Na LOMCE, os elementos transversais están descritos no artigo 4 do DECRETO 86/2015, do 25 de xuño,
polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade
Autónoma de Galicia. (DOG 29/06/2015).
Os elementos transversais traballaranse en todas as materias. Considéranse elementos transversais, a
comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e
da comunicación, o emprendemento, e a educación cívica e constitucional.
CONTRIBUCIÓNS AO PLAN LECTOR DO CENTRO
Coa finalidade de promover a comprensión de lectura e de uso da información, dedicarase un tempo á
lectura na práctica docente de todas as materias (artigo 11.7 do Decreto 86/2015).
O Departamento fará suxestións de lecturas para incluír no plan lector que actualmente funciona no centro.
Neste curso propóñense as seguintes textos:
Alumnos de 2º e 3º de ESO:
Da Editorial Molino. Colección “Esa horrible Ciencia”.
Esa caótica química. Nick Arnold.
Esa repelente naturaleza. Nick Arnold.
Funestas fuerzas. Nick Arnold.
Esa inmensa Galaxia. Kjrtan Poskitt.
Esos insoportables sonidos. Nick Arnold.
Evoluciona o muere. Phil Gates.
Esa deslumbrante luz. Nick Arnold.
Esa electrizante electricidad. Nick Arnold.
Esas exasperantes medidas. Kjrtan Poskitt.
Esa condenada mala suerte. Kjrtan Poskitt.
El tío Tungsteno: recuerdos de un químico precoz. Oliver Sacks. Ed. Anagrama
Alumnos de 4º de ESO e Bacharelato:
Cosmos. Carl Sagan. Ed. Planeta.
La medida de todas las cosas. Ken Alder . Ed Taurus.
Breve historia de la Química. Isaac Asimov. Alianza Editorial.
El hombre anumérico. John Allen Paulos. Ed. Tusquets.
Breve historia de casi todo. Bill Bryson. Ed. RBA
INVESTIGACION Y CIENCIA
A lectura de revistas de divulgación é un hábito que debemos fomentar no noso alumnado. Estes textos
terán como obxectivos dar a coñecer as novidades e avances mais recentes no ámbito das materias
científicas en xeral e da Física e a Química en particular, o acercamento a tarefa investigadora, a
recompilación e afondamento nos grandes temas da ciencia e analizar e contrastar informacións diferentes,
así como interpretar sínteses explicativas de distintos fenómenos.
CONTRIBUCIÓNS AO DESENROLO DAS TIC
Na ESO promoverase a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula,
como recurso metodolóxico eficaz para desenvolver as tarefas de ensino e aprendizaxe (artigo 11.7 do
Decreto 86/2015).
No bacharelato as tecnoloxías da información e da comunicación serán unha ferramenta necesaria para a
aprendizaxe en todas as materias, tanto polo seu carácter imprescindible na educación superior como pola
súa utilidade e relevancia para a vida cotiá e a inserción laboral (artigo 27.3 do Decreto 86/2015).
A utilización de ordenadores por parte dos alumnos,durante as sesións lectivas, será limitada,(agás para os
2º de ESO, que dispoñen de un ordenador por alumno), xa que depende da dispoñibilidade das dúas aulas
de informática.
web ou ao software das pizarras dixitais, utilizando a infraestrutura multimedia instalada en todas as aulas.
Recomendarase aos alumnos páxinas web con unidades interactivas, para que nas súas casas poidan
reforzar os contidos traballados polo profesor na aula. Como por exemplo:
www.alonsoformula.com,
www.educaplus.org,
http://recursostic.educacion.es/newton/web,
http://www.quimitube.com/
https://phet.colorado.edu/es/simulations
http://biomodel.uah.es
http://www.orbitals.com/orb/ov.htm
http://www.ptable.com/?lang=es#Writeup/Wikipedia
Ou calquera outra que se considere oportuna. Tentarase progresivamente introducir estes enlaces na
páxina web do Centro.
CONTRIBUCIÓNS AO DESENROLO DO EMPRENDEMENTO
Tentarase desenvolver o espírito emprendedor e a confianza do alumnado en si mesmo, a participación, o
sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e
asumir responsabilidades.
C
ONTRIBUCIÓNS Á EDUCACIÓN CÍVICA E CONSTITUCIONAIS (E EDUCACIÓN EN VALORES)
Fomentarase o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia
de xénero ou contra persoas con discapacidade, e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e
non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social.
Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida
persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o
pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto por igual aos homes
e ás mulleres, e ás persoas con discapacidade, e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o
respecto ao Estado de dereito, o respecto e a consideración ás vítimas do terrorismo, e a prevención do
terrorismo e de calquera tipo de violencia.
Prestarase especial atención a prevención da violencia de xénero, da violencia contra as persoas con
discapacidade, da violencia terrorista e de calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia. Evitaranse os
comportamentos e os contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da
orientación sexual ou da identidade de xénero.
Fomentaranse as medidas para que o alumnado participe en actividades que lle permitan afianzar o espírito
emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o
traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
Promoveranse accións, no ámbito da educación e a seguridade viaria, para a mellora da convivencia e a
prevención dos accidentes de tráfico, coa finalidade de que os/as alumnos/as coñezan os seus dereitos e
deberes, respecten as normas e os sinais, e se favoreza a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o
autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións tendentes a evitar os accidentes de tráfico.
In document
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA I.E.S. SAN PAIO TUI PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
(página 64-66)