Artigo 19. Módulo de proxecto
1. Anexo I Módulos profesionais
1.6 Módulo profesional: proxectos fotográficos
Equivalencia en créditos ECTS: 7.
Código: MP1163.
Duración: 122 horas.
1.6.1
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
RA1. Realiza o deseño dun proxecto fotográfico, definindo con precisión as caracterís- ticas da produción a partir da análise da información e os requisitos da encarga.
– CA1.1. Precisouse o medio, o formato de aplicación e os formatos e acabamentos de exhibición do proxecto fotográfico, especificando a finalidade e a intencionalidade comunicativa do proxecto.
– CA1.2. Especificáronse as características do produto fotográfico, concretando o as- pecto formal e expresivo das imaxes que se desexe obter.
– CA1.3. Decidiuse o encadramento e o tipo de composición, considerando as caracte- rísticas da escena para a súa captación e o seu rexistro fotográfico.
– CA1.4. Realizouse o bosquexo que exprese a secuencia fotográfica para analizar a interrelación formal e de estilo do conxunto de imaxes.
– CA1.5. Realizáronse bosquexos das fotografías que expresen a composición, a estru- tura formal e estética, e a intencionalidade comunicativa.
– CA1.6. Confeccionouse un documento que recolla esquemas e bosquexos de solu- cións de ambientación e estilo, no que se identifiquen os requisitos de localización, decorado, escenografía e estilismo.
– CA1.7. Reflectíronse documentalmente as condicións de acabamento, os modos e os formatos de entrega da encarga fotográfica.
RA2. Deseña a execución técnica e procedemental dun proxecto fotográfico, aplicando criterios de calidade e óptimo aproveitamento dos recursos.
– CA2.1. Especificouse o medio, o tamaño de reprodución, o destino final das imaxes e os parámetros de calidade necesarios para seleccionar os dispositivos de captación adecuados.
– CA2.2. Definíronse os elementos visuais que deben fotografarse e a súa accesibili- dade.
– CA2.3. Especificáronse as características expresivas da iluminación, o tipo e a cali- dade de luz que se precisa para a obtención do estilo visual do produto.
– CA2.4. Fíxose o bosquexo dos esquemas de iluminación adecuados ao proxecto fo- tográfico, describindo a posición e a funcionalidade dos puntos de luz e elementos auxiliares, e realizouse unha listaxe do equipamento necesario.
– CA2.5. Realizouse unha listaxe do equipamento e do material auxiliar necesario (fondos, soportes, escadas ou estadas, decorados, reflectores, etc.) para resolver po- sibles continxencias.
RA3. Deseña a posta en escena, relacionando a súa consecución coa valoración dos as- pectos técnicos, estéticos, comunicativos e orzamentarios dos proxectos fotográficos.
– CA3.1. Seleccionouse a localización apropiada ao proxecto fotográfico, identifican- do as súas infraestruturas, as necesidades loxísticas e a súa adecuación ás necesida- des de produción.
– CA3.2. Especificáronse características de personaxes, confeccionando unha listaxe da previsión de modelos e de actores e actrices, deseñando unha proba de casting, e redactando informes de datos e conclusións artísticas de idoneidade.
– CA3.3. Realizouse unha listaxe dos recursos humanos e materiais adecuados para realizar as operacións necesarias de maquillaxe, peiteado e caracterización.
– CA3.4. Detalláronse nun documento as necesidades de construción de decorados e de escenografía, vestiario e ambientación para a previsión dos recursos humanos e materiais.
– CA3.5. Especificáronse nun documento as características e a tipoloxía dos efectos especiais físicos, químicos ou mecánicos necesarios para a posta en escena do pro- xecto.
– CA3.6. Especificáronse nun documento os procesos de tratamento dixital de imaxes complementarios ao proceso de captación, establecendo os criterios de adecuación de parámetros técnicos e expresivos.
– CA3.7. Definiuse a configuración dos dispositivos de monitorización e impresión das probas para facilitar a valoración inmediata de probas e tomas.
RA4. Elabora o plan de traballo e o orzamento dun proxecto fotográfico, considerando a integración de todas as variables técnicas e económicas que interveñen e aplicando criterios de óptimo aproveitamento de recursos.
– CA4.1. Estimouse a dispoñibilidade de recursos, os prazos de execución, de recep- ción e envío das encargas, os desprazamentos e a loxística que cumpra para estrutu- rar e coordinar a produción fotográfica.
– CA4.2. Realizouse un plan de traballo que determine cada fase e a función de cada membro do equipo, tendo en conta a interrelación temporal e os condicionantes en distintas fases, para a previsión e o óptimo aproveitamento dos tempos de execución da produción fotográfica.
– CA4.3. Segmentouse o plan de traballo en follas de produción e ordes de traballo que especifiquen que persoas, materiais e medios cumprirán en cada momento da produción fotográfica.
– CA4.4. Desagregáronse os capítulos orzamentarios dunha produción fotográfica, considerando as condicións da toma e a interrelación temporal dos recursos durante a captación, para a súa valoración económica.
– CA4.5. Desagregáronse as necesidades técnicas e administrativas de contratos, os permisos e as autorizacións para a posta en marcha do proxecto fotográfico.
– CA4.6. Valoráronse os gastos xerais dunha empresa fotográfica tipo e os gastos es- pecíficos xerados na execución de distintos encargos, especificando a desagregación dos custos e a súa aplicación aos seus respectivos orzamentos.
RA5. Organiza os recursos propios dunha empresa fotográfica, relacionando as caracte- rísticas das encargas fotográficas máis habituais cos procesos estandarizados, para a súa xestión óptima.
– CA5.1. Elaboráronse contratos de servizos e encargas fotográficas de variada tipolo- xía, e identificáronse as partes, o obxecto do contrato coas súas cláusulas pertinen- tes, a forma de entrega, a retribución acordada e a forma de pagamento prevista.
– CA5.2. Redactáronse as solicitudes que se precisen en distintas localizacións para a obtención dos permisos e as autorizacións necesarias para poder levar a cabo a pro- dución fotográfica.
– CA5.3. Redactáronse documentos e contratos de persoal, servizos, adquisición de equipamentos, dereitos de autoría e de imaxe, aplicándoos na resolución de diversos proxectos fotográficos.
– CA5.4. Redactáronse contratos de validación de probas, condicións de entrega e aceptación final do produto para a súa aplicación na resolución de distintos proxec- tos fotográficos e facilitar a planificación do proxecto.
– CA5.5. Definiuse un protocolo para a provisión de materiais, equipamentos ou ser- vizos para a súa adquisición ou contratación, na procura dun óptimo aproveitamento dos recursos.
– CA5.6. Especificáronse as condicións de compra, venta ou alugamento de materiais e equipamentos dos servizos máis comúns na industria fotográfica, para as aplicar na xestión da empresa fotográfica.
– CA5.7. Deseñouse un portfolio para a promoción da empresa fotográfica e a facilita- ción de contacto e representación.
1.6.2
Contidos básicos
BC1. Realización do deseño dun proxecto fotográfico
Industria fotográfica: tipoloxía, características e organización das empresas fotográfi- cas.
Tipoloxía de empresas de servizos auxiliares implicadas na produción fotográfica.
O fotógrafo ou a fotógrafa profesional.
Proxecto fotográfico: tipos. O briefing.
Fotografía nos medios de comunicación.
Medios e formatos de utilización, publicación e exhibición do produto fotográfico.
Estética fotográfica:
– Composición da imaxe fotográfica.
– Formato de publicación e interrelación co texto.
Acabamento e presentación fotográfica.
BC2. Deseño da execución técnica e procedemental dun proxecto fotográfico
Recursos materiais e técnicos na produción fotográfica.
Criterios e parámetros de calidade fotográfica.
Características técnicas dos dispositivos de captación fotográfica e equipamento com- plementario.
Iluminación e o estilo visual en fotografía.
BC3. Deseño da posta en escena do proxecto fotográfico
Localizacións fotográficas.
Estilismo fotográfico.
Maquillaxe, peiteado e caracterización na fotografía.
Proceso de selección de modelos e de actores e actrices, ou casting.
BC4. Elaboración do plan de traballo e o orzamento do proxecto fotográfico
Fases e organización da produción fotográfica.
Funcións do equipamento dunha produción fotográfica.
Servizos auxiliares na produción fotográfica.
Tipoloxía de modelos orzamentarios para as producións fotográficas:
– Orzamentos pechados e abertos.
– Capítulos orzamentarios dunha produción fotográfica.
Tarifas de produtos e servizos fotográficos.
BC5. Organización dos recursos dunha empresa fotográfica
Xestión de contratos, permisos, autorizacións e acreditacións para a posta en marcha do proxecto fotográfico.
Lexislación aplicada á produción fotográfica:
– Dereitos de autoría e de explotación da obra fotográfica.
– Utilización da fotografía nos medios.
– Propiedade intelectual.
– Dereito de reprodución.
– Dereitos morais.
– Autorización de uso de imaxe de persoas e propiedades.
Normativa de prevención de riscos laborais en fotografía.
Ética profesional en fotografía.
Financiamento da empresa fotográfica.
Xestión da compra, a venda ou o alugamento de materiais e equipamentos fotográficos, e da contratación de servizos.
Xestión dos procedementos de recepción e entrega de produtos.
O estudio fotográfico.
Orientacións para a promoción e a procura de clientela da empresa fotográfica: portfo- lio fotográfico.
1.6.3
Orientacións pedagóxicas
Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional do tí- tulo.
Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe establecidos an- teriormente, para a súa impartición é conveniente que se dediquen as actividades de ensino e aprendizaxe á adquisición das competencias das devanditas funcións en coordinación cos módulos de "toma fotográfica", "tratamento fotográfico dixital" e "procesos finais fo- tográficos", deste ciclo.
Este módulo desenvolve as funcións correspondentes á planificación de proxectos foto- gráficos.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c) e d) do ciclo formativo, e as competencias a), b), c) e d).
Así mesmo, para conseguir que o alumnado adquira a polivalencia necesaria neste mó- dulo é conveniente que se traballe coas técnicas de planificación de proxectos fotográficos
de diferentes tipos (fotografía de retrato, publicitaria en todas as súas facetas, industrial, reportaxes de calquera tipo, fotografía documental, xornalística e de natureza, bodegón, catálogos, ilustración editorial de calquera tipo, reprodución e aproximación, proxectos ar- tísticos e para a web), que están vinculadas fundamentalmente ás actividades de ensino e aprendizaxe de:
– Deseño de proxectos fotográficos.
– Deseño da execución técnica e procedemental de proxectos fotográficos.
– Posta en escena de proxectos fotográficos.
– Realización de plans de traballo de proxectos fotográficos.
– Realización de orzamentos de proxectos fotográficos.