• No se han encontrado resultados

Os medios da memoria cultural: caracterización e funcionalidade

1.2. A memoria nos estudos culturais: un modelo semiótico

1.2.2. Os medios da memoria cultural: caracterización e funcionalidade

Como foi anticipado, os medios de comunicación ocupan un papel central na teoría memorialística de Astrid Erll, para quen a mediatización é un trazo constitutivo da memoria cultural, ao ser esta unha construción social baseada na comunicación a través

31 Tal como o formula Sánchez Zapatero (2010: 26), “los recuerdos son reconstrucciones del pasado

efectuadas con la ayuda de datos tomados del presente, derivados de los intereses, creencias, problemas y

58

de medios como textos literarios, filmes, imaxes pictóricas, estatuas ou edificios.32 Tal como a especialista alemá a concibe, non pode existir memoria no nivel colectivo sen a participación destes:

through orality and literacy as age-old media for the storing of foundational myths for later generations; through print, radio, television and the Internet for the diffusion of versions of a common past in wide circles of society; and, finally, through symbolically charged media, such as monuments which serve as occasions for collective, often ritualized remembering (Erll 2011: 113).

Os pasados significativos que teñen un efecto desde o punto de vista cultural non se poden separar dos medios, son construcións mediatizadas:33 “The images of the past which circulate in memory culture are thus not extrinsic to media. They are media

constructs” (Erll 2011: 171). Partindo da idea de que o recordo non reproduce

simplemente unha realidade pasada, senón que é unha forma de construción da propia realidade e de produción activa do mundo, Erll (2011: 114–15) sinala dúas premisas en

relación cos medios que desempeñan un papel en tales procesos culturais da memoria: por unha parte, cómpre ter en conta que os medios non son portadores neutrais nin continentes semióticos de memoria, senón que inflúen dalgunha maneira na memoria que producen; por outra, en canto aparatos, os monumentos, os libros ou as pinturas, non só expanden a memoria humana individual a través da externalización da información, senón que producen mundos mediatizados de memoria colectiva segundo a súa capacidade de rendemento e a súa capacidade mnemomedial.

Fiando un pouco máis fino, á hora de definir a noción de “medio de memoria cultural”, Erll (2011: 121) insiste en que non se trata dun concepto dado, senón que a súa

conformación depende da actuación conxunta de diversos factores en contextos específicos.34 Co propósito de analizar a codificación dun medio común en medio de

32 Para Erll, os medios deben ser vistos como instancias de mediación entre a dimensión individual e a

dimensión colectiva do recordar e como entes transformadores destas, de modo que os recordos persoais só adquirirán relevancia colectiva a través da representación e a distribución medial. Como exemplo evidencial, coloca o caso dos contemporáneos de cada época e as testemuñas presenciais: só por medio de entrevistas ou da publicación de cartas, as súas experiencias se poden converter en elementos da memoria colectiva (Erll 2011: 113–14).

33Empregamos “construción mediatizada”, seguindo a Bister (2014: 115), como tradución do alemán

mediale konstrukte, e, por tanto, referirémonos ao carácter “mediatizado” da memoria cultural. Outras

especialistas como Liikanen (2015: 33) téñeno traducido por “productos mediáticos”.

34 A autora alerta de que as teorías en torno da memoria precedentes empregaron de maneira recorrente o

concepto de “medio”, mais en moitos casos simplificando a explicación da relación entre medio e memoria

que, embora nun primeiro momento poida parecer intuitivamente evidente, complícase en canto se consideran procesos concretos de recordo cultural: “Media phenomena appear on various levels within

59

memoria, podemos diferenciar dous niveis en que se manifestan tales factores: a dimensión material e a dimensión social. A respecto da dimensión material do concepto

de “medio de memoria”, Erll (2011: 122–23) distingue: en primeiro lugar, os

instrumentos de comunicación, que teñen unha capacidade semiótica para exteriorizar a información relevante para a memoria, entre os que se atopan a lingua oral, a escritura, a imaxe ou o son; en segundo lugar, as tecnoloxías mediais que fan posíbel a difusión e transmisión de contidos da memoria cultural, tales como o cinema, a imprenta ou a Internet, que alcanzan a grandes círculos de comunidades de memoria e que poden almacenar os contidos por diferentes períodos de tempo, aínda que non son, como se dixo, depósitos neutrais, senón que a súa materialidade específica deixa pegada na mensaxe que se transmite; e, en terceiro lugar, a oferta medial, isto é, as obxectivacións materiais e as formas estéticas que constitúen os elementos concretos do repertorio medial da memoria.35

Canto á dimensión social do medio de memoria, cómpre lembrarmos que esta ten ocupado, desde os traballos de Halbwachs, o centro da investigación en torno ao recordo

realizada nos estudos culturais. Como lembra Erll (2011: 124), “memory is (re-)

constructed in social contexts and it is the 'social frameworks of memory' (in the literal sense) which decide –consciously or unconsciously– which media to avail themselves of in this constructive process”. De acordo con isto, a transformación dun fenómeno medial

en medio de memoria sempre se dá no ámbito dos compoñentes social-sistémicos e se basea na institucionalización e na función que cumpre o medio dentro dos grupos sociais

e as sociedades. Para falarmos de “medio de memoria”, este debe cumprir a función

mnemónica correspondente nunha cultura da memoria, polo que o contexto socio- histórico se volve fundamental na súa definición: “Because media must be used as media of memory, the memory-making role must be attributed to them by specific people, at a

cultural memory, and their manifestations and functions are quite diverse. Furthermore, complex social processes seem to be involved in the coding of a medium as a 'medium of memory'. [...] Understanding the logic of media of memory therefore requires looking at mediality from many different angles. This is not an easy task, as media studies itself proves to be an extremely heterogeneous research landscape with a multitude of often apparently incompatible theories, methods and concepts. Cultural memory studies has a twofold interest in media: First, it seeks to understand the significance of fundamental forms of mediality for memory. This kind of research is based on an understanding of 'the medium' as an entity that, quite literally, 'mediates' between two or more phenomena –in our case, for example, between the individual and collective level of memory. At the same time, what is at stake is the question about the mnemonic impact of 'the media' as systems of social and increasingly global (mass) communication. Studying media from a cultural memory studies perspective therefore implies a conceptual balancing act between quite distant

areas of current media research” (Erll 2011: 120-121).

35 Erll exemplifícao con produtos artísticos como a Ilíada de Homero ou o Guernica de Picasso, ambos

60

specific time and place” (Erll 2011: 124). Con todo, é preciso distinguirmos dúas vías na

adquisición da funcionalidade mnemónica por parte do medio: a da produción e a da recepción. No primeiro caso, a funcionalidade provén dos produtores, quere dicir, a creación do medio de memoria está orientada a cumprir esa función, como sucede, por exemplo, con monumentos como o Memorial dos xudeus asasinados en Europa construído en Berlín ou, no noso caso, o das vítimas da represión franquista no Campo da Rata coruñés. No caso da funcionalidade polo lado da recepción, refírese Erll a que tamén é un medio da memoria cultural aquilo que é visto e empregado como tal por un colectivo, embora non fose concibido para iso.36

En síntese, os medios da memoria cultural constrúen versións –mediatizadas– da

realidade e do pasado. En tales construcións desempeñan un papel relevante tanto a materialidade do medio (o instrumento de comunicación, a tecnoloxía e a obxectivación), como a súa dimensión social-sistémica. Tanto os produtores como os receptores dun medio da memoria realizan un traballo activo de construción, na decisión acerca de a que fenómenos se lles atribúe calidades mnemomediais, ben como na elección e interpretación daquilo que se debe recordar. Os medios e os seus usuarios producen memoria colectiva e enmárcana dentro dunha perspectiva determinada, mais sempre o fan en contextos culturais e históricos moi específicos. Segundo Erll, que versións do pasado, valores e conceptos de identidade que constrúe un medio da memoria dependen en grande medida de como estea situado tal medio na cultura da memoria específica.

Canto ás funcións que os medios de memoria desempeñan nos contextos ou comunidades de memoria, Erll (2011: 126–28) distingue tres: o almacenamento ou

depósito, a circulación e a evocación de recordos culturais.37 A primeira refírese á tarefa que cumpren os medios ao almacenaren contidos da memoria cultural e permitiren a súa accesibilidade a través do tempo. A función de circulación, pola súa parte, refírese á labor que desempeñan aqueles medios que difunden contidos da memoria cultural facendo posíbel a comunicación a través do espazo, isto é, sincronizando grandes comunidades de memoria en que xa non é posíbel a comunicación cara a cara entre todos os seus 36 Isto non quere dicir que tal funcionalidade receptora se teña que dar de maneira intencional, senón que

ás veces é nunha mirada retrospectiva onde se ve que certos fenómenos funcionaron como medios da memoria cultural nun determinado momento.

37 Non obstante, sinala Erll, será difícil atribuír claramente unha determinada función a un determinado

medio de memoria, pois os principais medios mostran simultaneamente elementos das tres funcións. E, ao

tempo, todo “obxecto” que cumpra unha das tres funcións prototípicas pode funcionar como medio da

61

integrantes. Na era da globalización serían a televisión e a Internet, como medios masivos de comunicación, os principais encargados desta función.38 Finalmente, os medios de memoria tamén poden cumprir unha terceira función chamada de evocación, propia daqueles que teñen a capacidade de desencadear recordos colectivos; trátase de imaxes, textos, discursos ou monumentos que funcionan como motivacións da memoria, isto é, que activan nos membros dunha determinada comunidade certas versións do pasado, sendo as narrativas asociadas a ese medio as que determinan o seu significado.39

Cómpre sinalarmos, finalmente, que os distintos medios que constitúen a memoria cultural operan, segundo Erll (2008b: 389), en varios sistemas simbólicos, como poden ser o da arte, a relixión, a historia, o dereito ou a ciencia. Cada un destes sistemas funcionará dunha forma particular ao igual que cada medio ten a súa forma específica de recordar e deixa o seu rastro na memoria que crea. Tanto o medio como o sistema simbólico en que aquel opera convértense, na teoría de Erll, en factores clave que determinan en grande medida a forma en que se recorda o pasado: un mesmo acontecemento pode ser recordado de maneiras moi diferentes segundo o medio e o sistema, que funcionan complementariamente contribuíndo a consolidar a memoria cultural, como sinala Liikanen (2015: 27):

es habitual que los mismos relatos circulen en diferentes sistemas simbólicos y medios de comunicación. Una misma experiencia histórica puede, por ejemplo, ser narrada de modo oral en la esfera familiar, convertirse en objeto de historiografía, en tema de una obra teatral o de una obra literaria, servir de prueba en un proceso legal, inspirar un monumento y volver a ser narrada de modo oral.

38 De entre as novas posibilidades de construír a memoria cultural, Erll ten analizado as telenovelas, as

series televisivas, os docudramas, os videoclips e blogs na Internet, e comparado estes novos medios audiovisuais e electrónicos cos soportes máis tradicionais que viñan almacenando representacións simbólicas do pasado, como a literatura, as artes plásticas ou a fotografía. Os novos medios contribúen á maior dinamización da memoria cultural, fenómeno que Erll explora particularmente en relación coa remediatización e premediatización (Seydel 2014b: 208).

39 Aquí é onde insire Erll os lieux de memóire de Pierre Nora, que constituirían un exemplo paradigmático

62