• No se han encontrado resultados

…e a economía ecolóxica

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "…e a economía ecolóxica"

Copied!
52
0
0

Texto completo

(1)

Xornadas

ECONOMÍA CIRCULAR:

UN NOVO MODELO PRODUTIVO PARA SAIR DA CRISE 30 D E M A R Z O D E 2 0 1 7

F A C U L T A D E D E C C . E C O N Ó M I C A S E E M P R E S A R I A I S U N I V E R S I D A D E D E S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A

Economía Ecolóxica,

Sustentabilidade e Decrecemento

Xoán R. Doldán García

Departamento de Economía Aplicada

Universidade de Santiago de Compostela

(2)

• Nace á par que a civilización industrial:

– Guíase por un razoamento monetario, resalta a dimensión criadora de valor ou utilidade

– Non atende as deterioracións sociais e ambientais que a xestión económica orixina

• Respecto aos recursos naturais, rexístrase só o custe de extracción e de manexo, e non o de reposición. Consecuencias:

– Prima a extracción sobre a reutilización ou a reciclaxe (onde si se incorporan os custes de reposición)

– Acelera os problemas de escaseza dos materiais e a xeración de residuos.

O ENFOQUE ECONÓMICO CONVENCIONAL

(3)

• Concibe o sistema económico como un ámbito independente do ambiente físico no que se desenvolve e condiciona

• A terra: apenas vista como espazo e materia O ENFOQUE ECONÓMICO CONVENCIONAL

(4)

• Funcionamento básico do sistema económico: a partir do concepto de fluxo circular da renda (interrelacións entre empresas e familias)

O ENFOQUE ECONÓMICO CONVENCIONAL

(5)

• Un ciclo fechado de produción-consumo-produción

• Visión antropocéntrica que considera todas as cousas físicas como a mesma materia indestrutíbel

O ENFOQUE ECONÓMICO CONVENCIONAL

(6)

• A análise limítase ás relacións entre axentes económicos, tendo como punto central os intercambios mercantís (que só son unha parte das relacións económicas)

O ENFOQUE ECONÓMICO CONVENCIONAL

(7)

• Pode facerse máis complexo (goberno, sistema financeiro e sector exterior) pero a economía segue a considerarse un sistema fechado e autosuficiente de fluxos de renda

O ENFOQUE ECONÓMICO CONVENCIONAL

http://www.iedge.eu/carlos-hernandez-modelo-macroeconomico-basico-el-pib

(8)

• Construción teórica que non considera límites físicos (necesidades de materiais e enerxía) e choca coa lóxica de funcionamento da biosfera

Fonte: Naredo 1994

Problemas das relacións economía-biosfera:

O ENFOQUE ECONÓMICO CONVENCIONAL

(9)

• Considera ao sistema económico como un subsistema dun sistema máis amplo (a Terra ou biosfera).

• Este sistema (biosfera) está aberto á entrada de enerxía solar e practicamente fechado á entrada de materiais

A ECONOMÍA ECOLÓXICA

(10)

• A economía precisa de entradas de enerxía e materiais e produce residuos (calor disipado ou enerxía degradada e residuos materiais)

• Os residuos materiais: poden volver entrar tras ser reciclados ou reutilizados A ECONOMÍA ECOLÓXICA

(11)

• Todo sistema económico é un sistema aberto: a diferenza estriba na cantidade e o tipo de recursos extraídos da natureza

• Non deberíamos utilizar o denominación produción para actividades que son meramente extractivas

A ECONOMÍA ECOLÓXICA

(12)

Implicacións do cambio de perspectiva:

1. Se as actividades económicas só adquiren significado en relación ás persoas, será na esfera humana onde acaden a súa finalidade (máxime se consideramos que o benestar é algo máis que a acumulación de bens e servizos)

A ECONOMÍA ECOLÓXICA

(13)

Implicacións do cambio de perspectiva:

1. Se as actividades económicas só adquiren significado en relación ás persoas, será na esfera humana onde acaden a súa finalidade (máxime se consideramos que o benestar é algo máis que a acumulación de bens e servizos)

2. A reprodución dunha esfera depende da reprodución das restantes: non hai posibilidade de supervivencia económica ou humana sen a natureza que lle serve de soporte, e esta non sería a mesma se desaparecese a especie humana

A ECONOMÍA ECOLÓXICA

(14)

Implicacións do cambio de perspectiva:

1. Se as actividades económicas só adquiren significado en relación ás persoas, será na esfera humana onde acaden a súa finalidade (máxime se consideramos que o benestar é algo máis que a acumulación de bens e servizos)

2. A reprodución dunha esfera depende da reprodución das restantes: non hai posibilidade de supervivencia económica ou humana sen a natureza que lle serve de soporte, e esta non sería a mesma se desaparecese a especie humana

3. Se todos os elementos dun conxunto se inscriben nun conxunto maior que os abarca, todas as compoñentes do segundo non pertencen ao primeiro:

todos os elementos da economía pertencen á biosfera, mais non todos os da biosfera son de orde económico nin están sometidos ás súas regulamentacións

A ECONOMÍA ECOLÓXICA

(15)

OS RECURSOS NATURAIS

BIÓTICOS ABIÓTICOS

RENOVÁBEIS EN SENSO ESTRITO CONTINUOS NON RENOVÁBEIS

RENOVÁBEIS EN SENSO AMPLO ESGOTÁBEIS

cando o ritmo de utilización sexa superior ao da rexeneración

natural

INESGOTÁBEIS Fontes de enerxía renovábeis (excepto a

biomasa)

ESGOTÁBEIS

NON RENOVÁBEIS ENERXÉTICOS o seu uso supón a conversión paulatina

a enerxía disipada, sen posibilidades de

reutilización nin recuperación (2º

principio da termodinámica)

NON RENOVÁBEIS MATERIAIS posibilidade de

recuperación, reutilización ou reciclaxe. Limitado pola necesidade de

enerxía para eses traballos

aínda que limitados, son os únicos nos que pode existir

reposición do stock

(16)

OS RECURSOS NATURAIS

BIÓTICOS ABIÓTICOS

RENOVÁBEIS EN SENSO ESTRITO CONTINUOS NON RENOVÁBEIS

RENOVÁBEIS EN SENSO AMPLO ESGOTÁBEIS

cando o ritmo de utilización sexa superior ao da rexeneración

natural

INESGOTÁBEIS Fontes de enerxía renovábeis (excepto a

biomasa)

ESGOTÁBEIS

NON RENOVÁBEIS ENERXÉTICOS o seu uso supón a conversión paulatina

a enerxía disipada, sen posibilidades de

reutilización nin recuperación (2º

principio da termodinámica)

NON RENOVÁBEIS MATERIAIS posibilidade de

recuperación, reutilización ou reciclaxe. Limitado pola necesidade de

enerxía para eses traballos

aínda que limitados, son os únicos nos que pode existir

reposición do stock

(17)

• A súa dispoñibilidade depende de:

• unha cantidade fixa predeterminada xeoloxicamente

• o prezo

• a tecnoloxía

• a xurisdición sobre o mesmo, etc

• Toda cantidade usada reduce o stock xeoloxicamente dispoñíbel (ningún avance económico ou tecnolóxico pode evitalo)

• Na extracción, manipulación ou transformación de materiais e enerxía, no uso dos produtos ou no tratamento dos residuos, daranse diversas formas de impacto no medio

OS RECURSOS NATURAIS NON RENOVÁBEIS

(18)

A BIOSFERA: subministradora de recursos e receptora de residuos

Celeridade na extracción de recursos

Aumenta a xeración de residuos

Supérase a capacidade de asimilación natural dos residuos

Alteración dos ciclos bioxeoquímicos

Agrávanse os problemas de contaminación e degradación

ambiental

• O consumo final de bens: na verdade non desaparecen senón que permanecen en forma de residuos, causando problemas ambientais, sociais e económicos (só parcialmente contabilizados pola economía convencional)

• A economía ecolóxica estuda o metabolismo social e, polo tanto, contabiliza fluxos de enerxía e materiais

(19)

OS RESIDUOS

• Gran parte dos residuos é asimilada de forma natural polos ecosistemas e unha parte menor pola actividade humana (como unha actividade sectorial)

• Só unha parte dos tratados pola actividade humana se reincopora como recursos, a maior parte se acumulan ou incineran

• A reciclaxe utiliza tamén enerxía e materiais

(20)

A economía ambiental…

ESFERA ECONÓMICA

ESFERA DAS ACTIVIDADES

HUMANAS

BIOSFERA

ALGUNHAS DIFERENZAS ENTRE A ECONOMÍA AMBIENTAL E A ECONOMÍA ECOLÓXICA

BIOSFERA BIOSFERA

ESFERA DAS ACTIVIDADES

HUMANAS ESFERA DAS ACTIVIDADES

HUMANAS

ESFERA ECONÓMICA

ESFERA ECONÓMICA

…e a economía ecolóxica

(21)

ECONOMÍA AMBIENTAL

ocúpase do que, sendo de utilidade directa para os seres humanos, resulte

ademais apropiábel, valorábel e produtíbel

Os bens libres que integran o medio ambiente teñen que ser valorados:

privatizándoos, integrándoos no mercado ou simulando dito mercado

para imputar valores teóricos.

ECONOMÍA ECOLÓXICA

considera que toda a biosfera e os recursos poden ser útiles e escasos Concibe o económico como extensión

do biofísico e sometido ás leis físicas

ALGUNHAS DIFERENZAS ENTRE A ECONOMÍA AMBIENTAL E A ECONOMÍA ECOLÓXICA

Obxecto de estudo

(22)

ECONOMÍA AMBIENTAL

o sistema económico é un circuíto fechado e permanentemente equilibrado onde os produtores de mercadorías e os consumidores están

coordinados polos mercados que é onde se determinan os prezos que

infunden valor á produción.

Este proceso de valoración recae sobre unha parte do proceso físico.

ECONOMÍA ECOLÓXICA

o proceso de produción económica debe representarse como un sistema

aberto e dependente da enerxía e materiais que intercambia co medio

ambiente

Caracterízase polo seu desequilibrio permanente e a irreversibilidade

ALGUNHAS DIFERENZAS ENTRE A ECONOMÍA AMBIENTAL E A ECONOMÍA ECOLÓXICA

Funcionamento do Sistema Económico

(23)

ECONOMÍA AMBIENTAL

a partir dos dereitos de propiedade, a incorporación dos bens libres aos mecanismos de mercado, mediante o

cálculo dos custes de oportunidade, prezos sombra ou valores

continxentes.

ECONOMÍA ECOLÓXICA

considera que os recursos naturais e o medio ambiente teñen valor

independentemente de que formen parte ou non das preferencias ou necesidades da especie humana, preocupándose pola natureza física

dos bens a xestionar e a lóxica dos ecosistemas, a escaseza obxectiva, a

renovabilidade dos recursos, a nocividade dos residuos e a súa posíbel reutilización ou reciclaxe

ALGUNHAS DIFERENZAS ENTRE A ECONOMÍA AMBIENTAL E A ECONOMÍA ECOLÓXICA

Valoración económica

(24)

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE

Antecedentes: despraza a outros termos usados nos anos 70

CRECEMENTO CERO

Primeiro informe do Club de Roma (Meadows et al., 1972: Os límites ao

crecemento)

Puxo de manifesto a imposibilidade do crecemento infinito

nun sistema finito

ECODESENVOLVEMENTO

Declaración de COCOYOC en 1974.

Ignacy Sachs (ONU)

Conciliar o aumento da produción reclamado polos países do Terceiro Mundo, co respecto aos ecosistemas

necesario para manter as condicións de habitabilidade da terra

• O concepto de desenvolvemento sostíbel (ou sustentábel) confúndese co desenvolvemento autosostido (ou sostido) (Rostow). Sustainable-Sustained

(25)

• Implicitamente recoñécese a insustentabilidade do modelo económico vixente

• Desenvolvemento ecónomico + dimensión ambiental, diante da evidencia de que:

– O crecemento económico non erradica a pobreza

– O desenvolvemento non evita a destrución de recursos e servizos ambientais

• En orixe, a sustentabilidade refírese SÓ á dimensión ecolóxica: o desenvolvemento sustentábel require un sistema produtivo que cumpra o imperativo de preservar o medio ambiente e cambiar o modelo existente

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE: O INFORME BRUNDTLAND

DESENVOLVEMENTO SUSTENTÁBEL

Satisfacer as nosas necesidades actuais sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas (Brundtland, 1987: O noso futuro común)

(26)

• Idea central: manter o “patrimonio natural”

• Qué implica manter todos os seus elementos?: calquera uso dos recursos non renovábeis sería incompatíbel coa sustentabilidade.

(nin sequera un crecemento cero ou economía estacionaria serían compatíbeis)

• Só unha economía baseada unicamente en fontes enerxéticas renovábeis e en ciclos fechados de materia pode ser potencialmente sustentábel de maneira indefinida

DESENVOLVEMENTO SUSTENTÁBEL

Satisfacer as nosas necesidades actuais sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas (Brundtland, 1987: O noso futuro común)

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE: O INFORME BRUNDTLAND

(27)

• Criterios a seguir para achegarnos á sustentabilidade, desde as sociedades actuais (Martínez-Alier, Roca-Jusmet, 2013):

• Recursos renovábeis esgotábeis: usalos ao ritmo da súa renovación (stock óptimo de recurso?, nivel de agregación e espacial de referencia?)

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE

(28)

• Criterios a seguir para achegarnos á sustentabilidade, desde as sociedades actuais (Martínez-Alier, Roca-Jusmet, 2013):

• Recursos renovábeis esgotábeis: usalos ao ritmo da súa renovación (stock óptimo de recurso?, nivel de agregación e espacial de referencia?)

• Recursos non renovábeis: imposíbel determinar un nivel sustentábel de forma indefinida. Dependería máis da capacidade de fechar os ciclos dos materiais reconvertendo os residuos en recursos (recuperación e reciclaxe, con fontes enerxéticas renovábeis)

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE

(29)

• Criterios a seguir para achegarnos á sustentabilidade, desde as sociedades actuais (Martínez-Alier, Roca-Jusmet, 2013):

• Recursos renovábeis esgotábeis: usalos ao ritmo da súa renovación (stock óptimo de recurso?, nivel de agregación e espacial de referencia?)

• Recursos non renovábeis: imposíbel determinar un nivel sustentábel de forma indefinida. Dependería máis da capacidade de fechar os ciclos dos materiais reconvertendo os residuos en recursos (recuperación e reciclaxe, con fontes enerxéticas renovábeis)

• Combustíbeis fósiles: os ritmos de extracción deberían ser o suficientemente lentos e os de introdución de fontes de enerxía renovábeis o suficientemente rápidos para un futuro sen merma na dispoñibilidade enerxética ou nos servizos enerxéticos (transición cara unha sociedade enerxeticamente non fósil)

• Recursos minerais non enerxéticos: minimizar o ritmo de extracción, sobre todo nos que a relación entre reservas e taxas de uso é baixa. Implica: moderación no consumo, reutilización e reciclaxe e substitución dos materiais menos abudantes por outros máis abundantes.

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE

(30)

• Criterios a seguir para achegarnos á sustentabilidade, desde as sociedades actuais (Martínez-Alier, Roca-Jusmet, 2013):

• Recursos renovábeis esgotábeis: usalos ao ritmo da súa renovación (stock óptimo de recurso?, nivel de agregación e espacial de referencia?)

• Recursos non renovábeis: imposíbel determinar un nivel sustentábel de forma indefinida. Dependería máis da capacidade de fechar os ciclos dos materiais reconvertendo os residuos en recursos (recuperación e reciclaxe, con fontes enerxéticas renovábeis)

• Combustíbeis fósiles: os ritmos de extracción deberían ser o suficientemente lentos e os de introdución de fontes de enerxía renovábeis o suficientemente rápidos para un futuro sen merma na dispoñibilidade enerxética ou nos servizos enerxéticos (transición cara unha sociedade enerxeticamente non fósil)

• Recursos minerais non enerxéticos: minimizar o ritmo de extracción, sobre todo nos que a relación entre reservas e taxas de uso é baixa. Implica: moderación no consumo, reutilización e reciclaxe e substitución dos materiais menos abudantes por outros máis abundantes.

• Residuos: evitar a xeración de residuos acumulativos

• Servizos ambientais: non alterar os ecosistemas que subministran aqueles esenciais para a vida e evitar situacións potencialmente catastróficas

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE

(31)

• Abuso do concepto e ambivalencia:

– Maior preocupación pola saúde dos ecosistemas (agora obxecto de atención pola xestión económica)

– Indefinición no manexo do termo que permite facer accións no seu nome que non mudan a sociedade industrial

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE

(32)

• Reacción nos 90 da Unión Europea, o Banco Mundial e outros organismos internacionais para reformular o concepto, dando lugar á teoría das 3 sustentabilidades:

– Social

– Económica (medida ás veces en termos de liberalización do mercado, privatización, crecemento ilimitado ...)

– Ecolóxica (quedando moitas veces supeditada ás anteriores, negándose que a economía estea condicionada pola ecoloxía)

• A sustentabilidade convértese nunha metafísica que une desde o empresario que busca beneficios, a agricultores que queren minimizar riscos, traballadores que buscan a equidade, ás persoas preocupadas pola natureza, os xestores públicos e tecnócratas, políticos etc...(Bruyn; Opschoor, 1997) converténdose nun concepto chicle (Bermejo, 2001)

NOCIÓN DE SUSTENTABILIDADE: REFORMULACIÓN

(33)

• Presupón a substituibilidade do “capital natural” polo producido polos seres humanos

– O capital total KT correspóndese coa fórmula (Pearce.

1993; Turner. 1993):

KT = Kn+ Km+ Kh Kn: : capital natural

Km:: capital artificial ou manufacturado Kh :: capital humano

SUSTENTABILIDADE FEBLE E A ECONOMÍA AMBIENTAL

(34)

– Solow: o que debe ser conservado é o stock de capital (incluíndo o capital natural) co que conta a sociedade, que é o que permitiría ás xeracións futuras seguir producindo benestar económico en iguais condicións ás actuais.

– Problemas:

• Lograr unha valoración completa e acertada do stock de capital e do seu deterioro

• Asegurar que o valor do investimento que engrosa anualmente ese stock cubra, ao menos, a valoración anual do seu deterioro

• Non é suficiente con corrixir os agregados económicos habituais, dependemos de indicadores físicos para poder xulgar a actuación da economía con respecto aos recursos ambientais

SUSTENTABILIDADE FEBLE E A ECONOMÍA AMBIENTAL

(35)

• Recoñece que o “capital natural” non é xeralmente substituíbel polo fabricado, polo que hai que evitar o seu deterioro

• A idea dun stock capital estendido está composto por obxectos que non son nin homoxéneos nin necesariamente substituíbeis. Ademais certos procesos do deterioro son irreversíbeis

• Hai que mudar o concepto de sistema económico: amplialo e reformulalo.

SUSTENTABILIDADE FORTE E A ECONOMÍA ECOLÓXICA

(36)

FONTE: Luffiego García, Máximo e Rabadán Vergara, José María (2000)

SUSTENTABILIDADE FEBLE

• Máis antropocéntrico (tecnocéntrico) que ecocéntrico

• Mecanicista

• Sustentabilidade sinónimo de viabilidade do sistema socioeconómico

• Compatíbel co crecemento

• Capital natural sustituíbel por capital humano. Constancia do capital total

• Esixe monetarizar o medio natural

• Medio ambiente localista

SUSTENTABILIDADE FORTE

• Máis ecocéntrico que antropocéntrico

• Sistémico

• Sustentabilidade: relación viábel entre sistema socioeconómico e ecosistema

• Incompatíbel co crecemento

• Capital natural complementario (non

sustituíbel) do capital humano. Constancia do capital natural

• Moitos recursos, procesos e servizos ambientais son inconmesurábeis monetariamente

• Medio ambiente global e sistémico

DIFERENZAS ENTRE OS CONCEPTOS DE SUSTENTABILIDADE FEBLE E FORTE

(37)

Contra a “felicidade conforme”

O CONCEPTO DE DECRECEMENTO

(38)

CRÍTICAS AO CONCEPTO DECRECEMENTO

PON EN PERIGO A DEMOCRACIA OPONSE AO PROGRESO CIENTÍFICO E INDUSTRIAL

É INMORAL PRECONIZAR VIVIR NA MISERIA INUTILMENTE PROVOCADORA EN TEMPOS DE CRISE

IDEOLOXÍA MÓRBIDA DO RACIONAMENTO E DA PRIVACIÓN

LOITA INDIVIDUAL BASEADA NA SOBRIEDADE VOLUNTARIA

IDEOLOXÍA REACCIONARIA

(39)

QUE COUSA NON É O DECRECEMENTO?

un

estado estacionario

(non variábel non tempo)

unha

regresión

(retroceso a formas máis simples por decadencia das anteriores)

unha

recesión

(diminución prologanda de diferentes macromagnitudes económicas)

un

crecemento negativo

(eufemismo para indicar descenso das variábeis económicas)

un

crecemento cero

(estado de equilibrio duradeiro da renda per cápita ou do PIB percápita)

NON É

(40)

QUÉ DEFENDE O DECRECEMENTO?

Outros

medios de produción, outras institucións, outra lóxica da produción

Redistribuir

a riqueza, mais

outra

riqueza diferente

Debate público

sobre pros e contras de todas as técnicas. É o pobo, non os “expertos”, quen debe establecer as prioridades tecnolóxicas

Racionalidade

apoiada na natureza, a liberdade e os dereitos, non a racionalidade económicista e tecnocrática

Reducir

o tempo de traballo produtivista e o tempo de consumo, para favorecer o debate público

Abandonar

o sistema de necesidades preconcebidas polo sistema industrial a través de macrosistemas públicos e privados

Democracia participativa:

reinvindicar xustiza e igualdade, en termos de dereitos e autonomía

(41)

DECRECER: É SÓ PRODUCIR OU CONSUMIR MENOS?

• Grandes posibilidades de liberdade humana e boa vida cando aceptamos formas de vida máis igualitarias,cooperativas e coidadoras da natureza

• Ecoloxizar a economía e a sociedade tamén é vivir mellor

• Supón emprender unha necesaria transición cara outro tipo de sociedade e restaurar minimamente a xustiza social

(42)

As 8 R (ou máis) do Decrecemento

Reavaliar

Poñer en dúbida os valores dominantes: do tempo, do espazo, da vida, da morte...

(43)

Reavaliar

Reconceptualizar

Redefinir/redimensionar conceptos como riqueza/pobreza, escaseza/abundancia

As 8 R (ou máis) do Decrecemento

(44)

Reavaliar

Reconceptualizar

Reestruturar

Adaptar o aparato produtivo e as relacións sociais en función do cambio de valores

As 8 R (ou máis) do Decrecemento

(45)

Reavaliar

Reconceptualizar

Reestruturar

Redistribuír

Reparto das riquezas e do acceso ao patrimonio natural (logo, da terra, os dereitos de extracción, o emprego, os ingresos...), tanto entre o Norte e o Sur

como dentro de cada sociedade As 8 R (ou máis) do Decrecemento

(46)

Reavaliar

Reconceptualizar

Reestruturar

Redistribuír

Relocalizar

Producir de maneira local, sobre todo os produtos para satisfacer necesidades da poboación local, a partir de empresas locais, financiadas con aforro local.

Autoproducir enerxía. Recuperar as formas políticas locais e a democracia de proximidade

As 8 R (ou máis) do Decrecemento

(47)

Reavaliar

Reconceptualizar

Reestruturar

Redistribuír

Relocalizar Reducir

Reducir o consumo, o transporte, o uso de enerxía, o tempo de traballo, os residuos

As 8 R (ou máis) do Decrecemento

(48)

Reavaliar

Reconceptualizar

Reestruturar

Redistribuír

Relocalizar Reducir

Reutilizar Reciclar

Aumentar a vida útil dos produtos, eliminar a obsolescencia programada, buscar novos usos aos produtos e logo reciclar

As 8 R (ou máis) do Decrecemento

(49)

Reevaluar

Reconceptualizar

Reestruturar

Redistribuír

Relocalizar Reducir

Reutilizar Reciclar

E outras R: rehabilitar, romper, reinventar, ralentizar, restituír, repoñer, recomprar, reembolsar, renunciar, retomar, reencontrar, reintroducir, recuperar...

As 8 R (ou máis) do Decrecemento

(50)

• Decrecemento sustentábel (Martínez Alier, 2008):

– Decrecemento económico que sexa socialmente sustentábel

– O crecemento económico non é sustentábel ecoloxicamente

– O que debe decrecer é a economía, a partir de indicadores físicos:

a) Fluxos de materiais b) Enerxía

c) A HANPP (Apropiación Humana de la Producción Primaria Neta de Biomasa)

– No entanto, dada a estreita relación entre o uso de materiais e enerxía e a intensidade material e enerxética do PIB, pode suporse que reducir as magnitudes dos indicadores físicos levará tamén en moitos casos a un decrecemento do PIB

– Isto obriga a resolver problemas sociais causados por esa caída do PIB

ECONOMÍA ECOLÓXICA E DECRECEMENTO (óptica favorábel ao uso do conceito)

(51)

(Naredo, 2007)

• Se o termo é usado só para chamar a atención pode ser acertado (como crítica radical ao desenvolvementismo imperante)

• Usado como concepto para artellar unha verdadeira meta ou proposta alternativa ao actual sistema económico, é desacertado:

• Non ten un respaldo conceptual e atractivo asegurados

• No cadro reducionista pecuniario da idea usual de sistema económico e dos agregados que o cuantifican na contabilidade nacional no que move a noción de crecemento, o decrecemento chámase recesión, o que para nada resulta atractivo

• Non é un concepto sólido fóra dese reducionismo. Na economía ecolóxica non hai ningunha variábel de síntese cuxo crecemento ou decrecemento sexa inequivocamente desexábel

• O obxectivo de facer decrecer as esixencias materiais do proceso económico coincide grosso modo coa chamada “desmaterialización” da vida económica, o que introduce certo elemento de confusión

ECONOMÍA ECOLÓXICA E DECRECEMENTO (óptica desfavorábel ao uso do conceito)

(52)

Moitas grazas

Referencias

Documento similar

2. En relación con las resoluciones, y habida cuenta de la no publica- ción de las mismas en su integridad ni tampoco de las ponencias debatidas, sólo cabe señalar, atendiendo a

Siendo el forraje típico para enailado de las provincias del litoral sep- tentrional de España el maíz forrajero, que además se produce en la pro- vincia de ^ Santander

En el juego, el esquinero de cuarto año Daniel Salinas fue seleccionado por los medios de comunicación como el jugador defensivo más valioso, por sus dos intercepciones: una

Siembra, recolección y

Floración, recolección y

Después de una descripción muy rápida de la optimización así como los problemas en los sistemas de fabricación, se presenta la integración de dos herramientas existentes

Además, ni siquiera la falsedad literal es una condicíori necesaria para que una frase tenga un significado metafórico. Así, una frase como por ejemplo ‘MÉgun hombre es

perezi que as afinidades são mais es- treitas: coroa triangular, inclinada para a comissura nos dentes de posição mais lateral; talão distal nitidamente separado da coroa;