CHANTADA Anuncio
FASE DE CONCURSO:
A fase de concurso será previa á fase de oposición. Na fase de concurso valoraranse os seguintes méritos, ata un máximo de 40 puntos.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
a) Experiencia en administracións públicas nun posto de traballo relacionado coa praza obxecto da convocatoria: 0,6 puntos por cada mes traballado.
A puntuación máxima a acadar neste apartado será de 15 puntos.
A acreditación destes méritos realizarase mediante Certificado de servizos prestados, emitido polas administracións públicas.
FORMACION
a) Titulacións académicas. Valoraranse as titulacións académicas superiores á esixida para o desempeño do posto:
- Certificado de escolaridade: 2,5 puntos. - Graduado en ESO ou equivalente: 5 puntos. - Bacherelato ou equivalente: 7,5 puntos.
A puntuación máxima a acadar neste apartado será de 7,5 puntos.
b) Cursos de formación. Asistencia a cursos de formación e perfeccionamento relacionados coa praza obxecto da convocatoria, organizados por centros oficiais ou homologados:
- Cursos de 10 o mais horas e ata 50 horas: 0,50 puntos por curso. - Cursos de máis de 50 horas e ata 100 horas: 1 punto por curso. - Cursos de máis de 100 horas e ata 200 horas: 1,5 puntos por curso. - Cursos de máis de 200 horas: 2,5 puntos por curso.
A puntuación máxima a acadar neste apartado será de 15 puntos.
A acreditación destes méritos realizarase mediante diploma ou certificado emitido polo centro oficial ou homologado que organice o curso, onde se indique o número de horas.
c) Coñecemento da lingua gallega. Valorarase o nivel do Certificado CELGA ou equivalente: - CELGA 1: 0.5 puntos
- CELGA 2: 1 punto. - CELGA 3: 1,5 puntos - CELGA 4: 2 puntos - CELGA 5: 2,5 puntos
A puntuación máxima a acadar neste apartado será de 2,5 puntos. FASE DE OPOSICIÓN:
A fase de oposición será posterior á do concurso, e valorarase ata un máximo de 60 puntos.
Consistirá na realización de duas probas de aptitude eliminatorias e obrigatorias para os aspirantes. Os aspirantes serán convocados en chamamento único, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, salvo causa de forza maior debidamente acreditada e libremente apreciada polo Tribunal.
En calquera momento o Tribunal poderá requirir aos opositores para que acrediten a súa personalidade. Os candidatos deberán acudir provistos do DNI ou, no seu defecto, pasaporte ou carné de conducir. Finalizada a fase de oposición, o Tribunal procederá a valorar os méritos e servizos dos aspirantes que fosen considerados como aptos na citada fase de oposición.
Os dous exercicios serán obrigatorios e eliminatorios, cualificándose ata un máximo de 30 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 15 puntos.
PRIMEIRO EXERCICIO: Realización dun exame que versarán sobre os 10 temas comúns e materias do programa que figura no ANEXO I. Consistirá en contestar por escrito, nun período máximo de sesenta minutos, 20 preguntas tipo test de resposta alternativa relacionadas cos temas comprendidos nas Bases. Por cada tres preguntas mal contestadas descontarase unha ben contestada.
SEGUNDO EXERCICIO: Exercicio sobre actividades propias do cargo a desempeñar. Esta proba desenvólvese nas dependencias do Concello, nun periodo máximo de sesenta minutos, e consistirá en:
- Tratamento de texto en Word 2000. - Manexo de programa Excel - Navegación por Internet.
A cualificación da fase de oposición será a suma das puntuacións obtidas nos dous exercicios. SÉTIMA. Cualificación final
A cualificación final do concurso-oposición será a suma dos puntos obtidos na fase de oposición e a obtida na fase de concurso.
OITAVA. Relación de Aprobados, Presentación de Documentos e Nomeamento
Unha vez terminada a cualificación dos aspirantes, o Tribunal propoñerá o nomeamento dos aspirantes que superasen a fase de oposición, a fase de concurso [e o período de prácticas ou curso de formación].
Os aspirantes propostos aportarán ante a Administración, dentro do prazo de vinte días naturais desde que se publiquen as listas de aprobados os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.
Así pois, deberán presentar certificado médico que acredite non padecer defecto ou enfermidade que impida a posibilidade funcional do desempeño da tarefa de administrativo.
Aqueles que dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou da mesma deducírase que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen ter incorrido por falsidade nas súas solicitudes de participación.
[Os que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustificar as condicións e requisitos xa acreditados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificación do Ministerio ou Organismo do que dependan acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal]
A relación definitiva de aprobados elevarase á Autoridade competente, que a publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A resolución de nomeamento será adoptada pola Alcaldía a favor do aspirante ou aspirantes propostos polo Tribunal, no termo dun mes a contar desde a expiración do prazo dos 20 días naturais indicados anteriormente.
O nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, unha vez publicado o nomeamento de funcionario, este deberá tomar posesión ou incorporarse dentro do prazo dun mes en virtude do artigo 47.4 do Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo.
A condición de funcionario adquírese por cumprimento dos seguintes requisitos (artigo 47 do Decreto 1/2008, de 13 de marzo):
a) Superar as probas selectivas e os cursos de selección ou formación que sexan procedentes. b) Nomeamento conferido pola autoridade competente e publicado no Diario Oficial de Galicia.
c) Xurar ou prometer fidelidade á Constitución, ao Estatuto de Autonomía de Galicia e obediencia ás leis, así como desempeñar con imparcialidade o exercicio da función pública.
Tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento. NOVENA. Incidencias
As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico da Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer polos interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, a partir do día seguinte ao de publicación do seu anuncio no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da
Xurisdición Contencioso-Administrativa).
No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado e no que non estea reservado á lexislación do Estado será de aplicación o Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia.
ANEXO I (MODELO DE INSTANCIA)
D. _____________________, con DNI n.º ________________, e domicilio a efectos de notificación en ____________________________,
EXPÓN
PRIMEIRO. Que vista a convocatoria anunciada no Boletín Oficial do Estado n.º _____, con data
__________, en relación coa convocatoria para a provisión en propiedade mediante o sistema de concurso/oposición dunha praza de Conserxe de edificios Municipais conforme ás bases que se publican no Boletín Oficial da Provincia número _____, con data _________.
SEGUNDO. Que cree reunir todas e cada unha das condicións esixidas nas bases referidas á data de
expiración do prazo de presentación da instancia.
TERCEIRO. Que declara coñecer as bases xerais da convocatoria para a provisión en propiedade dunha
praza de Conserxe de edificios municipais, mediante o sistema de Concurso-Oposición.
CUARTO. Que adxunta a documentación requerida nas bases da convocatoria.
Por todo iso,
1.1.1.1 SOLICITA
Que se admita esta solicitude para as probas de selección de persoal referenciada.
En _________________, a _____ de ____________ de 20__.
O solicitante,
ANEXO II
TEMARIO PROCESO SELECTIVO PRAZA DE SUBALTERNO DE ADMINISTRACIÓN XERAL (CONSERXE DE