• No se han encontrado resultados

2 A QUEDA DA ESPERANZA REPUBLICANA G OLPE MILITAR E A RESISTENCIA ( IM ) POSÍBEL (1936-1939/41).

Entre a construción e o derrubo do proxecto patriótico galego.

2 A QUEDA DA ESPERANZA REPUBLICANA G OLPE MILITAR E A RESISTENCIA ( IM ) POSÍBEL (1936-1939/41).

Diante do golpe militar reaccionario de xullo do 1936 houbo desercións na esquerda e o nacionalismo, mais podemos afirmar que serían mínimas, nomeadamente na súa plana dirixente159. A actitude dos principais cadros destes movementos foron exemplares. Para o campo do galeguismo organizado politicamente, dicir que parte do comité executivo estaba, como vimos, en Madrid cando se produce o inicio do Golpe militar, incluído o seu secretario xeral, Manuel Gómez Román, xestionando que o Estatuto de Autonomía plebiscitado o 28 de xuño na Galiza chegara a tomar estado parlamentar nas Cortes españolas. Pola contra, o secretario de organización, á sazón Alexandre Bóveda, así como Víctor Casas, director do voceiro que editaba o nacionalismo galego, A Nosa Terra, ficaban en Pontevedra. Tentando procesar o contexto prebélico e dilucidando o que facer, estes dous últimos galeguistas serían centrais na resistencia civil e armada fronte o golpismo militar.

Malia que esa resistencia de primeira hora fose efémera, o certo é que Bóveda e Casas organizaron, xunto ao capitán de asalto Rico e o médico Zbarsky Kuper, unha firme defensa da República, en definitiva, da orde democrática establecida por consulta popular, negándose a fuxir do país diante de varias propostas que se lles farían por parentes e amigos ao comprobarse a dureza do propio golpe militar, xa nas primeiras horas do mesmo; nomeadamente as formuladas polo sogro de Alexandre Bóveda, o vello galeguista Xerardo Álvarez Limeses (1870-1940). Para o caso do responsábel de organización do PG, e segundo os diversos testemuños cos

159

Non serían poucos os que, para alén das fileiras do galeguistas, apresentándose na II República como entusiastas do Estatuto de Autonomía serían a partir de xullo do 1936 represores de nacionalistas e demócratas en xeral. O galeguista ourensán, Xosé Ramón Fernández Oxea, inspector de ensino en Lugo naquel tempo, daría conta dun caso de relevo para Ourense: “…o teniente coronel Quiroga que días antes da algueirada fascista foi, xunto

con sua filla, votar o plebiscito para o Estaturo e dixolles ao da mesa que si facía falla tamén iría a votar o seu fillo, e logo adicouse a perseguir aos galeguistas”. Fondo Xosé Ramón

que temos traballado para recrear noutrora o seu percorrido biográfico, temos contrastada a súa central defensa republicana e democrática das liberdades na cidade e contorna de Pontevedra naquel contexto bélico. Afirmaba nun seu libro de memorias Evaristo Mosquera, compañeiro de traballo na Facenda Pública do ourensán, represaliado igualmente pola súa militancia galeguista160, que:

“...aínda sendo moitos [os] detalles que esquecín e outros que descoñezo, [cómpre] dicir, porque é de xustiza, que a única organización gobernamental que existiu na nosa cidade, partiu de Bóveda e do capitán de Asalto Sr. Rico”161

.

Certamente, após as novas do golpe militar en Marrocos, o 18 de xullo constituiríase un Comité de Defensa da República na cidade do Lérez, ao igual que na maior parte das localidades galegas, artellándose unhas milicias populares comandadas polo odontólogo de orixe rusa, para alén de militar de complemento, Jacobo Zbarsky Kuper. E así foi que por suxestión do responsábel de organización nacionalista, e co respaldo do Goberno Civil, foron de inmediato interceptados os servizos postais e de telégrafos, así como requisadas armas e explosivos, encargándose do primeiro de contado esoutro cadro do PG cal era Víctor Casas, inmediatamente antes de que os facciosos se fixeran con eles.

Desta realidade darían boa conta os golpistas, detendo grande parte dos resistentes que tiñan no Goberno Civil o seu centro operativo, procedendo os facciosos a definitiva toma de Pontevedra a penas tres días despois do inicio do Golpe en territorio africano.

O 20 de xullo o secretario de organización do PG sería detido xunto Amando Guiance Pampín, Luis Poza, Adelmiro Dios, José Adrio Barreiro,

160

Mosquera sería iniciado no nacionalismo galego polo propio Alexandre Bóveda. Esta militancia valeríalle a inhabilitación profesional, así como prisión na illa de San Simón durante catro anos.

161

Mosquera, Evaristo, Cuatro años a bordo de una isla. Una estraña manera de vivir nuestra

Paulo Novás Antonio Salvador, José Cuña e Víctor Casas, entre outros, e conducido ao cárcere pontevedrés. Logo, levaríano ao presidio de Ponte Caldelas -tentando aplicarlle os garda civís que o custodiaban a famosa lei de fugas, infrutuosamente por se negar Bóveda a marchar de onda eles-, e, de inmediato, ao de Caldas de Reis. Desta última localidade sería trasladado de novo o galeguista a Pontevedra, para ser sometido a xuízo sumarísimo que se celebraría o 14 de agosto, pasando a noite previa no soto do que daquela era o edificio do Goberno civil –hoxe Deputación provincial pontevedresa-, no que sería xulgado. No marco desta tráxica pantomima, afirmaríase que ao longo do serán do 20 de xullo:

“...se estaban concentrando armas recojidas por las elementos de las organizaciones marxistas en las armerías de las Capital [pontevedresa] y de las poblaciones de la provincia, y se armaba a dichos elementos, peligrosos todos ellos por su actuación y significación societaria, en el edificio y oficinas del Gobierno Civil... todo ello con ánimo de hacer frente a la posible acometida de las Fuerzas del Ejército ... en todas estas actividades y como elemento dirigente figuraba D. Alejandro Bóveda, empleado de Hacienda...” 162

.

Bóveda, sabendo da súa referencialidade a nivel nacional e do que o país perdía con aquela barbarie desatada, dirixiríase ao tribunal que o xulgaba. Sen esperanza ningunha de salvar a súa vida, e ollando como se lle impuña como delito manter unha fidelidade férrea ao ideario galeguista, tería afirmado o líder nacionalista como manifesto final a unha vida militante:

“A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente. Xamais a traizoaría, aínda que se me concederan séculos para vivir. Adóroa alén da miña morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañábel debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela”163.

162

Arquivo Militar de Ferrol. Causa aberta a Alexandre Bóveda expediente nº356/36.

163

E así foi que, pola súa firme lealdade democrática e galeguista diante do golpe militar, mais sobre todo polo duro e constante traballo realizado durante a II República en relación á consecución dun estadio de soberanía para Galiza, Bóveda sería sentenciado a morte. Pena que foi executada na madrugada do 17 de agosto do propio 1936. Libraría de tal pena o secretario xeral do PG naquela altura, Manuel Gómez Román; o arquitecto sería igualmente represaliado, mais sen pena de morte polas súas influentes amizades. Ao igual que ao secretario de organización do PG, outros militantes do nacionalismo partidario, dirixentes no ámbito nacional ou local, serían asasinados, caso do propio Víctor Casas, Camilo Díaz Baliño, Johán Carballeira, Ánxel Casal ou Pedro Galán Calvete, así como outros activistas de ideario galeguista, integrados en formacións distintas ao PG, caso de Xohán Xesús González de Unión Socialista Gallega (USG), Xaime Quintanilla do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), José Villaverde líder anarquista da Confederación Regional Galaica (CRG), ou Uxío Carré Naya, militante do Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM), entre tantos e tantas outras demócratas, en defintiva. Máis de doce mil demócratas represaliados entre 1936 e 1939, segundo as últimas pescudas realizadas ao respecto164, extendéndose a represión e o terror na Galiza a partir daquel 18 de xullo do 1936, pois, tal e como temos asinalado xunto a Carlos Velasco:

“...um manto de desolaçom e morte sobre todo o território da Galiza. O golpe de estado do dia 18 e a rápida queda do país —mália que nom sem resistência— em mans dos sublevados trouxérom consigo a posta em andamento de umha mecânica repressiva cujo fundamento último nom era outro que um plano de genocídio sistemático a exercer sobre aqueles sectores da populaçom mais directamente comprometidos com a causa democrática da II República e, em geral, com a defesa de umhas melhores condiçons de vida para a grande maioria dos humildes”165

.

1996. p.229

164

Fernández Prieto, Lourenzo et alli, Informe de resultados. Vítimas de Galicia (1936-1939), Compostela, USC, 2011.

165

2.1.-Golpe militar, nacionalismo galego e resistencia.

Inmediatamente antes do Golpe militar reaccionario, o alcalde da capital galega era o nacionalista Ánxel Casal -así como nacionalista, entre outros, era o alcalde de Bueu Johán Carballeira166-. O Partido Galeguista contaba cunha filiación duns catro mil cincentos militantes167 e viña de librar exitosamente o proceso plebiscitario en favor dun Estatuto para Galiza, como marcamos, sendo o nacionalismo o principal impulsor do mesmo. Fiel a súa representatividade, sobre todo simbólica, Casal asumira un papel decisivo -ao igual que Daniel Rodríguez Castelao, en canto que deputado e líder galeguista-, facendo parte da delegación que levaría a Madrid o articulado estatutario resultante da asemblea de concellos de Galiza pro-Estatuto de 1932, plebiscitado o 28 de xuño do propio 1936. Sabedor do golpe militar que estaba a se iniciar, o alcalde compostelán regresaría da capital española de inmediato á Galiza para se situar á fronte do goberno local, ficando na capital española Castelao xunto ao secretario xeral do PG, Manuel Gómez Román, e Lois Tobío, profesor de dereito romano na Universidade compostelá, militante do PG e destacado membro do Seminario de Estudos Galegos, entre outros membros do galeguismo alí congregados. Tennos afirmado Isaac Díaz Pardo, fillo do pintor galeguista Camilo Díaz Baliño (1889-1936), como o alcalde da actual capital galega :

“...viuse para Compostela desde Madrid -onde estivera pola cousa do Estatuto- no coche da Deputación coruñesa con López Bouza, o presidente da Deputación. Tamén viñeron os mineiros de Lousame a Compostela. Casal saíu ao balcón do Obradoiro comentando ’...veño da Coruña onde os nosos irmáns están loitando contra a reacción...hai que ir axudalos...’. Así organizamos grupos para ir para Coruña nos Castromil con voluntarios. Eu fun un dos voluntarios. Levábamos

reorganizaçom patriótica na Galiza (1936-1964)” in Actas de la I Trobada Galeusca,

Barcelona, Museu d'Historia de Catalunya, 2011.

166

Ambos asasinados; Casal o 19 de agosto e Johán Carballeira, heterónimo de José Gómez de la Cueva, o 17 de abril de 1937.

167

Beramendi, Justo, De Provincia a Nación. Historia do galeguismo político, Ed. Xerais, 2008. p. 896.

dinamita (lembro como cheiraba a miña cazadora a dinamita!). Lembro que chegamos a Coruña e pasando por Calzados Senra aínda hoxe lembro como tableteaban as ametralladoras... Vimos que non había nada que facer. Eu din volta para Compostela grazas aos banqueiros Núñez que me meteron no seu coche. Cando chegábamos a Compostela o chófer víu que había unha ametralladora no inicio de Basquiños, onde San Caetano, e díxome que baixara do coche. Cheguei a casa, a famila estaba preocupada...”168

.

Naquelas localidades onde o movemento galeguista tiña presenza, a maior parte dos seus activos sumaríanse a comunistas e anarquistas, sobre todo, mais tamén socialistas, en favor da resistencia ao devandito golpe militar, tal e como vimos para o caso pontevedrés. Ora, boa parte daqueles demócratas que ollaban imposíbel unha resistencia efectiva a aquel contexto e deran escapado dunha detención e/ou asasinato seguro, decidirían agocharse. Tal e como nos comentara, outra volta, Isaac Díaz Pardo, daquelas membro activo das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU)169, que fixeran campaña xunto ás federadas Mocedades Galeguistas/Nacionalistas170 polo Estatuto de Autonomía no 1936:

Eu escondinme ao longo duns tres días. Neste días tivemos un asalto dos falanxistas á casa familiar [galeguista]; levaron pertenzas, debuxos, racharon outros, levaron libros...”171

.

168

Conversa con Isaac Díaz Parto, Compostela, 8/11/2001.

169

Organización que nacía en marzo do 1936, da man das Juventudes Socialistas de España (JSE) e da Unión de Juventudes Comunistas de España (UJCE), da que participaría Díaz

Pardo; a primeira organización da mocidade do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e a segunda do Partido Comunista de España (PCE).

170

As asembleas locais da organización xuvenil do Partido Galeguista, Mocedades

Galeguistas, fedéranse en xaneiro de 1934 dando como resultante a Federación de Mocedades Galeguistas. Esta reconverteríase nominalmente na Federación de Mocedades Nacionalistas, por acordo da III Asemblea Nacional desenvolvida no mes de maio de 1936.

171

Asalto que se saldaría coa detención e asasinato do seu pai, daquel grande publicista, importante valor da póla conservadora do galeguismo organizado, Camilo Díaz Baliño. Conversa con Isaac Díaz Pardo, Compostela, 12/10/2001.

Xa que logo, parello á aniquiladora onda represiva que os fascistas imporían sobre a Galiza a primeira hora, os activistas que lograran non ser asasinados ou presos, ficaban agochados ou camiño do exilio. Entre os agochados nun primeiro momento, podemos lembrar ao destacado galeguista Francisco Fernández del Riego, o único que era formalmente militante das Mocedades Galeguistas e do PG en paralelo desde 1933. Fora secretario xeral da Federación de Mocedades Galeguistas (FMG) até 1936 e ten relatado en diversas ocasións as penurias polas que tiveran que pasar aqueles que non se sumaran ao novo rexime, tempos nos que, dicía o mariñao, “...axeitámonos ás circunstancias porque eran insuperábeis”172. Circunstancias enmarcadas nun contexto bélico no que non había marxe para matinar sobre unha hipotética reorganización do nacionalismo trás a súa queda, senón en librar da detención e/ou morte segura, realidade ben cercana como nos teñen indicado o propio Del Riego e Avelino Pousa Antelo173, tamén da FMG. Os dous, daquelas mozos galeguistas, acabarían optando por ingresar no exército golpista, unha vez mobilizados, como fórmula a partir da que escapar da represión segura e non ser declarados en ‘rebelión’. Pousa Antelo tiña vinte dous anos cando se deu aquela sublevación reaccionaria e viña de facer o servizo militar obrigatorio; quedara ‘repugnado daquela vida’, polo que ingresar no exército, ao pouco ‘franquista’, non sería a primeira opción na que matinara:

“...pensei en marchar a Portugal. Andei a durmir en casa de amigos, no monte. Finalmente vin que non había máis solución e acabei presentándome para ir ao fronte; mandáronme a Guadarrama. Primeiro estiven de camilleiro (...) e despois de condutor. Terminei de sarxento...”.

172

Carballa, Xan, “Francisco Fernández del Riego, ‘o medo que pasamos non se pode crer’ ”, in As horas secuestradas. Vida cotiá no franquismo, Vigo, A Nosa Terra, 1995, p.26

173

Quen viña de facer o servizo militar obrigatorio en Ceuta entre 1935 e 1936, xunto outros mozos galeguistas, nomeadamente Guillermo González, Jesús López, Juan Buceta e Cesáreo F. Taboada.

Anos despois da guerra Avelino Pousa Antelo tentaría, no profesional, volver exercer como docente. Malia ter gañado praza noutrora, veríase “... negro para acabar tendo unha escola interina”, ficando obrigado a repetir no ano 1941 as oposicións a mestre, sen maior fortuna de inicio, dado que:

“...me cargaron polos informes dun crego da miña parroquia que dixera que era eu un ‘roxo separatista’ (...). Finalmente acabei en Lugo, onde aprobei as oposicións e estiven nunha escola perto de Nadela (...). Despois cara o 1946 tiven unha bolsa na Misión Biolóxica de Galicia [dirixida por Cruz Gallástegui], e no 1948 acabaría dirixindo a Escola Agraria da Granxa de Barreiros, por dous anos...” 174, da que

sería Antonio Fernández López mecenas, mantendo unha íntima relación con Rof Codina175.

Tamén os destacados mozos galeguistas Marino Dónega, Ramón Piñeiro López serían mobilizados en favor dos militares españolistas. Este ultimo a primeira hora do golpe militar estaría en contacto co Goberno Civil, mais ao verse imposíbel a resistencia ao golpe militar, acabaría agochándose176; sería mobilizado e integrado no bando golpista baixo as ordes do capitán Antonio Rosón Pérez (1911-1986)177, onde coincidiría con outro

174

Conversa con Avelino Pousa Antelo, Os Verxeles, Teo, 21/11/2001

175

Conversa con Avelino Pousa… Este trasladaríase no 1955 a Orotava (Tenerife), onde traballaría como mestre e como Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabildo Insular. No 1960 regresaría a Galiza ubicándose a nivel laboral como técnico de SEMISA, empresa produtora de sementes, mais por pouco tempo, dado que nese mesmo ano partiría a Zaragoza, onde dirixiría a empresa gandeira AIVESA. Nos anos sesenta conseguiría diversos premios polo seu contributo no referido ao eido agro-gandeiro, regresando definitivamente á Galiza no 1970 onde traballaría como mestre en Pontecesures até a súa xubilación en xaneiro de 1983.

176

Pasaría uns días agochado na vivenda de Xosé Ramón Fernández Oxea, segundo afirmaría a viúva deste, para ao pouco esconderse na súa Láncara natal antes de ser mobilizado forzosamente para se encadrar no exército golpista.

177

Avogado lugués natural de Becerreá, destacado falanxista, co que Piñeiro mantería amizade. Era o xefe do 4º Batallón do Rexemento de Infantería de Zaragoza, do que facía parte Piñeiro e no que demostrou o de Láncara 'intachable conducta', segundo certificación realizada anos despois e presentada no seu favor diante da súa detención na capital española

mozo galeguista que tivera antes do golpe que iniciar o servizo militar obrigatorio, Servando Gómez-Aller de la Ballina, secretario do grupo provincial lugués do Partido Galeguista 178. O destino doutros galeguistas destacados

pola súa posición máis militante, caso do tamén daquelas mozo de Celanova Xosé Velo Mosquera (1916-1972), sería a prisión. De ideario abertamente independentista, entraría no cárcere de Celanova, con tan só vinte anos, á altura do 21 de xullo daquel 1936, onde estaría até marzo do 1937, data na que foi mobilizado forzosamente para combater cos golpistas na coñecida División Acorazada Brunete, da que acabaría fuxindo para combater no bando republicano até o seu final exilio en América do Sur. Os irmáns Cesáreo (1905- 1994) e Camilo Saco López (1903-1995) do Saviñao tamén sufrirían prisión unha vez detidos en Lugo por 'rebelión militar'. Galeguistas referenciais no sul da provincia de Lugo, mestres de profisión, serían sentenciados a unha pena de trinta anos de prisión con destino no cárcere provincial lugués, dos que efectivizarían catro179. O pontevedrés Evaristo Mosquera Martínez sería tamén condeado a prisión, ficando recluído durante catro anos no durísimo campo de concentración sito na illa de San Simón180, na Ría de Vigo. Outros galeguistas, no mellor dos casos, serían destituídos dos seus cargos, postos de traballo, desterrados e/ou desposuídos das súas propiedades. Entre aqueles que logo de ser detidos perderían os seus postos de traballo, poderíamos referenciar multitude de casos, mais tomemos o caso do arqueólogo e etnólogo Antón Fraguas, que viña de ser nomeado secretario xeral do Partido Galeguista da Estrada, e que exercía a docencia desde 1933 no instituto daquela vila181. en 1946. Vid. Dasilva, Xosé Manuel, Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro, Vigo, Galaxia, 2011. p.228-229

178

De la Ballina faría parte do Rexemento Zaragoza nº30 desde o 20 de marzo do 1936.

Boletín Oficial do Estado (golpista) nº185, 23/04/1937, p.1080

179

Até marzo de 1937 estarían presos no cárcere provincial de Lugo, sendo trasladados nesa data ao cárcere provincial da Coruña, onde permanecerían até a súa posta en liberdade o 2 de xullo de 1940. Vid. Saco, Fernando, Os irmáns Saco. Ou a loita galeguista baixo o franquismo, Vigo, A Nosa Terra, 2006. pp.33-38

180

Mosquera, Evaristo, Cuatro años a bordo de una isla. Una estraña manera de vivir... Op. Cit.

181

Xunto a Xesús Constela, que actuaba como 'axudante' de Fraguas, así como Camilo Pereira, secretario de propaganda, Xosé Varela, secretario de finanzas, entre outros. Relanzándose na primavera do 1936 aquel grupo, logo de certa parálise. Vid. “Grupo da

Entre os segundos, citar o caso do avogado galeguista Valentín Paz Andrade e o do empresario nacionalista Enrique Peinador Lines, ambos nacidos en Pontevedra. Como ben lembraba Paz Andrade, activo militante do PG até xaneiro do 1936, non tería nen dereito a responder das acusacións que del se verquían, séndolle notificada a orde de desterro en territorio galego182 nos inicios de setembro daquel ano183. Entre outros, Enrique Peinador, empresario e mecenas de diversas iniciativas do galeguismo184, para alén de vogal da dirección do PG vigués naquela altura185, sufriría a expropiación de diversas propiedades, caso de terreos nos que se construiría a partir de setembro do 1936 o aeroporto de Vigo186.

Un pequeno número de activos galeguistas chegaría a se camuflar no tecido franquista, caso de Servando Gómez-Aller de la Ballina. Exercendo publicamente de afecto ao novo rexime, mais sen abondoar o seu ideario e

Documento similar