Artigo 329. A Comunidade Autónoma
galega regulará, mediante lei do Parlamen- to de Galicia, as facendas das entidades locais de Galicia no marco do establecido pola lexislación básica do Estado.
Artigo 330. Correspóndelle á Comu-
nidade Autónoma galega, de conformidade co artigo 49 do Estatuto de Autonomía de Galicia, exercer a tutela financeira sobre as entidades locais, respectándolle a auto- nomía que lles recoñecen os artigos 140 e 142 da Constitución.
Artigo 331. 1. Para o exercicio das súas competencias e o cumprimento dos fins que as entidades locais de Galicia teñen confiados estas serán dotadas de recursos suficientes.
2. As facendas das entidades locais galegas nutriranse dos tributos propios, da participación nos tributos do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia e daqueloutros recursos que para tal efecto se prevexan, de conformidade e co alcance que se estableza na lei á que se refire o
artigo 329 desta lei e, se é o caso, a lexisla- ción xeral do Estado.
Artigo 332. 1. A lei á que se refire o
artigo 329 desta lei regulará un Fondo de Cooperación Local, e a Lei de Orzamen- tos da Comunidade Autónoma de Galicia fixará a contía anual do devandito fondo. 2. Este Fondo de Cooperación Local terá por obxecto compensar os desequili- brios internos de Galicia en infraestruturas básicas de carácter local e, en particular, incrementar estas, achegando os servizos públicos locais de Galicia á media do Estado, facilitando, ao mesmo tempo, o apoio á actividade económica nos núcleos e nas zonas menos desenvolvidos da Co- munidade Autónoma.
Artigo 333. A lei que regule as facen-
das locais de Galicia ordenará en especial as seguintes materias:
a. Os ingresos procedentes do seu pa- trimonio e demais de dereito privado.
b. Os tributos propios.
c. As participacións nos tributos da Comunidade Autónoma de Galicia.
d. As subvencións, establecéndose para tal efecto un rexistro das subvencións e axudas ás entidades locais.
e. O produto das operacións de crédito. f. O produto das multas e sancións no ámbito das súas competencias.
g. As demais prestacións de dereito público.
DISpOSIcIóN ADIcIONAl
No prazo de seis meses, a partir da entrada en vigor desta lei, quedará cons- tituída a Comisión Galega de Cooperación Local, á que se refiren os artigos 188 e seguintes desta lei.
DISpOSIcIóN tRANSItORIA pRIMeIRA
Os expedientes relativos á constitución de mancomunidades de municipios e de entidades locais menores, así como as alteracións de termos municipais en tramitación á entrada en vigor desta lei, axustaranse ao previsto nela.
DISpOSIcIóN tRANSItORIA SeguNDA
Os expedientes relativos a plans, pro- gramas de investimento ou calquera outro da mesma natureza regulado nesta lei e que se atopen en tramitación á súa entrada en vigor axustaranse ao previsto nela.
DISpOSIcIóN tRANSItORIA teRceIRA
A Federación Galega de Municipios e Provincias, recoñecida polas entidades locais como a entidade asociativa máis representativa e maioritaria, terá as facul- tades establecidas nesta lei e as derivadas da súa representatividade.
DISpOSIcIóN DeRROgAtORIA
Quedan derrogadas as normas de igual ou inferior rango no que contradigan ou se opoñan ao disposto nesta lei, especialmente a Lei 8/1989, do 1 de xuño, de Delimita- ción e Coordinación das Competencias das Deputacións Provinciais Galegas.
DISpOSIcIóN DeRRADeIRA pRIMeIRA
A organización, o funcionamento e as competencias da parroquia rural serán regulados, no seu día, por unha Lei do Parlamento de Galicia.
DISpOSIcIóN DeRRADeIRA SeguNDA
1. Autorízase o Consello da Xunta de Galicia para ditar as disposicións regulamen- tarias para o desenvolvemento desta lei. 2. O desenvolvemento regulamentario ao que se refire o apartado anterior efec- tuarase no prazo dun ano dende a entrada en vigor desta lei.
3. Mentres non se efectúe o desenvolve- mento regulamentario serán aplicables os regulamentos e as demais disposicións do Estado sobre a materia en todo aquilo que non se opoña, contradiga ou sexa incom- patible co establecido nesta lei. Aprobados os regulamentos pola Xunta de Galicia, as normas estatais serán aplicables supleto- riamente, de conformidade co establecido polo artigo 149.3 da Constitución.
Establécese un período de vacatio legis de tres meses para a entrada en vigor desta lei, que se contará dende o día seguinte ao da súa publicación no “Diario Oficial de Galicia”.
2. LEI 7/1996, DO 10 DE XULLO, DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL (DOGA N.º 142, 19. 7. 1996) (…) 139 TÍTULO I DISPOSICIóNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto da lei.
Coa finalidade de promover o desenvol- vemento comarcal, a presente lei ten por obxecto establecer o marco normativo daquel, que se realizará a través dunha actuación territorial baseada na dina- mización dos recursos endóxenos e das iniciativas locais, mediante a implanta- ción gradual e participativa de plans de desenvolvemento comarcal que permitan a integración da planificación socioeco- nómica e a ordenación do territorio, así como a coordinación das distintas admi- nistracións e dos investimentos públicos nos ámbitos comarcais que se configuren e que serían o instrumento para ir dotando de capacidade de actuación as comarcas.
Artigo 2. Fins.
Os fins do desenvolvemento comarcal que persegue a presente lei son os seguintes: 1. A coordinación das diferentes admi- nistracións implicadas para favorecer o desenvolvemento local, mediante un mo- delo de cooperación horizontal e vertical que permita unha maior e máis eficiente asignación dos recursos.
2. A configuración das comarcas como unidades supramunicipais, como o ámbito máis adecuado para a coordinación e inte- gración da planificación socioeconómica e da planificación física, e para a protec- ción do medio ambiente nun modelo de desenvolvemento integrado.
A dm in is tr ac ió n lo ca l 3. A implantación de estratexias de coordinación e de planificación integrada sen multiplicar as estruturas administrati- vas existentes.
4. O fortalecemento do papel dos axen- tes socioeconómicos públicos e privados da comarca como factores dinamizadores do desenvolvemento.
. A aplicación dos principios e dos métodos do modelo de desenvolvemento local a todo o territorio, mediante unha implantación gradual e participativa para deseñar proxectos estratéxicos de desen- volvemento comarcal.
. A busca dunha solución para as si- tuacións críticas que derivan dos procesos de despoboamento demográfico, avellenta- mento, descapitalización, infraequipamento e subutilización de recursos.
. A definición das especificidades produtivas comarcais, que permitan es- tablecer as vantaxes comparativas dentro dunha oferta de calidade.
8. A redución dos desequilibrios terri- toriais existentes.
9. A contribución á ordenación do territorio, co fin de facer compatible a protección do medio —entendido como recurso e como calidade de vida— co desenvolvemento comarcal.
Artigo 3. Ámbito de aplicación.
1. Subxectivo.
a. O cumprimento dos obxectivos especi- ficados no artigo anterior é responsabilidade de todas as administracións públicas impli- cadas, e, en particular, afectará a:
- A Administración autonómica. - A Administración local.
b. Dentro do marco de competencias constitucionalmente establecido o Gabi- nete de Planificación e Desenvolvemento Territorial da Xunta de Galicia procurará a coordinación coas accións da Adminis- tración xeral do Estado.
2. Territorial.
A presente lei abrangue a totalidade do terri- torio da Comunidade Autónoma de Galicia.
TÍTULO II
DO PLAN DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA
capítulo I PrinCiPios e obXeCtivos
Artigo 4. Dos plans de desenvolve-
mento comarcal.
1. A comarca constitúe o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal.
2. O Plan de desenvolvemento co- marcal concíbese como un instrumento de coordinación para a concreción das directrices e normas básicas contidas na lexislación de ordenación do territorio e no Plan económico e social para alcanzar o desenvolvemento territorial homoxéneo e equilibrado de Galicia.
3. Os plans de desenvolvemento comarcal serán formulados, tramitados e aprobados segundo o procedemento establecido nesta lei e nas normas que a desenvolvan. En todo caso, deberá asegurarse o trámite de información pública e de audiencia das administracións implicadas.
Artigo 5. Principios do Plan de des-
envolvemento comarcal.
O Plan de desenvolvemento comarcal funda- mentarase nos seguintes principios xerais: 1. Voluntariedade na incorporación ao proceso de desenvolvemento comarcal. 2. Participación, mediante a colaboración activa e voluntaria, dos axentes económicos e sociais de cada comarca.
3. Coordinación das accións das distin- tas administracións no territorio comarcal. 4. Subsidiariedade, como principio desti- nado a alcanzar a maior eficacia na distribu- ción das accións de desenvolvemento entre as diferentes administracións territoriais. . Adicionalidade, mediante a suma de esforzos financeiros das distintas ad- ministracións e axentes socioeconómicos implicados.
. Complementariedade entre as ini- ciativas de desenvolvemento local a través
dos plans de desenvolvemento integrado de cada comarca.
. Flexibilidade, tanto no deseño e na aplicación dos plans coma no sistema de avaliación aberta e seguimento continuo.
Artigo 6. Obxectivos.
Para o cumprimento dos fins sinalados no título anterior, o Plan de desenvolvemento comarcal estará orientado á consecución de:
a. A estandarización dos equipamentos públicos.
b. O desenvolvemento social e eco- nómico da comarca nos seus ámbitos formativos, culturais e sociais.
c. A inserción da comarca nos sistemas xerais de comunicación, produción, comer- cialización, promoción e outros relativos ao desenvolvemento económico dela.
d. A determinación das distintas apti- tudes e usos do solo en función das súas capacidades produtivas e do seu valor medioambiental.
e. Crear e mellorar as infraestructuras e servizos locais que favorezan a descen- tralización produtiva, a capacidade de innovación e o uso de novas tecnoloxías, para competir nun mercado aberto.
f. Articular o sistema de asentamentos, potenciando os niveis intermedios, é dicir, os centros e subcentros comarcais de desen- volvemento, como núcleos de crecemento.
g. Promover a creación de mancomu- nidades voluntarias para a prestación de servizos na totalidade ou en parte dos concellos que integran a comarca.
h. Propiciar a creación e potenciación de organizacións intermedias de dinami- zación interna.
i. Implantar unha estrutura territorial descentralizada, adaptada á dispersión do hábitat, co fin de lle achegar á poboación os servizos que a sociedade moderna demanda. j. Racionalizar unha desconcentración flexible dos servizos administrativos, para conseguir unha mellor relación entre eles e as necesidades comarcais.
capítulo II
A estruturA Dos instrumentos De PlAnifiCACión
Artigo 7. Dos instrumentos de plani-
ficación.
1. O Plan de desenvolvemento comarcal materialízase por medio dos plans de desen- volvemento de cada comarca, que son así os instrumentos específicos de planificación. 2. Os plans de desenvolvemento comar- cal axustaranse aos plans de ordenación dos recursos naturais, ás directrices de ordenación do territorio e aos plans terri- toriais integrados que os afecten, e, se é o caso, revisaranse para axustar a estes as súas determinacións no prazo e mediante o procedemento que regulamentariamente se estableza.
3. Os plans de desenvolvemento comar- cal que se aproben terán a consideración de programas coordinados de actuación pre- vistos na Lei de Ordenación do Territorio.
Artigo 8. Estrutura e contido.
Os plans de desenvolvemento de cada comarca terán a seguinte estructura e contido mínimo:
1. Estudo socioeconómico. 2. Estudo do medio físico.
3. Programación de estratexias e ac- cións de desenvolvemento comarcal.
Artigo 9. Estudo socioeconómico.
O estudo socioeconómico terá, polo me- nos, os seguintes contidos:
1. Unha análise da cohesión interna e da integración funcional da comarca, así como a súa vertebración económica e social co resto de Galicia.
2. O estudo do marco territorial, co fin de establecer unha clasificación do territo- rio comarcal en áreas e subáreas. 3. Unha análise dos recursos humanos, para determinar a estrutura e as tendencias na evolución da poboación.
4. Unha análise da estrutura socioeco- nómica, co fin de detectar as vantaxes comparativas e as barreiras que afecten o sistema produtivo.
A dm in is tr ac ió n lo ca l
. Unha análise da calidade de vida, para determinar as debilidades existentes ou os problemas de marxinalidade que poden condicionar a habitabilidade e as condi- cións de vida dos habitantes da comarca. . O estudo da rede urbana comarcal e da estrutura funcional do territorio, esta- blecendo, con criterios técnicos, os centros urbanos ou núcleos de poboación que, polas súas características e posibilidades, poidan funcionar como centros e subcen- tros de desenvolvemento da comarca. . Unha síntese funcional, detectando as oportunidades e debilidades existentes, co fin de fixar os mecanismos alternativos de potenciación ou corrección.
Artigo 10. O estudo do medio físico.
O estudo do medio físico ten como fin obter unha síntese do potencial do territo- rio, en función dos recursos naturais da comarca. Isto implica unha clasificación do espazo comarcal segundo as súas aptitudes produtivas, para compatibilizar o desenvolvemento socioeconómico co medio ambiente e coa calidade de vida. O dito estudo incluirá, polo menos:
a. Un mapa ambiental, no que se lo- calicen áreas con forte impacto negativo, áreas de conservación e de protección.
b. Un mapa de recursos naturais de valor estratéxico, que conteña os usos e as aptitu- des do medio físico que, polo seu potencial natural, sexan susceptibles de seren utiliza- dos como recursos para o desenvolvemento, en particular, no que concirne aos recursos paisaxísticos, cinexéticos, piscícolas ou doutras actividades de ocio.
Artigo 11. Programación de estra-
texias e accións de desenvolvemento. A programación de estratexias e accións de desenvolvemento abranguerá, polo menos, os seguintes apartados: 1. Os factores diferenciais da comarca.
Determinarase, a partir dos estudos realizados, un diagnóstico das poten- cialidades da comarca. Abranguerá tanto as debilidades estruturais coma as
oportunidades existentes, determinando as vantaxes diferenciais que constitúen —ou poden constituír— o fundamento para o desenvolvemento da comarca.
2. Obxectivos estratéxicos.
A partir dos factores diferenciais farase unha selección de prioridades e obxecti- vos co fin de establecer unha estratexia integrada de desenvolvemento comarcal. 3. Accións de desenvolvemento. Cada obxectivo estratéxico componse dun conxunto de accións de desenvolvemento, é dicir, actuacións que se considera necesario realizar no período de vixencia do plan para a consecución dos ditos obxectivos.
Artigo 12. Iniciativa.
1. A iniciativa para a inclusión dunha comarca no Plan de desenvolvemento comarcal corresponderalles aos concellos integrantes, sempre que o soliciten polo menos dous terzos deles, mediante acordo que lle trasladarán á Xunta de Galicia. O Consello da Xunta de Galicia, por pro- posta do conselleiro competente por razón da materia, adoptará o acordo de incluír a área comarcal no Plan de desenvolvemen- to comarcal.
2. Adoptado o acordo anterior, consti- tuirase o Consello Comarcal conforme o artigo 22 desta lei.
Artigo 13. Prediagnóstico.
Unha vez que o Consello da Xunta acorde a inclusión dunha comarca no Plan de desenvolvemento comarcal, e cons- tituído o Consello Comarcal, o órgano competente da Xunta de Galicia elaborará un prediagnóstico, que incluirá o estudo socioeconómico e do medio físico. A súa elaboración prevé un sistema participa- tivo que inclúe as corporacións locais da comarca e os axentes socioeconómicos dela. O dito prediagnóstico constitúe unha primeira proposta de obxectivos e accións, que se someterá á consideración do Conse- llo Comarcal polo prazo dun mes. Coas suxerencias que este emita daráselle traslado á Comisión de Comarcalización,
que emitirá informe no prazo dun mes sobre a súa viabilidade, conveniencia e oportunidade.
Artigo 14. Procedemento de aprobación
do Plan de desenvolvemento comarcal. 1. Á vista das suxerencias emitidas polo Consello Comarcal e do informe da Comisión de Comarcalización, redactara- se o proxecto do Plan de desenvolvemento comarcal da área.
O dito proxecto será sometido, simulta- neamente, a informe:
a. Da Consellería de Economía e Fa- cenda, co fin de verificar a súa adecuación aos obxectivos do Plan económico e social de Galicia e ao Plan de investimentos.
b. Da Consellería competente en polí- tica territorial, para comprobar se as súas determinacións se axustan ás establecidas nos instrumentos de ordenación do terri- torio de rango superior.
c. Da Consellería competente en mate- ria de Administración local.
d. Da Consellería de Agricultura. e. Da Consellería de Pesca nas comar- cas pesqueiras.
Ao mesmo tempo, someterase a informe das demais consellerías que se conside- ren interesadas.
Os ditos informes deberán emitirse no prazo de dous meses. Transcorrido o dito prazo, entenderase emitido con carácter positivo. 2. Emitidos e incorporados, no que proceda, os ditos informes ao proxecto, remitiránselles estes aos concellos e ás de- putacións provinciais afectados, para que no prazo dun mes formulen as alegacións que coiden convenientes. Igualmente, daráselle traslado á Delegación do Go- berno en Galicia para que, se o considera oportuno, os distintos órganos sectoriais da Administración xeral do Estado intere- sados emitan o oportuno informe. No mesmo período de tempo abrirase un trámite de información pública, e coas modificacións que, se é o caso, sexan per- tinentes procederase á aprobación inicial
polo Consello Comarcal, que deberá ser acordada por maioría de dous terzos dos seus membros.
3. Unha vez aprobado inicialmente, elevaráselle ao Consello da Xunta de Gali- cia para a súa aprobación definitiva. A aprobación definitiva revestirá a forma de decreto e será obxecto de publicación no “Boletín Oficial del Estado” e no “Dia- rio Oficial de Galicia”.
Artigo 15. Colaboración das deputa-
cións provinciais.
As deputacións provinciais participarán activamente na elaboración e xestión dos plans de desenvolvemento comarcal, colaborando no cumprimento dos seus obxectivos a través das súas unidades técnicas comarcais.
Os plans de desenvolvemento comarcal terán carácter de marco de referencia para a elaboración dos plans provinciais de cooperación de obras e servizos.
capítulo III