(*4) Mantemento do carácter ou espíritu dos espazos existentes.
1. Planta baixa (cota +2’00 m en planos)
1.5.1. Consideracións previas
Como xa se explica no apartado Ai (Análise e Ideación), no achegamento realizado á prisión non se encarou tanto no aspecto urbanístico ou paisaxístico, senón na vertente social. Ao traballar cun obxecto construído as característcas físicas xa veñen dadas, temos un soleamento concreto, ventos, emprazamento...e polo tanto o coñecemento destas variables serven de indicadores para a intervención, pero non teñen a relevancia que podrían ter nun proxecto de nova planta. A aproximación centrouse entón no significado do que é o cárcere para os veciños e a sociedade e o seu papel neste ente que é o barrio, máis dende un punto de vista social que físico.
Monte Alto, situado no extremo norte da Península que forma A Coruña, é un dos barrios históricos da cidade, con case 2 km² de superficie e 30.000 habitantes. Nel érguense pequenas casas, baixas e grises que agolpadas dun xeito "descoidado" foron creando un tecido de estreitas e enrevesadas rúas. Un enclave con conciencia propia e espíritu, abonda con darse unha volta polo barrio, ver aos veciños saudándose nas rúas, os seus comercios tradicionais, os seus bares e pubs... Hoxe en día o barrio loita por manter intacta esta identidade contra aqueles sectores ou actores sociais que non ven isto senón tan só o propio beneficio. Exemplo claro disto son os bloques levantados nos últimos anos na Ronda de Monte Alto (ordenación do polígono POL-G2 01), edificios que modificaron a estreita relación existente entre Monte Alto-Antiga Cárcere-Torre de Hércules. Pese a que o propio entorno xa non é o entorno rural e agreste, sen nada arredor que era antes, as novas construccións termiñaron por difuminar a referencia mutua permanente entre estes tres elementos, e a presenza (polo menos a meramente física) da Torre e o Cárcere no barrio.
Pese a todo isto; pese a interposición dos bloques, pese a que a actividade realizada na prisión, o seu emprazamento e a súa concreción formal levarán ao Cárcere a estar aislado social, visual e físicamente do tecido urbano... pese a todo, a veciñanza sempre entendeu (e entende, abonda ver a cantidade de reclamacións sociais con respecto á prisión) o Cárcere como algo propio do barrio, como parte de Monte Alto; como un elemento máis do imaxinario colectivo do barrio.
A nosa intervención non pode entón ser allea a todo isto, ás reclamacións dos veciños, ao espíritu do barrio e á relación entre o barrio, o hito e o cárcere. Unha actuación no Cárcere da Torre debe conseguir que a cidade, o barrio e a sociedade entren na prisión, a conquisten; debe conseguir establecer esa conexión entre o espazo público da cidade e os baleiros do cárcere prolongando a continuidade do tecido urbano; debe conseguir que o entorno forme parte do cárcere que hoxe se atopa descontextualizado do seu espazo contiguo nun sentido físico.
Proxecto de Rehabilitación da Antiga Cárcere de A Coruña Antón Gómez González 1.5.2. Normativa existente
Segundo o PXOM do 2013 a Antiga Cárcere Provincial de A Coruña atópase na parcela QG-03 (13.286 m² de superficie) que é calificada como "dotacional de contingencia de titularidad pública" [ordenanza de aplicación EQ(PB) ]. Según a normativa este tipo de parcela é aquela para a substitución por outro uso alternativo do equipamento existente, entendendo como tal a última actividade desarrollada. Requerirá informe previo favorable do Organismo competente en canto á falta de interese do mesmo ou o da maior necesidade do uso proposto na súa substitución en función das demandas do ámbito de implantación no que se encontre. Ademais a parcela tópase na área de respeto da zona buffer da Torre de Hércules, incluíndose no entorno do parque da Torre (ordenación PE Q14).
O Cárcere é o elemento catalogado 09_003; segundo o texto refundido do 2013 o estado de conservación observado é regular e posee un nivel de protección II (Protección estructural: Este nivel está formado por edificios en los que interesa conservar íntegramente alguno o algunos de sus elementos como son la fachada, excepto en casos justificados por la ausencia de características compositivas o constructivas propias del tipo edificatorio correspondiente, su envolvente, los patios interiores,los elementos estructurales y tipológicos básicos y su distribución de espacio). A ficha do catálogo (ver ficha completa nas memorias) presenta como caracteres singulares: "Grande espazo rectangular rodeado por un muro de cerramento perimetral con catro garitas nos extremos. As galerías das celas parten do bloque central cunha estrutura radial. A fachada oculta unha das coxías do muro de cerramento. Organízase en dous corpos nos que destaca a parte central cun grande arco e un amplo vestíbulo".
[Incorpórase a ficha do PXOM no Anexo final] 1.5.3. Proposta
A análise realizada sobre o entorno urbano e o edificio (na súa vertente histórica, formal e tipolóxica) lévanos a unha confrontación coa normativa e catalogación existente. A aplicación de criterios xenéricos sobre a conservación do patrimonio arquitectónico a un caso tan particular e complexo como o que estamos a tratar é un error. Unhas directrices xerais non poden analizar a complexidad deste caso concreto, neste lugar concreto e neste tempo determinado. Uns criterios nos que non se contempla o verdadeiro caracter singular deste cárcere non poden ser os acertados. Unha catalogación na que non teñan espazo o carácter social de determinados edificios como o caracter singular destacado (o propio art 4.1.2 sobre o catálogo de protección dentro das Condicións de Protección do atrimonio Histórico indican que os elementos incorporados ao Catálogo deben atender "a los valores y características propias del elemento"); unha catalogación que non é capaz de determinar que o verdadeiramente salientable deste proxecto concreto está na identificación social dun entorno concreto cun edificio (que en principio, e según criterios "lóxicos" lle debería ser repudiado, polos
Proxecto de Rehabilitación da Antiga Cárcere de A Coruña Antón Gómez González
feitos históricos aí acontecidos) é unha catalogación que consideramos incorrecta e que determina unhas limitación que impiden as actuacións que entendemos como necesarias ou adecuadas para resolver o problema intrínseco subxacente.
Neste punto existen tres posibilidades. Unha, facer unha actuación que consideramos incorrecta e inútil fronte ao problema que nos enfrontamos e ás demandas sociais, pero que siga estrictamente as estipulacións normativas para o conxunto. Dúas, asumir que no marco normativo no que nos atopamos non resolveremos os problemas que observamos a partir da nosa análise e desistir de realizar unha intervención; asumindo a "terceira vía" de Santiago de Molina renunciando a realizar a obra (e valorar positivamente esta actitude de retirada, como di Fernández-Galiano que facía Fisac). Pasaremos entón a entender ao Cárcere como unha peza museística para a súa contemplación, sobre a cal se realizarán simplemente traballos de restauración (o cumprimento do art 4.2.5. sobre Obras e Usos admitidos conforme ao nivel de protección donde se di "en ningún caso la aceptación genérica para un nuevo uso (...) podrá justificar una intervención que afecte o desvirtúe elementos protegidos basada en la necesidad de adecuación del edificio o parte de él para la implantación del nuevo uso" levanos inevitablemente a isto no caso concreto da prisión, como xa se falou no apartado de Análise e Ideación).
Ou a terceira posibilidade, que sería a presentación ao Concello e á Consellería de Cultura dun estudo de detalle cun carácter máis amplo que os existentes, mostrando análises multidisciplinares; e a proposición duns novos valores e consideración para a prisión. Esta proposta permitiría albergar distintas intervencións que non sacralicen aspectos morfolóxicos que entendemos teñen papeis moi secundarios neste edificio e que nun cumprimento estricto da lei impedían a resolución do problema existente, que é o que se intenta con este proxecto de rehabilitación. Esta medida podería ter un punto de apoio no art. 4.2.2. "...en los edificios catalogados podrán imponerse condiciones específicas para las obras, distintas a las que se señalan para cada nivel en particular, recogiéndose en la ficha correspondiente estas condiciones y las limitaciones correspondientes" se a Administración Municipal entendese como correcto ou adecuado o estudo proposto e a nova proposición.