1. O alumnado que, ao terminar a educación secundaria obrigatoria, alcanzase as
competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
2. O alumnado que supere todas as materias da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Da mesma maneira, poderán obter o devandito título as alumnas e alumnos que rematasen o cuarto curso con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lles impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.
3. Para os efectos de titulación, computaranse como materias con avaliación negativa tanto as suspensas do propio curso como as de cursos anteriores
Monforte
Monforte O posicionamento teórico do centro considera a atención á diversidade como uno dos
eixes claves para conseguir as finalidades educativas . A atención ,a diversidade plantexase como un obxectivo para todo o centro e donde se implica todo o profesorado.
Requiere de unha serie de medidas tales como concienciación, dotación de medios materiais e recursos humanos, formación do profesorado e participación social. No primeiro punto, da concienciación, conseguíuse co concepto de necesidades educativas especiais sexa considerado desde unha óptica aberta na que non so se fai referencia aos déficits dos alumnos con minusvalías, sinon que abarca todas as diferencias curriculares en relación co grupo de idade independientemente da orixe individual, social ou de fracaso escolar na que se atope o alumno.
Os medios materiais e recursos humanos con los que cuenta el centro son escasos. Dende a óptica dos recursos humanos, o colexio dispón dunha profesora de audición e linguaxe e de pedagogía terapéutica, unha psicopedagoga e as horas que o EDE lle asigna aos profesores para adicarse a dar apoios ou ACIs. Estos recursos resultan escasos si se quiere profundizar e axudar as necesidades dos alumnos, ademáis hai que ter en conta que estes últimos anos están matriculándose no colexio emigrantes, na que na maioría dos casos teñen un gran desfase curricular amén de outros aspectos personais que deben de formar parte do apoio que reciben. A pesar de esta escasez de recursos específicos, o Plan de Acción Titorial desenvolve e reforza a atención á diversidade, así como as planificacións dos distintos Ciclos e Departamentos didácticos.
Por último, a participación social, entendida como un compromiso da comunidade coa atención á diversidade requiere que as familias e os alumnos tomen posturas de apoio e colaboración.
A intervención educativa nestas etapas atende á diversidade do alumnado, é dicir, centramonos nas actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe. Ademais, pomos énfase na detección temperá do alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas da aprendizaxe, polas súas altas
capacidades intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo, ou por condicións persoais ou de historia familiar.
A detección será efectuada no equipo educativo de cada grupo, asesorada polo departamento de orientación, nas reunións dos equipos docentes previstas no calendario escolar, nas sesións de avaliación, ou en cualquera momento no que se observe o problema. Terase en conta a información recollida polos profesores na avaliación inicial, na marcha do curso, nos informes finais da da avaliación dos años anteriores ( informe final da memoria) ,a avaliación
psicopedagógica e calqueira dato relevante.
En canto se detecten dificultades de aprendizaxe nalgún alumno ou alumna, poñemos en funcionamento as medidas de reforzo educativo que se consideren máis convenientes e que poderán ser tanto organizativas como curriculares e serán valoradas entre o Departamento de Orientación, os profesores implicados, o equipo directivo e o equipo de orientación específica se é o caso. Entre estas medidas encóntranse:
• Apoio dentro do grupo ordinario. • Apoio ocasional fóra do grupo ordinario. • Os agrupamentos flexibles.
• As adaptacións do currículo (ACI). • Os desdobramentos de grupo. • A oferta de materias optativas.
• Outros programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo .
Cando un alumno se incorpora tardíamente ao sistema educativo por proceder doutros países ou por calquera outro motivo, para escolarizalo aténdese as súas circunstancias, coñecementos, idade e historial académico. Para facer este estudio traballán e colaboración os profesores do alumno xunto coa orientadora, facendo unha avaliación inicial, entrevistas coa familia e co neno e unha avaliación psicopedagógica.
Monforte Cando presente graves carencias na lingua realizamos un programa de inmersión lingüística
que é, simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios, cos cales compartirá o maior tempo posible de horario semanal, nos termos que estableza a Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria.
Os alumnos e alumnas que presenten un desfase no seu nivel de competencia curricular de máis dun ciclo son escolarizados nun curso inferior ao que lles correspondería por idade. Neste caso, adoptamos as medidas de reforzo educativo máis adecuadas para facilitar a súa
integración escolar e a recuperación do desfase curricular. No suposto de superar o dito desfase, incorporaranse ao curso que lles corresponde pola súa idade.
A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais flexibilizarase de tal forma que se poida anticipar un curso o inicio da escolarización nesta etapa educativa ou reducir a súa duración cando se prevexa que estas son as medidas máis adecuadas para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa socialización, ou poderá enriquecerse o currículo, nos termos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Alumnado con necesidades educativas especiais.
Enténdese por alumnado que presenta necesidades educativas especiais aquel que requira, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves da conduta, tal como indica o artigo 73 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Para que este alumnado poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos da etapa, establecense as medidas curriculares e organizativas oportunas que aseguren o seu adecuado progreso, dentro dos principios de inclusión e normalidade. Realizanse Adaptacións curriculares que se aparten significativamente dos contidos e criterios de avaliación do currículo, dirixidas a este alumnado con necesidades educativas especiais.
Monforte
6. CRITERIOS PARA INTRODUCIR OS VALORES
NAS DISTINTAS MATERIAS.
Monforte