Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 16/03/2016 17:04:20
María Concepción Burgo López na data 16/03/2016 17:04:29 María Soledad Soneira Tajes na data 16/03/2016 17:04:31 Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 16/03/2016 17:04:38 Noela Blanco Rodriguez na data 16/03/2016 17:04:45
Á MESA DO PARLAMENTO
Os deputados Ramón Vázquez Díaz e Xabier Ron Fernández, membros do Grupo
Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido
no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta en
comisión, relativa á renovación da dirección do CEIP Paradai de Lugo.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abriu a finais do ano 2014 un expediente disciplinario ao Director do CEIP Paradai de Lugo, que rematou cunha sanción de suspensión de emprego e soldo de catro meses de duración, curiosamente coincidindo cos máis de dous meses de período non lectivo escolar.
Este feito provocou unha grande preocupación na Comunidade Educativa do centro, que se viu agravada pola falla de información e o escurantismo co que se tramitou o expediente citado.
Para sorpresa e preocupación da Comunidade Educativa do CEIP de Paradai o Director sancionado, diante da inminente finalización do seu mandato, ten presentado a súa solicitude para a renovación do cargo, a pesar de que ostenta este cargo dende o ano 2004 e a pesar das queixas e denuncias realizadas nos últimos anos, un feito que mesmo motivou as queixas do ANPA do centro.
Cabe recordar que a normativa educativa establece que “Os nomeamentos das direccións poderán ser renovados polo delegado provincial, por petición dos interesados, por períodos de igual duración, ata un máximo de tres mandatos, logo da avaliación positiva do traballo desenvolvido ao final destes, oídos o claustro de profesores e o consello escolar. A petición de prórroga do nomeamento deberá realizarse durante o mes de xaneiro do último ano de mandato”.
Neste caso o director do CEIP de Paradai alcanzaría o 4º mandato aproveitando unha fenda legal, dado que a norma que limita a duración dos mandatos é do ano 2007 e polo tanto catro anos posterior á primeira toma de posesión do actual director quen, deste xeito, alcanzará os 16 anos ao fronte do centro.
Por outra banda, sorprende que a Xunta de Galicia, agochara o trámite do expediente sancionador á Xunta de Persoal Docente, tal e como é obrigado, informando só a petición deste órgano de representación do profesorado, da existencia do mesmo, mais sen aclarar o seu contido.
Alternativa Galega de Esquerda ten manifestado o seu desacordo co marco normativo establecido polo Partido Popular, segundo o que a administración educativa se reserva a maioría dos membros da comisión de selección das direccións dos centros públicos. Por riba desta circunstancia, neste caso, a administración educativa está a amparar unha situación que contribúe ao enrarecemento do clima de convivencia do centro.
Cabe preguntarse, polo tanto, se unha persoa cunha sanción grave e apartada do seu posto durante 4 meses, reúne os requisitos e a confianza necesaria para a comunidade educativa para asumir unha responsabilidade tan importante como é a de desenvolver a dirección dun centro, máis, se cabe, cando o proceso sancionador esta cheo de incógnitas.
Cabe preguntarse se a relación do director do CEIP Paradai co Partido Popular ten algo que ver nunha situación cando menos difícil de entender para os pais e nais deste centro, sobre todo cando o director aludido foi concelleiro en Lugo representando a este partido.
Por estes motivos o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, presenta a seguinte pregunta para a súa resposta en Comisión:
Considera axeitado o Goberno galego que unha persoa cun expediente grave e cunha sanción firme, renove o seu cargo como director dun centro de ensino público e o faga por cuarto mandato consecutivo?
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016.
Asdo.: Ramón Vázquez Díaz Xabier Ron Fernández Deputados do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Ramón Vázquez Díaz na data 16/03/2016 18:27:22
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Juan Carlos González Santín, José Antonio Sánchez Bugallo e José Luis Méndez Romeu, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 3ª.
A venda de vivendas vai espertando despois dun letargo iniciado no ano 2007, o último antes do estoupido da burbulla inmobiliaria. A un ritmo que foi oscilando segundo os trimestres, 2015 pechou o exercicio coa vivenda nova gañando valor. A suba foi do 2,9 % en toda España, e na comunidade de Madrid chegou ao 6,2 %. En Galicia, a suba foi máis tímida, do 1%, aínda que na cidade de Ourense alcanzou o 2,7 %.
Na media española, o prezo por metro cadrado quedou en 2.052 euros; unha cantidade claramente por riba da media galega, de 1.478 euros por metro cadrado.
Con isto, unha vivenda de noventa metros, custa agora en España 184.680 euros; mentres en Galicia fan falta para mercala 133.020 euros, é dicir, cincuenta mil menos.
A que non evolucionou de igual xeito foi a vivenda usada, que o ano pasado baixou un 5 %. Tamén caeu o euribor, un 80 %, o cal repercutiu nunha rebaixa media para as hipotecas de 174 euros.Con este panorama, as inmobiliarias galegas prevén que este ano se vendan aquí entre doce e quince mil vivendas.
Se comparamos esta evolución coa evolución dos prezos dos alugueres vemos que a evolución non é a mesma.
Ata hai pouco máis dun ano, a escrupulosidade dos bancos para conceder hipotecas decantaríanos polo aluguer. Moitos cidadáns quedaron excluídos do mercado da propiedade, xa sexa pola falta de financiamento ou pola inseguridade laboral, e iso explica en grande medida que o arrendamento de inmobles se
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
encarecese máis dun 6 % no último ano na comunidade, e por encima do 10 % no conxunto de España.
Tanto é así que, a día de hoxe, a cota media mensual por ter un piso en propiedade (cun prazo de amortización a 25 anos e un tipo de xuro medio do 2,5 % durante a vida do préstamo) xa é máis barata na maioría dos casos que a renda que se pide polo aluguer.
O baixo prezo das hipotecas é o segundo gran factor que acaba convertendo a un potencial inquilino en propietario, aínda que, a un ritmo aínda lento.
O empuxón que necesitan eses potenciais propietarios estano propinando os bancos. A competencia entre entidades e as últimas caídas do euribor (chegando a valores negativos) están provocando que os tipos de interese aos que se escrituran as novas hipotecas case toquen solo.
Tendo en conta que os diferenciais que a banca esta a engadir a euribor roldan de media o 1 %, a marxe para seguir axustando é pequena, cabe pensar que no futuro os tipos só poden subir, dado que estamos nuns valores que non deixan marxe sobre os custos e a banca non poderá manter estes tipos indefinidamente.
Ante esta situación os deputados que asinan preguntan:
Está o Goberno galego disposto a informar ás persoas que decidan constituír unha hipoteca para a compra da súa vivenda, das posibles alteracións na cota que terá que pagar segundo a variación que sufran os tipos de xuro?
Pazo do Parlamento, 14 de marzo de 2016
Asinado dixitalmente por:
Juan Carlos González Santín na data 16/03/2016 18:05:08 José Antonio Sánchez Bugallo na data 16/03/2016 18:05:22
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Pablo García García, José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 2ª.
Coa entrada en vigor o día 1 de xaneiro de 2003 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, quedaron en situación de fóra de ordenación miles de instalacións agrícolas-gandeiras, preexistentes nos núcleos rurais en Galicia.
Ante a gravidade da situación creada, despois dun acordo entre as organizacións agrarias e a propia consellería incorporouse unha disposición transitoria, a número 11, á Louga, na que se garantía que as instalacións destinadas á actividade agropecuaria existentes con anterioridade a Lei 9/2002, e situadas en núcleos rurais ou en solo rústico poderían manter a súa actividade. Contemplábase tamén que estas construcións podían acometer obras de conservación e reforma, así como ampliacións que non superasen o 50 % do volume orixinal.
Esta disposición transitoria permitiu dar unha solución acaída e preservar a actividade de miles de pequenas explotacións no territorio de Galicia, e mesmo posibilitou a súa renovación, mellora e ampliación.
Sorprendentemente, na nova Lei 2/2016 do solo de Galicia, transcríbese á dita disposición transitoria pasando a ser agora a número catro, pero coa excepción de que desaparecen os núcleos rurais, polo tanto, os centos ou quizais miles de instalacións agropecuarias preexistentes en núcleo rural volverían á situación de fóra de ordenación excepto as determinacións que poida establecer o planeamento xeral do propio concello.
Como queira que a maior parte dos concellos rurais de Galicia carecen de planeamento xeral en vigor, a aplicación desta lei deixa fóra á maioría destas instalacións.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á vista do anterior, os deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes preguntas: