• No se han encontrado resultados

Identificación e clasificación das emerxencias

Capítulo 6. PLAN DE ACTUACIÓN ANTE EMERXENCIAS

6.1. Identificación e clasificación das emerxencias

Os riscos teñen intrinsecamente un perigo potencial, cando concorren unha serie de causas no tempo e no lugar preciso; cunhas condicións específicas, prodúcese o accidente, que á súa vez causa danos ás persoas e os bens materiais.

Cando por un accidente se rompe a situación de normalidade, alterándose por conseguinte os procesos habituais, créase a situación de emerxencia.

Ante unha situación de emerxencia o que se pretende conseguir é que esta teña unha incidencia mínima ou nula sobre:

 As persoas (traballadores do centro e visitantes ou usuarios).  As propias instalacións.

 A continuidade das actividades.

Para iso debe acadarse unha óptima coordinación das persoas afectadas e dos medios de protección existentes que permita lograr:

 Unha rápida evacuación do edificio.

 O control da emerxencia (por exemplo, a extinción dun incendio).  A limitación dos danos materiais.

6.1.1. Identificación en función do tipo de risco.

Ostipos de emerxencias que se consideran posibles no edificio son:

 Riscos de Orixe Interna: a orixe do cal ten lugar no interior do recinto do establecemento.

- Incendio.

- Accidente individual con consecuencias graves. - Evacuación.

 Riscos de orixe externa: a orixe do cal ten lugar no exterior das instalacións, pero cuxas consecuencias poden afectar ao propio establecemento. Entre estes atópanse:

- Riscos naturais: terremotos, nevadas e inundacións.

- Riscos tecnolóxicos: incendios e explosións, accións antisociais, ameaza de bomba.

6.1.2. Clasificación en función da gravidade.

Segundo a súa gravidade as emerxencias clasifícanse en función das dificultades existentes para o seu control e as súas posibles consecuencias en varios niveis que son:

a) Falsa alarma ou fallo técnico (nivel 0)

Situación de alerta que pode producirse cando un defecto dun elemento de detección ou do circuíto eléctrico activan accidentalmente a central de incendio, sendo soamente un fallo do mesmo por mal funcionamento que se evita reparándoo ou cambiándoo. Ou ben, pode producirse porque unha persoa activa involuntariamente ou indebidamente un pulsador de alarma.

b) Conato de emerxencia (nivel 1)

É aquela emerxencia que, polo seu inicial desenvolvemento, pode ser controlada e neutralizada cos medios dispoñibles na área onde se orixina o suceso (Equipo de Primeira Intervención).

c) Emerxencia parcial (nivel 2)

É aquela emerxencia que aínda revestindo certa importancia aparente, afecta a un sector determinado, pero non é previsible a súa extensión a outros sectores lindeiros. Para ser dominada, require a activación do Plan de Actuación ante Emerxencias e a participación dos Equipos de Primeira Intervención, segundo sexa a emerxencia (todos os equipos en caso de incendio, primeiros auxilios en caso de accidente, etc.). Os efectos desta emerxencia quedarán, en principio, limitados ao propio sector, non alcanzando os lindeiros nin a terceiras persoas, xerando como máximo a evacuación do sector afectado.

d) Emerxencia xeral (nivel 3)

É aquela emerxencia que afecta ou pode afectar a partes importantes (en tamaño ou valor) das instalacións. Require para o seu combate a activación do Plan de Actuación ante Emerxencias (coa participación dos Equipos de Primeira Intervención), así como a colaboración de medios de axuda e socorro exteriores. Ademais, comportará a evacuación da Facultade.

No caso dun NIVEL 0 (falsa alarma) deberá rearmarse a central de incendios e restablecerse a actividade normal do edificio, tranquilizando a todas as persoas que o requiran.

No caso dun NIVEL 1 (conato de emerxencia), a persoa que interveu e solucionou o incidente chamará á central telefónica da UDC (5555) e o operador/a localizará ao Director do Plan de Actuación en Emerxencias quen analizará a situación acontecida e decidirá se é necesario tomar medidas especiais.

No caso dun NIVEL 2 (emerxencia parcial) ou NIVEL 3 (emerxencia xeral), poñeranse en marcha de modo inmediato os “Procedementos de actuación ante emerxencias” previstos, pois a rapidez e eficiencia das operacións resulta fundamental para liquidar a situación sen graves consecuencias.

Ao finalizar calquera emerxencia, o Director do Plan de Actuación en Emerxencias elaborará un informe de investigación e remitirá unha copia ao Director do Plan de Autoprotección e ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade da Coruña onde se inclúa tamén un programa preventivo a adoptar para evitar a repetición da emerxencia.

6.1.3. Clasificación en función da ocupación e medios humanos.

En función da ocupación e dos medios humanos dispoñibles pódense distinguir varios períodos durante os cales a afluencia de persoal varia en función da actividade, ou do período do ano (vacacións de verán, Nadal, fins de semana, festivos, ...).

Pola ocupación do local ou dependencia no momento de suceder a situación que ocasiona a emerxencia, as emerxencias clasifícanse en:

 Ocupación alta.  Ocupación media.  Ocupación baixa.

Polas dispoñibilidades de medios humanos, no momento de suceder a situación de emerxencia, as emerxencias clasifícanse en:

 Diúrnas  Nocturnas  Festivas  Vacacionais

Así, atendendo ás dispoñibilidades de medios humanos e ocupación, en base á información facilitada polo Centro, contemplaranse as seguintes situacións:

a) Horario de plena actividade:

Considérase como período de plena actividade, o espazo de tempo comprendido entre as 08:00 e as 22:00 h do 1 de setembro ao 14 de xuño e de 8:30 a 21:00 do 15 de xuño ao 31 de agosto.

b) Horario de actividade reducida ou non habitual

No caso de realización de actividades extraacadémicas, congresos, etc,

Respecto aos Medios Humanos Dispoñibles para facer fronte a unha Situación de Emerxencia, cabe precisar, que son moi variables, debido aos seguintes factores:

 Mobilidade do persoal docente que ten despacho fixo no Centro: derivada da impartición da docencia e desenrolo de outras tarefas, como asistencia

a Congresos, Conferencias, Seminarios, etc.

 Persoal concorrente: subministradores, mantemento, empresas de mensaxería, etc. Trátase dun persoal necesario para dar servizo a infraestrutura que hai no centro. Este persoal é variable, e como é de esperar, trátase de persoal con escaso coñecemento do Centro, polo que non será tido en conta á hora de configurar os Equipos de Emerxencia.