• No se han encontrado resultados

Abel Losada Álvarez Julio Torrado Quintela

In document BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA (página 138-158)

Noela Blanco Rodríguez

Juan Manuel Díaz Villoslada

José Manuel Pérez Seco

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Patricia Vilán Lorenzo na data 18/10/2018 18:01:44

Patricia Otero Rodríguez na data 18/10/2018 18:01:51

Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/10/2018 18:01:58

Julio Torrado Quintela na data 18/10/2018 18:02:03

Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA Tlf: 981 551 530 · [email protected]

Juan Manuel Díaz Villoslada na data 18/10/2018 18:02:13

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

Montserrat Prado Cores, Luis Bará Torres, Ana Pontón Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Olalla Rodil Fernández e Noa Presas Bergantiños, deputadas e

deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para resposta

escrita, relativa ás medidas a tomar diante da situación de conflito do sector de produtos

elaborados do mar con procesos de refrixeración e conxelación.

O sector de Elaborados de Produtos do Mar con Procesos de Refrixeración e Conxelación está ubicado fundamentalmente en Galiza, entre o 70 e o 80 % do Estado, afecta a arredor de 7.600 persoas. É un sector altamente feminizado, arredor do 80%, e precarizado. Unhas condicións laborais de baixos salarios, nas escalas básicas situadas no salario mínimo, longas xornadas e moitas dificultades de conciliación.

A esta situación hai que engadir os intentos de introducir instrumentos de precarización no sector como son as ETTs, os falsos autónomos ou as empresas multiservizos.

Desde principios de 2018 @s representantes d@s traballadores levan tentando asinar o convenio, que está caducado hai varios anos, sen que se produzan avances, moi ao contrario a patronal non asiste á mesa de negociación.

Esta situación prodúcese nun contexto no que o sector mostra uns niveis de facturación, de beneficios, de modernización importantes, que acaban de deixarse patente na feira que a patronal Conxemar acaba de celebrar en Vigo; sendo isto unha

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

2 evidencia tamén o é que non hai intención de que @s traballadores/as sexan partícipes desa situación favorábel.

@s traballadoras/es demandan un convenio digno un salario que lles permita chegar a fin de mes, e diante da falta de avances na negociación colectiva, están levando a cabo mobilizacións, e no caso de non producirse acordo iniciarán unha folga o día 22 de outubro.

Este sector está fortemente subvencionado por parte da administración, polo que a Xunta de Galiza ten instrumentos para actuar na busca de solucións, por esta razón formúlanse as seguintes preguntas para resposta escrita:

-Está informado o Goberno galego da situación na que se atopan @s traballadores/as do sector de Elaborados de Produtos do Mar con Procesos de Refrixeración?

-Parécelle de recibo que un sector mostra uns niveis de facturación, de beneficios e de modernización importantes manteña nesta situación laboral ao seu persoal?

-Coida que se poden destinar cartos públicos a empresas con estas prácticas laborais sen que por parte da Xunta se realice ningunha fiscalización das mesmas?

-Vai realizar todas as actuacións precisas diante da patronal, Conxemar, do sector de Elaborados de Produtos do Mar con Procesos de Refrixeración, en aras de que a negociación colectiva para asinar o convenio colectivo do sector se faga realidade á maior brevidade?

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

3 -Vai facer valer as cuantiosas axudas públicas que recibe a patronal, Conxemar, para esixir unhas condicións laborais dignas, tanto en salarios como en horarios, así como medidas de conciliación?

-Vai establecer cláusulas sociais nas axudas públicas, que obriguen ás empresas beneficiarias a garantir condicións laborais dignas e respectar o dereito á negociación colectiva?

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández Xosé Luis Rivas Cruz Ana Pontón Mondelo

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Montserrat Prado Cores na data 18/10/2018 18:11:21

Ana Pontón Mondelo na data 18/10/2018 18:11:25

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Olalla Rodil Fernández na data 18/10/2018 18:11:28

Noa Presas Bergantiños na data 18/10/2018 18:11:29

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

Montserrat Prado Cores, Luis Bará Torres, Ana Pontón Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Olalla Rodil Fernández e Noa Presas Bergantiños, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para resposta escrita, relativa ás medidas a tomar para cambiar a situación actual na que recae sobre as mulleres a problemática da conciliación da vida familiar e laboral.

A Confederación Intersindical Galega ven de facer público un estudo elaborado polo seu Gabinete de economía do que se tira a conclusión que son as mulleres, máis que os poderes públicos ou a sociedade, as que solucionan a problemática da conciliación da vida familiar e laboral, como se fose un problema que nos compete exclusivamente.

Os datos son demoledores: son mulleres o 87% das persoas inactivas por coidado de menores ou persoas dependentes en Galiza; o 77% das persoas traballadoras con redución de xornada por coidado de menores de 12 anos; o 91,6% das persoas que se acolleron a unha excedencia por coidado de fillos/as; o 71,2% de quen reduciron ou suprimiron o traballo remunerado por coidado de dependentes; o 56,8% das persoas que utilizaron a flexibilización. Son tamén mulleres o 76,7% das persoas ocupadas a tempo parcial e as que padecen a dupla

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

xornada laboral. De feito, mentres elas dedican 4:38 horas ao día, de media ao traballo dentro do fogar, os homes só dedican 2:21.

A redución de xornada para coidado de menores é practicamente exclusiva das mulleres: no ano 2017 das 39.470 persoas traballadoras que reduciron xornada para se dedicaren a coidado de menores un 77% foron mulleres.

Das 106.374 que precisaron axuda externa para o coidado de menores no ano 2017, no 86,7% dos casos foron avós ou avoas os/as que prestaron a devandita axuda. No 73,49% dos casos as avoas/os non viven no mesmo fogar. Sería interesante coñecer o sexo destes avós ou avoas; seguro que as mulleres son maioría.

É un indicador moi ilustrativo de como a conciliación en Galiza recae na familia, e dentro desta maioritariamente nas mulleres.

Polas razóns expostas formúlanse as seguintes preguntas para resposta escrita:

-Que actuacións está realizando o Goberno galego para reverter esta situación?

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

-Considera que as mulleres temos igualdade de oportunidades laborais se os coidados de menores e dependentes seguen sendo maioritariamente responsabilidade nosa?

-Considera que temos igualdade de oportunidades para futuras pensións con estas vidas laborais?

-Cal vai ser o nivel de implicación da Xunta de Galiza para unha mudanza real na igualdade laboral?

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

Asdo.: Montserrat Prado Cores Luis Bará Torres

Noa Presas Bergantiños Olalla Rodil Fernández Xosé Luis Rivas Cruz Ana Pontón Mondelo

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

María Montserrat Prado Cores na data 18/10/2018 18:23:52

Ana Pontón Mondelo na data 18/10/2018 18:23:56

Xose Luis Rivas Cruz na data 18/10/2018 18:23:58

Olalla Rodil Fernández na data 18/10/2018 18:23:59

Noa Presas Bergantiños na data 18/10/2018 18:24:00

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

Xosé Luis Rivas Cruz, Luis Bará Torres, Montserrat Prado Cores, Ana Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández e Noa Presas Bergantiños, deputadas e

deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para resposta

escrita.

O uso de plásticos agrícolas en forma de bolsas, recubrimentos de bolos, lonas de illamento do silos de herba ou millo, invernadoiros, e un longo etcétera, fai que se xere unha grande cantidade de residuos deste material, que ata non hai moitos anos “adornaban” espazos de monte, ríos e regatos do noso rural, ou eran queimados de forma incontrolada, xa que a súa xestión non estaba organizada.

Algúns concellos con explotacións gandeiras, sendo conscientes dos problemas que estaban a producir estes plásticos, optaron por montar servizos de recollida e almacenamento.

Ante esta problemática, a Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha un Programa de Recollida de Plástico Agrícola co obxecto de facilitarlle ao sector agrogandeiro unha xestión axeitada.

No marco deste programa os concellos encargábanse da recollida dos plásticos nas granxas, e logo unha empresa contratada pola Consellaría apañaba os plásticos de cada concello e os xestionaba reciclándoos mediante un proceso mecánico para logo obter novos plásticos.

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

2 Ora ben, hai uns poucos días saltou a alarma de xeito extraoficial e feitas unhas primeiras consultas, fontes xeralmente ben informadas confirmáronnos que a Xunta de Galicia tería a intención de abandonar o Programa e polo tanto deixar de financiar a recolla dos plásticos agrícolas.

Se isto é así estariamos diante dun serio problema que xeraría unha cadea de prexuízos considerables no rural:

- No mellor dos casos a xestión deste residuo suporía un aumento nos custos de produción das explotacións gandeiras, que xa están demasiado axustados.

- Aumento da presenza deste residuo en nas ribeiras de ríos e regatos, ou nos montes, cun dano medioambiental e paisaxístico considerable.

- Problemas para os concellos, algúns dos cales xa teñen nestes momentos acopiadas máis de 300 Tm deste residuo e que non saberían que facer con eles, pois non é un tipo de residuo de competencia municipal

- As empresas galegas que viñan facendo a recollida quedan sen o marco do programa, co conseguinte atranco económico.

Por todo o exposto formúlanse as seguintes preguntas para resposta escrita: - Desapareceron as causas que motivaban o problema da xestión dos plásticos agrícolas en Galicia?

- Se non é así, cales son entón as razóns para suspender o Programa de Recollida de Plástico Agrícola?

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

3 - Avisouse oficialmente aos concellos, dado que son parte implicada e necesaria para a boa xestión deste tipo de residuos, da supresión deste programa?

- Esta medida –a supresión do programa- está inserida na pretendida política da Xunta de Galicia de “apoio” ao medio rural? E da economía circular?

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz

Luis Bará Torres Montserrat Prado Cores

Noa Presas Bergantiños Olalla Rodil Fernández Ana Pontón Mondelo

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Xose Luis Rivas Cruz na data 18/10/2018 17:21:15

María Montserrat Prado Cores na data 18/10/2018 17:21:20

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Olalla Rodil Fernández na data 18/10/2018 17:21:23

Noa Presas Bergantiños na data 18/10/2018 17:21:24

In document BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA (página 138-158)