• No se han encontrado resultados

Capítulo V Cota Tributaria

DISPOSICIÓN FINAL Entrada en vigor.

A presente ordenanza e o seu Anexo entrará en vigor e será de aplicación una vez sexa publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa entrada en vigor.

ANEXO

A estrutura e contía do prezo público pola prestación do servizo de subministro de libros e outras publicacións será a seguinte:

-Polo subministro do anuario “Descubrindo”...13,22 € -Polo subministro de cada monografía...9,02 € -Por subscricións anuais a tres publicacións do S.E.D...45,00 €

ORDENANZA FISCAL Nº 28

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LAVADO E DESINFECCIÓN DE VEHÍCULOS

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das facendas locais, este concello establece a Taxa pola prestación do servizo de lavado e desinfección de vehículos, de acordo co previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a efectiva prestación do servizo do Parque municipal de lavado e desinfección de vehículos instada polo suxeito pasivo ou ben cando fora directamente provocada polas accións u omisións de particulares cando se refire, afecte ou beneficie de modo particular ó suxeito pasivo.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten o servizo ou redunde no seu interese a prestación do mesmo.

Artigo 4º.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos,

interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

A cota tributaria pola prestación do servizo de lavado e desinfección de vehículos

determinarase en función do tipo de vehículo a que afecte, segundo a estrutura e contías fixadas no anexo desta Ordenanza.

Artigo 6º.- Devengo.

Devengase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servizo, sen prexuízo da posibilidade de esixi-lo depósito previo do seu importe total ou parcial no momento de solicita-la prestación do servizo .

Artigo 7º.- Liquidación e ingreso.

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación mediante o impreso que se facilite nos servicios económicos deste concello.

Artigo 8º.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

Esta ordenanza fiscal entrará en vigor e será de aplicación a partir da data de publicación da súa redacción definitiva no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa

modificación ou derrogación expresas.

ANEXO

1.- Desinfección: -Camións de 4 ou máis Tm. 5,41 €. -Camións de menos de 4 Tm. 4,21 €. -Remolques lixeiros. 1,80 €. 2.- Lavado: -Camións de 2 pisos. 6,61 €.

-Camións de 2 pisos con remolque de 1 piso. 9,02 €.

-Camións de 2 pisos con remolque de 2 pisos. 12,02 €.

-Camións de 1 piso, de 4 ou máis Tm. 4,81 €.

-Camións de 1 piso e menos de 4 Tm. 3,61 €.

ORDENANZA FISCAL Nº 29

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PUBLICO POR ASISTENCIA E ESTANCIA EN RESIDENCIAS, ALBERGUES, GARDERÍAS INFANTÍS E OUTROS ESTABLECEMENTOS DE NATUREZA ANÁLOGA. Artigo 1º. Natureza e fundamento

No uso das facultades conferidas polo artigo 117 en relación co artigo 41 da Lei 39/88, do 28 de decembro, Reguladora das facendas locais, na redacción dada pola Lei 25/98, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece o prezo público pola asistencia e estancia en residencias, albergues, garderías infantís e outros establecementos de natureza análoga, que se rexerá polo que dispoña esta ordenanza.

Artigo 2º.- Obrigados ó pagamento

Estarán obrigados ó pagamento deste prezo público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades que se detallan nas tarifas da mesma e teñan a condición de pais dos nenos en situación de alta na Gardería Infantil Municipal “Pontiñas” e, no seu defecto, os familiares ou titores legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.

A obriga de pagar nace dende o momento en que se inicie a prestación do servizo, sen prexuízo da posibilidade de esixi-lo depósito previo do seu importe total ou parcial.

Artigo 3º.- Pagamento.-

O pagamento das cotas, sen prexuízo do establecido no artigo quinto, realizarase mensualmente nos dez primeiros días do mes que corresponda. Nos casos en que o ingreso do neno no centro se produza con posterioridade ó día primeiro do mes, a cota correspondente ó dito mes aboarase conxuntamente co mes seguinte á data de ingreso.

No caso de utilización do servizo de comedor por días soltos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa cota do mes seguinte.

Salvo o disposto no artigo quinto, a falta de asistencia do neno/a ó centro non supón reducción nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.

A falta de pagamento de dúas mensualidade consecutivas ou tres alternas orixinará a perda do dereito á praza.

1. Para efectos de baremación, enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

2. Enténdese por unidade familiar, para os efectos de baremación das solicitudes, a formada polos pais e fillos menores de 18 anos ou fillos maiores de 18, cunha minusvalidez superior ó 33 % . No caso de familias monoparentais, e para efectos de cálculo da renda per cápita ó que se refire o parágrafo anterior, incrementándose nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

3. Ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñible, previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.

4. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles que se fai referencia obteranse como resultado de lles aplicar ós datos existentes que aportan, os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Artigo 5º.- Suspensión temporal da cota.

Os suxeitos obrigados ós que fai referencia o artigo segundo, non terán a obriga de aboa-la cota durante os seguintes períodos:

1. O mes de vacacións anual do neno/a

2. Cando, por calquera motivo o centro permaneza pechado un período superior a quince días. 3. Cando, por cousa debidamente xustificada o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro.

Neste caso, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 %.

A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o Concello, no Departamento de Servizos Sociais, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.

Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así

mesmo, nos casos en que o Concello de Lalín acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.

Artigo 6º.- Horario.-

A efectos do cálculo das cotas, enténdese por horario ordinario o comprendido entre as entre as 9:00 horas e as 18:00 horas.

Entenderase por horario extraordinario ou ampliado as horas de permanencia dos nenos na gardería fora do horario ordinario; todo o que exceda do horario ordinario entenderase como horario ampliado a efectos do cálculo da tarifa a repercutir sobre o usuario.

Artigo 7º.- Contía

O importe do prezo público será o fixado nas tarifas que se recollen no anexo desta ordenanza.

Artigo 8º- Entrada en vigor.-

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da provincia, e teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, e comezará a aplicarse o día 1 de setembro de 2002.

ANEXO