AUDITORIO DE GALICIA
REAL
FILHARMONÍA
DE GALICIA
2017 → 2018XOVES 08
FEBREIRO 2018
20.30 h
Auditorio de Galicia
PIERRE BLEUSE Director
CONCERTOS2
PROGRAMA
Duración aproximada do concerto: 65 minutos (non haberá pausa) Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que
desconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc
ALBERT ROUSSEL (1869-1937)
Concerto para pequena orquestra, op. 34
Allegro Andante Presto
ARTHUR HONEGGER (1892-1955)
Pastoral d'été, H. 31
LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)
Sinfonía núm. 6 en Fa maior “Pastoral”, op. 68
Apracibles sentimentos que esperta a contemplación dos campos: Allegro ma non troppo
Escena xunto ao arroio: Andante molto mosso Festa campestre: Allegro
A treboada: Allegro
3
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Director artístico titular Paul Daniel Principal director invitado Jonathan Webb Director asociado Maximino ZumalaveCincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.
VIOLÍNS I Teimuraz Janiskashvili (concertino) Adriana Winkler (axuda de concertino) Anca Smeu ** Ilya Fisher Ildikó Oltai Michal Ryczel Anna Alexandrova Irene Romero *** Yulia Petrushevskaya Claudio Guridi Victoria Jurov VIOLÍNS II Nikolay Velikov * Grigori Nedobora ** Enrique Roca Irina Gruia Kiyoko Ohashi Héctor Robles *** Gyula Vadaszi Ana Nedobora (R) Elina Viksne Samira Ajkic VIOLAS Tilmann Kircher * Natalia Madison ** Timur Sadykov Ionela Ciobotaru Oxana Bakulina Nuria Honrubia *** Anne Schlossmacher Iriana Fernández VIOLONCELLOS Plamen Velev * Barbara Switalska ** Carlos García Thomas Piel Millán Abeledo Iratxe Paredes *** CONTRABAIXOS Carlos Méndez * Alfonso Morán ** Oriol Xicart M. Ángel Luzárraga *** FRAUTAS Laurent Blaiteau * Luis Soto ** Beatriz Gallardo *** ÓBOES Christina Dominik * Esther Viúdez ** CLARINETES Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES
Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega * Xavier Ramón ** Adrián Lavía *** TROMPETAS Javier Simó * Ramón Llátser ** TROMBÓNS Rubén Prades (R) Iago Ríos (R) TIMBAL
José Vicente Faus *
4
PIERRE BLEUSE
Director
Considerado como un destacado talento nas salas de concertos do seu país, Francia, na actualidade atópase no cumio dunha gran carreira internacional. A súa comunicación coa orquestra, caracterizada por un entusiasmo inspirador e unha encantadora autoridade natural, apóiase nunha técnica de dirección clara e expresiva. Mantén relacións artísticas permanentes coa Orquestra Nacional do Capitolio de Toulouse e coa Orquestra Nacional de Burdeos-Aquitania.
O seu exitoso debut nos EUA veu da man da O. Sinfónica de Utah en 2016, e o seu director musical, Thierry Fischer, tras unha actuación no Mozarteum de Salzburgo coa O. da Fundación Animato. Recentemente debutou en Asia cun concerto en Taipei. Nesta temporada dirixe por primeira vez en España, debutando coa Real Filharmonía de Galicia. Recentes e próximos compromisos inclúen o seu regreso á Ópera de Lyon, tras ser asistente de Kazushi Ono en dúas producións. O compositor Michael Jarrell tamén confiou nel para a súa ópera Cassandre, produción que contou coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.
Tamén supervisa a Musika Orchestra Academy en colaboración coa Orquestra Nacional do Capitolio de Toulouse, con quen debutou en 2012; dende entón é convidado con frecuencia como director. Fundado en principio como festival internacional de música, tense convertido tanto nunha academia europea de primeira categoría como nunha plataforma para o intercambio profesional entre músicos, enxeñeiros de son e produtores de diferentes países.
Estudou dirección orquestral con Jorma Panula en Finlandia dende o ano 2010 e con Laurent Gay no Conservatorio de Música de Xenebra. Como violinista, gañou o primeiro premio do Conservatorio Nacional de París e ten traballado con agrupacións como Quatuor Satie, Ensemble Court-circuit ou Ensemble tm+, así como coa Orquestra Filharmónica de Radio Francia.
5
Albert Roussel (Tourcoing, 1869 - Royan, 1937)
Concerto para pequena orquestra op. 34
Tras unha breve carreira como oficial da Mariña de guerra francesa, a vocación de Albert Roussel lévao á Schola Cantorum, primeiro como alumno de D´Indy e logo como profesor con alumnos tan dispares como Satie, Varèse ou Martinu. Até 1914, compón un reducido número de partituras -que evolucionan desde un preciso e confuso escolasticismo até un impresionismo libre e atractivamente fresco (O festín da araña e Evocacións son as súas obras crave de preguerra)-, sendo a estrea de Para unha festa de primavera a que en 1921 o eleva a figura da música francesa da posguerra, aclamado polas novas xeracións que consideran superado o impresionismo dada a súa capacidade para evolucionar autonomamente e desenvolver o seu propio pensamento musical sen someterse a escolas, modas, tendencias ou imposicións: un neoclasicismo orixinal que emprega a disonancia, ritmicamente vigoroso e cheo de enerxía, pero con extraordinarios oasis de extática contemplación, de inmobilidade solar, de pagá mediterraneidade.
O Concerto para pequena orquestra op. 34 que Roussel escribiu entre 1926 e 1927 é unha obra sutil, podería dicirse que exemplo de neoclasicismo dentro dunha tradición francesa que combina romanticismo e ocasionais brillos de atonalidade e disonancia e cuxos tres breves movementos revelan un mestre do contrapunto e a orquestración. Algúns detalles tímbricos, case camerísticos, que permiten un plantel instrumental reducido, fan evidente a influencia de Stravinski no concerto e o tratamento rítmico e melódico de certos fragmentos evocan a música de Bartók e, incluso por momentos, podería recoñecerse o acento burlesco de Weill.
Arthur Honegger (Le Havre, 1892 – París, 1955)
Pastorale d’été, H. 31
Nacido en Francia, de pais suízos, Honegger estudou nos conservatorios de Zúric e París. O crítico Henri Collet publicou en 1920 un influente artigo no que incluíu o compositor no denominado grupo Les Six integrado polos seus coetáneos Poulenc, Mihaud, Auric, Tailleferre e
6
Durey. Honegger explicaba que a idea xurdiu da amizade entre eles máis que de formar un grupo estético, pois cada un traballaba individualmente sen aterse a ordes. O propio Honegger explicáballe ao musicólogo e crítico francés Paul Landormy as súas prioridades estéticas: “Tomei unha dirección musical para reaccionar contra o musicalmente denominado impresionismo (por exemplo Debussy) e que é, na miña opinión, un retorno á construción contrapuntal en oposición á construción harmónica. Quero tamén darlle máis importancia á arquitectura musical, que non me gustaría ver sacrificada por razóns literarias ou pictóricas. Quizais tamén teño unha esaxerada tendencia a buscar a complexidade contrapuntal. O meu referente primordial é J. S. Bach”, declaración que debe ser tida en conta para escoitar o seu breve e modesto poema sinfónico Pastorale d’été. Composto en agosto de 1920 coa inspiración dos Alpes berneses de Suíza nunha visita a Wengen, a partitura comeza coa cita do poeta Arthur Rimbau: ‘J’ai embrassé l’aube d´été’ (Abracei a alba de verán) e foi premiada polo público no Premio Verley, sendo elixida para ser interpretada xunto con outras catro obras. Nesta idílica composición podemos distinguir, na súa lírica abertura, o canto do paxaro no son da frauta e do clarinete, fragmentos de marcados ritmos populares na animada sección central de colorista orquestración e unha constante expresión de sentimentos que nos lembra o espírito da Sinfonía Pastoral de Beethoven.
Ludwig van Beethoven (Bonn, 1770 – Viena, 1827)
Sinfonía núm. 6 en Fa maior, op. 68 ‘Pastoral’
Tras o fracaso da súa ópera Fidelio, e rematada a súa Sinfonía núm 4, L. v. Beethoven compuxo o Concerto
para violín en re maior op. 61, estreado en 1806. En
setembro de 1807, o compositor comezou a traballar na súa Sinfonía en Fa maior, rematándoa a finais de xullo de 1808 cando ultimaba a Quinta. De significado oposto, ambas as pezas están intimamente relacionadas entre si e foron estreadas no mesmo concerto o 22 de decembro dese ano no Teatro an der Wien. Estas dúas obras tenden a converter a música nunha linguaxe tan expresiva que excede o seu significado sonoro para
7
transmitir contidos que superan a idea musical, o que xa sucedera na sinfonía Heroica. Beethoven pasaba varios meses ao ano no campo, preto de Viena, e parece que a súa crecente xordeira o levou a escribir, baixo o influxo da natureza, esta Sinfonía núm 6 ‘Pastoral’ que amosa ao autor ofrecendo o perfil máis contemplativo e ditoso do ser humano, e que resulta ser unha das obras máis representativas da súa creación musical. O primeiro movemento permite achegarse ao sentimento do autor: Espertar de alegres sentimentos ao chegar á
campiña, no que refina un canto popular que mostra a
calma e a serenidade do campo, os trinos dos paxaros e o murmurio das fragas. A continuación, un Andante en sonata, Escena xunto ao regato, revela un dos cumios da arte beethoveniana: sobre unha base lírica, que parece predicir a luz e a cor dunha pintura impresionista, Beethoven ofrece pinceladas de naturalismo sonoro cando frauta, óboe e clarinete imitan o reiseñor, o paspallás e o cuco. No Allegro, unha Alegre reunión
dos campesiños, onde o stacatto das cordas e unha
frase dos ventos conflúen nunha danza campestre sobre elementos do primeiro tema do Allegro inicial. Despois do Trio volve o Scherzo, cuxa repetición curta a tempestade, Tormenta e choiva, páxina na que se advirte de novo a capacidade de Beethoven para crear ideas musicais con conceptos instrumentais, anticipando efectos dignos do Romanticismo máis avanzado. Música descritiva, programática, onde a desculpa da natureza se transforma nunha innegable creación artística. O final da sinfonía Canto dos pastores. Sentimentos alegres e
agradecidos despois da tormenta é un canto de acción de
grazas de gran tenrura a través de imitacións, variacións, fugados etc, no que Beethoven restitúe a quietude inicial da sinfonía.
AUDITORIO DE GALICIA
Avda. Burgo das Nacións s/n 15705 Santiago de Compostela DESPACHO DE BILLETES T 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio) T 981 542 349 (Teatro Principal) OFICINAS T 981 552 290 | T 981 574 152 www.rfgalicia.org www.compostelacapitalcultural.gal RealFilharmoniadeGalicia CompostelaCapitalCultural @rfgalicia @CCultura
Domingo 18 de febreiro, 2018
19,30 h
CICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGE Centenario C. Debussy / L. Bernstein DÚO BIZJAK
C. Debussy, En blanc et noir
S. Rachmaninov, Suite para dous pianos
núm. 2
L. Bernstein, Suite de West Side Story M. Ravel, La Valse
Venres 23 de febreiro, 2018
20,30 h
Real Filharmonía de Galicia Jonathan Webb, director Alexandre Kantorow, piano
W. A. Mozart: Música para un funeral masónico en do m, KV 477/479a C. Saint-Saëns: Concerto para piano núm. 4 en do m, op. 44
P. I. Chaikovski: Sinfonía núm. 2 en do m op. 17 Pequena Rusia
A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto.
Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.