• No se han encontrado resultados

Glosario

In document Educación a distancia semipresencial (página 54-57)

A

Arqueobacterias

Microorganismos unicelulares, diferentes das bacterias, carentes de núcleo. Viven en todos os tipos de hábitats, algúns deles extremos (hipertérmicos, hipersalinos, ácidos…) Constitúen o dominio Archaea.

Bacterias Microorganismos unicelulares de formas moi variadas, carentes de núcleo e con frecuen-

cia dotados de parede celular. Son os organismos máis abundantes do planeta.

Bulbo Pequeno depósito de líquido termométrico; adoita ter as paredes moi finas para que o termómetro chegue rapidamente ao equilibrio térmico co exterior.

B

Bunsen Robert W. Bunsen (1811–1899), químico alemán. Perfeccionou o queimador de gas inven-

tado por Michael Faraday.

Calor Enerxía que se transmite dun corpo a outro por estaren a diferente temperatura. Mídese en

joules no Sistema Internacional.

Calor de fusión Calor que precisa unha substancia para pasar do estado sólido ao líquido.

Calor latente Cantidade de calor absorbida ou cedida por un quilogramo dunha substancia nun cambio

de estado de agregación.

Caloría Unidade antiga de calor, hoxe substituída polo joule. Unha caloría equivale a 4,18 joules.

Caótico Desordenado. O movemento das moléculas nun gas é caótico, as moléculas móvense en todas as direccións con moi variadas velocidades.

Celsius Anders Celsius (Suecia, 1701–1744), físico e astrónomo sueco. Modificou as escalas de

Reamur (francesa) e de Fahrenheit (alemaña) e propuxo a centígrada.

Coeficiente Nun monomio é o número que multiplica a parte literal (as letras).

Condución Forma de transmisión da calor a través dos corpos, sen transporte de materia. Non existe condución de calor no baleiro.

Convección Forma de transmisión da calor nos corpos fluídos, onde se orixinan correntes de convec-

ción que distribúen a calor por todo o fluído (líquido ou gas).

C

Corrente de convección

Movemento do fluído que se orixina por diferenzas de temperaturas nel, de xeito que a calor xerada no foco quente se transmite a todo o volume do fluído. Na convección hai transporte de enerxía e de materia.

D

Dilatar Aumentar o tamaño dun corpo ou dunha substancia.

Ecuación Igualdade que só é certa para algúns valores das incógnitas.

E

Equilibrio térmico Igualdade de temperatura a que chegan dous corpos que inicialmente estaban a distintas temperaturas logo de intercambiar calor.

Fahrenheit

Gabriel Fahrenheit (Gdansk, 1686–1736). Propuxo en 1724 a escala de temperaturas que leva o seu nome. Nesta, o 0 ºF coincide coa temperatura de conxelación dunha mestura a partes iguais de auga e cloruro amónico; os 32 ºF son a temperatura dunha mestura de auga e xeo, sen sal. Inventou o termómetro de mercurio.

Fotosíntese

Proceso que se desenvolve nas plantas, algas e algunhas bacterias, no que a enerxía da luz capturada é utilizada para transformar substancias inorgánicas (auga, dióxido de car- bono, sales) en moléculas orgánicas.

F

Páxina 55 de 57

Glicosa Tamén chamada dextrosa. É un monosacárido, un azucre, de fórmula Cen forma libre nas froitas e no mel. 6H12O6. Atópase

G

Grao Dun monomio: é a suma dos expoñentes aos que están elevadas as letras do monomio.

Grao dun polinomio: o maior dos graos dos monomios do polinomio.

H

Hibernación

Estado de hipotermia (temperatura máis baixa do normal) que permite durante un tempo aforrar enerxía aos animais no inverno. Durante a hibernación o metabolismo dos animais redúcese, así como a frecuencia cardíaca e a respiratoria; durante a hibernación os ani- mais viven das reservas que acumularon na estación quente.

Identidade Igualdade de tipo A = B que é sempre certa para todos os valores das letras.

Illante Substancia non condutora da calor.

Incógnita Nunha ecuación, incógnita é a letra cuxo valor temos que achar.

Infravermello Significa “por debaixo do vermello”. Refírese ás ondas electromagnéticas que teñen unha

frecuencia menor que a luz visible vermella.

I

Iodo

Sólido de cor aparentemente negra, que se transforma en vapor violeta quecendo suave- mente. Pertence ao grupo dos halóxenos, xunto co flúor, o cloro e o bromo. Disólvese pouco en auga e bastante en alcohol. Disolvido en alcohol úsase como desinfectante.

Kelvin

Escala de temperaturas creada por William Thomson (Lord Kelvin) (Irlanda, 1824–1907) no ano 1848, baseada na escala Celsius, pero que asigna ao punto triplo da auga (temperatu- ra na que coexisten os tres estados sólido, líquido e vapor) o valor 273,16 K.

K

Krause (corpúsculos)

Son os encargados de detectar a sensación de frío cando a temperatura exterior é inferior á do noso organismo. Atópanse no nivel profundo da hipoderme. Foron descubertos polo anatomista alemán Wilhelm Krause (1833-1910).

Monomio Expresión matemática formada por números e letras que se multiplican entre si. As letras

poden estar elevadas a expoñentes diferentes da unidade.

M

Monomios semellantes

Dous monomios son semellantes cando teñen iguais a parte literal, incluídos os expoñen- tes de cada letra.

O

Onda electromagnética

Asociación dun campo eléctrico variable e un campo magnético tamén variable que se propaga coa mesma velocidade que a da luz. Non precisa de ningunha substancia material para poder propagarse.

Parte literal Son as letras dun monomio.

Partícula

Obxecto material moi pequeno comparado coas demais lonxitudes das que se trate. Por exemplo, o planeta Terra pode considerarse como unha partícula comparado coas dimen- sións do sistema planetario solar.

P

Polinomio Conxunto de varios monomios unidos polos signos da suma e da resta.

Radiación Forma de transmisión da calor e da enerxía por medio de ondas electromagnéticas.

R

Ruffini (corpúsculos)

Receptores sensoriais situados na parte profunda da derme e superior da hipoderme. Detectan temperaturas superiores ás normais do noso corpo; abundan na palma da man.

Solución Solución dunha ecuación: é o valor numérico da incógnita que fai certa a igualdade. Unha

ecuación pode ter varias solucións.

Sublimación Paso do estado sólido ao estado gas dunha substancia, sen pasar polo estado líquido intermedio.

S

Páxina 56 de 57

Temperatura

É unha medida da velocidade cuadrática media das moléculas dun corpo. Mídese en Kelvin no Sistema Internacional de unidades. Outras escalas son a Celsius, a Fahrenheit e a Reamur.

Termo Cada un dos monomios que forman parte de unha ecuación.

Termo

independente Nun polinomio ou nunha ecuación, é o monomio que só ten números, non ten parte literal.

Transferir Pasar ou levar algo dun lugar a outro.

T

Traspor Nunha igualdade, cambiar de membro un número, unha letra ou un monomio.

Vaporización Paso dunha substancia ao estado gas.

V

Páxina 57 de 57

In document Educación a distancia semipresencial (página 54-57)

Documento similar