CAPITULO VI. LABOR PUBLICISTA ACHEGAMENTO Á OBRA HEMEROGRÁFICA DE
Imaxe 70. Patio da Escola de Veterinaria de Santiago (1915)
281
I.MOURE PAZOS, “El gran proyecto de Antonio Bermejo y Arteaga para Santiago de Compostela: la Escuela de Veterinaria como émula de la «École d’Anatomie d’Alfort» en París”, Cuadernos de Estudios
Gallegos, vol. 58, 124, 2011.
Imaxe 68. Vista xeral do Gabinete de Zootecnia (1915).
Imaxe 69. Detalle do Gabinete de Zootecnia (1915).
172
3.2.2.1.- I Asemblea Rexional de Veterinarios de Galicia
Aproveitando a repercusión da inauguración da nova Escola, celebrouse o mesmo día o comezo da I Asemblea Rexional de Veterinarios de Galicia. Así, nesta sesión preparatoria ocuparon a presidencia da mesma, o reitor da Universidade de Santiago, Cleto Troncoso, que ostentaba a representación do Ministro de Instrución Pública; o alcalde, Blanco Rivero; Avelino Montero Ríos e Villegas; o representante da Deputación Provincial de A Coruña, Máximo de la Riva; o comisario rexio da Escola, Vicente López Mosquera; o secretario de cámara do cardeal arcebispo en representación de Martín Herrera; o Coronel de Veterinaria Militar, Eusebio Molina Serrano, o senador pola Universidade de Santiago, Jose Casares e o secretario da Asemblea Veterinaria, Pedro González. Os discursos enmarcan a importancia que este novo edificio e por extensión a Escola santiaguesa ten na consecución do fomento da riqueza pecuaria galega, así como na exaltación da profesión veterinaria e na defensa dos seus intereses e dereitos nesta rexión.
Na sesión do día 3 de outubro, Rof Codina expón o primeiro tema da Asemblea “El
intrusismo profesional en Galicia; medios de combatirlo o de paliar sus efectos”. Tras a
discusión de dito relatorio, acádanse as seguintes conclusións:
1. Dirixirse ao Ministro de Instrución Pública e Belas Artes. pedindo dote á Escola de Veterinaria de Santiago do material e elementos de docencia necesarios, especialmente gando para a Estación pecuaria, e poida este Centro influír no sucesivo, dun xeito intenso e eficaz, ao progreso pecuario da rexión galega.
2. Solicitar do Ministro da Guerra a creación de dúas seccións de cabalos sementais para Galicia, para contribuír ao fomento da riqueza cabalar rexional, e que se apoie o acordo do Claustro da Escola de Veterinaria, de solicitar do Director Xeral de Cría Cabalar e Remonta a instalación dunha parada de cabalos do Estado na mesma. 3. Dirixirse aos gobernadores civís das provincias galegas, solicitando que non aproben
ningún orzamento municipal que non leve consignadas as partidas correspondentes para Veterinario titular e para Inspector municipal de Hixiene e Sanidade Pecuarias, obrigando a que en propiedade ou provisionalmente se provean no prazo máximo de trinta días de aprobados os orzamentos municipais.
4. Dirixir a todos os Concellos de Galicia unha mensaxe, facéndolles comprender a transcendencia que para a riqueza dos seus administrados ten a Veterinaria e invitalos a que nos seus orzamentos consignen, polo menos, igual partida para os servizos veterinarios que para os médicos; pois co persoal mal retribuído nunca poderán contar con salvagardas da saúde pública, conservar a riqueza gandeira actual, ni desenvolvela debidamente.
173
5. Enviar ás sociedades agrícolas e gandeiras de Galicia un manifesto, para que como partes máis interesadas apoien ante o Goberno, os representantes en Cortes, e nos Concello por medio dos concelleiros, os anhelos da clase veterinaria .
6. Acordar que a Asemblea diríxase ao Ministro de Graza e Xustiza, solicitando que no Código penal sexa o intrusismo profesional considerado e castigado como delito. 7. Empregar cantos medios legais e económicos sexan posibles para conseguir que os
farmacéuticos non despachen as receitas prescritas por intrusos.
Na sesión de tarde, baixo o requirimento de Eusebio Molina Serrano, Gordón Ordás improvisou un relatorio obre a “Influencia Social que la Escuela de Veterinaria de Santiago
puede y debe tener”. Neste demostra a importancia que o sector forestal, mineiro e gandeiro
teñen para o Estado, e propuxo que así como existen enxeñeiros de Minas, os haxa tamén pecuarios, e que se poderán facer na Escola compostelá. Fixo unha recompilación sobre a evolución histórica da gandería nacional, criticando a labor desorientada do Estado ao respecto, e esperando que a inauguración do novo edificio sexa punto de partida para a rexeneración pecuaria de España.
No segundo día de Asemblea, o Catedrático da Escola De Santiago, Tomas Rodríguez, deu lectura ao 2º tema “Organización más conveniente de los servicios veterinarios de
inspección de substancias alimenticias”, ao non poder asistir persoalmente o seu relator
Miguel Bezares, Inspector do Laboratorio Municipal de Vigo. Unha vez rematada a lectura, Tomas Rodríguez discute algúns puntos do relatorio e fala da separación y da inmobilidade dos inspectores. Cree que se gañaría moito con que o Veterinario municipal fose funcionario do Estado. Opina que non debe aceptarse ningunha praza de titular que non teña, polo menos, unha asignación de 1.000 pesetas. Unha vez rematada a discusión sobre o tema aprobáronse as seguintes conclusións:
1. É urxente a promulgación dunha disposición que regule e unifique a Inspección de carnes e substancias alimenticias e asigne aos Inspectores unha retribución decorosa que deberá ser satisfeita polo Estado.
2. Que a sección de inspección de carnes e substancias alimenticias dos laboratorios municipais, funcionará sempre baixo a dirección técnica do Veterinario que sexa o seu Xefe, sen que o Director do Laboratorio teña dentro dela intervención algunha.
3. O Director do Laboratorio, para os efectos de harmonizar a labor das distintas Seccións que o integran, se entenderá sempre cos xefes de sección, sen que en ningún caso poda comunicar ordes ao persoal subalterno.
4. En cada poboación onde haxa máis de dous Inspectores de carnes, estes constituirán un corpo cun xefe, que terá ao seu cargo a dirección dos servizos.
5. Os servizos veterinarios de inspección de substancias alimenticias deben agruparse en seccións. Ningún Inspector dunha sección debe prestar servizos doutra, máis que no caso que falte persoal nela.
174
O terceiro tema, exposto por Jose Rodríguez Lois, referíase a “Provisión de las plazas
de inspectores municipales de Higiene y Sanidad pecuarias. Medios prácticos para conseguir que se efectúen con rapidez y sin prejuicio de ningún compañero”. Tras algunha aclaración
apróbanse por parte da asemblea as seguintes conclusións.
1. Cunha comisión designada pola Asemblea procure pescudar, de acordo cos Inspectores provinciais de Hixiene e Sanidade Pecuarias de Galicia, qué Concellos desta rexión deixaron incumprido o disposto nos artigos 301 e 305 da Lei de Epizootias282, para recorrer en queixa contra eles ante os Gobernadores civís respectivos, e, se fora preciso, ante o Ministro correspondente, ata conseguir que sexa un feito o disposto nos dos artigos citados e no 303283.
2. Que a mesma comisión se encargue, nos casos en que sexa necesario, por conta do veterinario interesado e a petición deste, de interpoñer os recursos de alzada a que se refire o artigo 304 da Lei de Epizootias.
3. Que se formule tamén a oportuna reclamación nos casos en que por recaer nunha mesma persoa os dous nomeamentos, se acumulen polos Concellos os haberes correspondentes ao Inspector de Carnes e ao Inspector Municipal de Hixiene e Sanidade Pecuarias, sempre que ao facer esta acumulación non se dispuxera a gratificación correspondente co disposto no artigo 302 da Lei de Epizootias.
4. Que ao facer as reclamacións a que se refiren as conclusións anteriores se apuren, si precisase, todos os medios admitidos nos recursos contenciosos, facéndose os gastos por conta do veterinario interesado e dos que estiveran en igual caso.
5. Que para conseguir a pronta provisión das prazas de Inspectores Municipais de Hixiene e Sanidade Pecuarias, convén que todos os compañeiros se poñan de acordo, evitando competencias entre eles, e con este fin debe acordarse, dando aos acordos entre os que os tomen o valor de cláusulas dun contrato, as bases ou condicións a que os Veterinarios de Galicia deben axustarse, que deben ser as seguintes:
a. Que non soliciten cada praza mais que un Veterinario, que será nos Concellos nos que haxa un soamente, este; e nos que haxa máis dun,
282
“LEY DICTANDO REGLAS PARA EVITAR LA APARICIÓN, PROPAGACIÓN Y DIFUSIÓN DE LAS ENFERMEDADES INFECTO-
CONTAGIOSAS Y PARASITARIAS QUE ATACAN A LOS ANIMALES DOMÉSTICOS”, Gaceta de Madrid, 18 de xaneiro de 1915; “REAL DECRETO APROBANDO EL REGLAMENTO PROVISIONAL PARA LA APLICACIÓN DE LA LEY DE EPIZOOTÍAS”, Gaceta
de Madrid, 6 de xuño de 1915. 283
Dita conclusión se ten en consideración, conseguindo que na Gaceta de Madrid Nº 314, do 9 de novembro de 1916, se publique unha Real Orde dispoñendo que polos Gobernadores civís se fagan cumprir as prescricións da Lei de Epizootias e canto se determina no seu Regulamento, especialmente os artigos 301 e 303, os cales se refiren a obrigatoriedade dos Concellos de máis de 2.000 habitantes de dispor Inspectores Municipais de Hixiene e Sanidade Pecuarias e os Gobernos Civís non aprobaran aqueles orzamentos municipais que non consignen partidas para atender ditos servizos.
175
sendo un deles subdelegado, o que desempeñe este cargo, por ter os subdelegados dereito preferente, segundo o artigo 308 do Regulamento da Lei de Epizootias e nos Concellos onde haxa máis dun Veterinario (sen haber subdelegado), un de eles.
b. Que nos Concellos onde no haxa Veterinario, solicite a praza o do Municipio máis próximo, pero sempre un soamente, debendo resolver a competencia, cando houbera outro que quixera solicitala (o mesmo neste caso que no sinalado coa letra A) a Comisión xa citada que debe nomear a Asemblea.
O cuarto e ultimo tema da Asemblea, tratou sobre as “Relaciones que se considera útil
y posible establecer entre la Escuela de Veterinaria de Santiago y los Veterinarios de Galicia para fomentar la unión que debe existir entre todos y mejorar, en lo posible, la vida profesional de los compañeros”.
A discusión de dito tema realizouse en sesión secreta, á que unicamente puideron asistir os veterinarios. Foron poñentes do mesmo o catedrático da Escola, Pedro González Fernández e o Inspector de Hixiene Pecuaria de Lugo, Jose García Armendaritz. A raíz deste tema e como veremos máis adiante, acordouse constituírse a Federación Veterinaria Galega e organizar os Colexios das catro provincias galegas, a fin de perseguir o intrusismo. Do mesmo xeito, se decidiu constituír como organismo anexo á Federación a Cooperativa Veterinaria Galega, co obxecto de favorecer os intereses económicos dos veterinarios.
3.2.3.- Eppur si muove
Dentro do traballo, do que xa falamos, sobre a Escola de Veterinaria que realiza Rodríguez García, existe unha serie de eivas e omisións que Cabo Villaverde pon de manifesto284. Refírese ao descoñecemento das actividades que dentro da Escola se realizan e as achegas que esta fai ao proceso de innovación tecnolóxica do agro galego. Cabo Villaverde suxire que a falla dalgunha mención por parte de Rodríguez García, fai pensar no illamento da Universidade co seu entorno socioeconómico, do seu vexetar nun como niño de teoricismos de costas á Galicia real. Esta omisión, deu lugar a existencia dun concepto de deixamento
284
M.CABO VILLAVERDE, “Manuel Rodríguez García: Historia da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela (1882-1924)”, Ingenium. Cadernos de Historia das Ciencias e das Técnicas do Grupo
Interdisciplinar de Traballo «R.M. Aller», 5, 1996. e recentemente en A. MÍGUEZ MACHO; M. CABO
VILLAVERDE, A Cámara Agrícola e Pecuaria de Santiago (1903-1929). Un espacio de sociabilidade e de
poder na Compostela da Restauración., Sotelo Blanco Edicións. Consorcio de Santiago, Santiago de
176
dentro da actividade da Escola, que parece enquistado dentro da bibliografía agraria galega285, onde se considera como escaso o papel investigador da universidade antes da guerra civil no ámbito agropecuario286, e que segue sen resolver nos estudos que a posteriori se fixeron da Escola,287 xa que non teñen afondado en ningún destes aspectos, dándolle máis importancia ao continente que ao propio contido polo descoñecemento deste. Porén, a ausencia de evidencia, non é evidencia da súa ausencia.
Esta omisión choca de fronte coa situación na que se atopaba o pais, tendo en conta que no ámbito científico, o estado estaba a vivir o que se da en coñecer como a Idade de Prata da Ciencia Española. Científicos como Ramón y Cajal (Premio Nobel en 1906), os xenetistas José Fernández Nonídez e Antonio Zulueta, o fisiólogo August Pi i Sunyer, Nicolás Achúcarro en neurociencia ou Pío del Río Hortega en histoloxía, foron expoñentes destes procesos de renovación na ciencia española, aos cales a Veterinaria non estivo á marxe, contando con personalidades como Dalmacio García Izcara, Joaquín Ravetllat i Estech288 ou Ramón Turro i Dardé.
Galicia non queda allea a esta fervenza científica, que segundo recolle Ricardo Gurriaran289 vive nestes anos en Santiago as iniciativas de García Varela, Deulofeu, Lobo Gómez e algúns profesores máis das Facultades de Ciencias e Farmacia, e Varela de la Iglesia, Varela Radío, Gil Casares e Nóvoa Santos, da de Medicina, constitúen unha fronte por potenciar o ensino activo e experimental, onde se incorporan metodoloxías máis activas e participativas coma excursións, coleccionismo (museismo), practicas de laboratorio, etc… que no entanto, non conseguen a aceptación esperada na vella universidade como para seren seguidos dun xeito masivo. Do mesmo xeito, que como citamos anteriormente con outros traballos nas que se revisa a Escola de Veterinaria como institución, esta obra de Gurriarán que pasa a ser documento referente sobre a historia do desenvolvemento científico na Galicia contemporánea, non ofrece ningunha análise sobre a participación da Escola de Veterinaria na
285
Chegase incluso a falar de actuación esclerotizada A. MARTÍNEZ LÓPEZ, Cooperativismo y
transformaciones agrarias en Galicia (1886-1943), Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación,
Madrid, 1995, páx. 130.
286 L. F
ERNÁNDEZ PRIETO, El apagón tecnológico del franquismo: estado e innovación en la agricultura
española del siglo XX, Tirant lo Blanch, Valencia, 2007, páx. 153. 287 M.B
ARRAL MARTÍNEZ, “A Escola de Veterinaria na Universidade de Santiago”, op.cit. 2002.
288
J.M.GUTIÉRREZ GARCÍA, “El impacto del laboratorio en la renovación de la veterinaria española, el caso Joaquín Ravetllat i Estech (1871-1923)”, op.cit. 2007.
289 R. G
URRIARÁN, “A Investigación científica en Galicia (1900-1940) institucións, redes formativas e carreiras académicas: a ruptura da Guerra Civil”, 2004, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela; R.GURRIARÁN, Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940): do
influxo institucionalista e a JAE á depuración do profesorado, Universidade de Santiago de Compostela,
177
conformación da rede investigadora galega, facendo unicamente referencias como excepcións individuais a labor de Gallego Canel ou Cruz Gallástegui.
Así, pódese establecer certa analoxía co criterio que se aplicou aos procesos de innovación do mundo agropecuario, que como vimos no primeiro capitulo, se atopaban inexistentes, sendo considerado este sector o principal lastre para unha evolución económica de acordo coa que se estaba a levar a cabo no resto do continente. Esta teoría do atraso, aprazou unha análise dos cambios que se levaron a cabo na agricultura e gandería española durante o período comprendido entre o final do Antigo Réxime e a Guerra Civil, dando por boas estas achegas limitadas ao seu significado máis economicista, e polo tanto sen considerar a incidencia que este proceso de cambio tivo no contexto social e as súas interaccións co resto dos procesos produtivos. Lembramos achegas como as de Simpson falan dunha “larga siesta” no ámbito da innovación tecnolóxica agrogandeira290.
Pois ben, nun senso semellante á infravaloración da actividade da Escola que se fai no traballo de Rodríguez García, serve para establecer os condicionantes que levaron a desaparición da Escola de Veterinaria de Santiago, que a fan participe, e as veces responsable, xunto co resto da clase veterinaria galega desa “larga siesta” na que en teoría se sumiu a profesión, falando dunha escasa produción científica, falta de alumnado e do baixo nivel formativo que este tiña, distanciada da realidade do agro galego, cun profesorado con desinterese, que empregaba a Escola de Santiago como medio de acceso a unha Cátedra, que aceptaban o “exilio galego”, á espera do traslado a outras escolas, o que impedía que a sociedade puidera valorar o seu traballo e como consecuencia a permanencia do centro docente en Galicia.
Aínda que é certo que nos seus inicios, a Escola de Veterinaria, amosa escasos indicios de actividade experimental e innovadora, si que existe unha inquedanza por mudar esta situación, a cal farase mais palpable a partir 1889 cando se nomea director da Escola a Tiburcio Alarcón Sánchez Muñoz. A decidida defensa que fai Alarcón da Escola non soamente esta xustificada como xa vimos na constante insistencia deste Director en conseguir para a Escola un edificio propio que resolvera as dificultades de espazo que se presentaban en San Clemente, senón que é neste período cando se inicia un salto cuantitativo e cualitativo na produción científica da Escola, que será continuado ata practicamente o peche da mesma. Na mesma liña, en base as conclusións obtidas na I Asemblea Rexional Veterinaria non é sinxelo pensar nunha despreocupación do Claustro da Escola sobre os problemas que estaban a afectar ao resto da Clase Veterinaria. Isto fai pensar que afirmacións sobre a escasa interacción da Escola coas preocupacións da innovación agropecuaria galega teñan que ser sometidas a
290 J.S
178
unha análise critica que permita establecer as conexións reais que tiña esta coa sociedade, que como veremos a continuación, estaban lonxe da idea preconcibida, podendo establecer indicios dunha veterinaria galega que non durmía e a pesar de todo se movía.
3.2.3.1.- A importancia do laboratorio. O exemplo de Abelardo Gallego Canel
A intención de facer chegar á sociedade unha visión transformada da profesión, pasaba por marcar distancias definidas coa imaxe ferrocrática herdada da albeitería. A revolución científica que supuxeron os traballos de Louis Pasteur, Robert Koch ou Joseph Lister entrañaba unha modificación na relación da sociedade coa enfermidade. A intervención que estes traballos estaban tendo no ámbito da saúde publica, dirixidos a reducir o impacto de enfermidades de alta prevalencia, supuxo un punto de inflexión na consideración da importancia que o laboratorio aportaba as ciencias médicas tanto humanas como veterinarias. A isto uniuse unha deliberada e interesada instrumentalización que destes achadegos se facía por parte dos científicos implicados, co fin de xustificar a súa propia empresa291. Os veterinarios eran conscientes da forza que para este fin supuña que os asociaran máis perante dun microscopio fronte a imaxe tradicional diante da forxa ferrando cabalos. A intervención dos animais nestes procesos de experimentación, amosábase como unha oportunidade capaz de transformar á Veterinaria nunha ciencia moderna e de erguer o recoñecemento social, económico e intelectual da profesión292. Neste contexto, o coñecemento xerado no laboratorio pasa a converterse nun obxectivo prioritario para acadar unha posición estratéxica no reparto de roles do control da saúde publica, de xeito que os médicos non aglutinaran en exclusividade dita competencia.293
Dentro da Veterinaria galega houbo claros exemplos deste proceso modernizador da profesión. Os máis coñecidos, polas constantes referencias aos mesmos na historiografía, son os que puxeron en marcha o propio Rof Codina e Cruz Gallástegui. Esta reiteración fai pensar na exclusividade das iniciativas que estes levaron a cabo, queréndose subscribir como algo illado e puntual dentro da excepcionalidade que estas figuras supuxeron para innovación agropecuaria galega. Sen desmerecer a súa labor, queremos desbotar esa visión mesiánica de apostolado que estas dúas figuras levaron a cabo e lonxe desta afirmación, o certo que neste
291
N.JARDINE, “The laboratory revolution in medicine as rhetorical an aesthetic accomplishment”, en The
laboratory revolution in medicine, Cambridge University Press, Cambridge, 1992. 292
J.M.GUTIÉRREZ GARCÍA, “El impacto del laboratorio en la renovación de la veterinaria española, el caso Joaquín Ravetllat i Estech (1871-1923)”, op.cit. 2007; “Laboratory medicine and the identity change of veterinary medicine in Spain at the turn of the 20th century”, op.cit. 2010.
293
J. M.GUTIÉRREZ GARCÍA, “El ascenso del laboratorio como fundamento del conocimiento y de la práctica veterinaria de principios del siglo XX: Bases ideológicas para una renovación”, op.cit. 2007. Dita confrontación deuse de xeito análogo nas Illas Británicas. Pódese ver en A.WOODS, A manufactured
179
período reforzouse con moitos máis actores o que foi unha fervenza investigadora e de divulgación da veterinaria galega como medio útil para a dignificación profesional, sendo a Escola de Veterinaria de Santiago un dos catalizadores de dito movemento innovador. Como modelo desta corrente anovadora están os traballos que dende a Escola levou a cabo Abelardo