• No se han encontrado resultados

Economía circular:

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Economía circular: "

Copied!
50
0
0

Texto completo

(1)

Economía circular:

un novo paradigma produtivo para saír da crise

Master DEIN

Desenvolvemento económico e Innovación

Xavier Vence

Catedrático de Economía Aplicada ICEDE

Despacho 202 / Tf: 981 563100 Ext. 11567 [email protected] / http://www.usc.es/icede

(2)

Contido

• Que é a economía circular?: da economía lineal a circular

• Por que a EC?

– Crise ambiental

– Crise económico-financeira

• Que aporta? Para que?

– Economía Circular: un novo paradigma, innovación sistémica

– Economía circular como saída á crise ambiental – Economía circular como saída a crise económica

• Papel do Sector Público na transición á Economía

circular: o Estado emprendedor

(3)

Economía circular vs Economía linear

E.Linear: O modelo económico lineal (desde a Rev. Industrial) consistente en

Estrair, Transformar, Tirar” basase en dispoñer de grandes cantidades de enerxía e outros recursos baratos e de fácil acceso. Pero está chegando xa ao límite da súa capacidade física.

E.Circular: A economía circular é unha alternativa atractiva e viábel que xa exploran distintas empresas

– busca modelos de negocio/creación de valor non vinculados ao consumo de recursos finitos

– é restaurativa e regenerativa por principio.

– O seu obxectivo é manter produtos, componentes e materiais no seu máis alto nível de utilidade e valor o tempo todo, distinguindo entre ciclos de materiais técnicos e biolóxicos.

– Busca, en última instancia, disociar o desenvolvimento económico do

consumo de recursos finitos e eliminar externalidades negativas da economía.

– En síntese, non se reduce só á xestión dos resíduos nin mesmo as 3R senón que implica mudar o paradigma produtivo, pautas de consumo e regras de xogo

(4)

Economía circular vs Economía linear

(5)

Economía circular

(6)

Por que puxa a EC?

• A economía circular está gañando impulso porque ofrece unha

oportunidade para que a sociedade prospere ao mesmo tempo que reduce a súa dependencia de materiais finitos e fontes de enerxía non renovábeis.

• China incorporou a EC no 2004 (11ºPlanQuinquenal); Alemaña e Xapón teñen plans avanzados de 3R (Reduce-Recupera-Recicla)

• O estudo de Ellen MacArthur Foundation & McKinseyCBE e SUN (2012) mostrou que, coa adopción de principios da EC, Europa pode:

– canalizar a inminente revolución da tecnoloxía dixital nun cenario de economía circular para aumentar o PIB en 1,8 billóns € até 2030.

– No sector de fabricación podería xerar aforros de 630 mil millóns € con desarrollo de produto, remanufacturing e reparación.

• MacArthur Foundation (2014) estimaba que a implementación da EC a

escala global podería xerar máis de US$ 1.000 millóns anuais en aforro de

material e unha ganancia de US$ 1 billón para a economía mundial.

(7)
(8)
(9)

Empresas con actividades de Economía Circular

Construcción Tecnologia y Reciclaje de Materiales -

TYRMA Reciclan residuos de construcción e demolición. Fabrican áridos reciclados para a súa reutilización.

SOLTECO Perfilería e mobiliario urbán fabricado en plástico reciclado 100%

CIRKELSTAD Construción e demolición circular, no ámbito da cidade de Rotterdam

Residuos

orgánicos

Plan Revitaliza Iniciativa pública de recollida de residuos organicos e elaboración de compost da Deputación de Pontevedra

FoodSharing Iniciativa social para aproveitamento de alimentos non aptos para venta. Concienciacion contra o despilfarro de alimentos.

Sologas Planta de valorización de residuos

Ecocelta Produción de compostaxe e vermicompostaxe a partir de residuos orgánicos

Moda

Alazia Couture Texidos elaborados con proteína de leite, con madeira de eucalipto e botellas de plástico recicladas

Adoro Roda Complementos de moda a partir de neumáticos

Ecoalf Textil a partir de productos plásticos reciclados, redes, neumáticos, etc Ananas Anam Textil a partir de fibra de piña

(10)

Empresas con actividades de Economía Circular

Madeira e mobles

Mobalco Mobiliario ecolóxico

Residuos

industriais

ECOLEX Xestión e tratamento de residuos industriais

REVERTIA Xestión e re-manufacturing de residuos electrónicos (PC) Re-boots Venta dos produtos electrónicos que compoñen en Revertia

Outros

BUGI Carsharing corporativo con coches eléctricos área metropolitana de Barcelona

BIRZITEK Solucións innovadoras na xestión de residuos - aproveitamento de produtos hixiénicos (cueiros, compresas…)

SKYNRG Voos con combustible sustentable en Suecia Black Bear Carbón ecolóxico a partir de neumáticos

(11)

0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 7000 8000

2009 2009/Marzo 2009/Xuño 2009/Setembro 2009/Decembro 2010/Febreiro 2010/Maio 2010/Agosto 2010/Novembro 2011/Xaneiro 2011/Abril 2011/Xullo 2011/Outubro 2012 2012/Marzo 2012/Xuño 2012/Setembro 2012/Decembro 2013/Febreiro 2013/Maio 2013/Agosto 2013/Novembro 2014/Xaneiro 2014/Abril 2014/Xullo 2014/Outubro 2015 2015/Marzo 2015/Xuño 2015/Setembro 2015/Decembro 2016/Febreiro 2016/Maio 2016/Agosto 2016/Novembro 2017/Febreiro

Ocupados en actividades ligadas á reparación e valorización. Galiza 2009-2017

33 Reparación e instalación de maquinaria e

equipamento

38 Recolla, tratamento e eliminación de residuos;

valorización

39 Actividades de

descontaminación e outros servizos de xestión de residuos

95 Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico

(12)

Por que o interese na EC?

Doble crise:

• A. Crise ecolóxica

• B. Crise económico-financeira

(13)

Porque urxe a EC?

(14)

A realidade dos Plásticos

(15)

En 2014 INE: 54%

xestionados dos

(16)

0 10.000.000 20.000.000 30.000.000 40.000.000 50.000.000 60.000.000 70.000.000

1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2012 2014

Toneladas de residuos

Cantidade de residuos xerados no sector industrial en España (1999-2014)

NO PELIGROSOS PELIGROSOS TOTAL GENERAL

(17)

0 20000000 40000000 60000000 80000000 100000000 120000000 140000000 160000000

2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014

Toneladas

Residuos en España 2002-2014

Recuperación Operaciones de relleno

Reciclado Vertido Incineración Total

2,4 Tm /hab

(18)
(19)

Esgotamento da “capacidade de carga”

do Planeta

Rockstrom et al. (2009) identificaron 9 límites planetarios que definen o espazo operativo para a humanidade. Superalos conleva danos

medioambientais irreversíbeis.

Os límites reflicten 9 procesos interrelacionados nos que interactuan a natureza e sociedade:

• 1. Cambio Climático

• 2. Perda de Biodiversidade (terrestre e mariña)

• 3. Cambio Bio-geoquímico (interferencia co ciclo do nitrógeno)

• 4. Cambio no uso da terra

• 5. Uso da auga potábel global

• 6. Acidificación do Océano

• 7. Capa de Ozono

• 8. Contaminación química

• 9. Aumento da concentración atmosférica de aerosol

(20)
(21)
(22)
(23)

Onde se atopa hoxe o sistema financeiro?

Crise do neoliberalismo e « Secular stagnation”

Michel Aglietta:

O sistema actual xa non funciona correctamente:

os créditos non están suficientemente distribuidos, os aforradores teñen unha aversión ao risco e os bancos son reticentes a pestar.

• A economía entrou na «stagnation séculaire » : o investimento productivo non se recuperou e os medios postos en acción hoxe non están a altura dos retos, sobre todo ecolóxicos, aos que se

enfronta o mundo

(24)
(25)

Taxa crecemento PIBpc (medias móviles 10 anos)

(26)
(27)

Difusión novas tecnoloxías, pero ^productividade?

(28)

Síntoma I: Baixa xeralizada da productividade nos países avanzados a partir dos anos 1970 salvo recuperación temporal nos US (1985-2000)

(29)
(30)

Tendencia taxa ganancia global

(31)

Declina l.p. o investimento real

(32)

Cal é a rémora?: consumo ou investimento?

(33)
(34)

“Secular Stagnation” hipótese (Gordon)

(35)

Que propón a Economía Circular?

• Abano de propostas diversas

• Nacidas principalmente no debate sobre a crise ecolóxica e sustentabilidade desde os anos 70’

(non só desde a economía!!)

• Neste momento puxan non só as críticas e diagnósticos teóricos senón as propostas

aplicadas e modelos de negocio empresariais

• Os gobernos (China, Alemania, Xapón, Corea…) e

a UE lanzan axendas de certo alcance (pero aínda

limitado)

(36)

A “familia” da EC

Deseño rexenerativo: (John T. Lyle) inicialmente aplicado á agricultura

Biomímese: (Janine Benyus, “Biomímese: Cómo a ciencia innova inspirándose na natureza”)

Capital natural:(Schumacher-1973, H. Daly, P. Hawken-1999): Stock Recursos naturais e Múltiples ciclos e servizos do ecosistema. Contabilización e internalización

Cradle to Cradle (do berce ao berce): Braungart & McDonough acuñaron (ou Stahel?) o concepto Cradle to Cradle™ (1999) e o seu proceso de certificación: considera todos os materiais empregados nos procesos industriais e comerciais como nutrintes

(distinguindo dúas categorías: os técnicos e os biolóxicos.

Ecoloxía industrial: Centrándose nos fluxos de materiais e de enerxía entre os

operadores do ecosistema industrial, este enfoque ten como obxectivo crear procesos de circuito pechado no que os residuos serven de entrada para outro proceso,

eliminando a noción de resíduo non aproveitábel.

Economía azul (Blue economy): (Gunter Pauli, informe Clube de Roma), casos prácticos

«utilizando os recursos disponíbeis nos sistemas en cascata, (…) os residuos dun produto convértense na entrada para crear un novo fluxo de caixa».

Economía da utilidade (performance)/”functional service”/servitization: (Walter Stahel, informe para C.Europea The Potential for Substituting Manpower for Energy, 1976): unha economía en bucles (economía circular) que sustitúa enerxía/recursos por man de obra, produtos por servizos.

(37)

Principios da EC: E.MacArthurFd & McKinsey

Principio 1: Preservar e mellorar o capital natural

... controlando existencias finitas e equilibrando os fluxos de recursos renovábeis.

Todo comeza desmaterializando a utilidade: mellor servizo que produto; mellor virtual que material.

Cando se precisen recursos, o sistema circular selecciona e elixe tecnoloxías e procesos que empregue recursos renovábeis ou que teñan mellores resultados (sempre que sea factible).

Principio 2: Optimizar o uso dos recursos

... rotando produtos, compoñentes e materiais coa máxima utilidade en todas as fases, tanto nos ciclos técnicos como nos biolóxicos.

Isto comeza por deseñar de modo que podan prolongar, reutilizar ou reciclar todos os compoñentes e materiais, para que recirculen e sigan contribuindo a economía.

Principio 3: Fomentar a eficacia do sistema

... Revelando e eliminando externalidades negativas.

Isto inclue reducir os danos ao uso humano (como os relacionados cos alimentos, a mobilidade, a vivenda, a educación, a saúde e o ocio), e xestionar externalidades tais como o uso do terreo, a contaminación atmosférica, das aguas e acústica, a emisión de sustancias tóxicas e o cambio climático.

(38)

Características EC

1. Deseñar sen residuos

• Os residuos non existen cando os compoñentes biolóxicos e técnicos (ou

«materiais») dun producto se deseñan co fin de adaptarse dentro dun ciclo de materiais biolóxicos ou técnicos, e se deseñan para a desmontaxe e a

readaptación.

2. Aumentar a resiliencia por medio da diversidade

• A modularidade, a versatilidade e a adaptabilidade son características moi apreciadas ás que debe darse prioridade nun mundo incerto e en rápida evolución.

3. Traballar cara un uso de enerxía de fontes renovábeis 4. Pensar en «sistemas»

• A capacidade de comprender cómo influen entre sí as partes dentro dun todo e a relación do todo coas partes, resulta fundamental. Os elementos considéranse en relación cos seus contextos medioambientais e sociais (a realidade non é linear senón que predominan as interdependencias e a retroalimentación).

5. Pensar en cascatas (nas cadeas)

• Para os materiales biolóxicos, a esencia da creación de valor consiste na

oportunidade de extraer valor adicional de produtos e materiais mediante o seu paso en cascata por outras aplicacións.

(39)

Stahel (2013): economía circular centrada na xestión do stock (1)

• A “economía circular” céntrase na optimización de stock e na súa estrutura de dous ciclos de difererente natureza e cinco principios.

• A transición cara á economía circular consiste básicamente en reducir a importancia económica da extracción de recursos e da xeración de residuos, así como en reducir as disfuncións

medioambientais que crean os sectores na economía lineal.

• O cambio á “ economía circular centrado na xestión do stock”

baséase en tres ciclos de diferente natureza:

– i) ciclo de reutilización e revenda de bens;

– ii) ciclo de actividades de extensión da vida do produto dos bens;

– iii) ciclo de reciclaxe das moléculas (recursos secundarios).

(40)

Stahel (2013): economía circular centrada na xestión do stock (2)

1. Principio 1: canto máis pequeno é o ciclo (actividade-sabia e xeografía) máis rendible e eficiente no uso de recursos.

Actividade-sabia: non se repara o que non está roto, non se remanufactura o que se pode reparar, non se recicla o que pode ser remanufacturado.

Xeografía refírese ao nivel local ou rexional dos ciclos, evitando os custos de envasado e transporte, e tamén se se retén a propiedade, múltiples custos de transacción.

O ciclo de reciclaxe é, en cambio, un negocio global, baseado nos principios da produción industrial (economías de escala, especialización e man de obra barata) e cunha eficiencia condicionada pola entropía, a complexidade dos materiais e o abuso.

2. Principio 2: os ciclos non teñen comezo nin fin.

Trátase de conservar o valor, a calidade e o desempeño dos bens a través da xestión do stock, sustitue o concepto de valor engadido da economía lineal). Os valores conservados inclúen materiais, auga e emisións de CO2 incorporados nos bens.

O valor de utilización ou remprazo substitúe o concepto de valor residual ou depreciación da economía linear).

(41)

Stahel (2013): economía circular centrada na xestión do stock (3)

3. Principio 3: a velocidade dos fluxos circulares é crucial: a eficiencia de xestionar stock na economía circular aumenta cunha velocidade decrecente do fluxo.

Dous CEBM (1/lake economy of fleet management; 2/ selling goods as services) operan cun fluxo de velocidade lenta nunha economía rexional para maximizar os beneficios.

4. Principio 4: a propiedade continuada é custo-eficiente: reutilización, reparación e remanufactura sen cambio de propiedade aforran custos de transacción dobres.

P.e., os servizos móbiles de reparación in-situ, extenden a vida de servizo do produto e o provedor (que retén a propiedade do ben) aumenta os seus beneficios.

5. Principio 5: unha economía circular precisa mercados que funcionen.

Mercados de servizos de extensión da vida dos bens (reparación de componentes, remanufactura e mellora tecnolóxica, comercialización de bens e componentes usados);

Mercados para conseguir os custos máis baixos (valor de remprazo dun ben, en base á calidade e idade);

Servizos de extensión da vida do capital manufacturado (vehículos, equipamento, avión, barcos, edificios e infraestrtura);

Servizos de reutilización e comercialización para bens de investimento móbiles usados (vehículos, equipamento, avión e barcos) e edificios;

Mercados para bens de consumo usados;

Comercialización de bens e componentes usados

(42)

Stahel (2013): Mudar os incentivos para a sustentabilidade vía impostos (4)

Fiscalidade favorábel á sustentabilidade:

1. Aumentar impostos aos recursos non renovables e reducir a imposición aos recursos renovables (incluido o traballo)

2. Non aplicarse IVE sobre as actividades de preservación de valor como reutilización, reparación e remanufactura (excepción das actividades tecnolóxicas de mellora); e deberían concederse créditos de carbono pola prevención de emisións de GEI, non só pola súa redución. :

Efectos:

1. Acelera a transformación económica do fluxos á optimización de stock;

2. Amplia a aplicación da economía circular a novos actores económicos e novos sectores;

3. Incrementa a vantaxe competitiva dos actores económicos existentes na economía circular.

3.1. Vantaxe comparativa dos bens usados aumenta de dúas maneiras:

a. polos menores custos laborais nas actividades de reparación e extensión da vida de servizo, e b. polos custos máis elevados dos materiais virxes nos bens manufacturados.

3.2. A imposición sobre recursos virxes non-renovables converte a reciclaxe nunha actividade máis rendible para os materiais nos que os recursos virxes teñen na actualidade unha vantaxe en custo.

3.3. A menor imposición sobre o traballo convertirá a recollida de residuos de final de vida e a súa clasificación máis barata, incrementando a calidade dos recursos secundarios e aumentando o prezo de mercado para os recursos secundarios (reciclados).

4. Ese tipo de imposición reforza o carácter territorial e descentralizado da economía circular e reduce de xeito importante a enerxía implicada no transporte.

(43)

Necesitamos outro enfoque…fixar un novo rumbo

• A crise de 2008 resenta o esgotamento dun modelo

neoliberal, financiariazado, de economía lineal baseada en consumo masivo de recursos fóseis.

• O investimento real (e a rentabilidade) non se recompón e o Estado ten que intervir (Aglietta, Mazzucato, C.Pérez, Stiglitz):

– fixar novas apostas e orientacións políticas sobre o

desenvolvemento, que as políticas públicas fixen o rumbo, – os actores privados « aversos » ao risco non investiran

espontaneamente en proxectos innovadores susceptibles

de propagarse en fluxo continuo dun sector a outro.

(44)

Como devolver o sentido do longo prazo ás finanzas?

• Para saír desta « secular stagnation», fai falla recuperar a noción de tempo, unha visión de futuro da sociedade.

• Hoxe, o BCE proporciona unha gran liquidez á banca (QE) pero os actores privados non invisten neses proxectos sostibles porque os mecanismos que definen o cálculo económico dos investidores están cuestionados.

• Con taxas de xuro próximas a 0, o tempo perde o seu sentido económico e a taxa de xuro xa non é un indicador críbel e suficiente para o cálculo

económico.

• A liquidez (e a especulación financeira) imponse como a norma dos axentes económicos

.

• Os Estados deben redefinir unha do benestar que permita reorientar o investimento cara a transición ecolóxica e enerxética.

Repensar o lazo entre o medioambiente e a sociedade pode permitir construir un réxime de crecemento sostible, que se traduiciría en

investimentos responsables e crearían novos espazos para a acumulación

do capital.

(45)

Que rol debe ter o poder público nestas condicións ?

• Os investimentos públicos deben abrir o camiño a fin de que os investimentos privados responsables poidan desenvolverse

– Os Estados deben poñer en marcha mecanismos para lanzar

proxectos baixo a súa responsabilidade co fin de producir os novos bens públicos transnacionais que reclama a crise ecolóxica.

Hai que instituír un valor social do carbono como referencia para a valorización dos proxectos de investimento. Hai que establecer un mecanismo de certificación para que os investidores institutionais poidan ter garantías e comprar os activos responsábeis. Os

portfolios dos investidores poderán entón cambiar integrando os riscos climáticos e as súas consecuencias.

– Os investidores deben controlar as relacións que existen entre eses riscos climáticos e os riscos financeiros dos que van levar eses

activos. Deben reducir posicións nas enerxías fósiles : a medida que a sociedade avance na transformación dos sistemas productivos, vai haber unha transformación paralela do sistema de prezos e o capital acumulado nas tecnoloxía contaminantes vaise

desvalorizar.

(46)

Como artellar esta reestructuración ?

• Europa debe restructurar as finanzas.

• Aumentar o orzamento europeo (2-3% do PIB) e finanzado sobre unha fiscalidade europea (taxa sobre as transaccions financeiras e taxa carbono, emisión de bonos verdes).

• Gasto reorientado cara a produción de bens públicos de interese común e cara a garantia dos organismos que financiarán proxectos e empresas ligadas a transición ecolóxica.

• Os bancos privados non parecen dispostos a financiar este tipo de proxectos, porque son arriscados e só ofrecen un rendemento a longo prazo.

Os bancos públicos de desenvolvemento, non sometidos á presión dos mercados, terían que cubrir esa función. Eles poden

reconstruir esa visión de longo prazo na medida en que teñen unha

garantía pública.

(47)

As “verdadeiras” reformas estruturais

I• O credo ultraliberal de que só o mercado financeiro pode guiar a asignación do capital nas actividades económicas fracasou e debe ser rexeitado :

• – Impulsar o espíritu emprendedor para proporcionar os empregos de alta calidade na economía real

• – Facer entrar a democracia na empresa, competencias colectivas e apertura ao sistema de innovación.

II• Responsabilidades descentralizadas: democracia participativa e soberanía do común:

• – É necesario crear a base productiva dun crecemento inclusivo e sostíbel de xeito descentralizado.

• – Unha lóxica colectiva segundo un principio de integración da ecoloxía e da economía con debate público e expertise colectiva: transición enerxética, renovación urbana, economía circular.

III• Promover investidores responsables que incorporen os retos de sustentabilidade:

• – Intermediarios financeiros captando cantidades de aforro contractual

• – Recoñecendo as interdependencias entre avaliacións financeiras e non financeiras porque o seu horizonte failles comprender que a degradación da calidade do

crecemento ameaza o rendemento do capital a Longo Prazo.

(48)

Reflexións finais

• 1. Economía circular é unha necesidade ecolóxica e unha oportunidade económica

• 2. Non se trata só dos residuos e/ou parches dentro da economía lineal

• 3. Trátase dun cambio de paradigma produtivo con Modelos de Negocio guiados pola sustentabilidade:

– Aproveitar as novas tecnoloxías (TIC, nano, bio, etc) e reverdecer innovación – Redución de uso de materiais e enerxía non renovábeis;

– Redución de emisións, impactos e pegada ecolóxica

– Desmaterialización do consumo e prolongación da vida útil e valor dos bens

• 4. Require cambios:

– Nas regras de xogo e nos mercados (incluídos acordos internacionais) – Nos comportamentos da industria e dos usuarios

– Na lexislación – Na fiscalidade

– E, sobre todo, unha aposta decidida e liderato dos gobernos

(49)
(50)

Moitas Grazas!

Referencias

Documento similar

2. En relación con las resoluciones, y habida cuenta de la no publica- ción de las mismas en su integridad ni tampoco de las ponencias debatidas, sólo cabe señalar, atendiendo a

Dependería máis da capacidade de fechar os ciclos dos materiais reconvertendo os residuos en recursos (recuperación e reciclaxe, con fontes enerxéticas renovábeis). NOCIÓN

Polo que respecta especificamente aos traballadores maiores, aínda que non se aprobaron obxectivos cuantificables como se fixera na reunión de Lisboa –na nosa

Con todo, as ecuacións de comercio exterior que estimamos para a economía española reflicten unha situación sostible que podería ter sido invertida reducindo o diferencial

No caso de que non se lle houbera facilitado unha clave de usuario, no menú de entrada que aparecerá na súa pantalla deberá marcar a opción “Entrar como invitado”, e a

Para seleccionar a cámara principal ou outra fonte de vídeo do sitio local ou remoto, como cámaras de documentos, portátiles, videocasetes ou reprodutores de DVD, pódese empregar

23 Aqui, entre aspas, para não deixar de registrar nossa repulsa ao “essencialismo”.. Ao contrário, para os que se inserem no universo dialético, a liberdade começa a

Siembra, recolección y