• No se han encontrado resultados

sobre as modificacións e melloras que se deben acometer nos

In document BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA (página 149-171)

Deputado e deputada do G.P dos Socialistas de Galicia

Comisión 7.ª, sobre as modificacións e melloras que se deben acometer nos

seguros agrarios para incrementar a súa eficiencia e contratación.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os días 27, 28 e incluso 29 de abril, unha gran xeada levou parte da produción vinícola que afectou dunha forma considerable as D.O´s do Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.

Entendemos que é labor da Xunta de Galicia garantir aos nosos produtores e produtoras, xunto con adegueiros e adegueiras, unhas colleitas dignas en calidade e cantidade para seguir a traballar as nosas terras dunha forma digna e con garantía de continuidade.

Hoxe o tecido produtivo que se move arredor da uva e dos viños das catro Denominacións de Orixe da provincia de Ourense abarcan preto de 5618 ha de terreo, alcanzan a 10.300 produtoras e produtores, máis de 270 adegas e 48 concellos.

Estamos a falar dun sector que deixa, aproximadamente, máis de 88.000.000€ na provincia de Ourense e Lugo, provincias por certo, que a día de hoxe ocupan a

cola no conxunto da Galiza e do Estado español no que a indicadores socioeconómicos se refire.

As demandas que se esixen son indispensables para un sector estratéxico para as provincias de Lugo e Ourense, como é o vitícola. Non podemos permitirnos paralizar un sector tralos danos sufridos polas xeadas de abril.

A Consellaría de Medio Rural debe traballar xa a adaptación dos seguros agrarios á realidade galega.

Dende en Marea estamos convencidos de que os seguros agrarios teñen que adaptarse a realidade galega. As pólizas de hoxe non serven e, proba diso, é a baixa aceptación que teñen.

Moitos viticultores e viticultoras, ao ter pequenas superficies de viñedo e pouca produción, non contratan estes seguros porque é moi caro, e os que o fan saben que as coberturas non lle van a cubrir nin unha xeada, nin un pedrazo.

Subscribir unha póliza é caro, e as indemnizacións non cobren os gasto de produción.

Ademais, obríganche a asegurar todas as parcelas que tes inscritas no Rexistro Vitícola, algo entendible en grandes superficies coma no resto do Estado, pero absurdo cunha estrutura da terra minifundista como a de Galiza.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. -Non obrigación de ter que asegurar toda a explotación de viñedo, posto que hai viticultores que teñen parcelas en distintas zonas con diferentes incidencias; se non teñen que asegurar parcelas que non van ter sinistros, redúcense os kg asegurados e, por tanto, redúcese o custo da póliza.

2. -Bonificacións no primeiro ano de contratación..

3. -Aumentar o prezo das castes autóctonas ou autorizadas. Estas deben ser protexidas por igual, para non fomentar aínda máis os monocultivos.

4. -Fomentar a contratación para a xente nova, con incorporación na actividade agraria nos 2 anos anteriores, cun incentivo de subvención na prima base.

5. -Fomentar a contratación en zonas que tiveron moita incidencia de sinistros na campaña anterior.

6. -Aprazar a baixada de 10 puntos na subvención de Enesa , que non se faga efectiva ata dentro de 2 anos, na comunidade galega.

7. -Incentivar unha subvención da Xunta de Galiza nas zonas que tiveron maior incidencia de sinistros.

8. -Permitir un aumento nos kg de produción nos módulos de inverno, para non ter que facer unha póliza complementaria na primavera.

9. -Darlle publicidade aos seguros agrarios dende as Oficinas Agrarias Comarcais.

10. -Dar unha maior bonificación por renovación se non tiveron sinistros segundo o historial do asegurado.

11. -Eliminar o sistema de bonificacións e recargas nos sinistros por adversidades climáticas, dado que o asegurado non é responsable delas.

12. -Que as e os viticultores a tempo parcial teñan as mesmas vantaxes na contratación de seguros que os que o son a título principal.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017.

Asdo.: Davide Rodríguez Estévez, Asdo.: Luís Villares Naveira Paula Quinteiro Araújo, Voceiro do G.P. de En Marea. Paula Vázquez Verao,

Deputado e deputadas do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

David Rodríguez Estévez na data 22/06/2017 11:39:49

Paula Quinteiro Araújo na data 22/06/2017 11:40:06

Paula Vázquez Verao na data 22/06/2017 11:40:16

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños, Ana

Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa aos fondos destinados

á formación de persoas traballadores en activo.

A oferta formativa para traballadores/as ocupad@s ten por obxecto ofrecerlle unha formación que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e ás necesidades de adaptación aos cambios no sistema produtivo e ás posibilidades de promoción profesional e desenvolvemento persoal d@s traballadores/as de xeito que lles capacite para o desempeño cualificado das distintas profesións e lles permita mellorar a súa empregabilidade.

Esta formación debe atender as necesidades non cubertas pola formación programada polas empresas e debe desenvolverse de xeito complementar a esta mediante programas de formación que inclúan accións formativas que respondan tanto a necesidades de carácter sectorial como transversal.

O RDL 4/2015 establece que lle corresponde ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, coa colaboración das comunidades autónomas e dos axentes sociais, desenvolver unha función permanente de prospección e detección de necesidades formativas para anticipar e proporcionar respostas efectivas ás necesidades de formación e recualificación nun mercado laboral cambiante, contribuíndo así ao

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

2 desenvolvemento profesional e persoal dos traballadores/as e á competitividade das empresas.

Cada ano celébranse en Madrid reunións da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos laborais, onde son acordadas as cantidades para a distribución territorial de fondos dos Orzamentos xerais do Estado. Correspóndelle á Xunta a distribución en Galiza deses fondos, que teñen carácter finalista, para as diferentes políticas activas de emprego.

Mentres o Goberno do Partido Popular, de Feixóo, adica grandes cantidades de enerxía a facer declaracións e propaganda sobe a importancia da formación para a mellora da competitividade das empresas, van tres anualidades sen que realice as convocatorias de axudas para o financiamento de plans de formación dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

A Xunta de Galiza leva saltadas dúas convocatorias de formación continua, 2015-2016 e 2016-2017, tendo en conta que os fondos son finalistas e que constan as transferencias, é preciso aclarar que se fixo con eses fondos, e onde foron a parar.

Da análise dos orzamentos da Xunta de Galiza e do Estado, no que atinxe a formación para ocupad@s no período 2015-2017, atopámonos que Galiza recibiu 25.993.665 euros. En 2015 o Estado transferiu 8.673.670 euros e a Xunta non executou nin un só euro para o fin previsto, nin tampouco dos 8.819.995 que recibiu en 2016. Da transferencia estimada para 2017 de 8.500.000 a esta altura tampouco nada se sabe xa que aínda non se publicou ningunha convocatoria.

Este atraso inexplicábel nas convocatorias de axudas á formación supón en primeiro lugar un grave prexuízo para as persoas traballadoras ocupadas, que teñen difícil acceso á formación, dificultándose as súas posibilidades de cualificación para a

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

3 conservación do posto de traballo, para a mellora no mesmo ou para mudar de posto. En segundo lugar a exclusión dos axentes sociais da participación na toma de decisión sobre os fondos. En terceiro lugar para as entidades colaboradoras, encargadas de executar os plans, que ao prexuízo da falta de convocatorias teñen que engadir as dificultades derivadas da rebaixa do gasto imputábel ao 10%, ou dos anticipos, que pasaron do 80% ao 25%, converténdose en financiadoras do sistema de formación para o emprego, situación que está a ter como consecuencia a renuncia de moitas delas o que as aboca á súa desaparición.

Esta situación ten xerado preocupación e malestar n@s traballadores/as e en moitas das entidades que veñen prestando formación, que teñen constituído a Mesa para a Defensa da Formación Profesional para o Emprego.

Por todas as razóns expostas, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a: -Presentar un informe no Parlamento onde se aclare:

 Cantidade de euros transferidos a Galiza polo Estado español, correspondentes ao trienio 2015-2017, desde a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, destinados a Políticas Activas de Emprego.

 Distribución dos fondos, desagregados por anualidades e por programas.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

 Razóns da non convocatoria de axudas nas anualidades 2015- 2016 e 2016-2017.

 Repercusión n@s traballadores/as e nas entidades que imparten formación.

 A onde foron a parar os fondos transferidos polo Estado e non executados en formación continúa para persoas traballadoras ocupadas.

-Convocar de inmediato as axudas da anualidade 2017-2018, destinadas á formación continua de persoas traballadoras ocupadas, con condicións que sexan asumíbeis polas entidades colaboradoras, en especial no referido aos gastos imputábeis e aos anticipos.”

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Noa Presas Bergantiños Olalla Rodil Fernández Xosé Luis Rivas Cruz

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

5

Asinado dixitalmente por:

María Montserrat Prado Cores na data 22/06/2017 11:00:05

Noa Presas Bergantiños na data 22/06/2017 11:00:10

Olalla Rodil Fernández na data 22/06/2017 11:00:15

Xose Luis Rivas Cruz na data 22/06/2017 11:00:19

Xosé Luis Bará Torres na data 22/06/2017 11:00:23

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños,

Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa ás razóns polas que a Xunta de Galiza non compromete o orzamento necesario para que o concello de Moaña poida construír o Auditorio Municipal.

O concello de Moaña padece con toda claridade o modelo clientelar practicado polo Partido Popular na Xunta de Galiza. Un modelo que foi dotando aos diferentes concellos dunha serie de infraestruturas básicas: auditorios, bibliotecas, campos de fútbol, piscinas, centros de día, etc, non polas necesidades que teñan os mesmos, se non pola afinidade política.

Encontrándonos con que a pesar de ser un dos concellos con maior actividade social e cultural nunca encontrou no Goberno galego a colaboración necesaria para cubrir esta demanda social. Falamos dun concello cunha extensa actividade socio-cultural,-deportiva destacando entre outros eventos como os Circuíto Teatrais, o Festival Internacional “O Folclore do Mar, o Festival Intercéltico do Morrazo, Días de Mar, etc. E que conta con moitos e diversos colectivos sociais que forman e dinamizan a vida social: Escola de Música, Banda de Gaitas, Banda de Música “Airiños do Morrazo”, corais, grupos de teatro,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

2 agrupacións musicais, danza, folclore,... Pero tamén no eido deportivo goza de eventos da relevancia da Gala do Deporte.

Moaña precisa con urxencia un auditorio, unha reclamación unánime de todo o pobo de Moaña, que conta cunha iniciativa que ven reclamando o conxunto do movemento social moañés, con este fin tense constituído en plataforma, PLATAFORMA PRO-AUDITORIO que denuncia un trato discriminatorio con respecto a outros concellos e o desleixo por parte da Secretaría Xeral de Cultura co goberno municipal, trasladándolle os compromisos de colaborar tan só co equipamento.

Por parte da Xunta hai unha total falta de interlocución, a pesares das reiteradas solicitudes de reunións feitas polo equipo de Goberno municipal, co Conselleiro de Cultura, coa de Infraestruturas e incluso co presidente da Xunta de Galiza, o cal está construíndo a súa residencia nesta localidade e posiblemente nun futuro pretenda ser veciño de Moaña, estas entrevistas non foron concedidas.

A posición da Xunta de Galiza de bloqueo ao goberno local deixouna meridianamente clara hai uns días o Delegado Territorial da Xunta cando afirmaba que a única colaboración podería ser para o mobiliario, que agora non se financia auditorios. E instaba ao Goberno local a que reclamase da Deputación de Pontevedra o financiamento desta infraestrutura, pretendendo esquecerse de que o modelo clientelar do PP e Louzán foi eliminado deste organismo.

Por estas razóns o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta a seguinte proposición non de lei para o seu tratamento en comisión:

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

3 “O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a comprometer a dotación orzamentaria necesaria para que o Auditorio Municipal de Moaña estea construído nesta lexislatura.”

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Noa Presas Bergantiños Olalla Rodil Fernández Xosé Luis Rivas Cruz

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Montserrat Prado Cores na data 22/06/2017 12:38:41

Noa Presas Bergantiños na data 22/06/2017 12:38:47

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Xose Luis Rivas Cruz na data 22/06/2017 12:38:54

Xosé Luis Bará Torres na data 22/06/2017 12:38:58

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa das súas deputadas Luca

Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 4.ª, relativa á información necesaria para a oferta pública de emprego no ensino.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Inseguridade e incerteza. Estas dúas foron as dúas notas dominantes respecto á convocatoria da OPE para o ensino neste ano. Empregada como ferramenta de presión política para a negociación dos orzamentos, e pese a ser finalmente convocadas, aínda quedan dúbidas sobre a mesa.

A dous días do inicio das probas das oposicións para a función pública docente, a Consellaría de Educación e Cultura aínda non fixo público os lugares onde as persoas opositoras teñen que realizar o seu exame.

Deste xeito, a Consellería non só mantén na incerteza ás persoas opositoras, senón que incumpre as súas propias normas xa que a propia orde de convocatoria, na súa base décimo terceira, establece que a Consellaría fará públicas as horas, as datas e os lugares de realización das probas con 5 días de antelación.

Resulta inxustificable que 48 horas antes as persoas opositoras non coñezan os centros onde van realizar a presentación e a primeira proba, causando graves prexuízos e inseguridade.

Ante esta situación, o grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a publicar, de xeito inmediato, os lugares, distribución de persoas opositoras e centros onde se vai realizar a presentación e a 1ª proba de todos os tribunais.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017.

Asdo.:Luca Chao Pérez, Asdo.: Luís Villares Naveira

Ánxeles Cuña Bóveda, Voceiro do G.P. de En Marea

Deputadas do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Luca Chao Pérez na data 22/06/2017 13:41:19

María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 22/06/2017 13:41:27

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas e deputados Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños, Ana

Belén Pontón Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, sobre a creación do servizo de

fisioterapia no Centro de Saúde de Burela.

O Centro de Saúde de Burela non conta na actualidade con servizo de fisioterapia, a diferenza doutros centros de saúde da contorna coma o de Ribadeo, Foz ou Viveiro. Deste xeito os veciños dos concellos de Burela e Cervo non poden acceder a sesións de fisioterapia, cando o precisan, posto que non poden acudir a aqueloutros centros de saúde ao non estar asignados a eses centros.

Non se trata dun problema menor, posto que en moitas ocasións os médicos de atención primaria inclúen no seu tratamento para diferentes doenzas sesións de fisioterapia e mesmo dende o servizo de traumatoloxía do Hospital da Mariña se prescribe a fisioterapia como rehabilitación para moitos doentes.

A isto súmase, que no propio Hospital da Mariña se están a producir problemas para cubrir o posto de rehabilitador, o que supón graves prexuízos para a poboación da comarca. Os doentes ven con impotencia como lles recomendan levar a cabo sesións de fisioterapia pero no seu centro de saúde non se presta ese servizo e o único que poden facer é reclamar e/ou acudir a fisioterapeutas de pago por conta propia.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

2 Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a dotar o Centro de Saúde de Burela de servizo de fisioterapia a través do desenvolvemento das xestións necesarias para contar coas instalacións e o persoal preciso.”

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017

Asdo.: Olalla Rodil Fernández

Noa Presas Bergantiños Xosé Luis Rivas Cruz Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Olalla Rodil Fernández na data 22/06/2017 16:10:26

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

Xose Luis Rivas Cruz na data 22/06/2017 16:11:13

María Montserrat Prado Cores na data 22/06/2017 16:11:18

Xosé Luis Bará Torres na data 22/06/2017 16:11:22

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Noa Presas

Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na

Comisión 8ª, relativa á adopción de medidas para acadar a autosuficiencia de

Galiza en materia de produción e subministro de semente de moluscos bivalvos para o impulso de actividade marisqueira.

Galiza é unha potencia na produción de marisco, atendendo ao volume de capturas, a súa extraordinaria calidade e, fundamentalmente á importancia económica, social e de emprego que eta actividade representa na nosa nación. Precisamente por estas razóns resulta difícil entender a absurda situación de dependencia do subministro de semente de moluscos bivalvos en grande parte dos bancos marisqueiros galegos.

O BNG considera prioritario rematar coa dependencia que mantén Galiza a respecto da semente producida fora que, á marxe das distorsións do mercado ou do problema que representa a introdución de especies alóctonas, certifica a existencia dun outro problema, neste caso estrutural, que impide o desenvolvemento pleno do sector marisqueiro galego.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

A recuperación do noso marisco, como inequivocamente galego,

In document BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA (página 149-171)

Documento similar