5. ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO
5.4. FÍSICA E QUÍMICA DE 3º ESO
5.4.3. Secuenciación e temporalización en 3º ESO
BLOQUE CONTIDOS
TEMPORALIZACIÓN (Semanas) 1ª Av. 2ª Av. 3ª Av.
1.A ACTIVIDADE CIENTÍFICA3
■ Método científico: etapas.
■ Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación ■ Aplicacións da ciencia á vida cotiá e á sociedade.
■ Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades. Notación científica.
■ Erros.
■ Traballo no laboratorio
■ Procura e tratamento de información. ■ Proxecto de investigación
2. ESTRUTURA DA MATERIA
■ Estrutura atómica. Modelos atómicos. ■ Isótopos.
■ Aplicacións dos isótopos. ■ Sistema periódico dos elementos. ■ Unións entre átomos: moléculas e cristais. ■ Masas atómicas e moleculares.Mol.
■ Elementos e compostos de especial interese con aplicacións industriais, tecnolóxicas e biomédicas.
■ Formulación e nomenclatura de compostos Binarios.
3.OS CAMBIOS
■ Reacción Química.
■ Cálculos estequiométricos sinxelos. ■ Lei de conservación da masa. ■ Velocidade de reacción.
■ A química na sociedade e o ambiente 4.AS FORZAS
ELÉCTRICAS E MAGNÉTICAS
■ Carga eléctrica. ■ Forza eléctrica.
■ Imáns. Forza magnética. ■ Electroimán.
■ Experimentos de Oersted e Faraday. ■ Forzas da natureza.
5.ENERXÍA
■ Fontes de enerxía ■ Uso racional da enerxía
■ Electricidade e circuítos eléctricos. Lei de Ohm. ■ Transformacións da enerxía eléctrica.
■ Dispositivos electrónicos de uso frecuente ■ Aspectos industriais da enerxía
3
Por tratarse dun bloque de contidos transversais, algúns dos seus estándares de aprendizaxe intégranse noutras unidades didácticas.
5.4.4. Estándares de aprendizaxe, temporalización , procedementos de
avaliación.
Física e Química 3º de ESO BLOQUE 1.A ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Estándares de aprendizaxe Temporalización Procedementos de avaliación 1ªAv 2ªAv 3ªAv
1.1.1. Formula hipóteses para explicar fenómenos cotiáns utilizando teorías e modelos científicos.
1.1.2. Rexistra observacións, datos e resultados de maneira organizada e rigorosa, e comunícaos oralmente e por escrito, utilizando esquemas, gráficas, táboas e expresións matemáticas.
1.2.1. Relaciona a investigación científica coas aplicacións tecnolóxicas na vida cotiá. 1.3.1. Establece relacións entre magnitudes e unidades, utilizando preferentemente o SI
de Unidades e a notación científica para expresar os resultados correctamente. 1.3.2. Realiza medicións prácticas de magnitudes físicas da vida cotiá empregando o
material e instrumentos apropiados, e expresa os resultados correctamente no Sistema Internacional de Unidades.
1.4.1. Identifica material e instrumentos básicos de laboratorio e coñece a súa forma de utilización para a realización de experiencias, respectando as normas de seguridade e identificando actitudes e medidas de actuación preventivas. 1.5.1. Selecciona, comprende e interpreta información salientable nun texto de
divulgación científica, e transmite as conclusións obtidas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade.
1.5.2. Identifica as principais características ligadas á fiabilidade e á obxectividade do fluxo de información existente en internet e noutros medios dixitais.
1.6.1. Realiza pequenos traballos de investigación sobre algún tema obxecto de estudo aplicando o método científico, e utilizando as TIC para a procura e a selección de información e presentación de conclusións.
1.6.2. Participa,valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo.
Observación directa Revisión actividades Proba escrita
Física e Química 3º de ESO Bloque 2. A estrutura da materia
Estándares de aprendizaxe Temporalización Procedementos de avaliación 1ªAv 2ªAv 3ªAv
2.1.1. Representa o átomo, a partir do número atómico e o número másico, utilizando o modelo planetario.
2.1.2. Describe as características das partículas subatómicas básicas e a súa localización no átomo.
2.1.3. Relaciona a notación AZ X co número atómico e o número másico, determinando o número de cada tipo de partículas subatómicas básicas.
2.2.1. Explica en que consiste un isótopo e comenta aplicacións dos isótopos radio- activos, a problemática dos residuos orixinados e as solucións para a súa xestión. 2.3.1. Xustifica a actual ordenación dos elementos en grupos e períodos na táboa
periódica.
2.3.2. Relaciona as principais propiedades de metais, non metais e gases nobres coa súa posición na táboa periódica e coa súa tendencia a formar ións, tomando como referencia o gas nobre máis próximo.
2.4.1. Explica o proceso de formación dun ión a partir do átomo correspondente, utilizando a notación adecuada para a súa representación.
2.4.2. Explica como algúns átomos tenden a agruparse para formar moléculas
interpretando este feito en substancias de uso frecuente, e calcula as súas masas moleculares
2.5.1. Recoñece átomos e moléculas que compoñen substancias de uso frecuente, e clasifícaas en elementos ou compostos, baseándose na súa fórmula química 2.5.2. Presenta, utilizando as TIC, as propiedades e aplicacións dalgún elemento ou
composto químico de especial interese a partir dunha procura guiada de información bibliográfica e dixital.
2.6.1. Utiliza a linguaxe química para nomear e formular compostos binarios seguindo as normas IUPAC.
Observación directa Revisión actividades Proba escrita
Física e Química 3º de ESO BLOQUE 3.OS CAMBIOS
Estándares de aprendizaxe Temporalización Procedementos de avaliación 1ªAv 2ªAv 3ªAv
3.1.1. Representa e interpreta unha reacción química a partir da teoría atómico-molecular e a teoría de colisións.
3.2.1. Recoñece os reactivos e os produtos a partir da representación de reaccións químicas sinxelas, e comproba experimentalmente que se cumpre a lei de conservación da masa.
3.2.2. Realiza os cálculos estequiométricos necesarios para a verificación da lei de conservación da masa en reaccións químicas sinxelas.
3.3.1. Propón o desenvolvemento dun experimento sinxelo que permita comprobar o efecto da concentración dos reactivos ou a temperatura na velocidade de formación dos produtos dunha reacción química, e xustifica este efecto en termos da teoría de colisións.
3.3.2. Interpreta situacións cotiás en que a temperatura inflúa significativamente na velocidade da reacción.
3.4.1. Describe o impacto ambiental do dióxido de carbono, os óxidos de xofre, os óxidos de nitróxeno e os CFC e outros gases de efecto invernadoiro, en relación cos problemas ambientais de ámbito global.
3.4.2. Defende razoadamente a influencia que o desenvolvemento da industria química tivo no progreso da sociedade, a partir de fontes científicas de distinta procedencia.
Observación directa Revisión actividades Proba escrita
Física e Química 3º de ESO BLOQUE 4.AS FORZAS ELÉCTRICAS E MAGNÉTICAS
Estándares de aprendizaxe Temporalización Procedementos de avaliación 1ªAv 2ªAv 3ªAv
4.1.1. Explica a relación entre as cargas eléctricas e a constitución da materia, e asocia a carga eléctrica dos corpos cun exceso ou defecto de electróns.
4.1.2. Relaciona cualitativamente a forza eléctrica que existe entre dous corpos coa súa carga e a distancia que os separa, e establece analoxías e diferenzas entre as forzas gravitatoria e eléctrica.
4.2.1. Xustifica razoadamente situacións cotiás nas que se poñan de manifesto fenómenos relacionados coa electricidade estática.
4.3.1. Recoñece fenómenos magnéticos identificando o imán como fonte natural do magnetismo, e describe a súa acción sobre distintos tipos de substancias magnéticas.
4.3.2. Constrúe un compás elemental para localizar o norte empregando o campo magnético terrestre, e describe o procedemento seguido para facelo. 4.4.1. Comproba e establece a relación entre o paso de corrente eléctrica e o
magnetismo, construíndo un electroimán.
4.4.2. Reproduce os experimentos de Oersted e de Faraday no laboratorio ou mediante simuladores virtuais, deducindo que a electricidade e o magnetismo son dúas manifestacións dun mesmo fenómeno.
4.5.1. Realiza un informe, empregando as TIC, a partir de observacións ou busca guiada de información que relacione as forzas que aparecen na natureza e os fenómenos asociados a elas.
Observación directa Revisión actividades Proba escrita
Física e Química 3º de ESO BLOQUE 5.ENERXÍA
Estándares de aprendizaxe Temporalización Procedementos de avaliación 1ªAv 2ªAv 3ªAv
5.1.1. Compara as principais fontes de enerxía de consumo humano a partir da distribución xeográfica dos seus recursos e os efectos ambientais.
5.1.2. Analiza o predominio das fontes de enerxía convencionais frontes ás alternativas, e argumenta os motivos polos que estas últimas aínda non están suficientemente explotadas
5.2.1. Interpreta datos comparativossobre a evolución do consumo de enerxía mundial, e propón medidas que poidan contribuir ao aforro individual e colectivo
5.3.1. Explica a corrente eléctrica como cargas en movemento a través dun condutor. 5.3.2. Comprende o significado das magnitudes eléctricas de intensidade de corrente, diferenza de potencial e resistencia, e relaciónaas entre si empregando a lei de Ohm.
5.3.3. Distingue entre condutores e illantes, e recoñece os principais materiais usados como tales.
5.4.1. Describe o fundamento dunha máquina eléctrica na que a electricidade se transforma en movemento, luz, son, calor, etc., mediante exemplos da vida cotiá, e identifica os seus elementos principais.
5.4.2. Constrúe circuítos eléctricos con diferentes tipos de conexións entre os seus elementos, deducindo de forma experimental as consecuencias da conexión de xeradores e receptores en serie ou en paralelo.
5.4.3. Aplica a lei de Ohm a circuítos sinxelos para calcular unha das magnitudes involucradas a partir das outras dúas, e expresa o resultado en unidades do SI. 5.4.4. Utiliza aplicacións virtuais interactivas para simular circuítos e medir as magnitudes
eléctricas.
5.5.1. Asocia os elementos principais que forman a instalación eléctrica típica dunha vivenda cos compoñentes básicos dun circuíto eléctrico
5.5.2. Comprende o significado dos símbolos e das abreviaturas que aparecen nas etiquetas de dispositivos eléctricos.
5.5.3. Identifica e representa os compoñentes máis habituais nun circuíto eléctrico (condutores, xeradores, receptores e elementos de control) e describe a súa correspondente función.
5.5.4. Recoñece os compoñentes electrónicos básicos e describe as súas aplicacións prácticas e a repercusión da miniaturización do microchip no tamaño e no prezo dos dispositivos.
5.6.1. Describe o proceso polo que distintas fontes de enerxía se transforman en enerxía eléctrica nas centrais eléctricas, así como os métodos de transporte e almacenaxe desta.
Observación directa Revisión actividades Proba escrita
5.4.5. Elementos transversais
ELEMENTOS TRANSVERSAIS Actitude emprendedora
- Desenvolver procesos creativos e en colaboración que fomenten a iniciativa persoal. Educación para a igualdade.
- Buscar referencias a mulleres científicas dentro da historia e coñecer, que en moitos casos, as súas contribucións foron menosprezadas polos seus colegas masculinos. Será de gran axuda a Webquest: mulleres e ciencia.
(http://www.quimicaweb.net/mujeres_fyq/index.htm). Tecnoloxías da información e a comunicación
- Familiarizarse coa búsqueda responsable de información en Internet, e compartila a través dos canles máis axeitados.
Educación para a saúde.
- Comprender a existencia nos fogares de substancias tóxicas: lixivia, amoníaco, laca, … e valorar o coidado ao manipular estas substancias, facendo fincapé nas precaucions a tomar nos fogares onde viven nenos pequenos.
- Identificar os problemas derivados da radioactividade e valorar as repercusións positivas na medicina e na ciencia.
- Coñecer e respectar os carteis con símbolos que nos indican zona con radioactividade. - Respectar as normas cando se traballe con circuítos eléctricos.
- Comprender a importancia que ten o cumprimento das normas de seguridade no laboratorio e o perigoso que pode ser manipular de forma descoidada substancias potencialmente perigosas.
- Coñecer o efecto na saúde dalgunhas substancias químicas como os óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono,..
- Relacionar o coñecemento dalgúns elementos químicos coa necesidade que deles ten o corpo humano e as consecuencias que tería sobre o ser humano a carencia dalgún dos elementos mencionados antes.
Educación ambiental.
- Comprender os problemas ambientais derivados das actividades humanas ás industriais, sobre todo aquelas que teñen que ver con procesos físicos e/ou químicos: augas residuais, procesos de obtención de substancias puras, chuvia ácida, quecemento global,..
Educación para a paz.
- Desenvolver unha actitude crítica e de repulsa cara á aplicación da física nuclear na construción de armas, como é a bomba atómica.
Educación para o consumidor.
- A unidade de electricidade é apropiada para afianzar nos alumnos o concepto de aforro enerxético en relación co uso dos distintos aparellos.
5.4.6. Procedementos e instrumentos de avaliación.
Os criterios que empregaremos en cada avaliación, baseáranse na información obtida polos seguintes procedementos:
a) Probasescritas:
Seránrealizadas ao longo das tres avaliacións e constarán de problemas numéricos, cuestións teóricas e actividades desenvolvidas no laboratorio e na aula.
Avaliarase o nivel de coñecementos que o alumna/o posúa e terase en conta na cualificación da proba o planeamento, toma de datos, resolución (operacións matemáticas) e expresión clara dos resultados (coas unidades) dos exercicios que se propoñan e o coñecemento e emprego correcto do vocabulario científico. É condición indispensable para acadar avaliación positiva a realización dos exercicios
seguindo os procedementos descritos en clase, e en
particular,a utilización de factores de conversión nos cálculos.
b) Revisión de actividades:
Controis das tarefas realizadas na aula, cando se considere necesario. Controis periódicos das tarefas realizadas na casa.
Informes e/ou cuestionarios de laboratorio.
Traballos experimentais individuais ou en grupo que se expoñerán na aula ou mediante a aula virtual.
Valorarase a capacidade para utilizar de xeito autónomo a información dispoñible e a competencia para elaborar algún informe sinxelo sobre un tema no que se estea traballando.
c) Observación directa:
Tarefas realizadas na actividade diaria da clase. Actitude durante as actividades colaborativas.
Puntualidade na entrega de traballos e outras tarefas encomendadas. Interese e participación nas actividades diarias da clase.
Disposición para o traballo.
Tarefas desenvolvidas no laboratorio, valorando a súa destreza, a orde e a súa capacidade para utilizarde xeito autónomo a información dispoñible.
5.4.7. Criterios de cualificación.
O alumnado terá que facer, polo menos,
dúas
probas
escritas por avaliación
. Nestas probas, os exercicios propostos resolveranse seguindo os procedementos descritos en clase. A nota da avaliación determinarase do seguinte xeito:
c) O 80% da cualificación será a media ponderada das probas escritas realizadas (o factor de ponderación dependerá do número e do peso no currículo de cada proba e comunicarase ao alumnado en cada avaliación). Para facer a media será necesario que ningunha das probas escritas teña unha cualificación inferior a catro.
d) O 20% restante corresponderá á revisión de actividades e á observación directa.
Despois de cada unha das avaliacións primeira e segunda, realizarase unha proba de recuperación para o alumnado que non acadara 5 puntos sobre 10 na avaliación. Neste caso, e a efectos da cualificación final de xuño, obterase unha nova cualificación media da avaliación, formada polo 75% da nota do exame de recuperación e o 25% da nota media da avaliación suspensa.
Para aprobar a materia na avaliación ordinaria de xuño, é preciso ter aprobadas todas as avaliacións. A cualificación final de xuño será a media aritmética das notas medias (se é o caso modificadas pola existencia de probas de recuperación) das tres avaliacións.
O alumnado que ao final do curso teña algunha avaliación suspensa, deberá realizar unha proba escrita final:
a) O alumnado que teña unha avaliación non superada, examinarase dos contidos da avaliación suspensa, debendo obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 para poder facer a media aritmética coas notas obtidas nas outras dúas avaliacións. Aprobará a materia se dita media é igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
b) O alumnado que teña dúas ou tres avaliacións suspensas, terá que examinarse de toda a materia e obter, como mínimo, a cualificación de 5 puntos sobre 10.
c) A proba constará de exercicios e cuestións agrupados por avaliación. Para superar dita proba é imprescindible acadar, como mínimo, o 50% da puntuación asignada a cada avaliación. En caso de non superar a avaliación ordinaria de xuño quedará pendente para a convocatoria
extraordinaria de setembro, na que se realizará unha proba escrita de toda a materia. Esta proba constará de dúas partes: física e química. Para superar dita proba é imprescindible acadar, como mínimo, o 50% da puntuación total asignada a cada parte.