Estado do Coñecemento
Táboa 2.3. Presencia de especies piscícolas nas cinco cuncas piloto consideradas por García de Jalón (1990).
Unha especie que cómpre remarcar a súa ausencia no inventario anterior é o sábalo
(Alosa alosa) especie anádroma que tivo importancia económica e deportiva nos ríos de
Galicia. Esta especie si é atopada por Doadrio (1991) que realiza unha mostraxe nun total de 18 tramos de 17 ríos galegos, clasificándoos en salmonícolas (Miño, Ulla, Ouro, Eo, Masma, Deza, Mandeo, Lérez e Landro) ou ciprinícolas (Carballo, Tea, Umia, Ladra, Trimaz, Asma, Limia).
Río Tramo Clasificación Especies Presentes
Miño Tui Salmonícola Petromyzon marinus, Alosa alosa, Alosa, fallax, Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta, Carassius auratus, Chondrostoma polylepis. Ulla Arzúa Salmonícola Petromyzon marinus, Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta, Chondrostoma polylepis, Leuciscus carolitertii, Rutilus arcasii. Ouro Foz Salmonícola Petromyzon marinus, Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta, Chondrostoma polylepis, Chelon labrosus. Eo Pontenova Salmonícola Petromyzon marinus, Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta, Chondrostoma polylepis, Oncorhynchus mykiss. Masma Mondoñedo Salmonícola Petromyzon marinus, Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta, Liza, sp.
Deza Cira Salmonícola Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta, Chondrostoma polylepis, Leuciscus carolitertii. Mandeo Betanzos Salmonícola Petromyzon marinus, Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta.
Lerez
Pontevedra/ Campo Lameiro
Salmonícola Petromyzon marinus, Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta, Leuciscus carolitertii.
Landro Viveiro Salmonícola Anguilla anguilla, Salmo salar, Salmo trutta, Oncorhynchus mykiss, Liza sp.
Carballo Rosal Ciprinícola Petromyzon marinus, Anguilla anguilla, Chondrostoma polylepis, Leuciscus carolitertii, Rutilus arcasii, Alosa alosa.
Tea Mondariz Ciprinícola Anguilla anguilla, Salmo trutta, Chondrostoma polylepis, Leuciscus carolitertii, Rutilus arcasii, Gasterosteus aculeatus. Umia Caldas Ciprinícola Petromyzon marinus, Anguilla anguilla, Salmo trutta, Rutilus arcasii, Gasterosteus aculeatus. Ladra Vilalba Ciplinícola Anguilla anguilla, Salmo trutta, Chondrostoma polylepis, Rutilus arcasii, Gasterosteus aculeatus.
Trimaz Vilalba Ciprinicola Anguilla anguilla, Salmo trutta, Chondrostoma polylepis, Leuciscus carolitertii, Gasterosteus aculeatus. Asma Chantada Ciprinícola Anguilla anguilla, Salmo trutta, Leuciscus carolitertii, Rutilus arcasii, Gasterosteus aculeatus.
C. Antela Xinzo Ciprinícola Barbus bocagei Chondrostoma polylepis, Leuciscus carolitertii, Gasterosteus aculeatus
Limia Xinzo Ciprinícola Salmo trutta, Chondrostoma polylepis, Leuciscus carolitertii, Gasterosteus aculeatus, Barbus bocagei. Táboa 2.4. Inventario de especies e clasificación dos ríos onde foron realizadas as mostraxes por Doadrio (1991).
Capítulo 2
2.8
Familia
Nome Científico Nome Común
Familia
Nome Científico Nome Común
Fam. Salmonidae Fam. Cyprinidae
Salmo salar Salmón Barbus bocagei Barbo
Salmo trutta Troita, Reo Leuciscus carolitertii Escalo, Cacho (*Bordallo) Oncorhynchus mykiss Troita arco-iris Chondrostoma polylepis Peixe (* Boga de río)
Fam. Anguillidae Rutilus arcasii Vermelliña (*Bermejuela)
Anguilla anguilla Anguía Carassius auratus Pachorrro (*Pez rojo)
Fam. Petromyzontidae Fam. Gasterosteidae
Petromyzon marinus Lamprea Gasterosteus aculeatus Espiñento (*Espinoso)
Fam. Gobiidae Fam. Clupeidae
Pomatoschistus sp. (*Cabuxino) Alosa alosa Sable, Zamborca (*Sábalo)
Fam. Pleuronectidae Alosa fallax Sabela (*Saboga)
Platichthys flesus Solla (* Platija) Fam. Mugilidae
Mugil sp., Liza sp. Muxo (*Mugil) Táboa 2.5. Vocabulario das especies máis habituais nas augas continentais de Galicia.
Os aproveitamentos hidroeléctricos constitúen un dos grandes problemas en todo o norte de España e especialmente en Galicia, onde existen moitas presas sen escala que impiden o paso das especies migradoras (Doadrio, 1991); noutras presas, onde si existen dispositivos de remonte estes están mal concibidos. En moitas delas poderíanse establecer escalas ben concebidas sen que elo supuxera un gran esforzo.
Resulta imprescindible coñecer o ciclo vital dos peixes das augas continentais, sobre todo no que se refire ós movementos migradores para avaliar as necesidades de desprazamento ó longo dos cursos fluviais e así adoptar as medidas correctoras axeitadas. No seguinte epígrafe faise unha descrición dos peixes migradores máis importantes de Galicia, así como dos movementos migradores relacionados cos seus ciclos biolóxicos.
2.2.3 Peixes migradores
A migración é definida por Northcote (1978) como os movementos periódicos ocorridos entre dous ou máis hábitats separados, nos que participan unha gran parte da poboación (Thorncraft, 2000). O fenómeno da migración comporta movementos periódicos de certo rango nos ciclos biolóxicos dos animais, que poden ser debidos a aspectos tales como a reproducción, a busca de alimento ou abeiro, ou en xeral estar relacionados coa utilización de calquera tipo de recurso (Elvira, 1998). Neste concepto de migración establécese a estreita relación entre migración e desenvolvemento do ciclo biolóxico de forma que queda patente a diferenciación cos movementos de dispersión ou de colonización que de forma natural experimentan todas as especies (Elvira, 1998).
Os peixes é un dos grupos con máis incidencia de comportamentos migratorios, xunto coas aves e algúns mamíferos. As poboacións de peixes dependen moi estreitamente das características do hábitat acuático xa que este constitúe o soporte de todas as funcións biolóxicas; esta dependencia está potenciada no caso de peixes migradores que esixen medios diferentes no desenrolo dos ciclos biolóxicos (Larinier, 1998). Se non consideramos os peixes que realizan movementos migratorios enteiramente no mar (oceanodromos) os peixes migradores, segundo a forma e a distancia da súa migración, pódense clasificar en potamodromos e diadromos (McDowal, 1988, Myers, 1999).
Estado do Coñecemento
2.9
Fam. Petromyzontidae
Lamprea de río Lampetra fluviatilis
Lamprea mariña Petromyzon marinus
Fam. Acipenseridae
Anadromos Esturión Acipenser sturio
Fam. Clupeidae
Diadromos Zamborca Alosa alosa
Sabela Alosa fallax
Fam. Salmonidae
Salmón Salmo salar
Reo Salmo trutta
Catadromos
Fam. Anguillidae
Anguía Anguilla anguilla
Fam. Salmonidae
Troita Salmo trutta
Potamodromos
Fam. Cyprinidae
Barbos Barbus spp.
Vermelliña, Peixe Chondrostoma spp.
Figura 2.1. Clasificación dos peixes migradores con presencia nas augas continentais.
Os potamodromos, tamén chamados holobióticos, son peixes migradores con movementos que teñen lugar exclusivamente en augas doces. Un exemplo deste tipo de peixes sería a troita común. As zonas necesarias para as sucesivas fases do ciclo biolóxico están ben delimitadas e separadas por distancias importantes sendo polo tanto as necesidades migratorias estrictas para o mantemento dunha poboación en bo estado.
Os migradores diadromos (anfibióticos) deben obrigatoriamente cambiar de medio durante o transcurso da súa vida, parte do seu ciclo biolóxico desenvólvese en auga doce e parte no mar (con traxectos entre as zonas de reproducción e as zonas de engorde de ata varios miles de quilómetros). Cando se produce o cambio de medio de vida os migradores afibióticos sofren transformacións fisiolóxicas e morfolóxicas que lles permiten adaptarse ás novas formas de vida (Larinier, 1998). Dentro dos migradores diadromos pódense distinguir dous grupos: anadromos e catadromos. Nos anadromos a reproducción ten lugar en auga doce (potamotocos) e a fase de maior alimentación e crecemento no mar (talasotrofos), un exemplo sería o salmón ou a lamprea (Elvira, 1998). Os migradores catadromos son peixes diadromos que pasan a maior parte da súa vida nas augas doces (potamotrofos) pero migran ó mar para reproducirse (talasotocos). O esquema de migración é por tanto inverso ós migradores anadromos, como é o caso da anguía.
Algúns autores recoñecen un terceiro tipo de migradores diadromos, os anfidromos que realizarían movementos entre o mar e as augas doces (Thorncraft, 2000) pero sen causas reproductivas. Outros autores non os consideran como verdadeiros migradores (Larinier, 1998) debido a que ditos movementos entre augas mariñas e fluviais non están implicados no seu ciclo biolóxico (Elvira, 1998).
Nas migracións de subida (prerreproductiva en anadromos e potamodromos) os peixes deben realizar unha natación activa a contracorrente, co consecuente gasto enerxético, para poder alcanzar os lugares de freza. En cambio, a migración de baixada
Capítulo 2
2.10
(postrreproductiva en anadromos e potamodromos e prerreproductiva en catadromos) pode facerse por natación activa ou por deriva deixándose arrastrar pola corrente (Elvira, 1998).
Especies
Catádromas Ciclo Biolóxico: Anádromas Especies
Anguía Características Salmón Reo Lampreas
Mar dos Sargazos
Lugar de Reproducción Z. Reproducción: Situación e características
Superiores e Medias Fondos de Grava
Marzo-Xullo Datas Reproducción Nov-Xan Mar.-Xuño
- Duración da Incubación 3 meses 10-13 días
1 ano (suposto) Duración da Migración Transoceánica Duración Vida Auga Doce 1-2 anos F. larvaria: 4-5 anos.
Varias fases estivais
Colonización das Augas
Doces Época Baixada Marzo-Xuño Out-Abril
3-10 anos Duración vida en Auga Doce Duración Vida no Mar 1-3 anos 1 verán-2 anos meses 17-31
5-12 anos Idade mínima de Maduración 3 anos aprox. 6-7 anos
Outonal e Invernal Período de migración reproductora Baixada Período de migración reproductora Practicamente todo o ano Outonal e Xuño-Xullo Out-Maio
Non Frezas Múltiples Raros (<10%) frecuentes Moi Non