ninguno’, que en galego se pode evitar usando formas como relegar e postergar, por exemplo. A palabra fueros é un castelanismo substituíble nas súas acepcións rectas (Seco / Andrés / Ramos 2005) polo galego foro.
Mostrar más

17 Lee mas

Avance de resultados do informe sobre o teatro galego

Avance de resultados do informe sobre o teatro galego

O perfil do público das artes escénicas en Galicia é maioritariamente o du- nha muller (62,5%) de 30 a 49 anos (57,5% das persoas enquisadas) e, en canto ao nivel de estudos, con titulación universitaria (o 57,3% das persoas entrevistadas, cando no conxunto da poboación galega de 16 ou máis anos esta porcentaxe se sitúa arredor de 25%). O 76,9% do público asistente aos espectáculos da mostra tiña traballo no momento da realización da en- quisa. Os ingresos mensuais medios por fogar superiores aos 1.200 euros son os máis habituais entre estas persoas entrevistadas (65,3%, das que o 24,7% conta con ingresos mensuais de entre 1.201 e 1.800 euros, o 21,2% de entre 1.801 e 2.400 euros, e un 19,4% máis de 2.400). A maioría do pú- blico enquisado reside nunha das sete cidades galegas (48,3%), ao tempo que o 30,8% o fai en concellos de 10.000 a 50.000 habitantes. Dúas de cada tres persoas enquisadas non convivían con menores de 12 anos. Se se ana- liza por separado esta variable segundo o tipo de función, compróbase que esta porcentaxe acada o 81,1% no caso das obras de teatro destinadas a público adulto. Como cabía esperar, nas obras teatrais destinadas a pu- blico infantil, o 92,5% dos espectadores si conviven con menores de 12 anos.
Mostrar más

27 Lee mas

Unde habita a melancolía. Miradas sobre el romance eonaviego

Unde habita a melancolía. Miradas sobre el romance eonaviego

«Nun se pretende defender qu’el gallego-asturiano é un xeito de falar mui distinto das falas d’un llao y del outro; as llinguas que tán en contacto sempre tein máis pa- recido que diferencias y tán suxetas a influxos d’ida y volta; asina yes pasa a outras muitas nel mundo: checo-eslovaco, sueco-danés, serbio-croata, castellano-asturiano ou gallego-portugués. Como diz Fernández Rei: “[…] Na actualidade, desde o punto de vista estrictamente lingüístico, ás duas marxes do Miño fálase o mesmo idioma, pois os dialectos miñotos e trasmontanos son unha continuación dos falares galegos, cos que comparten trazos comúns que os diferencian dos do centro e sur de Portugal […]”. Peró ás veces, por causas mui variadas, esas diferencias xeneran úa identidá propia, un sentir distinto das xentes que viven al llao y eso é lo que los lleva a esixir el dereto a ter vida propia, a nun renunciar a os rasgos distintivos que nos dan identidá como comunidá de falantes; é lo que ye pasa al gallego col portugués. Volvo a citar a Fernández Rei 6 : “[…] Ás dúas marxes do Miño fálase o mesmo idioma
Mostrar más

42 Lee mas

O vocabulario histçorico do galego do profesor J.L. Pensado

O vocabulario histçorico do galego do profesor J.L. Pensado

O profesor J. L. Pensado mantivo unha froitífera actividade ata os últimos días da súa vida. En ningún momento deixou de ter a cabeza ocupada por novos proxectos, e nunca cesou de recompilar materiais que permitisen aclarar puntos escuros dos seus estudos pasados ou poñer en marcha iniciativas que consideraba vitais para o coñecemento da lingua galega. Por iso non é nada estraño que, despois da súa morte, atopemos materiais cun avanzado grao de elaboración que pensaba publicar nun período curto de tempo. Dentro destes materiais chama a atención unha colección de máis de 1900 voces gale- gas, mecanografadas, que constitúen un corpus importante de voces históricas galegas, e que foi reunindo pouco a pouco porque quizais consideraba que poderían ser útiles para a elaboración dun futuro dicionario histórico do galego. En calquera caso eran voces que seleccionaba porque poñían ante os ollos algún problema lingüístico interesante ou, ao contrario, porque axudaban a resolver algún problema aínda aberto.
Mostrar más

36 Lee mas

Carlos Casares nos outros sistemas literarios españoles

Carlos Casares nos outros sistemas literarios españoles

E máis adiante, en compañía do escritor catalán Joan Perucho e dos críticos Juan Ramón Masoliver e Àlex Broch, realiza unha viaxe á URSS entre o 4 e o 18 de xullo de 1983, invitados pola Unión de Escritores Soviéticos, na que visitaron Moscova, Leningrado e Armenia, para explicar as características das diversas lite- raturas de España. Á vez, publícase na Unión Soviética unha Antología del cuento español contemporáneo, recollendo catro relatos de Casares, traducidos directa- mente do galego ao ruso (Arroyo 1983). Durante esa viaxe debeu de recordar a súa fascinación pola novela de Pasternak, O doutor Zhivago, (a primeira edición rusa é de 1957; a versión española en Noguer data de 1958, e a coñecida pelí- cula de David Lean de 1965) que el consideraba unha das obras máis xeniais do século XX (Baamonde 2017: 45). Con posterioridade, en 1991, fará unha viaxe semellante aos Estados Unidos, a Baltimore, en compañía de Perucho. O escritor catalán rememorou esas viaxes en diversos textos, pois sentiu sempre un grande aprecio por Casares, a quen vía como un novo Cunqueiro, sendo tan distintos ambos os dous narradores galegos. Pola súa parte, Darío Xohán Cabana apreciou a influencia de Perucho sobre Os escuros soños de Clío, xunto á de William Bec- kford, Marcel Schwob, Otero Pedrayo e Curros Enríquez (Cabana 2017: 65) 13 ,
Mostrar más

26 Lee mas

A paradoxal asimilación da actividade teatral anterior á Guerra Civil no momento refundacional do teatro galego

A paradoxal asimilación da actividade teatral anterior á Guerra Civil no momento refundacional do teatro galego

Resumo: A fi nais da pasada década de sesenta, iníciase na Galiza un proceso de recuperación da actividade dramática vehiculizada en galego. Os participantes nese proceso refundacional do sistema teatral galego ignoraban inicialmente todo o realizado nos palcos do país antes do golpe de estado fascista. O réxime ditatorial encargárase de apagar calquera información que puidese servir de elemento cohesionador da sociedade galega e promovía outros trazos –intensamente folclorizados– que, permitindo unha lasa fi liación emocional coa terra, non colidisen coa súa ideoloxía imperialista. A recuperación e a posta en valor do sucedido teatralmente na Galiza antes de  1936 encaixaba perfectamente na vontade de  contestación ao réxime e  de  procura dun espazo galego de  participación cidadá que o  franquismo negaba, vontade que os tiña levado ao reencontro coa reivindicación nacional. Os envolvidos na actividade escénica galega refundacional foron conscientes de  que o  coñecemento do pasado enriquece o  imaxinario nacional e  este representa unha poderosa arma contra a  subalternidade. Repásanse aquí os paradoxos en que se tiveron que mexer, pois a actividade teatral galega das primeiras décadas do século XX fi caba temática e esteticamente moi afastada do teatro que se quería facer e trazar a ponte co pasado tornábase difícil.
Mostrar más

12 Lee mas

TítuloO centro e a periferia: a vivencia do emprego do galego na Coruña

TítuloO centro e a periferia: a vivencia do emprego do galego na Coruña

Despois da descuberta do Antroido, da literatura do Antroido xurdiu a cuestión dos nomes, a toponimia da que se ocupará máis adiante o meu compañeiro de mesa. Poño sempre tamén a mesma referencia. Todos fomos ver os restos do «Mar Exeo» encartados contra a Torre de Hércules. Cantos de nós sabiamos daquela que esas pedras se chaman o «Gueivouteiro»? Para min foi unha verdadeira sorpresa. Unha vez tiña que facer unha entrevista a un percebeiro e fun buscalo pola parte de Corme e de Laxe. En fin, estaban ocupados, non querían falar conmigo, ata que me dixo un señor da Agra de Orzán, que como era da Agra de Orzán viña da Costa da Morte, de Barizo: «Ti pareces tonto, rapaz. Andas buscando percebeiros pola parte de lonxe e tes percebeiros a carón da túa casa». Efectivamente, eu era tonto, parecía tonto. A carón da miña casa, na rúa Miguel de Servet, había un bar chamado «O Tolín» onde paraban todos os sabios do percebe, entre eles Milucho Mariñas, un home de San Amaro, que coñecía todas as pedras de percebe dende Avilés a Corrubedo, un auténtico sabio. E grazas a el souben que nese contorno abenzoado, marabilloso, da Torre de Hércules existe todo un monumento lítico de nomes antigos. Alí a carón das pedras de San Amaro está o Grelle, a praia de Area de Cuncha, o Xogadoiro, o Cabalo de Pragueiras, están os Coitelos de Terra e os Coitelos de Mar, o Gueivouteiro, e unha familia lítica, a Illa do Boi, a Illa da Vaca, a Illa do Becerro e a Illa do Becerriño, a Laxe Brava... En fin, todo un patrimonio, radicalmente coruñés, e absolutamente descoñecido mediaticamente porque, insisto, hai un tópico que non lle interesa divulgalo. Lembro que hai uns anos, coa asociación de veciños e con «Alexandre Bóveda», unha asociación cultural, fomos percorrendo ese contorno e poñendo uns carteliños cos nomes de cada lugar. Un patrimonio toponímico que continúa por toda a liña da costa, coa Furna das Meigas, co contorno do Monte de San Pedro, tan maltratado hoxe en día, coas Illas da Zambela, coa Furna Cheirenta, co Porto do Gholfe... En fin, unha riqueza lingüística impresionante que temos que reivindicar sempre.
Mostrar más

13 Lee mas

TítuloA catalogación urbanística do patrimonio cultural galego

TítuloA catalogación urbanística do patrimonio cultural galego

Ainda que ás veces o lexislador urbanístico tende a pensar apenas no patrimonio inmoble construído, da dicción literal do artigo 75 LOUGA se deriva que, ademáis de bens inmóbeis ou conxuntos deles (construcións, recintos, xardíns, monumentos, núcleos rurais), poden tamén catalogarse outros elementos “ sempre que polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos, se estime conveniente conservar, mellorar ou recuperar”. Isto é así porque, en palabras da STS do 4 de decembro de 1995, o catálogo urbanístico ten por obxecto “la satisfacción del interés público local en la conservación de los instrumentos culturales típicos de una determinada época que por sus peculiares y notables características arquitectónicas y ornamentales integran y recuerdan el ambiente y modo de vida de un tiempo pasado digno de mantener vivo en la conciencia soial de una comunidad determinada ” 16 .
Mostrar más

28 Lee mas

TítuloTransmisión interxeracional do galego no contexto multilingüe catalán

TítuloTransmisión interxeracional do galego no contexto multilingüe catalán

En xeral, o entorno escolar, os barrios onde viven e as redes sociais de amizades inci- den no uso decisivo do catalán por parte dos fillos destas parellas. De todos os xeitos, no caso de GL01, non se produce unha converxencia cara ao catalán senón que os fillos manteñen o bilingüismo (catalán e galego) nas interaccións diarias cos pais. De feito, esta é a única familia de todas as que rexistramos en que os fillos teñen un dominio activo do galego e ademais úsano habitualmente. Polo contrario, atopamos que nas dúas familias nas que non hai ningún tipo de transmisión en galego –nin sequera esporádica– os fillos non teñen ningunha competencia nesta lingua (GL05, GL07). Non hai que esquecer, porén, que o proxenitor non é o único medio de transmisión da lingua de orixe, senón que a rede familiar galega é un factor relevante. O comportamento lingüístico da familia do proxenitor galego, nestes últimos casos, ao establecer as interaccións cos nenos en castelán, non favoreceu a adquisición da competencia pasiva en lingua galega.
Mostrar más

18 Lee mas

Show all 10000 documents...